tecnoloxías aa comunicación

22
Tecnoloxías da Tecnoloxías da comunicación comunicación Tecnoloxía, Tecnoloxía, Xosé M. Rodríguez Xosé M. Rodríguez

Upload: xose-rodriguez

Post on 18-Jul-2015

788 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tecnoloxías aa Comunicación

Tecnoloxías da Tecnoloxías da comunicacióncomunicación

Tecnoloxía,Tecnoloxía, Xosé M. RodríguezXosé M. Rodríguez

Page 2: Tecnoloxías aa Comunicación

Introdución

Emisor ReceptorCanle comunicación

Información

COMUNICACIÓN:

En comunicación chámase sinal á perturbación no medio mediante a cal se transmite a información.

Page 3: Tecnoloxías aa Comunicación

Tipos de sinal

• Sinal analóxica. O sinal é unha perturbación continua do medio. O valor do sinal en dous instantes ten un continuo de valores. Por exemplo a voz humana ou a música.

• Sinal dixital. Transmítese información mediante dous únicos estados “0” e “1”.

Page 4: Tecnoloxías aa Comunicación

0,0

2,0

4,0

6,0

8,0

10,0

12,0

0 0,05 0,1 0,15 0,2

Se quixeras transmitir dixitalmente, con 3 bits, a información analóxica da gráfica do lado poderías facer:• Sabes que tes un valor máximo de 10, e con 3 bits tes 8 combinacións distintas, polo que dividindo o valor máximo entre o número de tramos que podes facer 10/8=1,25, así ao tramo de 0 a 1,25 asígnaslle o valor 000, ao tramo de 1,25 até 2,5 o 001 e sucesivamente (ver táboa azul).• cada certo tempo tomas un valor (no exemplo cada 0,01 s)

10 1118,75 1107,5 101

6,25 1005 011

3,75 0102,5 001

1,25 000

tempo sinal dixital0 011

0,01 1010,02 1010,03 1110,04 1110,05 1110,06 1110,07 1110,08 1010,09 100

Tempo sinal dixital0,1 011

0,11 0010,12 0000,13 0000,14 0000,15 0000,16 0000,17 0000,18 0100,19 0100,2 011

0,0

2,0

4,0

6,0

8,0

10,0

12,0

0 0,05 0,1 0,15 0,2

Asignación aos intervalos

Page 5: Tecnoloxías aa Comunicación

Transmisión con fíos

Cable de pares: empregado en telefonía fixa.

Cable coaxial: emprégase para a antena da TV entre outros usos e antigamente para redes de ordenadores.

Fibra óptica: transmite sinais mediante pulsos luminosos. Non ten interferencias electromagnética e protexe de accesos non autorizados. En Galiza a compañía R ten un cableado por fibra óptica.

Page 6: Tecnoloxías aa Comunicación

Teléfono

Page 7: Tecnoloxías aa Comunicación

Transmisión sen fíosUnha carga eléctrica produce no espazo unha influenza eléctrica e magnética (que depende da distancia á carga), a esa influenza chámaselle Campo Eléctrico e Campo Magnético.

Cargas eléctricas aceleradas producen ondas electromagnéticas, por exemplo as cargas alternantes nunha antena. Estas ondas transmiten enerxía a distancia no baleiro.

O campo eléctrico e o magnético son perpendiculares entre si e perpendiculares á dirección de propagación.

Page 8: Tecnoloxías aa Comunicación

Característica das ondas:

Frecuencia, f: Número de ciclos por segundo (Hz)

Período, T: Duranción dun ciclo (segundos)

T = 1 / f

Lonxitude de onda, λ: Espazo percorrido pola onda nun ciclo completo. As ondas electromagnéticas propáganse á velocidade de luz c≈ 3·108 m/s

c = λ·f = λ·1/T

Page 9: Tecnoloxías aa Comunicación

Espectro electromagnético

Page 10: Tecnoloxías aa Comunicación
Page 11: Tecnoloxías aa Comunicación

Modulación

Modulación en Amplitude (AM)

Modulación en Frecuencia (FM)

Para transmitir determinados sinais analóxicos, en moitos casos a frecuencia

do sinal non é axeitada, polo que se emprega un sinal portador de frecuencia máis axeitada ao que se lle varía algunha propiedade en función do sinal. Dependendo de que propiedade se varíe a modulación pode ser:

Page 12: Tecnoloxías aa Comunicación

Os satélites son unha parte fundamental para as comunicacións, funcionan reflectindo sinais e en moitos casos amplificandoas. A investigación do uso dos satélites para as comunicacións comezou nos anos 50, empregando á Lúa como satélite reflector de sinais de xeito experimental.

Page 13: Tecnoloxías aa Comunicación

Satélites xeoestacionarios

Son satélites que se atopan estacionarios sobre un punto da superficie terrestre: Atópanse a un raio de 36 000 km. Deben estar separados 2º, polo que só pode haber 360/2 =180 satélites. Empréganse para reflectir sinais de radio, televisión, etc..

Os satélites son un elemento moi importante das comunicacións de hoxe en día, funcionan como reflectores e amplificadores do sinal. Uns de moita importancia son os

xeoestacionarios:

Page 14: Tecnoloxías aa Comunicación
Page 15: Tecnoloxías aa Comunicación

Telefonía Móbil A telefonía móbil celular é un sistema de comunicación telefónica que consiste en dividir o espazo en zonas, aproximadamente hexagonais, que se

denominan células. En cada célula empregase unha frecuencia nas transmisións distinta as frecuencias das celas contiguas polo que non se producen interferencias entre elas. En cada célula hai unha antena que funciona como emisor e receptor do sinal de radio para o servizo telefónico. Funcionamento: Unha chamada desde un teléfono móbil é captada pola antena da célula e canalizada entón a outro sistema telefónico (por cabo, por fibra óptica, ondas, etc.), e posteriormente envíase á antena máis próxima do teléfono receptor que lle envía o sinal.

