textos sobre o sexenio democrÁtico · 2021. 4. 23. · 8º igualdade na repartición das cargas...

16
1 TEXTOS SOBRE O SEXENIO DEMOCRÁTICO AS PROCLAMAS OBREIRAS ANTE A REVOLUCIÓN DE 1868 Por que vamos pelexar? Vamos pelexar polo réxime político da Constitución do 12? Vamos pelexar pola situación política do ano 20? Vamos pelexar para que volvan a inscribirse nuns cantos artigos as promesas da Constitución do 37? Vamos pelexar pola reivindicación das políticas e glorias sociais do 54? Por que vamos pelexar? Vamos pelexar para que as influencias opresoras do capital non escravicen as forzas fatigadas do obreiro (...); por abolir dunha vez por sempre toda clase de censos irredimibles (...); porque o traballo sexa o único e exclusivo fundamento de dereito da propiedade (...); para que os homes que vivimos dentro desta sociedade sexamos produtores e consumidores á vez (...); para cimentar os principios de liberdade e de igualdade, tantas veces inutilmente proclamados coas anteriores e radicais reformas (...); pola reintegración do home nos seus dereitos de educación, de moralidade, de instrución (...) por ser libres e iguais dentro dun novo réxime político-social máis xusto, máis en conformidade co dereito e perfectamente fabricado na molde da natureza humana (...). Vamos pelexar ata que consigamos romper as cadeas dos nosos irmáns, os escravos das nosas posesións de Ultramar (...). Desde que os pobos inglés e francés tiveron nas súas mans as cabezas dos seus reis, todos os pobos da terra poden exclamar, repetindo co pobo inglés e francés: OS POBOS NON QUEREN PARA NADA OS REIS PORQUE PARA NADA OS NECESITAN. E se isto fixeron Inglaterra e Francia, por que non vai de poder facelo a nación española? ABAIXO A IGNORANCIA! ABAIXO A MISERIA! VIVA A REPÚBLICA! Panfleto. Xullo de 1868. PROCLAMA DA XUNTA DE GOBERNO DE MÁLAGA Aspiramos á liberdade de conciencia (...). Imos, pois, establecer a liberdade de cultos. Aspiramos á liberdade de sufraxio (...), proclamamos o sufraxio universal. Aspiramos á liberdade da razón, e queremos o ensino libre, e que o pensamento escrito circule sen traba. Aspiramos, en fin, á liberdade económica e de asociación (...). Queremos Cortes Constituíntes, expresión fiel da soberanía da Nación, para que promulguen unha Constitución (...). Cidadáns: ¡Viva a liberdade! ¡Viva a soberanía nacional! ¡Abaixo os Borbóns! Xunta de Goberno de Málaga. Proclama. 27-09-1868.

Upload: others

Post on 04-Jun-2021

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: TEXTOS SOBRE O SEXENIO DEMOCRÁTICO · 2021. 4. 23. · 8º Igualdade na repartición das cargas públicas. 9º Desestanco do sal e o tabaco e abolición dos dereitos de portas e

1

TEXTOS SOBRE O SEXENIO DEMOCRÁTICO

AS PROCLAMAS OBREIRAS ANTE A REVOLUCIÓN DE 1868

Por que vamos pelexar? Vamos pelexar polo réxime político da Constitución do 12? Vamos

pelexar pola situación política do ano 20? Vamos pelexar para que volvan a inscribirse nuns

cantos artigos as promesas da Constitución do 37? Vamos pelexar pola reivindicación das

políticas e glorias sociais do 54? Por que vamos pelexar?

