unidade 01 - lingua.gal gastronomía galega: de romaría en romaría: a festa do cocido. 03 1. elixe...

16
01

Upload: others

Post on 30-May-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: unidade 01 - lingua.gal Gastronomía galega: De romaría en romaría: a Festa do Cocido. 03 1. Elixe 7 alimentos das táboas para confeccionar o que catalogarías como unha comida

01

Page 2: unidade 01 - lingua.gal Gastronomía galega: De romaría en romaría: a Festa do Cocido. 03 1. Elixe 7 alimentos das táboas para confeccionar o que catalogarías como unha comida

02

FUNCIÓNSCOMUNICATIVAS

Pedir opinións, valora-

cións

Expresar opinións sobre

comportamentos, feitos etc.

CONTIDOSSOCIOCULTURAIS

COÑECEMENTO DO CÓDIGO

LÉXICO GRAMÁTICA FONÉTICA E ORTOGRAFÍA

Alimentos,

comidas

Bebidas, tipos

de viño

Herbas aromá-

ticas, condimentos

Pronome

persoal: A min........

(me)...

Numerais

e indefi nidos:

aproximativos e

partitivos

Perífrases

verbais: modal de

obrigación

Tipoloxía

textual: a carta

persoal

Os dous puntos

Conectores

textuais: fórmulas

de inicio

GALEGO EN

ACCIÓN: unha

receita de cociña

Gastronomía galega:

De romaría en romaría: a

Festa do Cocido

Page 3: unidade 01 - lingua.gal Gastronomía galega: De romaría en romaría: a Festa do Cocido. 03 1. Elixe 7 alimentos das táboas para confeccionar o que catalogarías como unha comida

03

1. Elixe 7 alimentos das táboas para confeccionar o que catalogarías como unha comida opípara:

AMEIXAS

ARROZ

BACALLAU

BRÓCOLI

CABACIÑA

CACHUCHA

CARNEIRO

CEBOLA

CENTOLAS

CHÍCHAROS

CHOURIZO

CIGALAS

COLIFLOR POLO

GARAVANZOS RAXO

LEITUGA TENREIRA

LINGUADO TOMATE

MEXILLÓNS TORTA DE QUEIXO

OVOS TORTA DE SANTIAGO

PATACAS VIEIRAS

PEIXE SAPO XAMÓN

PESCADA XEADO

PIZZA XURELOS

Actividade introdutoria

MEXILLÓNS

OVOS

PATACAS

PEIXE SAPO

PESCADA

PIZZA

TORTA DE QUEIXO

TORTA DE SANTIAG

VIEIRAS

XAMÓN

XEADO

XURELOS

Page 4: unidade 01 - lingua.gal Gastronomía galega: De romaría en romaría: a Festa do Cocido. 03 1. Elixe 7 alimentos das táboas para confeccionar o que catalogarías como unha comida

04

2. Prezos abusivos?

Continúa ti poñendo os prezos orientativos. Logo podedes discutir se é certo iso de que “a vida está moi cara”.

100 g de camaróns ............................. 20 euros 100 g de percebes.................................... 25 euros

Barra de pan .................................... 0,80 euros Folla de bacallau ..................................... 35 euros

Un litro de aceite de oliva .......... ________ Un quilo de patacas .......................... ________

Un quilo de bistés ......................... ________ Un paquete de arroz ......................... ________

3. Formas de cociñar.

Relaciona e explica o que son:

Cocer

Asar

Mariñar

Grellar Con auga

Á prancha

Ferver

Fritir Con aceite

Saltear

Escalfar

Estufar Outros

Baño maría

Papillote

Gratinar

Enfornar

Page 5: unidade 01 - lingua.gal Gastronomía galega: De romaría en romaría: a Festa do Cocido. 03 1. Elixe 7 alimentos das táboas para confeccionar o que catalogarías como unha comida

05

Prácticas guiadasPrácticas guiadas

GRAMÁTICA SELECTIVA

Para expresar gustos, úsanse moito estas fórmulas:

A min gústame ... / Eu prefi ro ...

A ti gústache ... / Ti prefi res ...

A el gústalle ... / El ou ela prefi re ...

A nós gústanos ... / Nós preferimos ...

A vós gústavos ... / Vós preferides ...

A eles gústalles ... / Elas ou eles prefi ren ...

