vicerreitoría de alumnado, docencia e calidade · establecidos nesta convocatoria. a dotación...

19
Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade Edificio Reitoría Campus de Vigo 36310 Vigo España Tfno.: 986 813 586 Fax: 986 813 818 www.uvigo.es [email protected] PROGRAMA SOPORTE PARA O DESENVOLVEMENTO E IMPLANTACIÓN DE ACCIÓNS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA. CONVOCATORIA DE 2011 1. Introdución e obxectivos A docencia é unha misión fundamental da Universidade e como tal precisa do máximo apoio institucional na procura da súa excelencia. Para isto é preciso a valoración xeral da propia actividade docente, o recoñecemento dos esforzos de renovación e mellora por parte do profesorado neste ámbito e o fornecemento da súa formación continua e innovación docente. Por iso, a Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade convoca o Programa soporte para o desenvolvemento e implantación de accións de innovación educativa para o ano 2011. O obxectivo deste programa é apoiar proxectos encamiñados ao deseño e implantación de accións de innovación educativa na docencia da Universidade de Vigo. Preténdese fomentar a aplicación práctica das innovacións desenvolvidas e a súa transferencia non só á docencia do profesorado involucrado directamente, senón tamén ao de toda a Universidade. Para a xestión, avaliación, revisión e seguimento do programa formarase unha comisión específica de xestión, avaliación e seguimento formada por: Vicerreitor de Alumnado, Docencia e Calidade (presidente) Director da Área de Formación e Innovación Educativa Directora da Área de Apoio á Docencia e Calidade Director da Área de Estudos de Grao Esta comisión estará asistida, para as tarefas de avaliación e seguimento, por un comité de persoas expertas externas á Universidade de Vigo. Asemade, poderá buscar asesoría entre as persoas responsables das diferentes áreas, unidades e servizos da Universidade de Vigo. 2. Presentación de proxectos A esta convocatoria poderán presentarse todos os e as docentes da Universidade de Vigo, a título individual, se teñen vinculación permanente coa Universidade; ou en grupo, se polo menos ten vinculación permanente un dos seus membros, quen exercerá a coordinación. A composición e o tamaño dos grupos deberá estar axustado ás tarefas que desenvolverán cada un dos seus membros.

Upload: buikhuong

Post on 06-Dec-2018

213 views

Category:

Documents

0 download

TRANSCRIPT

Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade

Edificio Reitoría Campus de Vigo 36310 Vigo España

Tfno.: 986 813 586

Fax: 986 813 818

www.uvigo.es [email protected]

PROGRAMA SOPORTE PARA O DESENVOLVEMENTO E IMPLANTACIÓN DE ACCIÓNS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA. CONVOCATORIA DE 2011

1. Introdución e obxectivos

A docencia é unha misión fundamental da Universidade e como tal precisa do máximo apoio institucional na procura da súa excelencia. Para isto é preciso a valoración xeral da propia actividade docente, o recoñecemento dos esforzos de renovación e mellora por parte do profesorado neste ámbito e o fornecemento da súa formación continua e innovación docente. Por iso, a Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade convoca o Programa soporte para o desenvolvemento e implantación de accións de innovación educativa para o ano 2011. O obxectivo deste programa é apoiar proxectos encamiñados ao deseño e implantación de accións de innovación educativa na docencia da Universidade de Vigo. Preténdese fomentar a aplicación práctica das innovacións desenvolvidas e a súa transferencia non só á docencia do profesorado involucrado directamente, senón tamén ao de toda a Universidade. Para a xestión, avaliación, revisión e seguimento do programa formarase unha comisión específica de xestión, avaliación e seguimento formada por:

Vicerreitor de Alumnado, Docencia e Calidade (presidente)

Director da Área de Formación e Innovación Educativa

Directora da Área de Apoio á Docencia e Calidade

Director da Área de Estudos de Grao Esta comisión estará asistida, para as tarefas de avaliación e seguimento, por un comité de persoas expertas externas á Universidade de Vigo. Asemade, poderá buscar asesoría entre as persoas responsables das diferentes áreas, unidades e servizos da Universidade de Vigo. 2. Presentación de proxectos

A esta convocatoria poderán presentarse todos os e as docentes da Universidade de Vigo, a título individual, se teñen vinculación permanente coa Universidade; ou en grupo, se polo menos ten vinculación permanente un dos seus membros, quen exercerá a coordinación. A composición e o tamaño dos grupos deberá estar axustado ás tarefas que desenvolverán cada un dos seus membros.

Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade

2

As persoas interesadas deberán presentar unha memoria do proxecto segundo as instrucións dos anexos II e III desta convocatoria; ademais, as solicitudes para participar axustaranse ao modelo que figura como anexo I. O prazo para presentar esta documentación será desde o día 28 de febreiro de 2011 ata as 14.00 horas do 15 de abril de 2011, e deberá realizarse a través do rexistro xeral da Universidade de Vigo, dos rexistros auxiliares ou de calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. Asemade deberá enviarse unha versión electrónica dos tres anexos a [email protected]. Entre os posibles ámbitos de actuación para as accións que se presentarán están:

Deseño e implantación de novas técnicas didácticas

Uso de novas tecnoloxías e deseño da súa aplicación práctica

Deseño e desenvolvemento de contidos innovadores en formatos dixitais

Desenvolvemento de ferramentas tecnolóxicas para ámbitos específicos

Deseño de novas metodoloxías adaptadas ao EEES

Non se financiarán desenvolvementos puramente tecnolóxicos.

As propostas seleccionadas deberán comprometerse ao desenvolvemento de proxectos

en todas as súas fases, tras incluír as accións formativas derivadas e establecidas na

solicitude. Para isto disporán do apoio da Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade

que poderá integralas nos seus diferentes programas de formación do profesorado.

3. Duración

A duración máxima destas accións será de tres anos (entre os anos 2011 e 2014), que incluirán as fases de deseño, implantación e difusión. Cada renovación estará suxeita á avaliación positiva das accións establecidas para a anualidade anterior.

Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade

3

4. Recursos

A Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade porá a disposición de cada unha das accións aprobadas os seguintes recursos:

Primeira anualidade: ata un máximo de 6000 euros

Segunda anualidade: ata un máximo de 3000 euros

Terceira anualidade: ata un máximo de 1000 euros Poderán realizarse gastos cuxa natureza se axuste á dotación orzamentaria da Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade (00DC 421S) e dentro dos límites establecidos nesta convocatoria. A dotación máxima para estas actividades no exercicio 2011 é de 24000 euros. A dotación das anualidades seguintes estará suxeita ás dispoñibilidades orzamentarias e á renovación das axudas segundo os criterios establecidos no punto 5 desta convocatoria. O orzamento executarase directamente dende a Vicerreitoría de Docencia, Alumnado e Calidade, segundo as instrucións da persoa responsable da realización do proxecto e baixo a aprobación da Comisión de Xestión, Avaliación e Seguimento. Calquera modificación sobre o orzamento presentado na solicitude debe ser previamente aprobada pola Comisión de Xestión, Avaliación e Seguimento.

5. Criterios de avaliación das solicitudes

As solicitudes serán avaliadas por persoas expertas externas á Universidade de Vigo para valorar a súa calidade científico-académica seguindo os seguintes criterios:

Necesidade da acción e obxectivos formulados: ata 30 puntos

Metodoloxía e plan de traballo: ata 15 puntos

Coherencia á adecuación do orzamento: ata 15 puntos

Plan de implantación práctica, impacto potencial e transferencia de resultados: ata 40 puntos

Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade

4

Non se financiarán as propostas que acaden unha puntuación inferior a 40 puntos. A Comisión de Xestión, Avaliación e Seguimento utilizará como base para a proposta de concesión o resultado da avaliación científico-académica, procurando unha distribución equilibrada de accións por ámbitos de coñecemento, e poderá, de estimalo conveniente, deixar total ou parcialmente sen adxudicar a dotación establecida para esta convocatoria.

6. Renovacións anuais

A renovación de cada anualidade estará supeditada a unha revisión positiva das accións desenvolvidas durante a anualidade anterior conforme o plan de traballo e a metodoloxía dispostos. Esta revisión será realizada por persoas expertas externas á Universidade de Vigo a partir do informe anual que deberán achegar os adxudicatarios/as. Calquera modificación sobre o orzamento, plan de traballo e calendario previamente presentados na solicitude deberá ser debidamente xustificada e aprobada pola Comisión de Xestión, Avaliación e Seguimento. O incumprimento nos compromisos de participación das persoas integrantes nas accións de formación do profesorado da Universidade de Vigo, ou a non aplicación práctica na docencia das acción desenvolvidas, suporá a non renovación da acción baixo revisión. 7. Datas importantes

As solicitudes deberán presentarse antes das 14.00 horas do 15 de abril de 2011, segundo o indicado no apartado de Presentación de proxectos.

