sumario un novo instrumento de información na defensa da ... · aerosois, gases ou vapores nocivos...

12
| CIG | GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL Nº 00 | MARZO 2012 SUMARIO ENTREVISTAS A INFRADECLARACIÓN DE ACCIDENTES NO SECTOR DA AUTOMOCIÓN Entrevista a Henrique Pérez, responsable do Sector de automoción da CIG-Metal Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral INFORMACIÓN TÉCNICA RISCO QUÍMICO: FERRAMENTAS DE INFORMACIÓN Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral SABÍAS QUE…? OS PROCEDEMENTOS DE DETERMINACIÓN DE CONTINXENCIAS Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral A COORDINACIÓN DE ACTIVIDADES EMPRESARIAIS Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral ANÁLISE XURÍDICO- NORMATIVA A LEI DE ENXUIZAMENTO SOCIAL Iván Pérez- Servizos Xurídicos da CIG Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral COLABORACIÓNS OS VALORES LÍMITES DE EXPOSICIÓN A AXENTES QUÍMICOS Miguel Martínez Losada Xefe do Centro ISSGA – A Coruña BUSCANDO RUMBO: A PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO SECTOR PESQUEIRO GALEGO José Antonio Rodríguez Arribe Xefe do Centro ISSGA – Pontevedra Prezados compañeiros e compañeiras, nos tempos que corren de ataque, menosprezo e conculcación dos dereitos laborais máis elementais da clase traballadora, o dereito á evitación dos riscos no traballo e á saúde laboral vese cada vez máis comprometido; neste senso, entre outras, necesítase de iniciativas de información que como esta que aquí vos presentamos, espe- ramos contribúan a mellorar esta situación. Así as cousas, o exemplar que agora tedes nas mans constitúe a primeira publicación da revista “CIG-Saúde Laboral”, que no campo da prevención de riscos e da saúde laboral, aspira a establecer una canle de comunica- ción permanente e periódica cos traballadores e traballadoras nesta mate- ria, aportando un instrumento de reflexión para a información, a análise e a opinión cualificada de especialistas das distintas disciplinas, nunha pers- pectiva de defensa inquebrantable do noso dereito á seguridade e á saúde laboral no desenvolvemento da nosa actividade produtiva. Hoxe máis que nunca cómpre informarse e formarse para defender a nosa saúde, participando e mobilizándose activamente na defensa dos nosos de- reitos. Implícate e actúa. Esixe e exerce os teus dereitos. Saúdos e saúde www.cigsaudelaboral.org Antolín Alcántara Álvarez Secretario Confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral Confederación Intersindical Galega (C.I.G.) www.cigsaudelaboral.org Plataforma web para a información e consulta en materia de Prevención de Riscos e Saúde Laboral Un novo instrumento de información na defensa da saúde laboral

Upload: others

Post on 13-Jun-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: SUMARIO Un novo instrumento de información na defensa da ... · aerosois, gases ou vapores nocivos ou tóxicos. Tendo en conta todas as substancias manexadas e inhaladas, a porcentaxe

| CIG | GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORALNº 00 | MARZO 2012

SUMARIO

ENTREVISTASA INFRADECLARACIÓN DE ACCIDENTESNO SECTOR DA AUTOMOCIÓNEntrevista a Henrique Pérez, responsable doSector de automoción da CIG-MetalGabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

INFORMACIÓN TÉCNICARISCO QUÍMICO:FERRAMENTAS DEINFORMACIÓNGabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

SABÍAS QUE…?OS PROCEDEMENTOS DE DETERMINACIÓNDE CONTINXENCIASGabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

A COORDINACIÓN DEACTIVIDADES EMPRESARIAISGabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

ANÁLISE XURÍDICO-NORMATIVAA LEI DE ENXUIZAMENTOSOCIALIván Pérez- Servizos Xurídicos da CIGGabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

COLABORACIÓNSOS VALORES LÍMITES DE EXPOSICIÓNA AXENTES QUÍMICOSMiguel Martínez LosadaXefe do Centro ISSGA – A Coruña

BUSCANDO RUMBO: A PREVENCIÓNDE RISCOS LABORAIS NO SECTORPESQUEIRO GALEGOJosé Antonio Rodríguez ArribeXefe do Centro ISSGA – Pontevedra

Prezados compañeiros e compañeiras, nos tempos que corren de ataque,

menosprezo e conculcación dos dereitos laborais máis elementais da clase

traballadora, o dereito á evitación dos riscos no traballo e á saúde laboral

vese cada vez máis comprometido; neste senso, entre outras, necesítase de

iniciativas de información que como esta que aquí vos presentamos, espe-

ramos contribúan a mellorar esta situación.

Así as cousas, o exemplar que agora tedes nas mans constitúe a primeira

publicación da revista “CIG-Saúde Laboral”, que no campo da prevención

de riscos e da saúde laboral, aspira a establecer una canle de comunica-

ción permanente e periódica cos traballadores e traballadoras nesta mate-

ria, aportando un instrumento de reflexión para a información, a análise e a

opinión cualificada de especialistas das distintas disciplinas, nunha pers-

pectiva de defensa inquebrantable do noso dereito á seguridade e á saúde

laboral no desenvolvemento da nosa actividade produtiva.

Hoxe máis que nunca cómpre informarse e formarse para defender a nosa

saúde, participando e mobilizándose activamente na defensa dos nosos de-

reitos. Implícate e actúa. Esixe e exerce os teus dereitos.

Saúdos e saúde

www.cigsaudelaboral.org

Antolín Alcántara ÁlvarezSecretario Confederal de Negociación Colectiva e Saúde LaboralConfederación Intersindical Galega (C.I.G.)

www.cigsaudelaboral.orgPlataforma web para a información e consulta en materia de Prevención de Riscos e Saúde Laboral

Un novo instrumento de información nadefensa da saúde laboral

Boletin CIG Saude Lab GA:Maquetación 1 5/3/12 13:56 Página 1

Page 2: SUMARIO Un novo instrumento de información na defensa da ... · aerosois, gases ou vapores nocivos ou tóxicos. Tendo en conta todas as substancias manexadas e inhaladas, a porcentaxe

02| www.cigsaudelaboral.org

Opasado ano 2011 foi un ano de espe-cial esforzo contra unha das prácticasempresariais máis miserables, que

consiste en non permitir a asistencia dos traballa-dores/as ás mutuas en caso de accidente de tra-ballo. O fin é evitar que consten como tales ereducir así os índices de sinistralidade.

Ante un accidente de traballo, aos traballado-res/as accidentados os responsables das em-presas dinlles que o accidente non é laboral,que son doenzas que non teñen que ver co tra-ballo, que xa estaba lesioando/a de antes, etc.e que marchen ao médico de familia xa quenon é accidente laboral.

Estas persoas quedan lesionadas e sen aten-ción de ningún tipo por parte da empresa.Teñen que desprazarse polos seus propiosmedios e iniciar unha aldraxante peregrinaciónsolicitando asistencia médica na mutua, cen-tro de saúde ou urxencias máis próximo. Enmoitos casos nin sequera son atendidos encondicións, xa que os médicos do SERGAS en-tenden que deben asistir ás mutuas pois o ac-cidente foi no centro de traballo. Nas mutuasnon son atendidos tampouco xa que a em-presa, ao non consideralo accidente de traba-llo, non emite o que eles chaman o volante deasistencia á mutua. Hai que dicir que o citadovolante non é necesario xa que as mutuaspoden comprobar a que empresa pertencecada traballador/a.

As empresas non poden determinar se o acci-dente é ou non laboral. En todo caso serán osmédicos das mutuas os que poidan poñelo endúbida e solicitar a determinación da contin-xencia en Inspección Médica.

O que resta é denunciar á empresa e solicitaren Inspección Médica unha determinación dacontinxencia, que en moitos casos se perdeaínda sendo laboral.

Este novo método de camuflar os accidentesde traballo, é especialmente dramático no sec-tor da automoción.

Falamos con Henrique Pérez, responsablenacional do sector da automoción da Fe-deración do Metal da CIG que está a lideraras xustas reclamacións e denuncias dos traba-lladores/as da automoción nesta materia.

QUE DI A LEXISLACIÓN ACERCA DESTACUESTIÓN?A Lei Xeral da Seguridade Social define clara-mente o que é un accidente de traballo, sendotoda lesión corporal que o traballador/a sufra

con ocasión ou por consecuencia do traballoque execute por conta allea. Legalmente nonhai dúbida, mais as empresas interpretan asnormas ao seu xeito. Tamén queda claro no ar-tigo 115 que estas lesións sufridas polo tra-ballador durante o tempo e no lugar detraballo presumirase que son constitutivas deaccidente de traballo salvo proba en contra-rio, e isto é algo que as empresas nunca apor-tan, probas de que non é laboral.

POR QUE TRATAN AS EMPRESAS DEOCULTAR OS ACCIDENTES?Queren ocultar os accidentes para baixar osíndices de sinistralidade, polo Bonus Malus, asaxudas económicas da administración ao terun índice de accidentes inferior ao do sector.Tamén por esixencias doutras empresas coasque contratan traballos.

