axenda tempo de lecer ourense

8
www.tempodelecerourense.com 1

Upload: tempo-de-lecer-ourense

Post on 30-Mar-2016

225 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Do 24 ao 30 de maio de 2012

TRANSCRIPT

Page 1: Axenda Tempo de Lecer Ourense

www.tempodelecerourense.com

1

Page 2: Axenda Tempo de Lecer Ourense

www.tempodelecerourense.com

2

Xoves, 24 de maio de 2012.

09.30. Confederación Em-presarial (Ourense). Inaugura-ción das II Xornadas Municipais dos Bancos de Tempo, unha acti-vidade na que participan especia-listas de recoñecido prestixio para dar a coñecer o estado actual dos usos dos tempos e as medidas de conciliación. Organiza: Concelle-ría de Igualdade do Concello de Ourense. De balde.

16.00. Confederación Em-presarial (Ourense). Inaugura-ción do programa formativo para mentores en materia de interna-cionalización, coa intervención de Jesús Albizu, experto en internacio-nalización. De balde.

17.00. Conservatorio de Música (Ourense). XVI Festival de Jazz de Primavera 2012. Clase maxistral impartida polo pianista Carballiñés Abe Rábade e os ta-mén músicos Pablo Martín Cami-nero (contrabaixo) e Bruno Pedroso (batería).

Organiza: Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Ourense con motivo do programa “Todos somos terra e con ela formamos unha única comunidade de vida. De balde.

19.30. Casa da Cultura (Ribadavia). Xornada didático-mu-sical e teatral protagonizada polos alumnos da Escola Municipal das Artes Escénicas de Ourense. Ás 19.30 horas, actuación dos alum-nos da Escola Municipal de Música do Concello de Ourense. Ás 20.30 horas, actuación dos alumnos do grupo de perfeccionamento da Es-cola Municipal de Teatro do Con-cello de Ourense coa representa-ción da obra “Un día de muerte”, unha comedia escrita e dirixida por Esther Movilla. De balde.

20.00. Centro Cultural Deputación (Ourense). Presenta-ción do libro de fotografías “Des-velados” e do documental “Morir de sueños”, dos que é autor o fotó-grafo Clemente Bernard. Organiza: Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH). De balde.

Do 24 ao 30 maio de 2012

18.00. Auditorio Municipal (Ourense). Inauguración da II Ex-posición “Prioridade 1: Pobreza e exclusión”, unha mostra que reúne as mellores imaxes presen-tadas ao II Certame de Fotografía que organiza a Rede Galega de Loita contra a Pobreza. De balde.

18.00. Praza de San Mar-tiño (Ourense). Obradoiro de construción de monicreques. Ás 20.00 horas, espectáculo de monicreques “O Galo Quirico”, pola compañía Viravolta Títeres.

Page 3: Axenda Tempo de Lecer Ourense

www.tempodelecerourense.com

3

17.00. Conservatorio Pro-fesional de Música (Ourense). Concerto de piano protagonizado polos alumnos e alumnas de Puri-ficación Iglesias. De balde.

17.00. Museo Iconográfico de Arte Sacra (Allariz). Progra-ma de xogos e actividades para os máis cativos titulado: “Descobre os segredos dun museo, ven gozar do MIAS de Allariz” co obxectivo de dar a coñecer o centro museístico e os seus fondos. De balde.

18.00. Libraría Sindicato do Cómic (Ourense). Presentación do cómic “Castelao, o pobre tolo”, unha obra editada por Demo Edi-torial e da que son autores Inacio e Iván Suárez. De balde.

Venres, 25 de maio de 2012.

09.30. Confederación Em-presarial (Ourense). Celebración das II Xornadas Municipais dos Bancos de Tempo, unha activida-de na que participan especialistas de recoñecido prestixio para dar a coñecer o estado actual dos usos dos tempos e as medidas de con-ciliación. Organiza: Concellería de Igualdade do Concello de Ouren-se. De balde.

11.00. Expourense (Ourense). Celebración de Galisenior 2012, o VIII Salón Galego das Persoas Maiores. Trátase da única feira des-tas características que se celebra no noroeste peninsular. Horario: De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

20.30. Paraninfo do Institu-to Otero Pedrayo (Ourense). Concerto da agrupación coral Ca-pela Madrigalista de Ourense. Or-ganiza: Concellaría de Cultura. De balde.

20.00. Liceo (Ourense). Acto de entrega do XIV Premio Francisco de Moure ao deán da Catedral, Serafín Marqués, e ao pintor Ma-nuel Vidal polo cadro “La Cena de Emús”, para a capela do Santo Cris-to de Ourense. De balde.

20.30. Cafetería Bonsai (Ourense). Conferencia sobre: “Al-zheimer: Como coidalos e como coidarnos”, impartida por Sira Gago Pérez, psiólogoa de AFAOR. Organiza: Queixumes dos Pinos. De balde.

22.30. Café Latino (Ourense). XVI Festival de Jazz de Primavera 2012. Concerto do pianista car-balliñés Abe Rábade acompañado polos tamén músicos Pablo Martín Caminero (contrabaixo) e Bruno Pedroso (batería). 10€ (S.C.)