Vicerreitoría de

Alumnado, Docencia e

Calidade

ANEXO I

PROGRAMA SOPORTE PARA O DESENVOLVEMENTO E IMPLANTACIÓN DE ACCIÓNS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA. CONVOCATORIA 2011

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN

D./D.ª........................................................................................ DNI ..................................... Enderezo electrónico ................................................ Tfno. de contacto ............................. Categoría académica ............................................................................................................. Área de coñecemento .......................................................................................................... Ámbito/s docente/s de aplicación da proposta ...................................................................

Nome do proxecto ................................................................................................................................................ ..............................................................................................................................................

....................................., ........... de ...................................... de 2011 VICERREITORÍA DE ALUMNADO, DOCENCIA E CALIDADE

Vicerreitoría de

Alumnado, Docencia e

Calidade

ANEXO II

MEMORIA CIENTÍFICO-ACADÉMICA

Participantes:

Incluirase o nome, a categoría académica ou profesional, a área de coñecemento, o departamento e os datos de contacto de todas as persoas que participen na convocatoria. Identificarase a que actuará como coordinadora e responsable da acción. Debe xustificarse axeitadamente a necesidade de participación de cada integrante do equipo e as tarefas concretas que desenvolverá. Título da acción:

Resumo:

(Extensión máxima 1 páxina.) Motivación e necesidade da acción

(Extensión máxima 1 páxina.) Obxectivos da acción

(Extensión máxima 1 páxina.) Metodoloxía

(Extensión máxima 2 páxinas.) Plan de traballo

(Extensión máxima 2 páxinas.) Orzamento

Definirase o orzamento para cada unha das anualidades solicitadas segundo as normas da convocatoria. Identificaranse os recursos necesarios e unha estimación dos seus custos. Para cada recurso solicitado deberá incluírse unha xustificación axeitada segundo os obxectivos e o plan de traballo. (Extensión máxima 3 páxinas.)

Vicerreitoría de

Alumnado, Docencia e

Calidade

Transferencia de resultados. Implantación práctica na docencia

Neste apartado debe identificarse o plan de implantación dos resultados da acción durante a duración desta. Deberase mostrar o seu potencial impacto na docencia do profesorado participante, no seu ámbito máis próximo e no total da Universidade de Vigo. As posibles accións formativas para o profesorado deberán presentarse nun documento á parte segundo o estipulado no anexo II. (Extensión máxima 3 páxinas.)

Anexos

Incluirase un anexo que conteña un breve currículo de cada unha das persoas que participen na acción, así como o seu papel e responsabilidades no desenvolvemento desta. A extensión máxima será de dúas páxinas para a persoa responsable da acción e unha páxina para o resto das que participen.

Vicerreitoría de

Alumnado, Docencia e

Calidade

ANEXO III

PROPOSTA DE COLABORACIÓN COAS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DO PROFESORADO DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Neste documento deben indicarse as accións formativas para o resto do profesorado da Universidade de Vigo, que desenvolverán as persoas participantes na acción. As actividades formativas propostas deberán estar planificadas para os anos 2012, 2013 e 2014 en consonancia coa duración máxima da acción.

Resumo de actividades formativas

Neste apartado deberán resumirse as actividades formativas propostas que se desenvolverán cos recursos asignados á acción de innovación e que poderán ser incluídas dentro dos diferentes programas de formación da Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade. Deberá indicarse se existe compromiso de participación na Xornada de Innovación Educativa durante a vixencia do proxecto ou noutras iniciativas de difusión de actividades de innovación organizadas pola Universidade de Vigo.

Anexos

Incluirase un anexo por cada acción formativa comprometida no que se indique:

Título da acción

Duración estimada

Modalidade: presencial, non presencial, mixta

Persoal docente que participe na acción

Perfil de persoas ás que vaia dirixido (favoreceranse as accións destinadas ao profesorado da Universidade de Vigo ou a persoas que se poidan incorporar no futuro á docencia na Universidade de Vigo)

Obxectivos da actividade formativa

Breve programa (Recoméndase unha extensión dunha páxina por cada actividade formativa establecida.)

Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade

1

ANEXO I

PROXECTOS ADMITIDOS

APELIDOS NOME TÍTULO

Alonso Rodríguez José Antonio Innovación pedagóxica na formación curricular na expresión gráfica e o deseño. Contorno de aprendizaxe de debuxo co AutoCAD

Arias Acuña Marcos Virtualización das ensinanzas na enxeñaría usando integración entre múltiples ferramentas

Armesto Quiroga José Ignacio Comprimidos formativos audiovisuais en materia de competencias transversais

Armesto Quiroga José Ignacio Metodoloxía para o desenvolvemento de competencias de xestión de grupos de alto rendemento

Bonorino Ramírez Pablo Raúl O debate académico como ferramenta didáctica

Caeiro Fernández Manuel Desenvolvemento dunha aproximación metodolóxica para a prevención, disuasión e detección de plaxio nos traballos dos alumnos

Cameselle Fernández Claudio Prácticas de laboratorio creativas. Aprender investigando

Cameselle Fernández Claudio Aplicación de plataformas virtuais audiovisuais para títulos de Grao e Máster

Dopico Aneiros Dolores Unha proposta de actuación para mellorar a integración dos graduados universitarios no mercado profesional actual

Fernández Vilas Ana Estratexias colaborativas, xogos de rol e Web 2.0 aplicados ao deseño de sistemas

García Mosquera Marta Deseño de unidades didácticas baseadas na técnica de Aprendizaxe Baseada en Problemas (ABP) no EEES

Gónzalez Crespán Araceli Aprendizaxe a través de experiencia: unha proposta de integración na Escola Universitaria de Estudos Empresariais (Grao Comercio)

González Moreno Juan Carlos Utilización de Hypervídeos como soporte de actividades no marco do EEES

Lago Peñas Carlos Utilización dun sistema tecnolóxico de feedback interactivo na docencia universitaria para mellorar o rendemento académico do alumnado e a calidade docente do profesorado. O programa Turning Point

López Ardao José Carlos Neoludismo: xogos e aprendizaxe informal como estratexia docente

Lusquiños Rodríguez Fernando e-Física: unha nova proposta metodolóxica da docencia de Física I para titulacións de Enxeñaría no marco do EEES

Mandado Pérez Enrique SIMULAPE. Sistema Integrado Multimedia baseado en computador de autoaprendizaxe da Electrónica para técnicos e enxeñeiros

Meana Martínez Juan Carlos Plataforma para a elaboración de titoriais técnicos audiovisuais

Megías Pacheco Manuel A microscopía electrónica no Atlas Histolóxico virtual da Universidade de Vigo

Navarro Etxeberria Luis Deseño e desenvolvemento de animacións como apoio á nova materia "Evolución" no grao en Bioloxía

Patiño Vilas David Motivación baseada en retos (MoBaRe)

Peláez Gustavo Aula taller de recuperación e ensino interactivo de técnicas de fabricación de principios do século XX, e a súa evolución en Galicia

Pereira Domínguez Carmen Deseño e implementación do cinema como recurso educativo a través da Rede Social da Universidade de Vigo. Unha experiencia interdisciplinar

Pino Juste Margarita Deseño e implementación de metodoloxías activas e instrumentos de avaliación coherentes na facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

Quinteiro Sandomingo Carmen Elaboración de material didáctico baseado en textos teatrais con contido científico

Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade

2

ANEXO I

PROXECTOS ADMITIDOS

APELIDOS NOME TÍTULO

Rodríguez López Nuria Como fomentar os resultados educativos a través do traballo en equipo

Sanromán Braga Mª Ángeles Proyect Develop-Based Learning (PDBL): Achegamento a través da docencia á realidade empresarial

Varela Álvarez Enrique José Lide@ 2011-2013: Novos recursos para a aprendizaxe do liderado institucional

Vázquez Dorrío Benito Actividades manipulativas en liña para a aprendizaxe da Física nos Graos en Enxeñaría

Verdugo Matés Mª Victoria Aprendizaxe activa en Econometría: deseño e utilización de pílulas de coñecemento

Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade

3

ANEXO II PROXECTOS EXCLUÍDOS

APELIDOS NOME TÍTULO CAUSA DE

EXCLUSIÓN

Castro Iglesias Jesús Moisés Desenvolvemento das Competencias Persoais e de Liderado mediante a aplicación de técnicas baseadas na Intelixencia Emocional. Ferramentas de Management que se utilizan no Mundo Laboral

2

Cid Samamed Antonio Química supramolecular: a transversalidade da química nos graos do ámbito científico

2

Fariña Rivera Francisca Plan de Innovación docente a través da implantación da acción titorial entre iguais (alumnado-titor) e titores -técnicos (P.A.S) con soporte das redes sociais como apoio ao PAT convencional

