salle jovenlasalleferrol.es/wp-content/uploads/2012/10/caraaomar2012_3.pdfcampañas de solidariedade...

17
28 Cara ao Mar 2012 | La Salle Ferrol Salle Joven SalleJoven é unha gama de actividades educativas no tempo libre que se ofrece dende o Colexio para os alumnos de 6º de Primaria en diante. Ademais das reunións semanais e talleres, temos reunións di- versas cos grupos de SalleJoven de Gali- cia, Portugal e o resto do sector de La Sa- lle Valladolid (Castela e León, Cantabria, Asturias...) e encontros e campamentos de verán en Bujedo (Burgos). O principal obxectivo é continuar a aprender a ser persoas no noso tempo de lecer, mentres gastamos un bo tempo xuntos. En SalleJoven achegámonos ao que pasa no noso ámbito dende unha perspectiva e reflexión diferente. Ade- mais, serve como unha plataforma para outras realidades e interactuar con elas a través de opcións de solidariedade. Ah! Pero non esquezas ... O mellor de to- do, sen dúbida, é que, xuntos, pasámolo xenial! Dende o Grupo SalleJoven de 4 º ESO Somos un grupo de 3 rapaces e 3 rapazas que se reúnen unha vez por semana en SalleJoven co Irmán Jorge. Comezamos a reunión porque queriamos esas reunións e gozar do Colexio tamén fóra da aula. Dende o principio, fomos convidados a propoñer nos as ideas, cousas para facer e vivir... e fixemos moitas cousas. Abordamos cuestións que afectan as per- soas en diferentes partes do mundo. Nas reunións ollamos vídeos, facemos obra- doiros, preparamos dinámicas... Un día fi- xemos unha sesión de relaxación e outro fomos a Santiago para coñecer a outros grupos SalleJoven. No Nadal, axudamos na campaña de alimentos, recollendo as doazóns e repartindo os alimentos nas organizacións de axuda aos necesitados. Durante varios meses estivo con nós unha rapaza de SalleJoven Andalucía, Leticia, con quen compartimos grandes momen- tos. Cando marchou, tivemos unha cea de despedida na escola. Facemos moitas cousas para axudar no Colexio. Ofrecémonos sempre para facer todo o que necesiten: Semana de PROY- DE, decoración, axuda aos máis peque- nos... O próximo ano, aínda que algúns xa non estaremos no colexio, queremos conti- nuar con estas reunións, facendo moitas cousas máis e, sobre todo, axudando á xente no barrio, organizando actividades, limpando o barrio, etc.

Upload: others

Post on 25-May-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

28 Cara ao Mar 2012 | La Salle Ferrol

Salle Joven

SalleJoven é unha gama de actividades educativas no tempo libre que se ofrece dende o Colexio para os alumnos de 6º de Primaria en diante. Ademais das reunións semanais e talleres, temos reunións di-versas cos grupos de SalleJoven de Gali-cia, Portugal e o resto do sector de La Sa-lle Valladolid (Castela e León, Cantabria, Asturias...) e encontros e campamentos de verán en Bujedo (Burgos).

O principal obxectivo é continuar a aprender a ser persoas no noso tempo de lecer, mentres gastamos un bo tempo xuntos. En SalleJoven achegámonos ao que pasa no noso ámbito dende unha perspectiva e reflexión diferente. Ade-mais, serve como unha plataforma para outras realidades e interactuar con elas a través de opcións de solidariedade.

Ah! Pero non esquezas ... O mellor de to-do, sen dúbida, é que, xuntos, pasámolo xenial!

Dende o Grupo SalleJoven de 4 º ESO

Somos un grupo de 3 rapaces e 3 rapazas que se reúnen unha vez por semana en SalleJoven co Irmán Jorge. Comezamos a reunión porque queriamos esas reunións e gozar do Colexio tamén fóra da aula. Dende o principio, fomos convidados a propoñer nos as ideas, cousas para facer e vivir... e fixemos moitas cousas.

Abordamos cuestións que afectan as per-soas en diferentes partes do mundo. Nas reunións ollamos vídeos, facemos obra-doiros, preparamos dinámicas... Un día fi-xemos unha sesión de relaxación e outro fomos a Santiago para coñecer a outros grupos SalleJoven. No Nadal, axudamos na campaña de alimentos, recollendo as doazóns e repartindo os alimentos nas organizacións de axuda aos necesitados. Durante varios meses estivo con nós unha rapaza de SalleJoven Andalucía, Leticia, con quen compartimos grandes momen-tos. Cando marchou, tivemos unha cea de despedida na escola.

