un proxecto inÉdito do arquitecto antonio …catedra.pontedeume.es/17/catedra1705.pdfsuceden tempos...

16
1. ANTONIO TENREIRO EN PONTEDEUME A traxectoria do arquitecto coruñés Antonio Tenreiro Rodríguez (1893-1972) corre paralela aos avatares da arquitec- tura galega da primeira metade do século pasado. Antonio Tenreiro pertence á xeración de arquitectos galegos que, forma- dos en Madrid e Barcelona nos estilos decimonónicos, asimila- ron as linguaxes das vangardas europeas e iniciaron o tránsito cara a modernidade. UN PROXECTO INÉDITO DO ARQUITECTO ANTONIO TENREIRO EN PONTEDEUME Antón Prego Fernández Manuel Domínguez Ferro Asociación Cultural Ardóbriga Na Coruña, onde abre un estudio a principios da década dos anos vinte xunto ao seu socio e colaborador Peregrín Estellés, Antonio Tenreiro recibe os primeros encargos impor- tantes: Banco Pastor (1921), Casa Barrié (1926), e desenvolve unha obra que o levará desde o eclecticismo, pasando polo Art Decó –cuxa forte impronta é consecuencia tanto dos lazos familiares con Francia como da estancia en París durante a Exposición de Artes Decorativas de 1925– para desembocar, a principios dos anos trinta, nun incipiente racionalismo. O espallamento do Movemento Moderno en España coincidirá co período de reno- vación cultural que significou a II República. Son anos de intensa actividade constructiva nas cidades galegas, onde as novas formas racionalistas serán introducidas por un grupo de xoves arquitectos, entre os que figuran: José Caridad, José María Banet, Santiago Rey ou Francisco Castro. Tenreiro e Estellés, cuxa traxectoria comezara no eclecticismo, asu- men con entusiasmo a nova linguaxe arquitectónica, que coñecen gracias a revistas (A.C., L´Arquitecture Vivante, …) e viaxes ao extranxeiro. As novas formulacións atopan en Tenreiro a un artista receptivo e versátil, que saberá utilizar con soltura solucións provintes do expresionismo, o constructivismo ou

Upload: others

Post on 16-Jul-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: UN PROXECTO INÉDITO DO ARQUITECTO ANTONIO …catedra.pontedeume.es/17/catedra1705.pdfSuceden tempos de dicultades e renuncias. A principios dos anos ... aproximación a su arquitectura

1. ANTONIO TENREIRO EN PONTEDEUME

A traxectoria do arquitecto coruñés Antonio TenreiroRodríguez (1893-1972) corre paralela aos avatares da arquitec-tura galega da primeira metade do século pasado. AntonioTenreiro pertence á xeración de arquitectos galegos que, forma-dos en Madrid e Barcelona nos estilos decimonónicos, asimila-ron as linguaxes das vangardas europeas e iniciaron o tránsitocara a modernidade.

UN PROXECTO INÉDITO DO ARQUITECTO ANTONIO TENREIROEN PONTEDEUME

Antón Prego FernándezManuel Domínguez FerroAsociación Cultural Ardóbriga

Na Coruña, onde abre un estudio a principios da década dos anos vinte xunto ao seusocio e colaborador Peregrín Estellés, Antonio Tenreiro recibe os primeros encargos impor-tantes: Banco Pastor (1921), Casa Barrié (1926), e desenvolve unha obra que o levará desdeo eclecticismo, pasando polo Art Decó –cuxa forte impronta é consecuencia tanto dos lazosfamiliares con Francia como da estancia en París durante a Exposición de Artes Decorativasde 1925– para desembocar, a principios dos anos trinta, nun incipiente racionalismo.

O espallamento do Movemento Moderno en España coincidirá co período de reno-vación cultural que significou a II República. Son anos de intensa actividade constructivanas cidades galegas, onde as novas formas racionalistas serán introducidas por un grupode xoves arquitectos, entre os que figuran: José Caridad, José María Banet, Santiago Reyou Francisco Castro. Tenreiro e Estellés, cuxa traxectoria comezara no eclecticismo, asu-men con entusiasmo a nova linguaxe arquitectónica, que coñecen gracias a revistas (A.C.,L´Arquitecture Vivante, …) e viaxes ao extranxeiro.

