masterterra.usc.esmasterterra.usc.es/drupal/sites/default/files/lib/cap1.pdfuna introducción al...
TRANSCRIPT
Territorios a examen: trabajos de ordenación territorial = Territorios a
exame: traballos de ordenación territorial / edición a cargo de Rafael
Crecente Maseda, Urbano Fra Paleo. - Santiago de Compostela:
Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e
Intercambio Científico, 2012 244 p. ; 24 cm. – (Cursos e congresos da
Universidade de Santiago de Compostela ; 211)
D.L. LU 42-2012. – ISBN: 978-84-9887-853-0 1. Ordenación do territorio – Galicia 2. Urbanismo − Galicia 3. Solo,
Utilización do − Galicia I. Crecente Maseda, Rafael, ed. lit. II. Fra Paleo,
Urbano, 1961 - , ed. lit. I. Universidade de Santiago de
Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, ed.
352(461.1)
630*6(461.1):711.14
711.14(461.1)
© Universidade de Santiago de Compostela, 2012
Edita Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
usc.es/publicacions
Imprime
Librería Troll
Dep. Legal LU 42-2012
ISBN 978-84-9887-853-0
Índice
Agradecimientos 7
Introducción 11
O impacto do pagamento único en Galiza 17
Fátima Docío e María do Mar Pérez
Caracterización dos procesos de repoboación forestal posteriores á
entrada de Galicia na Unión Europea
41
Beatriz Guimarey e Eduardo Corbelle
A utilización do espazo polas explotacións gandeiras. Estudio da
comarca da Terra Chá, Lugo
57
Manuel Giménez, Eduardo Corbelle e Francisco J. Ónega
A consideración dos asentamentos rurais nos procesos de xestión
de terras: o caso da concentración parcelaria e a ordenación de
núcleos rurais
71
Nieves Pérez ,Rafael Crecente e Francisco J. Ónega
El entorno inmediato del núcleo en el planeamiento rural.
Delimitación como área de transición para aplicar la concentración
parcelaria
91
Vasco Barbosa, Eduardo Corbelle y J. Ambrosio Ferreira
Estudio da utilización de información catastral para a elaboración
das bases definitivas nos procesos de concentración parcelaria en
Galicia
115
Dorinda Sarmiento, Francisco J. Ónega e David Miranda
Una introducción al Modelado Basado en Agentes para la
simulación de cambios de usos del suelo
135
Jeanneth M. Galvez, Eduardo Corbelle e Andrés García
Sintaxis espacial de la ciudad de Lugo 155
José L. de la Barrera y Urbano Fra
Escenarios de riesgo de incendio actuales y potenciales en el
Municipio de Lugo
177
Ivonne M. González y Urbano Fra
Predición de incendios forestais. Análise do índice de risco e
metodoloxía alternativa
203
Iván Sánchez, Urbano Fra e Enrique Fernández
Escenarios actuais e potenciais de risco de inundación costeira na
área metropolitana de A Coruña
225
Xurxo Loureiro e Urbano Fra
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
17
O impacto do pagamento único en Galiza
Fátima Docío1a, María do Mar Pérezb
a Oficina Agraria Comarcal de Meira, Consellaría do Medio Rural b Departamento de Economía Aplicada, Universidade de Santiago de Compostela
Resumo Este traballo é unha achega á análise da aplicación do pago único en Galiza. No mesmo realízase unha revisión bibliográfica que permite clarificar a evolución
seguida pola Política Agraria Común en relación aos pagos directos, así como por onde pasa o futuro destas ferramentas. A partir de aí, e empregando os datos
procedentes das memorias anuais do FOGGA, complementados coa explotación
dunha base de datos orixinal proporcionada por esta entidade do período 2006-2008, levouse a cabo unha valoración do impacto destes pagos no sector agrario
galego a través do seu peso no Excedente Bruto de Explotación. Esta análise sectorial foi completada cunha aproximación ao seu impacto a nivel territorial.
Os resultados evidencian a importancia destas axudas en termos de renda para boa parte dos concellos galegos, mais tamén poñen de manifesto dous elementos
relevantes: por unha banda que a importancia do pagamento único en
comparación co conxunto das axudas directas está claramente vinculada á orientación produtiva. E, por outra, que o importe percibido polos beneficiarios
galegos, tanto repecto do pago único como das axudas directas, está moi por debaixo dos niveis acadados no contexto europeo e español.
Abstract This chapter is a contribution to the analysis of the single payment
implementation in Galiza (Spain). First, a bibliographic review shows the evolution of direct payments inside the Common Agricultural Policy as well as
the future of these tools. Secondly, an evaluation of the impact of such payments
in Galician farming sector was carried out through its gross operating surplus. For such analysis we use data from annual reports of the FOGGA (Galician Found
for Agricultural Guidence and Guarantee) supplemented by the exploitation of an original database provided by this entity for the period 2006-2008. The results
demonstrate the importance of these incentives in terms of income for the majority of Galician municipalities, but also highlight two important elements.
First of all the question of payment compared to the total amount of direct aid is
clearly linked to a productive orientation. And secondly, the amount received by beneficiaries in Galiza, both as a single payment or as direct subsidies, are far
below the levels achieved in the European and Spanish context.
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
18
1. Orixe e futuro do Pagamento Único
A construción do que hoxe en día é a Unión Europea (UE) apoiouse en
boa medida na Política Agraria Común (PAC). Existía entre os socios
fundadores un consenso a respecto da necesidade de garantir o
autoabastecemento alimentario e a estabilidade na produción e prezos,
situación que motivou que desde o inicio a agricultura xogase un papel
estratéxico neste proxecto común. A relativa facilidade coa que se chegou
a este consenso pode ser explicada pola homoxeneidade de realidades
socioeconómicas que confluíron nese momento fundacional (Castillo e
Ramos, 2010).
Así, desde os inicios do que hoxe é a UE a PAC constituíuse na primeira
política común e a principal partida de gasto dentro do orzamento
comunitario. Mais desde os anos 60, momento no que PAC comezou a
súa andadura como unha política sectorial dirixida a modernizar as
explotacións agrarias e garantir o abastecemento dos mercados agrarios,
ata hoxe moitas cousas teñen mudado2. Probabelmente entre as máis
significativas está o paso dunha política sectorial a unha política que
integra actuacións que procuran o desenvolvemento das áreas rurais
europeas con actuacións que non se circunscriben unicamente ao sector
agrario (Massot, 2010). De feito, desde a Axenda 20003 a PAC consta de
dous piares claramente diferenciados:
As axudas directas ás explotacións e as medidas de apoio aos
mercados (primeiro piar da PAC), cun réxime financeiro integral
a cargo do Fondo Europeo Agrario de Garantía4; (FEAGA).