E por aforrar custos ás mutuas, que son aso-ciacións de empresas nin máis nin menos. Se osistema público de saúde corre cos gastos…

QUE DEBEMOS FACER OSTRABALLADORES/AS ANTE A NEGATIVADA EMPRESA A QUE ACUDAMOS ÁMUTUA?Se durante o traballo sufrimos calquera lesiónque nos impida facer o traballo con normali-dade hai que seguir os seguintes pasos:

Comunicalo inmediatamente ao mando directoen presenza do Delegado de prevención ou uncompañeiro de confianza que poida testemu-ñar o acontecido. Se non é posible contactarnese momento co Delegado de prevención fa-rase o antes posible para que requira de in-mediato a investigación do accidente.

Solicitar a asistencia á mutua, e se temos dú-bidas sobre a nosa capacidade para conducirou desprazarnos pola nosa conta pediremosque nos leven ou que chamen ao 112.

Se nos din que non é accidente laboral e quemarchemos ao médico de cabeceira, valora-remos o noso estado para ir pola nosa contaou chamar ao 112 se non podemos despra-zarnos con seguridade.

Iremos directamente á mutua de accidentes,que ten a obriga de atendernos con ou sen vo-lante podendo comprobar cos nosos datos enqué empresa traballamos.

Se nos negan a asistencia solicitaremos quenolo digan por escrito e se se negan, farémoloconstar no libro de reclamacións oficial deconsumo, gardando a nosa copia da reclama-

ción. Inmediatamente iremos ao noso centrode saúde ou a urxencias dependendo da horae do noso estado. O seguinte paso é ir ao mé-dico de familia para recibir a atención ade-cuada, se nos dá a baixa comunicarémoslloao delegado para que a través do sindicato sesolicite a determinación de continxencia en Ins-pección Médica. É importante facer constar asdeclaracións das testemuñas.

Tamén pode pasar que non nos dea a baixa porconsiderar o médico de familia que o accidenteé laboral, nese caso pedirémoslle un informe esolicitaremos a baixa en Inspección Médica.

Sempre hai que pasar polo sindicato para ase-sorarnos e poñer unha denuncia en Inspecciónde Traballo por denegar a asistencia á mutuae por non notificar o accidente.

Tamén é recomendable presentar unha de-manda no Xulgado do Social en caso de nonresolverse favorablemente a determinación decontinxencias.

CALES SON AS ESIXENCIAS DAFEDERACIÓN DO METAL NESTAMATERIA?Esiximos que se traten nas mutuas todos osaccidentes laborais con e sen baixa. Que senotifiquen os accidentes sen ocultalos e quese atenda aos traballadores e traballadoras ac-cidentadas co respecto que merecen.

Esiximos que Inspección de Traballo sancionecon firmeza esta ocultación de accidentes.

Esiximos que as mutuas atendan a todos os tra-balladores accidentados que se presenten noscentros asistenciais, e que se despois a empresaten dúbidas, que sexa ela a que inicie o procede-mento de determinación de continxencias.

CAL É O PAPEL DOS DELEGADOS EDELEGADAS?Especial alerta ante esta práctica das empre-sas. Intentar que en todas as quendas haxa al-guén disposto a acompañar a un traballadoraccidentado.

Informar aos compañeiros/as sobre a necesi-dade de acudir ao sindicato para ter o res-paldo necesario e denunciar estes feitos dexeito conxunto. Que ningún caso quede illadoe sen responder.

Deixar constancia por escrito nas reuniónsdo Comité de Seguridade e Saúde ou me-diante entrega de escritos aos responsablesda empresa

Entrevista a Henrique Pérez, Responsable do Sector de automoción da CIG-Metal | Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

A infradeclaración de accidentes no sector da automoción

ENTREVISTAS

Boletin CIG Saude Lab GA:Maquetación 1 5/3/12 13:56 Página 2

Page 3: SUMARIO Un novo instrumento de información na defensa da ... · aerosois, gases ou vapores nocivos ou tóxicos. Tendo en conta todas as substancias manexadas e inhaladas, a porcentaxe

03|www.cigsaudelaboral.org

Avariedade e gravidade dos efectos adversos das substancias peri-gosas e a súa crecente utilización na industria e noutras moitas ac-tividades, determinan a importancia do risco químico non só para as

persoas senón tamén para o medio ambiente que as rodea.

Segundo a enquisa nacional de condicións de traballo no período 2004-20051, realizada polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Tra-ballo (INSHT), máis dun 20% dos traballadores/as españois manifestabaque no seu posto de traballo manipulaba produtos tóxicos ou nocivos.Ademais, dos traballadores/as expostos tanto por contacto como por in-halación (>30%), o 12% manifestaba que non coñecía os efectos prexu-diciais destes produtos e, en relación ao etiquetado, máis do 11% dosenquisados dicían que só algúns dos produtos estaban etiquetados.

Estes datos obtidos na mesma enquisa para o período do 20072, ao se facerun estudo das condicións ambientais dos postos de traballo, non son moitomáis alentadores.

O 17,6 % dos traballadores/as afirma manexar compostos ou substan-cias nocivas ou tóxicas no seu traballo que acostuman a estar etique-tados. O 21 % indica que no seu lugar de traballo respíranse po, fume,aerosois, gases ou vapores nocivos ou tóxicos. Tendo en conta todasas substancias manexadas e inhaladas, a porcentaxe total de traballa-dores/as afectados é dun 27,5 % sendo os sectores máis afectados oda construción e a industria. O 13,4 % dos traballadores/as que mani-pulan ou inhalan substancias nocivas afirmaron descoñeceren os posi-bles efectos destas substancias para a súa saúde.

O grao de descoñecemento dos efectos producidos polas substancias noci-vas ou tóxicas que se manipula ou coas que se entra en contacto, é similarpara todas as empresas salvo para empresas grandes de máis de 500 tra-balladores, onde é lixeiramente inferior (8,4%). Asemade, o descoñecementoé máis frecuente no sector Agrario (16,8%) e no da Construción (15,2%), emenos frecuente no sector Servizos (11,5%).

No que respecta á información que a empresa facilita aos traballadores/assobre as medidas a adoptar para a prevención dos posibles efectos prexu-diciais dos produtos químicos que manipulan nos seus postos de traballo,son os da industria química e do metal os mellor informados.

O descoñecemento por parte dos traballadores do perigo ao que estánexpostos polo contacto con determinadas substancias, preparados oucontaminantes químicos é un risco totalmente innecesario e de sinxelasolución. Se aínda coñecendo estes perigos moitas veces, por como-didade ou exceso de confianza os traballadores/as pódense poñer enperigo, o descoñecemento é un perigo en si mesmo que se pode evitarsen grandes dificultades.

Por tanto unha ferramenta básica na prevención é a formación e infor-mación aos traballadores/as no que se refire aos produtos químicos.Elementos fundamentais neste eido son as etiquetas e as fichas dedatos de seguridade dos produtos. Os traballadores/as deben estarfamiliarizados/as con estes elementos, saber interpretalos e telos á súadisposición cando manipulen ou entren en contacto con substancias oupreparados perigosos. As etiquetas son un elemento de significativaimportancia para a protección dos traballadores/as que manipulan pro-dutos químicos, e é fundamental que estes teñan os recursos necesa-rios para interpretalas de forma axeitada.

Nas etiquetas identifícanse os produtos e aos seus provedores e facili-tan, de xeito visual, información sobre os posibles perigos dos mes-mos, así coma as pautas básicas para a súa manipulación. Sempre sedebe dispor de produtos debidamente etiquetados e no caso de reali-zar transvases a recipientes máis pequenos e manexables, estes taméndeberán ser debidamente etiquetados.

Un exemplo de etiqueta é o que segue:

Este modelo de etiqueta corresponde á nova normativa europea para o re-gulamento de produtos químicos REACH3 e CLP4, co que se ven modifica-dos algúns elementos que afectan á etiquetaxe dos produtos químicos.Aínda está en curso o proceso de adaptación mais é interesante que se co-ñezan estes cambios, posto que no futuro todas as substancias e mestu-ras deberán seguir estes criterios.

Un cambio significativo son os novos pictogramas de perigo, que se re-collen na táboa a continuación:

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

Risco químico: ferramentas de información

INFORMACIÓN TÉCNICA

PICTOGRAMA DE PERIGO QUE CORRESPONDA IDENTIFICADORES DO PRODUTO

PERIGOPalabra de advertencia “Atención” ou “Perigo”

Indicacións de perigo (frases H)

Consellos de prudencia (frases P)

Nome, enderezo e númerode teléfono do provedor/es

CantidadeH350, H319, H315, H336, H412Pode provocar cancro.Sospéitase que provoca defectos xenéticos.Provica irritación ocular grave.Provoca irritación cutánea.Pode provocar somnolencia ou vertixe.Nocivo para os organismos acuáticos, conefectos nocivos duradeiros.

P202, P308 + P313, P273Non manipular a substancia antes de ler ecomprender todas as instrucións deseguridade.En caso de exposición manifesta oupresunta: consultar a un médico.Evitar a súa liberación ao medio ambiente.

Nome da substanciaNº Índice:Nome comercial ou denominación damesturaIdentidades das substancias quecontribúan a clasificala endeterminadas clases de perigo

Cantidade nominal da substancia oumestura (pode figurar noutro lugar doenvase)

XXX, S.A.R/ACZTel.: xxx xxx xxx

NOVOS PICTOGRAMASProduto tóxicoO produto pode producir efectos adversos para a saúde aínda en pequenasdoses. A inhalación e a inxestión ou absorción a través da pel poden provocardanos de magnitude considerable, eventualmente con consecuencias mortais.

