tema 2: a oficina de farmacia e os servizos … · ies leixa ciclo medio de farmacia e parafarmacia...

17
IES Leixa Ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia Oficina de farmacia Francisco José Teijido López - Catedrático de Procesos Sanitarios Tema 2: A oficina de farmacia e os servizos farmacéuticos :: Páxina 1 de 17 Tema 2: A oficina de farmacia e os servizos farmacéuticos

Upload: vobao

Post on 01-Oct-2018

230 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

IES Leixa Ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia

Oficina de farmacia Francisco José Teijido López - Catedrático de Procesos Sanitarios

Tema 2: A oficina de farmacia e os servizos farmacéuticos :: Páxina 1 de 17

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

Tema 2: A oficina de farmacia e os servizos farmacéuticos 

 

 

IES Leixa Ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia

Oficina de farmacia Francisco José Teijido López - Catedrático de Procesos Sanitarios

Tema 2: A oficina de farmacia e os servizos farmacéuticos :: Páxina 2 de 17

 

Tema 2: A oficina de farmacia e os servizos farmacéuticos 

Resultados de aprendizaxe 

RA1. Xestiona a documentación farmacéutica en relación coa información que deba conter. 

CA1.2. Definíronse as características dos establecementos e dos servizos farmacéuticos no sistema sanitario 

o CA1.2.1. Definíronse as características da farmacia comunitaria e da farmacia hospi‐talaria 

CA1.3. Describíronse as funcións e as competencias de diferentes profesionais da saúde nos servizos e nos establecementos farmacéuticos e parafarmacéuticos 

o CA1.3.1. Describíronse as funcións e as competencias de diferentes profesionais da saúde nas oficinas de farmacia e servizos farmacéuticos 

CA1.5. Clasificáronse os tipos de documentos utilizados, en soporte informático e impreso 

o CA1.5.1. Describíronse os libros obrigatorios nos establecementos farmacéuticos 

RA2. Controla o almacén de produtos farmacéuticos e parafarmacéuticos aplicando as operacións administrativas de control de existencias, e describe esas operacións. 

CA2.6. Establecéronse as zonas para a ordenación e a almacenaxe das existencias de produ‐tos farmacéuticos e parafarmacéuticos.  

o CA2.6.1. Describíronse os espazos que debe ter unha oficina de farmacia. 

 

Obxectivos: 

Definir as características da farmacia comunitaria e da farmacia hospitalaria. 

Describir as funcións e as competencias de diferentes profesionais da saúde nas oficinas de farmacia e servizos farmacéuticos. 

Describíronse os libros obrigatorios nos establecementos farmacéuticos. 

Describir os espazos que debe ter unha oficina de farmacia. 

IES Leixa Ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia

Oficina de farmacia Francisco José Teijido López - Catedrático de Procesos Sanitarios

Tema 2: A oficina de farmacia e os servizos farmacéuticos :: Páxina 3 de 17

 

Concepto e funcións das oficinas de farmacia 

DEFINICIÓN 

A Lei 5/1999, de 21 de maio, de ordenación farmacéutica de Galicia define a oficina de farmacia como: 

Establecemento sanitario privado de interese público, integrado na atención primaria, cunha propiedade e titularidade que pertence a un ou máis farmacéuticos/as. 

Esta definición recolle, en parte, a establecida pola Lei 16/1997, de 25 de abril, de Regulación de Servicios das Oficinas de Farmacia.  

A oficina de farmacia é propiedade dun farmacéutico que só pode ser propietario e titular ou copropietario e cotitular dunha única oficina de farmacia, entendéndose por farmacéutico titular o que obtivo a autorización para a apertura, a instalación e o mantemen‐to da oficina de farmacia, e baixo a responsabilidade de quen se exercen nela as súas funcións e que debe acreditar a propiedade ou os dereitos de natureza real ou persoal que lexitimen a utiliza‐ción do local para a instalación da oficina de farmacia. Este farma‐céutico titular ten a obriga de presenza e actuación profesio‐nal independentemente da colaboración doutras persoas na ofici‐na. 

 

FUNCIÓNS: 

As oficinas de farmacia desenvolven as seguintes funcións básicas (ademais doutras que pode es‐tablecer a administración sanitaria): 

Relacionadas coa adquisición, almacenamento e dispensa ou venda de produtos farma‐céuticos e sanitarios: 

o A adquisición, conservación e custodia de medicamentos e produtos sanitarios 

o A dispensa de medicamentos e produtos sanitarios, de acordo coa prescrición médi‐ca ou veterinaria, ou segundo as orientacións técnico‐farmacéuticas para aqueles con autorización para seren dispensados sen receita 

Relacionadas coa información, seguimento e uso racional dos medicamentos 

o A información sobre medicamentos, que sempre debe ser dada por un farmacéutico, con incidencia en aspectos que favorezan unha mellor utilización 

o A colaboración no seguimento individualizado da terapéutica medicamentosa co fin de avaliar a súa efectividade e os fracasos por incumprimento terapéutico, así como de detectar as reaccións adversas e notificárllelas aos organismos de farmacovixilan‐cia 

o A colaboración no uso racional dos medicamentos e na prevención da súa utilización abusiva, así como na protección e promoción da saúde e da educación sanitaria 

o A participación en estudos de utilización de medicamentos así como en estudos epi‐demiolóxicos 

o A colaboración coas medidas que estableza a autoridade sanitaria tendentes á racio‐nalización do gasto en medicamentos 