As accións de desenvolvemento rural (segundo piar da PAC), a
cubrir polo Fondo Europeo para o Desenvolvemento Rural5
(FEADER) nun réxime de cofinanciamento coas autoridades
estatais e rexionais.
O Pagamento Único como ferramenta integrada no primeiro piar aparece
no ano 2003 a través da Revisión Intermedia da PAC. Con esta
ferramenta ponse en marcha o apoio disociado da produción calculado a
partir de referencias históricas. Esta foi desde logo unha modificación de
fondo calado pola novidade que supuxo a desvinculación das axudas da
produción e porque implicou a consolidación das desigualdades entre
2 Para ter unha visión máis profunda do senso dos cambios realizados ao longo das décadas dos 80 e 90 ver García-Azcárate (1986), Sumpsi (1994) e Buckwell
(1996). 3 A Axenda 2000 é un documento estratéxico presentado no ano 1997 é que
define o proxecto europeo durante os anos 2000 e que profundiza na liña de
reformas iniciada coa Reforma do 1992. 4 Desde 2007, con anterioridade estaba ao cargo da sección Garantía do FEOGA. 5 Desde 2007, con anterioridade estaba ao cargo da sección Orientación do
FEOGA.
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
19
explotacións e territorios (Massot, 2007). No ano 2009 co Chequeo
Médico dáse un paso máis na aplicación desta ferramenta cun avance no
proceso de desacoplamento das axudas directas.
No ano 2010 a Comisión presenta un documento de reflexión sobre o
futuro da PAC titulado A PAC no horizonte de 2020: Resposta aos retos futuros
no ámbito territorial, dos recursos naturais e alimentarios (2010). Este
documento previo á elaboración do marco de apoio comunitario 2014-
2020 recolle tres posíbeis liñas de acción política para ese período:
Mantemento das actuais medidas da política agraria
Cambio radical cara unha PAC medioambiental e ecolóxica
Finalmente, unha postura intermedia entre ambas
Finalmente, nas propostas regulamentarias feitas públicas a mediados do
mes de outubro de 2011 a Comisión Europea decantouse pola postura
intermedia. Aínda que este é un documento provisional e que será
sometido a discusión ao longo do ano 2012, consideramos de interese
salientar que no mesmo se estabelece que o réxime do pagamento único
desaparecerá e tamén as axudas que aínda permanecen asociadas como
as de vacas nutrices. Os dereitos obtidos ao abrigo do réxime de
pagamento único caducarán o 31 de Decembro de 2013 e, no seu lugar,
poráse en marcha un novo sistema de axudas directas cos seguintes
componentes:
Pagamento de base
Pagamento para os agricultores que respecten as prácticas
agrícolas beneficiosas para o clima e o ambiente obrigatorio para
os Estados Membros (30% do límite máximo anual)
Pagamento para os agricultores en zonas con condicionantes
naturais específicas, optativo para os Estados Membros (ata o 5%
do límite máximo anual)
Pagamento para a instalación de agricultores novos, obrigatorio
para os Estados Membros (ata o 2% do límite máximo anual)
Réxime simplificado para os pequenos agricultores, obrigatorio
para os Estados Membros e optativo para os agricultores (ata o
10% do límite máximo anual)
E, finalmente, un réxime de apoio asociado voluntario para os
Estados Membros (ata o 5% ou o 10%)
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
20
2. Obxectivos e metodoloxía
O traballo proposto trata de afondar na realidade do pago único en
Galiza; pretendemos facer unha valoración do impacto destes pagos no
sector agrario galego, e por extensión, aproximarnos a súa importancia
como compoñente da renda das áreas rurais.
Nesta análise exploratoria aplicamos unha dobre perspectiva:
Análise a nivel de sector. O impacto dos pagamentos directos
sobre o sector agrario europeo está fóra de toda dúbida, a propia
Dirección General de Agricultura y Desarrollo Rural (Comisión
Europea 2011a) destaca a importancia dos mesmos, tanto polo
seu importe, como pola porcentaxe que estes supoñen sobre a
totalidade dos ingresos percibidos polas explotacións agrarias6.
Lamentabelmente a información dispoñíbel ata o momento para
o caso galego era moi reducida, por iso, co presente traballo
pretendemos clarificar a importancia desta ferramenta a nivel
galego.
O impacto territorial. Para valorar a relevancia do pago único
non é suficiente cunha aproximación sectorial, de aí que
incluiramos unha aproximación á distribución territorial destas
axudas, testando en que medida estas se corresponden coa
especialización produtiva de determinadas comarcas galegas.
Para a consecución destes obxectivos de investigación realizouse en
primeiro lugar unha revisión bibliográfica que nos serviu para coñecer a
situación e a evolución seguida pola PAC, así como por onde pasa o seu
futuro. Unha vez clarificado o marco teórico achegámonos ao impacto
que o pago único tivo para o sector agrario galego. Comezamos pola
análise das memorias anuais do Fondo Galego de Orientación e Garantía
Agraria (FOGGA 2005, 2006, 2007, 2008 e 2009) que nos permitiron ter
unha primeira visión da importancia dos pagos directos a nivel galego. A
partir de aí co obxectivo de obter unha visión mais profunda e que nos
ofrecera resultados a nivel local explotouse a base de datos orixinal
proporcionada por esta entidade para o período 2006-2008.
A base consta dun total de 54.417 rexistros nos que se recollen a
totalidade dos pagamentos realizados neste período. Contamos pois
cunha fonte de información na que se recollen os datos de 19.479
explotacións situadas na provincia da Coruña, 18.028 na provincia de
Lugo, 7.513 en Ourense e un total de 9.397 na provincia de Pontevedra;
6 No anterior informe sinálase que o importe medio por beneficiario europeo dos
pagos procedentes da PAC é de 5.000€, que se corresponde coa percepción media
dos beneficiarios da política agraria no estado español.
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
21
das que 15.852 son leiteiras (2.509 na provincia de Pontevedra, 229 de
Ourense, 6.166 da provincia de Lugo e un total de 6.948 de Coruña).
A información refírese ao período de tres anos que vai desde o 2006 ata o
2008, e reflicte os datos referidos aos importes percibidos polas
explotacións agrarias galegas en concepto de pagamentos directos da
Política Agraria europea7.
3. Aplicación do Pagamento Único
En xuño de 2003 os ministros de agricultura dos quince Estados
Membros da UE aprobaron unha das reformas máis radicais da política
agraria. A xustificación deste cambio foi a necesidade de “acadar unha
agricultura europea sostíbel” e “recuperar a lexitimidade”,
progresivamente perdida da PAC8. En teoría, tratábase de achegar os
obxectivos da política ás novas demandas que a sociedade europea do
século XXI fai á agricultura (Gallardo e Ramos, 2010) e avanzar nunha
simplificación da PAC.
