situación futura da Área recreativa e praia fluvial

17
Situación futura da Área Recreativa e Praia Fluvial de Ribadiso Na Área Recreativa e Praia Fluvial de Ribadiso procederemos a facer varios traballos específicos os cales van desde mellorar os accesos, reformar estructuras existentes e crear novas. Para mellorar tanto a súa presencia estética, mellorar o seu uso, conseguir atraer a xente a este lugar e mellorar o apropiado disfrute, como aumentar o seu rendemento. Estes traballos de reforma son moi variados e estructurarémolos por Zonas: Perímetro do recinto Aparcadoiro e vías de Acceso Cafetería, Canchas deportivas e Xogos infantís A praia propiamente dita Zona de merenda

Upload: juan

Post on 20-Jul-2015

199 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Situación Futura da Área Recreativa e Praia Fluvial

Situación futura da Área Recreativa e Praia Fluvial de

RibadisoNa Área Recreativa e Praia Fluvial de Ribadiso procederemos a facer varios traballos

específicos os cales van desde mellorar os accesos, reformar estructuras existentes e

crear novas. Para mellorar tanto a súa presencia estética, mellorar o seu uso, conseguir

atraer a xente a este lugar e mellorar o apropiado disfrute, como aumentar o seu

rendemento. Estes traballos de reforma son moi variados e estructurarémolos por Zonas:

●Perímetro do recinto

●Aparcadoiro e vías de Acceso

●Cafetería, Canchas deportivas e Xogos infantís

●A praia propiamente dita

●Zona de merenda

Page 2: Situación Futura da Área Recreativa e Praia Fluvial

1. Perímetro do recinto

Actualmente o recinto esta bastante mal valado con respecto as fincas próximas e as estradas que pasan a carón del. Para solucionar este problema procederemos a facer un valado de madeira tratada para estar o exterior con postes de 20 cm. de diámetro e de 1,20 de altura colocados a 3 metros de distancia unidos a través de barrotes do mesmo material e diámetro en dous partes separados aproximadamente 50 cm.

Page 3: Situación Futura da Área Recreativa e Praia Fluvial

Valado tipo a usar nas zonas marcadas de vermello

Page 4: Situación Futura da Área Recreativa e Praia Fluvial

Antes de colocar o valado farase un desbrozado do perímetro para facilitar a labor dos operarios, tanto no retirada do anterior cerre como a colocación do novo que estará localizado o Norte do recinto que delinda coa finca de propiedade particular e u Oeste ca estrada que da acceso o aparcadoiro.

Cando realicemos este cerre perimetral tamén procederemos a mellorar o paso de pescador que hai entre a finca privada e a recinto da Praia Fluvial. Que tamén esta nun estado bastante deteriorado.

Page 5: Situación Futura da Área Recreativa e Praia Fluvial

1. Aparcadoiro e Vías de Acceso:

O noso primeiro traballo será acondicionar as vías de acceso á praia propiamente dita e á zona de merenda que actualmente está composta de area e grava pisada, que tras os efectos da auga creáronse fochancas nelas.

Antes de realizar o acondicionado das vías de acceso procederemos a apertura de cunetas para o desaugo de augas pluviais e canalización a parte máis baixa do río.

Page 6: Situación Futura da Área Recreativa e Praia Fluvial

Tamén colocaremos unha liña de farois, que sexan do mesmo modelo que os existentes, na vía que se encontra ao norte para maior visibilidade de noite nesa zona,xa que non existen farois nese lugar.

Para o pavimentado das vías de acceso procederemos a aplicarlle unha fina capa de conglomerado pisado.

Na vía que esta o Norte do recinto situase os contedores de lixo, os cales están a vista e dan unha mala imaxe si están cheos e sen baleirar, no lugar procederemos a facerlle un cerre de madeira dunha altura de 1,50 tupido de táboa tratada para exteriores.

Page 7: Situación Futura da Área Recreativa e Praia Fluvial

En segundo lugar procederemos a pintar o aparcadoiro cas liñas necesarias para delimitaras prazas dos coches e instalaremos unha alienación de farois a carón dos Acer pseudoplatanus para dar algo de luz de noite xa que nesta zona non hai farois . Tamén renovaremos os bancos de madeira que están debaixo da liña de Acer sp.

Page 8: Situación Futura da Área Recreativa e Praia Fluvial

Tipo de banco a usar para cambiar polos antigos

Page 9: Situación Futura da Área Recreativa e Praia Fluvial

1. Cafetería, Canchas deportivas e Xogos Infantís:

Enfronte a cafetaría colocaremos unha pérgola próxima a os xogos infantís, que será útil tanto para dar sombra os usuarios da cafetería, como os pais dos rapaces que usen os xogos infantís.

Page 10: Situación Futura da Área Recreativa e Praia Fluvial

Con respecto as Canchas deportivas procederemos a reparar o deterioro que presenta o cerre perimetral e as portas de acceso das mesmas. Cun material similar o que presenta actualmente o cerre

Page 11: Situación Futura da Área Recreativa e Praia Fluvial

Na zona de xogos infantís, procederemos a retiralos que están sobre area, para incorporar uns novos e máis modernos.

A area retirarémola e colocaremos no seu lugar un solo de caucho propio para o seu uso nestes lugares.

Tamén colocaremos un par de bancos próximos a zona de xogos.

Materiais a usar na zona de xogos infantís

Page 12: Situación Futura da Área Recreativa e Praia Fluvial

• A Praia propiamente dita:Na praia procederemos a facer varios traballos, o

primeiro será crear un camiño con lousa de pedra a carón do río que o bordeara pola zona da praia, que se unirá co camiño que vai ata a fonte que hai próxima a cafetería, logo pasará por un par de pontes e continuará no illote do meandro.

E melloraremos a ponte que pasa por riba do canal de desaugo do meandro, xa que é bastante esvaradío e esta cuberto de maleza. Colocaremos un parecido as pasarelas que hai sobre o río.

Page 13: Situación Futura da Área Recreativa e Praia Fluvial

Deseño do camiño e modelo da pasarela para cambiar a ponte do canal.

Page 14: Situación Futura da Área Recreativa e Praia Fluvial

Con respecto a o canle anterior procederemos a facerlle un peche de seguridade para evitar que caia xente no seu interior utilizaremos para ilo un valado de madeira de listón verticais de 20 x 8 x 120 cm. unidos a postes de 25 x 25 cm. con listóns horizontais que se fixan con sopores cadrados aparafusados ao cemento do canle.

Page 15: Situación Futura da Área Recreativa e Praia Fluvial

Logo procederemos a limpar e mellorar o acceso o río tanto na zona da escalinata de cemento como na pequena enseada que hai na zona menos profunda do río.

Tamén colocaremos unha mesa de pedra próxima as barbacoas

que hai no norte do recinto e próxima a vía de acceso.

Page 16: Situación Futura da Área Recreativa e Praia Fluvial

1. Zona de Merenda:Nesta zona procedemos por unha parte aumentar o

numero de mesas, farois e por outro cambiaremos o modelo das papeleiras e crearemos 4 novas estruturas para barbacoas.

As mesas serán de granito pulido duns 8 de lonxitude, con bancos do mesmo material.

Page 17: Situación Futura da Área Recreativa e Praia Fluvial

Os farois seguiran do mesmo modelo cos presentes na zona e próximos as novas barbacoas.

As papeleiras serán de madeira tratada para a intemperie e produtos ignífugos para evitar que se incendien, serán circulares e con tapa. No seu interior terá un cubo de latón extraíble para o seu mellor baleirado.