visita de alicia borrás
DESCRIPTION
Alicia Borrás visitounos o pásado venres 9 de novembro para falar de 'Nata y Chocolate'TRANSCRIPT
Visita de Alicia Borrás Sanjurjo
O pasado 9 de novembro de 2012,
Alicia Borrás veu ao noso colexio.
Escritora viguesa e autora do libro que
limos os alumnos de 5º de primaria o
curso pasado, ‘Nata y chocolate’, que
nos gustou moito e que recomendamos
que leades. Alicia naceu en Vigo e da
mesma maneira que a protagonista do
libro, criouse sen nai, pero contou coa
grande fortuna de ter una familia que
coidou dela con cariño e devoción.
Cando nos dixeron que ía vir a autora,
fíxonos moita ilusión e fixemos debuxos
e mesmo preparamos preguntas para
facerlle cando viñera.
As 11:00h da mañán todos os alumnos
de 6º baixamos á Biblioteca porque
íanos dar unha charla. Contounos que
desde pequeña sempre lle gustou
moito ler e escribir, que conserva
contos de cando tiña 7 ou 8 anos,
porque escribir era unha forma máis de
divertirse. Recorda que facía versos de
humor para seus irmáns e para amigos
e logo lerllos en voz alta.
Os alumnos, cautivados polas
explicacións e relatos da autora,
tivemos a ocasión de preguntarlle
moitas cousas relacionadas co seu
oficio de escritora e polos personaxes
do libro e a historia, ás que respondeu
con moito interese. Despois das
preguntas, firmou os nosos libros e
tamén fixemos fotos con ela. A
escritora conseguiu con facilidade a
nosa admiración e a dos profesores.
Gustounos moito que viñera ao noso
colexio. Agardamos que haxa unha
segunda parte de ‘Nata y Chocolate’.