Page 16: Tecnoloxías aa Comunicación

Sistema de telefonía móbil GSM

• O GSM (Global System for Mobile) foi o primeiro sistema de telefonía móbil dixital que se lanzou no mundo. Emprégase en máis de 174 países polo que se poden empregar os móbiles coa mesma tecnoloxía en todos eles. A rede GSM componse dos seguintes elementos:

– MS (Mobil Station) Estación móbil: é o teléfono móbil. Encárgase das comunicacións por radio para conectarse á rede GSM.

– BSS (Base Station System) Sistema de Estación Base: agrupa todos os elementos que realizan as seguintes funcións:

• BTS (Base Transceiver Station). Contén os dispositivos de transmisión e recepción por radio, incluíndo as antenas, que realizan a conexión co teléfono móbil. Cada estación base define unha célula.

• BSC (Base Station Controler). Regula varias BTS, é dicir, varias células. Asigna e configura as canles de radio de cada célula e xestiona os traspasos do teléfono móbil dunha célula a outra. Realiza a comunicación entre o teléfono móbil e a central de conmutación (MS) do sistema de rede.

– NS (Network System) Sistema de Rede: realiza o procesamento das chamadas, as comunicacións con outras redes (como a telefonía fixa), e dispón das bases de datos necesarias para realizar as funcións asociadas ao usuario. Entre outras compoñentes conten o coñecido como MS ou central de conmutación que dirixe as comunicación entre a estación base desde a que se conecta o móbil ate o destino da chamada.

Page 17: Tecnoloxías aa Comunicación

GPS [Global Positioning System]

• É un Sistema Global de Navegación por Satélite (GNSS) que permite determinar unha posición en todo o mundo.

• Ten unha precisión de 1 a 5 metros.• Precisa ter 4 satélites visíbeis para o

posicionador móbil.• Actualmente é operado polo Departamento

de Defensa dos Estados Unidos. • Actualmente a Unión Europea traballa nun

sistema propio de posicionamento máis preciso que se denomina GALILEO, con precisión de 2 cm.

Page 18: Tecnoloxías aa Comunicación

Sistema de posicionamento GALILEO

• Galileo, ao igual que o GPS, permite coñecer as coordenadas nun punto sobre a Terra en tempo real, o que constitúe a base de calquera sistema de navegación.

• Galileo é a iniciativa europea para desenvolver un sistema global de navegación por satélite, de titularidade civil, que proporcione a Europa independencia respecto ao sistema actual de GPS propiedade de Estados Unidos de Norteamérica. O sistema está en fase de desenvolvemento e non entrará en funcionamento até polo menos o 2008 (ha, ha...)

• O sistema está constituído por 30 satélites nunha órbita de 23.600 km de altura, deseño que mellora a súa fiabilidade en latitude extremas (preto dos polos) con respecto ao GPS.

• Ademais de non contar coas restriccións que os estadounidenses inclúen no servizo do GPS:

– non garantía no servizo, – submisión ao departamento de defensa do EUA e,– a carencia de integridade (os usuarios non son avisados de posíbeis cortes discrecionais

non servizo);• ten unha maior precisión podendo chegar a garantir unha precisión da posición

de un par de centímetros e poderase recibir no interior de edificios o que se poderá empregar para automatización de procesos en plantas. Porén os dous sistemas serán complementarios.

Page 19: Tecnoloxías aa Comunicación
Page 20: Tecnoloxías aa Comunicación

InternetInternet: conxunto de todas as redes públicas de ordenadores que empregan o protocolo TCP/IP.

O protocolo TCP ( protocolo de control de transmisión) divide e organiza a información en “paquetes” e o protocolo IP asigna a dirección de destino a cada “paquete”, así lógrase transmitir información por Internet.

O sistema de transmisión chámase conmutación de paquetes.

Vantaxes:● Non se ocupan recursos durante toda a comunicación, xa que se asignan a medida que se precisan.● O tráfico repártese dinamicamente, equilibrando o uso da rede.● Se hai algún fallo nun elemento da rede, os paquetes son enviados por outras rutas.

Inconvenientes:● Non resulta adecuada para transmitir sinais (voz, a música) que son sensibles a temporización.

Page 21: Tecnoloxías aa Comunicación

Tipos de conexión á internet• Que son as liñas RDSI?• A Rede Dixital de Servizos Integrados trátase dunha liña dixital (e, polo tanto,

máis rápida e segura) que emprega dúas canles diferentes, polo que dispón de dúas liñas nunha. Desta maneira é posíbel establecer dúas conexións, unha de voz e unha de datos ao tempo.

• Vantaxes:– Permite empregar o teléfono mentres se está conectado á rede.– Ten unha velocidade de 64 kbps por liña.

• Que son as liñas ADSL?• A Liña Dixital de Abonado Asimétrica divide a liña en tres partes:

– unha para os servizos de telefonía tradicionais – e outras dúas para a transmisión de datos. Ten a particularidade de aproveitar o ancho de banda desde 256 kbps ata 2 Mbps en sentido

internet-ordenador e ata 300 kbps no sentido ordenador-internet.• Vantaxes:

– É rápida.– Permite o emprego simultáneo do teléfono.– A conexión é automática ao prender o ordenador.

• Que é a tecnoloxía WIFI?• Trátase dunha nova tecnoloxía na que existen punto de acceso á internet (á rede)

equipados con sinal de radio sen cabos. Os terminais poden acceder entón á internet sen estar conectados por cable a ningún lado, pero teñen que ter un receptor de sinal de radio.

Page 22: Tecnoloxías aa Comunicación