temporada 2016/2017 real filharmonÍa de galicia · caminero no contrabaixo e bruno pedroso na...

16
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA FIN DA TEMPORADA PAUL DANIEL Director ABE RÁBADE Compositor e Piano NAROA INTXAUSTI Soprano MARTA INFANTE Contralto ENRIQUE FERRER Tenor ISAAC GALÁN Baixo ORFEÓN TERRA A NOSA MIRO MOREIRA Director CORO DE NENOS DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO OLAIA NOVO e SIMONA KANTCHEVA Directoras 01 xoves XUÑO 20.30 h AUDITORIO DE GALICIA TEMPORADA 2016/2017 CONvers@ndo con PAUL DANIEL Director ABE RÁBADE Compositor e Piano Sala Mozart | 19.45 h

Upload: buithuan

Post on 07-Feb-2019

221 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: TEMPORADA 2016/2017 REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería. Grava e actúa en moi diversos formatos musicais: piano solo, quinteto/septeto

REAL FILHARMONÍADE GALICIAFIN DA TEMPORADA

PAUL DANIEL DirectorABE RÁBADE Compositor e Piano

NAROA INTXAUSTI SopranoMARTA INFANTE ContraltoENRIQUE FERRER Tenor

ISAAC GALÁN Baixo

ORFEÓN TERRA A NOSAMIRO MOREIRA Director

CORO DE NENOS DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO

OLAIA NOvO e SIMONA KANTChEvA Directoras

01xovesXUÑO

20.30 h

AUDITORIO DE GALICIA

TEMPORADA 2016/2017

CONvers@ndo conPAUL DANIEL Director

ABE RÁBADE Compositor e Piano

Sala Mozart | 19.45 h

Page 2: TEMPORADA 2016/2017 REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería. Grava e actúa en moi diversos formatos musicais: piano solo, quinteto/septeto

PROGRAMA

I

ABE RÁBADE (1977)

Tempos velados*

Abe Rábade, pianoOrfeón Terra A Nosa

Coro de nenos da Escola Municipal de Música de Santiago

Cantos falan por minAmor sen límites

Chegarán suaves choivasCando vaciles baixo o peso da dor

II

LUDWIG vAN BEEThOvEN (1770-1827)

Sinfonía núm. 9 en re menor “Coral”, op. 125Allegro ma non troppo, un poco maestoso

Molto vivaceAdagio molto e cantabile

Presto. Allegro assai

Naroa Intxausti, sopranoMarta Infante, contralto

Enrique Ferrer, tenorIsaac Galán, baixo

Orfeón Terra A Nosa

*Estrea absoluta

Duración aproximada do concerto: 2 horas

Pregámoslle ao público que non faga fotografías e quedesconecte os teléfonos móbiles, reloxos, etc.

Page 3: TEMPORADA 2016/2017 REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería. Grava e actúa en moi diversos formatos musicais: piano solo, quinteto/septeto

REAL FILhARMONÍA DE GALICIA

Cincuenta músicos de diferentes nacionalidades achegan cada temporada a súa experiencia, formación, tradición musical, esforzo e ilusión para ofrecer ao público propostas sorprendentes. Coa orquestra colaboran de maneira habitual directores e solistas de recoñecido prestixio nacional e internacional, apostando por figuras consagradas e tamén por novos músicos que brillan no panorama musical. O seu director titular e artístico é o mestre Paul Daniel, Maximino Zumalave é o seu director asociado e Jonathan Webb o principal director convidado. Xestionada polo Consorcio de Santiago, nace en 1996 promovida pola Xunta de Galicia e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia.

vIOLÍNS I James Dahlgren (Concertino)

Adriana Winkler (Axuda de Concertino)

Ildikó Oltai **Kiyoko Ohashi

Ilya FisherIrene García ***

Anna AlexandrovaUxía González ***

Victoria JurovIrene Vilanova ***

Yulia PetrushevskayaMichal Ryczel

Daniel Kordubaylo

vIOLÍNS IIGrigori Nedobora *Nikolay Velikov **

Gyula VadasziIrina GruiaNatalia Cid

Paloma Diago ***Enrique Roca

Juan Gomollón ***Elina ViksneSamira Ajkic

Narazet Canosa (R)