En suma, esta reforma pretendía unha xustificación e lexitimización ante
a sociedade dos recursos asignados á agricultura, enmarcándoos nas
perspectivas financieiras globais da UE, tendo en conta a incorporación
dos Países da Europa Central e Oriental (Ministerio de Medio Ambiente,
Medio Rural y Marino, 2004).
Para acadar estes obxectivos a reforma apoiouse en tres elementos
fundamentais: 1) a desconexión das axudas da produción (cun novo
sistema de pagamento único por explotación), co fin de compensar as
rendas dos agricultores, para que estes producisen en función do que
7 Mais en concreto:
Dereitos de ovino-cabrún Dereitos de nutrices
Prima por sacrificio de bovino
Pago procedente da modulación, así recolle os importes que por este concepto se devolven ao solicitante polos primeiros 5.000 euros de
axuda percibidos. O importe da modulación correspondente ao 4% dos primeiros 5.000 euros no ano 2006 e o 5% pola mesma cantidade no ano
2007 devólveselle ao solicitante. Importe de pago único
Pagamento adicional de nutrices
Pagamento adicional de calidade de carne de vacún de calidade recoñecida oficialmente
Pagamento adicional do sector lácteo Prima cultivos herbáceos
8 O entrecomillado procede do Regulamento (CE) 1782/2003, do 21 de setembro,
polo que se estabelecen as disposicións comúns aplicábeis aos Réximes de Axuda
Directas no marco da PAC.
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
22
demanda o mercado; 2) a condicionalidade das axudas ao cumprimento
dunhas normas agrarias, alimentarias e medioambientais, e 3) a
modulación obrigatoria a favor do segundo piar da PAC, que supón unha
redución do volume das axudas directas outorgadas aos perceptores nun
3% en 2005, un 4% en 2006, e un 5% a partir de 2007 (Gallardo e Ramos,
2010).
As axudas directas disociadas poden ter varias modalidades. No
momento do seu estabelecemento, na reforma de 2003, definiuse un
modelo “á carta” que permitiu aos países escoller a porcentaxe de
desacoplamento e o cálculo do importe das axudas. O resultado é, por un
lado, que hai países que desacoplaron completamente as axudas e outros
non e, por outro, creáronse varios modelos de pagamento único –
histórico, rexional, híbrido estático e híbrido dinámico- (Álvarez-Coque e
Gómez-Limón, 2010). O Estado español na súa implementación adoptou
o sistema histórico (Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación
2004). Isto é, o valor dos dereitos de pagamento único calcularíase, como
se amosa na páxina web da Comisión Europea no apartado adicado á
Dirección General de Agricultura y Desarrollo Rural, en función dos
pagos recibidos durante o período de referencia (modelo histórico).
A introdución efectiva do pagamento único no Estado español deuse no
ano 2006, e sempre baixo criterios conservadores, polo que se mantiveron
acopladas moitas das axudas directas, o que se xustificou para minimizar
o risco de abandono da actividade produtiva. Ademais, abriuse a
posibilidade de estabelecer algunhas axudas específicas a sectores
produtivos vulnerábeis no marco de programas de medio ambiente,
calidade ou a comercialización, de acordo co artigo 69 do Regulamento
(Álvarez-Coque e Gómez-Limón, 2010). Na táboa 1 recóllese, para as
axudas que afectan ao caso galego, o grao de acoplamento inicial elixido
polo Estado Español.
Así, no caso galego decidiuse a utilización do Art. 69 do seguinte xeito:
Sector vacún: 7% para programas medio ambientais e de
calidade, elevando a prima á vaca nutriz, con determinados
compromisos e condicións, así como para o pago dos produtores
de carne de vacún que participen nos esquemas de calidade.
Sector lácteo: 10% para programas de calidade, e produtores que
participen nun código de boas prácticas hixiénicas do leite.
No ano 2009, para materializar as modificacións aprobadas no marco da
última reforma da PAC, coñecida como “chequeo médico” entrou en
vigor o Regulamento (CE) Nº 73/2009 polo que se estabelecen
disposicións comúns aplicables ós réximes de axuda directa aos
agricultores no marco da PAC.
A táboa 2 recolle a aplicación do chamado “chequeo médico” na
implementación do RPU, que como podemos comprobar o Estado
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
23
español optou pola súa incorporación ao pagamento único tendo en
conta criterios históricos, e non empregou a posibilidade que daba o
regulamento para distribuilos tendo en conta outros criterios.
Táboa 1. Porcentaxe de axuda integrada no réxime de pagamento único, segundo sectores, en Galiza.
Sector Aplicación
parcial (%)
Porcentaxe
de retención
(Art. 69)
Porcentaxe
de RPU
Superficies
Cultivos COPL 75 - 75 Retirada obrigatoria
100 - 100
Leguminosas de consumo humano
100 - 100
Leguminosas de consumo animal
100 - 100
Forraxes desecadas
100 - 100
Gandeiría
Vacún
de carne
Prima especial vacún macho
100 7 93
Sacrificio de adultos
60 - 60
Pagamento por extensificación
100 7 93
Pagamentos adicionais
100 7 93
Ovino-
cabrún
Prima base 50 - 50
Prima complementaria
50 - 50
Pagamentos adicionais
100 - 100
Lácteo
Prima láctea e pagamentos adicionais
100 10 90
Fonte: Memoria FOGGA 2008.
Alén diso, o Real Decreto 1680/2009 sobre a aplicación do réxime de
pagamento único na agricultura e a integración de determinadas axudas
agrícolas no mesmo a partir do ano 2010, recolle a integración da prima
por sacrificio de gando bovino no Réxime de Pagamento Único para a
campaña do ano 2012. En relación ao caso galego é de resaltar o feito de
que a prima de vaca nutrices, a partida de maior contía das axudas
directas logo do pagamento único permanece vinculada.
Un dos elementos que máis controversia ten xerado é a desvinculación
entre o cobro das axudas do pago único e a actividade agraria. De feito, froito desa controversia a Comisión Europea no documento A PAC no
horizonte de 2020: Resposta aos retos futuros no ámbito territorial, dos recursos
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
24
naturais e alimentarios (2010) incorpora a figura do agricultor en activo
como perceptor do futuro Pago Único.
Táboa 2. Liñas de axuda que se incorporan ao pagamento único coa
implementación do chequeo médico.
Liña de axuda Período de
referencia
% que se mantiña desligado e
se incorpora ao P.U.
