tempo de lecer ourense

12
Antonio Campos: “Ceniza ten todos os ingredientes necesarios para transmitir verdade” O Concello abre ao público o Centro de Interpretación das Burgas e o bulevar peonil

Upload: tempo-de-lecer-ourense

Post on 10-Mar-2016

227 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Cultura Ourense, Axenda de Actiividades Culturais de Ourense

TRANSCRIPT

Page 1: Tempo de Lecer Ourense

Antonio Campos: “Ceniza ten todos os ingredientes

necesarios para transmitir verdade”

O Concello abre ao público o Centro de Interpretación das

Burgas e o bulevar peonil

Page 2: Tempo de Lecer Ourense

Na Semana(:O Concello abre ao público

o Centro de Interpretación as Burgas e o bulevar peonilSer un novo espazo para a investigación e a divulgación do pat-rimonio arqueolóxico termal da cidade. Este é o obxectivo que perseguen o Centro de Interpretación das Burgas e o bulevar pe-onil, dúas novas obras promovidas dende o Concello de Ourense que este xoves foron abertas ao público nun acto presidido polo alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e o concelleiro de Termal-ismo, Vázquez Barquero. Estes dous espazos dotan ao Casco Vello dunha zona verde de 6.000 metros cadrados e un circuíto exposi-tivo - divulgativo que incorporan os achádegos atopados nas Burgas. O proxecto integral da zona é obra dos arquitectos Manuel Jorreto, Pablo Falcón e os arqueólogos, Celso Rodríguez Cao e José María Eguileta.

Page 5: Tempo de Lecer Ourense

5

Antonio Campos: “Ceniza ten todos os ingredientes necesarios para transmitir verdade”

O Teatro Principal de Ourense acolleu este domingo a representación teatral de Ceniza, unha obra orixinal de José Pascual Abellán que se move entre a comedia e o drama para amosar o reencontro de dúas persoas, pai e fillo, durante o proceso de cremación da nai. A obra parte, xa que logo, dunha situación inicialmente dramática para pasar despois a amosar trazos dunha comedia realista que segundo os seus protagonistas, Antonio Campos e Guillermo Montesinos, “pode emocionar e divertir”.

Page 6: Tempo de Lecer Ourense

Axenda de Actividades Culturaís de Ourense e ProvinciaDo 29 novembro ao 5 de decembro de 2012

6

09:30h. Campus universitario

(Ourense) II Xornadas de Novos Investigadores. De bal-de.

19:00h. Campus universitario (Ourense) Ciclo Pensar o Cine coa proxección da película “La piel que habito”. Filme di-rixido por Pedro Almodóvar no ano 2011. Despois da proxec-ción haberá un coloquio sobre: “Identidade e xéneros: Trans-gresión de límites”, dirixido por María Lameiras. De balde.

19:00h. Vento do Sul (Ou-rense) Conferencia sobre: “Somos o que comemos”. Im-partida por Lorena Fernández, da Escola Vital. De balde.

20:00h. Ateneo (Ourense) Inauguración da exposición fotográfica “Fotos con letra”. Con obras de Víctor Barro. A mostra forma parte das organi-zadas con motivo do Outono Fotográfico. De balde.

20:15h. Teatro Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras) “Si quiero silbar, silbo”, cinema social en O Barco. Unha aposta polo cine social que se fai na Europa do Leste. Premiada en Berlín. 4€

20:15h. Liceo (Ourense) Conferencia sobre: “A mon-taña e o deporte como escola de vida”. Impartida por Ismael Santos, ex-baloncestista pro-fesional, guía de montaña e empresario.Organiza:Foro La Región. De balde.

20:30h. Teatro Principal (Ourense) Teatro coa repre-sentación da obra “Roubo no museo”. Polo grupo de teatro das Aulas de Formación Ab-erta da Universidade de Vigo (campus de Ourense). Con in-vitación (poderá retirarse na taquilla do teatro en horario de 11.00 a 13.30 e unha hora antes do comezo da función). Con invitación.

20:30h. Auditorio Municipal (Ourense) “Ai Carmela!”, a cargo do Teatro do Adro. O Teatro do Adro representa unha dura obra baseada nun texto de José Sanchís Sinistierra. 5€

20:30h. Liceo (Ourense) Encontro coa organista Edite Rocha. Acto organizado po-laAsociación de Amigos do Ór-gano Un Rato no Tubo con mo-tivo das II Xornadas de Órgano Cidade de Ourense. O encontro está destinado só aos membros do colectivo. De balde.