Para lles pedir opinións a outras persoas:

Que che gusta máis? / Gústache máis o branco

ou o tinto?

Que prefi res? / Prefi res o branco ou o tinto?

Que opinas de...? Que che parece...?

Para expresar opinións relativamente contrarias ás dos

teus interlocutores:

Pois eu creo que...

Porén, eu opino que...

A min non me parece que...

Para mostrar conformidade coas opinións dos teus in-

terlocutores:

Estou de acordo...

Eu tamén creo que...

Eu tamén son da opinión de que...

Eu tamén opino que...

Para expresar desconformidade de forma tallante:

En absoluto

Estou en total desacordo con que...

Para nada (coloquial)

OS INTERROGATIVOS

Lembra que cando fas unha pregunta directa, estes escríbense sen til:

Que comes?

Quen é?

Como estás?

Canto bebiches?

Cal é a túa cor preferida?

O mesmo sucede nas interrogativas indirectas,

agás nos exemplos moi contados onde se poida

producir algún caso dubidoso:

Preguntoume canto bebera onte na festa.

Dixo qué comera onte.

Gramática e léxico

Page 6: unidade 01 - lingua.gal Gastronomía galega: De romaría en romaría: a Festa do Cocido. 03 1. Elixe 7 alimentos das táboas para confeccionar o que catalogarías como unha comida

06

Coloquial: chantar unha pregunta Coloquial: dar noxo

Estándar: preguntar Estándar: mal, fatal

Culto: inquirir Culto: inasumible, atroz, inaudito

Coloquial: preguntar que lle parece Coloquial: cháchara, leria

Estándar: pedirlle opinión a alguén Estándar: conversa

Culto: requirir a opinión de alguén Culto: diálogo

Coloquial: curriño, riquiño... Coloquial: darlle á lingua

Estándar: ben, correcto Estándar: falar

Culto: estupendo, marabilloso, inigualable Culto: intercambiar impresións, dialogar

4. Que tipo de viño che gusta máis?

Con cales asociarías as seguintes etiquetas descritivas?

Por que? *Recoméndase usar texto de apoio “Ribeira Sacra” e páxina web www.doriasbaixas.com

Amarelo pálido limón é a cor que o defi ne. Froito do conxunto dunha serie de

variedades nobres das terras do Valdeorras. Afroitado intenso con predominio de

plantas silvestres. Carnoso ao padal cun toque fi nal longo.

5. Aquí che presentamos a etiqueta incompleta doutro viño, completa os adxectivos que faltan e logo deseña a súa etiqueta se-

guindo o modelo anterior. (Recoméndase ver texto 1 que acompaña ao tema.)

Afroitado e doce, este viño das Adegas Rial está á altura dos padais máis ................................ Feito con uvas das varie-

dades ............................... e ...................................., é especialmente apropiado para regar carnes ................................... e queixos

de sabor ...............................

Léxico

Page 7: unidade 01 - lingua.gal Gastronomía galega: De romaría en romaría: a Festa do Cocido. 03 1. Elixe 7 alimentos das táboas para confeccionar o que catalogarías como unha comida

07

Acidez

Corpo

Aromas

Afroitado

Crianza en madeira

Anada

Sensación áspera dos viños debida á presenza de diversos ácidos orgánicos. A acidez

depende dunha serie de factores, entre os que están a variedade de uva e a fermen-

tación. Certa cantidade de acidez é esencial para proporcionar sensación de frescura

e lixeireza nos viños novos.

Os viños tintos producen unha sensación de plenitude na boca, de intensidade no

padal . Debido a estas características dise que posúen ‘corpo’, ao contrario dos viños

brancos e rosados que son máis lixeiros.

Os aromas propios da uva coa que se elabora un viño denomínanse primarios. Os

secundarios aparecen no curso da fermentación.

Aroma e sabor máis común en viños novos que pode recordar as características pro-

pias da uva ou doutras froitas, coma pexego, cereixa, plátano...

Presenza de aromas e sabores no viño envellecido en barricas de madeira de carballo

ou castiñeiro. A súa intensidade varía en función do tempo que permanece en con-

tacto con esta.

Ano en que se vendiman as uvas empregadas para elaborar un determinado viño.

