tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

32
www.vicensvives.es www.vicensvives.es Cabo FISTERRA 2 Ciencias sociais, xeografía e historia Segundo Curso

Upload: daniel-verea-vazquez

Post on 27-Jun-2015

511 views

Category:

Documents


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

www.vicensvives.eswww.vicensvives.es

Cabo FISTERRA 2Ciencias sociais, xeografía e historia

Segundo Curso

Page 2: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

Índice

Climas y paisajes de España, Europa y la CA

Os grandes reinos peninsulares05

Galicia na Idade Media06

07

A monarquía autoritaria: os Reis Católicos08

O Islam e Al-Andalus01

A Europa feudal02

A cidade medieval03

Formación e expansión dos reinos peninsulares04

Os grandes descubrimentos xeográficos09

O Imperio dos Austria10

O século do Barroco11

Galicia na Idade Moderna12

Os habitantes do planeta13

A poboación de España e de Galicia14

A cidade e o urbano15Renacemento e Reforma

As sociedades humanas16

Page 3: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

Formación e expansión dos reinos peninsulares

1. A orixe dos reinos cantábricos

2. Os primeiros condados e reinos pirenaicos

3. A expansión territorial dos séculos XI e XII

4. A repoboación dos territorios conquistados

5. A Península Ibérica: encontro de culturas

04

6. O Románico na Península Ibérica

Page 4: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

Introdución

• No século VIII, a meirande parte da Península Ibérica fora ocupada por un exército islámico que estableceu un poderoso Estado: Al-Andalus.

• No século VIII fundouse o reino de Asturias por unha poboación insubmisa ao poder islámico.

• Nos Pireneos, os reis carolinxios formaron a Marca Hispánica.

• Entre os séculos VIII e X deuse unha hexemonía de Al-Andalus.

• No século XI iniciouse o declive musulmán e a consolidación dos primeiros reinos cristiáns da Península.

04

Page 5: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

1. A orixe dos reinos cantábricos

1.1. O reino de Asturias

1.2. O reino de León• Os reinos cristiáns occidentais (mapa)

1.3. A independencia do reino de Castela

04

Page 6: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

1.1. O reino de Asturias

• Algúns nobres visigodos fuxidos despois da derrota de Guadalete refuxiáronse na zona montañosa da Cordilleira Cantábrica.

• Un deles, Pelaio, obtivo no ano 722 unha primeira vitoria contra os musulmáns xunto á cova de Covadonga.

• Este feito foi considerado como o inicio da Reconquista.

• Os sucesores de Pelaio, sobre todo Afonso I e Afonso II (séculos VIII-IX), crearon un reino ao redor de Oviedo, que manifestou a súa independencia do Emirato.

04

Page 7: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

1.2. O reino de León

• Na segunda metade do século IX, os reis de Asturias aproveitaron a debilidade dos emires cordobeses e ocuparon os territorios que se estenden ata o río Douro.

• Con esta ocupación, o reino asturiano incrementara as súas posesións e moitos campesiños asentáronse nestas terras.

• Para controlar mellor o territorio e protexer os campesiños, trasladouse a capital a León (854), co cal pasou a denominarse reino de León.

04

Page 8: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

Os reinos cristiáns occidentais04

Page 9: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

1.3. A independencia do reino de Castela

• No século X, Castela pasou a ser gobernada por condes que dependían do rei de León.

• Anos máis tarde, Castela quedou incorporada ao reino de Pamplona, pero o testamento do rei Sancho III de Pamplona dividiu o reino entre os seus fillos (1035).

• Un dos fillos de Sancho III, Fernando I, autoproclamouse rei de Castela.

04

Page 10: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

2. Os primeiros condados e reinos pirenaicos

2.1. A creación da Marca Hispánica

• Os primeiros núcleos cristiáns nos Pireneos (mapa)

2.2. O reino de Pamplona

2.3. O reino de Aragón

2.4. Os condados cataláns

04

Page 11: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

2.1. A creación da Marca Hispánica

• No século VIII, Carlomagno, rei dos francos, realizou varias expedicións en territorio hispánico contra os musulmáns de Al-Andalus.