Perigo para a saúdeLevan este símbolo produtos canceríxenos, mutaxénicos, tóxicos para a repro-dución, produtos que afectan a órganos concretos coma o fígado, os riles, pul-móns …ou os que poden producir alerxias respiratorias

Signo de exclamaciónProdutos con este símbolo poden producir efectos adversos en doses altas,tamén poden producir irritacións en ollos, gorxa, nariz e pel ou provocar alerxiascutáneas, somnolencia ou vertixe.

CorrosivoOs produtos marcados con este símbolo poden ocasionar lesións irreversibles napel e nos ollos e o produto pode atacar e destruír metais.

InflamableO produto pode inflamarse en contacto cunha fonte de ignición (lapa, faísca, elec-tricidade estática…) tamén por efecto da calor ou da fricción, por contacto conar ou con auga ou se se liberan gases inflamables.

ComburenteO produto pode provocar ou agravar un incendio en presenza de produtos com-bustibles.

ExplosivoO produto pode explotar en presenza de lapa, faíscas, electricidade estática,calor, fricción, choques…

Bombona de gasLevan este símbolo os gases a presión nun recipiente.

En determinados casos pode figurar unha selecciónde información suplementaria con frases EUH

Boletin CIG Saude Lab GA:Maquetación 1 5/3/12 13:56 Página 3

Page 4: SUMARIO Un novo instrumento de información na defensa da ... · aerosois, gases ou vapores nocivos ou tóxicos. Tendo en conta todas as substancias manexadas e inhaladas, a porcentaxe

Na imaxe da etiqueta pódense observar tamén os cambios relativos aosconsellos de seguridade e prudencia, antigas frases R e S, que agorapasan a ser frases H e P e seguen unha nova clasificación. Do mesmoxeito pódese observar a incorporación á etiqueta das palabras de adver-tencia “Atención” ou “Perigo” que se empregan para indicar un perigomenos ou máis grave respectivamente.

Outro elemento importante como ferramenta de información para a pre-vención do risco químico son as Fichas de Datos de Seguridade dosprodutos (FDS). Son obrigatorias para substancias perigosas, substan-cias tóxicas persistentes e bioacumulables e outras substancias conside-radas altamente preocupantes. Deben ser facilitadas polo provedor dexeito gratuíto, en papel ou por vía electrónica e no idioma oficial do es-tado no que se comercialice.

No caso de mesturas, o destinatario pode requirir do provedor a FDScando unha mestura, aínda non reunindo os criterios para se considerar pe-rigosa, conteña na súa composición un 0,2% en volume ou máis dalgunhasubstancia perigosa ou un 0.1% ou máis dalgunha substancia consideradaaltamente preocupante.

As FDS facilitan información pormenorizada dos produtos, moita máis que asetiquetas, e son un elemento indispensable para levar a cabo unha prevenciónaxeitada. Estas fichas conteñen unha descrición detallada das propiedades fi-sicoquímicas dos produtos, da súa reactividade e estabilidade, e facilitan in-formación toxicolóxica así como as medidas de primeiros auxilios a tomar oua actuación en caso de emerxencias como fugas, incendios… Tamén dan aspautas a seguir para a manipulación e almacenamento dos produtos e as me-didas de protección persoal necesarias. Por todo isto resultan unha ferra-menta indispensable en materia de prevención.

Os elementos que deben conter estas fichas son os que seguen:■ Identificación da substancia ou mestura e a sociedade ou empresa■ Identificación dos perigos■ Composición/Información dos compoñentes■ Información sobre primeiros auxilios

■ Medidas de loita contra incendios■ Medidas en caso de liberación accidental■ Medidas para a manipulación e almacenamento■ Controis de exposición e medidas de protección persoal necesaria■ Propiedades físicas e químicas■ Estabilidade e reactividade■ Información toxicolóxica■ Consideracións relativas á eliminación■ Información relativa ao transporte■ Información regulamentaria■ Escenarios de exposición, se procede.■ Outra información

O coñecemento dos produtos que se manipulan no traballo é unha ferra-menta básica para a protección dos traballadores/as e para levala a caboé fundamental o cumprimento da normativa e a colaboración de todos. Re-sulta indispensable que a información útil e veraz flúa dende os fabrican-tes ou importadores e provedores ata as empresas usuarias das diferentessubstancias e mesturas e que esta información chegue aos traballado-res/as en contacto con elas para potenciar e fomentar a súa participaciónactiva na protección da súa propia saúde.

1. “Resultados da Enquisa de Condicións de Traballo”. Almodóvar, A.; Nogareda C.; Fraile,A.; Pinilla, J.; Villar, M.F. e varios. Seguridade e Saúde no Traballo. Xullo 2006.

2 “VI Enquisa Nacional de Condicións de Traballo 2007”. Almodóvar A.; Pinilla, F.J.; Noga-reda C.; Fraile, A.; e outros.

3. REACH(Regulamento nº 1907/2006 do Parlamento Europeo do Consello) RegulamentoEuropeo relativo ao rexistro, a avaliación, a autorización e a restrición das substancias emesturas químicas (Registration, Evaluation, Authorisation and Restiction of Chemicals).Aprobado o 18 de Decembro de 2006. (DUOE L 396 de 30/12/2006).

4. CLP (Regulamento nº 1272/2008 do Parlamento Europeo do Consello) Regulamento eu-ropeo sobre clasificación, etiquetaxe e envasado de substancias e mesturas. Aprobado o16 de Decembro de 2008. (DUOE L 353 de 31/12/2008)

04| www.cigsaudelaboral.org

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

Os procedementos de determinación de continxencias

RISCO QUÍMICO: FERRAMENTAS DE INFORMACIÓN

SABÍAS QUE?

Na Galiza, e en todo o estado español,moitos accidentes de traballo e enfer-midades profesionais son tramitados

como enfermidade común; estímase que duranteo ano 2011 houbo unhas 11.981 declaracións deenfermidades con patoloxías non traumáticas aso-ciadas ao traballo. Este tipo de patoloxías, que nonteñen o recoñecemento de enfermidades profe-sionais, recaen sobre o sistema público de saúde-cun custe sanitario estimado de entre 150 e 372millóns de euros- e non nas mutuas de accidentesde traballo e enfermidades profesionais da segu-ridade social que deberían ser as encargadas dasúa atención.

En Europa rexístranse unha media de tres en-fermidades profesionais por cada mil traballa-dores/as, mentres que no estado español ascifras son dez veces menores xa que na maioríados casos estas son etiquetadas como enfermi-dades comúns. Cando isto acontece, o traballa-dor/a afectado/a non recibe os beneficios quepor lei lle corresponden, sufrindo inxustamente

Boletin CIG Saude Lab GA:Maquetación 1 5/3/12 13:56 Página 4

Page 5: SUMARIO Un novo instrumento de información na defensa da ... · aerosois, gases ou vapores nocivos ou tóxicos. Tendo en conta todas as substancias manexadas e inhaladas, a porcentaxe

unha redución das súas bases de cotización asícomo dos complementos que podan estar con-templados no seu convenio de aplicación.

A cualificación como enfermidades comúns da-quelas enfermidades que son de orixe profesio-nal, implica que o traballador/a será atendido/apolo sistema público de saúde, quen correrá nolugar da Mutua cos gastos correspondentes apesares de ser a Mutua quen realmente tería aobriga legal de atendelo por ter asegurado conesta a súa continxencia.

No Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG,onde realizamos asesoramentos aos traballa-dores e traballadoras en materia de PRL que asínolo requiren, vemos como cada ano se incre-mentan os casos de determinación de contin-xencias profesionais, debido en gran medida ánegativa das Mutuas a atender as continxenciasque derivan directamente do traballo. A modode exemplo, e tal e como se pode apreciar noseguinte gráfico, dende o ano 2008 vimos in-crementadas as solicitudes deste tipo de ac-tuación, chegando no ano 2011 a realizar untotal de 63 solicitudes de determinación de con-tinxencias perante o INSS, dun total de 851 ase-soramentos rexistrados realizados en todo oPaís polos/as técnicos/as do Gabinete.

Determinacións de continxenciasrealizadas polo Gabinete Técnico deSaúde Laboral da CIG dende o ano 2008

Polo tanto no Gabinete atopámonos cunha pro-blemática en continuo aumento, se considera-mos que o número total de asesoramentostécnicos realizados dende o ano 2008 ata o2011 foi similar, producíndose un incrementopaulatino dos mesmos ata chegar a unhamedia de 300 asesoramentos máis no 2011que no 2008.

As determinacións de continxencia, dende unpunto de vista técnico, pódese dicir que apor-tan unha vía de recurso ante as situacións dedesprotección nas que se poden atopar os tra-balladores/as, cando estes/as son vítimasdunha situación de accidente laboral ou enfer-midade profesional que a súa mutua se negaa recoñecer e atender, en moitas ocasións porunha inadecuada interpretación das súas res-ponsabilidades e competencias.

Unha das causas máis comúns coas que nosatopamos, prodúcese cando un traballador outraballadora sofre un accidente laboral e se lledenega a atención ou o tratamento que requirea lesión que provocou dito accidente, é dicir,plantéxase a situación que o traballador ou tra-balladora foi atendido na súa Mutua na data doaccidente -e así o demostran os partes deasistencia e de atención da mesma-, mais selle informa que a súa baixa médica a terá quetramitar pola Seguridade Social, co conse-guinte prexuízo, en moitos casos, económicopara o traballador/a, aínda que non para amutua que vai a aforrar o pago da continxen-cia. Nestes casos inícianse os trámites perti-nentes perante o INSS para a clasificación dacontinxencia como profesional, as máis dasveces coa “desvantaxe” para o/a traballador/aque se verá na obriga de demostrar que isoque lle aconteceu, se produciu no lugar de tra-ballo e se deriva da súa actividade laboral, istoé, que -contrariamente ao que estabelece a lei-toda a carga da proba recae sobre o traballa-dor/a accidentado/a, o cal ás veces convér-tese nunha importante dificultade engadida enun verdadeiro calvario para el/ela.