Facemos moitas cousas para axudar no Colexio. Ofrecémonos sempre para facer todo o que necesiten: Semana de PROY-DE, decoración, axuda aos máis peque-nos...

O próximo ano, aínda que algúns xa non estaremos no colexio, queremos conti-nuar con estas reunións, facendo moitas cousas máis e, sobre todo, axudando á xente no barrio, organizando actividades, limpando o barrio, etc.

Cara ao Mar 2012 | La Salle Ferrol 29

Educación na fe e

Pastoral

Nos colexios La Salle a Pastoral é central e fundamental en todo noso labor. Dende a reflexión da mañá cada día ata as activi-dades de tempo libre en SalleJoven, a fon-te do noso traballo educativo é o Evanxeo de Xesús de Nazaret.

Algunhas das actividades que fixemos son:

• Encontros de grupos SalleJoven. • Convivencias cristiás. • Campañas de solidariedade (Nadal e

PROYDE). • Iniciación e celebracións sacramen-

tais. • Formación de axentes de Pastoral. • Oración e reflexión da mañá. • Plan de educación na Xustiza. • Café con… (para profesores e fami-

lias). • Pascua para mozos e profesores. • Campamentos e actividades no verán • Semana Vocacional. • Semana Lasaliana

30 Cara ao Mar 2012 | La Salle Ferrol

Unha ollada solidaria

P.A.R.

O P.A.R. (Plan de achegamento á realida-de) é un proxecto de educación en valores no que participan todos os alumnos do Colexio. Mediante obradoiros, titorías, vi-sitas e dinámicas, pretendemos achegar-nos a realidades que parecen estar moi lonxe, pero existen e precisamos coñece-las.

Colexio polo Comercio Xusto

Dende marzo de 2012 La Salle Ferrol é re-coñecido como “Colexio polo Comercio Xusto”, un título otorgado polas ONGs IDEAS, PROYDE e SETEM aos centros educativos comprometidos cos valores a solidariedade.

O Comercio Xusto é unha actividade co-mercial baseada nunha relación directa e de respecto mutuo, na que produtores e consumidores obteñen a garantía de pro-dución baseada no respecto ós dereitos humanos e no desenvolvemento autosos-tible.

Educación Infantil: As profesións 1º E.P.: As nosas persoas maiores. 2º E.P.: As persoas cegas. 3º E.P.: As persoas con discapacidade física. 4º E.P.: Os meus amigos especiais. 5º E.P.: As persoas xordas. 6º E.P.: O Comercio Xusto. 1º E.S.O.: As persoas con discapacidade. 2º E.S.O.: Os transeúntes. 3º E.S.O.: As persoas que sofren discri-minación. 4º E.S.O.: Os inmigrantes.

Cara ao Mar 2012 | La Salle Ferrol 31

Educación na xustiza

PROYDE

PROYDE (Promoción e Desenvolvemento) é a nosa ONG. O Colexio e as familias le-vamos máis de 20 anos colaborando con esta organización, co obxectivo de mello-rar a educación e escolarización dos ne-nos e nenas dos países máis empobreci-dos.

No Colexio, este curso, centrámonos no “Proxecto CLIMA”, unha escola agraria para familias de Burkina Faso, en África. Durante todo o ano tivemos diversas acti-vidades, e ata unha “Esquina de Burkina” con fotos e información do proxecto.

O día 26 de abril celebramos no Centro o día central dentro da Semana de PROYDE.

Para celebralo contamos coa presenza de dous profesores de La Salle Santiago, Sa-lomé e Xoan, que nos amosaron a súa ex-periencia en Burkina Faso. Viñeron vesti-dos con roupas típicas desa zona (de fes-ta dixeron) e o seu testemuño serviu para achegarnos a esa realidade.

Despois, toda a Comunidade Educativa participou nun acto simbólico que é o bo-cata solidario e a tómbola. Quedamos a xantar no Colexio un bocadillo facendo un donativo para colaborar con este proxec-to ao que lle adicamos a nosa axuda este ano. Como outros anos, os bocatas foron preparados pola ANPA do Centro e parte dos alimentos doados gratuitamente por GADIS.

