ciclo de cinema - afundacion.orgafundacion.org/docs/cesionsalas/35516/cineaniversariocoruna.pdf ·...

2
Preparamos un atractivo programa con dez películas estreadas ao longo da última década en que arte e cultura son as estrelas convidadas. Este é o mellor xeito de celebrarmos os dez primeiros anos da Sede Afundación na Coruña, a través da pintura, escultura, fotografía, música, danza, cinema, teatro, moda, cómic e maxia, as dez disciplinas artísticas que protagonizan esta viaxe cinematográfica. Todas as proxeccións son de acceso libre ata encher a capacidade. E TAMÉN! ODAIKO: Aniversario con ritmo Sábado 1 out 11.30 h. Obradoiro de percusión para rapaces de 5 a 11 anos. Actividade gratuíta previa inscrición. 12.30 h. Concerto didáctico no Cantón Grande. Actividade libre para pequenos e grandes. MOSTRA Do 1 out ao 12 nov Luns a venres de 17.00 a 21.00 h Sábados e festivos de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h A través desta mostra de fotografías, planos e documentación, queremos achegar á cidadanía o que supuxo a construción do edificio e os dez anos dedicados á cultura, á educación e ao social, mais, sobre todo, dedicados á Coruña e a Galicia. Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8 15003 A Coruña afundacion.org afundacion.org CICLO DE CINEMA 10 anos contigo

Upload: trinhhanh

Post on 14-Feb-2019

220 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Preparamos un atractivo programa con dez películas estreadas ao longo da última década en que arte e cultura son as estrelas convidadas. Este é o mellor xeito de celebrarmos os dez primeiros anos da Sede Afundación na Coruña, a través da pintura, escultura, fotografía, música, danza, cinema, teatro, moda, cómic e maxia, as dez disciplinas artísticas que protagonizan esta viaxe cinematográfica.

Todas as proxeccións son de acceso libre ata encher a capacidade.

E TAMÉN! ODAIKO: Aniversario con ritmo Sábado 1 out11.30 h. Obradoiro de percusión para rapaces de 5 a 11 anos. Actividade gratuíta previa inscrición.

12.30 h. Concerto didáctico no Cantón Grande.Actividade libre para pequenos e grandes.

MOSTRA Do 1 out ao 12 novLuns a venres de 17.00 a 21.00 hSábados e festivos de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h

A través desta mostra de fotografías, planos e documentación, queremos achegar á cidadanía o que supuxo a construción do edificio e os dez anos dedicados á cultura, á educación e ao social, mais, sobre todo, dedicados á Coruña e a Galicia.

Sede Afundación A CoruñaCantón Grande, 815003 A Coruña

afundacion.org afundacion.org

CICLO DE CINEMA10 anos contigo

Esta viaxe polas entrañas do Kunst Museum de Viena ten a arte como protagonista absoluta. Mostra a cara descoñecida dos grandes centros de arte, que funcionan como vehículos de exhibición da cultura e como imaxe dunha nación. O filme desvela os seus enredos ocultos.

EL GRAN MUSEO 26 out | 19.00 hJohannes Holzhausen, Austria, 2014. 94 min. TP

Entolecida polo abandono do seu amante, en 1915 Camille Claudel é recluída pola súa familia nun manicomio. No

entanto, o que non imaxinaban era que isto supuña arreba-tarlle o único que podía darlle consolo e tranquilidade:

a escultura.

31 out | 19.00 h CAMILLE CLAUDEL Bruno Dumont, Francia, 2013. 95 min. TP

A pesar de estar no cume da súa carreira, ningún estudio está polo labor de financiar a súa nova idea, polo que decide pagar

el mesmo a película. O resultado: un dos maiores éxitos internacionais de Hitchcock e unha das creacións máis

influentes de toda a historia do cinema.

28 nov | 19.00 h HITCHCOCKSacha Gervasi, EEUU, 2012. 98 min. NRM 13 anos

Fred Ballinger, un importante director de orquestra, leva tempo retirado da súa carreira musical, mais cal será o seu

abraio cando, nunhas vacacións nos Alpes, a raíña Isabel lle pida que reavive o seu espírito musical con motivo do

aniversario do príncipe Filipe.

14 nov | 19.00 h LA JUVENTUDPaolo Sorrentino, Italia, 2015. 124 min. NRM 16 anos

Durante o éxito da presentación da primeira colección para Dior, Saint Laurent coñece o seu grande amor, Pierre Bergé. O

deseñador terá que librar unha dura batalla para deixar pegada no ríxido mundo da moda, mentres se enfronta ás

súas propias dúbidas e demos interiores.

12 dec | 19.00 h YVES SAINT LAURENT Jalil Lespert, Francia, 2014. 106 min. NRM 16 anos

Dous ilusionistas viven o éxito da maxia no Londres de finais do século XIX. Mais o que comeza sendo unha admiración mutua entre compañeiros acabará nunha feroz inimizade.

Forzarán os seus límites nunha competición de maxia e ilusión para conseguir superarse.

26 dec | 19.00 h EL TRUCO FINALChristopher Nolan, USA, 2006. 130 min. NRM 18

Unha tímida e solitaria muller encóntrase encadeada a un matrimonio planeado polos seus adiñeirados pais. Mais todo muda cando se namora do enigmático Lionel Sweeney, quen a converterá nunha das máis orixinais e prestixiosas figuras da fotografía do século XX.

RETRATO DE UNA OBSESIÓN 7 nov | 20.00 hSteven Shainberg, USA, 2006. 122 min. NRM 16 anos

Unha familia composta por artistas de vodevil sofre a fame da Guerra Civil. O teatro será a súa única saída para gañar o pan e, entre miserias e alegrías, música e aplausos, tentarán saír adiante e facer fronte ás dificultades que lles están por vir.

PÁJAROS DE PAPEL 5 dec | 19.00 hEmilio Aragón, España, 2010. 122 min. NRM 7 anos

Marjane é unha rapaza iraniana que se nega a gardar silencio ante as inxustizas e a tiranía. É enviada a Europa, mais a soidade faraa regresar xunto á súa familia. Esta adaptación do cómic amosa as dificultades do retorno e a submisión que o país esixe.

PERSÉPOLIS 19 dec | 19.00 hVincent Paronnaud, Francia, 2007. 96 min. NRM 13 anos

Coa música dos Beatles como pano de fondo, un grupo de mozos únese ao movemento antibélico de Nova York. Nun psicodélico mundo que se volve tolo e coas vítimas da guerra de Vietnam aumentando, estes rapaces tentarán buscar unha saída no baile e a música.

ACROSS THE UNIVERSE 21 nov | 19.00 hJulie Taymor, EEUU, 2007. 133 min. NRM 13 anos