O inicio dos trámites para a realización dunhasolicitude de determinación de continxencia pó-dese realizar:

■ Polo propio traballador/a.■ Pola Inspección Médica.■ Pola Mutua.

As competencias sobre as continxencias co-múns as ten o Sistema Público de Saúde, e asdas continxencias profesionais as teñen as Mu-tuas; no caso de solicitar unha determi-nación de continxencia o faremos peranteo Instituto Nacional da Seguridade Social(INSS) que actuará como árbitro en tódalassituacións dubidosas ou que susciten algúntipo de conflito. En calquera caso será o INSSquen terá que emitir a resolución.

Cando un traballador/a acude ao seu médicode familia para tramitar unha baixa médicaque deriva de continxencias profesionais pó-dense dar dúas situacións:

1. Que a baixa médica aínda non fora emi-tida, é dicir, que a situación sexa previa á ex-tensión da IT por continxencias comúns o calnos pode levar a diferentes estatus:

■ O médico de familia emite parte de baixamédica facendo constar no mesmo que setrata dunha continxencia profesional paraque se poida realizar a solicitude de deter-minación perante o INSS.

■ Que o médico de familia remita ao traballa-dor/a á Inspección médica sen facilitar abaixa médica. Neste caso a Inspección mé-dica pode actuar de dúas formas:a) Ditaminando que non procede a IT, do calinformará ao médico de familia.b) Ditaminando que procede a IT, do cal in-formará á mutua e decidirá sobre tres su-postos:

I. Procede a IT por continxencia profesional.II. Procede a IT pero por continxencia común.III. Non procede a IT e o traballador/a pode ira traballar.

Cando se dá o suposto recollido no punto I.darase traslado ao INSS da situación para oseu coñecemento e que a Dirección Provincialcorrespondente emita unha resolución sobredita continxencia.

2. Que xa se teña iniciada a IT por contin-xencias comúns; neste caso a actuación podeser a seguinte:

■ Que o médico de familia remita ao traballa-dor/a á Inspección médica tan pronto comoo detecte ou teña a sospeita de que a con-tinxencia pode vir derivada do traballo.Neste caso a actuación da Inspección Mé-dica pode ser a seguinte:

1.Non procede IT; polo que se informa ao mé-dico de familia para que emita parte de alta mé-dica.

2.Procede a IT; polo que informará á Mutua edecidirá sobre tres supostos:2.1. Procede IT por continxencia profesional.2.2. Procede a IT pero por continxencia común.2.3. Non procede a IT pero o traballador/a nonestá capacitado para o seu traballo, polo que seremitirá á comisión correspondente -depen-dendo da Comunidade Autónoma-, que determi-nará se procede ou non a IT e se definirá acontinxencia.

Os recursos económicos que destina o Es-tado Español a través da Seguridade Social re-lacionados coa Prevención de Riscos Labo-rais, son executados polas Mutuas deAccidentes de Traballo e Enfermidades Profe-sionais da Seguridade Social, polo que tódalasactuacións das mesmas neste senso deberíande ir encamiñadas á mellora da saúde dos tra-balladores e traballadoras e non á deteriora-ción e a degradación asistencial que se está aproducir nos últimos anos. Por isto dende aCIG opinamos, como outros estudosos dotema, que a mellora da calidade asistencial eo “non encubrimento” de patoloxías relaciona-das co traballo redundará nunha mellora cons-tante das condicións de traballo e na produti-vidade das empresas; por este motivotentamos que, aínda que sexa dende a actua-ción particular de cada traballador/a se de-nuncie e se reclame cada patoloxía que poidater relación co traballo e que non fora tratadaaxeitadamente. Igualmente tamén estaremosapoiando e reclamando que definitivamente sepoñan en funcionamento por parte da Admi-nistración os mecanismos precisos para a de-tección das patoloxías relacionadas co traba-llo mediante os sistemas de alerta de sospeitade enfermidade profesional, que agardamossexa un apoio máis no camiño da mellora daxestión das continxencias relacionadas cosRiscos Laborais

05|www.cigsaudelaboral.org

OS PROCEDEMENTOS DE DETERMINACIÓN DE CONTINXENCIAS

Ano 2008 Ano 2009 Ano 2010 Ano 2011

Boletin CIG Saude Lab GA:Maquetación 1 5/3/12 13:56 Página 5

Page 6: SUMARIO Un novo instrumento de información na defensa da ... · aerosois, gases ou vapores nocivos ou tóxicos. Tendo en conta todas as substancias manexadas e inhaladas, a porcentaxe

06| www.cigsaudelaboral.org

SABÍAS QUE?Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

A coordinación de actividades empresariais

Aconcorrencia de actividades produti-vas de distintas empresas no centrode traballo dunha delas, non é unha

cuestión novidosa nin dende o punto de vistaeconómico, nin do normativo ou da prevenciónde riscos laborais.

A partires da década dos oitenta, os avances tec-nolóxicos favoreceron a introdución de novos mo-delos organizativos da produción nas empresas,mudando en moitos casos as características daorganización tradicional do traballo.

Do control completo do ciclo de produción debens e servizos (integración vertical) pasouse ásegmentación do ciclo produtivo (integración ho-rizontal) e á autonomía de cada empresa nassúas relacións coas demais, dando paso á de-pendencia e coordinación das actividades em-presariais. O modelo de organización empresarialtradicional dá paso a técnicas de xestión de des-centralización produtiva, a un xeito de produciónde bens e prestación de servizos no que a divi-sión do traballo se externaliza.

Dende o punto de vista normativo, xa a ordenanzaxeral de Seguridade e Hixiene no traballo (9 deMarzo do 1971) establecía que “a empresa prin-cipal responderá solidariamente cos contratistas esubcontratistas do cumprimento das obrigas queimpón esta ordenanza respecto dos traballadoresque aqueles ocupen nos centros de traballo daempresa principal.”

Esta norma, obviamente forma parte da culturareactiva en materia de seguridade e saúde la-boral, orientándose claramente a medidas san-cionadoras ou represivas, centrando o seuinterese no problema da responsabilidade dosempresarios principais.

A LPRL 31/95, proactiva e participativa, es-tablece no artigo 24 obrigas xenéricas de co-ordinación, mais a súa reforma, Lei 54/03,establece a obriga do seu desenvolvementoregulamentario, do que emana a aprobacióndo RD 171/04 de coordinación de activida-des empresariais, marco normativo que pode-mos considerar como “ferramenta de traballotécnico, de participación e consulta dos tra-balladores” para a prevención, a seguridade ea saúde laboral non só nun novo modelo de or-ganización do traballo, senón tamén nunha re-alidade que fai crible o dito: “As pemes nonson as que máis sinistralidade xeran, esto sóé certo cando traballan para as empresasgrandes.”

A coincidencia de traballadores/as de distin-tas empresas nun mesmo centro de traballo éunha circunstancia que favorece a concorren-cia de accidentes de traballo, que, segundo asestatísticas, son en moitas ocasións graves emesmo mortais.

As obrigas establecidas na lexislación constitúenpara todas as empresas e traballadores/as au-tónomos/as concorrentes, non só un deber,senón reciprocamente un dereito e un marco re-ferencial para garantir a seguridade e a saúdede todos os/as traballadores/as concorrentesno centro de traballo.

Os delegados/as de prevención e no seudefecto os representantes legais dos traba-lladores deben ser informados dos casos deconcorrencia empresarial, podendo participarnos procesos preventivos asociados a estas si-tuacións na medida en que repercuta na seguri-dade e saúde dos traballadores/as por eles re-presentados.

OBRIGAS DE TODAS AS EMPRESAS ETRABALLADORES AUTÓNOMOS QUECONCURREN NUN CENTRO DE TRABALLO:O Deber de cooperación.

Intercambio de información:As empresas teñen a obriga de informarse reci-procamente sobre os riscos específicos que sexeneren no centro de traballo, así como das si-tuacións de emerxencia que poidan afectar ásoutras empresas concurrentes nese centro.Esta información realizarase de xeito previo aoinicio das obras ou actividades e farase por es-crito no caso que se xeneren riscos graves oumoi graves, debendo ser revisada e actualizadano caso de que se produza un cambio relevantenas actividades concorrentes ou nunha situaciónde emerxencia.

En todos os casos as empresas concorrentes de-berán informarse entre si dos accidentes de tra-ballo que se produzan como consecuencia daconcorrencia, e cumprir as instrucións emanadasda empresa titular -xeralmente empresa principal-do centro de traballo no exercicio das súas res-ponsabilidades.

Avaliación de riscos e planificación:Os riscos identificados derivados do proceso deconcorrencia deberán incluírse na avaliación deriscos, así como na planificación preventiva dasmedidas correctoras en cada unha das empresasconcorrentes, que deberán incorporar as súasavaliacións de riscos ás propias do centro de tra-ballo recibidas da empresa titular, así como in-formar aos seus traballadores/as dos riscosderivados da concorrencia.

