tema 3 cuestions campo electrico 12 13

2
CUESTIONS CAMPO ELÉCTRICO. (12/13) 1- Dentro dun campo eléctrico uniforme, debemos realizar un traballo sobre un protón se pretendemos desprazalo: a) Cara a unha superficie equipotencial. b) Cara a unha rexión de maior potencial. c) Cara a unha rexión de menor potencial. d) O campo é uniforme, non se realiza traballo. 2- Unha carga q, cunha masa m, que parte do repouso, alcanza certa velocidade ao desprazarse entre dous puntos onde existe unha diferencia de potencial. Se a diferencia de potencial se fose a metade, como sería a velocidade da partícula. a) Sería tamén a metade. b) Sería o dobre. c) Sería menor. d) Sería maior. 3- Se nunha rexión do espazo o campo eléctrico é nulo, ¿Como será o potencial eléctrico nesa rexión? a) Tamén nulo. b) Sempre positivo. c) Negativo. d) Depende do signo das cargas. 4- A intensidade do campo eléctrico: a) É directamente proporcional ao cadrado da distancia. b) É unha magnitude vectorial sempre positiva. c) Exprésase en N/C ou en V/m. d) Ningunha resposta correcta. 5- No interior dun conductor esférico cargado e en equilibrio electrostático, cúmprese: a) O potencial e o campo aumentan do centro cara á superficie. b) O potencial é nulo e o campo constante. c) O potencial é constante e o campo nulo. d) O potencial e o campo diminúen do centro cara á superficie. 6- Unha carga puntual de 2 μC atópase no centro xeométrico dun cubo de 2 m de aresta, o fluxo eléctrico a través da superficie cubica é: a) É inversamente proporcional ao cadrado da distancia a que se atopa a carga. b) É unha magnitude vectorial positiva, porque a carga é positiva. c) Un valor dependente do medio no que se atopa o cubo e a carga. d) É nulo porque a carga como está no centro, non toca a superficie do cubo. 7- Un electrón cunha determinada velocidade penetra nun campo eléctrico uniforme, tras percorrer unha certa distancia dentro do campo, a súa velocidade anulase, isto indícanos: a) A forza eléctrica é perpendicular ó vector velocidade. b) A forza eléctrica ten a mesma dirección e sentido que ó vector velocidade. c) O campo ten a mesma dirección pero sentido oposto ó vector velocidade. d) O campo ten a mesma dirección e sentido que ó vector velocidade. 8- Dadas dúas carga +q 1 e –q 2 do mesmo valor, onde colocarías una terceira carga +q 3 para que estivera en equilibrio:

Upload: daniel-gv

Post on 09-Mar-2016

226 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: Tema 3 cuestions campo electrico 12 13

CUESTIONS CAMPO ELÉCTRICO. (12/13)

1- Dentro dun campo eléctrico uniforme, debemos realizar un traballo sobre un protón se pretendemos desprazalo:

a) Cara a unha superficie equipotencial.b) Cara a unha rexión de maior potencial.c) Cara a unha rexión de menor potencial.d) O campo é uniforme, non se realiza traballo.

2- Unha carga q, cunha masa m, que parte do repouso, alcanza certa velocidade ao desprazarse entre dous puntos onde existe unha diferencia de potencial. Se a diferencia de potencial se fose a metade, como sería a velocidade da partícula.

a) Sería tamén a metade.b) Sería o dobre.c) Sería menor.d) Sería maior.

3- Se nunha rexión do espazo o campo eléctrico é nulo, ¿Como será o potencial eléctrico nesa rexión?

a) Tamén nulo.b) Sempre positivo.c) Negativo.d) Depende do signo das cargas.

4- A intensidade do campo eléctrico:

a) É directamente proporcional ao cadrado da distancia.b) É unha magnitude vectorial sempre positiva.c) Exprésase en N/C ou en V/m.d) Ningunha resposta correcta.

5- No interior dun conductor esférico cargado e en equilibrio electrostático, cúmprese:

a) O potencial e o campo aumentan do centro cara á superficie.b) O potencial é nulo e o campo constante.c) O potencial é constante e o campo nulo.d) O potencial e o campo diminúen do centro cara á superficie.

6- Unha carga puntual de 2 μC atópase no centro xeométrico dun cubo de 2 m de aresta, o fluxo eléctrico a través da superficie cubica é:

a) É inversamente proporcional ao cadrado da distancia a que se atopa a carga.b) É unha magnitude vectorial positiva, porque a carga é positiva.c) Un valor dependente do medio no que se atopa o cubo e a carga.d) É nulo porque a carga como está no centro, non toca a superficie do cubo.

7- Un electrón cunha determinada velocidade penetra nun campo eléctrico uniforme, tras percorrer unha certa distancia dentro do campo, a súa velocidade anulase, isto indícanos:

a) A forza eléctrica é perpendicular ó vector velocidade.b) A forza eléctrica ten a mesma dirección e sentido que ó vector velocidade.c) O campo ten a mesma dirección pero sentido oposto ó vector velocidade.d) O campo ten a mesma dirección e sentido que ó vector velocidade.

8- Dadas dúas carga +q1 e –q2 do mesmo valor, onde colocarías una terceira carga +q3 para que estivera en equilibrio:

a) Nun punto calquera da recta que une +q1 e –q2, situado entre ambas cargas.b) Nun punto calquera da recta que une +q1 e –q2, situado a esquerda de +q1 , ou a dereita de –q2.c) No punto medio da recta que une +q1 e –q2.d) Pola presencia de +q1 e –q2 non é posible que +q3 alcance o equilibrio.

9- En referencia as liñas do campo eléctrico podemos afirmar:

a) Son perpendiculares as superficies equipotenciales.b) No seu percorrido van de menor a maior potencial.c) Saen das cargas negativas, por iso se lles chama fontes.d) Ocorren interseccións entre elas, se as orixinan cargas de diferente signo.