Cultivos herbáceos 2007 e 2008 25
Ovino-cabrún prima base 2008
50
Ovino-cabrún prima
complementaria
2008 50
4. Resultados e discusión
Este traballo aborda o estudo do pago único en Galiza desde unha dupla
perspectiva: por unha parte realizouse unha análise a nivel sector, que
inclúe unha comparativa de resultados con outras comunidades
autónomas, e por outra, comezamos a explorar o impacto a nivel
territorial desta liña de axudas.
4.1 Análise sectorial
Para a realización deste apartado apoiámonos nas seguintes fontes:
Os datos a nivel europeo extraéronse da publicación Agriculture
in the European Union - Statistical and economic information
(Comisión europea de agricultura y desarrollo rural, 2011b)
Nas memorias do FOGGA correspondentes ao período 2004-
2008 que, ofrecen tamén información básica de execución do
resto de comunidades autónomas.
Nas Contas Económicas da Agricultura 2004-2005, publicadas
pola Consellaría do Medio Rural no Anuario de Estatística
Agraria9 2005 e na Contabilidad Regional de España 2008
dispoñíbeis no INE.
De acordo coa información proporcionada pola Comisión europea de
agricultura y desarrollo rural (2011b) no ano 2008 a contía que os
agricultores españois percibiron en concepto de pagos directos ascendeu a
4.921 millóns de euros, repartidos entre 901.000 beneficiarios, o que nos
da un importe medio de 5.461 euros por beneficiario.
9 Lamentabelmente non se dispón de información sobre macromagnitudes
agrarias cun maior nivel de actualización.
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
25
Mais alá da indubidábel importancia destas axudas en termos de renda,
parécenos importante salientar que o importe medio é escasamente
representativo. Un dos elementos que caracteriza as axudas directas é a
elevada dispersión existente a respecto da media: no caso español a
metade dos perceptores obteñen unha axuda inferior a 1.250 euros, que
equivalen no seu conxunto a un 3,9% do importe global. Outro 26% deles
obteñen entre 1.250 e 5.000 euros, cun 12,6% do importe. Hai un 18% de
perceptores con axudas entre 5 e 20 mil euros, por un importe do 32,9%
das axudas. O grupo de grandes perceptores, con máis de 50 mil euros,
equivale ao 1,3% deles, pero concentra un 24,4% das axudas.
Táboa 3. Distribución do importe das axudas directas no Estado español e na
Unión Europea en 2008 (en millóns de euros e miles de beneficiarios).
Miles euros
por perceptor
Fondos de
axudas
directas en
España
Beneficiarios
de axudas
directas en
España
Beneficiarios
de axudas
directas en
España (%)
Fondos de
axudas
directas na
UE-27
Beneficiarios
de axudas
directas na
UE-27 (%)
Beneficiarios
de axudas
directas na
UE-27
>0 - <1,25 193,2 448,24 49,8 1.908,5 65,2 5.293,23
1,25 - <2 135,4 84,98 9,4 862,5 6,7 544,16
2 - <5 486,9 150,63 16,7 2.751,4 10,5 855,92
5 - <10 661,0 93,43 10,4 3.847,6 6,7 541,24
10 - <20 959,6 67,74 7,5 5.963,5 5,2 419,35
20 - <50 1.287,5 43,49 4,8 10.605,7 4,3 345,73
>50 1.200,0 11,93 1,3 11.681,1 1,4 116,74
TOTAL 4.923,5 900,44 100,0 37.620,25 100,0 8.116,37
Importe medio (miles de €) 5,46 4,64
Fonte: Comisión Europea de agricultura y desarrollo rural (2011b).
É realmente chamativo que o 57,3% das axudas se concentren en apenas
o 19,3% dos perceptores, ou que o volume de fondos percibidos polo
1,3% de beneficiarios (aqueles que reciben máis de 50.000€) sexa superior
ao percibido polo 76% dos perceptores. Neste senso é importante
salientar que esta grande desigualdade na distribución dos perceptores
que se da no Estado Español é similar á existente no conxunto da UE-27.
O pago único constitúe o principal montante dos pagos directos, no caso
do Estado Español para o ano 2008 supuxo o 73,1% dos pagos directos.
Na táboa 4 recóllese a distribución dos pagos directos en función do tipo
de axuda para o caso galego, na mesma pódese apreciar que supón que o
peso relativo do pago único é 5,8 puntos menor que no contexto español,
mais con todo estas axudas continúan sendo a parte máis relevante deste
tipo de pagos.
Co obxectivo de contextualizar a importancia do pago único realizouse
unha análise da súa distribución por Comunidade Autónoma. Isto
permitiunos constatar a existencia de apreciábeis diferenzas: así, de
acordo coa Memoria de actividades do FOGGA correspondente ao ano
2008 máis da metade dos 3.597 millóns de euros que en concepto de pago
único reparte o Estado Español están concentrados en tres Comunidades
Autónomas –Andalucía, Castela e León e Castela a Mancha-, que
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
26
aglutinan o 36%, 18% e 12% respectivamente. Resulta ademais
especialmente chamativo o escaso peso da cornisa cantábrica que tan só
concentra o 4,7% do importe total.
Táboa 4. Distribución de pagamentos segundo tipo de axuda en Galiza. Campaña 2007*.
Tipo de axudas Importes (€) %
Pagamento único 96.976.079,01 67,30
Ligadas á produción 28.703.246,59 19,92
Calidade e conservación do medio
(art. 69) 13.689.436,21 9,50
Adicional modulación 4.736.140,12 3,29
Total 144.104.901,93 100,00 *Empréganse os datos de 2007 xa que non están dispoñíbeis os pagos adicionais por modulación de 2008.
Fonte: Base de datos do FOGGA correspondente a 2007.
Táboa 5. Distribución do importe e dos beneficiarios do pagamento único consolidados a nivel de Comunidade Autónoma correspondente ao ano 2008.
Importe
pagamento único
(miles €)
Distribución porcentual
do importe de pagamento
único
Número
beneficiarios
Distribución dos
beneficiarios (%)
Andalucía 1.283.475 35,7 273.987 31,7
Aragón 296.579 8,2 51.146 5,9
Asturias 37.414 1,0 12.799 1,5
Baleares 15.363 0,4 5.755 0,7
Cantabria 25.718 0,7 5.437 0,6
C. A Mancha 438.240 12,2 132.496 15,3
Castela e León 651.918 18,1 95.949 11,1
Cataluña 200.163 5,6 57.800 6,7
Extremadura 314.263 8,7 75.391 8,7
Galiza 107.465 3,0 44.208 5,1
Madrid 28.594 0,8 7.830 0,9
Murcia 31.475 0,9 10.886 1,3
Navarra 70.017 1,9 18.415 2,1
País Vasco 32.456 0,9 11.560 1,3
La Rioja 19.504 0,5 7.130 0,8
C. Valenciana 45.013 1,3 54.310 6,3
Total 3.597.657 100,0 865.099 100,0
Fonte: Memoria de actividades do FOGGA 2008
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
27
Se analizamos o importe medio comprobamos como no réxime de pago
único é de 4.158,66€/beneficiario, e como era de agardar, existe unha
considerable desviación con respecto a esta media. A cuantía oscila entre
os 6.794,42€/beneficiario de Castela e León e os 828,82€/beneficiario da
Comunidade Valenciana. Esta grande disparidade de valores é debida á
especialización produtiva de cada rexión e ao tamaño das explotacións.