Tivemos un rato de música e baile e logo chegou o momento máis esperado polos pequenos que é a tómbola, na que colabo-raron, ademais das familias, ALCAMPO, o club de baloncesto OAR de Ferrol, a can-tante María Chenlo e FROIZ con algúns obxectos. Moitísimas grazas pola colabo-ración de todas as persoas que ofreceron algún xoguete ou calquera outra cousa para a tómbola. O mellor de todo foi a ca-ra de expectación dos rapaces esperando ver cal agasallo lle tocaba e a ledicia can-do marchaban cun feixe de cousas para casa, axudando, ademais, aos nenos de África.

32 Cara ao Mar 2012 | La Salle Ferrol

Inmersión lingüística

Durante a semana do 16 ao 20 de abril os alumnos de 1º e 2º de Secundaria realiza-ron unha Inmersión Lingüística no “En-glish Camp” en Robledo de Fenar (León).

Foron cinco días de intensas actividades e por suposto moita lingua inglesa.

O luns 16 despois da comida efectuouse a presentación do campamento e a conti-nuación realizouse a primeira actividade: “Subida ao refuxio” para a seguir ter clase de inglés e tempo libre antes da cea. A continuación da mesma foi a primeira ve-lada cos monitores, que por certo eran tres estadounidense e un inglés.

O martes foi un día intenso, había que afrontar a “Tripla actividade” : espeleolo-xía, tiro con arco e rocódromo. Todas es-tas disciplinas realizadas na localidade de Vegacervera.

O mércores visitouse o museo da Minería de Sabero e realizáronse actividades no Rancho Canadá.

O xoves 19 visitamos León e levamos a cabo actividades no campamento.

O último día realizouse a visita as Covas de Valporquero. Rematando a intensa semana de inmersión coa viaxe de volta.

Cara ao Mar 2012 | La Salle Ferrol 33

CEL, unha experiencia de vida como lasaliana

Comunidade do CEL 2011

No primeiro trimestre deste curso estiven en Madrid facendo o CEL (siglas de Centro de Es-tudos Lasalianos). Nesta páxina quero contar-vos o que significou para min esta experien-cia.

O CEL é algo máis que un curso, é unha expe-riencia de vida en Comunidade (algo moi im-portante onde nos apoiamos para sentirnos seguros e así poder levar adiante a nosa mi-sión educativa) e de Formación. Eramos 16 persoas de diferentes lugares de España e Sudamérica , mestres e irmáns de colexios de La Salle, que ademais de formarnos compar-timos moitos días xuntos, cos seus momentos de oración, de preparación do Proxecto per-soal e Comunitario, de visita a distintas reali-dades do noso entorno, de retiro, de lectura, de ocio, de compras, de deporte, de morriña, de ledicia,…

A formación, intensa e completa, estivo orga-nizada en dous grandes bloques: Raíces e Iti-nerario e Proxecto de Misión.

Na primeira parte fixemos un percorrido pola nosa propia historia, pola historia de S. Xoan Bautista de la Salle e pola nosa fe. Compro-bamos que a pesar dos anos que nos distan-cian da época do noso fundador, os seus es-critos (A Guía das Escolas Cristiás, As Medi-tacións para o tempo de retiro…), seguen sendo algo moi válido para nós.

Cada un dos que nos sentimos lasalianos re-cibimos un agasallo: o Carisma Lasaliano. É unha sensibilidade especial ante determina-das necesidades , que no noso caso son as necesidades educativas dos nosos alumnos. É un sentimento de implicación e responsabili-

dade que se desperta en nós, educadores la-salianos, para dar solución a esas necesida-des. É a creatividade que se xera para que as respostas sexan as mellores posibles e é a capacidade de discernir entre as posibles op-cións que se nos presentan e os criterios cos que debemos actuar e dar resposta.

E despois: A Ruta Lasaliana (viaxe por Fran-cia) onde nos atopamos coas nosas raíces de educadores lasalianos.

A Palabra de Deus (o evanxeo e a persoa de Xesús) foi a referencia fundamental e o Espí-rito de Fe a raíz máis profunda da Identidade Lasaliana. Dende este espírito de fe enténde-se o sentido das nosas accións.

E xa para rematar metímonos de cheo co noso Proxecto de Misión, o noso compromiso como lasalianos que intentan dar respostas edu-cando desde a Fe.