23.30. Café Miudiño (Ourense). Concerto do cantautor Tom Trova-dor. De balde.

Page 4: Axenda Tempo de Lecer Ourense

www.tempodelecerourense.com

4

20.00 e 23.00. Auditorio Municipal (O Carballiño). Cine coa proxección da película “Vikin-gland”, dirixida por Xurxo Chirro no ano 2011. 2€ (estudantes, pa-rados e xubilados); 4€ (traballado-res).

20.30. Centro Cultural De-putación (Ourense). III Ciclo de Cine Clásico de Ourense. Proxec-ción da película “Sonrisas e lágri-mas”, dirixida por Robert Wise no ano 1965. De balde.

máis cativos. Ás 22.30 horas cele-brarase o VenRespirar, unha festa tradicional itinerante destinada ao público en xeral. Organizan: Aso-ciacións Gomes Mouro e Algara-bía. De balde.

20.30. Libraría Aira das Le-tras (Allariz). Presentación do li-bro “O sabre do francés”, do que é autor Miguelanxo Fernández. De balde.

20.30. Escola Municipal das Artes Escénicas (Ouren-se). Teatro coa representación da obra “Un día de muerte”, unha co-media escrita e dirixida por Esther Movilla. De balde.

20.30. Teatro Principal (Ourense). Espectáculo de danza “Akelarre Tribal”, organizado por Bayamo Estudio de Baile. Entre 6 e 10€.

20.30. Praza de San Mar-tiño (Ourense). Celebración do VenRespiriño, unha actividade de música e danza tradicional para os

21.30. Café Cultural Au-riense (Ourense). Concerto do gru-po MCarballo Trío para presentar o seu último traballo discográfico, titulado “You Knew It”. 3€.

23.50. Praia Fluvial de Oira (Ourense). Celebración da X Con-centración Internacional de Motos Showbike cos concertos de Mary´s Swing Band e Mitocondrias. 30€ (anticipada) e 35€ (taquilla).

Sábado, 26 de maio de 2012

09.00. Alameda (Allariz). Ce-lebración da XV Andaina Vila de Allariz, cun percorrido de 50 quiló-metros que descorrerán pola prác-tica totalidade dos camiños que cruzan a Reserva da Biosfera “Área de Allariz”. 15€.

10.00. Praia Fluvial de Oira (Ourense). Celebración da X Con-centración Internacional de Motos Showbike. Haberá actividades ao longo de toda a xornada e concer-tos a partir das 24.00 horas, coa actuación dos grupos Dixie Boys e Riff Raff. 30€ (anticipada) e 35€ (taquilla).

Page 5: Axenda Tempo de Lecer Ourense

www.tempodelecerourense.com

5

11.00. Expourense (Ourense). Celebración de Galisenior 2012, o VIII Salón Galego das Persoas Maiores. Trátase da única feira des-tas características que se celebra no noroeste peninsular. Horario: De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

11.00. Seixalbo (Ourense). Ce-lebración da 4ª Noite Irmandiña, unha iniciativa que se vai celebrar ao longo de toda a xornada cun programa de actividades protago-nizado pola música pero no que haberá tamén propostas para os máis cativos. xogos populares e conferencias. Os concertos come-zarán a partir das 23.30 horas, coa actuación dos grupos A Compañía do Ruído, The Teta´s Van e un Dj. De balde.

11.00. Ribadavia (Ourense). Comeza a Xornada de Portas Aber-tas das Rutas dos Viños de Galicia no Ribeiro. Haberá actividades ao longo de toda a xornada. A inicia-tiva desenvolverase de xeito simul-táneo nas cinco denominacións de orixe de Galicia: Valdeorras, Ribei-ra Sacra, O Ribeiro, Monterrei e Rías Baixas. De balde.

17.00. Espazo Xove – Casa da Xuventude (Ourense). Con-certo de cinco grupos ourensáns de música rock: La banda anóni-ma que dominará el mundo, 5º sin ascensor, Tabú, Alter Ego e Iván Caride. De balde.

18.00. Fundación Vicente Risco (Allariz). Celebración dun obradoiro de cacimbo impartido por Aline Frazao. De balde.

19.00. Centro Cultural Deputación (Ourense). Espec-táculo de narración oral e ani-mación con area “O señor das dunas”, baseado na literatura oral galega. Organiza: Secretaría Xeral de Política Lingüística con motivo do programa de dinamización lin-güística “FalaRedes”. De balde.

20.00. Fundación Vicente Risco (Allariz). Presentación do cómic “Castelao, o pobre tolo”, unha obra editada por Demo Edi-torial e da que son autores Inacio e Iván Suárez. Organiza: Libraría Aira das Letras. De balde.

20.00. Sala de Tertulias do Liceo (Ourense). Acto de en-trega do XI Premio de Microrrela-to Carlos Casares, coa actuación musical da Coral do Liceo. De balde.