Vamos pelexar para que as influencias opresoras do capital non escravicen as forzas fatigadas

do obreiro (...); por abolir dunha vez por sempre toda clase de censos irredimibles (...); porque

o traballo sexa o único e exclusivo fundamento de dereito da propiedade (...); para que os

homes que vivimos dentro desta sociedade sexamos produtores e consumidores á vez (...);

para cimentar os principios de liberdade e de igualdade, tantas veces inutilmente proclamados

coas anteriores e radicais reformas (...); pola reintegración do home nos seus dereitos de

educación, de moralidade, de instrución (...) por ser libres e iguais dentro dun novo réxime

político-social máis xusto, máis en conformidade co dereito e perfectamente fabricado na

molde da natureza humana (...). Vamos pelexar ata que consigamos romper as cadeas dos

nosos irmáns, os escravos das nosas posesións de Ultramar (...).

Desde que os pobos inglés e francés tiveron nas súas mans as cabezas dos seus reis, todos os

pobos da terra poden exclamar, repetindo co pobo inglés e francés: OS POBOS NON QUEREN

PARA NADA OS REIS PORQUE PARA NADA OS NECESITAN.

E se isto fixeron Inglaterra e Francia, por que non vai de poder facelo a nación española?

ABAIXO A IGNORANCIA! ABAIXO A MISERIA! VIVA A REPÚBLICA!

Panfleto. Xullo de 1868.

PROCLAMA DA XUNTA DE GOBERNO DE MÁLAGA

Aspiramos á liberdade de conciencia (...). Imos, pois, establecer a liberdade de cultos.

Aspiramos á liberdade de sufraxio (...), proclamamos o sufraxio universal.

Aspiramos á liberdade da razón, e queremos o ensino libre, e que o pensamento escrito circule

sen traba.

Aspiramos, en fin, á liberdade económica e de asociación (...).

Queremos Cortes Constituíntes, expresión fiel da soberanía da Nación, para que promulguen

unha Constitución (...).

Cidadáns: ¡Viva a liberdade! ¡Viva a soberanía nacional! ¡Abaixo os Borbóns!

Xunta de Goberno de Málaga. Proclama. 27-09-1868.

Page 2: TEXTOS SOBRE O SEXENIO DEMOCRÁTICO · 2021. 4. 23. · 8º Igualdade na repartición das cargas públicas. 9º Desestanco do sal e o tabaco e abolición dos dereitos de portas e

2

PROGRAMA DA XUNTA REVOLUCIONARIA DE SEVILLA

Españois:

"A Xunta revolucionaria de Sevilla faltaría ao primeiro dos seus deberes se non empezara por

dirixir a súa voz aos habitantes todos desta provincia e á nación enteira, manifestándolles os

principios que se propón sustentar e defender como base da rexeneración deste desgraciado

país...

1º A consagración do sufraxio universal e libre como base e fundamento da lexitimidade de

todos os poderes e única verdadeira expresión da vontade nacional.

2º A liberdade absoluta de imprenta, sen depósito, fianza nin editores responsables e só con

suxeción ás penas que marca o código para os delitos de inxuria e calumnia.

3º A consagración práctica e inmediata de todas as demais liberdades, a de ensinanza, a de

cultos, a de tráfico e industria, etc. e a reforma prudente e liberal das leis arancelarias, ata que

o estado do país permita establecer plenamente a liberdade de comercio.

4º A abolición da pena de morte e o plantexamento del sistema penal penitenciario.

5º A seguridade individual eficazmente garantida, así como a absoluta inviolabilidade do

domicilio e a correspondencia.

6º A abolición da constitución bastarda que nos viña rexendo e de todas as leis orgánicas que

dela se derivan e a súa substitución provisional pola que decretaron as Cortes Constituíntes de

1856 con supresión concretamente do artigo concernente á relixión do Estado, do título

relativo á dinastía e regras de sucesión á Coroa, e de canto na unha ou as outras non sexa

conforme coa base do sufraxio universal e as demais que neste manifesto se conteñen.

7º A abolición das quintas e das matrículas de mar, e a organización do exército e da armada,

baixo la base de alistamentos voluntarios e coas convenientes garantías como honrosísimas

profesións.