A palabra Fraternidade podería definir este tempo vivido de relacións cercanas entre as persoas que formabamos a Comunidade do CEL

Hai algo na vida que fai a árbore sentirse par-te do bosque, que lle proporciona o sentimen-to de pertenencia a algo máis grande. A expe-riencia na que se funde esta raíz fai que sexa-mos solidarios, que nos apoiemos uns aos ou-tros e ten un nome propio na nosa historia la-saliana. Chámase “ Xuntos e por Asociación” e dende ela desenvolvese a narración colectiva na que estou totalmente inmersa.

Conchi López Magán

34 Cara ao Mar 2012 | La Salle Ferrol

Voz Natura

Ás árbores... O ar dos nosos pulmóns!

Neste curso 2011-2012 o Centro La Salle-Ferrol mantivo o seu compromiso de par-ticipación no programa medioambiental “Voz Natura”, festexando o décimo ani-versario.

O traballo deste curso escolar estivo cen-trado principalmente nas árbores, na súa importancia na natureza, no equilibrio do planeta, nas persoas... así como no seu coidado e no fomento de actitudes de pro-tección das árbores e bosques.

O programa mantén no centro as liñas de traballo iniciadas en anos anteriores:

• Os rincóns da natureza. • Erre que erre: Un sistema de reci-

claxe.

No primeiro trimestre realizouse a tradicio-nal Semana das Ciencias e a decoración dos diversos espazos do centro coas árbores confeccionadas polo alumnado a partir de materiais de refugallo. Tamén festexamos o 23 de novembro: día das árbores autócto-nas.

No segundo trimestre desenrolouse o núcleo central do proxecto, celebrando o dia da ár-bore, os traballos de investigación do alum-nado, as visitas e excursións, charlas, a ex-posición, etc.

No terceiro trimestre, reservamos un espazo para a Semana Voz Natura durante a que se realiza a visita de limpeza á praia de Caranza e o blog específico das nosas árbores, reali-zado a partir do traballo de investigación do alumnado de Secundaria.

Cara ao Mar 2012 | La Salle Ferrol 35

Plantamos bulbos e sementes...

...E tamén árbores e plantas

36 Cara ao Mar 2012 | La Salle Ferrol

Celebramos o

Samaín

Este ano a festa de Samaín estivo ambien-tada no tema das árbores. O Colexio víuse somerxido nun bosque de sorpresas.

Para levala a cabo organizamos diferen-tes obradoiros Grazas pola vosa colabo-ración!

• Obradoiro de maquillaxe, cociña, manualidades.

• Cova do terror • PhotoCall: Deseñado polos alum-

nos de secundaria nas clases de plástica, na que os nenos con dis-fraz ou sen el, puideron ser fotogra-fados como fan os famosos.

• Concurso para pais e nais sobre “manualidades de outono”

Día da Paz O manifesto colexial deste ano a prol da Paz é unha adaptación dun poema que escribiu no ano 1897 Rudyard Kipling. Es-peramos que, todos os valores que Ki-pling utilizou hai máis de 100 anos, valo-res tales coma a aceptación do diferente, a amizade, o traballo en equipo, a necesi-

dade das leis… florezan nos nosos cora-zóns. Todo o colexio unido pola Paz, pero non debemos esquecer que a Paz temos que traballala día a día coa familia, os amigos, os compañeiros, os mestres, os alumnos… Temos que coidala entre to-dos. FAGÁMOLO.”

Cara ao Mar 2012 | La Salle Ferrol 37

m

Camiño de Santiago

Entre o venres 27 de abril e o 1 de maio, mar-tes 16 alumnos de 3º e 4º de Secundaria, acompañados por profesores do Colexio, pe-regrinaron a Compostela polo Camiño Inglés.

Foron cinco días de intensas emocións e por suposto longas camiñadas. Saíron o venres 27 ás 16:00 do Colexio cara Pontedeume, pasan-do por Xubia, Neda, Fene. O primeiro día re-matou no albergue de Pontedeume.

O sábado 28 a etapa unía as cidades de Pon-tedeume e Betanzos previo paso por Miño, o inicio foi moi intenso, a mañá soleada facilitou a boa marcha, á tarde a ameaza da tormenta acompañounos ata chegar a Betanzos onde empezou a descargar.

Tras unha fría noite os peregrinos iniciaron a súa marcha cara a Hospital de Bruma, era a etapa máis temida polo desnivel que habería que superar, pero ao final da tarde o merecido descanso facilitou a longa marcha do luns que levaría os peregrinos de La Salle ao Monte do Gozo, xa ás portas de Santiago.

