te doy mis ojos

4
Te doy mis ojos. IES de Melide. Páx. 1 TE DOY MIS OJOS País: España. Ano: 2003. Duración: 106 min. Dirección: Icíar Bollaín. Interpretación: Laia Marull (Pilar), Luis Tosar (Antonio), Can- dela Peña (Ana), Rosa María Sardà (Aurora), Kity Manver (Rosa), Sergi Calleja (Terapeuta), Dave Mooney (John), Nico- lás Fernández Luna (Juan), Elisabet Gelabert (Lola), Chus Gutiérrez (Raquel), Elena Irureta (Carmen). Guión: Icíar Bollaín y Alicia Luna. Producción: Santiago García de Leániz. Música: Alberto Iglesias. Fotografía: Carles Gusi. Montaxe: Ángel Hernández Zoido. Vestiario: Estíbaliz Markiegi. Estrea en España: outubro de 2003. SINOPSE Toledo. Inicios do século XXI. Nunha escura noite de inverno, unha muller nova, Pilar, sae precipitadamente de casa co seu fillo. Está tan agobiada que sae de casa en zapatillas. Vaise porque o seu marido, Antonio, maltrátaa, agrédea, humíllaa. Antonio non tardará en ir a buscala porque, sgundo di, Pilar é o seu sol e «deulle os seus ollos». Ao longo do filme, a directora Icíar Bollaín intentará re- flexionar sobre que é o que provoca que nunha parella haxa unha situación de violencia. Quererá responderse á seguinte pregunta: ¿por que dúas persoas que se queren chegan ao maltrato, á violencia e, en ocasións, ao asasinato? COMENTARIOS DA DIRECTORA, ICÍAR BOLLAÍN. [...] ¿Porqué unha muller aguanta unha media de 10 anos xunto a un home que a machaca? ¿Por que non se vai? ¿Por que non só non se vai senón que ata algunhas aseguran seguir namoradas? As razóns de dependencia económica non explican o feito de que unha de cada 4 mulleres en Europa e Estados Unidos aseguren vivir unha relación de violencia na súa vida. Segundo fomos documentándonos, descubrimos que unha das razóns primordiais era que seguen na esperanza de que o home cambie. Así, o noso personaxe é unha muller que segue espe- rando cada día que entre pola porta o home do que se namorou... ¿Pero, quen é ese home? ¿Por que non existe a penas un perfil do maltratador? ¿E por que estes homes maltratan durante anos a quen din querer con toda a súa alma?. Hai homes violentos fisicamente, hai outros que son violentos tamén psicoloxicamente e probablemente son os que máis dano fan. Hainos verdadeiramente crueis e hainos que son tamén vítimas de se mesmos, que non saben solucionar os seus conflitos se non é mediante a violencia, que necesitan ter á persoa que queren controlada, que teñen moito medo...e ese é o home da nosa película, alguén que ten posibilidades de verse a se mesmo e cambiar. Te doy mis ojos conta a historia de Pilar e Antonio pero tamén dos que os rodean, unha nai que consente, unha irmá que non entende, un fillo que mira e cala, unhas amigas, unha sociedade e unha cidade como Toledo que engade co seu esplendor artístico e o seu peso histórico e relixioso unha dimensión máis a esta historia de amor, de medo, de control e de poder.

Upload: susana-losada

Post on 09-Mar-2016

243 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Unidade didáctica sobre "Te doy mis ojos", de Icíar bollaín. Para alumnos de 2º ciclo de secundaria e BAC

TRANSCRIPT

Page 1: Te doy mis ojos

Te doy mis ojos. IES de Melide. Páx. 1

TE DOY MIS OJOS

País: España.Ano: 2003.Duración: 106 min.Dirección: Icíar Bollaín.Interpretación: Laia Marull (Pilar), Luis Tosar (Antonio), Can-dela Peña (Ana), Rosa María Sardà (Aurora), Kity Manver(Rosa), Sergi Calleja (Terapeuta), Dave Mooney (John), Nico-lás Fernández Luna (Juan), Elisabet Gelabert (Lola), ChusGutiérrez (Raquel), Elena Irureta (Carmen).Guión: Icíar Bollaín y Alicia Luna.Producción: Santiago García de Leániz.Música: Alberto Iglesias.Fotografía: Carles Gusi.Montaxe: Ángel Hernández Zoido.Vestiario: Estíbaliz Markiegi.Estrea en España: outubro de 2003.

SINOPSEToledo. Inicios do século XXI. Nunha escura noite deinverno, unha muller nova, Pilar, sae precipitadamente de casa co seu fillo. Está tanagobiada que sae de casa en zapatillas. Vaise porque o seu marido, Antonio, maltrátaa,agrédea, humíllaa. Antonio non tardará en ir a buscala porque, sgundo di, Pilar é o seusol e «deulle os seus ollos». Ao longo do filme, a directora Icíar Bollaín intentará re-flexionar sobre que é o que provoca que nunha parella haxa unha situación de violencia.Quererá responderse á seguinte pregunta: ¿por que dúas persoas que se queren cheganao maltrato, á violencia e, en ocasións, ao asasinato?

