revista nÓs - la voz de galicia · 2020. 10. 29. · especial centenario da revista nÓs venres,...

12
ESPECIAL CENTENARIO DA REVISTA NÓS LA VOZ DE GALICIA_30 DE OUTUBRO DO 2020

Upload: others

Post on 31-Jan-2021

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • ESPECIAL CENTENARIO DA REVISTA NÓSLA VOZ DE GALICIA_30 DE OUTUBRO DO 2020

  • ESPECIAL CENTENARIODA REVISTA NÓS

    Venres, 30 de outubro do 2020LA VOZ DE GALICIA

    2 100 ANOS DAS «PRIMEIRAS VERBAS»

    primeira guerra mundial, unha pan-demia, unha crise de identidades e a convulsión de na-cionalismos. Deste contexto, da deca-dencia de Europa,

    xurdiu o renacer de Galicia. Os inadap-tados que conformaron a Xeración Nós atoparon no ser galego a súa misión, e a ela dedicaron a súa vida, sen imaxi-nar que o seu entorno serviría para fa-lar de alta cultura. Unha decisión inédi-ta para unha cultura xulgada como in-significante. O legado do seu labor sen-lleiro chega ata os nosos tempos. Unha crise económica sen precedentes, outra pandemia, unha crise de identidades e a convulsión de nacionalismos. A acti-tude que eles comezaron está intrínse-ca nas numerosas iniciativas culturais de galegos que seguen vendo no noso ser a súa dedicación.

    Cúmprense 100 anos das primeiras verbas da revista Nós. Cen anos de distancia, cunha situación cultural moi distinta, que avanza pero arrastra pro-blemáticas propias da nosa idiosincra-sia. Un centenario que se manifesta como homenaxe pero que tamén as-pira a ser reflexión. Nesta data tan si-nalada, preguntámonos que sería de

    nós sen eles, e como sería se a publi-cación seguise alumeándonos o cami-ño. Este número extraordinario que hoxe presentamos da revista Nós é a mostra do pensamento máis inmedia-to que representaría o saber da xera-ción no 2020.

    Rescatamos e actualizamos aos no-sos tempos algúns dos temas esenciais que se trataron nos 145 números de Nós e incluímos visións que, de seguro se eles vivisen este ano, tamén as abarca-rían. Para a escrita desta revista, esco-llemos aos representantes de cada ei-do que quizáis sen decatarse manteñen viva a actitude de Nós. A través da re-flexión de figuras tan relevantes na cul-tura galega actual queremos contribuír á comprensión da orixe das nosas raí-ces: o que fai que hoxe, os galegos se-xamos como somos.

    Cando Castelao e Otero se despediron en Bos Aires, o ilustrador díxolle ao ou-rensán: «Abrazarte a ti é abrazar a Ga-licia». Calquera agarimo das colabora-doras e colaboradores que de aquí en diante se presentan é unha parte fiel da nosa terra. Neles deixamos as palabras que nos retratan a todos nós neste 2020.

    PRÓLOGO

    COORDINACIÓNAndrea Álvarez

    Uxía CarreraSara Pérez

    DESEÑOManuela Mariño

    ILUSTRACIÓNSTiradas da revista Nós,

    a maioría foron feitas por Castelao

  • ESPECIAL CENTENARIODA REVISTA NÓS

    Venres, 30 de outubro do 2020LA VOZ DE GALICIA

    3

    UN DECÁLOGO SECRETO

    1O paraíso tamén está en Galiza. Non é chau-vinismo. Por que imos ter menos autoesti-ma que as inmobiliarias? O que lle fai falta a este país é unha man de pintura coas co-res das dornas e un azul de Patinir.

    2Somos fillos da vieira. É dicir, de Venus. En Santiago está soterrada unha deusa adoles-cente e o Camiño de Santiago foi sempre o de Eros e Dionisio, a internacional pecado-ra do Entroido, usurpado pola burocracia do Santo Oficio e a multinacional das In-dulxencias.

    3Somos do partido do riso. Aquí, os mortos pásano ben. Chegará un día en que en lugar de crego pediremos un mariachi republica-no que cante Pero sigo siendo el rey!