MEDIDAS PARA REALIZAR A COORDINACIÓNENTRE AS EMPRESAS CONCURRENTESO actual marco normativo ofrece distintas posi-bilidades ou medios para cumprir co deber decooperación preventiva das empresas conco-rrentes que en principio deberá impulsar a em-presa titular do centro.

Para a determinación das medidas de coordi-nación deberá terse en conta previamente,tanto o grao de perigosidade dos riscos iden-tificados como o número e características dostraballadores/as afectados e a duración daconcorrencia.

Dentro das posibles medidas e actuacións a levara cabo para facer efectiva a coordinación poderí-amos enumerar as seguintes:

■ Establecemento de sistemas de informacióne comunicación, que inclúan a celebraciónde reunións (diarias) de posta en común dainformación, así como a celebración de xun-tanzas periódicas conxuntas dos Comitésde Seguridade e Saúde ou no seu defectodas empresas e os seus delegados/as deprevención.

■ Determinación, deseño e establecementoconxunto de medidas específicas de pre-vención e de impartición das instrucións co-rrespondentes.

■ Personación no centro de traballo dos recur-sos preventivos das empresas concorrentes.

■ Todas aquelas outras contempladas nos co-rrespondentes convenios colectivos.

OBRIGAS DA EMPRESA PRINCIPAL: O deberde vixilanciaAdemáis das obrigas de cooperación e as pro-pias da empresa titular do centro antes cita-das, esta deberá:

■ Vixiar o cumprimento da normativa de preven-ción das empresas contratantes e subcontra-tadas, incluídos traballadores autónomos querealicen obras e servizos que correspondan ápropia actividade da empresa principal.

■ Esixir antes do inicio da actividade que todas asempresas contratistas e subcontratistas incluí-dos os autónomos, lle acrediten a realizaciónda avaliación de riscos, a planificación de me-didas correctoras e o cumprimento das obrigasde información e formación.

■ Comprobar e verificar que todas as empresascontratistas e subcontratistas estableceron me-didas de coordinación entre elas.

O RECURSO PREVENTIVONo suposto de concorrencia de actividades éobrigatoria a presenza dun recurso preventivo.

O recurso preventivo é unha nova figura queintroduce na actividade preventiva a lei54/2003, coa intención de permitir a sua efi-caz integración nos procesos produtivos.

Cando os recursos preventivos dunha em-presa deban estar presentes no centro de tra-ballo, poderán ser igualmente encargados dacoordinación das actividades preventivascando se lles asigne o cumprimento do pre-visto no artigo 32 bis da LPRL 31/95.

Boletin CIG Saude Lab GA:Maquetación 1 5/3/12 13:56 Página 6

Page 7: SUMARIO Un novo instrumento de información na defensa da ... · aerosois, gases ou vapores nocivos ou tóxicos. Tendo en conta todas as substancias manexadas e inhaladas, a porcentaxe

07|www.cigsaudelaboral.org

Memoria históricaA principios do século XX en resposta á mobilización Sindical pola si-tuación de desamparo xurídico que viña sufrindo a clase obreira en ma-teria de saúde laboral, especialmente no que atinxe ao concepto amploda “reparación do dano”, promúlgase a primeira lei que abordará dunxeito balsámico a necesidade de dar resposta ás condicións de insalu-bridade no ámbito laboral e a exposición aos riscos de sufrir acciden-tes ou enfermidades profesionais. Nace así a Lei de Accidentes deTraballo, que introducirá o recoñecemento dos traballadores/as a “re-parar” a súa saúde danada no ámbito laboral, admitindo logo que o tra-ballador troca a súa forza de traballo a cambio dun salario, mais non, acambio da súa saúde.

A medida xurídica redactada e ditada pola burguesía do momento, tra-tará de contentar ás dúas partes enfrontadas, nacendo así as Mutuasde Accidentes de Traballo; empresas que non darán unha axeitada so-lución á necesaria reparación do dano. Unha vez máis, a clase obreira

verase manexada e enganada nas súas reivindicacións, por leis bran-cas incapaces e inapropiadas para darlle unha eficaz resposta xurídicaaos problemas plantexados, situación esta, que por certo aínda agoraestamos a padecer.

Lei de Procedemento Laboral No ano 1995 nace a Lei de Procedemento laboral, en gran medida coobxecto de ordenar a lexislación dispersa, desconexa e anacrónica.Esta normativa, regulaba condicións laborais específicas en materiasben definidas, sendo precisa a necesidade de accionar pretensións, “de-mandas”, noutros Tribunais de Xustiza de diferentes ordes xurisdicio-nais, como é o Civil, Mercantil e Contencioso-Administrativo, para chegará satisfacción do “dano” na súa integridade, como viña sendo a recla-mación por accidente laboral. No ámbito do Xulgado do Social ditábasea determinación da continxencia, laboral ou non, ou ben sobre o recargodas prestacións por falta de adopción das medidas de seguridade notraballo, mais ¿Cómo reclamaba o accidentado a indemnización por

ANÁLISE XURÍDICO-NORMATIVAIván Pérez, Servizos Xurídicos da CIG | Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

A lei de enxuizamento social

A empresa poderá establecer como recursos pre-ventivos aos traballadores/as designados da em-presa, así como aos membros do servizo deprevención propio ou alleo concertado pola mesma.

En todos os casos os recursos preventivos debe-rán ter capacidade dabondo, dispoñer dos mediosnecesarios para o desenvolvemento do seu co-metido, ser suficientes en número para vixiar ocumprimento e implementación das medidas e ins-trucións preventivas, e permanecer no centro detraballo durante o tempo no que se manteña a si-tuación que determine a súa presenza.

A PARTICIPACIÓN ACTIVA DOSTRABALLADORES/AS ESPECIALISTAS NOPROCESO DE COORDINACIÓNO empresario pode tamén asignar de forma ex-presa ao proceso de coordinación de activida-des, a un ou varios traballadores/as da empresaque, sen formar parte do servizo de prevenciónpropio nen ser traballadores/as designados, re-únan os coñecementos, a cualificación e a ex-periencia necesaria nas actividades ou procesos,e conten coa formación preventiva correspon-dente, como mínimo, as funcións do nivel básico.

En todos os casos estes traballadores/as espe-cialistas deberán manter a necesaria colaboracióncos recursos preventivos da empresa.

FUNCIÓNS DAS PERSOAS ENCARGADASDA COORDINACIÓN DAS ACTIVIDADESPREVENTIVAS A persoa ou persoas encargadas da coordi-nación das actividades preventivas deberáncontar, como mínimo con formación preven-tiva de técnico de nivel intermedio, debendodesempeñar entre outras as seguintes fun-cións e responsabilidades:

Favorecer o cumprimento dos obxectivos pre-vistos no artigo 3 do RD 171/2004, servindode cauce para o intercambio das informaciónsque, en virtude do establecido neste RD debanintercambiarse as empresas concorrentes nocentro de traballo.

Propoñer ás empresas concurrentes a adociónde medidas para a prevención dos riscos exis-tentes no centro de traballo que poidan afec-tar aos traballadores/as presentes.

Impartir ás empresas concorrentes as instruciónsque sexan necesarias para o cumprimento dassúas obrigas preventivas.

Para a realización destas funcións, o/os res-ponsable/s da coordinación das actividadespreventivas poderán coñecer as informaciónsque intercambien as empresas concorrentes,así como acceder a calquera zona do centrode traballo.

INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA PARA UNAXEITADO DESEÑO PREVENTIVODende a perspectiva preventiva do proceso deconcorrencia de actividades, a representaciónsindical dos traballadores/as deberá ter en contaa conveniencia de acceder a algunha informaciónsignificativa do conxunto das empresas conco-rrentes, mais alá da explicitada como de dereitoá información polo RD 171/04 (avaliación deriscos da empresa subcontratada, instrucións daempresa titular, etc) en relación as súas propiasempresas, debido á importancia da mesma paravalorar axeitadamente os riscos asociados aosprocesos de concorrencia aos que os traballa-dores/as estarán expostos, especificamente éde especial importancia aquela información rela-tiva aos traballadores/as que participarán nostraballos: número de traballadores/as previsto

para a realización do traballo e tempo previstopara a realización da obra; cualificación e expe-riencia profesional dos traballadores/as; condi-cións psicofísicas dos mesmos, a considerar enrelación ás esixencias ás que van estar someti-dos e as condicións ambientais e de espazo nasque deberán desenvolver o seu traballo; tipo decontrato de traballo, etc; así como aqueloutra in-formación relativa as equipas de traballo a utilizarpolas empresas nos procesos de concorrencia(en moitas ocasións a través de equipas aluga-das), por constituir estas equipas en si mesmase polo seu manexo e manipulación, factores derisco de consideración para os operarios pre-sentes na área de traballo, merecendo especialatención entre outras: de acceso a espazos ele-vados (escaleiras, plataformas); de movementode cargas; de montaxe (ferramentas eléctricasou hidráulicas); de tratamentos superficiais (pin-tura, limpeza), etc.

A información á que teñen dereito os delegadosde prevención e os Comités de Seguridade eSaúde (CSS) explicítase no art.17 da LPRL31/95, e no R.D. 1215.