20.30. Teatro Principal (Ourense). Actuación do Centro Coreográfico Galego para presen-tar o seu último traballo, titulado “Aínda”. Entre 12 e 6€.

Page 6: Axenda Tempo de Lecer Ourense

www.tempodelecerourense.com

6

Luns, 28 de maio de 2012.

12.00. Espazo Xove – Casa da Xuventude (Ourense). Acto inaugural dunha exposición mul-timedia sobre a vida e a obra de Celso Emilio Ferreiro. De balde.

12.00. Auditorio Municipal (Ourense). Espectáculo de danza contemporánea para os máis cati-vos “Río de Luna”, pola compañía Da.Te Danza. 3€.

13.00. Local Social de Queixumes dos Pinos (Ou-rense). Celebración da actividade “Domingos en Festa en Queixu-mes dos Pinos”. Actuación da Escola de Baile Bayamo con es-pectáculos de danza dos seguin-tes estilos: hip-hop, funky e baile moderno. De balde.

14.00. Praia Fluvial de Oira (Ourense). Acto de clausura da X Concentración Internacional de Motos Showbike.

19.00. Teatro Principal (Ou-rense). Concerto da orquestra de cámara Brussels Virtuosi, fundada no ano 1981 polo frautista belga Marc Grauwels. Entre 8 e 6€.

21.00. Fundación Vicente Risco (Allariz). Concerto da in-térprete e compositora angoleña Aline Frazao para presentar o seu primeiro traballo discográfico, ti-tulado “Clave Bantu”. De balde.

21.00. O Couto (Ourense). II Circuíto de Carreiras Populares 2012 “Correndo X Ourense”, coa celebración da Carreira do Couto.

Domingo, 27 de maio de 2012.

11.00. Parque Náutico (Cas-trelo de Miño). Celebración da Fei-ra de Castrelo de Miño dedicada, nesta ocasión, á prevención da saúde. Haberá tamén postos de exposición e venda con todo tipo de produtos e un festival gastronó-mico cuberto para 500 persoas. Organizan: Concello de Castrelo de Miño e Cruz Roxa. Acceso li-bre e gratuíto.

20.00. Conservatorio Pro-fesional de Música (Ourense). Concerto de piano protagonizado polos alumnos do departamento. De balde.

20.00. Café Cultural Au-riense (Ourense). Inauguración da exposición fotográfica de Pallasos en Rebeldía, “Mulleres no Festi-clown Palestina”. De balde.

20.30. Escola Municipal das Artes Escénicas (Ourense). Teatro coa representación da obra “Un día de muerte”, unha comedia escrita e dirixida por Esther Movilla. De balde.

Page 7: Axenda Tempo de Lecer Ourense

www.tempodelecerourense.com

7

19.30. Conservatorio Pro-fesional de Música (Ourense). Concerto de acordeón protagoni-zado polos alumnos e alumnas de Celia Adrián. De balde.

23.30. Café Miudiño (Ourense). Concerto do grupo ourensán The Songspectors. De balde.

Municipal (Ourense). Teatro para escolares coa representación da obra “Bicharada”, pola compañía Berrobambán Teatro.

16.00. Confederación Em-presarial (Ourense). Celebra-ción dun taller práctico dirixido a empresarios e a emprendedores sobre como incrementar as vendas a través de Internet utilizando a ferramenta de Google “Conecta o teu negocio”. De balde.

20.30. Cafetería Sport Century (Ourense). Recital de palabras, música e voz protagoni-zado polo actor Carlos Pérez. Or-ganiza: Queixumes dos Pinos. De balde.

Martes, 29 de maio de 2012.

10.00 e 12.00. Auditorio Municipal (Ourense). Teatro para escolares coa representación da obra “Bicharada”, pola compañía Berrobambán Teatro.

18.00. Conservatorio Pro-fesional de Música (Ourense). Concerto de violín protagonizado polos alumnos e alumnas de Rosa de la Vega, Raquel Carrera e Editha Shulman. De balde.

20.00. Conservatorio Pro-fesional de Música (Ourense). Concerto de vento-metal protago-nizado polos alumnos e alumnas do departamento. De balde.

20.00. Centro Cultural Deputación (Ourense). Inaugu-ración dunha exposición sobre o Parlamento de Galicia titulada “Aqueles primeiros anos (1981-1989)”. De balde.

Mércores, 30 de maio de 2012

10.00 e 12.00. Auditorio

18.00, 20.30 e 23.00. Cine-box (Ourense). Ciclo +Cine de-dicado, neste mes de maio, aos Imperdibles de Maio. Proxección da película “Cirkus Columbia”, dirixida por Danis Tanovic no ano 2010. Organizan: Festival de Cine Internacional de Ourense e Cine-clube Padre Feijóo. 4€ (3€ desem-pregados, estudantes universitarios e maiores de 65 anos).

19.00. Conservatorio Pro-fesional de Música (Ourense). Concerto de clarinete protagoni-zado polos alumnos e alumnas de Santiago Comesaña e Astrid J. Fer-nández. De balde.