vIOLASTilmann Kircher *

Natalia Madison **Ionela CiobotaruIriana FernándezOxana Bakulina

Ane Aguirre ***Joana De Melo ***

Timur SadykovAnne Schlossmacher

vIOLONCELLOSPlamen Velev *

Barbara Switalska **Ailsa Lewin

Agate Amilibia ***Millán Abeledo

Enrique García ***Thomas PielCarlos García

CONTRABAIXOSCarlos Méndez *Alfonso Morán **

Oriol Xicart Amador Del Pozo ***

FRAUTASLaurent Blaiteau *

Luis Soto **Lola Salas ***

ÓBOESChristina Dominik *Avelino Ferreira **

Sara Fernández ***

CLARINETESBeatriz López *

Vicente López **Daniel González ***

FAGOTESJuan Carlos Otero *

Manuel Veiga **Azucena Miras ***

TROMPASAlfredo Varela *

Mario Fuertes ***Jordi Ortega *

Simon Lewis (R)

TROMPETASJavier Simó *

Ramón Llátser **Borja Suárez ***

TROMBÓNSDaniel Ruibal (R)

Iago Ríos (R)Marcos Dorado (R)

TIMBALJosé Vicente Faus *

PERCUSIÓNJavier Ángel Gómez (R)

Marta Prado (R)Álvaro Jurado ***

* principal | ** coprincipal | *** EAEM (Curso Avanzado de Especialización Orquestral) | (R) reforzo

Page 4: TEMPORADA 2016/2017 REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería. Grava e actúa en moi diversos formatos musicais: piano solo, quinteto/septeto

Paul Daniel Director

É o director titular e artístico da RFG dende 2013 e tamén se encarga da dirección musical da Orquestra Nacional de Burdeos. Entre 2009 e 2013 foi o principal director e conselleiro artístico da West Australian Symphony Orchestra de Perth e foi director musical da English National Opera e da Ópera de North, ademais de principal director da Opera Factory. Foi director invitado das máis destacadas orquestras e compañías de ópera por todo o mundo. Dirixiu no Royal Opera House Covent Garden, en La Monnaie en Bruxelas, na Ópera Estatal de Baviera en Múnic ou no Metropolitan Opera de Nova York.Recentes e futuros compromisos operísticos inclúen Lucrecia Borgia e As vodas de Fígaro coa English National Opera, Gloriana no Covent Garden, Lulu en La Monnaie, un dobre cartel con L’Enfant et les Sortilleges e Der Zwerg coa Ópera Nacional de París; Os troianos coa Ópera de Berlín; ou A Village Romeo and Juliet coa Ópera de Frankfurt. Ademais dos seus concertos coa West Australian Symphony Orchestra e a Real Filharmonía de Galicia, dirixirá a Filharmónica da BBC, Orquestra Nacional de Burdeos, Royal Philharmonic, Sinfónica de Hamburgo, Orquestra da Radio de Múnic, Tapiola Sinfonietta, Australian National Academy of Music, National Youth Orchestra e participará no Festival de Bregenz (Austria).Entre as súas numerosas gravacións destaca o éxito alcanzado polo CD coa Sinfonía núm. 3 de Elgar e o DVD da gravación de Lulu en La Monnaie coa soprano Barbara Hannigan. Coa Orquestra Nacional de Burdeos gravou obras de Wagner, Mahler e Chaikovski. En 1998 recibiu un Premio Olivier pola súa dedicación á ópera e nos New Year’s Honours de 2000 foi condecorado coa Cruz do Imperio Británico.

Abe Rábade Piano

Nace en Santiago de Compostela en 1977. Comeza a estudar música con catro anos no Conservatorio Histórico de Santiago. Continúa a súa formación no centro de jazz “Estudio Escola de Música”, tamén en Compostela. En 1995 trasládase aos Estados Unidos, onde obtén unha licenciatura cum laude en Jazz Composition e Piano Performance por Berklee College of Music (Boston) en 1999.Os seus profesores de piano máis influentes son Joanne Brackeen, Paul Schmelling, Suso Atanes, Dave Frank e Kenny Barron. Os seus mestres de composición máis destacados: Greg Hopkins, Jeff Friedman, Ken Pullig e Antón García Abril. Pianista, batería, compositor e docente, dirixe o seu trío de jazz acústico dende 1996, formado na actualidade por Pablo Martín Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería. Grava e actúa en moi diversos formatos musicais: piano solo, quinteto/septeto de jazz, bigband, woodwind band ou orquestra sinfónica. Ten ofrecido concertos nos Estados Unidos, México, Brasil, Cuba, Costa Rica, Guatemala, El