8º Igualdade na repartición das cargas públicas.

9º Desestanco do sal e o tabaco e abolición dos dereitos de portas e consumos.

10º Unidade de fueros e abolición de todos os especiais, incluso o eclesiástico (...).

11º Cortes constituíntes por sufraxio universal directo, para que decreten unha constitución

en harmonía coas necesidades da época, xeneralizando a súa estrita observancia por medio

dunha comisión permanente nos interregnos parlamentarios, que promova e asegure a

responsabilidade dos ministros e de calquera autoridades que a infrinxan.

"¡Viva a liberdade! ¡Abaixo a dinastía! ¡Viva la Soberanía Nacional!

Sevilla, 20 de setembro de 1868.

Page 3: TEXTOS SOBRE O SEXENIO DEMOCRÁTICO · 2021. 4. 23. · 8º Igualdade na repartición das cargas públicas. 9º Desestanco do sal e o tabaco e abolición dos dereitos de portas e

3

PROCLAMA DA XUNTA DE MADRID

A Xunta Superior Revolucionaria, fiel á súa elevada orixe fai a seguinte declaración de dereitos:

Sufraxio universal.

Liberdade de cultos.

Liberdade de ensinanza.

Liberdade de reunión e asociación pacificas.

Liberdade de imprenta sen lexislación especial.

Descentralización administrativa que devolva a autorización aos municipios e ás provincias.

Xuízo por Xurados en materia criminal.

Unidade de fuero en todos os ramos da Administración de xustiza.

Inamobilidade xudicial.

Madrid, 8 de outubro de 1868.

Caricatura de Sabela II marchando ao exilio.

Page 4: TEXTOS SOBRE O SEXENIO DEMOCRÁTICO · 2021. 4. 23. · 8º Igualdade na repartición das cargas públicas. 9º Desestanco do sal e o tabaco e abolición dos dereitos de portas e

4

Goberno Provisional de 1869: de esquerda dereita: L. Figuerola (Ministro de Economía),

Práxedes Mateo Sagasta (Gobernación), Manuel Ruiz Zorrilla (Fomento), Juam Prim (Guerra),

Francisco Serrano (Presidente do Goberno Provisional), Juan Bautista Topete (Mariña)

Adelardo López de Ayala (Ultramar), Antonio Romero Ortiz (Graza e Xustiza) e Juan Álvarez

Lorenzana, (Estado).

O CONCEPTO DE REPÚBLICA E AS SÚAS LEIS

Así coma na monarquía manda un rei sobre o pobo, na república non hai rei, e o pobo

gobérnase po si mesmo.

A monarquía é o desgoberno do pobo por un rei.

A república é o goberno do pobo polo pobo.

Na monarquía o rei goberna como lle convén a el, que é sempre o contrario do que lle convén

a o pobo.

Na república o pobo gobérnase a si mesmo como lle convén (...).

Ao pobo convenlle ter liberdade, e na república o pobo é libre (...).

Ao pobo non lle convén que haxa quintas, e na república non as hai (...).

Ao pobo non lle convén que haxa consumos, e na república non hai contribucións de

consumos.

Ao pobo non lle convén que o aforquen, nin que o fusilen, e na república non hai pena de

morte.

Page 5: TEXTOS SOBRE O SEXENIO DEMOCRÁTICO · 2021. 4. 23. · 8º Igualdade na repartición das cargas públicas. 9º Desestanco do sal e o tabaco e abolición dos dereitos de portas e

5

Ao pobo convenlle que a xustiza criminal sexa barata, e na república a xustiza criminal é de

balde, porque os xuíces son veciños honrados que o pobo escolle, que forman unha xunta, e

aplican a lei ao que falta.

Ao pobo non lle convén que o rei teña leguas e leguas de terras sen cultivar para ir el a cazar

coellos e veados cando lle acomode, e na república todas esas terras que antes posuían os reis,

divídense en lotes e véndense aos pobre moi baratas, para que as traballen e se manteñan.