As novas formulacións atopan en Tenreiro a un artista receptivo e versátil, quesaberá utilizar con soltura solucións provintes do expresionismo, o constructivismo ou

arquitecto.qxp 30/05/2010 19:53 PÆgina 87

Page 2: UN PROXECTO INÉDITO DO ARQUITECTO ANTONIO …catedra.pontedeume.es/17/catedra1705.pdfSuceden tempos de dicultades e renuncias. A principios dos anos ... aproximación a su arquitectura

mesmo o cubismo. Capacidade de adaptación que lle permitiu acudir de novo a soluciónseclécticas cando as circunstancias políticas o requeriron1.

Aínda que ligado profesionalmente á cidade de A Coruña, onde se concentra amaior parte da súa producción, a vila de Pontedeume conserva un interesante legado deAntonio Tenreiro, hoxe caído lamentablemente no esquecemento. O arquitecto manténcoa vila unha estreita vinculación na que se mesturan as raíces familiares, os encargos pro-fesionais e a afinidade coa paisaxe (que tamén inspirou algunha das súas acuarelas).

A experiencia creativa da II República foi interrumpida polo estalido da GuerraCivil e o establecemento do réxime franquista. E mentres un numeroso grupo de artistase intelectuais emprende o camiño do exilio, outros como Tenreiro terán que someterse aosnovos dictados estéticos que impón a ditadura. Proscrito o racionalismo e rexeitadas asvangardas, consideradas alleas á tradición artística española, retórnase ao historicismo nassúas diferentes variantes.

Ao marasmo cultural no que se ve envolto o país -agravado polas dificultades eco-nómicas da posguerra, que paralizan as iniciativas artísticas- súmase a represión queacada a aqueles que como Antonio Tenreiro fixéranse sospeitosos ante as novas autorida-des de afinidades ideolóxicas co réxime republicano. E así, en 1937, é destituído no seuposto de arquitecto municipal da Coruña e en 1942 a Junta Superior de Depuración de laDirección General de Arquitectura condénao a seis anos de inhabilitación para o exerci-cio de cargos públicos2. Suceden tempos de dicultades e renuncias. A principios dos anos40 Tenreiro reanuda a actividade constructiva, en parte grazas a contactos familiares. Aesta época pertence un número importante dos proxectos firmados en Pontedeume, entreeles o que presentamos nestas páxinas.

A falta dunha catalogación completa da obra de Antonio Tenreiro en Pontedeume,contamos con estudos parciais e algunha monografía valiosa3 que nos achegan ao coñece-mento da súa arquitectura nos anos 40 e 50, momento no que coincidiu na Vila con arqui-tectos, como Peregrín Estellés ou Rodolfo Ucha.

Antonio Tenreiro firma a súas primeiras obras en Pontedeume a mediados dos anos20, pouco despóis de finalizar algúns dos seus máis recoñecidos proxectos, como o edifi-cio do Banco Pastor e a Casa Barrié. Nesa época recibe o encargo de rehabilitar o castelo

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

88

1. SORALUCE BLOND, J.R., La búsqueda de un estilo: La tradición interpretada,en AGRASAR QUIROGA, F. (ed.),Antonio Tenreiro (1893-1972). Obra arquitectónica, A Coruña, 2007.

2. AGRASAR, F., París y el dorado moderno, en AGRASAR, F., Ídem.

3. VÁZQUEZ ASTORGA, M., “Pontedeume: aproximación a su arquitectura de los años cuarenta y cincuenta del siglo XX”,Rev. Cátedra, Pontedeume, 2009.

arquitecto.qxp 30/05/2010 19:53 PÆgina 88

Page 3: UN PROXECTO INÉDITO DO ARQUITECTO ANTONIO …catedra.pontedeume.es/17/catedra1705.pdfSuceden tempos de dicultades e renuncias. A principios dos anos ... aproximación a su arquitectura

de Nogueirosa. Pero o groso da súa producción corresponde aos anos 40 e 50. A excep-ción dun encargo para a Administración, como o proxecto de remodelación urbana daPraza do Conde e da construcción do Mercado Municipal, cuxo primeiro proxecto é de1934, trátase principalmente de vivendas para unha clientela privada de extracción bur-guesa. Os proxectos abranguen edificios de tres ou catro andares entre medianeiras nonúcleo urbano da vila e residencias unifamiliares na periferia.

A obra de Tenreiro en Pontedeume, aínda que reducida, é significativa da evolu-ción que seguiu a súa producción arquitectónica, sobradamente na etapa de posguerra, naque se viu obrigado a retomar os plantexamentos eclécticos. Nalgúns destes proxectosalbíscase un racionalismo contido, noutros, como o que comentaremos, revive o eclecti-cismo das súas orixes.