O martes 1 de maio, tras un máis que mereci-do reposo, rematou a peregrinación na Cate-dral de Santiago de Compostela asistindo á Misa do Peregrino e conseguindo a Composte-llae.

38 Cara ao Mar 2012 | La Salle Ferrol

Animación

lectora

Durante este ano leváronse a cabo varias animacións lectoras coa finalidade de acadar que os nosos alumnos se ache-guen á lectura. Fomentar o gusto pola lec-tura fará que sexan competentes nos seus labores diarios e que desenvolvan as ca-pacidades necesarias para mellorar nos seus estudos. Para iso desenrolamos va-rias actividades ao longo do curso para conseguir tal fin.

Na 1ª Semana da Animación lectora, al-gúns alumnos de 6º de Primaria prepara-ron contos orixinais seus para despois fa-cer de contacontos para os seus compa-ñeiros de infantil. Aquí podedes ver como resultou a actividade.

Este trimestre adicamos a animación lec-tora a “CONTOS, LENDAS OU HISTORIAS onde aparecen ÁRBORES, FRAGAS…”

Para iso, decoramos o cole con diferentes árbores elaborados con distintos mate-riais (papel seda, pintura de dedos…)

En cada unha das clases puxemos unha árbore “El árbol de las estaciones”, que co paso do tempo veremos os seus cam-bios, segundo a época do ano.

Cos libros que trouxemos entre todos de casa, elaboramos unha exposición na bi-blioteca e así puidemos disfrutar de moi-tas aventuras relacionadas co tema.

Traballamos cos nosos alumnos na elabo-ración dos seus propios contos e que aproveitamos para que participasen no concurso de contos en galego que reali-zamos no noso Centro co gallo do Día das Letras Galegas.

Cara ao Mar 2012 | La Salle Ferrol 39

Charlas de autores:

A tarde do martes 8 de maio os alumnos de 3º e 4º da ESO recibiron a visita de Santiago Jaureguizar. A visita forma parte do Plan de Animación á Lectura que se es-tá a levar a cabo no Centro, e desde a ma-teria de Lingua galega, os alumnos puide-ron ler e traballar un dos seus libros A co-roa de Napoléon que pertence a unha sa-ga que narra as aventuras dun detective adolescente (Tintimán) que desempeña o seu traballo por distintas cidades galegas, mesturando a actualidade con datos his-tóricos sobre elas.

Durante a charla Santiago comentounos sobre o proceso de creación dun perso-naxe, falounos dos personaxes da súa no-vela, do seu labor como xornalista e como ten cambiado esa profesión e sobre todo comentounos dos seus proxectos entre os

que destaca nun futuro non demasiado lonxano que Tintimán visite Ferrol nunha nova novela que está maquinando.

O luns 7 de maio tivemos a gran sorte de contar coa visita de Anxo Fariña. Este es-critor e deseñador de libros infantís e xu-venís veu para compartir uns intres cos alumnos de 1º e 2º da ESO. A visita forma parte do Plan de Animación á Lectura que se está a levar a cabo no Centro, e desde a materia de Lingua galega, os alumnos puideron ler e traballar un dos seus libros “A chave da Atlántida” galardoado co Premio Merlín no ano 2011.

Na súa visita, Anxo comentounos cousas curiosas como que a pedra da campá nas Illas Cíes e un soño infantil (os robots) fo-ron a súa inspiración para facer este libro, ou como lle pode levar unhas 12 horas re-alizar unha das ilustracións do libro; cal é o proceso para facelas coas distintas fa-ses; que lle levou un mes e medio levar a cabo a historia que se narra nesta nove-la… Todo nun ton moi cercano que nos engaiolou a todos. E para rematar amo-sounos as súas dotes como ilustrador pe-dindo un voluntario e convertindo a súa imaxe nun “cyborg” que podería ter parti-cipado nunha hipotética segunda parte do seu libro.

Potenciamos o uso da biblioteca escolar, e os nosos alumnos puideron realizar ac-tividades aí, ademais do uso habitual co-mo servizo de empréstito de libros.

40 Cara ao Mar 2012 | La Salle Ferrol

Milla escolar

O pasado 12 de maio celebrouse nas inme-diacións do noso colexio a XII Carreira Es-colar Colexio La Salle. A participación su-perou os 850 atletas, sendo 350 deles ne-nas e nenos de 2 a 5 anos.