20:30h. Auditorio Municipal (Ourense) Cine documental coa proxección de: “A bicicleta, outra maneira de viaxar”.Re-alizado por Roberto Mateos, o filme amosa unha sinopse de imaxes a través deste medio de transporte.Organiza:Club Al-pino Ourensán con motivo da XIV Semana Audiovisual. De balde.

21:30h. Café Cultural Aurien-se (Ourense) Concerto da banda catalana Txarango.Para presentar o seu novo ál-bum, titulado: “Benvinguts al llarg viatge”. 5€.

Xoves 29 de novembro de 2012

Page 7: Tempo de Lecer Ourense

Do 29 novembro ao 5 de decembro de 2012Axenda de Actividades Culturaís de Ourense e Provincia

22:15h. Casa da Cultura (Verín) Cine coa proxección da pelicula “La infancia de Iván”. Organiza: Cineclube Nosferatu. De balde.

Venres, 30 de novembro de 2012

17:00h. Conservatorio Profe-sional de Música (Ourense) Concerto do Cuarteto Soncello.De balde.

18:00h. Espazo Xove - Casa da xuventude (Ourense) Talleres gratuítos de disciplinas circenses para os máis mozos.Con obradoiros gratuítos de ini-ciación ao malabarismo (pelo-tas, rebote, mazas e diábolo). De balde.

19:30h. Vento do Sul (Ou-rense) Presentación da So-ciedade Antropolóxica Galega (SAGA) Coa presentación do Anuario Fol de Veleno, as mon-ografías producidas pola SAGA e os novos proxectos. Tamén se proxectará: “Sete camiños, encrucillada no tempo”. De balde.

19:40h. Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputa-ción (Ourense) Conferencia sobre: “Orientar, máis ca iso”.Impartida por Ana Isabel Miguélez, presidenta da Aso-ciación Nacional de Orient-ación Laboral, Educativa e Pro-fesional (ASOLEP). De balde.

20:00h. Museo Etnolóxico (Ribadavia) Ciclo de Cine de Outono coa proxección de “El sol en el sol del membrillo” e “Ya viene, aguanta, riégueme, mátame”. Curtametraxes re-

alizadas nos anos 2008 e 2009 por Los Hijos. De balde.

20:00h. Liceo (Ourense) Concerto da Banda de Música Municipal de Ourense.Para interpretar unha selección dos mellores temas do seu rep-ertorio. De balde.

20:00h. Confederación Empre-sarial de Ourense - CEO (Ou-rense) Conferencia sobre “Eu-ropa e as súas encrucilladas”. Impartida por Julio Sequeiros Tizón, catedrático de Estrutura Económica da Universidade da Coruña.Organiza:Fundación Cum Laude. De balde.

20:00h. Teatro Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras) “De Roma con amor”, Woody Allen en O Barco. O cinema de Woody Allen pasado polo tam-iz de Italia. 3€

20:30h. Teatro Principal (Ou-rense) Teatro clásico coa repre-sentación da obra “O sombreiro de tres picos”. Obra baseada nun texto dePedro Antonio de Alarcón, dirixida por Francisco Negro e que sitúa a súa ac-ción a comezos do século XIX, nunha venda próxima á ci-dade de Sevilla.18€ (butaca/platea) 15€ ( 1º andar), 12€ (2ºandar) e 9€ (paraiso/VR) enumeradas

20:00h. Auditorio Municipal (O Carballiño) Cine coa proxección da película “7 días na Habana”. Haberá proxecci-

18:00h. Biblioteca Pública Mu-nicipal (Verín) O “Espanta-llo” contará os seus contos os nenos de Verín.Ademáis de escoitar distintas historias, os máis pequenos farán unha manualidade dun floreiro. Organiza:Concello de Verín. De Balde

Page 8: Tempo de Lecer Ourense

Axenda de Actividades Culturaís de Ourense e ProvinciaDo 29 novembro ao 5 de decembro de 2012

óns ás 20.00 e ás 23.00 horas..Organiza:Cine Clube Carbal-liño. 2,5€ (estudantes, para-dos e xubilados); 5€ (tra-balladores)

20:30h. Auditorio Municipal (Ourense) Unha noite de maxia con Lirolai . Ilusións Máx-icas Lirolai presenta o seu es-pectáculo “15 ilusións pra unha noite”.Organiza:Concellería de Cultura. 5€.