    4Somos larpeiras, a moita honra. Sempre nos din: «Nada de caramelos agora. Cando non teñades dentes, xa comeredes todos os que queirades». Pois comer cos dentes as Pe-dras todas de Santiago.

    5Temos vontade de estilo. Facemos ben o mal e mal o ben.

    6Temos unha lingua propia, moi lírica, moi lercha. E un acento con moitas curvas, afro-disíaco.

    7Somos moi de aldea: só nos interesa o pla-neta Terra e a estreliña do luceiro, compa-ñeiriña da lúa.

    8Somos sentimentais, que pasa? A ver quen ten coraxe a chorar como choramos nós.

    9Disque temos unha ironía británica. Mais o noso himno nacional, coa letra d’ Os Pinos, supera en todo o God save the Queen.

    10Seremos os últimos en marchar deste mundo do demo. Chegaremos tarde ao Xuízo Final.

    MANUEL RIVASEscritor, poeta, ensaísta e xornalista galego. Naceu

    no barrio coruñés de Montealto e centrou

    a maioría da súa obra na lingua galega. É

    codirector da revista mensual Luzes. Dende o 2009 é membro da Real

    Academia Galega.

  • ESPECIAL CENTENARIODA REVISTA NÓS

    Venres, 30 de outubro do 2020LA VOZ DE GALICIA

    4NÓS TAMÉN CONTAR!

    literatura galega ten de mascarón de proa unha muller, Rosalía de Castro, algo insólito nos sistemas literarios da nosa contorna. Se ben iso non supuxo ningún cambio no que respecta á proxección das es-critoras en Galicia e houbo que agardar a finais do século XX pa-ra ter un número de autoras signi-ficativo cunha traxectoria consoli-

    dada e cunha aposta literaria consciente e solvente. Cer-to é que con anterioridade houbo figuras da relevancia de Xohana Torres ou María Xosé Queizán, elas destacaron en diferentes xéneros e foron guieiros para as novas xera-cións que se abrían paso nun ámbito totalmente masculi-nizado. Co tempo outras autoras publicaban as súas obras: O asasino de calindornas, de Susana Antón (1981), No fío do tempo de Xosefa Goldar (1987) ou Diario do mimo, de Carmen Panero (1989).

    Debemos facer un inciso dentro deste relato, pois na Li-teratura Infantil e Xuvenil (LIX) as mulleres ocuparon con anterioridade un espazo destacado e nos anos oitenta fo-ron moi prolíficas: Concha Blanco, María Victoria Moreno ou Helena Villar Janeiro. Este xénero pensado para forne-cer de lecturas e soños os máis pequenos foi máis permea-ble á escrita feminina, quizais porque tradicionalmente se asociou o coidado da infancia coa muller. Tamén cómpre destacar o feito de seren mestras e de estar en contacto co público para o que creaban esas historias e, incluso, a ne-cesidade das editoriais de libros para esas franxas de idade unha vez que se incorporara o galego ao ensino.

    En 1986 creouse o Premio Merlín que gañou Úrsula Hein-ze con A casa abandonada. Mentres isto acontecía na LIX, no Premio Xerais de novela houbo que agardar dezaoito anos para que recaese nunha muller. Marilar Aleixandre con Teoría do caos (2001) foi a primeira autora premiada, á que seguirían Inma López Silva, Teresa Moure, Rexina Vega, Rosa Aneiros, Iolanda Zúñiga, María Reimóndez e Emma Pedreira. Poucas son en trinta e cinco anos, aínda se contamos a María Lorenzo que o com-partiu con seu pai. Se repasásemos o Pre-mio Blanco Amor ou o García Barros observariamos as mesmas desi-gualdades.

    A comezos do século pasado unha voz en-traba con forza na narrativa galega, Begoña Caama-ño publicaba Cir-ce ou o pracer do

    azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012). A xornalista foi quen, en só tres anos, de construír unha linguaxe propia máis alá das tendencias. A súa escrita antipatriarcal e fe-minista centrouse en reescribir os mitos clásicos e con-talos dende unha perspectiva contemporánea e de mu-ller. Ela é un exemplo de como as escritoras galegas do século XXI son moi conscientes dende onde escriben e de que non todo está conseguido, pois seguen a ser mi-noría nos andeis.