Page 5: TEMPORADA 2016/2017 REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería. Grava e actúa en moi diversos formatos musicais: piano solo, quinteto/septeto

Salvador, Chile, China, Francia, Finlandia, Alemaña, Suíza, Reino Unido, Portugal e Marrocos.Ten editados once álbums como líder e recibido numerosos premios, entre eles o Tete Montoliú ao Pianista Revelación en España, concedido pola SGAE en 2001, e varios do Berklee College of Music. No ámbito docente, dende o ano 2000 é Director Artístico do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra xunto a Paco Charlín; e dende 2009 forma parte do corpo docente da Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo en Porto, onde imparte Piano e Composición.

Naroa Intxausti Soprano

Nacida en Bilbao, comezou a súa formación musical aos seis anos. Estudou piano e canto na Academia de Música “Juan Crisóstomo de Arriaga” en Bilbao e completou os seus estudos de canto con Inmaculada Martínez. Recibiu clases maxistrais de Teresa Berganza, Ana Luisa Chova, Isabel Rey, Enedina Lloris, Ana Mª Sánchez, Alejandro Zabala, Giancarlo del Mónaco e Emilio Sagi.Ten actuado en moitos concertos en España e recibido numerosos premios. No eido operístico debutou interpretando a Bastiana en Bastián e Bastiana. Algúns dos seus últimos traballos inclúen o seu papel como Susanna en Bilbao, Exultate Jubilate en Lekeitio, Adina en O elixir de amor no Festival de Schloss Rheinsberg (Berlín), a cantata Jauchzet Gott in allen Landen de Bach en Berlín, un recital sobre Schubert en Balmaseda, a Sinfonía nº 9 de Beethoven en Basauri, As vodas de Fígaro no Teatro Liceu de Barcelona, como Frasquita en Palma de Mallorca, como Susanna e Musette en Giessen, así como David Penitente e A paixón segundo san Mateo en Berlín. En Giessen interpretou a Galatea en Acis e Galatea, Poppea en Agripina, e a Ilia e Hortensia en Mirandolina.Recentemente interpretou a Linda di Chamnounix, a Imelda en A batalla de Legnano, a Marie en Kehraus um St. Stefan. Participou nunha produción de Telemann e Haendel en Giessen, onde ademais interpretou a Servilia en A clemencia de Tito e participou en Na pousada do cabaliño branco e en Dame Blanche.

Marta Infante Contralto

Nace en Lleida, cidade onde realiza estudos de piano, viola e canto; e na República Checa cursa estudos superiores de canto. No eido sinfónico ten cantado coa Orquesta Nacional de España, Orquestra Simfònica de Barcelona i Nacional de Catalunya, Orquesta de la Comunidad de Madrid, Filarmónica de Málaga, Sinfónica de Madrid, Sinfónica de Galicia, Sinfónica Región de Murcia, Orquestra Gulbenkian de Lisboa e Nacional de El Salvador, entre outras. Ademais, mantén unha importante actividade liederística.

Page 6: TEMPORADA 2016/2017 REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería. Grava e actúa en moi diversos formatos musicais: piano solo, quinteto/septeto

No ámbito da música antiga ten cantado en numerosos festivais europeos como a Bienale de Venecia, The Bijloke (Bélxica), Festival Baroque de Sablé (Francia), Janackuv Maj (República Checa), Oslo International Church Music Festival (Noruega), Concentus Moravie e Primavera de Praga (República Checa), Festival International de Musiques Sacrées de Fribourg (Suíza), Festival de Torroella de Montgrí, Música Antiga de Barcelona, Via Stellae, Festival de Música de Sevilla… Así mesmo, cantou nas principais cidades de Xapón, Exipto, Siria, Xordania, Líbano, Cuba, Brasil, El Salvador, Arxentina, Chile ou Uruguai.Ten sido dirixida polos directores máis importantes do panorama actual como Vaclav Luks, Enrico Onoffri, Giovanni Antonini, Federico Maria Sardelli, Paul Goodwin, Ottavio Dantone, Richard Egarr ou Rinaldo Alesandrini.

