unidade didáctica 2
TRANSCRIPT
UNIDADE DIDÁCTICA 2:A EDUCACIÓN INFANTIL
1. “Un refuxio no camiño”: A Educación Infantil
1.1. Antecedentes da Educación Infantil
1.2. A Educación Infantil na actualidade
2. Marco legal da Educación Infantil
3. Os centros de Educación Infantil: a escola infantil
4. A Educación Infantil noutros contextos
4.1. A Educación Infantil no medio rural
4.2. Aulas hospitalarias
Para comezar reflexionando... Evolución das taxas de escolarización no 1º ciclo (0-2 anos e 2 anos) e o 1º curso d0 2º ciclo (3 anos) de Educación Infantil. España, Cursos 1991-1992 – 2010-2011.
Fonte: Ministerio de Educación, Cultura e Deporte
EDUCACIÓN INFATIL = modelo de educación formal
para as nenas e nenos menores de 6 anos.
Termo incorporado pola LOXSE (1990).
Período educativo anterior ao ensino obrigatorio.
En España constitúe a 1ª etapa do sistema educativo.
MODELO ASISTENCIAL vs. MODELO ESCOLAR
Francesco Tonucci: “A escola infantil non é un percheiro”
Francesco Tonucci: “O perigo de 8 horas de mala escola”
Protección e coidado das nenas e nenos en substitución das
familias (mentres os pais traballan).
A súa función é “gardar” ou custodiar ás nenas e nenos
“garderías”.
Atenden fundamentalmente as necesidades físicas ou
biolóxicas das crianzas (comida, descanso, limpeza), sen que
haxa ningún proxecto educativo.
Escolarización das nenas e nenos a idades temperás, imitando
os métodos de etapas educativas posteriores.
A súa función é preparar ás nenas e nenos para o ensino
obrigatorio “preescolar”.
Priorizan as actividades de carácter académico (iniciación á
lectura, a escritura e o cálculo), relegando a un segundo plano as
necesidades físicas das crianzas e o xogo.
Superación dos modelos anteriores intervención educativa con
identidade propia (diferenciada doutras etapas educativas).
Intenta responder ás necesidades das crianzas (tendo en conta as súas
características de desenvolvemento) e as familias (tendo en conta os
recentes cambios sociais e culturais).
Parte dunha concepción do neno como ser activo e dunha
concepción da infancia como período clave no desenvolvemento.
Ten un carácter COMPENSATORIO (superación dos desaxustes
derivados das diferenzas sociais, culturais e económicas) e
PREVENTIVO (identificación e intervención precoz nas dificultades do
desenvolvemento e a aprendizaxe).
2. MARCO LEGAL DA EDUCACIÓN INFANTIL (I)
LOLITA, luz de mi vida, fuego de mis entrañas. Pecado
mío, alma mía. LO-LI-TA: la punta de la lengua emprende un
viaje de tres pasos desde el borde del paladar para
apoyarse, en el tercero, en el borde de los dientes. LO. LI. TA.
Era LO, sencillamente LO, por la mañana, un metro cuarenta
y ocho de estatura con pies descalzos. Era LOLA con
pantalones. Era DOLLY en la escuela. Era DOLORES cuando
firmaba. Pero en mis brazos fue siempre LOLITA.
Vladimir Nabokov, LOLITAAJKA
LEIS EDUCATIVAS EN ESPAÑA MODIFICACIÓNS NA EDUCACIÓN NO TRAMO 0-6 ANOS
LXE: Lei Xeral de Educación (1970) EDUCACIÓN PREESCOLAR: Xardín da Infancia (2-4 anos) e Escola de Párvulos (4-6 anos)
LOECE: Lei Orgánica pola que se regula o Estatuto de Centros Escolares (1980)
_______
LODE: Lei Orgánica reguladora do Dereito á Educación (1985)
_______
LOXSE: Lei Orgánica de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (1990)
EDUCACIÓN INFANTIL:1º Ciclo (0-3 anos) e 2º Ciclo (3-6 anos)
LOPAG: Lei Orgánica da Participación,Avaliación e Goberno dos centros docentes (1995)
_______
LOCE: Lei Orgánica de Calidade da Educación (2002)
2 NIVEIS:• EDUCACIÓN PREESCOLAR (0-3 anos)• EDUCACIÓN INFANTIL (3-6 anos)
LOE: Lei Orgánica de Educación (2006) EDUCACIÓN INFANTIL:1º Ciclo (0-3 anos) e 2º Ciclo (3-6 anos)
LOMCE: Lei Orgánica para a Mellorada Calidade Educativa (2013,
pendente de aprobación)_______
LEI ORGÁNICA = aquela que afecta aos dereitos fundamentais da
cidadanía.
