romeu e xulieta

5

Click here to load reader

Upload: loaira

Post on 10-Jul-2015

230 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Romeu e Xulieta

ROMEU E XULIETA

Fai moitos, moitíííísimos anos, vivía en Verona un mozo chamado Romeu.

Romeu estaba namorado do amor, tan namorado que sufría día e noite por ese amor que nuuuuuunca chegaba.

Sae Romeu a escea con música de fondo.

- Romeu: Ai de min, as horas tristes parecen tán longas!

Por que será o amor tan doce a simple vista e tan duro e amargo cando se proba?

O meu corazón cheo de pena pésame coma un chumbo!

Romeu a miúdo pasaba longas horas buscando a soidade para poder pensar tranquilamente na súa amada. O seu curmán Benvolio estaba moi preocupado.

Sae Benvolio a escea. Diríxese a Romeu.

-Benvolio: Dime curmán Romeu, que tristura alonga as túas horas? Estás namorado?

-Romeo: Si, curmán si. Pero ela, Rosalina, a bela Rosalina, non quere saber nada de mozos. Ai de mín!! shhhh! Aí a vén.

Entra Rosalina en escea dando un paseo. Romeu corre a axeonllarse aos seus pes e cóllea da man.

-Romeu: Rosalina, eres a luz dos meus ollos.

Rosalina mírao con desprezo e segue o seu camiño. Sae da escea.

Page 2: Romeu e Xulieta

-Romeu: O meu querido curmán! Que tristura teño no meu corazón! Sinto que morro!

-Benvolio: Vouche dicir unha cousa. Esquécete dela!!!

-Romeu. Pero non podo!!

-Benvolio: Que te esquezas dela!!!

-Romeu: Non podo!!

Foi así que o curmán Benvolio empezou a idear un plan para facer que Romeu deixara de sufrir.

Convénceo para ir a unha festa, onde, ademais de estar Rosalina, van ir moitas mozas guapas.

Levántase o telón e aparecen sentadas varias mozas e mozos, todos moi engalanados e engalanadas.

Entra Romeu con Benvolio e dan una volta pola festa. De repente, Romeu ve a Xulieta e queda prendado dela.

-Romeu: Quen é esa muller tan fermosa?

-Benvolio: É Xulieta, a filla dos Capuleto!

Xulieta era una moza moi romántica e pasaba longas horas pensando no que sería o amor da súa vida.

Xulieta levántase da festa e acércase ao xardín ou ventá ela soa. Música de fondo. Mirando ao ceo.

Page 3: Romeu e Xulieta

-Xulieta: Eu soño con atopar algún día o amor da miña vida, un mozo guapo e cariñoso, que saiba traballar e lle guste troulear.

Oh meu amor ,cando vas a vir? O meu corazón latexa por ti.

Pero…. quen é ese que vén por alí?

Aparece Romeu en escena e axeónllase aos pés de Xulieta.

-Romeu: Xulieta, os teus ollos parecen soles e os teus dentes diamantes, dime Xulieta, queres casar comigo?

Nese momento entra Rosalina en escea achegándose a eles .

-Rosalina: Romeo, quen é esa muller?

-Romeu: É Xulieta, a luz dos meus ollos!!

-Rosalina: Oh meu Deus!!! O meu corazón rompeu.

Rosalina vai saíndo da escea e xusto antes de saír cae o chan esvaecida coa man no peito.

-Romeu: Xulieta, queres casar comigo?

-Xulieta: Oh Romeo!! O meu corazón latexa por ti pero temos un problema, os meus páis endexamais consentirán que case cun Montesco.

Romeu e Xulieta pertencían a dúas familias moi importantes da cidade: os Montesco e os Capuleto.

Dende sempre estas familias odiábanse entre elas e vellos rencores asolaban os seus corazóns.

Page 4: Romeu e Xulieta

Non era a primeira vez que corría sangue polas rúas de Verona debido as frecuentes pelexas entre Montescos e Capuletos.

De esta maneira cando o curmán de Xulieta, Tibalt, viu como Rumeo lle declaraba o amor á sua curmá, montou en cólera e retouno a un dó a morte.

Sae Tibalt e ataca a Romeu. Pelexan coas espadas dando unha volta completa e finalmente Romeo mata a Tibalt. Cae o chan.

-Xulieta: Oh meu querido curmán! Oh meu Deus que desgraza tan grande! Como pode brotar ou nacer o amor da tumba do meu curmán! Oh meu Deus, que desgraza!

Pero Romeu, como puideches matar ao meu primo Tibalt?

-Romeu: Antes prefiro morrer que perder este amor. Calquera cousa faría por ti. Pero non podo vivir sen ti.

-Xulieta: Eu tampouco pouco podo vivir sen ti Romeu, que podemos facer?

Romeo e Xulieta quedaron prendados do seu amor sen saber que facer, pero……..

-Xulieta: Teño un plan Romeu. Ven comigo.

-Xulieta: Bebámos pois este veleno para que nada nin ninguén poida nunca máis separarnos.

Page 5: Romeu e Xulieta

Beben o veleno e caen xuntos ao chan.

Foi así que deste xeito tráxico rematou a fermosa e triste historia de amor de Romeo e Xulieta.

Érguese a música e finaliza a obra. FIN