Así, podemos estabelecer a partir das Contas Económicas da Agricultura
do ano 2008 que a comunidade valenciana está altamente especializada
na produción do sector das froitas e das hortalizas, que só se
incorporaron ao réxime de pagamento único na campaña do ano 2010,
segundo o Real Decreto 864/2008. Na anterior táboa podemos
comprobar a situación galega en comparación co resto do Estado. Así, o
pago medio por perceptor é de 2.430,90€, está moi por debaixo da media
española, de forma que os 107,5 millóns de euros que se reparten no
territorio galego en termos de Pago Único representan o 3% dos fondos
totais estatais, entre un 5% dos 865.099 beneficiarios do total do territorio
español.
Se ben o pago único é unha ferramenta que ten unha curta historia, a
análise da súa evolución desde o momento da implantación no ano 2006
(Táboa 6) permitiunos tirar interesantes conclusións:
Estase a dar unha tendencia decrecente do número de
beneficiarios. Desde a implantación do pago único o número de
beneficiarios caeu en 1.120, o que supón unha redución do 2,5%.
Esta redución está relacionada co proceso de perda de
explotacións no que está inmersa Galiza desde hai décadas,
aínda que neste caso a taxa de desaparición é claramente
inferior. Referíndonos unicamente ás explotacións con cota
láctea neses tres anos desapareceron arredor de 3.000.
A pesar da redución de beneficiarios o número de dereitos tense
incrementado neste período nun 16,9% como consecuencia da
asignación de dereitos da Reserva Nacional.
Resulta curioso comprobar que o incremento do volume de
fondos destinados a pago único non se ten incrementado na
mesma magnitude que o número de dereitos asignados. De feito
o incremento en termos de fondos é moi modesto acadando un
valor de 0,91%. De resultas disto o incremento da rátio axuda
media por beneficiario tense incrementado ao longo destes anos
en tan só 82,7€ e por outro lado o importe medio por dereito cae
en 46,35€. Isto explícase en base ao método de cálculo do valor
dos dereitos de pagamento único que os solicitantes piden a
Reserva Nacional.
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
28
Táboa 6. Réxime de Pagamento Único en termos de dereitos consolidados.
Variación entre a campaña 2006 e 2009 en Galiza.
2006 2007 2008 2009
Nº beneficiarios/as 44.823 44.384 44.208 43.703
Nº dereitos 313.212 332.128 370.029 366.171
Importe (€) 106.088.465,45 105.041.794,87 107.465.427,89 107.053.356,26
Importe/beneficiario
(€/beneficiario) 2.366,83 2.366,66 2.430,90 2.449,57
Importe/dereito
(€/dereito) 338,71 316,27 290,42 292,36
Fonte: Elaboración propia a partir de datos das memorias de actividades do FOGGA dos anos 2006,
2007, 2008 e 2009.
Táboa 7. Distribución de agricultores e dereitos de pagamento único
consolidados correspondentes á campaña 2008.
Euros/perceptor Agricultores Agricultores
(%) Dereitos Importes
≤100 3.498 7,9 5.027 202.262,67
>100 - ≤1.000 21.236 48,0 89.458 8.754.540,35
>1.000 - ≤2.500 7.698 17,4 75.210 12.481.508,48
>2.500 - ≤5.000 5.638 12,8 66.428 20.109.578,67
>5.000 - ≤10.000 3.961 9,0 62.854 27.528.943,84
>10.000 - ≤25.000 1.874 4,2 53.231 27.573.418,21
>25.000 303 0,7 17.854 10.815.175,67
Total 44.208 100,0 370.062 107.465.427,89
Fonte: Memoria de actividades do FOGGA ano 2008.
Para facer un maior achegamento ao impacto territorial deste tipo de
axudas no territorio galego sería de utilidade estratificar os importes de
axuda e analizar o número de beneficiarios en cada categoría. A táboa 7
recolle, ademais o reparto dos fondos de pagamento único por estrato.
Esta táboa indica unha elevada disparidade entre o importe percibido con
relación ao número de perceptores, moi evidente nos grupos extremos
por estratos de axuda. Así, os que perciben máis de 25.000 euros, a pesar
de representaren aínda non o 1% dos beneficiarios acaparan o 10% do
importe total do pagamento único en Galiza; no outro extremo teríamos
aos perceptores de menos de 1.000 euros, que representan máis da
metade dos beneficiarios de pagamento único galegos e unicamente
reciben o 8% do pago único total.
O volume de fondos mobilizados danos unha boa media da importancia
desta liña de axudas, mais que é o que supón en termos de renda?. É
dicir, en que medida estas axudas contribúen a soster a rendibilidade das
explotacións galegas. Para facer unha aproximación a esta cuestión
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
29
escollemos o excedente bruto de explotación10 do sector en Galiza
(Contabilidade Rexional de España INE 2008) e comparámolo co
volume de axuda de pago único. Os resultados a nivel Comunidade
Autónoma están recollidos na táboa 8.
Táboa 8. Porcentaxe que o pagamento único consolidado representa sobre o
Excedente Bruto de Explotación 2008.
EBE (miles €)* Importe pagamento
único (€)
Pagamento
único/EBE (%)
Andalucía 5.926.556 1.283.474,8 21,7
Aragón 1.391.735 296.578,8 21,3
Asturias 334.844 37.414,2 11,2
Baleares 213.942 15.362,8 7,2
Cantabria 307.572 25.718,4 8,4
C. A Mancha 2.688.978 438.240,3 16,3
Castela e León 3.726.354 651.917,7 17,5
Cataluña 2.260.479 200.162,6 8,9
Extremadura 1.572.805 314.262,5 20,0
Galiza 1.273.310 107.465,4 8,4
Madrid 200.334 28.593,7 14,3
Murcia 901.523 31.474,9 3,5
Navarra 441.276 70.017,1 15,9
País Vasco 522.708 32.455,7 6,2
La Rioja 418.735 19.504,2 4,7
C. Valenciana 1.604.594 45.013,3 2,8
TOTAL 23.785.745 3.597.656,6 15,1 *Datos provisionais
Fonte: Elaboración propia a partir da Memoria do FOGGA 2008 e da Contabilidade
Rexional de España dispoñible no INE
De novo fican en evidencia as enormes disparidades existentes no Estado
español. Nun extremo teríamos o caso de Andalucía, Aragón e
Extremadura, nas que os importes de pagamento único representan unha
quinta parte da Renda Mixta da actividade agraria, é polo tanto podemos
concluír sen temor a erro que a viabilidade do sector agrario nestas
comunidades vai depender nun alto grao do que acontecerá con esta liña
de axudas no futuro. No outro están outras comunidades nas que, como
na galega, o aporte do pago único se sitúa por debaixo do 10% situación
10 Este concepto correspóndese co Excedente Bruto de Explotación da gandeiría,
agricultura, caza e silvicultura, e constitúe o saldo contable da conta de
explotación.