    As redes sociais, os clubs de lectura e a proxeccións dos premios literarios axudan na visibilidade das producións de autoría feminina. Hai autoras, como Berta Dávila, que gañaron dende moi novas certames que posibilitaron a pu-blicación das súas obras e, ao tempo, conseguiu unha re-percusión na escasa prensa que se dedica á cultura. Des-pois de varios recoñecementos literarios chegou o Pre-mio de Narrativa Breve Repsol coa novela O derradeiro libro de Emma Olsen (2013), que continuou a colleitar éxi-tos da crítica e do público unha vez que se deu ao prelo. Recentemente gañou a última edición do mesmo certa-me con Illa decepción, ao tempo que a súa novela Carru-sel se facía co Premio da Crítica que outorga anualmente a Asociación Española de Críticos Literarios.

    Non só a narrativa conta con voces femininas relevan-tes, a poesía galega sempre foi un xénero privilexiado nas nosas letras e goza de gran prestixio fóra de Galicia. Chus Pato soa xunto a grandes figuras das letras universais na Woodberry Poetry Room de Harvard. Yolanda Castaño organiza no país encontros tan salientables como Poetas Di(n)versos e viaxa por todo o mundo levando a poesía galega como bandeira. Luísa Villalta, Xela Arias, Eva Vei-ga, Dores Tembrás, Oriana Méndez, Miriam Ferradáns... son autoras de obra excepcional. Este éxito da poesía vén de ser recoñecido por segundo ano consecutivo co Pre-mio Nacional, que o pasado ano recaeu en Pilar Pallarés, por Tempo fósil, e este en Olga Novo por Feliz Idade. E hai tan só unha semana Alba Cid gañaba o Premio de Poesía

    Joven Miguel Hernández.Dende finais do século XX o es-forzo e o compromiso das auto-

    ras foi revertendo a súa escasa presenza no ámbito literario.

    Con todo, as cifras dinnos que en Galicia a escrita fe-minina está lonxe de su-por o 50 % da produción. Queda moito por con-tar e porque nos teñan en conta, pero a pala-bra é nosa e cada vez soa máis forte.

    LITERATURA FEMININA CONTEMPORÁNEA

    MALORES VILLANUEVAProfesora, editora de Galaxia, crítica literaria e doutora

    en Filoloxía Galega pola Universidade

    de Santiago de Compostela, Villanueva

    está especializada en sociolingüística e na

    historia da lingua galega.

  • PILAR PALLARÉSPoeta galega recoñecida

    no 2019 co Premio Nacional de Poesía

    pola súa obra «Tempo fósil». Agora exerce de docente nun instituto

    da Coruña.

    DENÍS GALOCHA

    Ilustrador galego moi valorado dentro

    do mundo artístico que participou

    nunha investigación galardoada cun

    premio Pullitzer.

    María:

    os ósos dos nosos pais moran na viciñanza, rotan cara ao silencio do non-tempo.

    De regresaren,

    habíanse querer sumar a esta danza de mortos? De mans dadas o adolescente desventrado e o que garda

    para a flora lourida dos fundos abisais colonizando a adega

    o expediente escolar

    nun peto.

    Médranlle corais nos ollos,

    que son (humanamente) dous, enviso na pericia da nai

    o esquerdo

    (a tanza,

    a saqueta de plástico

    sobre unha folla de xornal pregada

    e embaixo un sirgo rosa pespuntado e dentro,

    entre a páxina tres

    e a catro, tapando as mencións de honra, a sura do Alcorán).

    A seguir os xiros dos cardumes

    o seu ollo direito,

    en tanto as unllas recean desprendérense das dedas, co seu nácar gasto.

    Os nosos días son ese insecto engolido pola boca do funil, María,

    o canal ínfimo dunha gorxa enferma, a luz de maio xirando en desconcerto nun final de inverno.

    Sábeno,

    os nosos pais.

    Talvez mañá o teu desza xunto a ti, que dormes, (os pais mortos viaxan do non-tempo ao noso,

    vennos madurecer sen eles,

    fitan con melancolía como nos facemos vellas) e che deixe nas pálpebras

    un po de avelaíña.

    Talvez mañá descanses.