A actual lei de educación é a LOE (2006), baseada en tres principios:
Esixencia de proporcionar unha educación de calidade a todos os cidadáns
(CALIDADE + EQUIDADE).
Necesidade de COLABORACIÓN de todos os compoñentes da comunidade
educativa.
COMPROMISO cos obxectivos educativos formulados pola UE.
O proxecto da LOMCE (2013) promove unha reforma educativa baseada
nos seguintes principios*:
Autonomía de centros, reforzo da capacidade de xestión da dirección dos
centros, avaliacións externas de fin de etapa, racionalización da oferta educativa
e flexibilización das traxectorias.
Principios xerais. A Educación Infantil é unha etapa educativa con
identidade propia, ten carácter voluntario e a súa finalidade é
contribuír o desenvolvemento pleno dos nenos, cooperando
estreitamente coas familias.
Ordenación. A Educación Infantil ordénase en dous ciclos: 1º ciclo (0-
3 anos) e 2º ciclo (3-6 anos), ámbolos dous de carácter educativo.
Oferta de prazas e gratuidade. As administracións públicas
promoverán un incremento progresivo da oferta de prazas públicas
no 1º ciclo. O 2º ciclo é gratuíto, garantindo as administracións
educativas unha oferta suficiente de prazas.
Alumnado que presenta necesidades educativas especiais. A
escolarización do alumnado con necesidades educativas especiais
rexerase polos principios de normalización e inclusión. As
Administracións educativas promoverán a escolarización deste
alumnado na Educación Infantil.
Profesorado. O 1º ciclo de Educación Infantil será impartido por
mestres coa especialidade en Educación Infantil ou por outro persoal
coa debida titulación para a atención ás nenas e nenos desta idade. O
2º ciclo de Educación Infantil será impartido por mestres coa
especialidade de Educación Infantil.
Non hai cambios na regulación da Educación Infantil con respecto á
LOE, agás no que se refire a unha mención da necesidade de
establecer as bases da educación plurilingüe desde o 2º ciclo de
Educación Infantil.
Sen embargo, isto non implica unha continuidade real na práctica
educativa, xa que a LOMCE require un desenvolvemento normativo
posterior polo cal o Goberno e as Comunidades Autónomas deben
fixar un novo currículo para a Educación Infantil.
Non hai cambios na regulación da Educación Infantil con respecto á
LOE, agás no que se refire a unha mención da necesidade de
establecer as bases da educación plurilingüe desde o 2º ciclo de
Educación Infantil.
Sen embargo, isto non implica unha continuidade real na práctica
educativa, xa que a LOMCE require un desenvolvemento normativo
posterior polo cal o Goberno e as Comunidades Autónomas deben
fixar un novo currículo para a Educación Infantil.
3. OS CENTROS DE EDUCACIÓN INFANTIL: A ESCOLA INFANTIL (I)
“Todos os hábitos que deben contraer os nenosconvén que comecen desde a máis tenra idade, tendocoidado de proceder por graos.”
ARISTÓTELES
“A escola de Atenas”: Rafael
ESCOLA INFANTIL = centro de educación formal dirixido a nenas enenos menores de 6 anos.
O termo “escola infantil” aparece paralelamente ao de “Educación Infantil”.
Segundo a LOE, a denominación “escola infantil” corresponde a centrospúblicos que ofrecen educación infantil e a denominación “colexio deeducación infantil e primaria” corresponde a centros públicos que ofreceneducación infantil e primaria. Os centros privados poden adoptar calqueradenominación, excepto a que corresponde a centros públicos.
Tipos de centros de Educación Infantil:
Segundo a TITULARIDADE / FINANCIACIÓN
PÚBLICOS
PRIVADOS
Segundo as ENSINANZAS
1º CICLO
2º CICLO
1º e 2º CICLO
Segundo a SITUACIÓN
EDUC. INFANTIL
EDUC. INFANTIL e PRIMARIA
Sen subvencións públicas
Con subvencións públicas
(CONCERTADOS)
Os centros privados deben someterse ao principio de autorización administrativa.