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
30
que nos fai menos vulnerábeis ás decisións que sobre este tema tome a
Comisión na planificación do marco comunitario de apoio 2014-2020.
É importante destacar que se ben a afirmación anterior sobre a menor
dependencia do pago único que ten o sector agrario galego é certa a nivel
global seguramente se descendemos a un plano máis local nos
atoparemos con importantes diferenzas relacionadas coa distinta
especialización produtiva das comarcas galegas. No apartado que segue
tentaremos facer algunha achega neste senso.
4.2 Análise territorial
Para a realización deste apartado comezamos apoiándonos nas memorias
anuais do FOGGA correspondentes aos anos 2006, 2007 e 2008
(FOGGA 2006, 2007, 2008 e 2009) e a partir de aí co obxectivo de obter
unha visión máis profunda que nos ofreza resultados a nivel local
explotouse a base de datos orixinal proporcionada por esta entidade para
o período 2006-2008.
Se analizamos máis polo miúdo a situación do territorio galego en canto
ao réxime de pagamento único evidéncianse situacións diferentes nas
catro provincias galegas, aínda que todas elas están moi por debaixo do
valor medio que o importe por beneficiario ten a nivel español
(4.158,66€).
Táboa 9. Dereitos de Réxime de Pago Único e axudas directas consolidados no
2008. Beneficiarios, dereitos e importes por tipo e provincia.
Provincia Nº
beneficiarios
Nº
dereitos
Total
Dereitos
de P.U.
(miles €)
Total
axudas
directas
(miles €)
Valor
medio por
dereito
(€/dereito)
Valor medio
por beneficiario
(€/beneficiario)
A Coruña 16.254 95.441 37.827,7 47.071,9 396,3 2.327,3
Lugo 15.522 176.222 48.346,2 68.596,5 274,3 3.114,7
Ourense 6.387 62.606 10.343,3 15.040,8 165,2 1.619,4
Pontevedra 6.045 35.760 10.952,0 12.830,4 306,3 1.811,8
Galiza 44.208 370.029 107.465,4 143.539,6 290,4 2.430,9
Fonte: Elaboración propia a partir de datos Memoria de actividades do FOGGA 2008 e da Base de datos de beneficiarios do FOGGA nas campañas 2006-2008.
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
31
Na táboa 9 incluíronse os totais percibidos en concepto de pagamento
único co obxectivo de por de manifesto a diferente importancia que o
primeiro ten en relación co conxunto de axudas directas en función da
provincia. Así, en Coruña e Pontevedra o pago único era xa no ano 2008
o 80,4 e o 85,4% dos pagos directos mentres que en Lugo e Ourense esa
contía diminúe sensibelmente ata o 70,5 e o 68,8% respectivamente. Isto
é indicativo dunha maior presenza nestas provincias de explotacións
orientadas cara a produción de bovino de carne. Un tipo de actividade
gandeira que no ano 2008 aínda mantiña boa parte das axudas acopladas
á produción.
As figuras 1 e 2 mostran o importe medio do pago único e dos pagos
directos por concello e permítenos facer as seguintes observacións:
O baixo importe percibido por beneficiario. Esta afirmación
ilustra a situación tanto do pago único como dos pagos directos,
e contrasta coas cifras antes dadas para o nivel europeo e
español. De feito, no caso do pago único, o 95,2% dos concellos
sitúanse no intervalo de axudas que vai dende os 1.250 ata os
5.000 euros, e son poucos os municipios que superan esa
cantidade, concretamente 11 no caso do pago único e 24 para as
axudas directas.
Por outra parte, constase a existencia de diverxencias territoriais
en canto ao pago recibido por beneficiario en ambos casos. O
maior volume de pago por beneficiario dáse naqueles concellos
con maior orientación láctea, seguidos dos especializados na
produción de bovino de carne. Temos algunha excepción
chamativa como é o caso de Ribadavia (Ourense) no que o
importe medio por beneficiario chega a acadar o seu valor máis
alto de Galiza cun importe que supera os 20.000 euros. A
explicación desta situación ven dada pola existencia de dous
únicos beneficiarios, a maior parte dese importe procede do
pagamento único, que teñen a súa orixe nuns dereitos de
produción históricos.
É de salientar que esta axuda é unha fonte de renda para a maior
parte de concellos galegos, tan só sete non posúen ningún
perceptor de dereitos de pagamento único: dous na provincia de
Ourense –Arnoia e Beade- e os outros cinco da provincia de
Pontevedra –Bueu, Cangas, Marín, Moaña e Mondariz
Balneario-. Se temos en consideración a totalidade de axudas
directas da PAC redúcense a tres os concellos que carecen de
beneficiarios: Beade, Arnoia e Mondariz Balneario. Feito que dá
idea da importancia que o sector primario continua a ter no noso
país.
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
32
Figura 1. Importe medio por beneficiario de pago único 2008. Fonte:
Elaboración propia a partir da base de datos do FOGGA.
Figura 2. Importe medio por beneficiario de pagos directos 2008. Fonte:
Elaboración propia a partir da base de datos do FOGGA.
Para tentar achegarnos máis a importancia destas axudas utilizaremos
dous indicadores simples o valor dos pagos directos/pago único por
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
33
hectárea de Superficie Agraria Útil (SAU) (figuras 3 e 4) e o peso que
ambos tipos de pagos teñen na renda dispoñíbel bruta (figuras 5 e 6).
Figura 3. Importe medio por hectárea de pago único 2008. Fonte: Elaboración
propia a partir da base de datos do FOGGA.
Figura 4. Importe medio por hectárea de pagos directos 2008. Fonte: Elaboración propia a partir da base de datos do FOGGA.
