unidad 3 diego-e_izan

5
Presentado por: Izan e Diego.5º A

Upload: paulaif

Post on 05-Dec-2014

414 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Presentado por: Izan e Diego.5º A

Os ecosistemas- O ecosistema é o conxunto de seres vivos e un medio físico. Pode

ser pequeno ou moi grande. O maior ecosistema é a biosfera.- Os seres vivos agrúpanse en especies. Os membros dunha especie

que habitan nun ecosistema forman unha poboación. O conxunto de poboacións forma unha comunidade.

- Os medios físicos teñen factores como a temperatura, o grao de humidade etc. O medio físico pode ser terrestre ou acuático.

- Medios terrestres os seus factores son o clima, o tipo de terreo e o relevo.

- Medios acuáticos os seus factores son a salinidade, e dicir, a cantidade de sal, a luz, a corrente, a temperatura e o tipo de fondo. A auga pode ser doce ou salada.

- A vexetación inflúe moito no medio físico. O tipo de vexetación determina os animais que poden habitar en un ecosistema.

-

A nutrición nos ecosistemas-As plantas fabrican o seu alimento. Por iso, reciben o nome de

produtores. Nos ecosistemas acuáticos, as algas son os produtores.

-Aos animais chámanselles consumidores. Os herbívoros reciben o nome de consumidores primarios. Os

carnívoros que aliméntanse de herbívoros chámanse consumidores secundarios.

Os carnívoros que aliméntanse doutros carnívoros chámanse consumidores terciarios.

-Os descompoñedores so bacterias e fungos que descomñen totalmente os restos dos seres vivos.

-As relacións entre as especies dun ecosistema represéntase mediante cadeas alimentarias.

Para representar mellor as relacións do ecosistema, emprégase as redes alimentarias.

O medio natural - O medio natural dun ser vivo está formado por todo aquilo que o

afecta. O planeta enteiro forma parte do noso medio natural.

- Nos últimos anos fixémonos máis conscientes da importancia da conservación do medio natural e dispomos dos medios para logralo.

- Os problemas que causan as persoas no medio natural son os seguintes:

A contaminación. Consiste en liberar ao medio calquera cousa que poda provocar efectos negativos.

O quecemento global. No último século aumentou moito o dióxido de carbono e as temperaturas estanse elevando.

A deforestación. É a perda de bosques e a súa fauna. A perda de biodiversidade. Debido a diversas causas como a

contaminación, o quecemento global e a deforestación, estanse extinguindo

numerosas especies en toda a Terra.

A protección do medio naturalCada cidadán pode realizar numerosas accións para a

conservación do medio natural: Aforrar auga, aforrar electricidade, aforrar combustible,

depositar o lixo e residuos nos lugares adecuados e respectar a fauna e a flora.

As autoridades teñen o deber de ditar leis que protexan o medio natural.

As distintas autoridades, deben estudar que especies están en perigo de extinción. Tamén deben coidar os ecosistemas.

O Estado, as Comunidades Autónomas e algúns organismos internacionais poden conservar certos espazos naturais de interese declarádoos espazos protexidos.

En España existe unha rede de Parques Nacionais. Ademáis, existen outros espazos protexidos, como Parques Naturais, Parques Rexionais, Reservas,etc.