rexurdir · 2020. 11. 21. · có son da gaitiña, có son da pandeira, che pido que cantes rapaza...
TRANSCRIPT
Ámbito Lingüístico e Social 4ºESO
REXURDIR (arredor de Rosalía de Castro)
UNIDADE DIDÁCTICA 1
Guión
Introdución 1
Texto 1 2 Tarefas e produtos 3
Recursos 3
Lecturas:
1. Prólogo de Cantares Gal legos
2. Act itude ant i-galega na Literatura Castelá
Introdución
O 17 de maio de 1863 é unha data que marca un antes e un despois na historia da literatura galega. É o momento en que aparece en Vigo, na imprenta de Juan Compañel, Cantares Gallegos, obra fundacional da Literatura Galega Contemporánea, asinada por Rosalía Castro de Murguía .
En 1863, ou arredor deste ano, publican as súas obras Jules Verne, Cinq semaines en ballon; Walter Scott, o best-seller do momento, que publicara en 1819 Ivanhoe; Flaubert, que xa publicara en 1857 a súa maxistral Madame Bovary; Dickens, Grandes esperanzas; e Bécquer, o romántico por excelencia da literatura española, que publicou en 1863 dúas lendas: “La promesa” e “El beso” e que asinará en 1968 El libro de los gorriones (antecedente das Rimas); se ben o máis exitoso poeta en castelán por aquel entón era Ramón de Campoamor.
Cantares Gallegos estaba escrito nunha lingua á que non se lle coñecía tradición literaria, por unha moza de 25 anos, que con 20 publicara o seu primeiro poemario, La flor; con 21 publicara un manifesto feminista, Lieders; e con 24 publicara xa dúas novelas, La hija del mar e Flavio.
Rosalía era consciente das súas transgresións: como muller, como galega e como reivindicadora do pobo galego (da clase oprimida ou marxinada).
Daquelas que cantan as pombas y as frores todos din que teñen alma de muller, pois eu que n’as canto, Virxe da Paloma, Ay!, de que a terei?
Coñece a súa función como escritora no medio dun movemento colectivo de recuperación lingüística. Recoñece formar parte dun movemento de orixe semiurbana que se dirixe ás clases ilustradas, á elite intelectual: “As multitudes dos nosos campos tardarán en ler estes versos, escritos a causa deles, pero só en certo modo para eles”.
Así inicia Cantares Gallegos: “Has de cantar”: “Canta, si queres, / na lengua que eu falo” [...] “Cantarte hei, Galicia / na lengua gallega , / consolo dos males, / alivio das penas”.
Así finaliza Cantares Gallegos: Eu cantar, cantar, cantei,/ a grasia non era moita, / que nunca (delo me pesa) / fun eu meniña grasiosa. [...] Non me espriquei cal quixera / pois son de espricansa pouca; / si grasia en cantar non teño / o amor da patria me afoga.
No prólogo explica a súa intención: denunciar a inxustiza que se comete con Galiza e coa súa lingua e pór en evidencia os seus maltratadores. E todo baixo a apariencia de “inocentes” poemas populares... Estamos, pois, ante a primeira obra íntegra e conscientemente en galego do s. XIX que amosa unha clara vontade de participar no proceso de normalización da escrita culta na nosa lingua, polo que será considerada obra inaugural do Rexurdimento da literatura galega .
2
I. «As de cantar Meniña gaiteira, As de cantar Que me morro de pena Canta meniña Na veira da fonte, Canta dareiche Boliños do pote. Canta meniña Con brando compas, Dareich' unha proya Da pedra do lar. Papiñas con leite Tamén che darei, Sopiñas con viño, Torrexas con mel. (…) ¡Que feira, rapaza, Si cantas faremos!... Festiña por fora, Festiña por dentro. (…) Canta si queres Na lengua qu' eu falo, Dareich' un mantelo. Dareich' un refaixo. Có son da gaitiña, Có son da pandeira, Che pido que cantes Rapaza morena. Có son da gaitiña, Có son do tambor, Che pido que cantes Meniña por Dios." II. Asi mó pediron Na veira do mar, A ó pé das ondiñas Que veñen e van. Asi mó pediron Na veira do rio
Que corr' antr' as erbas Do campo frorido. Cantaban os grilos, Os galos cantaban, O vento antr' as follas Runxindo pasaba. Campaban os prados, Manaban as fontes, Antr' erbas e viñas Figueiras e robres. (…) Que cofias tan brancas! Que panos con freco!... Que dengues de grana! Que sintas! que adresos! Que ricos mandiles, Que verdes refaixos... Que feitos xustillos De cór colorado! Tan vivos colores A vista trubaban, De velos tan vareos O sol se folgaba. De velos bulindo Por montes e veigas, Coidou qu' eran rosas Garridas e frescas. III. Lugar mais hermoso Non houbo na terra Qu' aquel qu' eu miraba, Qu' aquel que me dera. Lugar mais hermoso No mundo n' hachara, Qu' aquel de Galicia, Galicia encantada! Galicia frorida, Cal ela ningunha, De froles cuberta, Cuberta de espumas.