Ao pobo non lle convén ter que sacar licenza para pescar, cazar e ter armas, e na república

pesca e caza o que quere, porque cada un é libre de exercer a profesión que lle dea a gana, e

cadaquén pode ter na súa casa as armas que queira, con tal que non faga delas un mal uso.

Ramón PÉREZ COSTALES. A verdade ás aldeas. 1869.

EL GRITO DE YARA

Ó levantarnos armados contra a opresión do tiránico goberno español, manifestámoslle ó

mundo as causas que nos obrigaron a dar este paso (...) España imponnos no noso territorio

unha forza armada que non leva outro obxecto que facernos dobrar o pescozo ó xugo férreo

que nos degrada.

Os nosos valiosos produtos, mirados con xenreira polas repúblicas dos pobos mercantís

estranxeiros [polos prexuízos] que provoca o sistema de alfándegas español para coartárlle-lo

seu comercio; se ben venden a grandes prezos no porto doutras nacións, aquí o infeliz

produtor non acada sequera para cubri-los seus gastos (...).

Nós consagramos estes dous venerables principios: nós cremos que tódolos homes son iguais;

(...) admirámo-lo sufraxio universal, que asegura a soberanía do pobo; desexámo-la

emancipación gradual e baixo indemnización da escravitude, o libre troco coas nacións (...)

demandámo-la relixiosa observación dos dereitos imprescindibles do home, constituíndonos

en nación independente, porque así lle cumpre á grandeza dos nosos futuros destinos e

porque estamos certos que baixo o cetro de España nunca gozaremos do franco exercicio dos

nosos dereitos (...).

Manifesto pola Independencia de Cuba. Carlos Manuel de Céspedes. 10 de outubro de 1868.

Page 6: TEXTOS SOBRE O SEXENIO DEMOCRÁTICO · 2021. 4. 23. · 8º Igualdade na repartición das cargas públicas. 9º Desestanco do sal e o tabaco e abolición dos dereitos de portas e

6

NA PROCURA DUN REI PARA ESPAÑA ...

Prim, Serrano e Topete subastan a

Coroa de España. La Flaca (1869)

Esta caricatura é unha sátira sobre a busca dun novo rei para España, tralo destronamento de

Sabela II. Aparece Serrano subastando a Coroa, acompañado de Prim que chisca un ollo e

Topete, con xesto serio. Distínguense unha serie de personaxes: o candidato portugués

(Fernando de Sajonia- Coburgo) que ofrece unha presa de cartos. O Duque de Montepensier,

Page 7: TEXTOS SOBRE O SEXENIO DEMOCRÁTICO · 2021. 4. 23. · 8º Igualdade na repartición das cargas públicas. 9º Desestanco do sal e o tabaco e abolición dos dereitos de portas e

7

que según algúns alentara a Revolución Gloriosa. Tamén a recentemente destronada Sabela II,

que mostra ao seu fillo, o futuro Alfonso XII. Ao seu carón, aparecen un eclesiástico e un

militar que parecen interesarse polo asunto.

Esta caricatura satiriza a busca dun rei para España. Aparecen a propia Sabela II, o seu fillo

Alfonso, o pretendente carlista Carlos VII e o duque de Montpensier (cuñado de Sabela II), que

se pode identificar pola flor de lis que leva na bandoleira e polo colar do seu can (onde di:

“Orleans”). Aparece detrás do anuncio de “Se colocan reis” o embaixador español, Salustiano

de Olózaga. A alusión ao pretendente portugués aparece no mono coa pandeireta que di:

“Portugal”.

Amadeo I ante o cadáver de Prim. Antonio Gisbert Pérez (1870).

