u 2.a representación_da_terra_.os_mapas

60
UNIDADE 2 A REPRESENTACIÓN DA TERRA: OS MAPAS

Upload: agrela-elvixeo

Post on 13-Jul-2015

1.357 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

UNIDADE 2A REPRESENTACIÓN DA TERRA: OS MAPAS

A representación da Terra: os mapas

3. Os mapas

2. A representación da Terra

1. A latitude e a lonxitude

02

Introdución (Vicens páx. 14)

• Antigamente, a realización de mapas era lenta e difícil, xa que se debuxaban a partir de observacións sobre o terreo. Áo debuxo e realización de mapas chamámoslle cartografía.

• Na actualidade, os mapas realízanse partindo de fotografías aéreas e de imaxes obtidas por satélites artificiais.

• Estas técnicas cartográficas permiten representar exactamente a superficie da Terra.

• Os mapas teñen múltiples usos, un deles pode ser para orientarnos.

• As novas tecnoloxías tamén teñen a súa aplicación no campo da orientación, como, por exemplo, os Sistemas de Posicionamento Global ou GPS.

Introdución Actividades (Vicens páx. 14)

1. Proxectar unha superficie esférica sobre un plano resulta un problema. ¿Poderías aplanar a pel dunha laranxa sen deformala? Explica o porqué. ¿Escoitache algunha vez a expresión: A cuadratura do círculo? ¿Que signficará?

2. ¿Cres que aos cartógrafos lles abondaría unha única fotografía aérea para realizar un mapa?

3. ¿Por que cres que os satélites artificiais han de recoller moitos datos antes da elaboración dun mapa?

1. Latitude e lonxitude (Vicens páx. 16)

Para situármonos no espazo terrestre: coordenas xeográficas

• Coa finalidade de localizar e calcular distancias entre os distintos lugares da Terra creouse un sistema de localización exacto, doado de recoñecer e aceptado por todos: as coordenadas xeográficas.

• As coordenadas xeográficas son unhas liñas imaxinarias –os paralelos e máis os meridianos- que aparecen nos globos e mapas terráqueos formando unha especie de malla ou cuadrícula.

1.1. Para situármonos no espazo terrestre: coordenas xeográficas (Vicens páx. 16)

• Os paralelos son liñas imaxinarias perpendiculares ao eixe da Terra e que a rodean formando unha circunferencia.

• Os paralelos principais son o Ecuador ou paralelo 0º, Trópico de Cancro, Capricornio e Círculo Polar Ártico e Antártico.

• Os meridianos son liñas imaxinarias que unen os dous polos formando unha semicircunferencia.

• O meridiano principal é o de Greenwich ou meridiano 0º. Nas antípodas estaría situado o meridiano de cambio de data ou 180º.

LATITUDE E LONXITUDE1.2. Localización exacta dun punto da Terra

(Vicens páx. 16)

• Para situar exactamente un punto da Terra hai que buscar o paralelo e máis o meridiano que pasan por este punto, isto é, coñecer as súas coordenadas xeográficas.

• Latitude: distancia angular dun punto da superficie terrestre ao Ecuador. Pode ser Norte ou Sur.

• Lonxitude: distancia angular dun punto da superficie terrestre ao meridiano de referencia ou Greenwich. Pode ser Este ou Oeste.

• http://www.youtube.com/watch?v=RxLrXbGH82A

Latitude 90º N

Latitude 90º S

Latitude Sur

Latitude Norte

Latitude 0ºEcuador

Lonxitude Este

Lonxitude Oeste

Meridiano de Greenwich

1. Latitude e Lonxitude Actividades (Vicens páx.. 17)

1. ¿Cales son as liñas imaxinarias da Terra e por que se denominan así?

2. ¿Son iguais tódolos paralelos da Terra? ¿Saberías dicir por que?

3. ¿Son iguais tódolos meridianos? ¿Por que? ¿Cal deles é o meridiano 0º?

4. ¿Que é a latitude? ¿Como se mide?

5. ¿Que é a lonxitude? ¿Como se mide?