Relacionadas coa custodia de receitas 

IES Leixa Ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia

Oficina de farmacia Francisco José Teijido López - Catedrático de Procesos Sanitarios

Tema 2: A oficina de farmacia e os servizos farmacéuticos :: Páxina 4 de 17

o A vixilancia, o control e a custodia das receitas médicas dispensadas, ata a súa cadu‐cidade ou ata a súa facturación a entidades 

Relacionadas coa formulación maxistral 

o A elaboración de fórmulas maxistrais e preparados oficinais de acordo coas normas de correcta elaboración 

Relacionadas con funcións sanitarias 

o A realización de análises clínicas e outras funcións profesionais ou sanitarias que, por estaren recollidas en normas específicas, poida desenvolver o farmacéutico de acor‐do coa súa titulación e especialidade 

Relacionadas coa saúde pública e a docencia 

o A colaboración en programas de saúde pública e drogodependencias, establecidos pola autoridade sanitaria 

o A cooperación na docencia para a obtención do título de licenciado en farmacia de acordo coas universidades e coa normativa estatal ao respecto 

 

SERVIZOS QUE PRESTAN AS OFICINAS DE FARMACIA 

Debemos ter en conta que unha oficina de farmacia tamén cubre outro tipo de demanda dos usua‐rios/as, e así a oficina pode subministrar, ademais de medicamentos, efectos e accesorios: 

Plantas medicinais. 

Produtos homeopáticos. 

Produtos de uso veterinario. 

Produtos de cosmética e dermofarmacia. 

Produtos de nutrición e dietética. 

Óptica. 

Ortopedia. 

 

Actividade 2.1: Mapa conceptual sobre as funcións das oficinas de farmacia 

Para reforzar os coñecementos sobre as funcións das oficinas de farmacia, elabora un mapa con‐ceptual que as relacione. 

Que é un mapa conceptual?. 

Analiza as funcións que desenvolven as oficinas de farmacia e determina cales están rela‐cionadas entre sí para poder elaborar o mapa conceptual. 

Podes crear o teu mapa con varias ferramentas online. Recomendámosche Bubbl.us.  

Ordenación farmacéutica 

ORDENACIÓN FARMACÉUTICA DE GALICIA 

Como se dixo na definición, unha oficina de farmacia é un establecemento sanitario de interese pú‐blico que debe garantir a axeitada atención farmacéutica á poboación. Por esta razón a ordenación farmacéutica está sometida a regulación das correspondentes Administracións tendo en conta: 

A planificación xeral das oficinas de farmacia, en orde a garantir a citada atención farma‐céutica. 

IES Leixa Ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia

Oficina de farmacia Francisco José Teijido López - Catedrático de Procesos Sanitarios

Tema 2: A oficina de farmacia e os servizos farmacéuticos :: Páxina 5 de 17

As esixencias mínimas materiais, técnicas e de medios suficientes para asegurar la presta‐ción dunha correcta asistencia sanitaria. 

As oficinas de farmacia están obrigadas a dispensar os medicamentos que se lles demanden tanto polos particulares como polos usuarios/as do Sistema Nacional de Saúde. 

A presenza e actuación profesional do farmacéutico/a. 

A partir dun determinado volume de actividade profesional, debe establecerse a necesidade de farmacéuticos adicionais, ademais do titular e substituto no seu caso. 

Nas parroquias ou nos núcleos de poboación e lugares onde non poida instalarse unha ofici‐na de farmacia porque non se cumpran os requisitos esixidos pola lei, e se dean circunstan‐cias de afastamento, difícil comunicación coa oficina de farmacia máis próxima, altas con‐centracións de poboación temporal ou cando concorran situacións de emerxencia que o fa‐gan aconsellable, pode autorizarse a apertura dun depósito de medicamentos ou botica anexa. 

No caso da Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei de Ordenación Farmacéutica establece a crea‐ción de tres zonas farmacéuticas que conforman un mapa farmacéutico: 

Zona farmacéutica urbana: municipios con máis de 30.000 habitantes. Nas zonas farmacéu‐ticas urbanas pode establecerse unha oficina de farmacia por cada 2.800 habitantes empa‐droados, agás que se supere esa proporción en 1.500 habitantes, suposto no cal pode esta‐blecerse unha nova oficina de farmacia. 

Zona farmacéutica semiurbana: municipios cun número de habitantes comprendido entre 10.000 e 30.000 e nas que pode establecerse unha oficina de farmacia por cada 2.500 habi‐tantes empadroados, agás que se supere esa proporción en 1.500 habitantes, suposto no cal pode establecerse unha nova oficina de farmacia. 

Zona farmacéutica rural: municipios de poboación con menos de 10.000 habitantes e nas que pode establecerse unha oficina de farmacia por cada 2.000 habitantes empadroados, agás que se supere esa proporción en 1.500 habitantes, suposto no cal pode establecerse unha nova oficina de farmacia. 

 

  

En calquera caso cada municipio debe ter polo menos unha oficina de farmacia e o establecemento dunha oficina de farmacia, sexa por razón de nova instalación ou traslado, non pode facerse a unha distancia inferior a 250 m. doutras oficinas de farmacia ou dun centro público de asistencia sanita‐ria. 

