v torneo eixo atlÁntico de hockey patÍns deportes 2016... · •formato de dobre sede ... •os...

13

Upload: phungthuy

Post on 13-Feb-2019

214 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

V TORNEO EIXO ATLÁNTICO DE HOCKEY PATÍNS

Cidade da Coruña

O Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruñaten como misión promover e facilitar o acceso á práctica deportiva de todos os cidadáns,

• Promover a creación de instalacións deportivas.• Xestionar convenientemente as instalacións existentes.• Organizar e desenvolver eventos e espectáculos deportivos.• Xestionar a Oferta Deportiva Municipal: cesión de instalacións, abonados e actividades.

Neste caso concreto o obxectivo é o de,

•Organizar o V Torneo Eixo Atlántico “Cidade da Coruña”de Hóckey a Patíns, contando coa participación daqueles concellos/cámaras que conforman o Eixo Atlántico.

•Conseguir a participación de escolares do norte de Portugal e Galicia, e darlles a coñecer a nosa cidade. A Coruña é un dos puntos con maiores atractivos de Galicia debido á gran riqueza do patrimonio artístico e cultural e a esto hai que engadir a beleza natural da contorna.

Ademais, dar continuidade ó xa consolidado Torneo como un referente deportivo para a modalidade do Hockey, como ferramenta para transmitir os valores do Eixo Atlántico, e o acercamento e intercambio de experiencias entre equipos da eurorrexión.

CONTAMOS COA PARTICIPACIÓN DOS EQUIPOS MELLOR CLASIFICADOS DE GALICIA E PORTUGAL

Esta edición de 2016, foi dirixida a xogadores nados nos anos 2001 e 2002

Equipos participantes:• CART Guimarães (Guimarães)• ACD Gulpilhares (V.N. Gaia)• CH Carvalhos (V.N. Gaia)• Escola Desportiva Viana (Viana do Castelo)• Liceo H.C. ( A Coruña)• SDC Santa María del Mar ( A Coruña)• Club Compañía de María ( A Coruña)• AD Valongo (Valongo)• Traviesas HC (Vigo)• Escola Lubians (Carballo)• Académico FC (Porto)• Académico da Feira (Sta María da Feira)

INSCRICIÓN

As datas de inscrición foron do 10 ó 28 de outubro.

Unha vez confirmadas as inscricións enviouse un link, onde se debían completar os datos de cada un dos integrantes do equipo (10 xogadores e 2 responsables), ademais dos datos de contacto.

O prazo para a realización das inscricións nomimais foi de 9 ó 23 de novembro.

NORMAS DA COMPETICIÓN E SEDES

Sábado. GRUPO A e B : PALACIO DOS DEPORTES DE RIAZOR (A

Coruña).. GRUPO C e D : POLIDEPORTIVO MONTEALTO (A Coruña).

Domingo. FASE FINAL: PALACIO DOS DEPORTES DE RIAZOR (A

Coruña)

•Formato de dobre sede (Palacio dos Deportes de Riazor e Polideportivo de Montealto).•4 grupos de 3 equipos divididos por sorteo dirixido (2 galegos e 2 portugueses, como cabeza de grupo, e outros 2 galegos e 2 portugueses como segundos cabezas de grupo, elixidos polas respectivas federacións).•Os encontros xóganse en 2 tempos de 20´ cun descanso de 5´•Os partidos xóganse a tempo corrido e cun tempo morto por equipo en cada un.•Nos partidos do domingo, para asignar os postos definitivos, xógase a tempo parado os últimos 5´de cada parte.

Os equipos deben presentar 15 minutos antes do inicio do partidoas fichas de todos os xogadores xunto cos seus correspondentes documentos de identidade, para proceder á súa revisión.

SISTEMA DE COMPETICIÓN

• Sistema de competición ten unha primeira parte xogándose a modo liga (fase de grupos), e dicir, o equipo gañador obtén 3 puntos, en caso de empate cada equipo obtén 1 punto, e o equipo perdedor 0 puntos. • En caso de empate na clasificación final, pasa o equipo que teña mellor diferenza de goles, se aínda así continua o empate, pasa o equipo que vexa menos tarxetas durante esta primera fase.• A segunda parte celébrase en modo eliminatoria.• Nos partidos de eliminatoria que conclúen con empate non hai prórroga. Neste caso, lánzanse 3 penaltis por equipo, para desfacer tal empate.

Para todo o non contemplado nestas normas, séguese o regulamento da Federación Española de Patinaxe para as competicións oficiáis para tales categorías.

CALENDARIO DA COMPETICIÓN

O torneo tivo lugar nos días 2, 3 e 4 de decembro cun cadro de competición similar ó das 4 edicións anteriores.

O sábado celebrouse a competición en 2 instalacións, mentres que o domingo centrouse toda a competición no Palacio dos Deportes de Riazor.

COMPETICIÓN

Venres -Palacio de Deportes de Riazor19:00 a 22:00 Clinic

19:00 - 20:30 - ALEJANDRO DOMINGUEZ - Seleccionador Español Feminino Absoluto - "O hockei patíns dende o 1 contra 1“

20:30 - 22:00 - JOAQUIM PAULS - Seleccionador Español Masculino Absoluto - “Fundamentos do modelo de xogo en ataque".