    (Para María Cousillas)

    ESPECIAL CENTENARIODA REVISTA NÓS

    Venres, 30 de outubro do 2020LA VOZ DE GALICIA

    5

  • ESPECIAL CENTENARIODA REVISTA NÓS

    Venres, 30 de outubro do 2020LA VOZ DE GALICIA

    6FALÁRMONOS DE CIENCIA: RAZÓNS PARA O OPTIMISMO

    uen propoña que a historia é cícli-ca, e que os mesmos problemas que afronta a Humanidade desde a súa aparición na Terra regresan unha e outra vez con diferentes nomes e for-mas, está a gañar razón neste 2020. E mesmo se pode atopar á primeira revista Nós como exemplo. O mun-do, daquela, estaba a vivir a sacudi-da dun gran cambio que xa estaba

    en marcha: a Primeira Guerra Mundial, a Revolución Ru-sa e unha pandemia que, coma hoxe, mudou en boa me-dida a sociedade.

    «Ten pouco d’agradabre nacer n-unha d’estas épo-cas en que o mundo cambea de pruma ou de dentes», escribía Florentino López Cuevillas no artigo Dos No-sos Tempos, no primeiro número de Nós (outubro de 1920), un dos textos que sentou os cimentos do ideario daquela Xeración. Cuevillas escribía, como apuntan ho-gano os cronistas, sobre unha perigosa aresta da nature-za humana ante as crises: «Eu teño comparado a Gran Guerra co’iste bacilo da gripe, pois coma il escitou, fi-xo medrar e dou virulencia ás pasiós ruís que dorme-xaban nos homes e mais nas sociedades».

    Así, López Cuevillas, graduado en Farmacia que nunca exerceu, pero historiador de vocación, soubo ver que es-tes momentos nos que o mundo cambia os seus dentes e as súas plumas, como o fan os cativos e as aves, son tamén unha gran oportunidade para apostar polo coñecemento como bandeira das sociedades. El mesmo foi un dos gran-des divulgadores científicos desta xeración: O seu artigo A mansión Aquis Querquennis (Nós nº9, xaneiro de 1922), é o resultado dunha prospección arqueolóxica que el mes-mo realizou no campamento romano á beira do río Limia, e sentou as bases das posteriores escavacións no lugar.

    Divulgación e normalizaciónOs artigos científicos que recolle a revis-ta Nós amosaron o camiño para difundir a través da ciencia a gran riqueza que posúen a sociedade galega e o territo-rio no que se asenta. E tamén axuda-ron a normalizar o uso da terminolo-xía científica na lingua do país, algo que hoxe en día segue sendo unha materia pendente nalgúns eidos, xa que o léxico segue a construírse a medida que o coñecemento avanza e os falantes e escribidores o usan. Ho-

    xe, con todas as portas que aínda quedan por cruzar e os novos obstáculos que van xurdindo, podemos dicir, co-mo a comezos dos anos 20 do pasado século, que o ga-lego está a vivir un momento florecente no que á divul-gación científica se refire.

    As razóns hai que buscalas nunha rede de persoas e colectivos que, desde cadansúa disciplina, están sa-bendo transmitir á sociedade galega o importante que é contar o mundo e estar no mundo na lingua propia. Desde o ensino, co traballo diario en contacto coa mo-cidade de centos de mestres e profesores, ata as inicia-tivas de ciencia cidadá e divulgación nas que colaboran os científicos que dedican máis alá da súa xornada la-boral a saír do laboratorio e contar o que fan, a semen-te está prendida e xa empeza a dar froitos.

    A lista de todas as persoas e as institucións que contri-búen a este bo momento é, por sorte, demasiado longa pa-ra que teña cabida nestas páxinas. Porén, podemos abor-dar a cuestión desde o punto de vista dunha persoa que hoxe en día queira achegarse á divulgación científica na lingua propia. Dispón de proxectos de comunicación es-pecializados cun importante pulo, pode achegarse a mu-seos científicos de gran relevancia, Feiras das Ciencias on-de o galego é a lingua habitual, ou ás constantes iniciati-vas que organizan as universidades, centros de investiga-ción e outras institucións para poñer a ciencia nas aulas, na rúa ou nos bares, así que é probable que esta persoa poida gozar delas nalgún momento. E nas librarías son vi-sibles as coleccións de diversas editoriais galegas con tí-tulos de gran calidade que abordan cuestións científicas.