IES Leixa Ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia

Oficina de farmacia Francisco José Teijido López - Catedrático de Procesos Sanitarios

Tema 2: A oficina de farmacia e os servizos farmacéuticos :: Páxina 6 de 17

En canto ás boticas anexas ás que nos referimos anteriormente, deben estar vinculadas á oficina de farmacia máis próxima entre as existentes no mesmo municipio, e en caso de renuncia podería asumila outra oficina de farmacia do mesmo municipio, e en último lugar poderá ser asumida pola oficina de farmacia máis próxima doutro municipio, sempre que esta o acepte. A botica anexa esta‐rá baixo a responsabilidade do farmacéutico titular, que debe asegurar a cobertura da asistencia farmacéutica de acordo coas necesidades para as cales foi establecida a botica anexa, así como da correcta almacenaxe, custodia e conservación dos medicamentos e produtos sanitarios. 

As boticas anexas de urxencia de medicamentos veterinarios poden estar vinculadas a calquera ou‐tro establecemento ou servizo de dispensa de medicamentos veterinarios autorizado. A dispensa de medicamentos nas boticas anexas é realizada por un farmacéutico, coa colaboración, se é o ca‐so, dun técnico ou auxiliar de farmacia. En circunstancias excepcionais, a Consellería de Sanidade pode autorizar que a dita función poida ser realizada por persoal non farmacéutico expresamente autorizado. 

 

Actividade 2.2: Ordenación farmacéutica 

Elabora un gráfico no que se represente claramente a ordenación farmacéutica de Galicia. 

 

REQUISITOS DOS LOCAIS 

Unha oficina de farmacia só se pode abrir se existe unha concesión da Administración (mira máis adiante la sección "Autorización"). 

As oficinas de farmacia deben ter un acceso directo, libre e permanente á vía pública, exento de barreiras arquitectónicas. Os locais e as instalacións deben reunir as condicións hixiénico‐sanitarias precisas para o servizo farmacéutico. 

A superficie útil mínima é de 70 m2 e debe contar coas seguintes zonas: 

De atención ao usuario/a. 

De recepción, revisión e almacenamento de medicamentos e produtos sanitarios. 

De laboratorio para a elaboración de fórmulas maxistrais e preparados oficinais, se está au‐torizada para facelas  . 

De toma de mostras, en caso de realizar análises clínicas. 

De atención individualizada. 

De descanso para as gardas. 

Aseo para uso do persoal da oficina de farmacia. 

Ademais as oficinas de farmacia deben contar cun equipamento informático adecuado para o de‐senvolvemento das súas funcións e con outros medios técnicos e materiais que determine cada comunidade autónoma na súa correspondente normativa. 

 

SERVIZO PÚBLICO 

As oficinas de farmacia funcionan en réxime de liberdade e flexibilidade de horarios e xornadas, pe‐ro a atención farmacéutica prestada polos profesionais farmacéuticos á poboación, coa colabora‐ción do persoal técnico ou auxiliar nas oficinas de farmacia, debe ser continuada. Para iso deben permanecer abertas ao público polo menos durante o horario mínimo que fixe a autoridade sanita‐ria. Fóra do dito horario, a atención farmacéutica debe quedar garantida en réxime de servizo de 

IES Leixa Ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia

Oficina de farmacia Francisco José Teijido López - Catedrático de Procesos Sanitarios

Tema 2: A oficina de farmacia e os servizos farmacéuticos :: Páxina 7 de 17

urxencia, atendida mediante un sistema de quendas (gardas) proposto polo colexio oficial de far‐macéuticos en cada provincia e autorizado pola Consellería de Sanidade. 

O servizo de urxencias debe realizarse, en calquera caso, con presenza física do farmacéutico agás nas seguintes circunstancias:  

1. Cando a distancia entre a oficina de farmacia e o PAC exceda dun período de tempo de 15 minutos, utilizando as vías e medios de transporte habituais, e exista outra oficina de farma‐cia máis próximo na mesma quenda de urxencia que estea prestando o servizo de atención farmacéutica presencial. 

2. Cando a oficina de farmacia estea, polo menos, un terzo dos días do ano en quenda de ur‐xencia, acredite un baixo número de dispensas durante a mesma e se atope nunha zona farmacéutica na que non hai PAC. 

Nestes dous casos pódese autorizar unha quenda de urxencia localizada, é dicir, que o farmacéuti‐co/a non está na farmacia pero garántese que pode ser localizado/a sen dificultades para a correcta atención á poboación que, en todo caso, debe prestarse nun tempo máximo de 15 minutos. 

A información sobre as oficinas de farmacia en servizo de urxencias ou con horario ampliado debe figurar en todas as farmacias establecidas na zona farmacéutica, en lugar visible dende o exterior. 

En canto aos períodos vacacionais das oficinas de farmacia, débense cumprir as seguintes premisas: 

As oficinas de farmacia poden cesar temporalmente as súas actividades durante o período de vacacións sempre e cando queden debidamente cubertas as necesidades de atención farmacéutica durante as vinte e catro horas do día. 

Son os colexios oficiais de farmacéuticos os que lle propoñen á Consellería de Sanidade as quendas de vacacións entre as farmacias interesadas en gozalas. 

En calquera caso, deben permanecer abertas, polo menos, o cincuenta por cento das ofici‐nas de farmacia de cada zona farmacéutica. 

  

Actividade 2.3: Horarios das oficinas de farmacia 

DECRETO 311/2004, do 22 de decembro, polo que se modifica o Decreto 342/1999, do 16 de de‐cembro, sobre horarios, quendas de urxencia e vacacións das oficinas de farmacia. 

Mira o Decreto e fai un cadro cos horarios mínimos de apertura das oficinas de farmacia. 

