tarefas recomendadas para esta semana 20... · 2021. 7. 12. · tarefas recomendadas para esta...
TRANSCRIPT
![Page 1: TAREFAS RECOMENDADAS PARA ESTA SEMANA 20... · 2021. 7. 12. · TAREFAS RECOMENDADAS PARA ESTA SEMANA: LECTOESCRITURA: - "TIRA UN CONTO": coa plantilla que vos adxunto e cun dado](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022070221/613998ba102283401f72076c/html5/thumbnails/1.jpg)
TAREFAS RECOMENDADAS PARA ESTA SEMANA: ▪ LECTOESCRITURA:
- "TIRA UN CONTO": coa plantilla que vos adxunto e cun dado podedes crear
xogar en familia a crear contos, escribir os nomes dos protagonistas e debuxalos, a escribir a
historia que creastes empregando o ordenador se podedes, senón coa axuda dos vosos pais e
nais podedes escribilo e ilustralo, podedes tamén facelo co formato de cómic,... Cómo se xoga? A
primeira tirada de dado será para o protagonista, e as seguintes para o problema e o escenario,
así que a tirar o dado e a disfrutar creando contos divertidos!!
- "LABERINTOS DE CORES": con este xogo ides traballar a coordinación óculo-
manual e a grafomotricidade. Consiste en que mamá ou papá debuxen diferentes trazos de
diversas cores nun cartón, poden ser liñas, letras, números,... e teredes que cravar palillos nos
trazos comenzando nun punto dado ( podedes pintalos das cores dos trazos e así tamén podedes
ir asociando por cores) VARIANTE: podedes empregar lanas ou fíos de cores
![Page 2: TAREFAS RECOMENDADAS PARA ESTA SEMANA 20... · 2021. 7. 12. · TAREFAS RECOMENDADAS PARA ESTA SEMANA: LECTOESCRITURA: - "TIRA UN CONTO": coa plantilla que vos adxunto e cun dado](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022070221/613998ba102283401f72076c/html5/thumbnails/2.jpg)
▪ LÓXICO-MATEMÁTICA:
- CONSTRUCCIÓNS DE FORMAS XEOMÉTRICAS CON PALILLOS OU PALLIÑAS
E PLASTILINA.
- "BÚSQUEDA DO TESOURO": xoga coa túa familia a esconder un obxecto e que
che den pistas sobre as características do mesmo para que o poidas atopar, por exemplo é un
obxecto con forma de círculo, de cor vermella,...
- XOGOS DE MESA EN FAMILIA: por exemplo á OCA , facer puzzles,...
- FAI RECONTO DE XOGUETES: clasifica os xoguetes que son iguais , elabora un
listado deles ( coches, pezas de construccións,...)e conta e rexistra nun folio a cantidade que tes
de cada categoría, por exemplo: coches, xogos de construccións,...
XOGUETES CANTIDADECOCHES (escribir ou poden
debuxar un coche,...)
BONECOS
Etc..
![Page 3: TAREFAS RECOMENDADAS PARA ESTA SEMANA 20... · 2021. 7. 12. · TAREFAS RECOMENDADAS PARA ESTA SEMANA: LECTOESCRITURA: - "TIRA UN CONTO": coa plantilla que vos adxunto e cun dado](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022070221/613998ba102283401f72076c/html5/thumbnails/3.jpg)
▪ CIENCIA:
- "CORONAVIRUS NA NATUREZA": nesta temporada que temos que ficar na casiña
as rúas están baleiras e algúns animais aproveitan para dar paseos, buscade noticias sobre
animais e natureza na corentena e rexistrade os seguintes datos: título da noticia, onde a
buscaches, de que animal trata a noticia e fai un debuxo. ADXUNTO UN EXEMPLO FICHA DE
REXISTRO .
▪ ARTE E EXPRESIÓN ORAL E CORPORAL: -Crea TÍTERES sobre o conto que inventaches empregando o material que queiras e
escenifica o conto con eles.
![Page 4: TAREFAS RECOMENDADAS PARA ESTA SEMANA 20... · 2021. 7. 12. · TAREFAS RECOMENDADAS PARA ESTA SEMANA: LECTOESCRITURA: - "TIRA UN CONTO": coa plantilla que vos adxunto e cun dado](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022070221/613998ba102283401f72076c/html5/thumbnails/4.jpg)
▪ COCIÑA: -BATIDO DE FROITAS: adxunto a foto dunha receita pero podedes modificar os
ingredientes en función das froitas que teñades pola casa ou dos vosos gustos.