Enrique Ferrer Tenor

Nacido en Madrid, comeza os seus estudos musicais no Conservatorio Superior de Música da mesma cidade. Nos Estados Unidos especialízase na Academy of Vocal Arts en Philadelphia, baixo a tutela de Bill Schuman e Christopher Macatsoris. Ten sido premiado en distintos concursos de canto nacionais e internacionais como o de Logroño, Jaume Aragall en Barcelona, Ernesto Lecuona en La Habana ou o Luciano Pavarotti en Philadelphia.Dende unha idade temperá é un cantante asiduo nos principais teatros e auditorios españois, onde desenvolve un repertorio notable tanto de zarzuela como de ópera. No eido internacional ten cantado o repertorio lírico-spinto na Ópera de Roma, Teatro Carlo Felice de Xénova, Teatro Rossini de Pésaro, Fenice de Venecia, Ópera de Montecarlo; nas óperas de Ankara, Izmir e Estambul; Teatro Châtelet de París; nas óperas de Montpellier, Estrasburgo, Lyon, Rouen, Versalles e Massy en Francia; Ópera de Colonia en Alemaña, Teatro Musical de San Petersburgo, Kennedy Center de Washington e no Teatro Argentino de la Plata, entre outros. Tamén realizou concertos no Carnegie Hall de Nova York e na Sala Chaikovski de Moscú.Recentemente interpretou Carmen, produción do Covent Garden de Londres, na Ópera de Guanzhou en China; e Tosca no Teatro Carlo Felice de Xénova. Os seus próximos compromisos levarano á Ópera Nacional de Lituania interpretando o rol de Don Carlos na ópera homónima de Verdi. Así mesmo, volverá a asumir os papeis de Des Grieux (Manon Lescaut) e Don José (Carmen), ademais dos seus debuts como Dick Johnson (La fanciulla del West) e Manrico (Il Trovatore).

Isaac Galán Baixo

Nacido en Zaragoza, estudou na Escuela Superior de Música Reina Sofía con Teresa Berganza, Tom Krause e Manuel Cid; e rematou na Opera Studio de Zúric.

Page 7: TEMPORADA 2016/2017 REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería. Grava e actúa en moi diversos formatos musicais: piano solo, quinteto/septeto

Como solista ten traballado con directores como Jesús López Cobos, Ottavio Dantone, Sir Andrew Davis, Plácido Domingo, Pablo Heras-Casado, Lorin Maazel, Zubin Mehta, Riccardo Muti ou Alberto Zedda; e en producións de David Alden, Vicent Boussard, Giancarlo del Mónaco, Damiano Michieletto, Laurent Pelly, Emilio Sagi ou Krzysztof Warlikowski.Entre os roles máis importantes que ten cantado atópanse os de Fígaro (O barbeiro de Sevilla), Conte (As vodas de Fígaro), Lescaut (Manon), Papageno (A frauta máxica), Malatesta (Don Pascual), Belcore (O elixir de amor), Schaunard (A bohemia), Silvio (Pallasos), Manuel (La vida breve), Lubino (Una cosa rara) e Kilian (O cazador furtivo); interpretados en varios teatros nacionais como o Teatro Real de Madrid, Gran Teatre del Liceu, Palau de les Arts de Valencia; e no estranxeiro como Pfingstfestspiele Salzburg, Festival di Ravenna, Teatro Manuel Malta, Opéra National de Montpellier, Staatstheater am Gärtnerplatz Munich, Oper Graz ou o Teatro Colón.O seu repertorio sinfónico abrangue dende o Requiem de Mozart, Sinfonía núm 9 de Beethoven e a Misa de Gloria de Puccini ata o Requiem de Fauré. Xunto á Camerata Salzburg realiza unha xira de concertos por Xapón.

Orfeón Terra A Nosa Miro Moreira, Director do coro

Fundado en 1966 polo franciscano Manuel Feijoo e dirixido dende 1984 por Miro Moreira, o compostelán Orfeón Terra A Nosa está dotado dun coro sinfónico en cuxo seo se conforma o coro de cámara, conxunto coral de carácter máis reducido para a interpretación das obras de vocación camerística. Dedica unha especial atención á recuperación do patrimonio musical das catedrais galegas. Gravou con importantes orquestras e conxuntos de música antiga (Real Filharmonía de Galicia, Sinfónica de Galicia, Capela Compostelana). É dirixido por batutas do talle de Zedda, Colomer, Víctor Pablo Pérez, Paul Daniel, Ros Marbà, Massimo Spadano, William Lacey, Kantorow, Zumalave, Joam Trillo… Realizou xiras e participou en festivais internacionais con grande éxito da crítica nos Estados Unidos, Arxentina, Chile, Uruguai, Colombia, Venezuela, Alemaña, Inglaterra, Italia, Holanda, Bélxica, Portugal, O Vaticano, Polonia e Francia.