1

Fernández Soneira Ana María FaiTIC para todos: o acceso á plataforma de teledocencia para os xordos e hipoacúsicos

3

Pérez Feijoo Paulino DIVULGATIA.com 2

Rodríguez Fernández Fortunato Rexistro de clases "maxistrais" en formato web 4

Causas de exclusión:

1. Presentación fóra de prazo, segundo a base 2ª da convocatoria. 2. O solicitante non cumpre o requisito de ter vinculación permanente coa Universidade de Vigo,

segundo se establece na base 2ª da convocatoria. 3. Documentación incompleta segundo a base 2ª da convocatoria. 4. Documentación non presentada a través dos medios establecidos na base 2ª da convocatoria.

Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade

1

ANEXO I PROXECTOS ADMITIDOS

APELIDOS NOME TÍTULO

Alonso Rodríguez José Antonio Innovación pedagóxica na formación curricular na expresión gráfica e o deseño. Contorno de aprendizaxe de debuxo co AutoCAD

Arias Acuña Marcos Virtualización das ensinanzas na enxeñaría usando integración entre múltiples ferramentas

Armesto Quiroga José Ignacio Comprimidos formativos audiovisuais en materia de competencias transversais

Armesto Quiroga José Ignacio Metodoloxía para o desenvolvemento de competencias de xestión de grupos de alto rendemento

Bonorino Ramírez Pablo Raúl O debate académico como ferramenta didáctica

Caeiro Rodríguez Manuel Desenvolvemento dunha aproximación metodolóxica para a prevención, disuasión e detección de plaxio nos traballos dos alumnos

Cameselle Fernández Claudio Prácticas de laboratorio creativas. Aprender investigando

Cameselle Fernández Claudio Aplicación de plataformas virtuais audiovisuais para títulos de Grao e Máster

Dopico Aneiros Dolores Unha proposta de actuación para mellorar a integración dos graduados universitarios no mercado profesional actual

Fernández Soneira Ana María FaiTIC para todos: o acceso á plataforma de teledocencia para os xordos e hipoacúsicos

Fernández Vilas Ana Estratexias colaborativas, xogos de rol e Web 2.0 aplicados ao deseño de sistemas

García Mosquera Marta Deseño de unidades didácticas baseadas na técnica de Aprendizaxe Baseado en Problemas (ABP) no EEES

González Fernández Pío Manuel DIVULGATIA.com

Gónzalez Crespán Araceli Aprendizaxe a través de experiencia: unha proposta de integración na Escola Universitaria de Estudos Empresariais (Grao Comercio)

González Moreno Juan Carlos Utilización de Hypervídeos como soporte de actividades no marco do EEES

Lago Peñas Carlos Utilización dun sistema tecnolóxico de feedback interactivo na docencia universitaria para mellorar o rendemento académico do alumnado e a calidade docente do profesorado. O programa Turning Point

López Ardao José Carlos Neoludismo: xogos e aprendizaxe informal como estratexia docente

Lusquiños Rodríguez Fernando e-Física: unha nova proposta metodolóxica da docencia de Física I para titulacións de Enxeñaría no marco do EEES

Mandado Pérez Enrique SIMULAPE. Sistema Integrado Multimedia baseado en computador de autoaprendizaxe da Electrónica para técnicos e enxeñeiros

Meana Martínez Juan Carlos Plataforma para a elaboración de titoriais técnicos audiovisuais

Megías Pacheco Manuel A microscopía electrónica no Atlas Histolóxico virtual da Universidade de Vigo

Navarro Etxeberria Luis Deseño e desenvolvemento de animacións como apoio á nova materia "Evolución" no grao en Bioloxía

Patiño Vilas David Motivación baseada en retos (MoBaRe)

Peláez Gustavo Aula taller de recuperación e ensino interactivo de técnicas de fabricación de principios do século XX, e a súa evolución en Galicia

Pereira Domínguez Carmen Deseño e implementación do cinema como recurso educativo a través da Rede Social da Universidade de Vigo. Unha experiencia interdisciplinar

Pino Juste Margarita Deseño e implementación de metodoloxías activas e instrumentos de avaliación coherentes na facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

Quinteiro Sandomingo Carmen Elaboración de material didáctico baseado en textos teatrais con contido científico

Rodríguez Fernández Fortunato Rexistro de clases "maxistrais" en formato web