2. UN DOCUMENTO INÉDITO

O documento que presentamos nestas páxinas é un proxecto inédito de AntonioTenreiro procedente do arquivo dos herdeiros de García Novoa. O proxecto ten data deoutubro de 1941 sendo visado polo Colexio de Arquitectos en novembro do mesmo ano.O proxecto é froito do encargo do farmacéutico Santiago Botas Blanco que, xunto a súamuller Cristina Prego García, formaban unha das familias máis influíntes da vila. Senembargo a obra non chega a construirse sen que coñezamos o motivo con exactitude.Sabemos que o solar fora propiedade de Balbina Punín Paz, avóa da esposa do matrimo-nio, e que foi herdado como ben indiviso polo seu pai Gonzalo e mailo seu tío Ramiro.Sabemos tamén que por eses anos a familia Botas Prego trasládase a vivir á Coruña, aoobter licenza para rexentar a farmacia situada na esquina das rúas San Andrés con Juanade Vega. Iso podería explicar a renuncia á realizar o proxecto nun solar que probable-mente nunca chegou a ser da súa propiedade, xa que os irmáns Prego Punín venderono aoutra persoa.

O documento consiste nunha carpetiña de papel de 345x235 mm coa inscriciónmecanografada seguinte: PROYECTO DE CASA PARA DON SANTIAGO BOTAS EN LAVILLA DE PUENTEDEUME. ARQUITECTO: D. Antonio Tenreiro. E o selo do ColegioOficial de Arquitectos de León, Delegación de La Coruña. No interior da carpetiña atopa-mos os documentos seguintes:

- O Contrato Profesional, en impreso oficial do Colegio e selado polo mesmo noque se especifica o traballo contratado ao arquitecto: Proyecto y dirección facultativa parala construcción de una casa compuesta de planta baja, dos pisos y bohardilla en la callede la Cátedra nº 2 de la Villa de Puentedeume. Tamén especifícase o presuposto das obras,

89

Un proxecto inédito do arquitecto Antonio Tenreiro en Pontedeume

arquitecto.qxp 30/05/2010 19:53 PÆgina 89

Page 4: UN PROXECTO INÉDITO DO ARQUITECTO ANTONIO …catedra.pontedeume.es/17/catedra1705.pdfSuceden tempos de dicultades e renuncias. A principios dos anos ... aproximación a su arquitectura

que ascendería a 54.888,75 pts. Asinan o documento Guillermo Crego por orde do propie-tario e A. Tenreiro como Arquitecto, na Coruña a 10 de novembro de 1941.

- A Memoria, que consta de dúas follas que son copias a papel carbón dun orixi-nal mecanografado, tamén levan o selo do Colegio e máis a sinatura do Arquitecto. Nelafaise descrición do edificio a construir, con especial detalle nas dimensións dos locais queo compoñen e unhas sucintas especificacións técnicas relativas aos materiais, o presupos-to e a rendibilidade do inmoble.

- O plano. O terceiro documento é un prego de papel de 410x502 mm, cunha copiaxerografada e selada dos planos do proxecto a escala 1:100. En concreto, represéntanse osdous alzados ou fachadas, unha sección e tres plantas (a do baixo, a de pisos e a da bufar-da). O prego está asinado por A. Tenreiro na Coruña en outubro de 1941.

3. O PROXECTO

O edificio, de baixo e dúas plantas, ubicaríase na rúa Cátedra nº 2, esquina rúaSantiago nº 18, en pleno centro da vila. Consta dun baixo, destinado a local comercial,dous andares con cadansúas vivendas, e unha bufarda agregada á vivenda do andar supe-rior. Todo o inmoble destinaríase a aluguer. Na Memoria do proxecto inclúense unha esti-mación das rendas mensuais: 45 pesetas o baixo, 40 pesetas a vivenda do primeiro andare 45 pesetas a superior.

Na Memoria non se recóllen cálculos estruturais; os muros medianeiros e fachadasde formigón en masa, sen armaduras metálicas, serían de carga. Tampouco hai especifica-cións sobre instalacións de fontanería, electricidade ou saneamento, máis aló dunha brevereferencia a unha fosa séptica.

Os materiais utilizados –cuxa pobreza denota as penurias da posguerra– son o for-migón en masa e a carpintería de madeira nacional. O piñeiro tea empregaríase nas xane-las e portas interiores, e o castiñeiro destinaríase ás vigas e portal principal. Non hai alu-sión ningunha ao emprego de pedra de cantería.