20:30h. Igrexa de Santa Eufe-mia (Ourense) Concerto da organista Edite Rocha.. Acto organizado polaAsociación de Amigos do Órgano Un Rato no Tubo con motivo das II Xorna-das de Órgano Cidade de Ou-rense. De balde.

20:30h. Auditorio Municipal (Ourense) Cine documental coa proxección de: “Ascensión ao Annapurna, a montaña máis temida do Himalaia”. Protag-onizado por Sechu López, o primeiro galego que conseguiu acadar o cumio desta mítica montaña.Organiza:Club Alpino Ourensán con motivo da XIV Semana Audiovisual. De bal-de.

21:30h. Café Cultural Aurien-se (Ourense) Concerto do grupo ourensán de música rock Derroche. Para interpretar os mellores temas do seu reperto-rio. Por determinar

10:00h. Allariz (Ourense) Curso de iniciación á micoloxía.O curso tratará sobre:Micorrización: O cul-tivo dos cogumelos,cunha práctica de inoculación.Organiza:Fundación Ramón González Ferreiro. 15€.

17:00h. Cemiterio de San Fran-cisco (Ourense) IX home-naxe a Eduardo Blanco-Amor .Coas intervencións de Luís González Tosar, Marta Pé-rez e Víctor F. Freixanes.Organiza:Centro PEN de Gali-cia. De balde.

19:30h. Libraria Aira das Le-tras (Allariz) Inaugura-ción dunha exposición fotográ-fica de J. M. Barros. A mostra permanecerá na libraría du-rante todo o mes de decembro.vDe balde.

20:00h. Teatro Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras) “De Roma con amor”, Woody Allen en O Barco. O cinema de Woody Allen pasado polo tam-iz de Italia. 3€

20:30h. Auditorio Municipal (O Carballiño) “O Oeste solitario”, teatro no corazón de O Carballiño. Produccións Te-atrais Excéntricas leva ó esce-nario unha historia de profunda Irlanda, escrita por Martin Mc-Donagh. Organiza:Concello de O Carballiño. Por determi-nar

20:30h. Libraria Aira das Le-tras (Allariz) Present-ación da triloxía Dragal. Coa asistencia da súa autora, a es-critora Elena Gallego Abad. De balde.

21:30h. Café & Pop Tor-gal (Ourense) Concerto da banda Crooked Fingers. Agru-pación liderada polo intérprete e compositor Eric Bachmann. Organiza: Café Pop Torgal con motivo do ciclo de concertos American Autumn. 10€.

23:50h. Cervecería O Fiadeiro (Xinzo de Limia) Concer-to de El Hombre Anodino.Para interpretar os mellores temas do seu repertorio. De balde.

Sabado 01 de decembro de 2012

Page 9: Tempo de Lecer Ourense

Do 29 novembro ao 5 de decembro de 2012Axenda de Actividades Culturaís de Ourense e Provincia

09:30h. O Carballiño (Ou-rense) II Kedada BTT. Organizan:Os Mosqueteiros e C.C. Os Caralloles.

10:00h. Praza Maior (Ou-rense) Mercadillo do 1º do-mingo do mes. Con exposición e venda de todo tipo de produ-tos para o fogar e libros. De balde.

11:45h. Espazo Conciencia (Ourense) Taller de ioga para nenos. Con actividades de xogo, creatividade, movimento e quietude. Por determinar

12:00h. Auditorio Municipal (Ourense) Teatro de moni-creques coa representación da obra “O Neno de area”. Fun-ción para público infantil a cargo do grupo de teatro Moni-creques.Organiza:Concellería de Cultura. 3€.