    Salvando as distancias dos diferentes contextos sociais e históricos entre o 2020 e o 1920, Galicia conta hoxe cunha xeración preocupada pola súa lingua e a ciencia que se fai aquí. E nun momento de crise e cambio, é posible dar un importante salto cara adiante. Os obstáculos seguen

    sendo semellantes: a pouca implicación de determinadas institucións que

    deberían velar polo dereito da sociedade galega a aprender

    o que queira na súa lingua. Ademais, a emigración sen billete de volta de parte do talento for-mado frea a arela de xerar un tecido forte

    de I+D+i no país. Faga-mos o posible para se-

    guir tendo razóns para o optimismo.

    DIVULGACIÓN CIENTÍFICA EN GALEGO

    MANUEL REYÉ un xornalista que

    dende o ano 2016 traballa como redactor

    para GCiencia, o portal de Ciencia Galega.

    No ano 2017 recibiu o Premio Galicia de

    Xornalismo Científico que concede a Real

    Academia Galega de Ciencias en colaboración

    coa Axencia Galega de Innovación da Xunta de

    Galicia.

  • ESPECIAL CENTENARIODA REVISTA NÓS

    Venres, 30 de outubro do 2020LA VOZ DE GALICIA

    7 ai dez anos anunciábase o nacemen-to dunha nova xeración de cineastas que agrupadas baixo a etiqueta No-vo Cinema Galego traía aires de van-garda e renovación a un cinema que, tradicionalmente, reproducía na súa maior parte un discurso hexemónico cheo de clichés e estereotipado, que

    se adicaba a copiar fórmulas e narrativas alleas. Froito do seu momento histórico, marcadas pola democratización e dixitalización dos medios de produción fixeron posible colocar a Galicia no mapa das vangardas cinematográficas.

    Sen dúbida a aparición desta vaga de creadores non só abre un camiño para aquelas creadoras da imaxe se non que serve, a día de hoxe, como exemplo a se-guir noutras manifestacións artísticas e culturais. Un exemplo no que o impulso colectivo fai que avancemos na boa di-rección. Nun país no que impera o mini-fundismo demostrouse que a colectivi-dade é posible e que o esforzo do grupo fai que os logros sexan maiores.

    Normalmente, cando se analiza este movemento vincúlanse con outros xur-didos en centros de produción deslo-

    calizados das gran industria cinematográfica. En Galicia tense conectado cos primeiros pasos do cinema feito no país e os creadores da denominada videocreación galega dos 80 pero podemos establecer enormes paralelismos coa Xeración Nós:

    Ambos os dous colectivos funcionaban coma grupo e con consciencia de pertenza. Ambos os dous xeraron sen-dos discursos de modernidade nun país con certo atraso e certo complexo de inferioridade.

    Discursos que, tal e como afirmou Martin Pawley, facía que Galicia chegara a tempo e establecendo un diálogo directo coas correntes estéticas innovadoras mundiais. A

    combinación da mirada local co dis-curso global, o respecto pola nosa cul-tura e lingua, así como o interese pola innovación, a indagación e o cuestio-namento das fórmulas narrativas farán de ambos movementos dúas correntes non só de renovación radical da nosa cultura se non os mellores faros po-los que guiarse. Se daquela o poder da literatura era incuestionable. Ago-ra, no século XXI, a imaxe impera na nosa cultura e fai do cinema o mellor dos medios para darnos a coñecer alén das nosas fronteiras.

    O NOVO CINEMA GALEGOO CINEMA GALEGO

    BELI MARTÍNEZÉ doutora en

    Comunicación Audiovisual pola

    Universidade de Vigo coa primeira tese que

    estuda o Novo Cinema Galego. Dende o ano

    2016 xestiona o proxecto Cinema e Muller que

    ten como obxectivo visibilizar ás mulleres realizadoras galegas.

    H

    endo apenas un rapaz, vin en Lugo o fil-me de Wim Wenders O ceo sobre Ber-lín. Aínda que eu estaba afeito a ver ci-ne en versión dobrada, non era aquela a primeira película que vía en V.O. Pero si foi a primeira que me impactou con forza pola súa forma de enfrontarse ao

    feito da lingua —das linguas— no cine. Lembro a impresión que supuxo para min escoitar os anxos falar en alemán, men-tres un home chegado dos EEUU falaba en inglés e unha ma-labarista perdida na vida falaba o seu francés natal. Aquela fá-bula con anxos alados agochaba un golpe de realidade difícil de ver nas salas de cine. E difícil de esquecer.