Page 8: TEXTOS SOBRE O SEXENIO DEMOCRÁTICO · 2021. 4. 23. · 8º Igualdade na repartición das cargas públicas. 9º Desestanco do sal e o tabaco e abolición dos dereitos de portas e

8

CARICATURAS SOBRE OS CARLISTAS

Sátira contra os carlistas. La Flaca (1870). Nesta caricatura, os carlistas aparecen como ovellas

guiadas polo clero fanático. Aparece o pretendente don Carlos VII nun altar co lema “Deus,

patria e rei”.

Caricatura da revista La Flaca onde aparecen o político neocatólico Cándido Nocedal como

Sancho Panza e o pretendente Carlos VII como Don Quijote. De fondo, A Igrexa con lemas

como: “Relixión ou morte” e “Abaixo a ensinanza”.

Page 9: TEXTOS SOBRE O SEXENIO DEMOCRÁTICO · 2021. 4. 23. · 8º Igualdade na repartición das cargas públicas. 9º Desestanco do sal e o tabaco e abolición dos dereitos de portas e

9

Caricatura publicada en La Flaca en 1869. O Ministro de “Graza sen Xustiza” (Ruiz Zorrilla)

entrega á Igrexa grandes cantidades de cartos para o mantemento do culto católico. Estes

cartos son empregados para financiar as partidas de guerrilleiros carlistas.

FRAGMENTACIÓN POLÍTICA DURANTE O REINADO DE AMADEO I

Hai cinco partidos principais: o absolutista, o moderado, o conservador, o radical e o

republicano. O absolutista divídese en dous: carlistas puros e carlistas disidentes. O partido

moderado tamén en dous: un que prefire a Sabela II, e outro ao príncipe Afonso. O partido

conservador, en catro: os incondicionais de Cánovas del Castillo; os antigos montpensieristas,

capitaneados por Ríos Rosas; os fronteirizos, que teñen como xefe ao xeneral Serrano; os

progresistas históricos, que seguen a Sagasta. O partido radical, en catro: os progresistas

demócratas, que teñen por xefe a Ruíz Zorrilla; os cimbrios, a Martos; os demócratas, a Rivero;

os economistas a don Antonio Gabriel Rodríguez. O partido republicano, en tres: os unitarios,

dirixidos por García Ruiz; os federais, por Figueras, e os socialistas, por Fernando Garrido. Pero

os socialistas, á súa vez, fracciónanse en dúas tendencias, segundo se pronuncien a favor ou en

contra da Internacional. Total, dezaseis partidos. Que se subdividen nos seguintes termos:

Martos tende a constituír un partido incondicional; Candau, outro; Moret, un terceiro partido;

Río Rosas, Pi i Margall e Castelar pensan tamén en crearse un partido á súa persoal medida.

Entre os xa organizados e os que se encontran en período de formación, contamos vinte e

dous partidos, aos que hai que engadir: os amigos de don Amadeo; os adictos a dona María

Vitoria, que queren facer a cambadela a don Amadeo; os adeptos da monarquía de Espartero;

os que prefiren aínda a de Montpensier; os republicanos, a condición de que a illa e Cuba non

sexa abandonada; os que, pola contra, se inclinan a que España lla ceda ou allee; os que

pensan aínda no príncipe de Hohenzollern; os que acarician a unión con Portugal... En suma,

trinta partidos, que serían aínda máis de apurar a análise dos grupos (...).

Page 10: TEXTOS SOBRE O SEXENIO DEMOCRÁTICO · 2021. 4. 23. · 8º Igualdade na repartición das cargas públicas. 9º Desestanco do sal e o tabaco e abolición dos dereitos de portas e

10

Sagasta apóiase nos unionistas; Ruíz Zorrilla, nos republicanos; Serrano quizá estivese disposto

a apoiarse nos moderados, e os moderados, se chegase o caso, aliaríanse cos absolutistas, os

cales, entre tanto, se dan a man cos republicanos, quen, á súa vez, se unen con parte dos

radicais para derribar ao Ministerio Sagasta, demasiado conservador a xuízo os progresistas

demócratas e demasiado liberal en opinión dos unionistas, que teñen medo aos federais que,

por outra parte, desconfían dos radicais, sempre vacilantes entre os demócratas e os

sagastinos”.