Aínda que este tipo de información poida ter aconsideración inicial de ser exclusiva do ámbitopropio de cada empresa (titular, principal, auxi-liar ou autónomos), a súa importancia para iden-tificar e medir os riscos derivados dos procesosde concorrencia fai necesario que procedamosa solicitar a mesma fundamentando a nosa esi-xencia/reclamación, no marco normativo que re-gula o dereito á información, consulta eparticipación (LPRL 31/95, artgs 18 e 33),a regulamentación de integración da preven-ción (eixo da reforma 54/2003 da LPRL noseu artigo 16 e da reforma 604/06 do RD39/97 no seu artigo 1), e no Estatuto dosTraballadores no seu artigo 64

A COORDINACIÓN DE ACTIVIDADES EMPRESARIAIS

Boletin CIG Saude Lab GA:Maquetación 1 5/3/12 13:56 Página 7

Page 8: SUMARIO Un novo instrumento de información na defensa da ... · aerosois, gases ou vapores nocivos ou tóxicos. Tendo en conta todas as substancias manexadas e inhaladas, a porcentaxe

www.cigsaudelaboral.org08|

danos e prexuízos, patrimoniais ou morais?, a resposta a esta preguntaera desalentadora fora perante o Xulgado do Civil ou do Penal, Xulgadosestes ligados a procedementos procesuais dilatados no tempo e forma-listas (necesidade de avogado e procurador). A Lei de Prevención de Ris-cos Laborais constitúe un intento do lexislador para a “unificación das leisdispersas anteriores” coa intención de dar resposta aos problemas actuaisno marco laboral, vencendo o anacronismo normativo herdado.

A presión constante das Organizacións Sindicais e a entrada en 1986 doEstado Español na Unión Europea, constituirán o punto de partida para onacemento de estas dúas leis reguladoras do marco laboral, e máis con-cretamente do dereito á saúde no traballo.

Estas leis nacen inicialmente coa ilusión de dar resposta a máis de cenanos de reivindicación e de loita da clase obreira pola dignidade e a inte-gridade da saúde no traballo. O que coñece estas leis, ou quen sofre unproceso xurídico no marco das mesmas, atópase coa gravosidade queconleva defender o dereito á saúde: peritos, informes médicos, dificulta-des de probas, necesidade de tomar mostras, medicións, etc.

Nova Lei de xurisdición social 36/2011É salientable a muda que o lexislador fai na definición de esta nova lei, queanova a súa antecesora “lei de procedemento laboral” por “xurisdición social”,termo máis acertado e preciso que “procedemento” e así o demostra en:

1. Concentrar na orde social, dada a súa maior especialización, o coñe-cemento de todas aquelas materias, que de forma directa ou por esencialconexión, poidan cualificarse como sociais (unificación de criterios, civil,contencioso-administrativa).

As reclamacións fronte ás Resolucións Administrativas e aos ERES, soncompetencia, dende a reforma, da Xurisdición Social e non da Conten-cioso-Administrativa como viña sendo.

2. Axilizar o procedemento a través da súa modernización e simplificación.

Créase un procedemento abreviado para as accións de reclamacións decantidades.

3. Mellorar as técnicas e a adaptación á normativa vixente, para evitar dis-persión normativa e a dificultade de localizar os preceptos aplicables.

UNIFICACIÓN DE COMPETENCIAS NA ORDE SOCIAL(reclamación do dano “íntegro”)En materia de prevención de riscos laborais artigo 2:1. Mellóranse as cuestións litixiosas relativas aos accidentes de tra-ballo, axuizando a todos os suxeitos que concorresen na producióndo dano sufrido polo traballador, no marco laboral ou en conexión di-recta con el.

Observamos a inclusión na disposición da “extensión da acción” frontenon só aos suxeitos que manteñen unha relación laboral, senón taménfronte a aqueles que manteñen unha conexión directa con el. Sendopolo tanto preciso demostrar una conexión ou causalidade directa.

2. As cuestións relativas aos órganos de representación de persoal: De-legados/as de Prevención e Comités de Seguridade e Saúde.

A asignación prodúcese con carácter pleno, incluíndo aos funciona-rios ou persoal estatutario, que deberán expor as súas reclamaciónsante a orde social, en igualdade de condicións que un traballador/aspor conta allea.

Dereitos Fundamentais e liberdades públicas artigo 2.f:■ É o principal garante dos dereitos fundamentais e liberdades públicas

no ámbito da relación de traballo. Exemplo: casos de acoso laboral.

En materia de impugnación dos actos administrativos ditados en mate-ria laboral e de Seguridade Social [artigo 2.o]:

■ Valoración, recoñecemento e cualificación do grao de discapacidade.

Regúlase unha nova modalidade procesual a partir dunha demanda con-tencioso-laboral, que serve de canle para a impugnación dos actos ad-ministrativos en materia laboral.

Litixios polos danos sufridos no ámbito da prestación de servizos ouque teñan a súa causa en accidentes de traballo ou enfermidadesprofesionais.

Materias excluídas artigo 3:Cuestións entre empresario e terceiros obrigados á coordinación de ac-tividades preventivas ou organización dos servizos de prevención.

NOVIDADES SOBRE CAPACIDADE, LEXITIMACIÓN, REPRESENTA-CIÓN E DEFENSA PROCESUAISRecoñecemento da lexitimación pasiva, capacidade de demandar das co-munidades de bens (os veciños dun edificio) e grupos sen personalidadeque actúen como empresarios (asociacións ou empresas sen rexistrar) (ar-tigo 16.5). Sindicatos (artigo 17.2):

MODERNIZACIÓN E AXILIZACIÓN DO PROCEDEMENTOAcumulación de accións:■ En reclamacións de accidentes de traballo e enfermidades profesio-

nais poderanse acumular todas as pretensións de resarcimento dedanos e prexuízos derivadas dun mesmo feito (artigo 25.5). Temosaquí unha ferramenta de acción que ofrece a posibilidade na mesmademanda fronte á reclamación de accidentes de traballo ou enfermi-dades profesionais de solicitar as indemnizacións por danos e pre-xuízos patrimoniais ou morais.

Práctica da proba■ O xuíz ou tribunal resolverá sobre a pertinencia das probas propostas e

natureza e clase de cada unha delas (artigo 87.2).

■ Introdúcense normas para lograr unha maior certeza e maiores garan-tías para a defensa: normas específicas sobre procesos complexos paramanter a oralidade sen indefensión no exame e práctica da proba e con-clusións, evitar as meras ratificacións innecesarias do persoal médicoou inspector nas súas previas intervencións durante a tramitación ad-ministrativa, así como as probas testificais de escaso valor probatorio(artigos 90 e seguintes).

É dicir, as probas por complexas que sexan debe ser orais, escoitalasas partes, propiciando así a contrariedade (defensa) da proba e evitandoas indefensións.

■ Novas regras sobre a carga probatoria, en especial en materia de ac-cidentes de traballo: os debedores de seguridade deberán probar aadopción das medidas para previr ou evitar o risco. Non é elemento queexonere de responsabilidade a culpa non temeraria do traballador nin aque obedece ao exercicio habitual do traballo ou a confianza que esteinspira (artigo 96.2)

Os “debedores da seguridade” son os empresarios. A nova lei reforza eclarifica as obrigacións que estes teñen en relación á “práctica e adop-ción de todas as medidas de seguridade no traballo”, é dicir, o traba-llador non precisa demostrar que non se adoptaron as mesmas na probadun accidente laboral ou enfermidade profesional.

NOVIDADES PARA A EVITACIÓN DO PROCESO■ Refórzase a conciliación extraxudicial ou a mediación e a arbitraxe (artigo

64.3). Á conciliación previa engadiuse a mediación e os laudos arbitrais.Reforza así a evitación dos xuízos con la intención de potenciar os acordos.

■ Exceptúase da conciliación ou mediación previa, ademais dos xaexistentes, os procesos de anulación de laudos arbitrais, os deimpugnación de acordos de conciliacións, mediacións e transicións(artigo 64.1). Acelérase o proceso, redúcense os tempos na satisfacciónda pretensión demandada

A LEI DE ENXUIZAMENTO SOCIAL

Boletin CIG Saude Lab GA:Maquetación 1 5/3/12 13:56 Página 8

Page 9: SUMARIO Un novo instrumento de información na defensa da ... · aerosois, gases ou vapores nocivos ou tóxicos. Tendo en conta todas as substancias manexadas e inhaladas, a porcentaxe

Miguel Martínez Losada, Xefe do Centro ISSGA – A Coruña | Asesor do grupo de traballo sobre valores límite da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo

Os valores límite de exposición a axentes químicos

COLABORACIÓNS

Os axentes químicos que se empregan ou se producen no traballopoden xerar un risco laboral segundo as características do propioaxente e o seu emprego ou presenza.

Defínese, na normativa laboral, que un axente químico é perigoso cando poderepresentar un risco para a seguridade e saúde dos traballadores debido ássúas propiedades fisicoquímicas, químicas ou toxicolóxicas e á forma en quese utiliza ou estea presente no lugar de traballo.

Tamén debemos lembrar os termos “substancias e mesturas perigosas”definidas nos Regulamentos europeos REACH e CLP. Esta regulamenta-ción, que regula a clasificación e as condicións de comercialización, é aque define e obriga á existencia de fichas de datos de seguridade de subs-tancias e mesturas perigosas así como a que clasifica en detalle, as subs-tancias polos seus riscos. Esta regulamentación refírese soamente assubstancias e mesturas comercializadas.

As regulamentacións REACH e CLP son moi avanzadas tecnicamente e in-clúen cousas tan importantes como a clasificación de riscos, as frases H eas fichas de datos de seguridade.