6. ¿ Preto de que paralelo e meridiano se atopan as cidades de Nova York, Sidney, Beijing, Rabat e A Coruña?

http://www.educaplus.org/play-140-Coordenadas-geogr%C3%A1ficas.html

http://www.sitiosespana.com/paginas/coordenadas.htm

2. A REPRESENTACIÓN DA TERRA (Vicens páx. 18)

• A Terra é case esférica, denominase xeoide.

• Para traballar necesitamos mapas que son planos.

• O paso dunha superficie esférica a outra plana denomínase proxección cartográfica.

• Esta actividade a realizan os cartógrafos (realizadores e debuxantes de mapas)

2.1. Os mapas e as proxeccións(Vicens páx. 18)

• A mellor forma de representar a Terra é o globo terráqueo; xa que logo, para un estudo polo miúdo dalgunhas partes da Terra, isto podería resultar imposible.

• Para isto, os cartógrafos idearon a maneira de representar unha imaxe esférica nunha superficie plana: os mapas.

• Dado que proxectar de forma exacta unha superficie esférica sobre unha superficie plana é imposible, ideáronse distintos tipos de proxeccións cartográficas: cilíndrica, cónica e plana ou cenital.

• http://www.youtube.com/watch?v=Kj5VVjLh_xo

Proxección cilíndrica

PROXECCIÓNS CARTOGRÁFICAS (Vicens páx.

16)

Os mapas reflicten as ideas do cartógrafo

• Gerardus Mercator (1569) e Arno Peters (1973) foron dous cartógrafos que idearon uns tipos de proxección para o trazado dun planisferio (ámbalas dúas son cilíndricas).

• Na proxección de Mercator respéctanse as formas dos continentes pero non os tamaños. Este sistema de proxección chámase conforme.

• Na proxección de Peters respéctanse as dimensións dos continentes pero non as formas. Este sistema de proxección chámasa equivalente. O mundo presenta unha imaxe menos centrada de Europa e máis equilibrada o Norte e o Sur.

Mercator

Peters

Proxección cilíndrica de Mercator

Observa o mapa

Que tamaño ten Europa e Sudamérica?

Hai proporción co re-presentado nesta pro-xección cartográfica de Mercator?

Observa o mapa

Europa: 10.127.000 km2

América do Sur: 17.880.000 km2Non hai equivalencia nas propor-cións.

Compara a superficie de Rusia e África

Rusia: 17.000.000 km2 África: 30.085.000 km2

Compara a superficie de Groenlandia e África

Groenlandia: 2.166.086 km2 África: 30.085.000 km2

Compara a superficie de Groenlandia e China

Groenlandia: 2.166.086 km2 China: 9.537.000 km2

Compara o Norte co Sur

¿Europa centro do universo?

¿Onde está o Ecuador?

Proxección de Arno Peters

Proxección cónica

Proxección plana ou cenital

2.1. Os mapas e a escala(Vicens páx. 19)

• A escala é a relación matemática ou gráfica existente entre as dimensións reais e as do debuxo que representa a realidade sobre un plano ou un mapa.

• Nos mapas e planos a escala aparece escrita de forma numérica (unha fracción) e de forma gráfica (unha liña dividida en segmentos.

• En función do espazo que hai que representar e do grao de información que se precisa elíxese a escala.

ESCALA NUMÉRICA E GRÁFICA

• Na escala numérica 1:2.000.000, o denominador da fracción indica a proporción que hai entre o mapa e o territorio cartografado. Un centímetro do mapa equivale a 2.000.000 de centímetro da realidade (isto é 20 km).

1:2.000.000

PEQUENA E GRANDE ESCALA

• Pequena escala. O denominador e grande, abrangue un territorio grande pero cun detalle de información pequeno (continente).

• Grande escala. O número denominador é pequeno, abrangue menos territorio pero ten un detalle de información maior (unha localidade)

VilasCidadesConcellosComarcas

1:1.0001:10.0001:25.0001:50.000

ESCALA GRANDE

RexiónsPequenos EstadosGrandes EstadosVarios EstadosContinentes

1:500.0001:1.000.0001:5.000.000

1:10.000.0001:50.000.000

ESCALA PEQUENA

2. Representación da Terra Actividades (Vicens páx. 18-19)

1. Indica as partes da Terra que quedan máis deformadas segundo os tres tipos de proxección: cilíndrica, cónica e plana ou cenital.