Edmundo de AMICIS. España, viaxe durante o reinado de don Amadeo I. 1873 [cast.]

Caricatura publicada en La Flaca en decembro de 1872.

Na caricatura observamos ás distintas faccións políticas que portan enriba dunha mesa a

Amadeo I, quen exclama: “Quen me libra, quen me saca deste inferno por piedade?”. De feito

a viñeta titúlase “Manicomio Nacional”, unha clara alusión a situación de caos e fragmentación

política que se vivía neses momentos.

Entre as figuras, que parecen máis ben monigotes aparece un carlista, ao cal recoñecemos pola

bandeira co lema “Deus, Patria e Rei”, e que porta un crucifixo e un trabuco. Detrás del, unha

personaxe con careta ao lado dun bastión alfonsino: “Viva Don Alfonso”. No medio de ambas

tendencias, a mitra papal, en clara alusión ao catolicismo de ambas tendencias. Ao fondo, un

pendón reza “Viva Monpensier, en alusión ao Duque de Orleáns que según algunhas versións

estaría detrás do atentado contra Prim. No medio, Sagasta (líder dos constitucionalistas ou

conservadores) portando unha bolsa coa cantidade de 2000000 inscrita, en alusión a un

escándalo de corrupción.

Page 11: TEXTOS SOBRE O SEXENIO DEMOCRÁTICO · 2021. 4. 23. · 8º Igualdade na repartición das cargas públicas. 9º Desestanco do sal e o tabaco e abolición dos dereitos de portas e

11

Tamén aparecen os republicanos, divididos entre federalistas e unitarios e cos seus

argumentos: unha espada e unha botella de petróleo.

A MORTE DA MONARQUÍA

Señores deputados: o partido republicano reivindica a gloria de ter acabado coa monarquía;

non vos botedes en cara a responsabilidade deste momento supremo. Non; ninguén a matou.

Eu, que tanto contribuían a que chegase este momento supremo, debo dicir que non sinto,

non, na miña conciencia, mérito algún de ter acabado coa monarquía. A monarquía morreu

sen que ninguén, absolutamente ninguén, contribuíra con iso, máis que a Providencia.

Señores: con Fernando VII morreu a monarquía tradicional; coa fuga de Sabela II, a monarquía

parlamentaria, e coa renuncia de Amadeo, a monarquía democrática. Ninguén, ninguén

acabou con ela. Morreu por si mesma. Ninguén trae a República; tráena as circunstancias;

tráena unha conspiración da sociedade, da natureza, da historia. Señores: saudémola, como o

sol que se levanta pola súa propia forza no ceo da nosa patria.

Emilio CASTELAR. Discurso [no Congreso]. 11-II-1873 [cast.]

A PROCLAMACIÓN DA REPÚBLICA

“Vacante o trono por renuncia de Amadeo I de Savoia, o Congreso e o Senado, constituídos

nas Cortes Soberanas, reasumiron todos os poderes e proclamaron a República. A consolidala

y a darlle prestixio teñen que dirixirse agora os esforzos de todas as autoridades que deste

Ministerio dependen. Estableceuse sen sangue, sen convulsións, sen a máis pequena

alteración da orde, e sen disturbios convén que sexa sostida para que acaben de desenganarse

os que la consideraban como inseparable da anarquía.

Orde, Liberdade e Xustiza: este é o lema da República. Contrariaríanse os seus fins se non se

respectase e se fixese respectar o dereito dos cidadáns. Contrariaríanse os seus fins, se non se

deixase ampla e absoluta liberdade ás manifestacións de pensamento e de conciencia; se se

violase o máis pequeno dos dereitos consignados no Título I da Constitución de 1869 (…)”

Francisco Pi i Margall (12 de febreiro de 1873)

Page 12: TEXTOS SOBRE O SEXENIO DEMOCRÁTICO · 2021. 4. 23. · 8º Igualdade na repartición das cargas públicas. 9º Desestanco do sal e o tabaco e abolición dos dereitos de portas e

12

Alegoría da I República.