 

Autorización 

CONCURSO PARA APERTURA DE FARMACIAS 

Segundo o DECRETO 146/2001, de 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, peche e transmisión de oficinas de farmacia, para poder abrir unha oficina de farmacia hai que participar nun concurso público convocado pola Consellería de Sanidade. É dicir, as oficinas de farmacia ábrense por concesión da Administración. 

O procedemento de autorización de novas oficinas de farmacia pode iniciarse: 

Por instancia dun ou máis farmacéuticos/as interesados. 

Por petición dos concellos. 

Por petición dos colexios oficiais de farmacéuticos. 

De oficio pola Consellería de Sanidade. 

IES Leixa Ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia

Oficina de farmacia Francisco José Teijido López - Catedrático de Procesos Sanitarios

Tema 2: A oficina de farmacia e os servizos farmacéuticos :: Páxina 8 de 17

Este concurso convócase no Diario Oficial de Galicia e nel poden participar todos os farmacéuticos/as pre‐sentando unha solicitude e os seus méritos, que serán valorados por un tribunal ao efecto. Neste concurso publícanse os concellos nos que se poderán abrir unha ou máis novas oficinas de farmacia. O tribunal dálle unha puntuación aos participantes dependendo do baremo establecido na convocatoria, de tal forma que son os que obteñan máis puntos os que poderán abrir a oficina de farmacia. 

En ningún caso poden solicitar a autorización dunha nova oficina de farmacia os farmacéuticos que cum‐prisen 65 anos ao inicio do procedemento, nin os titu‐lares dunha oficina de farmacia instalada na mesma zona farmacéutica na que se pretenda abrir a nova (un titular de oficina de farmacia pode solicitar outra oficina nunha zona farmacéutica distinta, pero se a gaña, debe renunciar á primeira). 

 

Obrigas administrativas 

LIBROS ESIXIDOS NAS OFICINAS DE FARMACIA 

Sen ter en conta as obrigas propias de calquera empresa, as oficinas de farmacia teñen a obriga de ter e xestionar os libros e documentos oficiais de dispensa e elaboración de medicamentos. 

Entre os libros oficiais destacamos: 

O libro receitario. Cómpre dicir que na Comunidade Autónoma de Galicia, ao contrario do que sucede noutras comunidades, non se regulou o uso do libro receitario por medios in‐formáticos polo que mantense a obriga de facer as anotacións manuscritas nel. Sen embar‐go moitas oficinas de farmacia o levan de forma electrónica dende a aplicación de xestión que utilizan e que permite facer unha impresión dos rexistros. 

O libro de contabilidade de estupefacientes. Como no caso do libro receitario, o libro de contabilidade de estupefacientes é manual e aínda que se pode levar de forma electrónica, normalmente as oficinas de farmacia, servizos farmacéuticos, almacéns e laboratorios o le‐van de forma manual. 

A Real Farmacopea Española. A última versión da Real Farmacopea é electrónica e as ofici‐nas de farmacia e servizos farmacéuticos deben contar cun acceso á mesma (non é gratuíta). 

O Formulario Nacional. Actualmente tamén existe unha versión online por subscrición. O IES Leixa ten unha versión online. 

 

Persoal 

PERSOAL NAS OFICINAS DE FARMACIA 

Na oficina de farmacia pode haber o seguinte persoal: 

Farmacéuticos/as Farmacéutico/a rexente: É o farmacéutico nomeado nos casos de falece‐mento, incapacidade permanente non parcial, incapacitación xudicial ou declaración xudicial de ausencia do farmacéutico titular. Nestes casos a 

IES Leixa Ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia

Oficina de farmacia Francisco José Teijido López - Catedrático de Procesos Sanitarios

Tema 2: A oficina de farmacia e os servizos farmacéuticos :: Páxina 9 de 17

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais pode autorizar, por un tempo limitado, o nomeamento dun farmacéutico rexente, que asumirá as mes‐mas funcións, responsabilidades e incompatibilidades profesionais que as sinaladas para o titular. O farmacéutico/a rexente só pode actuar un prazo máximo de 5 anos agás no caso de transmisión por falecemento en cuxo caso será de 12 meses, aínda que pode prorrogarse ata cinco anos se se dera o caso de que o cónxuxe ou un fillo/a estivese estudando Farmacia (debería rematar no prazo máximo de cinco anos). 

Farmacéutico/a adxunto: É un empregado da oficina de farmacia e de‐pende do farmacéutico titular. Desenvolve as mesmas funcións que o titu‐lar. 

Farmacéutico/a substituto: É un farmacéutico/a que exerce a súa activi‐dade no sitio do titular ou rexente de forma ocasional cando se dan algu‐nhas destas circunstancias: 

o Maternidade, enfermidade ou accidente. 

o Designación ou elección para o desempeño de asuntos públicos ou de representación profesional. 

o Ausencia por asuntos propios. 

o Cumprimento das obrigas derivadas dun deber inescusable. 

o Realización de estudios relacionados coa actividade profesional. 

o Vacacións. 

o Outras ausencias. 

Persoal técnico  Auxiliar maior diplomado (a extinguir): Que é un auxiliar de Farmacia que está en posesión dun diploma (non está titulado) concedido polo Colexio Oficial de Farmacéuticos e que exerce a organización do traballo do resto do persoal. 

Auxiliar de farmacia (a extinguir): É o auxiliar diplomado (non está titula‐do) polo Colexio Oficial de Farmacéuticos. 