Grupo A Grupo B Grupo C Grupo D

AD Valongo C. Cía María HC Liceo ED VianaTraviesas HC CH Carvalhos ACD Gulpilhares SDC Sta. Mª Mar

Escola Lubiáns C. Académico Porto CART Guimarães Academico Feira

Horas HorasP P P P

10:00 AD Valongo 14 vs 1 Traviesas HC 10:00 HC Liceo 2 vs 15 ACD Gulpilhares11:00 C. Cía María 4 vs 3 CH Carvalhos 11:00 ED Viana 3 vs 5 SDC Sta. Mª Mar12:00 Traviesas HC 6 vs 3 Escola Lubiáns C. 12:00 ACD Gulpilhares 11 vs 0 CART Guimarães13:00 CH Carvalhos 3 vs 4 Académico Porto 13:00 SDC Sta. Mª Mar 2 vs 15 Academico Feira14:00 AD Valongo 13 vs 0 Escola Lubiáns C. 14:00 HC Liceo 4 vs 7 CART Guimarães15:00 C. Cía María 6 vs 5 Académico Porto 15:00 ED Viana 3 vs 2 Academico Feira

17:00 Partido 1 Escola Lubiáns C. 2 vs 15 CH Carvalhos 17:00 Partido 2 HC Liceo 4 vs 3 SDC Sta. Mª Mar18:00 Partido 3 Traviesas HC 0 vs 10 Académico Porto 18:00 Partido 4 CART Guimarães 3 vs 4 ED Viana19:00 Partido 5 AD Valongo 5 vs 1 C. Cía María 19:00 Partido 6 ACD Gulpilhares 13 vs 3 Academico Feira

Campión AD ValongoSubcampión ACD Gulpilhares

3º C. Cía MaríaHoras 4º Academico Feira

P P 5º Académico Porto10:00 Partido 7 Escola Lubiáns C. 5 vs 6 SDC Sta. Mª Mar 11º-12º posto 6º ED Viana11:00 Partido 8 CH Carvalhos 6 vs 0 HC Liceo 9º-10º posto 7º CART Guimarães12:00 Partido 9 Traviesas HC 1 vs 5 CART Guimarães 7º-8º posto 8º Traviesas HC13:00 Partido 10 Académico Porto 7 vs 2 ED Viana 5º-6º posto 9º CH Carvalhos

P P 10º HC Liceo16:30 Partido 11 C. Cía María 8 vs 0 Academico Feira 3º-4º posto 11º SDC Sta. Mª Mar17:30 Partido 12 AD Valongo 5 vs 0 ACD Gulpilhares FINAL 12º Escola Lubiáns C.

19:00

A Coruña 2016Venres 2, Sábado 3 e Domingo 4 de Decembro

V Torneo Eixo Atlántico de Hockei Patíns

SABADO

ENTREGA TROFEOS

RIAZOR

RIAZOR MONTEALTO

DOMINGO

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

Celebrouse un interesante Clínic que impartiron os seleccionadores nacionais Joaquim Paüls e Alejandro Domínguez, que dirixen respectivamente aos equipos Masculino e Feminino Españois.

O Clínic celebrouse na tarde do venres 2 de decembro no Pazo dos Deportes de Riazor da Coruña, podendo participar no mesmo todos os adestradores de hóckey sobre patíns que o desexaron.

A primeira conferencia foi impartida por Alejandro Domínguez de 19:00 a 20:30 e na mesma disertou sobre “O Hockey sobre Patíns desde o 1 contra 1”.

Na segunda, de 20:30 a 22:00, Joaquim Paüls falou acerca dos “Fundamentos do modelo de xogo en ataque”.

ALOXAMENTO

A organización ofreceu aloxamento e manutención de maneira gratuíta, do mesmo xeito que nas catro anteriores edicións, a equipos de fóra da nosa cidade, que estiveron formados por un máximo de 10 xogadores máis 2 adultos/responsables.

O aloxamento realizouse no acuartelamento de Atocha.

A hora límite de saída do aloxamento foron as 11:00h do domingo (debendo quedar todo limpo e recollido) os equipos que xogaron na tarde do domingo dispuxeron dun espazo para gardar as súas pertenzas e equipamento, no Palacio dos Deportes de Riazor.

HORARIOS DAS COMIDAS

Para os equipos invitados de fora da cidade, o aloxamento realizouse no acuartelamento de Atocha.

• O almorzo servíuse entre as 07:30h e as 09:15h. no comedor do propio aloxamento .• A comida de medio día, fíxose nun local, próximo áinstalación deportiva a empregar, dependendo do grupos no que quedou encadrado cada equipo despois do sorteo, e o horario foi entre as 12:00h e as 16:00 h. •A cea serviuse entre as 20:30h e as 21:45, sendo as 22:00h. A hora de pexe do comedor do propio aloxamento.

IMPORTANTE: Estes servizos (do mesmo xeito que o aloxamento) ofrecéronse a un máximo a 10 xogadores e 2 adultos por cada equipo (que corresponden cos datos da inscrición).

PODIUM 2016