2. ¿Que é unha proxección cartográfica? Explica brevemente en que consiste cada unha das proxeccións cartográficas que estudaches.

3. ¿Por que é importante coñecer a escala dun mapa? ¿Como se clasifican as escalas? Pon un exemplo de cada unha delas.

4. ¿Que tipo de espazos se poden cartografar cando se utilizan grandes escalas? ¿Cando se aplican as escalas pequenas?

5. ¿Que tipo de escala utilízase nas seguintes fotografías?

3.1. Tipos de mapas(Vicens páx. 20)

• En xeral, os xeógrafos traballan con dous tipos de mapas: os topográficos e os temáticos.

• Os mapas topográficos inclúen información tanto de aspectos físicos (naturais) como humanos (artificiais). A altitude queda reflectida coas curvas de nivel e as medicións son moi precisas. Adoitan servir de base para realizar outros mapas.

• Os mapas temáticos reflicten un aspecto concreto da realidade: o clima, a vexetación, relevo, político a poboación, os recursos económicos, estradas…

MAPA TOPOGRÁFICO

MAPA TEMÁTICO

MAPA TEMÁTICO

3.2. Os signos convencionais(Vicens páx. 21)

• Cada un dos elementos que aparecen no mapa represéntase mediante un símbolo ou unha cor. A estes símbolos denomínaselles signos convencionais.

• Na lenda aparecen os signos convencionais xunto ao seu significado.

• Os signos convencionais utilizados nos mapas temáticos adoitan ser: tramas de cores, liñas, puntos, círculos…, que poden ser de tamaños e grosores distintos.

3.3. Para ler un mapa (Vicens páx. 21)

• Ler un mapa é aprender a localizar e a interpretar a información que está representada.

• Todos os mapas reproducen a realidade de maneira simplificada e proporcional.

• Para ler un mapa hai que seguir certos pasos: ter en conta a escala, entender a lenda e, cando sexa posible, confrontar a información con outros mapas, fotografías, textos, etc.

• Os mapas Actividades (Vicens páx.21)

1. O mapa de densidade de poboación: ¿É un mapa topográfico ou temático? ¿Que espazo xeográfico está representado? ¿Que escala utilizou? ¿Por que? ¿Paréceche axeitada a escala para a información que se pretende dar?

2. ¿Que información ofrece o mapa segundo a lenda? ¿Que variables amosa? ¿Que categorías contén?

3. ¿Por que cres que son necesarios os mapas? ¿Como se chama a ciencia que elabora os mapas?

4. ¿Que é un mapa topográfico? ¿Para que se pode utilizar? ¿Que elementos figuran nel?

5. ¿Que é un mapa temático? ¿Que mapas temáticos se utilizan con máis frecuencia?

TRABALLAR A ESCALA E O MAPA TOPOGRÁFICO

1. Medicións no mapa topográfico.

2. Levantamento dun perfil topográfico.

3. Busca o punto maís alto. ¿Como está indicado?

4. ¿Como están debuxadas as curvas de nivel? ¿Como será o relevo deste lugar?

5. En que zonas se observa máis vexetación arbórea e arbustiva? ¿Por que?

6. ¿Que tipo de construción se aprencia no mapa? ¿Como están representadas?

7. ¿Trátase dunha paisaxe urbana ou rural? ¿Que elementos visibles forn obra do ser humano?

LEVANTAMENTO DUNHA MAQUETA

PERFIL TOPOGRÁFICO

• Levantamento dun perfil topográfico.

LEVANTAMENTODUNPERFILTOPOGRÁFICO

Traballo realizado polos alumnos de 3º da ESO do IES Someso curso 2005-2006:Miguel Ángel Lamas GarcíaAdrián Lareo BujánBorja López PérezValeria Millor OutesTamara Sobrado BlancoFco. Javier Zapata Iglesias