Técnico en farmacia/Técnico en farmacia e parafarmacia: É o que está en posesión do título de Técnico obtido tras cursar as ensinanzas do ciclo medio de Técnico en Farmacia. Tamén se consideran técnicos en Farmacia os que están en posesión do título de formación profesional de primeiro grao de Auxiliar de Farmacia. 

Persoal auxiliar  Auxiliar de farmacia. 

Axudante do auxiliar (a extinguir). 

Aprendiz (con contrato de aprendizaxe, a extinguir). 

Contrato en formación. 

Outro persoal  Administrativos/as. 

Mozos/as. 

Limpadores/as. 

IES Leixa Ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia

Oficina de farmacia Francisco José Teijido López - Catedrático de Procesos Sanitarios

Tema 2: A oficina de farmacia e os servizos farmacéuticos :: Páxina 10 de 17

 

Actividade 2.4: Persoal e funcións nas oficinas de farmacia 

Fai un cadro onde se clasifique o persoal que pode traballar nunha oficina de farmacia e se indi‐quen as súas características e funcións. 

 

Instalacións 

REQUIRIMENTOS ESPACIAIS 

As oficinas de farmacia xeralmente contan con varias zonas ben diferenciadas: 

Zona de dispensa e atención ao público, que comunica directamente co exterior. Nesta zo‐na é onde se produce o acto de dispensa e onde se recibe ao público. Normalmente ten unha aparencia máis comercial colocando nela unha mesa ou mostrador, expositores, in‐formación xeral, etc. 

Zona de rebotica, que é onde se sitúa o almacén de medicamentos, normalmente en andeis ou caixóns ordenados e clasificados, agás os seguintes, que deben almacenarse de forma in‐dependente: 

o As especialidades dos grupos terapéuticos J01 (antibióticos) e R05C1 (antiinfecciosos específicos de vías respiratorias por vía parenteral). 

o As especialidades farmacéuticas de uso oftálmico, que adoitan ordenarse pola súa forma farmacéutica (pomadas ou colirios). 

o As especialidades veterinarias, que deben estar separadas do resto de especialidades de uso humano. 

o As especialidades de conservación en frío. 

o Os estupefacientes, que deben estar baixo chave. 

Na rebotica tamén adoita atoparse a área administrativa que é onde o farmacéutico/a leva a organización interna da farmacia e se fai o tratamento de pedidos e receitas. 

Zona de almacén: Onde se reciben os pedidos previamente a súa colocación e ordenación e se gardan os medicamentos de devolución, caducados ou efectos que polo seu tamaño non poden ordenarse noutro lugar. 

Laboratorio: No que se fan as operacións galénicas (formulación maxistral) e análises clíni‐cas elementais. Hai que ter en conta que en moitas ocasións vanse utilizar nesta zona mate‐riais estériles polo que debe estar libre de contaminación e po e os solos, teitos e paredes deben ser lisos e poder limparse con facilidade con axentes antisépticos, ademais de contar coas adecuadas medidas de protección contra insectos e animais. Para poder efectuar as operacións segundo as normas de correcta elaboración e os protocolos normalizados de traballo, o laboratorio debe ter, polo menos, os seguintes elementos: 

o Unha superficie de traballo suficiente, de material liso e impermeable, fácil de limpar e desinfectar, inerte a colorantes e substancias agresivas. 

o Unha pía con auga fría e quente, de material liso e resistente, provista dun sifón anti‐retorno. 

o Unha zona diferenciada onde colocar os recipientes e utensilios pendentes de limpe‐za. 

IES Leixa Ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia

Oficina de farmacia Francisco José Teijido López - Catedrático de Procesos Sanitarios

Tema 2: A oficina de farmacia e os servizos farmacéuticos :: Páxina 11 de 17

o Un soporte horizontal que evite, dentro do posible, as vibracións, e con espazo sufi‐ciente para as balanzas. Este soporte debe garantir a precisión e eficacia da pesada. 

o Un espazo para redacción e lectura de documentos con toda a documentación regu‐lamentaria, fichas de traballo, PNT, formulario… 

o Mobiliario axeitado para a disposición dos elementos de utilización nas operacións galénicas e análises. 

o Un frigorífico con termómetro exterior. 

Outros espazos: Como vestiario, servizos para o persoal… 

 

Actividade 2.5: Distribución espacial dunha oficina de farmacia 

Fai un plano esquemático dunha oficina de farmacia coa distribución dos seus espazos, indicando as características dos mesmos. 

NOTA: Podes achegarte a túa oficina de farmacia de referencia e un plano da mesma. Neste caso debes indicar os datos da farmacia (nome, dirección) 

 

Servizos farmacéuticos 

SERVIZOS FARMACÉUTICOS 

Un servizo farmacéutico é unha unidade asistencial dun centro sanitario no que, baixo a responsa‐bilidade dun farmacéutico especialista en Farmacia hospitalaria, lévase a cabo a selección, adquisi‐ción, conservación, dispensa, preparación, seguimento e información sobre os medicamentos a uti‐lizar no centro e aqueles que requiren unha especial vixilancia, supervisión e control do equipo mul‐tidisciplinar de saúde. Estes servizos non só atenden ás persoas ingresadas no centro hospitalario senón que tamén fan dispensa extrahospitalaria a pacientes ambulatorios nos casos previstos na normativa (dispensa de medicamentos de uso hospitalario, medicamentos de uso compasivo, me‐dicamentos en fase de investigación,...). 

Como no caso de calquera outro establecemento, estas unidades asistenciais teñen que contar coa debida autorización da comunidade autónoma ou da Administración do Estado. 

