tardes de lecer na fundación w. fernández flórez

2
Tardes de lecer na Fundación W. Fernández Flórez Mes de Marzo de 2007

Upload: platt

Post on 26-Jan-2016

44 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Tardes de lecer na Fundación W. Fernández Flórez. Mes de Marzo de 2007. Mes de Marzo de 2.007. Sábado, día 3: Contaremos coa presenza de Estanislao Fernández de la Cigoña , quen impartirá unha charla sobre “A fauna no espazo natural de Cecebre”. Ás SETE do serán en Villa Florentina . - PowerPoint PPT Presentation

TRANSCRIPT

Page 1: Tardes de lecer na Fundación W. Fernández Flórez

Tardes de lecer naFundación W. Fernández Flórez

Mes de Marzo de 2007

Page 2: Tardes de lecer na Fundación W. Fernández Flórez

Mes de Marzo de 2.007

Sábado, día 3: Contaremos coa presenza de Estanislao Fernández de la Cigoña, quen impartirá unha charla sobre “A fauna no espazo natural de Cecebre”. Ás SETE do serán en Villa Florentina.

Domingo, día 4: Té con historias. Tertulia adicada á figura do ilustre Alfredo Brañas. Será ás CINCO da tarde en Villa Florentina.

Sábado, día 10: Día adicado aos máis pequenos da casa coa lectura dramatizada de textos infantís. Será a cargo dos integrantes do grupo Fas-que-fas, da FWFF. Ás SETE do serán en Villa Florentina.

Sábado, día 17: Lectura dramatizada de artigos de cine e críticas cinematográficas publicadas na revista SEMANA nos anos 50 e 60 por W. Fernández Flórez. Ás SETE do serán en Villa Florentina.

Sábado, día 24: Conmemoración do Día Internacional da Árbore e da Poesía. Terá lugar un recital poético no que intervirán diversas personalidades do universo poético galego e integrantes do grupo de teatro Fas-que-fas. Ás SETE do serán en Villa Florentina.

Sábado, día 31: Conmemoración do Día Mundial do Teatro. Terá lugar unha lectura de artigos teatrais de WFF publicados no libro El país de papel. A cargo dos integrantes do grupo de teatro Fas-que-fas. Ás SETE do serán en Villa Florentina.

Entrada gratuíta.