Page 13: TEXTOS SOBRE O SEXENIO DEMOCRÁTICO · 2021. 4. 23. · 8º Igualdade na repartición das cargas públicas. 9º Desestanco do sal e o tabaco e abolición dos dereitos de portas e

13

Caricatura sobre as

divisións entre republicanos federais e unitarios.

Caricatura sobre as diferentes tendencias republicanas. No centro parece Pi i Margall, un dos

lpresidentes da Primeira República, tocado cun gorro frixio. Aparece tamén Castelar como

profesor. Sobre a porta pode lerse o cartel: “Escola Nacional Federal de Párvulos para abuso

do país”. As ideas defendidas por Castelar aparecen no encerado, en tanto que Pi i Margall

afonta unha serie de cuestión indicadas nunhas follas soltas: Crédito Naciona, Disciplina

Militar, Carlistas, Crise Nacional. No chan o cartel “Orde Pública” está roto. Insisten nesta idea

as dúas personaxes que atacan á “Orde”. De novo polo chan, o ideal de Xustiza Federal. O

Federalismo aparece simbolizado por figuras infantís ataviadas con distintos traxes rexionais.

Page 14: TEXTOS SOBRE O SEXENIO DEMOCRÁTICO · 2021. 4. 23. · 8º Igualdade na repartición das cargas públicas. 9º Desestanco do sal e o tabaco e abolición dos dereitos de portas e

14

O CANTÓN DE CARTAXENA

Cartaxeneiros: Os que pola vontade da maioría do pobo republicano desta localidade

constituímos a Xunta de Saúde Pública da mesma, temos o deber imprescindible de facer unha

declaración (...). Proclamada como forma de goberno para España a República federal, o pobo

republicano (...) reclamaba que se organizase a Federación, establecendo inmediatamente a

división rexional dos cantóns (...), pero o pobo non ve nin no Goberno nin na Cámara

constituínte unha predisposición para a inmediata execución das reformas (...). Esta Xunta

levántase en armas porque cre que está en perigo a santa causa da República federal (...).

Aquí non hai verdugos nin vítimas, opresores nin oprimidos, senón irmáns prontos a

sacrificarse pola liberdade e a felicidade dos seus concidadáns.

¡Viva a República Federal! ¡Viva a soberanía do pobo!

XUNTA REVOLUCIONARIA. Proclama. Cartaxena, 12-7-1873 [cast.]

Terceira

Guerra Carlista e insurrección cantonal.

MANIFESTO DE SANHURST

Por virtude da espontánea e solemne abdicación da miña augusta nai, tan xenerosa como

infortunada, son o único representante do dereito monárquico en España. Arranca este dunha

lexislación secular, confirmada por todos os precedentes históricos, e está indubidablemente

unida ás institucións representativas, que nunca deixaron de funcionar legalmente durante os

trinta e cinco anos transcorridos desde que comezou o reinado da miña nai ata que, aínda

neno pisei con todos os meus o chan estranxeiro.

Page 15: TEXTOS SOBRE O SEXENIO DEMOCRÁTICO · 2021. 4. 23. · 8º Igualdade na repartición das cargas públicas. 9º Desestanco do sal e o tabaco e abolición dos dereitos de portas e

15

Orfa a nación agora de todo dereito público e indefinidamente privada das súas liberdades, é

natural que volva os seus ollos ao seu acostumado dereito constitucional (...).

Por todo isto, sen dúbida, o único que inspira xa confianza en España é unha monarquía

hereditaria e representativa, mirándoa como irremprazable garantía dos seus dereitos e

intereses desde as clases obreiras ata as máis elevadas. (...)