  

Guía farmacoterapéutica 

A GFT 

As institucións sanitarias, tanto de atención primaria como hospitalaria, utilizan medicamentos dentro dos seus labores asistenciais. Para iso precisan contar con servizos de farmacia, ou no seu caso depósitos de medicamentos ou boticas, que están baixo a custodia dun farmacéutico titular que, entre outras, ten a obriga de establecer pautas para a selección dos medicamentos que se van a utilizar, e para o uso correcto e eficaz dos medicamentos dispoñibles. Estes datos deben estar re‐collidos dun documento que recebe o nome de guía farmacoterapéutica (GFT) que habitualmente ten a seguinte información: 

IES Leixa Ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia

Oficina de farmacia Francisco José Teijido López - Catedrático de Procesos Sanitarios

Tema 2: A oficina de farmacia e os servizos farmacéuticos :: Páxina 12 de 17

Normas, procedementos e recomendacións internas, relacio‐nadas co uso dos medicamentos (prescrición, dispensa, alma‐cenamento, etc.) 

Descrición dos medicamentos aprobados no servizo clasifica‐dos por grupos terapéuticos e con información sobre cada un deles: principio activo, nome comercial, forma farmacéutica, dose, vías de administración… 

Normas para incorporar novos medicamentos á guía farma‐coterapéutica. 

Polo tanto, os servizos farmacéuticos non traballan sobre a totalida‐de dos medicamentos comercializados no país senón sobre un número limitado de medicamentos seleccionados por unha Comisión de Farmacia e Terapéutica do centro hospitalario e listados na súa GFT. 

 

Actividade 2.6: GFT 

Selección de medicamentos y guía farmacoterapéutica (GPT) 

Mira o documento e responde a estas cuestións: 

Cales son as principais características dunha GFT? 

Que criterios definen unha GFT? 

 

Actividade 2.7: GFT 

Busca unha GFT na web e indica: 

De que hospital ou servizo é. 

Que partes ten e un breve resumo do contido de cada parte. 

 

Servizos farmacéuticos en atención primaria 

OS SERVIZOS FARMACÉUTICOS EN ATENCIÓN PRIMARIA 

Nos centros de saúde existen depósitos de medicamentos que deben estar baixo o control dun farmacéutico que se integra no equipo de atención primaria e desenvolve as funcións que establece a normativa. 

Neste sentido, a Lei de ordenación farmacéutica de Galicia establece que son funcións dos servizos farmacéuticos de atención primaria as seguintes: 

Adquirir, custodiar, conservar e dispensar os medicamentos e elaborar, segundo as normas de correcta elaboración as fórmulas maxistrais e os preparados oficinais que vaian ser apli‐cados nos centros de atención primaria ou os que esixan unha particular supervisión e con‐trol do equipo multidisciplinario. As ditas funcións serán realizadas polo farmacéutico res‐ponsable do servizo ou baixo a súa dirección e responsabilidade, de acordo coa prescrición médica. 

Promover a elaboración, actualización e difusión da guía farmacoterapéutica da súa área e o seguimento da súa aplicación. 

IES Leixa Ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia

Oficina de farmacia Francisco José Teijido López - Catedrático de Procesos Sanitarios

Tema 2: A oficina de farmacia e os servizos farmacéuticos :: Páxina 13 de 17

Colaborar en que a utilización dos recursos dispoñibles para a atención farmacéutica sexa eficiente. 

Asesorar ao persoal sanitario e os órganos de xestión da área en materia de medicamentos e produtos sanitarios, así como naqueloutras actuacións que poidan ser necesarias. 

Realizar a historia farmacoterapéutica dos pacientes do centro. 

Colaborar na avaliación do uso e da efectividade de medicamentos de utilización en patolo‐xías de especial control. 

Colaborar co sistema de farmacovixilancia na detección dos posibles efectos adversos dos medicamentos. 

Colaborar nos programas que se establezan na súa área sobre o uso racional do medica‐mento. 

Participar na implantación, no desenvolvemento e no seguimento de protocolos terapéuti‐cos co fin de conseguir unha farmacoterapia segura e eficiente. 

Realizar traballos de investigación no ámbito do medicamento e dos produtos sanitarios, participar nos ensaios clínicos e conservar e dispensar os fármacos e produtos sanitarios en fase de investigación clínica. 

Pero ademais, os servizos de farmacia de atención primaria teñen outras funcións relacionadas coa información e asesoramento aos profesionais dos equipos de atención primaria en relación ao uso dos medicamentos, e a docencia. 

 

Servizos farmacéuticos hospitalarios 

OS SERVIZOS FARMACÉUTICOS HOSPITALARIOS 

A Lei 12/2011, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas introduce modificacións na ordenación farmacéutica de Galicia, e así establécese que é obrigatorio o establecemento dun servizo de farmacia propio en (sic): 

a. Todos os hospitais que teñan cen ou máis camas. 

b. Os centros de asistencia social que teñan cen camas ou máis en réxime de asistidos. 

c. Os centros psiquiátricos que teñan cen camas ou máis. 

Malia o anterior, a consellaría responsable en materia de prestación farmacéutica pode establecer acordos ou convenios con centros hospitalarios privados, centros de asistencia social e centros psi‐quiátricos, co fin de asegurar unha mellora na xestión da atención farmacéutica, tanto desde o pun‐to de vista da seguridade no manexo de produtos farmacéuticos coma no da racionalización do seu gasto. 