COMENTARIOS DA DIRECTORA, ICÍAR BOLLAÍN.[...] ¿Porqué unha muller aguanta unha media de 10 anos xuntoa un home que a machaca? ¿Por que non se vai? ¿Por que nonsó non se vai senón que ata algunhas aseguran seguirnamoradas? As razóns de dependencia económica non explicano feito de que unha de cada 4 mulleres en Europa e EstadosUnidos aseguren vivir unha relación de violencia na súa vida.Segundo fomos documentándonos, descubrimos que unha dasrazóns primordiais era que seguen na esperanza de que o homecambie. Así, o noso personaxe é unha muller que segue espe-rando cada día que entre pola porta o home do que se namorou...¿Pero, quen é ese home? ¿Por que non existe a penas un perfildo maltratador? ¿E por que estes homes maltratan durante anos a quen din querer contoda a súa alma?.Hai homes violentos fisicamente, hai outros que son violentos tamén psicoloxicamentee probablemente son os que máis dano fan. Hainos verdadeiramente crueis e hainosque son tamén vítimas de se mesmos, que non saben solucionar os seus conflitos senon é mediante a violencia, que necesitan ter á persoa que queren controlada, queteñen moito medo...e ese é o home da nosa película, alguén que ten posibilidades deverse a se mesmo e cambiar.Te doy mis ojos conta a historia de Pilar e Antonio pero tamén dos que os rodean, unhanai que consente, unha irmá que non entende, un fillo que mira e cala, unhas amigas,unha sociedade e unha cidade como Toledo que engade co seu esplendor artístico e oseu peso histórico e relixioso unha dimensión máis a esta historia de amor, de medo, decontrol e de poder.

Page 2: Te doy mis ojos

Te doy mis ojos. IES de Melide. Páx. 2

CUESTIÓNS

1. En dúas ocasións Pilar marcha de casa en zapatillas.Que significa este detalle?

2. Cal é a opinión de Aurora, a nai de Pilar, sobre a vidaen parella das súa fillas? Que pensa sobre a voda civil deAna, a súa outra filla?Chega a dicir: «Yo aguanté porvosotras», analiza a súa decalración e contrasta a súaactitude coa das súas fillas.

3. Que significado ten a escena na que Pilar tira o vestido de noiva dende a terraza?.

4. Estudia o personaxe de Antonio.- Porque reacciona violentamente en distintos momen-tos da película?- Como canaliza as súas frustracións e miseriasprofesionais e diarias?- Por que quere separar a Pilar do seu ámbito familiar eprofesional?- Que sinte el por Pilar?Como é súa relación con ela: dedominio, posesión , ternura...?- Que significa que lle diga a Pilar de xeito afectuoso «ca-nija»?- Antonio personifica un tipo de comportamento ma-chista. Intenta corrixir a súa actitude? Conségueo? Porque cres que fracasa?- Principais diferencias entre Antonio e John, o seu cuña-do. Cal che parece máis masculino?

5. Como explican o seu comportamento violento os homes que están na terapia conAntonio? Pódense corrixir este tipo de comportamentos machistas? Cres que osmaltratadores poden «rehabilitarse» e convivir coas súas parellas sen violencia?

6. Que representan os cadros e a historia da Arte na vida de Pilar?

7. Que sinte Antonio cando, ocultado entre ungrupo de turistas, escoita as explicacións dePilar acerca dun cadro?

8. Por que Pilar volve a ver Antonio ás aga-chadas?

Page 3: Te doy mis ojos

Te doy mis ojos. IES de Melide. Páx. 3

9. Que significa o título da película «Te doy mis ojos»?

10. Despois da última agresión, a escena humillante dobalcón, Pilar presenta unha denuncia na comisaría. Opolicía pídelle un informe médico e que lle describa quelle pasou. Pilar decide marchar. Que opinas desta esce-na? Que quixo denunciar aquí a directora?

11. Ao final da película Pilar dille á súa irmá Ana: «Tengo que verme. Hace demasiadotiempo que no me veo». Comenta o seu significado.

12. Que formas de maltrato ves na película? Cal che parece peor?

13. Cres que o maltrato é un problema actual ou que ven de sempre? Razoa a túaresposta con exemplos.

14. Que esperas da persoa que queres e que te quere? Que cousas non tolerarías?

15. Compara a historia de Pilar en Te doy mis ojos, coa deRoz, no cómic de Rosalind B. Penfold Quiéreme bien. A auto-ra escolle o pseudónimo de Rosalind B. Penfold, para contara súa propia historia: a dunha muller, Roz, que se namora deBrian, un home que acaba de enviuvar con catro fillospequenos. A través dalgunhas viñetas podemos ir vendo odeterioro dunha relación amorosa na que aparece o maltra-to e o horror no que se convirte a vida da protagonista.

Page 4: Te doy mis ojos

Te doy mis ojos. IES de Melide. Páx. 4