unidade didáctica tetón

5

Click here to load reader

Upload: maria-lemos-cerqueira

Post on 20-Jul-2015

125 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Unidade didáctica tetón

Á tardiña, Mociño regresaba cos amigos do souto, de cortar uns paus dereitos de castiñeiro novo. Estaban facendo unha cabana para súa irmá que ía casar. Como aínda non sabían facer ladrillos nin tellas, a nova casa construíana chantando postes en buracos que facían no chan. Teiteaban con xestas, palla centea, palla triga… As regañas que quedaban entre poste e poste tapábanas con barro para que non lles entrase frío, nin chuvia nin moita calor. Dentro das casas, no chan, tiñan unha lareira onde cociñaban en cacharros de barrro; a un lado gardaban o gran en cacharros máis grandes. Cando lles compría facer as papas do neno ou uns moletes de pan, moían o gran nunhas pedras lisas, refregando con outra pedra por riba. Descargaron os pés dereitos de castiñeiro e as machadas de pedra e buliron a contarlle a Rulo, o avó da aldea, que viran unha manda de cervos no fondo do bosque… Rulo estaba, pola banda de riba do poboado, gravando un dos enormes circos concéntricos que ornamentaban unha laxe que destacaba especialmente na paisaxe… Estaba a contarlle aos nenos o da xuntanza dos xefes diante da laxe, na próxima lúa, cando a nai de Mociño -que viña da lareira cun feixe de verzas para a cea- chamou polo fillo para que fose muxir a vaca á corte. Rula, a avoíña, estaba a fiar a la que tosquiaran no verán para logo tramar con liño -que gardaban en meadas para tecer no tear-. ¡Que pezas de roupa máis xeitosas farían! (pezas que combinarían coa pulseira de ouro o día da voda da irmá de Mociño). - ¿Sabedes onde hai máis ouro? - No enterramento do anterior xefe do poboado. A Mociño contáronlle que fora enterrado con frechas de punta de sílex do trinque, vaixela decorada, uns machadiños de pedra puída e un diadema de ouro…

Page 2: Unidade didáctica tetón

O Ecoparque Arqueolóxico do Monte Tetón está situado no concello de Tomiño. ¿Sabes indicar, e situar no mapa, a comarca galega á que pertence esta localidade?

Observa o mapa dos concellos da provincia de Pontevedra. ¿Podes situar o concello de Tomiño e enumerar outros concellos da súa comarca?

¿Coñeces lugares de interese paisaxístico e cultural de O Baixo Miño?

O petróglifo de As Portaxes (imaxe na portada) é un dos petróglifos máis destacables do Monte Tetón. ¿Sabes explicar o que son os petróglifos?

¿Coñeces a técnica e o soporte empregados na súa realización?

Hai petróglifos por todo o mundo… Os arqueólogos teñen investigado moito sobre o seu significado. ¿Tratarase dunha linguaxe universal…? ¿Coñeces algunhas das hipóteses manexadas ao respecto?

Observa o gráfico. ¿Serías quen de indicar o momento cronolóxico en que se gravaron estas mostras de arte rupestre?

Pontevedra

Page 3: Unidade didáctica tetón

Observa na imaxe a variada tipoloxía de motivos da arte rupestre galega:

Coviñas.

Combinacións circulares.

Espirais.

Labirintos.

Cadrados e reticulados.

Paletas, esváticas, zig-zágs….

Zoomorfos (cervos, cabalos, cans…).

Antropomorfos.

Idoliformes.

Armas (espadas, puñais, alabardas).

Podomorfos.

Embarcacións. Observa estes debuxos de petróglifos do Monte Tetón e logo contesta:

¿Que tipo de motivos (abstractos ou figurativos) son os que predominan?

¿Que tipos de motivos abstractos podes identificar?

¿Cal é o motivo abstracto que destaca especialmente?

¿Eres quen de localizar algún motivo figurativo?

Page 4: Unidade didáctica tetón

Respecto do modo de vida daquela época, le detidamente o texto da portada, observa as imaxes e logo contesta:

¿Como eran as súas vivendas? Subliña no texto o fragmento no que se fai referencia a elas.

Dúas actividades económicas permitían garantir a supervivencia. ¿Cales eran? Localízaas no texto e nas imaxes.

¿Que outras actividades contribuían a mellorar a súa vida cotiá? Localízaas no texto e nas imaxes.

¿Coñecían a metalurxia? Explica o que isto significa. Localiza no texto as frases -ou palabras- que fagan referencia a esta actividade.

Nos petróglifos do Monte Tetón aparecen muíños naviculares. Observa a imaxe, subliña o texto e explica como moían o gran. ¿Saberías indicar os dous tipos de muíños utilizados nesta etapa histórica e nomear as súas partes?

Localiza no texto o fragmento no que se alude ao gravado de petróglifos.

No texto faise tamén referencia aos enterramentos. Localiza o fragmento onde se fala sobre o tema. ¿Cal era o tipo de enterramento máis usual neste momento histórico?

Recolleitando

Arando a terra

Coidando o gando

Tecendo

Cocendo o pan

Fiando

do

Modelando

arxila

arxila

Construíndo

o poboado

Puíndo a pedra

Sementando

Moendo

Page 5: Unidade didáctica tetón