– ESCOLAS INFANTÍS PÚBLICAS:
• Rede galega de escolas infantís “A Galiña Azul”:
» Escolas infantís dependentes da Consellería de Traballo e
Benestar.
» Escolas infantís dependentes do Consorcio Galego de Servizos de
Igualdade e Benestar.
• Escolas infantís municipais.
– ESCOLAS INFANTÍS DE INICIATIVA SOCIAL (financiadas con
fondos públicos).
– ESCOLAS INFANTÍS PRIVADAS.
Veñen recollidos no Decreto 329/2005 polo que se regulan os centros de
menores e os centros de atención á infancia.
Horario. Abrirán un mínimo de 8 horas diarias, en xornada partida ou
continuada, de luns a venres.
Instalacións. Deberán contar cun mínimo de 3 unidades (agás nos casos en
que a demanda non xustifique a existencia dun centro completo) e reunir os
seguintes requisitos materiais: unha sala para os/as nenos/as por cada
unidade (as que sexan para menores de 2 anos disporán de áreas diferenciadas
para o descanso e a hixiene), un espazo axeitado para a preparación de
alimentos, unha sala de usos múltiples (pode usarse como comedor), un
patio exterior de xogos (excepcionalmente un patio interior cuberto con
iluminación e ventilación natural), un aseo con 2 lavabos e 2 inodoros por
cada sala destinada a nenos/as de 2-3 anos e un despacho de
administración.
Ratios. A proporción adulto/neno será como máximo a seguinte: 1/8 en
unidades para 0-1 anos, 1/13 en unidades para 1-2 anos, 1/20 en unidades
para 2-3 anos. No caso de non existir demanda suficiente para formar grupos
da mesma idade, os/as nenos/as poderán ser agrupados conforme á seguinte
proporción: 1/10 en grupos de 0-2 anos, 1/15 en grupos de 0-3 anos.
Requisitos de persoal. O persoal dedicado a funcións educativas deberá
estar en posesión das seguintes titulacións: licenciado/a en pedagoxía ou
psicopedagoxía, mestre/a especialista en Educación Infantil ou equivalente,
técnico superior en Educación Infantil ou equivalente. O nº destes profesionais
será igual ao nº de unidades do centro máis un. Ademais, deberá haber, polo
menos, unha persoa de apoio á atención e coidado dos/das nenos/as, que
deberá estar en posesión dalgunha das titulacións anteriores ou daqueloutras
recoñecidas como apropiadas polo órgano competente.
En determinadas circunstancias, o modelo de educación formal
require adaptacións para garantir o dereito á educación das nenas e
os nenos.
Exemplos:
Nenas e nenos que viven en núcleos rurais con moi pouca poboación.
Nenas e nenos hospitalizados durante períodos prolongados.
Nenas e nenos procedentes de familias con traballos itinerantes*.
Nenas e nenos procedentes de familias dedicadas a tarefas agrícolas de
temporada*.
A dispersión e illamento da
poboación en certas zonas rurais
dificulta a instalación de escolas
infantís.
• Para dar unha resposta educativa ás nenas e os nenos que se atopan nesta
circunstancia xurdiron distintos servizos de atención á infancia:
• Preescolar na Casa (desaparecido en 2012)*: programa destinado a menores de 6
anos do medio rural galego que promovía a acción educativa dos pais na casa
mediante a formación e a orientación continua de profesionais.
• Casas dos Nenos: centros públicos localizados en municipios rurais madrileños
que desenvolven programas educativos para nenas e nenos de entre 1 e 3 anos,
combinando a atención directa aos nenos coa formación e asesoramento aos
pais.
Xorden da vontade de evitar que as
nenas e nenos ingresados no hospital
durante períodos prolongados sexan
marxinados do proceso educativo.
• Son un recurso para achegar a educación formal ás nenas e nenos
hospitalizados.
• Están destinadas a nenas e nenos hospitalizados de entre 3 e 16 anos, aínda
que poden estenderse a idades superiores.
• A atención educativa debe ser individualizada e flexible, adaptándose ás
características físicas, persoais e sociais das nenas e os nenos e ás
características da súa enfermidade.
VOLTAAO
mundoexterior…