6. Tipos de uva. Indica se é branca ou tinta.

Albariño

Mencía

Garnacha

Malvasía

Treixadura

GodelloGodello

Características do viño

Page 8: unidade 01 - lingua.gal Gastronomía galega: De romaría en romaría: a Festa do Cocido. 03 1. Elixe 7 alimentos das táboas para confeccionar o que catalogarías como unha comida

8

7. Sabendo xa das características dun bo viño, escoita esta conversa nun restaurante entre o cliente e o sumiller.

Que viño recomenda o sumiller? Por que?

8. Por parellas, desenvolvede vós agora unha conversa sobre viños. Cada membro da parella que elixa unha destas fotos e que se

identifi que co personaxe que se retrata nela.

cliente dona do restaurante sumiller representante de viños adegueiro xornaleira

9. Un pouco de xeografía.

Que denominación de orixe cres que se produce no

territorio do mapa de Galicia que aquí se mostra?

Page 9: unidade 01 - lingua.gal Gastronomía galega: De romaría en romaría: a Festa do Cocido. 03 1. Elixe 7 alimentos das táboas para confeccionar o que catalogarías como unha comida

9

10. Unha receita de cociña.

Enumera as materias primas básicas que levaría

este prato

INGREDIENTES:

______________________________

______________________________

______________________________

______________________________

______________________________

______________________________

______________________________

______________________________

______________________________

Como está preparado?

FORMA DE COCIÑAR:

_________________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________________

Galego en acción

Page 10: unidade 01 - lingua.gal Gastronomía galega: De romaría en romaría: a Festa do Cocido. 03 1. Elixe 7 alimentos das táboas para confeccionar o que catalogarías como unha comida

10

Elixe agora un viño da nosa carta de viños para acompañala e xustifi ca a túa elección:

VIÑO APROPIADO PARA ACOMPAÑALA:

_________________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________________

.: CARTA DE VIÑOS :.VIÑOS BRANCOS

D.O. PenedésGran Viña Sol (Adg. Torres) ..................... 20,30 €Viña Esmeralda (Adg. Torres) ................... 9,10 €Bach Extrísimo (Masia Bach) .................. 14,45 €

D.O. Rías BaixasValdamor Albariño (Valdamor) ............... 24,61 €Martín Códax (Adg. Martín Códax) ....... 20,12 €

D.O. ValdeorrasAlán de Val (Adg. Alán) .......................... 13,15 €Arume (Adg. Sta. María dos Remedios) ... 17,00 €Joaquín Rebolledo (Adg. J. Rebolledo) ..... 16,90 €

VIÑOS ROSADOSD.O. PenedésGran Viña Sol (Adg. Torres) ..................... 10,17 €

D.O. NavarraValdamor Albariño (Valdamor) ................ 12,84 €

D.O. SomontanoEnate C. Sauvignon (Adg. Enate) ............ 18,19 €

VIÑOS TINTOSD.O. Ribeira do DouroArco de Curiel (Arco de Curiel) ................. 17,12 €

D.O.C. RioxaViña Izadi (Adg. Villabuena) .................. 16,05 €Viña Real (CVNE) .................................. 24,61 €Viña Ardanza (Rioxa Alta) ..................... 42,80 €VFincas de Ganuza (Ramirez Ganuza) ... 34,24 €Viña Pomal (Adg. Bilbaínas) ................... 27,82 €Viña Real (CVNE) ................................... 72,76 €

D.O. Ribeira SacraPriscillus (Adegas Lobeiras) ...................... 12,45 €Gran Amedo (Adegas Amedo) ................... 14,50 €Solaina (Adega Pedra do Sol) ................... 12,30 €

Page 11: unidade 01 - lingua.gal Gastronomía galega: De romaría en romaría: a Festa do Cocido. 03 1. Elixe 7 alimentos das táboas para confeccionar o que catalogarías como unha comida

11

11. Como adubiarías o prato? Cal destes condimentos elixirías para lle botar?

Loureiro Pementa Comiño Pementón

Ourego Canela Chicoria Pirixel

Menta Romeu Noz moscada

Coandro Cravo Tomiño

Por que elixiches eses condimentos?