D' espumas qu' o mare Con pelras gomita, De froles que nacen A ó pé das fontiñas. De valles tan fondos, Tan verdes, tan frescos, Qu' as penas se calman No mais que con velos. Qu' os anxeles neles Dormidos se quedan, Xa en forma de pombas, Xa en forma de niebras. IV. Cantart' ei, Galicia, Teus dulces cantares, Qu' asi mó pediron Na veira do mare. Cantar t' ei, Galicia, Na lengua gallega, Consolo dos males, Alivio das penas. Mimosa, soave, Sentida, queixosa, Encanta si rie, Conmove si chora. Cal ela, ningunha Tan dulce que cante, Soidades amargas, Sospiros amantes.! Misterios da tarde, Murmuxos da noite: Cantar t' ei, Galicia, Na veira das fontes. Qu' asi mó pediron, Qu' asi mó mandaron, Que cant' e que cante Na lengua qu' eu falo. Qu' asi mó mandaron, Qu' asi mó dixeron... Xa canto, meniñas, Coidá que comenzo
Secuencia integrada 2. Cantares Gallegos
COMUNICACIÓN
Coloquio arredor do
texto (intervencións
orais espontáneas)
Definicións
adecuadas
Análise do texto
(tipoloxía, estrutura,
temática…)
Que prexuízos e
estereotipos
pretende derrubar
Rosalía de Castro
coa súa obra
Cantares Gallegos?
(opinión oral
argumentada)
Tarefas 3
SOCIEDADE
Contexto: Idade Moderna
o (XVI-XVII)
Séculos Escuros vs.
Século de Ouro (ppt)
o (XVIII)
A Ilustración un
prerrexurdimento?
(ppt)
Glosario de termos dos
séculos XVI-XVII-XVIII
para seren explicados
polo alumnado na aula.
Cuestionario na Aula
Virtual
FUNCIONAMENTO DA
LINGUA
Os desvíos
normativos (ppt)
Recursos
Prólogo de Cantares Gallegos
Actitude antigalega da Literatura Castelá
Séculos Escuros e Ilustración
Literatura Castelá dos Séculos de Ouro
Biblioteca Virtual Galega
Biblioteca Virtual Cervantes
Dicionario da RAG e da RAE
Caderno TIL Comunicación
Comentario poético
Os desvíos normativos
LITERATURA
A literatura dos
Séculos de Ouro.
Autores/as e obras.
Traballo de
investigación: Como
vestiría...?
(investigación,
presentación e
exposición oral)
Tarefa de
RECUPERACIÓN E/OU
AMPLIACIÓN
A literatura distópica
(investigación e
exposición escrita e
oral) (modelo)
SECUENCIA INTEGRADA (2). Cantares Gallegos
1. Contidos curriculares:
a. contidos previos:
i. Elaboración de definicións adecuadas
ii. Elaboración de textos expositivos
iii. Elaboración de textos argumentativos
iv. Elaboración dun artigo de opinión
v. Cuestionarios na aula virtual
vi. Traballo de investigación
b. contidos novos:
i. Comunicación: O comentario crítico. Glosarios
ii. Funcionamento da lingua: Os desvíos normativos
iii. Sociedade: Da Idade Moderna á Idade Contemporánea. Os séculos XV-XVI-XVII-XVIII
iv. Educación Literaria: A literatura castelá do século de Ouro
2. Contexto: Estereotipos e prexuízos.
3. Competencias: CCL, CCEC, CAA, CSC, SIEE e CD
4. Tarefas e Produtos:
a. Traballo previo: Lectura de Prólogo de Cantares Gallegos
b. Tarefas e actividades na aula:
i. Coloquio
ii. Definicións adecuadas
iii. Os desvíos normativos
iv. Análise da tipoloxía textual
v. Opinión argumentada oralmente arredor da finalidade de Cantares Gallegos
vi. Debate: é o século XVIII o 3º século escuro ou é o século do prerrexurdimento?