• Os francos sentiron a necesidade de protexer a fronteira Sur do seu reino fronte ao expansionismo musulmán e crearon unha franxa protectora fortificada ao longo dos Pireneos.

• Esta franxa protectora denominábase Marca Hispánica, e dividírona en condados, gobernados por marqueses e condes, que dependían do monarca carolinxio.

• Logo da morte de Carlomagno, os territorios da Marca Hispánica desvinculáronse do reino franco.

04

Page 12: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

Os primeiros núcleos cristiáns nos Pireneos04

Page 13: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

2.2. O reino de Pamplona

• A comezos do século IX, o conde Íñigo Arista de Pamplona logrou expulsar os gobernadores francos do seu territorio e independizarse.

• Os xefes deste Estado independente tituláronse reis e constituíron cara ao ano 830 o núcleo orixinario do reino de Pamplona, que habería de ser o posterior reino de Navarra.

• A partir do século X, o rei Sancho Garcés I conseguiu vitorias contra os musulmáns e estendeu o seu reino polas actuais provincias de Álava e A Rioxa.

• O reino de Pamplona coñeceu a súa máxima expansión territorial no século XI, baixo o reinado de Sancho III o Maior.

04

Page 14: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

2.3. O reino de Aragón

• No século IX, os condados aragoneses da Marca Hispánica tamén conseguiron independizarse da tutela dos reis francos.

• No século X, o condado de Aragón uniuse temporalmente ao reino de Pamplona.

• Pero coa división do reino pamplonés á morte de Sancho o Maior, un dos seus fillos, Ramiro, uniu os condados de Aragón, Sobrarbe e Ribagorza, e converteuse no primeiro rei de Aragón.

04

Page 15: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

2.4. Os condados cataláns

• O dominio dos reis francos sobre unha parte do actual territorio catalán foi máis duradeiro que o que exerceron sobre Pamplona e Aragón.

• No século IX, o máis extenso dos condados cataláns era o de Barcelona.

• O paso definitivo para a independencia deuse en época de Borrell II, cando este conde se negou a renovarlle o xuramento ao rei franco e converteu os seus dominios en hereditarios (987).

04

Page 16: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

3. A expansión territorial dos séculos XI e XII

3.1. O sistema de parias

3.2. A conquista do val do Texo

3.3. A conquista do val do Ebro

3.4. A chegada dos almorábides• A reconquista nos séculos XI e XII (mapa)

04

Page 17: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

3.1. O sistema de parias

• Despois da descomposición do Califato de Córdoba en taifas, desapareceu a inferioridade militar dos reinos cristiáns fronte ao Estado musulmán.

• Daquela, os reinos cristiáns peninsulares iniciaron, ao longo do século XI, unha forte presión militar sobre as taifas.

• Os reis musulmáns intentaron deter os ataques comprometéndose a entregarlles anualmente unha cantidade de ouro e obxectos preciosos: as parias.

• Cos ingresos das parias, os reinos cristiáns reforzaron o seu poder militar.

04

Page 18: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

3.2. A conquista do val do Texo

• Fernando I (1037-1065), primeiro rei de Castela, uniu o reino de León á súa Coroa, conquistou Coímbra e repoboou os territorios despoboados ao Sur do Douro, ata Ávila.

• Así, Castela-León converteuse nun Estado forte e pasou a dominar a ofensiva contra Al-Andalus.

• O seu fillo, Afonso VI (1072-1119), continuou a expansión e ocupou Toledo (1085). Isto permitiu levar a fronteira do reino castelán-leonés máis alá do Texo.

04

Page 19: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

3.3. A conquista do val do Ebro

• O rei de Aragón, Afonso I o Batallador (1104-1134), conquistou todas as poboacións importantes do reino musulmán de Zaragoza.

• Máis tarde, Afonso II acabou a ocupación de Aragón coa conquista de Caspe e a fundación de Teruel (1171).

• Pola súa banda, o conde de Barcelona Ramón Berenguer IV completou a formación do territorio catalán coas conquistas de Tortosa (1148) e de Lleida (1149).

04

Page 20: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

3.4. A chegada dos almorábides

• O avance dos reis cristiáns atemorizou os monarcas islámicos, que viron que nin co pagamento das parias podían detelos.

