viaxes +60 afundación · xogos olímpicos de inverno en 1994. realizaremos unha parada xunto aos...

4
Viaxes +60 Afundación Fiordes Noruegueses Do 25 xuño ao 2 xullo afundacion.org

Upload: others

Post on 22-Aug-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Viaxes +60 Afundación · Xogos Olímpicos de Inverno en 1994. Realizaremos unha parada xunto aos trampolíns de salto de esquí para, desde alí, admirar as vistas da cidade. Comida

Viaxes +60 AfundaciónFiordes NorueguesesDo 25 xuño ao 2 xullo

afundacion.org

Page 2: Viaxes +60 Afundación · Xogos Olímpicos de Inverno en 1994. Realizaremos unha parada xunto aos trampolíns de salto de esquí para, desde alí, admirar as vistas da cidade. Comida

Luns 25 de xuñoSANTIAGO DE COMPOSTELA-BERGENRecollida nos puntos indicados para saír en dirección ao aeroporto de Lavacolla. Trámites de facturación e saída en voo directo con destino Bergen. Chegada ao aeroporto e encontro co noso guía no aeroporto; ao chegarmos, comezaremos unha visita panorámica desta fermosa cidade coñecida polas súas casiñas de madeira. Pasaremos polo centro comercial, o núcleo histórico e a península de Nordnes. Poñeremos especial énfase no Bryggen, casas de madeira do 1702 incluídas na lista da Unesco como Patrimonio da Humanidade e o funicular ao Monte Floyen, á mesma altura que a Torre Eiffel. Cea e aloxamento no hotel.

Martes 26 de xuñoBERGEN-PREIKESTOLEN-STAVANGER Almorzo e saída cara a Preikestolen para chegar ao «púlpito», unha impresionante formación rochosa desde onde se teñen as mellores vistas sobre o Fiorde de Lyse, unha das paisaxes máis recoñecidas do país. Comida en pícnic. Continuación cara ao hotel. Cea e aloxamento.

Mércores 27 de xuñoSTAVANGER Almorzo e saída para realizar un cruceiro polo famoso Fiorde de Lyse, unha das atraccións turísticas máis importantes de Europa. Comida e pola tarde visita panorámica da cidade a cargo do guía acompañante. Cea e aloxamento.

Xoves 28 de xuñoSTAVANGER -REXIÓN DE VOSSAlmorzo e saída cara a Voss, cidade coñecida como capital dos deportes de aventura e cunha das primeiras igrexas de pedra construídas en Noruega. Continuación polo impresionante Val de Naeroy, chegada a Gudvangen, á entrada do brazo máis espectacular do Fiorde de Sogne. Comida e navegación a bordo polo Fiorde de Sogne, coñecido como o «Fiorde dos soños», o maior dos fiordes no mundo, en que veremos os brazos de Sogne, recoñecidos pola Unesco como Patrimonio da Humanidade. Cea e aloxamento.

Venres 29 de xuñoREXIÓN DE VOSS-ÁREA DE HEMSEDAL Almorzo e saída para realizar a excursión ao tren de Flam, un dos percorridos en tren máis espectaculares de Europa, 20 km escavados entre fervenzas, lagos, montañas e granxas no idílico e estreito Val do Flam. Comida. Continuación cara á área de Hemsedal. Cea e aloxamento.

Sábado 30 de xuñoÁREA DE HEMSEDAL-LILLEHAMER-OSLO Almorzo e saída cara a Lillehamer, onde dispoñeremos de tempo libre para coñecer a cidade que acolleu os Xogos Olímpicos de Inverno en 1994. Realizaremos unha parada xunto aos trampolíns de salto de esquí para, desde alí, admirar as vistas da cidade. Comida e despois saída cara a Oslo. Tempo libre ao chegar. Cea e aloxamento.

Domingo 1 de xulloOSLO Almorzo e visita panorámica da cidade con guía local. Veremos, entre outras cosas, o Parque Vigeland, un museo ao aire libre coas esculturas do artista noruegués Gustav Vigeland. Tamén poderemos contemplar o Palacio Real, a Universidade, o Parlamento e o Concello. Comida e visita ao Museo dos Barcos Viquingos, na apracible península de Bigdoy. Cea e aloxamento.

Luns 2 de xullo

OSLO - SANTIAGO DE COMPOSTELAAlmorzo no traslado ao aeroporto de Oslo para saír en voo directo con destino Santiago. Chegada e continuación por estrada ata o noso lugar de orixe.

Page 3: Viaxes +60 Afundación · Xogos Olímpicos de Inverno en 1994. Realizaremos unha parada xunto aos trampolíns de salto de esquí para, desde alí, admirar as vistas da cidade. Comida

PREZO EN HABITACIÓN DOBRE/SOCI@ ABANCA: 2.100 €PREZO EN HABITACIÓN DOBRE/SOCI@: 2.310 €SUPLEMENTO HABITACIÓN INDIVIDUAL: 365 €

*No caso de cancelación do acompañante ou non atopar unha persoa para compartir habitación, o cliente deberá asumir o custe do suplemento individual.

O NOSO PREZO INCLÚEAutobús desde os Espazos +60 ata o aeroporto e viceversa

Voo especial directo desde Santiago de CompostelaMaleta facturada de 23 kg

Autocar para todo o percorridoAloxamento en hoteis de 3*/4*

Réxime de pensión completa (7 almorzos bufete, 7 ceas e 6 comidas)Pack de bebidas en comidas e ceas (auga, viño ou cervexa ou refresco)

Guía acompañante de fala hispana durante o percorridoAudio guías individuais

Seguro de cancelación e de asistencia

O NOSO PREZO NON INCLÚENingún servizo non especificado no apartado anterior

HOTEIS PREVISTOS OU SIMILARESStavanger: park inn by radisson Stavanger 3*/Scandinc Forum Stavanger 3*

Bergen: Magic hotel Solheimsviken 4*/ Scandic Bergen City 4*Rexión de Voss: Hotel Quality Voringfoss 4*/ Brakanes ulvik 4*

Área de Hemsedal: Hotel Skogstad 3*Oslo: Scandic Solli Hotel 4*/ Scandic Oslo City 4*

NOTAS IMPORTANTESA orde das visitas pode ser variada en destino, mantendo íntegro o programa

As comidas e ceas poderán ser indistintamente en hoteis ou restaurantes Por razóns operativas dos servizos de ferry, algúns dos traxectos poden ser alterados

CONDICIÓNS DE CANCELACIÓNEntre o 15 marzo e o 15 abril: 525 €Entre o 16 abril e o 6 maio: 840 €

Entre o 7 e o 27 maio: 1.260 €Entre o 28 maio e o 10 xuño: 1.680 €

Entre o 11 e o 25 xuño: 100% do custe da viaxe

IMPORTANTE: Para poder recuperar os gastos xerados, en función da data de cancelación, a causa debe axustarse ao condicionado da póliza de cancelación e deberanse enviar probas documentais que acrediten a cancelación para tramitar co seguro o posterior reembolso.

Page 4: Viaxes +60 Afundación · Xogos Olímpicos de Inverno en 1994. Realizaremos unha parada xunto aos trampolíns de salto de esquí para, desde alí, admirar as vistas da cidade. Comida

Organiza

INSCRICIÓNDo 8 de febreiro ao 8 de marzo

INFORMACIÓN E RESERVASEspazos +60 Afundación ou Ciberviaxes Federico Tapia, 41 bajo. A Coruña. 981216600