Coro de nenos da Escola Municipal de Música de Santiago Olaia Novo e Simona Kantcheva, Directoras do coro

O Coro de nenos da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela que participa neste concerto foi seleccionado expresamente para a estrea da obra Tempos Velados do compositor e pianista Abe Rábade. As idades dos nenos e nenas oscilan entre os 7 e os 14 anos. As voces foron escollidas segundo as esixencias da obra. As profesoras Simona Kantcheva e Olaia Novo son as encargadas da preparación e montaxe das partes vocais da agrupación infantil.

Page 8: TEMPORADA 2016/2017 REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería. Grava e actúa en moi diversos formatos musicais: piano solo, quinteto/septeto

Tempos VeladosPara quen escolle mirar por el, agocha tres dimensións tamén o tempo: xesto, camiño e aroma.O xesto é intuitivo. Escollelo ben e precisalo fai que o inmediato teña xenio (como unha miniatura fugaz que bebe pálpitos).O camiño conta a historia. Conduce os xestos de maneira consciente e lineal (por iso se adoita pensar que é o único tempo que existe).O aroma é un pouso calmo. Envólveo todo en espirais que vaporizan lentamente os nosos desexos máis profundos (e tamén os medos).

Abe Rábade, Compostela, marzo de 2017

A Sinfonía n.º 9 en re menor, op. 125, ‘Coral’ é case tanto un mito como unha obra de arte. As nove sinfonías de Beethoven, compostas entre 1799 e 1823, son un deses fitos impredicibles que culminan coa Novena, a súa obra de máis longa, complexa e de dubitativa xestación. Parece que en 1792 o músico de Bonn pensaba en compoñer unha obra para musicar os versos da ‘Oda á alegría’ de Schiller, escrita en 1785 para ser cantada ou lida nas loxas masónicas e publicado un ano despois no segundo caderno do Rheinischen Thalia. O temor á censura política provocou que o poeta e dramaturgo alemán substituíra a palabra Freiheit (liberdade), inicialmente no título da obra, pola menos comprometida Freude (ledicia). Outros proxectos interrompen a idea orixinal pero cara a 1798-99 escribe música para o verso “Muss ein lieber Vater wohnen”, ao que seguirán en 1804 un borrador —similar á versión definitiva— para “Wer ein holdes Weib errungen” e un terceiro motivo para os dous versos iniciais da oda en 1812, fragmentos musicais que dun xeito ou doutro prefiguran o movemento final da Sinfonía e que aparecen noutras obras como a Cantata para a ascensión ao trono do emperador Leopoldo II, a Fantasía para piano, coro e orquestra (como se se tratase do ensaio xeral da futura sinfonía), os lieder Gegeinliebe ou Mit einem gemalten Band, op. 83 núm. 3 sobre texto de Goethe. En xuño de 1817, Ferdinand Ries, discípulo de Beethoven residente en Londres, infórmao dunha interesante proposta que a Sociedade Filharmónica de Londres pensaba realizar: pasar o seguinte inverno en Inglaterra e compoñer para esa sociedade dúas novas sinfonías para os seus concertos. Beethoven aceptou inmediatamente pero o proxecto non chegou a desenvolverse aínda que asimilou a idea de compoñer dúas sinfonías e para iso recuperou o tema acompañando ás palabras

Page 9: TEMPORADA 2016/2017 REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería. Grava e actúa en moi diversos formatos musicais: piano solo, quinteto/septeto