• Para defenderse, chamaron no seu auxilio aos guerreros dun imperio islámico do Norte de África: os almorábides.

• Ante os ataques almorábides, os reis cristiáns tiveron que abandonar Valencia, que fora ocupada polo Cid Campeador en 1092.

• No ano 1140, o dominio dos almorábides debilitouse e no ano 1146 chegaron os almohades, que dominarían Al-Andalus.

04

Page 21: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

A reconquista nos séculos XI e XII04

Page 22: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

4. A repoboación dos territorios conquistados

4.1. A ocupación do territorio

04

Page 23: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

4.1. A ocupación do territorio

• Denomínase repoboación a ocupación das terras que se mantiveran deshabitadas ou que os reis cristiáns lles conquistaran aos musulmáns.¿como as reparte? ¿Que é unha carta de poboamento?

• As repoboacións libres. No século IX formáronse comunidades de campesiños libres no val do Douro e no Sur dos condados pirenaicos. Alodios-vila-concello

• A partir do século XI, a necesidade de defender os territorios dos ataques musulmáns fortaleceu os nobres, que posuían castelos amurallados. Moitos campesiños libres puxéronse baixo a protección dun señor.

• As repoboacións concellís. Os reis organizaron a repoboación das cidades fronteirizas. Peligrosas e feitas colectivas

04

Page 24: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

5. A Península Ibérica: encontro de culturas

5.1. A interrelación cultural

5.2. As comunidades xudías• Unha sinagoga (ilustración)

5.3. Mozárabes e mudéxares

04

Page 25: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

5.1. A interrelación cultural

• Nos reinos cristiáns peninsulares conviviron culturas, relixións e pobos diversos: cristiáns, musulmáns e xudeus.

• Como resultado desa convivencia produciuse un influxo dunhas culturas sobre outras e un enriquecemento do patrimonio cultural dos reinos cristiáns.

• Moitas das obras culturais dos autores gregos e latinos chegaron a Europa a través de Al-Andalus, xa que foran traducidas ao árabe.

• Na España cristiá creáronse escolas de tradutores. A máis destacada foi a Escola de Tradutores de Toledo.

04

Page 26: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

5.2. As comunidades xudías

• Nas cidades de Al-Andalus vivían importantes minorías de xudeus. ¿De que viven?

• As comunidades xudías habitaban en barrios separados, chamados alfamas ou xudarías, nos que se atopaba a sinagoga, o seu centro de oración e culto.

• Os xudeus pagábanlle uns impostos especiais á tesouraría real e gozaban de autonomía administrativa e xudicial.

04

Page 27: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

Unha sinagoga04

Page 28: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

5.3. Mozárabes e mudéxares

• Mozárabes. Trátase de cristiáns non convertidos ao Islam, isto é, fieis ao cristianismo. (Propias leis pero pagan impostos)

• Mudéxares. Son os musulmáns que habitaban en territorios gobernados por reis cristiáns.

• Durante a Idade Moderna, os mudéxares foron obrigados a se converter ao cristianismo, e pasaron a denominarse mouriscos.

04

Page 29: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

6. O Románico na Península Ibérica

6.1. A arquitectura

6.2. Escultura e pintura

04

Page 30: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

6.1. A arquitectura

• As dúas influencias europeas máis importantes foron o modelo románico francés e o modelo románico bizantino.

• Edificios románicos importantes nos reinos de León e Castela son as catedrais de Santiago de Compostela, Zamora e Salamanca, etc.

• En Cataluña destacan o mosteiro de Ripoll e as igrexas de San Clemente e Santa María de Tahull.

• En Aragón e Navarra sobresaen a catedral de Xaca, o mosteiro de San Xoán da Peña, etc.

04

Page 31: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

6.2. Escultura e pintura

• A escultura románica amósase esencialmente nas fachadas e chapiteis das igrexas.

• As zonas máis importantes de pintura románica en España son Cataluña e Castela e León.

• En Castela e León a influencia mozárabe e mudéxar amósase na introdución de temas máis profanos con escenas de vida cotiá.

04

Page 32: Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares

Cabo FISTERRA 2

A REPOBOACIÓN DOS TERRITORIOS CONQUISTADOS