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
34
En relación ao primeiro dos indicadores apuntar que en Galiza as ratios
pagamento único/SAU e axudas directas/SAU ascenden no ano 2008 a
140,9 €/ha e 204,5 €/ha. Como é lóxico as diferenzas a nivel territorial
son importantes: o valor máximo en termos de pago único por hectárea
de SAU o ten o concello ourensán de Xunqueira de Espadañedo cunha
cifra de 1.209,5€/ha, debido a principalmente a que se trata do concello
coa segunda menor superficie agraria de Galiza con 83 ha.
Usando este indicador é a provincia de Lugo é a que presenta os mellores
resultados, cunhas medias de pagos únicos e directos por hectárea de 150
e 244 €/ha respectivamente. Provincia na que ademais o 68% dos
concellos presentan valores de pago único por ha de SAU superiores aos
100€. A maior relevancia do vacún de carne na provincia de Ourense fai
que en termos de pagos directos a situación mellore moito para esta
provincia.
Cómpre para finalizar aportar algún elemento que nos clarifique a
importancia destas axudas en termos de renda. É obvio que o mellor
indicador para poder medir isto seria o EBE, mais lamentabelmente non
dispoñemos do valor do mesmo a nivel municipal polo que tentamos
facer unha aproximación a través da Renda Familiar Bruta Dispoñible11,
magnitude que si está dispoñible para o ano 2008 a nivel local.
Nas figuras 5 e 6 apréciase como para unha parte importante dos
concellos galegos a achega que ambas ferramentas fan a renda é moi
reducida, de feito no 47,9% dos concellos a rátio axudas directas/RFD
está por debaixo do 0,5%. Como é lóxico a maior ou menor importancia
destas transferencias vai estar relacionada co peso que o sector agrario
teña sobre a economía municipal.
Con todo, é importante destacar que se ben en concellos onde a
agricultura non é unha fonte relevante nin de empregos nin de renda e,
polo tanto, a contía que pago único e as xudas directas aportan na renda
total sexa moi reducida, iso non implica que ambas liñas de axuda non
sexan un aporte importante para as explotacións que aínda continúan
activas.
Os mapas ilustran a relevancia destes mecanismos de apoio a renda en
boa parte da Galiza interior, máis gandeira, máis dependente do sector
agrario e mais deprimida economicamente. Así nun 13,6% dos concellos
as axudas directas son a orixe de máis do 3% da RFB. O caso mais
extremo é Triacastela co 10,7% da RFB, e tamén concellos cunha
marcada especialización láctea que contan con explotacións modernas e
dun tamaño medio superior á media galega, nas que o peso desta axuda é
moi elevado.
11 Esta magnitude recolle todas as rendas existentes no concello o EBE/renda
mixta (para todas as actividades) + soldos e salários + pensións + outras rendas.
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
35
Figura 5. Porcentaxe do pagamento único sobre a Renda Familiar Bruta
Dispoñíbel 2008. Fonte: Elaboración propia a partir da base de datos do FOGGA
e das contas de distribución secundaria da renda por concellos 2008 (IGE).
Figura 6. Porcentaxe que supoñen os pagos directos sobre a Renda Familiar
Bruta Dispoñíbel 2008. Fonte: Elaboración propia a partir da base de datos do
FOGGA e das contas de distribución secundaria da renda por concellos 2008 (IGE)
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
36
Son os casos de Pol, Pastoriza ou Frades, nos que a porcentaxe das
axudas directas sobre a RFB ascende ao 6,6, 5,9 ou 4,1%
respectivamente.
5. Conclusións
O novo modelo de apoio á agricultura baseado en pagos desconectados
está a mudar o grao e as formas de apoio á mesma. As consecuencias do
pagamento único iranse notando co paso do tempo polos seus efectos
sobre o comportamento dos empresarios agrarios, xa que esta ferramenta
admite unha grande marxe de manobra para que os produtores poidan
tomar decisións. Algúns poderán decidir abandonar a produción
empregando os ingresos xerados polas axudas para abrir outro tipo de
negocios. Outros poderán seguir empregando as axudas para reinvertilas
na explotación. O pouco tempo transcorrido desde a data de inicio da súa
aplicación, ano 2006 no caso do Estado español, fai que este traballo
constitúa unha primeira aproximación ao impacto sectorial e territorial
deste mecanismo.
Desde o punto de vista sectorial, un dos puntos máis débiles da actual
PAC constitúeno a desigualdade do apoio entre explotacións e a súa
concentración nos grandes propietarios. Isto viña propiciado polo apoio
aos produtos agrarios vía prezos (1962-1992) que encubría a magnitude
das transferencias e os seus beneficiarios. Como podemos comprobar a
nivel galego, a pesar de que o importe medio de axuda de pago único é de
2.430,90€, atopamos un grande número de pequenos perceptores, máis
da metade, de menos de 1.000 euros, e que non chegan a repartirse nin o
10% dos fondos de pagamento único.
Por outra parte a análise da evolución do número de perceptores
permitiunos comprobar a constante diminución do número de
agricultores con dereitos, obviamente relacionada co proceso de perda de
explotacións no que está inmersa Galiza desde hai décadas, e o
incremento do número de dereitos neste mesmo período nun 16,9%
como consecuencia da asignación de dereitos da Reserva Nacional.
O volume de fondos mobilizados danos unha boa media da importancia
desta liña de axudas, mais que é o que supón en termos de renda? É dicir,
en que medida estas axudas contribúen a soster a rendibilidade das
explotacións galegas.
Unha aproximación da contribución desta liña de axudas á sostibilidade
das explotacións galegas podemos obtela a través da súa importancia
sobre o Excedente Bruto de Explotación. Esta rátio evidencia enormes
disparidades no Estado Español. Nun extremo teríamos o caso de
Andalucía, Aragón e Extremadura, Comunidades nas que os importes de
pagamento único representan unha quinta parte da Renda Mixta da
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
37
actividade Agraria, é polo tanto podemos concluír sen temor a erro que a
viabilidade do sector agrario nestas comunidades vai depender nun alto
grao do que acontecerá con esta liña de axudas no futuro. No outro están
outras comunidades nas que, como na galega, o aporte do pago único se
sitúa por debaixo do 10% situación que nos fai menos vulnerábeis ás
decisións que sobre este tema tome a Comisión na planificación do
marco comunitario de apoio 2014-2020.
Desde o punto de vista territorial, comprobamos que a maior ou menor
importancia do pagamento único en comparación co total das axudas
directas está vinculado á orientación produtiva. Este feito explica que nas
dúas provincias galegas cun maior peso da produción de vacún de carne,
cuxo apoio por parte da PAC se implementa a través da axuda directa de
vacas nutrices, Lugo e Ourense, é onde a importancia do pagamento
único en relación ao total de axudas directas apenas supere o 70%, cando
na Coruña e en Pontevedra se superan o 80% e o 85%, respectivamente.