En canto aos recursos humanos, deben ter en conta o seguinte: 

1. Os hospitais con cen ou máis camas e os centros de asistencia social que teñan cen camas ou máis en réxime de asistidos e opten por un servizo de farmacia propio deben constituílo baixo a titularidade e responsabilidade dun farmacéutico especialista en farmacia hospitala‐ria. 

2. Dependendo do volume, das actividades e do tipo de centro, establecerase regulamenta‐riamente o número de farmacéuticos adicionais, de técnicos ou auxiliares en farmacia e de persoal administrativo e subalterno necesarios para desenvolver con normalidade o funcio‐namento do servizo. 

IES Leixa Ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia

Oficina de farmacia Francisco José Teijido López - Catedrático de Procesos Sanitarios

Tema 2: A oficina de farmacia e os servizos farmacéuticos :: Páxina 14 de 17

3. Todos os farmacéuticos que exerzan a súa actividade nos servizos de farmacia hospitalaria deben estar en posesión do título de especialista en farmacia hospitalaria. 

En canto aos depósitos de medicamentos e produtos sanitarios, os centros hospitalarios, os centros de asistencia social que presten asistencia sanitaria específica e os centros psiquiátricos que non conten cun servizo de farmacia e que non estean obrigados a telo disporán dun depósito, que esta‐rá vinculado a un servizo de farmacia da área sanitaria e baixo a responsabilidade do xefe do servi‐zo, no caso dos hospitais do sector público, e a unha oficina de farmacia establecida na mesma zona farmacéutica ou a un servizo de farmacia, no suposto de que se trate dun hospital do sector priva‐do. 

O farmacéutico, coa colaboración do persoal técnico ou auxiliar de farmacia necesario, realizará as funcións seguintes: 

a. Garantir a correcta conservación, custodia e dispensa de medicamentos e produtos sanita‐rios para a súa aplicación dentro do centro. 

b. Asegurar un sistema eficaz e seguro de dispensa de medicamentos e produtos sanitarios no centro, coa implantación de medidas que contribúan a garantir a súa correcta administra‐ción. 

c. Establecer as normas de acceso ao depósito para o persoal previamente autorizado. 

d. Informar o persoal sanitario do centro e os propios pacientes en materia de medicamentos, así como realizar estudos de utilización de medicamentos. 

e. Colaborar coa Comisión de Farmacia e Terapéutica e cos comités éticos de investigación clí‐nica, así como con outras comisións do centro hospitalario de referencia nas que os seus coñecementos poidan ser útiles. 

f. Garantir as existencias necesarias para que a dispensa de medicamentos quede cuberta as vinte e catro horas do día». 

Nos centros hospitalarios a xestión de farmacia é máis complexa porque existen medicamentos dis‐tribuídos por moitos servizos. Cada unha das plantas de hospitalización, quirófanos, consultas… de‐be contar cun depósito de medicamentos e debe garantirse o abastecemento e a correcta informa‐ción sobre o seu uso. Pero ademais, a actividade asistencial aos doentes pode supor a preparación de fórmulas maxistrais ou unidose, polo que a organización da farmacia hospitalaria asume fun‐cións que realizan os laboratorios farmacéuticos, os distribuidores e as oficinas de farmacia. 

En canto ás funcións que desenvolven os servizos farmacéuticos nos centros hospitalarios se esta‐blecen: 

Participar, a través da Comisión de Farmacia e Terapéutica, no proceso multidisciplinario da selección de medicamentos e produtos sanitarios precisos para a correcta atención farma‐céutica, baixo criterios de seguridade, calidade e custo/efectividade, recollidos na guía far‐macoterapéutica de obrigada edición e difusión, que deberá actualizarse periodicamente. 

Asumir a responsabilidade técnica da xestión do servizo, así como a adquisición con criterios de eficiencia, calidade, correcta conservación, control e dispensa dos medicamentos para uso do propio hospital. 

Propoñerlle á dirección do centro as normas internas para a correcta conservación, dispoñi‐bilidade, accesibilidade e reposición dos medicamentos en depósito nas unidades de enfer‐mería. 

Elaborar, de acordo coas normas de correcta fabricación, fórmulas maxistrais e preparados oficinais e a súa posterior dispensa individualizada. 

IES Leixa Ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia

Oficina de farmacia Francisco José Teijido López - Catedrático de Procesos Sanitarios

Tema 2: A oficina de farmacia e os servizos farmacéuticos :: Páxina 15 de 17

Establecer un sistema de dispensa de medicamentos que favoreza a atención farmacéutica individualizada e que permita un seguimento integrado da terapéutica do paciente. 

Solicitarlles ás entidades debidamente autorizadas polo órgano competente a elaboración ou o control daqueles medicamentos necesarios para a atención farmacéutica a pacientes concretos, que non poden ser elaborados polo servizo de farmacia e non están dispoñibles. 

Dispoñer dun sistema de información de medicamentos para o persoal sanitario do centro, así como propiciar a formación adecuada do persoal adscrito ao servizo. 

Colaborar no establecemento dun sistema de seguimento e control do uso individualizado dos medicamentos, co fin de detectar os seus posibles efectos adversos e de notificarllos ao sistema de farmacovixilancia. 

Participar na implantación, no desenvolvemento e no seguimento de protocolos terapéuti‐cos, co fin de conseguir a farmacoterapia máis segura e eficiente e de promover o uso racio‐nal do medicamento no hospital e na súa área de influencia. 

