tema 13: o traballo e os servizos

9
O traballo é a actividade que realiza o home para obter produtos. Os servizos son os traballos onde non se obtén ningún produto material. Os servizos poden ser: - Públicos: están xestionados polo concello. Ex: bombeiros, policía, protección civil- Privados: están xestionados por unha persoa ou grupo de persoas cobrando. Ex: hoteis, autobuses, taxis

Upload: tono-canosa

Post on 08-Jul-2015

612 views

Category:

Education


6 download

DESCRIPTION

Tema 13: O traballo e os servizos de Coñecemento do Medio de 3º de Educación Primaria.

TRANSCRIPT

Page 1: Tema 13: O traballo e os servizos

O traballo é a actividade que realiza o home

para obter produtos.

Os servizos son os traballos onde non se

obtén ningún produto material.

Os servizos poden ser:

- Públicos: están xestionados polo concello.

Ex: bombeiros, policía, protección civil…

- Privados: están xestionados por unha

persoa ou grupo de persoas cobrando. Ex:

hoteis, autobuses, taxis …

Page 2: Tema 13: O traballo e os servizos

Tipos de servizos (segundo a actividade)

1. Servizos educativos:

A educación é un servizo educativo que se ofrece

nos colexios, institutos e universidade.

2. Servizos sanitarios:

O coidado da saúde é un servizo sanitario, que

se ofrece en centros de saúde, clínicas e

hospitais.

3. Servizos de transporte:

O traslado de persoas ou mercadorías é un

servizo de transporte, que se realiza con

autobuses, taxis, metro, camións, avións e

barcos.

Page 3: Tema 13: O traballo e os servizos

Tipos de servizos (segundo a actividade)

4. Servizos de comunicación:

O intercambio de información é un servizo de

comunicación. Realízase nas televisións,

periódicos e na internet.

5. Servizos turísticos:

Atender ás persoas que se desprazan a outro

sitio para coñecelo, descansar ou divertirse son

os servizos turísticos. Estes servizos danse en

hoteis, cámpings , restaurantes …

6. Servizos culturais:

As actividades relacionadas coa música, as artes

ou a literatura son servizos culturais. Ofrécese

en museos ,cines e teatros.

Page 4: Tema 13: O traballo e os servizos

Tipos de servizos (segundo a actividade)

7. Servizos de ocio:

As actividades de diversión, deportivas e de

tempo libre son actividades de ocio. Ofrécense

en parques temáticos, polideportivos ou pistas

deportivas.

8. Servizos empresariais:

Os traballos en empresas privadas: arquitectos,

fontaneiros, avogados …

9. Servizos financeiros:

As actividades relacionadas cos cartos.

Ofrécense en bancos e caixas.

Page 5: Tema 13: O traballo e os servizos

O COMERCIO

O comercio é o traballo relacionado coa compra e venda de produtos ou servizos por cartos.- Produtores: obteñen ou producen asmercadorías.- Consumidores: consumen ou usan asmercadorías.- Comerciantes: poñen en contacto aconsumidores e produtores.

Hai comerciantes por xunto e retallistas.

Page 6: Tema 13: O traballo e os servizos

Tipos de comerciantes

1. Comerciantes por xunto : son comerciantes que compran grandes cantidades de produto que logo lle venden aos retallistas. A este tipo de comercio chámaselle por xunto ou ao por maior.

2. Retallistas: son comerciantes que compran pequenas cantidades aos provedores e logo véndellas aos consumidores. A este tipo de comercio chámaselle polo miúdo ou ao por menor.

Page 7: Tema 13: O traballo e os servizos

As formas de pagamento

O pago dos produtos ou servizos podemosfacelo de dúas maneiras: En metálico: con billetes e moedas. Con tarxetas de crédito. As tarxetas taménserven para sacar diñeiro nos caixeiros.

Hoxe en día tamén se poden facer as compraspor internet; é dicir mediante comercioelectrónico.

Page 8: Tema 13: O traballo e os servizos

Os transportes e as comunicacións

O transporte é o traslado de persoas oumercadorías dun lugar a outro por terra, mar ouaire. Os medios de transporte poden serpúblicos (para todos/as)ou privados (para usodo seu propietario). Os transportes móvensepolas vías de comunicación: terrestres(estradas, autovías, vías do ferrocarril …), aéreas(despegan e aterran nos aeroportos) marítimas

(parten e chegan aos portos)

Page 9: Tema 13: O traballo e os servizos

Os medios de comunicación

Os medios de comunicación serven paraintercambiar información entre as persoas.

Os medios de comunicación poden serindividuais (como o teléfono, a carta, o fax e ocorreo electrónico) e sociais ( coma o xornal, atelevisión, a radio e internet).Os satélites artificiais permiten enviarcomunicacións a distancias moi lonxe.