O éxito do evento debeuse á participación desinteresada de moitas persoas: nais da ANPA, entidades colaboradoras e profeso-res. Pero unha mención especial merecen os rapaces de Secundaria do noso centro que desde as 8 da mañá traballaron en to-dos os lugares: preparación do circuíto, li-ña de meta, saídas, zona de obsequios, atención a nenos pequenos, recollida do circuíto Eles foron a mostra de que no cole-xio non só se aprenden coñecementos se-nón que tamén se forman persoas.

Cara ao Mar 2012 | La Salle Ferrol 41

m

Festas La Salle

Exhibicións e pregón

Do luns ao xoves as tardes estiveron ocupa-das coas exhibicións das distintas actividades extraescolares que temos no colexio: baile, ballet, canta-baila, guitarra, iudo e karate.

No mediodía do xoves o noso director foi o pregoeiro das festas que, cunha exhibición de Batuka dos alumnos de 5º e 6º, entraron no seu momento culminante.

Na semana do 7 ao 11 de maio celebráronse no noso colexio as Festas Colexiais na honra de San Xoán Bautista de La Salle.

As festas son sempre un dos momentos máis esperados polos rapaces e familias. É unha oportunidade para encher de ledicia o noso colexio, lembrando a vida e obra do noso fun-dador.

Concerto do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol

O día 9 de maio, dentro da celebración das festas colexiais, tivemos un concerto didác-tico durante a mañá amenizado polo Conser-vatorio de Música de Ferrol.

Explicáronnos a historia da trompeta, da trompa, do trombón e da tuba, ademais de amosarnos como soaban sen ningún outro acompañamento. Tamén puidemos escoitar varias composicións con todos os instru-mentos xuntos.

42 Cara ao Mar 2012 | La Salle Ferrol

Xogos de cidade

O venres dia 10 de maio os alumnos da E.S.O fixeron xunto cos profesores una serie de actividades polo barrio de Caranza que de-mos en chamar “Os xogos de cidade”.

Eucaristía

O acto central das nosas festas foi a Eucaris-tía na memoria de San Xoán Bautista de La Salle. Nela, ademais de lembrar as accións de Deus na vida de La Salle e os primeiros Irmáns, descubrimos, cun conto sobre unhas ferramentas, como cada un de nós é imprescindible para ter ben feita a obra da nosa comunidade: ser luz, estrelas para os demais.

Tarde de festa na ESO

O xoves 10 de maio tivemos unha serie de actividades na ESO co gallo das festas cole-xiais.

Houbo tres actividades:

• Hóckei sobre patíns. • Carreiras virtuais con ergómetros. • Torneos de xogos de mesa.

Xogos de inxenio e ginkana

O xoves pola tarde chegou a hora de pensar e os xogos de enxeño conseguiron que, gra-zás ao traballo en equipo, os alumnos de primaria resolvesen “sudokus” e problemas.

Pola mañá do venres todo o colexio encheu-se de xogos

Concurso de Talentos

O Concurso de Talentos de Primaria concen-trou no salón de actos a familias e alumnos para, un ano máis, sorprendernos a todos coas habilidades artísticas dos rapaces.

Cara ao Mar 2012 | La Salle Ferrol 43

Disfrazámonos no

Entroido

O venres 17 de febreiro celebramos o En-troido no noso colexio. Os alumnos/as do Centro saíron polas rúas do noso barrio para amosar a todos os nosos veciños/as o moito que se traballou para facer os dis-fraces. Foi unha tarefa en equipo: alum-nos maiores, profesores, pais e nais vo-luntarios... todos botaron unha man para que a experiencia de saír cos máis pe-quenos fose marabillosa.

Despois do percorrido, tornamos ao cole-xio, e no pavillón todos os cursos partici-paron nun desfile para ver o traballo que levamos a cabo durante estes días.

Os nenos e nenas de Educación Infantil de 3, 4 e 5 anos disfrazáronse de abellas, xi-rafas e pingüíns rememorando películas como: “La abeja Maya”, “Madagascar” ou “Happy Feet”. Antes de vestirnos xanta-mos na clase: orellas, freixós e rosquillas que trouxemos da casa. Estaban riquísi-mas!

Rematamos bailando todos xuntos. Foi moi divertido.

Rúa Pardo Bazán s/n

15406 FERROL (A Coruña)

Tfno: 981 318 111 Fax: 981 3281 77

Móbil: 628 737 596

E-mail: [email protected]

Web: http://www.sallep.net/ferrol