Formar parte das comisións do centro e preceptivamente da de Farmacia e Terapéutica para a selección e avaliación científica dos medicamentos e produtos sanitarios. 

Levar a cabo traballos de investigación no ámbito do medicamento e dos produtos sanita‐rios e participar nos ensaios clínicos, así como na custodia e dispensa dos produtos en fase de investigación clínica. 

Promover a eficiencia na xestión do servizo farmacéutico. 

Colaborar coa atención primaria nos casos que determine a Administración sanitaria. 

Colaborar na formación pre e posgrao dos profesionais sanitarios. 

Realizar actividades de farmacocinética clínica, encamiñadas á individualización posolóxica en función de parámetros farmacocinéticos. 

 

INSTALACIÓNS BÁSICAS DUN SERVIZO DE FARMACIA HOSPITALARIA 

De forma xeral, un SFH debe contar cos espazos que requira para realizar as súas funcións, e como estas están relacionadas con labores asistenciais, docentes, administrativos, de investigación e de asesoramento, debe contar cos espazos adecuados para realizaren estas funcións, e así podemos considerar as seguintes: 

Zonas de almacén. 

Zonas de dispensa. 

Zonas de farmacotecnia. 

Zonas de reunión e/ou investigación. 

Zonas administrativas. 

No seguinte organigrama podemos ver un modelo de estrutura organizativa dun SFH. 

IES Leixa Ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia

Oficina de farmacia Francisco José Teijido López - Catedrático de Procesos Sanitarios

Tema 2: A oficina de farmacia e os servizos farmacéuticos :: Páxina 16 de 17

  

 Algunhas das condicións que se deben cumprir nestas zonas son as seguintes: 

Respecto dos almacéns: 

o A entrada das mercadorías ten que ser independente dos demais accesos ao recinto e debe estar protexida das inclemencias do tempo. 

o Debe haber unha zona de recepción separada da de almacén cunha zona de coren‐tena mentres non se faga a recepción. 

o Debe contar con sistemas de control de temperatura e humidade, ademais de zonas con control térmico para termolábiles. 

o Debe contar con zonas de seguridade para produtos inflamables. Para os gases me‐dicinais, as zonas de almacenamento deben estar independentes do resto. No caso de depósitos para grandes volumes de gas licuado, deben estar no exterior do centro sanitario. 

o Debe contar con zonas específicas para almacenamento de medicamentos para en‐saios clínicos, independente e separado do resto dos medicamentos. 

Respecto das áreas de dispensa: 

o Debe contar con zonas separadas para recepción de peticións, preparación e alma‐cenamento de carros. 

o Debe contar cunha zona independente para dispensa extrahospitalaria. 

IES Leixa Ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia

Oficina de farmacia Francisco José Teijido López - Catedrático de Procesos Sanitarios

Tema 2: A oficina de farmacia e os servizos farmacéuticos :: Páxina 17 de 17

Respecto dos laboratorios (farmacotecnia): 

o Debe dispor de zonas para elaboración de fórmulas, xestión de calidade e almacén do produto acabado, separadas unhas doutras. 

o Debe dispor de zonas estériles para elaboración de parenterais con esta condición, independentes, seladas e con filtros de aire e/ou presión positiva ou semellante. Es‐tas zonas deben ter acceso restrinxido con zonas para mudar o vestiario e indica‐cións claras de acceso. 

o Debe dispor, se fose preciso, dunha zona de elaboración de citostáticos. 

o Debe dispor de material axeitado ás elaboracións que deba realizar. 

o No caso de reenvasado de medicamentos, debe dispor dunha área independente. 

Actividade 2.8: Servizos farmacéuticos 

Elabora unha táboa na que se simplifiquen as funcións das oficinas de farmacia, as dos servizos de farmacia de atención primaria e as dos servizos de farmacia hospitalaria. 

 

Depósitos de medicamentos e produtos sanitarios 

DEPÓSITOS DE MEDICAMENTOS 

Como dixemos, os centros hospitalarios, os centros de asistencia social que presten asistencia sani‐taria específica e os psiquiátricos que non conten cun servizo de farmacia e que non estean obriga‐dos a telo deben dispor dun depósito, que estará vinculado a un servizo de farmacia da área sanita‐ria e baixo a responsabilidade do xefe do servizo, no caso dos hospitais do sector público, e a unha oficina de farmacia establecida na mesma zona farmacéutica ou a un servizo de farmacia, no supos‐to de que se trate dun hospital do sector privado. 

O depósito debe ser atendido por un farmacéutico vinculado ao servizo de farmacia ou, se é o caso, á oficina de farmacia, que coa colaboración do persoal técnico ou auxiliar de farmacia necesario re‐alizará as funcións seguintes: 

Garantir a correcta conservación, custodia e dispensa de medicamentos e produtos sanita‐rios para a súa aplicación dentro do centro. 

Asegurar un sistema eficaz e seguro de dispensa de medicamentos e produtos sanitarios no centro, coa implantación de medidas que contribúan a garantir a súa correcta administra‐ción. 

Establecer as normas de acceso ó depósito para o persoal previamente autorizado. 

Informar ao persoal sanitario do centro e aos propios pacientes en materia de medicamen‐tos, así como realizar estudos de utilización de medicamentos. 

Colaborar coa Comisión de Farmacia e Terapéutica e cos comités éticos de investigación clí‐nica, así como con outras comisións do centro hospitalario de referencia nas que os seus coñecementos poidan ser útiles. 

Garantir as existencias precisas para que a dispensa quede cuberta as 24 horas do día.