    Pouco despois tivo lugar a estrea de Sempre Xonxa, Con-tinental e Urxa, as primeiras longametraxes de produción galega que recollían o ronsel daquelas xa míticas curtas galegas dos 70 (O pai de Migueliño, Fendetestas, Mamasun-ción...) e que abrían o debate sobre a posible —ou desexa-da— existencia dun cine galego.

    Dous momentos próximos no tempo que, para un adoles-cente coma min, comezaban a configurar unha idea esen-cial: Galicia só poderá existir no resto do mundo se so-mos quen de contar as nosas historias a través do cine, de

    navegar os relatos coa liberdade creativa —e lingüística— que se respira en O ceo sobre Berlín.

    A relación entre cine e lingua é, como mínimo, com-plexa. Unha boa parte do entramado industrial do cine ten entre pouco e ningún interese no asunto e ve as dis-tintas linguas coma un problema, unha fronteira incó-moda que se pode saltar a través da dobraxe ou rodan-do nunha lingua franca (sexa esta o castelán, o inglés ou o chinés), Esta visión dá lugar a situacións sorprenden-tes: algunhas moi absurdas como a dos mexicanos inca-paces de entender o perfecto castelán de John Wayne nos westerns clásicos, e outras bastante simpáticas co-mo a da convención que se establece en Vencedores ou vencidos cando, despois dun golpe de zoom de cámara, nun instante os personaxes pasan milagrosamente de fa-lar alemán a falar inglés.

    O cine ten unha capacidade poderosísima para facernos partícipes doutras vidas, doutras realidades. Convértenos en espectadores solidarios doutras culturas, doutras for-mas de ver e entender o mundo. E, se lle damos a oportu-nidade, pode achegarnos a ese pequeno milagre que son as diferentes linguas: os sons humanos que conforman, no día a día, a realidade do planeta.

    A VOZ FILMADA

    JORGE COIRADirector, guionista e

    montador principalmente de cine e televisión,

    aínda que tamén está presente noutros terreos como a videocreación, a publicidade ou o teatro.

    No ano 2016, gañou un Goya por Mellor

    Montaxe na películo «El Desconocido».

    S

  • ESPECIAL CENTENARIODA REVISTA NÓS

    Venres, 30 de outubro do 2020LA VOZ DE GALICIA

    8UN RURAL EN COMUNIDADE PARA TER FUTURO

    Laura Pardeiro é de Filloval, unha aldea de Os Ancares de 35 ha-bitantes. Ten 25 anos, é psicólo-ga e traballa entre Lugo e Sarria, pero vive na súa casa natal por-que é onde está toda a súa vida. «A miña familia, os meus ami-gos, o meu mozo, as miñas raí-ces». Laura pertence a esa xe-ración de xente nova cunha for-

    mación que só se pode desenvolver nas cidades, pero que non desexa vivir nelas. É por iso que ansía un novo mo-delo de rural. A lucense reivindica a creación dunha re-de de mocidade para que se poidan establecer nos pobos. «Temos moita inquietude por coñecer a outras persoas». Máis alá do espazo dixital que agora protagoniza a vida, Laura sostén que hai que crear unha comunidade física para que o medo á soidade e falta de vida social non se-xa un impedimento.

    Carlos Millares é de Moreda, unha pequena aldea de Seoane do Courel, que apenas conta con 30 habitantes. Ten 40 anos é leva toda a súa vida dedicándose ao rural. Dende sempre tivo claro que quería quedar no seu lugar de orixe e traballar o campo. «Traballar no rural ten que ser algo innato». Hai seis anos, puxo en marcha unha ex-plotación con vacas como unha ferramenta para limpar os montes do Courel. Agora está inmerso nun proxecto de aldea modelo para a recuperación produtiva dun bos-que de aciñeiras abandonado.