19:00h. Teatro Principal (Ourense) Concerto da Or-questra de Cámara Solistas de Galicia. Baixo a dirección de Mijail Moriatov, o grupo inter-pretará obras de J. S. Bach e W. A. Mozart. 8€ (butaca de pa-tio e platea); 8€ (palcos 1º piso); 7€ (palcos 2º piso); 5€ (paraíso

Domingo 02 de decembro de 2012

luns 03 de decembro de 2012

20:00h. Teatro Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras) “De Roma con amor”, Woody Allen en O Barco. O cinema de Woody Allen pasado polo tam-iz de Italia. 3€

19:00h. Vento do Sul (Ou-rense) Acto arredor da ex-posición fotográfica “Colombia: Máxico e pausado tinto”. A mostra reúne unha selección de obras de Miguel A. López Rodríguez.Organiza:Fundación Benito Losada con motivo do Outono Fotográfico. De balde.

20:00h. Café Cultural Aurien-se (Ourense) Inauguración da exposición itinerante: “Car-rabouxos non publicados”.Organiza:Agrupación Cultural Auriense con motivo da cel-ebración dos 30 anos do Car-rabouxo. De balde.

20:15h. Teatro Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras) “De Roma con amor”, Woody Allen en O Barco. O cinema de Woody Allen pasado polo tam-iz de Italia. 3€

20:30h. Ateneo (Ourense) Presentación do libro: “Franco, el verdugo de la democracia”.Intervirán no acto a autora, Ángeles Rubianes; Xosé Lois Carrión e o editor, Fernando Luís Pérez Poza. De balde.

Page 10: Tempo de Lecer Ourense

Axenda de Actividades Culturaís de Ourense e ProvinciaDo 29 novembro ao 5 de decembro de 2012

16:00h. O Carballiño (Ourense) Obradoiro de gaita, per-cusión, voz e baile. 10€.

20:00h. Campus universitario (Ourense) Proxección do docu-mental “Poderías ser ela”. Coa intervención da súa directora e produtora, Isabel Salgado. Organiza:Vicerreitoría do campus de Ourense. De balde.

16:30h. Campus universitario (Ourense) II Xornadas de Educación e Violencia de Xéne-ro. Sensibilizando. A cargo do grupo de traballo en igualdade Fiadeiros e a Facultade de Cien-cias da Educación da Universi-dade de Vigo. De balde.

martes, 4 de decembro de 2012

mercores, 5 de decembro de 2012

ás 20.30 e ás 23.00 horas. Organiza:Cineclube Padre Fei-jóo. Por determinar20:00h. Campus universitario (Ourense) Conferencia so-bre: “Os medios e o poder da

actualidade”. Impartida por Manuel Outeiriño, profesor da Facultade de Ciencias da Co-municación da USC.Organiza: Asemblea Aberta Ourense. De balde.

20:00h. Auditorio Municipal (Ourense) Inauguración da exposición fotográfica “Máis alá dunha mirada”. Con obras

deJuan Louro Cambeiro, Emil-io Romanos Castiñeira, Telmo Rocha, Juan Carlos Fernández e Daniel Gallego De balde.

20:30h. Auditorio Municipal (Ourense) Teatro Gali-leo presenta a obra “Desfei-tos”. Unha obra de teatro que transcurre no interior duns ba-ños públicos. 5€

20:30h. Teatro Principal (Ourense) Teatro coa rep-resentación da obra “O home almofada”. Do dramaturgo angloirlandés Martin McDon-agh, a cargo da compañía il-Maquinario Teatro e baixo a dirección de Tito Asorey.Organiza:Concellería de Edu-cación. De balde.

21:30h. Café & Pop Tor-gal (Ourense) Concerto do grupo Little Wings. A banda está liderada por Kyle Field, unha das xoias do novo folk norteamericano.Organiza: Café Pop Torgal con motivo do cic-lo de concertos American Au-tumn. 10€.

20:00h. Liceo (Ourense) Conferencia da escritora María Dueñas Falará sobre: “El making of the Misión Olvido”.Organiza:Asociación de Empresarias e Profesionais da provincia de Ourense (AME). De balde.

18:00h. Cinebox - Centro Co-mercial Ponte Vella (Ou-rense) Cine coa proxección da película “Raf. Facción do exército vermello”. Filme dirix-ido por Uli Ede no ano 2008. Haberá proxeccións ás 18.00,

Page 11: Tempo de Lecer Ourense

Do 29 novembro ao 5 de decembro de 2012Axenda de Actividades Culturaís de Ourense e Provincia

Page 12: Tempo de Lecer Ourense