vii. Busca de información sobre o contexto e sobre os autores e as autoras citadas no texto
viii. Realización dun cuestionario na Aula Virtual
ix. Preparación do traballo de investigación
c. Produtos:
i. Glosario de termos da Idade Moderna
5. Recursos que terá que manexar o alumnado: Aula Virtual e Caderno TIL
TAREFA SEMANAL 1. Ler e resumir o artigo: Galicia y los gallegos en la literatura española del Siglo de
Oro. Miguel Ángel Teijeiro Fuentes. Universidad de Extremadura.
SD2. AVALIACIÓN
INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES AVALIABLES
ÍNDICES DE LOGRO
MM M R B MB
Coloquio.
Intervencións orais espontáneas.
Definicións adecuadas.
Argumentación
oral.
Exposición oral
planificada de
termos do
Glosario.
(Diario de aula e
Rúbricas)
4. Comprende o sentido global de textos orais de distinto tipo e xénero identificando a estrutura e a información
relevante, determinando o tema e recoñecendo a intención comunicativa do/da falante. CCL
5. Recoñece os erros da produción oral propia e allea a partir da práctica habitual da avaliación e autoavaliación, e
propón solucións para melloralas. CCL, CAA
7. Coñece e aplica as normas de cortesía (escoita activa, interese, respecto e rexeitamento de linguaxe discriminatoria)
e é quen de aplicalas nas súas intervencións planificadas e/ou espontáneas, respectando as opinións alleas. CSC, CCEC
9. Produce textos orais e é quen de realizar intervencións espontáneas na variante dialectal propia e/ou planificadas
adecuadas ao contexto, respectando as regras de interacción, cinxíndose ao tema e dun xeito cada vez máis rico e
variado no uso do léxico. CCL, CSC
11. Produce (servíndose de guións e con axuda das TIC) textos orais e é quen de desenvolverse en situacións da vida
cotiá, en exposicións orais propias do mundo académico, en debates e coloquios, manifestando a opinión propia,
adecuando a prosodia, a pronuncia e o léxico á situación concreta de comunicación, diferenciando o rexistro formal do
coloquial e autocorrixíndose. CCL, CAA, CSC, CSIEE, CD
12. Interpreta e segue as instrucións orais. CCL, CAA
21. Coñece e usa un léxico amplo e é quen de servirse del para as súas producións textuais en distintos contextos e
rexistros. CCL, CAA, CSC, CSIEE
28. Analiza os elementos textuais e é quen de diferenciar a estrutura, a argumentación e a temática. CCL, CAA
30. Participa en proxectos para o desenvolvemento TIL e é quen de utilizar varias linguas e relacionalas lingüística e
culturalmente, desenvolvendo a súa competencia plurilingüe para aproveitar os coñecementos nunha desas linguas na
produción de textos de calquera outra. CCL, CAA, CSIEE, CCEC
31. Valora a propia lingua como instrumento para aprender a aprender e como símbolo da identidade dun pobo e é
quen de argumentar a súa postura e interpretar manifestacións do xénero humorístico para desenvolver esta actitude
e loitar contra os prexuízos, defendendo un plurilingüismo inclusivo, desde a lingua propia. CCL, CAA, CSC, CCEC
42. Expresa a relación entre o contido da obra, a intención do/da autor/a e o contexto, analizando e explicando a
relación existente entre manifestacións artísticas de todas as épocas (música, pintura, cine, etc.). CSC, CCEC
43. Define adecuadamente conceptos históricos da Idade Moderna e utiliza con precisión ese vocabulario. CCL, CSC
Cuestionario na
Aula Virtual
1. Distingue conceptos históricos e sabe definilos adecuadamente. CCL, AaA
2. Coñece feitos históricos e sabe situalos nun eixe cronolóxico e a historia social da lingua galega. CCL e CCEC
3. Coñece e respecta as indicacións para a realización de tarefas e é quen de realizalas dun xeito progresivamente máis autónomo servíndose especialmente das TIC. AaA , SIEE, CD