12. Agora que xa sabes os ingredientes básicos, a forma de cociñalos, os

adobíos que leva e o viño que vas beber con ela, só nos resta escribir a

receita de cociña:

_________________________________________________

_________________________________________________

_________________________________________________

_________________________________________________

_________________________________________________

_________________________________________________

_________________________________________________

_________________________________________________

_________________________________________________

_________________________________________________

_________________________________________________

_________________________________________________

_________________________________________________

_________________________________________________

_________________________________________________

RECEITAS DE COCIÑA

A RECEITA DE COCIÑA é un texto de tipo INS-

TRUTIVO onde vas redactando os pasos que se

teñen que ir dando para confeccionar esta.

As cantidades dos alimentos

Precisas:

Litro, centilitro, decilitro (para líquidos)

Quilo, gramo (para sólidos)

Metade, un terzo...

Imprecisas:

Cullerada, chisco, culleriña, presada...

As instrucións

As perífrases modais obrigativas

Ter + que + infi nitivo

Haber + que + infi nitivo

Deber + infi nitivo

Tes que botar unha cullerada de tomate.

Hai que apartar a ola do lume.

Debes picar moi fi no o allo.

Page 12: unidade 01 - lingua.gal Gastronomía galega: De romaría en romaría: a Festa do Cocido. 03 1. Elixe 7 alimentos das táboas para confeccionar o que catalogarías como unha comida

12

Tipoloxía textual

A carta persoal

13. Como podes comprobar, son dous estilos moi diferentes para o mesmo: poñerse en contacto cun amigo que non ves hai tem-

po.

Onde cres que está a diferenza?, que medio preferirías ti para comunicarte? E por que?

Pontevedra , 6 de maio de 2007

Querido amigo:

Aínda non sei como puiden estar tanto tempo sen escribirche, ben sabes que estes non son tempos propi-cios para estes mesteres: todos andamos apurados de traballo, non temos tempo....; iso sen contar que xa case ninguén se ocupa escribindo cartas á man tendo o correo electrónico.

Só quedamos uns cantos “románticos” aos que aínda nos gusta esta práctica tan pouco de moda, somos uns nostálxicos...

Dende a miña última misiva, cambioume moito a vida. Xa non vivo na aldea, como podes comprobar no encabeza-mento. Escríboche dende a cidade de Pontevedra, nun cuartiño alugado que dá á ría...

i Ola, colega:

Que tal vai? Dende que non me comu-nico seguro que cambiaron moitas cou-sas. Eu estou pola “facu” pringando cos exames de febreiro. Un marrón...

E ti?

Page 13: unidade 01 - lingua.gal Gastronomía galega: De romaría en romaría: a Festa do Cocido. 03 1. Elixe 7 alimentos das táboas para confeccionar o que catalogarías como unha comida

13

14. Mostrámosche agora a estrutura dunha carta persoal.

Elixe un destes personaxes, indica de quen se pode tratar e a relación que te une a el e logo escríbelle unha carta.

Lugar e data.Separados por comas.

Despedida.Outras fórmulas: atentamente, ata vernos, un abrazo ...

Corpo.Aquí vai a información que queiramos contar. Pode ocupar o espazo que consideremos.

Catoira, 13 de outubro de 2007

Aprezado colega:

Non sei como che hei pagar todo o traballo que estás pasando por min, buscando a información que preciso para rematar a tese e enviándoma ao meu enderezo. Ben coñezo que atopar testemuñas vivas que queiran falar dos feitos tan tristes acaecidos no 36 no monte Furriolo non é tarefa fácil, pero eses testemuños hanme valer de moito para confirmar os meus estudos diante do tribunal avaliador.

Disme no teu correo que a gravadora que usas xa está un pouco cascada. Non te apures, no noso próximo encontro levo a miña para que poidas seguir facéndome o traballo de campo.

Polo demais, todo ben? Espero que si. Eu..., xa sabes. Atu-rando como podo a situación familiar, que non é a mellor do mundo para concluír unha tese. Pero tempos mellores han chegar.

Moitos bicos e ata pronto.

Encabezado.Séguenlle dous puntos e á parte. Outras fórmulas: Querido amigo/a; Que tal?; Ola, Saúdos...

Page 14: unidade 01 - lingua.gal Gastronomía galega: De romaría en romaría: a Festa do Cocido. 03 1. Elixe 7 alimentos das táboas para confeccionar o que catalogarías como unha comida

14

Modelo actividade Celga15. Escoita as intrucións que se che dan e toma nota destas neste cadro.