    Pero a decisión de vivir no rural non a toman unicamente aqueles que senten a terra como parte da súa vida. Marcos Ferreira non ten ningún vínculo aparente co rural, pois na-ceu na cidade de Vigo hai 44 anos. Logo de rematar a ca-rreira de Enxeñaría de Montes estivo vinte anos «dando voltas», como el di: «Quería asentarme nun sitio e dei cun paraíso, con Parada de Montes». Non existen lazos iden-titarios no caso de Marcos Ferreira, pero atopou un lugar no que desenvolver de forma conxunta o seu proxecto de vida e a súa profe-sión. Agora, gra-zas á inmersión no proxecto de aldea mode-

    lo, en Parada garanten a seguridade fronte os incendios forestais que ameazaban á zona.

    O maior problema ao que se enfronta o rural galego é claro: cada vez hai menos xente. «E a que queda é maior», indica Millares. Pero outros, como o acceso inmediato á unha vivenda, a falta de actividades culturais ou a nece-sidade de desprazarse a outras localidades para acudir a un centro sanitario ou a unha farmacia tamén cargan de dúbidas e amosan dificultades para aqueles que queren mudarse ao rural. «É complexo para as familias, aínda que ti queiras asentarte no rural, se tes fillos veste obrigado a mudarte á cidade para acceder á educación e aos servizos sanitarios sen ter que desprazarte», indica Laura Pardeiro.

    Para Carlos Millares, a ausencia de poboación supón un problema para traballar o campo: «Para sacar adiante as explotacións é indispensable o traballo en conxunto». A todo isto súmase a ausencia de axudas e innovacións para desenvolver novas formas de produción, algo que de non mudar pode supoñer a desaparición de zonas rurais pe-quenas como a de Moreda. «O rural que hai hoxe en día se non se cambia chegará a desaparecer».

    A busca da riqueza no rural sumouse nos últimos anos ás novas correntes de produción: a ecoloxía e a soste-nibilidade. A agricultura ecolóxica vese favorecida po-las axudas europeas, permite subsistir mellor ás peque-nas explotacións e precisa un investimento máis miúdo. Ademais, coincide en principios cos novos movementos sociais. Polo que é un imán para a xente nova que quei-ra dar os primeiros pasos no traballo no campo. O direc-tor do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, Francisco López, traballou toda a vida no campo, pero hai 20 anos que se sumou a este tipo de produción porque ten claro que é unha ferramenta fundamental pa-ra a captación de xente.

    Laura Pardeiro, Carlos Millares e Marcos Ferreira son tres testemuñas non só de resistencia, senón de busca dun novo modelo do rural. Coinciden en que é o pobo o que debe, nun primeiro esforzo, implicarse na revitalización

    das aldeas despoboadas. Ven claro que facer comunida-

    de é o futuro, tanto pa-ra o traballo como pa-

    ra unha vida social atractiva.

    OS DESAFÍOS DE GALICIA

    ANDREA ÁLVAREZ,UXÍA CARRERA E SARA PÉREZ

    Redactoras

  • ESPECIAL CENTENARIODA REVISTA NÓS

    Venres, 30 de outubro do 2020LA VOZ DE GALICIA

    9MORREREMOS

    Unha das afirmacións máis co-ñecidas e aceptadas do mestre Castelao é que somos galegxs por obra e graza da lingua. Po-rén, o que hoxe vivimos a res-pecto do noso futuro como co-munidade identitaria difire moi-to, para peor, da que el puido chegar a imaxinar para esta xe-ración. O noso idioma agoniza

    e resiste a duras penas a consecuencia dun goberno que comezou en 1936 e aínda non rematou, perpetuador dun autoodio que se agudiza e que nos leva a asasinarnos.

    Hai diferentes perspectivas sobre o lugar que o códi-go ocupa á hora de clasificármonos a nosa produción ar-tística. Para algúns, Valle-Inclán é literatura galega, igual que Russian Red é música española, para outrxs non. En realidade este debate está destinado a non chegar a ou-tra conclusión que a que mellor encaixe no paradigma de cada individuo. Mais, aínda tendo por suposto unha opi-nión ao respecto, non se entra aquí na pertinencia de eri-xir condición sine qua non a utilización do noso idioma para que unha obra literaria ou musical sexa considera-da «galega», senón na incidencia que a cantidade e cali-dade da produción artística na nosa lingua ten na espe-ranza de vida da nosa identidade. E é neste punto onde parece obvio concluír que a produción artística en gale-go no só achega, senón que é un elemento transcenden-tal. A literatura en galego perpetúanos, a música en gale-go asómanos ao mundo.