Non obstante a normativa laboral obriga ademais á avaliación ou valoracióndos riscos por exposición a axentes químicos que poidan existir nun posto detraballo, para o que o coñecemento e uso das fichas de datos de seguridadeé unha achega imprescindible. Se nun posto de traballo se emprega unhasubstancia ou mestura perigosa, o primeiro paso é a análise da ficha de datosde seguridade, que debe proporcionar o fabricante ou subministrador. Se non

se dispón da Ficha de datos de seguridade temos que afirmar que hai situa-ción de risco.

Ademáis, unha vez coñecida e analizada a información que subministra a FDSe adoptadas, se é o caso, as medidas preventivas que esta indica, é necesarioavaliar o risco que aínda poida existir.

Non imos entrar aquí nos detalles ou procedementos a empregar para estaavaliación; soamente mencionar que as avaliacións simplificadas, que se estána propiciar nos últimos anos son recomendables como un paso do procesode avaliación, que permite non dilatar as avaliacións, como vén sucedendo naactualidade lamentablemente.

Ao final do proceso se non se conseguiu eliminar o risco aplicando as indica-cións das FDS ou das avaliacións simplificadas será necesario, no caso derisco por inhalación, a realización de medicións e comparacións cos chama-dos valores límite de exposición ao risco por inhalación.

No estado español o concepto de Valor límite está definido no Real De-creto 374/2001 sobre a protección da saúde e a seguridade dos tra-balladores contra os riscos relacionados cos axentes químicos durante otraballo, que remite aos valores límite de exposición profesional para osaxentes químicos publicados polo INSHT como valores de referencia paraa avaliación e control dos riscos orixinados pola exposición dos traballa-dores a axentes químicos.

O INSHT elabora documentos técnicos que son analizados por un grupo detraballo sobre valores límite da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no

09|www.cigsaudelaboral.org

Boletin CIG Saude Lab GA:Maquetación 1 5/3/12 13:56 Página 9

Page 10: SUMARIO Un novo instrumento de información na defensa da ... · aerosois, gases ou vapores nocivos ou tóxicos. Tendo en conta todas as substancias manexadas e inhaladas, a porcentaxe

10| www.cigsaudelaboral.org

OS VALORES LÍMITE DE EXPOSICIÓN A AXENTES QUÍMICOS

Cómpre comezar esta andaina facendo referencia ao día 10 de No-vembro de 1995, data simbólica na que se publica a Lei de Pre-vención de Riscos Laborais, que foi recibida con refachos de

escepticismo nalgúns sectores sociolaborais, e coa convición da maioríados prevencionistas de que sen ser a pedra filosofal, ía poñer os alicercesdo desenrolo normativo que daría vida a unha nova forma de organizaciónpara defender e preservar a saúde dos traballadores.

Os seus efectos notáronse axiña nas industrias e nas fábricas, que ini-ciaron un proceso de adaptación ás novas demandas de prevención. Desúpeto aparecen conceptos ata agora non contemplados e que mesmoson descoñecidos para moitos. Fálase da identificación dos riscos pre-sentes no posto de traballo, da súa avaliación e do plan de acción paracontrolalos. Fálase de formación e información dos traballadores, dosórganos de control da prevención, das modalidades de organización,etc. Dende a administración, póñense en marcha plans e programastendentes a mellorar as condicións de traballo, que poidan axudar aempresarios e traballadores a desenvolver estes novos requerimentos.

Esta marea preventiva non chegou por igual a todos os sectores de ac-tividade. A pesca, un dos máis importantes para Galiza, quedou apar-tada inicialmente e só se notaron tímidos inicios nalgunhas asociaciónsde armadores.

José Antonio Rodríguez Arribe, Xefe do Centro ISSGA – Pontevedra | Técnico Superior de Prevención | Experto en seguridade pesqueira

Buscando rumbo: A prevención de riscos laborais nosector pesqueiro galego

COLABORACIÓNS

Traballo, quen posteriormente, estuda e aproba, no seu caso, en pleno, as pro-postas do grupo de traballo.

Os primeiros valores límite en España foron publicados en 1999 e dendeentón vénse publicando anualmente un novo documento que inclúe as modi-ficacións nos valores así como as propostas de modificación que son some-tidas a estudo durante varios anos.

O último documento aprobado é “Límites de exposición profesional paraaxentes químicos 2012“ publicado nos primeiros días de xaneiro naweb de INSHT.

Basicamente os conceptos e valores incluídos neste documento son o resul-tado dunha avaliación crítica dos valores límite de exposición profesional es-tablecidos polas entidades máis relevantes e prestixiosas na materia, tendoen conta, fundamentalmente, a fiabilidade dos datos utilizados para o esta-blecemento de cada un deles e a súa data de actualización.

É subliñable a referencia ás recomendacións do Comité científico dos valoreslímite de exposición, creado no 1995, dependente da Comisión Europea (TheScientific Committee on Occupational Exposure Limits SCOEL), e aos valo-res límite de outros países (legais ou científicos).

As Recomendacións do SCOEL podemos velas en:

http://ec.europa.eu/social/main.jsp?catId=153&langId=en&intPa-geId=684

Así mesmo podemos ver a comparación entre valores límite de moitospaíses na base de datos GESTIS do Instituto oficial alemán IFAhttp://www.dguv.de/ifa/en/gestis/stoffdb/index.jsp

Os Límites de Exposición Profesional son valores de referencia para a ava-liación e control dos riscos inherentes á exposición, principalmente por inha-lación, aos axentes químicos presentes nos postos de traballo e, polo tanto,para protexer a saúde dos traballadores.

Non constitúen unha barreira definida de separación entre situacións segurase perigosas se non criterios para empregar técnicamente nunha avaliaciónde riscos.

Nos LEP españois inclúense os valores límite de exposición ambiental(VLA)que son valores de referencia para as concentracións dos axentes quí-micos no aire, e representan condicións ás cales se cre, baseándose nos co-ñecementos actuais, que a maioría dos traballadores poden estar expostosdía tras día, durante toda a súa vida laboral, sen sufrir efectos adversos paraa súa saúde, e valores límite de exposición biolóxicos (VLB) que son os va-lores de referencia para os Indicadores Biolóxicos asociados á exposición glo-bal aos axentes químicos.

Nos valores LEP 2012 aparecen algunhas novidades entre as que po-demos suliñar o feito que se retira o VLA dos fumes de soldadura, aoterse quedado obsoleto o valor pola actualización do VLA dos com-poñentes; indícase que nos fumes de soldadura deben terse en contaos valores límite de cada un dos compoñentes do fume, especialmentemetais.

Incorporáronse novos valores máis restritivos correspondentes a 15axentes entre eles acetato de 2-etoxietilo, ácido sulfúrico, fenol, iso-cianato de metilo mercurio elemental e os seus compostos inorgánicosdivalentes.

Formuláronse como propostas de modificación valores máis restritivospara algodón, cemento portland e dieldrin.

Tamén hai modificacións ou propostas de modificación para valores lí-mite biolóxicos.

En definitiva, os valores límite son importantes ferramentas de traballo paraa protección da saúde dos traballadores, con sólido fundamento legal, queevolucionan permanentemente cos coñecementos científicos e que debenempregarse nas avaliacións de riscos de xeito rigoroso

Boletin CIG Saude Lab GA:Maquetación 1 5/3/12 13:56 Página 10

Page 11: SUMARIO Un novo instrumento de información na defensa da ... · aerosois, gases ou vapores nocivos ou tóxicos. Tendo en conta todas as substancias manexadas e inhaladas, a porcentaxe

11|www.cigsaudelaboral.org

DESCRICIÓN Nº BARCOS TRB GT POTENCIA CV POTENCIA KW

PESQUEIRIAINTERNACIONAL (Gran Altura)

ARRASTRE

BACALLAEIROS 5 3.632,34 5.652,00 12.214,00 8.982,18

CONXELADORES 17 13.175,91 20.929,63 32.768,50 24.097,95

NAFO CONXELADORES 18 12.213,42 20.707,99 27.059,60 19.899,63

CERCO 3 5.565,30 8.002,00 13.525,10 9.946,36

PALANGRE SUPERFICIE 79 16.275,54 29.134,63 52.691,10 38.749,03

PESQUEIRIA COMUNITARIA(Altura)

PALANGRE FONDONEAFC PALANGRE FONDO 47 7.899,64 13.221,19 26.794,00 19.704,31

NEAFC <100 TRBs 4 309,69 589,09 1.475,00 1.084,72

ARRASTRENEAFC ARRASTRE 43 8.619,07 14.343,63 25.963,17 19.093,32

PORTUGAL 3 406,95 624,74 1.267,00 931,75

CALADOIRO NACIONAL(Cant/Noroeste)

ARRASTRE 84 11.912,35 18.815,28 38.393,14 28.234,32

ARTES MENORES 4.125 10.338,01 8.942,42 98.186,67 72.206,48

CERCO 154 4.661,42 6.012,55 32.786,26 24.111,02

PALANGRE FONDO 27 922,55 1.356,37 5.345,42 3.931,02

PALANGRE SUPERFICIE 58 6.828,04 12.477,24 24.028,75 17.670,74

ENMALLERASCOS 3 83,90 88,86 350,00 257,39

VOLANTAS 35 1.100,03 2.042,03 6.076,02 4.468,31

Totais 4.705 103.944,16 162.939,65 398.923,73 293.368,53

BUQUES DEDICADOS A ACUICULTURA/AUXILIARES 1.250

Buques de Pesca de Galiza a 10/02 /2012. Fonte.- Consellería do Medio Rural e de Mar. Xunta de Galiza

BUSCANDO RUMBO: A PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO SECTOR PESQUEIRO GALEGO

O esquecemento inicial da prevención pola pesca, tiña poucas bases en quese sustentar, pois estamos a falar dunha das actividades laborais máis peri-gosas que se coñecen, que se desenvolve nunha superficie de traballo en in-estabilidade permanente e na que non se ten control sobre as condiciónsmeteorolóxicas que poden comprometer a seguridade da embarcación. Obarco para os pescadores é ao mesmo tempo centro de traballo, vivenda ecentro de ocio. As extensas xornadas de traballo e os horarios, veñen condi-cionadas polas capturas e polas artes ás que se dedique cada embarcación.