Nome do programa

Medio de comunicación

Temporada

Verduras de época

Vantaxes nutricionais

Prato que se vai preparar

16. Consulta agora o material gráfi co que se achega como anexo e cun orzamento de 20 euros, merca os produtos necesarios para

elaborar o prato que se che antolle comer hoxe. Sigue os seguintes pasos:

Fai a lista da compra.

Axústate ao gasto que podes facer e bota contas do que vas gastar, indicando as cantidades que vas mercar de cada pro-

duto.

Escribe a receita de cociña do teu prato.

Page 15: unidade 01 - lingua.gal Gastronomía galega: De romaría en romaría: a Festa do Cocido. 03 1. Elixe 7 alimentos das táboas para confeccionar o que catalogarías como unha comida

15

As festas gastronómicas

Galicia está chea de festas

gastronómicas que se adoitan

celebrar case todas as fi ns de

semana nalgún punto da nosa

xeografía. Unha festa gastronó-

mica está pensada para exaltar

algún dos nosos produtos ali-

menticios ou algún dos nosos

pratos típicos. Este é o caso do

cocido galego.

A Feira do Cocido de Lalín celébrase sempre o domingo anterior ao domingo de Entroido, unha das datas máis

marcadas no calendario dos galegos. É, polo tanto, aló polos meses de febreiro ou marzo cando o frío aperta e este

prato de seu nutritivo e quente gorenta os padais máis esixentes.

Esta Festa do Cocido vénse celebrando dende o ano 1969. A iniciativa foi tomada polos alcaldes da comarca do Deza

(Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Rodeiro, Agolada e Dozón) que, nunha reunión, decidiron poñela en marcha.

Como a Festa do Cocido, hai outras moitas festas gastronómicas espalladas pola xeografía galega: o xamón da Ca-

ñiza, a lamprea en Pontecesures, a empanada en Bandeira, o marisco no Grove...

A súa proliferación fai que haxa opinións para todos os gustos, das que nos textos anexos do tema che achegamos

boa conta.

E ti que opinas destas festas gastronómicas? (Recoméndase usar textos 2, 3 e 4 complementarios do tema 1)

nta

ali

Contido sociocultural

Fonte: www.concellodevedra.com

Page 16: unidade 01 - lingua.gal Gastronomía galega: De romaría en romaría: a Festa do Cocido. 03 1. Elixe 7 alimentos das táboas para confeccionar o que catalogarías como unha comida

16

7. Conversa nun restaurante entre o cliente e o sumiller.

SUMILLER: Moi boas señores, xa elixiron?

CLIENTE: Si, acaba de tomarnos nota o camareiro.

SUMILLER: E xa saben que viño van tomar?

CLIENTE: Que nos recomenda?

SUMILLER: Que pediron para comer?

CLIENTE: Unha ensalada de froitos secos de entrante e logo un prato de temporada: xabarín á vinagreta.

SUMILLER: Ben, vexo que lles gustan os sabores fortes... O xabaríl é unha carne vermella, de sabor moi forte. Acompañada

dun prebe dese tipo, terá ademais un toque agre. Para estes casos, o mellor é un viño de moito corpo, espeso ao padal e de

intenso aroma. Un tinto, por suposto...

CLIENTE: Algún da terra? Con denominación de orixe galega?

SUMILLER: Ben... Un rioxa podería estar moi ben, pero se vostede prefi re algo de aquí, quizais o amandi sexa o máis reco-

mendable...

15. Escoita as intrucións que se che dan.

“Benvidos ao noso programa radiofónico diario Que fago hoxe de comer? Coma sempre, dámosche as mellores ideas para

que sorprendas os teus á hora de xantar e, iso si, mirando de coidar a carteira cando toca ir ao supermercado ou á praza.

Como estamos a piques de entrar no verán, hoxe queremos ofrecerche unha receita con verduras e froitas de temporada,

moi frescas e económicas. Temos para elixir: repolo, colifl or, grelos, lombarda, cabaciña, castañas, noces, abelás. Todos teñen

un prezo accesible e achégannos unha chea de fi bra alimenticia e vitaminas, moi necesarias para o organismo. Imos, pois,

preparar unha cazolada de bacallau de primeiro e, logo de sobremesa, unhas castañas cocidas ao anís”.

Transcrición do audio