Pasemos, en primeiro lugar, a unha análise formal do alzado. A composición dafachada principal estrutúrase en simetría axial, cun bloque central que se distribúe, de arri-ba a abaixo, nunha dobre bufarda de remate curvilíneo, unha galería que se repite nos dousandares, con tres pares de ventás separados por pilastras, e un baixo, onde se dispón untriple escaparate que alixeira visualmente a masa construída, ao tempo que reforza a axia-lidade da composición. Este bloque central queda enmarcado por bandas laterais verticais

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

90

arquitecto.qxp 30/05/2010 19:53 PÆgina 90

Page 5: UN PROXECTO INÉDITO DO ARQUITECTO ANTONIO …catedra.pontedeume.es/17/catedra1705.pdfSuceden tempos de dicultades e renuncias. A principios dos anos ... aproximación a su arquitectura

nas que predomina o muro interrompido con balcóns superpostos e, xa no baixo, o portalde acceso ás vivendas no lado esquerdo, e a entrada ao local comercial á dereita. Na bandadereita rómpese a simetría cunha balconada corrida no andar segund, que enlaza as dúasfachadas, creando un privilexiado mirador sobre a Praza Real, mentres que no inferior osbalcóns son independentes.

Na esquina, a entrada en chaflán ao comercio cúbrese cun soportal partido porunha columna dórica que permite o acceso directo tanto desde as rúas contiguas comodesde a Praza Real.

A fachada menor, que se abre á rúa Santiago e á Praza Real ten un coidado trata-mento, derivado da súa orientación a un dos espazos públicos máis senlleiros da vila.Ofrece un esquema modular similar, aínda que asimétrico. Á dereita, o corpo de galeríasrematado pola bufarda (neste caso, simple) tamén de remate curvilíneo.

Polo que atinxe á distribución dos espazos en planta, na inferior conta cun amploespazo destinado a local comercial (84,69 m2 de superficie) dotado de patio, trasteiro eretrete. Nas vivendas repítese un mesmo esquema: as habitacións distribúense a ámbolos-dous lados dun corredor central, as estancias interiores (cociña, baño, retrete e pequenodormitorio) repártense arredor do patio que as fornece de iluminación e o resto –as estan-cias principais– ábrense ao exterior a través de galerías e balcóns. Os espazos do andarbaixo-cuberta seguen un esquema parecido, sendo neste caso tres dormitorios, un cuartode costura, un aseo e máis un ropeiro, que se iluminan polas bufardas e polo patio de luces.

Estilísticamente observamos a presenza de elementos decorativos relacionados coarquitectura dos pazos, como a balconada corrida con varanda balaustrada en forxa, osmotivos barroquizantes (cornixas conspícuas, emprego constante de ménsulas), así comoo plaqueado dos panos da fachada –feitos en formigón– e mesmo elementos clásicos,como a columna dórica de acceso ao baixo, o trazado mixtilíneo da planta da balconadacorrida do segundo andar ou, en fin, o arco de medio punto con clave destacada do por-tal. Elementos todos que remiten a un historicismo ecléctico, onde se pode apreciar taménun selo persoal no uso de remates curvilíneos nas bufardas, no mirador central (transfor-mación da galería tradicional), ou na solución das pilastras, que separan os pares de ven-tanas das galerías rematadas con capiteis planos que supoñen a lectura xeometrizada dunelemento clásico.

Algunhas tipoloxías, como os remates curvilíneos e mixtilíneos ou o arco de mediopunto con clave destacada, repitéuse noutras edificacións levantadas por Tenreiro enPontedeume nos anos 40, como os almacéns Nistal, a casa nº 3 da rúa Real –proxecto ori-xinal de Eduardo Rodríguez Losada e reformada posteriormente por Tenreiro– ou a casado Barro (Campolongo), moi modificada na actualidade sobre o plantexamento inicial.

91

Un proxecto inédito do arquitecto Antonio Tenreiro en Pontedeume

arquitecto.qxp 30/05/2010 19:53 PÆgina 91

Page 6: UN PROXECTO INÉDITO DO ARQUITECTO ANTONIO …catedra.pontedeume.es/17/catedra1705.pdfSuceden tempos de dicultades e renuncias. A principios dos anos ... aproximación a su arquitectura

4. CONCLUSIÓN

Con estas breves notas sobre Antonio Tenreiro pretendiamos non só sacar á luz unproxecto descoñecido dun arquitecto profundamente ligado a Pontedeume e ao seu desen-volvemento urbanístico. Tamén queriamos rendir unha merecida homenaxe a unha dasfiguras clave na introducción da modernidade arquitectónica en Galicia. No ano 2007 aDelegación do Colexio de Arquitectos en Coruña concedía a Antonio Tenreiro Rodríguezo premio Coruña de Arquitectura. A vila de Pontedeume ten contraída unha débeda quedesexamos poda ser satisfeita nun futuro non moi lonxano.