Alén disto, os mapas municipais que relacionan a as axudas directas e o
pagamento único cos beneficiarios, a superficie de SAU no territorio
galego e o peso desta fonte de renda sobre a Renda Municipal Dispoñible
permítenos sacar as seguintes conclusións:
O baixo importe percibido por beneficiario, tanto a nivel de pago
único como de axudas directas, e que contrasta coas cifras dadas
a nivel europeo e español. Xa que a maior parte dos concellos
galegos sitúanse no intervalo de axudas que vai dende os 1.250
ata os 5.000 euros, e poucos superan esa cantidade.
Constase a existencia de diverxencias territoriais en cuanto ao
pago recibido por beneficiario en ambos casos. O maior volume
de pago por beneficiario dáse naqueles concellos con maior
orientación láctea, seguidos dos especializados na produción de
bovino de carne.
É de salientar que esta axuda é unha fonte de renda presente na
maior parte de concellos galegos, tan só sete non posúen ningún
perceptor de dereitos de pagamento único, e se temos en
consideración a totalidade de axudas directas da PAC redúcense
a tres os concellos que carecen de beneficiarios.Feito que dá idea
da importancia que o sector primario continua a ter no noso
país.
A ratio pagamento único/SAU e axudas directas/SAU presenta
diferenzas a nivel territorial. Así, comprobamos que usando este
indicador é a provincia de Lugo a que presenta os mellores
resultados, cunhas medias de pagos únicos e directos por
hectárea de 150 e 244€/ha respectivamente.
En canto á importancia destas axudas en termos de renda,
comprobamos como para unha parte importante dos concellos
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
38
galegos a achega que ambas ferramentas fan a renda é reducida.
De feito no 47,9% dos concellos a rátio axudas directas/RFD
está por debaixo do 0,5%. Con todo é importante destacar que se
ben en concellos onde a agricultura non é unha fonte relevante
nin de empregos nin de renda e, polo tanto, a contía que pago
único e as axudas directas aportan na renda total sexa moi
reducida, iso non implica que ambas liñas de axuda non sexan
un aporte importante para as explotacións que aínda continúan
activas.
Por último, hai que salientar que a relevancia destes mecanismos
de apoio a renda fica patente en boa parte da Galiza interior,
máis gandeira, máis dependente do sector agrario e mais
deprimida economicamente. Así nun 13,6% dos concellos
galegos as axudas directas son a orixe de máis do 3% da RFB e
tamén atopamos concellos cunha marcada especialización
láctea, que contan con explotacións modernas e dun tamaño
medio superior á media galega nas que o peso destas axuda é
moi elevado, por exemplo: Pol, Pastoriza ou Frades, nos que a
porcentaxe das axudas directas sobre a RFB ascende ao 6,6, 5,9
ou 4,1% respectivamente.
Bibliografía
Álvarez-Coque, J.M.G e Gómez-Limón, J.A. 2010. Marco general del
“chequeo médico”. En J.M.G. Álvarez-Coque e J.A. Gómez-Limón (eds.), “Chequeo médico” de la PAC y perspectivas de la Política Agraria Común
tras 2013. Madrid: Eumedia. pp. 13-32.
Buckwell, A. 1996. Transformación de la PAC en una política rural más integrada. Revista Española de Economía Agraria, 176-177:13-38.
Castillo, J.S. e Ramos, E. 2010. El nuevo desarrollo rural y el futuro de la
política rural en la Unión Europea. En J.M.G. Álvarez-Coque e J.A.
Gómez-Limón (eds.),“Chequeo médico” de la PAC y perspectivas de la Política
Agraria Común tras 2013. Madrid: Eumedia. pp. 177-212.
Comisión europea de agricultura y desarrollo rural. 2011a. The future of
CAP direct payments. Brussels. Agricultural Policy Perspectives Briefs.
Comisión europea de agricultura y desarrollo rural. 2011b. Agriculture in
the European Union - Statistical and economic information 2010.
Comisión europea de agricultura y desarrollo rural. 2010. Comunicación
da Comisión ao Parlamento Europeo, ao Consello, ao Comité Económico e Social
Europeo e ao Comité das Rexións - A PAC no horizonte de 2020: Resposta aos
retos futuros no ámbito territorial, dos recursos naturais e alimentario. Bruselas:
Comisión europea de agricultura y desarrollo rural.
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
39
FOGGA. 2005. Memoria de actividades do FOGGA correspondentes ao ano
2005.
http://mediorural.xunta.es/fogga/publicacions_e_estatisticas (2 de abril
de 2011)
FOGGA. 2006. Memoria de actividades do FOGGA correspondentes ao ano
2006.
http://mediorural.xunta.es/fogga/publicacions_e_estatisticas (2 de abril
de 2011)
FOGGA. 2007. Memoria de actividades do FOGGA correspondentes ao ano
2007.
http://mediorural.xunta.es/fogga/publicacions_e_estatisticas (2 de abril
de 2011)
FOGGA. 2008. Memoria de actividades do FOGGA correspondentes ao ano
2008.
http://mediorural.xunta.es/fogga/publicacions_e_estatisticas (2 de abril
de 2011)
FOGGA. 2009. Memoria de actividades do FOGGA correspondentes ao ano
2009.
http://mediorural.xunta.es/fogga/publicacions_e_estatisticas (2 de abril
de 2011)
Gallardo, R. e Ramos, F. 2010. El régimen del pago único tras el
“Chequeo Médico”. Desacoplamiento, modulación, límite inferior y
condicionalidad. En J.M.G. Álvarez-Coque e J.A. Gómez-Limón (eds.), “Chequeo médico” de la PAC y perspectivas de la Política Agraria Común tras
2013. Madrid: Eumedia. pp. 33-56.
García-Azcárate, T. 1986. Reflexiones sobre el “libro verde” y la crisis de la política agraria común. Revista de Estudios Agrosociales, 139: 11-39.
Massot, A. 2007. Quo vadis PAC? La revisión de 2008, primer paso en la
búsqueda de una nueva política agrícola común. Boletín económico de ICE -
Información Comercial Española-, 2903: 11-27.
Massot, A. 2010. La revisión presupuestaria como marco general de la
PAC pos 2013. En J.M.G. Álvarez-Coque e J.A. Gómez-Limón (eds.), “Chequeo médico” de la PAC y perspectivas de la Política Agraria Común tras
2013. Madrid: Eumedia. pp. 105-128.
Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. 2004. El modelo de
desarrollo y aplicación de la reforma de la PAC en España. Madrid: MAPA.
Sumpsi, J.M. 1994. La política agraria y el futuro del mundo rural.
Revista de Estudios Agro-Sociales, 169: 149-212.