de Schiller. Así, mentres que parece ter dado coa primeira sección da ‘Oda á Alegría’ sen grandes problemas, a sección central xeroulle enormes dificultades; existen numerosos borradores nos que Beethoven elabora ás veces diferentes opcións de forma sistemática e outras apunta ao azar. O primeiro movemento da sinfonía, Allegro ma non troppo, un poco maestoso, comeza de modo incerto e enigmático, co inquietante trémolo de violíns e violoncellos e as trompas en pianissimo que parecen suxerir un espazo sonoro complexo e axitado controlado pola inseguridade: un certo caos que non toma forma ata a definitiva versión do grandioso primeiro tema. O dramatismo do movemento inicial transfórmase en vitalidade no Scherzo, un impulsivo molto vivace de amplas proporcións, que aparece cun creativo diálogo entre cordas e timbais para iniciar un xogo de contrapunto en todos os atrís. A modo de trío, un dobre presto de sonoridades toscas nas madeiras preludia o estado de xúbilo no que rematará a obra. O Adagio molto e cantabile, en forma de lied tripartito con numerosas variacións, representa para algúns o máis arriscado e sublime apoxeo de todos os movementos lentos de Beethoven; un fondo ambiente contemplativo alterado no final polas trompetas. O Final despega cunha impoñente fanfarra evocando os tres movementos anteriores entre recitativos de violoncellos e contrabaixos e desenvólvese coa primeira intervención do barítono, trazando en palabras de Berlioz un “tratado de alianza entre o coro e a orquestra” para continuar co poema de Schiller e conducir a solistas e coro cara á celebración da alegría, da ansiada paz entre os pobos e, para rematar, desexosos de aclamar a irmandade universal. A Novena Sinfonía foi estreada en 1824 en Viena, grazas ás xestións do príncipe Lichnowsky e un grupo de amigos e admiradores. Beethoven quería que se interpretasen a Misa Solemne e a Novena Sinfonía, pero a autoridade eclesiástica impedía a interpretación de música sacra nos teatros e, tras moitas xestións, pechouse o seguinte programa: Abertura op. 124, Kyrie, Credo e Agnus Dei da Misa e a Sinfonía núm. 9, que dirixiría Beethoven aínda que Schuppanzigh e Umlauf foron os directores reais avisando aos músicos de que non prestaran atención ao compositor ao marcar o compás pois estaba tan xordo que xa no oía ningún son.

Page 10: TEMPORADA 2016/2017 REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería. Grava e actúa en moi diversos formatos musicais: piano solo, quinteto/septeto

Tempos Velados ¿Cantos falan por min? Xesús Rábade Paredes (1949)Amor sen límites Ono No Komachi (825-900)Chegarán suaves choivas Sara Teasdale (1884-1933) Cando vaciles baixo o peso da dor Omar Khayyam (1048-1131)

¿Cantos falan por min? Dicide, ¿cantos? ¿Canto de meu vos conto?

Escribo para os fillos da Terra que han de vir, naturalmente claros, naturalmente firmes, naturalmente dignos de se chamaren dela. Tamén para os que foron, meus fraternos, tripados pola bota de todos os tiranos.

Comezarás de novo anque ás veces os ánimos abalen, -tamén os camaradas. Ti sábelo seguro: non hai pobo sometido por sempre; pobo ningún que para sempre cale.

Xesús Rábade Paredes

Amor sen límites ao buscalo guíame entre o escuro. Ninguén me fará preguntas, de camiño aos soños.

Ono no Komachi

Page 11: TEMPORADA 2016/2017 REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería. Grava e actúa en moi diversos formatos musicais: piano solo, quinteto/septeto

Chegarán suaves choivas e o aroma da terra, e andoriñas dando voltas cos seus febles sons;

E ras nos estanques cantando pola noite, e ameixeiras bravas de tremoso branco.

Os paporrubios vestirán o seu lume emplumado, silbando os seus caprichos sobre unha arameira.

E ninguén saberá da guerra, ninguén se preocupará no fin cando todo teña rematado.

A ninguén lle importaría, nin paxaro nin árbore, que a humanidade finara completamente;

E a Primavera mesma, cando espertara na amencida apenas sabería que nos tiñamos ido.

Sara Teasdale

Cando vaciles baixo o peso da dor, cando esgotes o manantío das bágoas, pensa nas herbas do campo, radiantes despois da choiva coma un espello pulido. Cando te exaspere o esplendor da luz, cando areles que unha noite eterna se abata sobre o mundo, pensa no espertar dun neno.

Omar Khayyam

Page 12: TEMPORADA 2016/2017 REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería. Grava e actúa en moi diversos formatos musicais: piano solo, quinteto/septeto

Ode an die Freude

Oh Freunde, nicht diese Töne!Sondern lasst uns angenehmereanstimmen und freudenvollere!