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

92

arquitecto.qxp 30/05/2010 19:53 PÆgina 92

Page 7: UN PROXECTO INÉDITO DO ARQUITECTO ANTONIO …catedra.pontedeume.es/17/catedra1705.pdfSuceden tempos de dicultades e renuncias. A principios dos anos ... aproximación a su arquitectura

93

Un proxecto inédito do arquitecto Antonio Tenreiro en Pontedeume

Contrato

arquitecto.qxp 30/05/2010 19:53 PÆgina 93

Page 8: UN PROXECTO INÉDITO DO ARQUITECTO ANTONIO …catedra.pontedeume.es/17/catedra1705.pdfSuceden tempos de dicultades e renuncias. A principios dos anos ... aproximación a su arquitectura

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

94

Fachada Cátedra nº2

arquitecto.qxp 30/05/2010 19:53 PÆgina 94

Page 9: UN PROXECTO INÉDITO DO ARQUITECTO ANTONIO …catedra.pontedeume.es/17/catedra1705.pdfSuceden tempos de dicultades e renuncias. A principios dos anos ... aproximación a su arquitectura

95

Un proxecto inédito do arquitecto Antonio Tenreiro en Pontedeume

Fachada CSantiago nº 18 e sección

arquitecto.qxp 30/05/2010 19:53 PÆgina 95

Page 10: UN PROXECTO INÉDITO DO ARQUITECTO ANTONIO …catedra.pontedeume.es/17/catedra1705.pdfSuceden tempos de dicultades e renuncias. A principios dos anos ... aproximación a su arquitectura

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

96

Memoria 1

arquitecto.qxp 30/05/2010 19:53 PÆgina 96

Page 11: UN PROXECTO INÉDITO DO ARQUITECTO ANTONIO …catedra.pontedeume.es/17/catedra1705.pdfSuceden tempos de dicultades e renuncias. A principios dos anos ... aproximación a su arquitectura

97

Un proxecto inédito do arquitecto Antonio Tenreiro en Pontedeume

Memoria 2

arquitecto.qxp 30/05/2010 19:53 PÆgina 97

Page 12: UN PROXECTO INÉDITO DO ARQUITECTO ANTONIO …catedra.pontedeume.es/17/catedra1705.pdfSuceden tempos de dicultades e renuncias. A principios dos anos ... aproximación a su arquitectura

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

98

Planta de baixo

arquitecto.qxp 30/05/2010 19:53 PÆgina 98

Page 13: UN PROXECTO INÉDITO DO ARQUITECTO ANTONIO …catedra.pontedeume.es/17/catedra1705.pdfSuceden tempos de dicultades e renuncias. A principios dos anos ... aproximación a su arquitectura

99

Un proxecto inédito do arquitecto Antonio Tenreiro en Pontedeume

Planta de pisos e bufarda

arquitecto.qxp 30/05/2010 19:54 PÆgina 99

Page 14: UN PROXECTO INÉDITO DO ARQUITECTO ANTONIO …catedra.pontedeume.es/17/catedra1705.pdfSuceden tempos de dicultades e renuncias. A principios dos anos ... aproximación a su arquitectura

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

100

Portada do proxecto

arquitecto.qxp 30/05/2010 19:54 PÆgina 100

Page 15: UN PROXECTO INÉDITO DO ARQUITECTO ANTONIO …catedra.pontedeume.es/17/catedra1705.pdfSuceden tempos de dicultades e renuncias. A principios dos anos ... aproximación a su arquitectura

101

Un proxecto inédito do arquitecto Antonio Tenreiro en Pontedeume

arquitecto.qxp 30/05/2010 19:54 PÆgina 101

Page 16: UN PROXECTO INÉDITO DO ARQUITECTO ANTONIO …catedra.pontedeume.es/17/catedra1705.pdfSuceden tempos de dicultades e renuncias. A principios dos anos ... aproximación a su arquitectura

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

102

arquitecto.qxp 30/05/2010 19:54 PÆgina 102