Pola miña parte, debo ao infortunio estar en contacto cos homes e as causas da Europa

moderna, e se nela non alcanza España unha posición digna da súa historia (...) culpa miña non

será nin agora nin nunca. Sexa o que sexa a miña propia sorte, nin deixarei de ser bo español,

nin, coma todos os meus antepasados, bo católico, nin, como home do século,

verdadeiramente liberal.

ALFONSO DE BORBÓN. Manifesto á nación española. Sandhurst, 1-12-1874.

O PRONUNCIAMENTO DE MARTÍNEZ CAMPOS A FAVOR DOS BORBÓNS

Moi señor meu e de todo o meu respecto. Cando reciba vostede esta xa terei iniciado o

movemento en favor de Afonso XII. Cargo coa responsabilidade deste acto ao que arrastro aos

meus amigos. Non teño dereito á protección do partido; vostedes son os xuíces de se deben

ou non darma (...). A decisión que tomo hoxe debín tomala hai xa corenta e cinco días. Non

vou por amor propio nin por despeito; fágoo pola fe e a convicción que teño; fágoo porque

vostedes aseguran que a opinión está feita. Dáme medo (...) noticias que ten o Goberno, (...)

que siga a desmoralización e o cantonalismo no exército de Cataluña (...). A voz “Afonso XII,

paz, relixión e liberdade” levantará quizais este postrado país, levaranos á conclusión da guerra

civil e permitiranos acabar a separatista (...). Teño o firme propósito de non aceptar nada, nin

ascenso, nin título, nin remuneración algunha. Se consigo o meu obxectivo, poñer este país en

vías de tranquilidade, a miña ambición queda satisfeita. Non hai de min a vostede antipatía

política ningunha (...). A diferenza entre vostede e eu estaba nos distintos modos de

procedemento.

Arsenio MARTÍNEZ CAMPOS. Carta a Cánovas. 29-12-1874 [cast.]

Page 16: TEXTOS SOBRE O SEXENIO DEMOCRÁTICO · 2021. 4. 23. · 8º Igualdade na repartición das cargas públicas. 9º Desestanco do sal e o tabaco e abolición dos dereitos de portas e

16

Caricatura sobre as diferentes etapas do Sexenio Democrático. No pé da imaxe a frase “De

Alcolea a Sagunto pasando por varios puntos” completa o seu sentido. É un documento

iconográfico, publicado pola revista satírica La Madeja en torno ao ano 1875. Cabe destacar

que o desenvolvemento da caricatura satírica durante o Sexenio Revolucionario estivo ligado á

unhas cotas de liberdade de expresión nunca antes acadadas.

No debuxo aparecen as distintas etapas dende o triunfo da Revolución Gloriosa (1868) ata o

pronunciamento de Martínez Campos en Sagunto. Nun primeiro momento, o escudo

monárquico da paso á “Gloriosa”. A bordo da fragata “Zaragoza”, Topete fai ondear a bandeira

española co lema “Viva España con honra”.

Prim, Topete e Serrano están situados sobre a ponte de Alcolea, onde tivo lugar o triunfo sobre

as tropas isabelinas.

O Goberno Provisional estivo integrado polas forzas políticas do Pacto de Ostende e a el

debeuse a creación da peseta. Trala rexencia de Serrano, Amadeo de Savoia ocupará o trono

nunha monarquía democrática (1871-1873). Finalmente, en febreiro deste ano, proclámase a

República. Aparecen representados os seus catro presidentes: Figueras (ostentando unha

bandeira coa consigna “República Federal”), Pi i Margall (“República pirotécnica”), Salmerón

(que sostén un libro: “República filosófica”), Castelar, que fai equilibrio para non caer ao

precipicio. Ante a irrupción de Pavía, Sagasta escabúllese. Na última escena, Martínez Campos

restaura a monarquía.