O sector pesqueiro ten unha importancia enorme para Galiza dendetodos os puntos de vista, e son moitas as características que condi-cionan a potencia deste sector. Os 1.195 quilómetros de costa queposúe e a proximidade da súa poboación á mesma (máis do 70% vivea menos de 50 quilómetros do mar), son só unha pequena carta de pre-sentación coa que enmarcar as máis de 25.000 persoas que viven di-rectamente da pesca. Cando constatamos que cada emprego no marcrea catro empregos en terra, entón xa estamos a falar dun sector queconstitúe un dos pulmóns económicos deste país.

Galiza necesitaba urxentemente adicarse a atender e espallar a preven-ción neste sector tan importante, o que conlevaba a mellora das condi-cións de traballo e a saúde dos nosos pescadores, mariscadoras, redeiras,etc. No ano 2.000, a administración galega asume esta realidade e co-meza a executar accións específicas de concienciación e explicación polasConfrarías e Asociacións de Armadores de toda a costa. Este traballo ini-cial desemboca no Plan Vixía de Prevención de Riscos Laborais para osector pesqueiro de Galiza que ten continuidade nestes momentos.

Non foi doado. Teño rememorado algunha vez que os comezos foron du-bitativos, pois implicaba establecer contactos, gañar confianzas e in-fundir interese pola mellora das condicións de traballo nun sectortradicionalmente alonxado da prevención, e no que raramente se albis-caba outra preocupación que non fora a seguridade marítima.

Tivemos que facelo todo dende o principio, pero as condicións cam-biaron moito dende aquela.

Os técnicos do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral - ISSGA,especialistas no sector pesqueiro, visitamos e o seguimos a facer, moi-tísimos buques de pesca por toda a costa galega, e constatamos unhatransformación enorme.

Hoxe en día, nas flotas de Altura e Gran Altura é impensable atopar unbuque de pesca que careza de Plan de Prevención. É unha pesca máisindustrial que faena lonxe das nosas costas.

Nas flotas de Baixura e Artesanal, os cambios tamén son notables. Nestetipo de flota pequena, que constitúe o 86% do total de flota de Galiza,abundan os traballadores autónomos, o que dificulta a adopción de medi-das preventivas nas embarcacións. Con todo, quero facer referencia a unfeito absolutamente novidoso no sector, como foi a decisión que tomaronos pescadores galegos de crear Servizos de Prevención Mancomunados.

A Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI) artellou un SPM que dá ser-vizo aos socios desta cooperativa, e a Federación Galega de Confraríasde Pescadores á súa vez, deu vida a Mar Seguro de Galiza, que atendedende o punto de vista preventivo aos mariñeiros, mariscadoras, re-deiras, etc. que sexan membros da mesma, teñan ou non obrigas pre-ventivas.

Este fenómeno é visto con bos ollos por todos, pois permite a estes ser-vizos dispoñer de Técnicos de Prevención “especialistas” no sector, oque entendemos supón un plus de mellora.

Fixéronse moitas cousas a nivel preventivo na pesca pero nos quedanoutras moitas que facer. Temos Plans de Prevención de Riscos Laboraisnos barcos, melloramos as condicións materiais, temos buques máismodernos, mellores técnicas de pesca, mellores aparatos de comuni-cación e detección de pesca, pescadores máis formados, e por su-posto, mellores elementos de seguridade e salvamento. Mais isto noné todo. O seguinte paso chámase integración. Cómpre que a preven-ción forme parte da faena diaria, que cada fase de traballo, cada tarefae cada subtarefa que realice cada tripulante, se faga con pericia mari-ñeira pero dun xeito seguro.

Temos que resolver aínda moitos paradoxos que nos indican a necesidadede reformas en determinados apartados normativos, na responsabilidadedas persoas a bordo, na adaptación da formación das tripulacións ás novasrealidades, e nalgunha outra na que seguro todos temos matinado.

O Sector Pesqueiro Galego, a administración, as organizacións empre-sariais e sindicais, temos a obriga de estar niso. Todos xuntos e levandoa voga ao compás. Necesitamos seguir “buscando rumbo”

Boletin CIG Saude Lab GA:Maquetación 1 5/3/12 13:56 Página 11

Page 12: SUMARIO Un novo instrumento de información na defensa da ... · aerosois, gases ou vapores nocivos ou tóxicos. Tendo en conta todas as substancias manexadas e inhaladas, a porcentaxe

Publicacións

Proxecto de investigación no que se pro-cede a realizar un estudo da realidade pre-ventiva do sector naval, e se fundamentaa necesidade de contar con normativa es-pecífica. Ofrécese así mesmo, unha pro-posta de norma reguladora da seguridadee a saúde laboral, que aglutine e resolvao diferente tratamento nos asteleiros daslagoas legais que sofre o sector, substi-tuídas en cada unha das empresas, por nor-mas internas con contidos máis ou menoshomologables.

A construción naval ten a consideración es-pecial do Anexo I do Regulamento dos Ser-vizos de Prevención que indica as activida-des con maiores riscos. Trátase dunhaactividade que xera riscos de diversa natu-reza e que dependen basicamente do pro-ceso que levemos a cabo. Nesta guía esta-blécense unha serie de pautas de actuaciónpreventiva en relación aos traballos que sedesenvolven no sector e diversos anexoscon información de interese.

As drogas son tan antigas como a propia hu-manidade; ao longo do tempo foron utilizadasen celebracións rituais, con fins terapéuticose como recurso enerxético que fixera máis so-portables as duras condicións do traballo. Du-rante o ano 2009, realizouse unha enquisa paraverificar a incidencia das drogas no ámbito la-boral galego. A metodoloxía seguida na men-cionada enquisa, os cuestionarios realizadose os resultados obtidos atópanse neste tex-to, así como un resumo das principais drogase os seus efectos.

Este texto ofrece os resultados do estudo re-alizado sobre a problemática do consumo dedrogas, legais e ilegais nos sectores da au-tomoción e da construción naval. Recólleseademais a metodoloxía seguida na elabora-ción do estudo, as conclusións tiradas domesmo e varios anexos con documentacióncomplementaria.

Dende a súa primeira edición aló polo ano2000, o principal obxectivo desta Guía sem-pre foi servir de axuda aos delegados/as deprevención da nosa Central Sindical; conténinformación, entre outras cousas, sobre ascompetencias, responsabilidades e actua-ción dos delegados/as de prevención, o Co-mité de Seguridade e Saúde e Organismosda Administración en materia de prevención.

Con esta publicación ponse a disposiciónde traballadores e traballadoras que pre-cisen información relativa a calquera as-pecto relacionado coa seguridade química,riscos toxicolóxicos e medidas preventi-vas asociadas, unha publicación que con-tén a documentación necesaria, co ánimode facilitar a participación dos nosos de-legados/as, así como dos traballadores/asen xeral, no proceso preventivo.

A organización do tempo de traballo perfí-lase como un factor determinante na cali-dade de vida das persoas, na medida na queas características da xornada de traballopoden dificultar, impedir ou facer posible aconciliación entre a vida laboral, persoal efamiliar. No estudo referéncianse modelosde organización, flexibilidade e análise dosefectos sobre a saúde de traballadoras etraballadores e propostas sobre a ordena-ción do tempo de traballo.

Obra de consulta que pretende aglutinaro máis relevante da lexislación dos últi-mos anos sobre o amianto. Tamén se re-collen unha descrición do amianto e asdoenzas asociadas, os procesos xeraisde actuación no caso de desamiantado, eas reivindicacións dos afectados e afec-tadas pola manipulación continuada domaterial e as da propia Central Sindical.

Secretaría Confederal deNegociación Colectivae Saúde LaboralRúa Gregorio Espiño 47, Entrechán.36205 VigoTlf: 986 262 679. Fax: 986 262 781

Gabinete Técnico Confederal deSaúde Laboral. FerrolRúa Eduardo Pondal 41/43 entrechán.15403 FerrolTlf: 981 359 449. Fax: 981 359 [email protected]

www.cigsaudelaboral.org

Neste apartado queremos presentarvos as Guías e Estudos técnicos que o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIGten editado nos últimos anos e que poden ser descargadas da páxina web cigsaudelaboral.org

Neste número colaboraron os Técnicos/as de PRL: Trinidad Villar (Entrevista), Mª Candelaria González (Información Técnica), Fernando Solla (Sabías que?), Paula González (Sabías que?)

CO FINANCIAMENTO DE

DI. 0001/2011Dep.

Leg

al: C

428

-201

2

Boletin CIG Saude Lab GA:Maquetación 1 5/3/12 13:56 Página 12