Freude, schöner Götterfunken,Tochter aus ElysiumWir betreten feuertrunkenHimmlische, dein Heiligtum!Deine Zauber binden wiederWas die Mode streng geteilt;Alle Menschen werden BrüderWo dein sanfter Flügel weilt.

Wem der grosse Wurf gelungenEines Freundes Freund zu sein,Wer ein holdes Weib errungen,Mische seine Jubel ein!Ja, wer auch nur eine SeeleSein nennt auf dem Erdenrund!Und wer’s nie gekonnt, der stehleWeinend sich aus diesem Bund.

Freude trinken alle WesenAus den Brüsten der Natur,Alle Guten, alle BösenFolgen ihrer Rosenspur.Küsse gab sie uns und Reben,Einen Freund, geprüft im Tod;Wollust ward dem Wurm gegeben,Uns der Cherub steht vor Gott!

Froh, wie seine Sonnen fliegenDurch des Himmels prächt’gen Plan,Laufet, Brüder, eure Bahn,Freudig, wie ein Held zum Siegen.

Seid umschlungen, Millionen.Diesen Kuss der ganzen Welt!Brüder! Über’m SternenzeltMuss ein lieber Vater wohnen.Ihr stürtzt nieder, Millionen?Ahnest du den Schöpfer, Welt?Such ihn über’m Sternenzelt!Über Sternen muss er wohnen.

Schiller

Page 13: TEMPORADA 2016/2017 REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería. Grava e actúa en moi diversos formatos musicais: piano solo, quinteto/septeto

Oda á alegría

Oh amigos, deixemos eses tons!Entoemos cantos máis agradables e cheos de alegría!Alegría, fermoso escintileo dos deuses, filla do Elíseo!Ebrios de entusiasmo entramos, deusa celestial, no teu santuario!o teu feitizo une de novo o que a acerba costume separara;todos os homes volven ser irmánsalí onde a túa suave á se pousa.

Aquel a quen a sorte concedeuunha amizade verdadeira. Quen conquistara unhafermosa mulleruna o seu xúbilo ao noso!Aínda aquel que poida chamar súasequera a unha alma sobre a terra.Mais quen nin sequera isto lograra, que se afaste chorando desta irmandade!

Todos beben da alegría no seo da Natureza.Os bos, os malos, seguen o seu camiño de rosas.Deunos bicos, viñoe un amigo fiel ata a morte; Voluptuosidade foille concedida ao vermee ao querubín a contemplación de Deus.

Gozosos como voan os seus solesa través do formidable espazo celeste, correde así, irmáns, polo voso camiñoalegres como o heroe cara á vitoria.

Abrazádevos millóns de criaturas!Que un bico una o mundo enteiro!Irmáns, sobre a bóveda estreladadebe habitar un Pai amoroso.Prostrádesvos, millóns de criaturas?Non presentes, oh mundo, o teu Creador? Búscao máis arriba da bóveda celesteSobre as estrelas debe habitar!

Page 14: TEMPORADA 2016/2017 REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería. Grava e actúa en moi diversos formatos musicais: piano solo, quinteto/septeto
Page 15: TEMPORADA 2016/2017 REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería. Grava e actúa en moi diversos formatos musicais: piano solo, quinteto/septeto
Page 16: TEMPORADA 2016/2017 REAL FILHARMONÍA DE GALICIA · Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería. Grava e actúa en moi diversos formatos musicais: piano solo, quinteto/septeto

PRÓXIMOS CONCERTOS

venres 2 de xuño

18,30 hDescubre unha orquestra para ti, a túa!

REAL FILhARMONÍA DE GALICIA

Paul Daniel, directorNaroa Intxausti, sopranoMarta Infante, contralto

Enrique Ferrer, tenorIsaac Galán, baixo

Orfeón Terra A NosaMiro Moreira, director

L.v. Beethoven, Sinfonía núm. 9 en re menor, op. 125(Fragmentos)

Concerto a favor da visibilización da Asociación Gallega de Heteroplasia Ósea Progresiva

AUDITORIO DE GALICIAAvda. Burgo das Nacións s/n

15705 Santiago de Compostela

DESPAChO DE BILLETES T 981 57 10 26T 981 57 39 79

OFICINAST 981 55 22 90T 981 57 41 52

www.rfgalicia.orgwww.compostelacapitalcultural.gal

RealFilharmoniadeGaliciaCompostelaCapitalCultural

@rfgalicia@CCultura