    Cando me preguntan cal é a miña opinión sobre a mú-sica galega actual, a resposta atende sempre ao factor cuantitativo: pouca. Como consumidora boto en falta máis propostas. Céntrome nos números porque unha res-posta sobre a calidade da música galega alimentaría algo que me desagrada e considero inimigo acérrimo de toda lucidez: o localismo. Obviamente é máis difícil cada vez atopar verdade nas artes, e máis se esa arte é tan rendí-bel económica e socialmente como o é a música. Pero non é difícil atopala na música galega, é difícil atopala na música en xeral. Galiza forma parte do mundo, dun mundo globalizado que tende por igual á frivolización e á superficialidade. A porcentaxe de obras de calidade

    dentro de calquera comunidade lingüística é, a día de hoxe, sempre minoritaria.

    A pauperización do sector artístico é unha realidade uni-versal, cada vez é máis complexo atopar propostas orixi-nais. Se asistimos a unha produción humana en cadea, como non imos asistir a unha produción musical en ca-dea? Está claro que un autómata non pode facer Arte, pe-ro cantos máis individuos se sumen á empresa da crea-ción galega, máis probabilidades teremos de que o núme-ro de bos libros ou boas cancións en galego sexa o sufi-ciente como para elevar o nível medio da nosa produción. Para isto, é prioritario botar por terra a falsa idea do idio-ma como barreira. A miña experiencia convénceme cada día máis de que é a veracidade, a orixinalidade e non ou-tro factor o que se erixe como determinante no «éxito» ou no «fracaso» dunha proposta. Non podemos botarlle a culpa á lingua galega das nosas propias eivas ou falta de talento. É obvio que o galego pode ser un handicap para entrar no universo do mainstream internacional, pero ta-mén o é de igual maneira o polaco, o francés, o alemán, o danés...e así poderiamos seguir enumerando ducias de linguas non minorizadas e con soporte estatal que gozan de boa saúde no continente europeo. En realidade éo pa-ra calquera lingua que non sexa o inglés ou, a moita dis-tancia, o español.

    Rammstein vende entradas en todo o planeta cantando en alemán, evidentemente pola súa calidade e autentici-dade. Pero é probábel que Rammstein nunca chegase a existir como tal se os seus membros se criasen co discur-so de que «co alemán non se vai a ningunha parte» por-que só se fala en Alemaña. Ese discurso ha de morrer, sim-plemente porque ademais de xerarquizador é falso. No ca-so galego temos que comezar por aí, por partir de princi-pios coherentes e non de falacias baseadas no autoodio.

    A produción artística galega pode axudar a revitalizar a nosa identidade, pero existe aquí un proceso de retroa-limentación: temos de confiar na nosa identidade como unha igual dentro da diversidade cultural do planeta. Desde o ser galegas en galego pódese chegar ao mundo, sen ningunha dúbida, pero habemos de traballar e eli-xir os nosos representantes políticos para que algún día naza a xeración que parta desa base. Do contrario, ex-tinguirémonos.

    MÚSICA DA MODERNIDADE GALEGA

    SÉSCantautora, mestra e

    licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social, comezou a súa

    formación no baile e na música tradicional galega.

    No ano 2007 creou Chámalle Xis!, grupo de revelación daquel ano e gañador do concurso A

    Coruña Son.

  • POLISEMIA MIGRATORIA: PENURIAS E PRIVILEXIOSTodos os veráns da infancia aprendía algunha palabra nova en alemán. Alemán de Suíza, abofé, de onde viñan as cur-más e curmáns pasar uns días á praia, no medio das vaca-cións de verán dedicadas a visitar a familia na montaña sa-rriá. A calor abafante combatíase camiñando pola sombra para ir alindar as vacas coa avoa, que vira como a penuria levara ás súas once fillas e fillos á emigración suíza. Librei da vida nómade dxs curmá(n)s por pouco: miña mai e meu pai volveron da emigración meses antes de eu nacer. A fac-toría alumineira Inespal (hoxe da multinacional Alcoa) fixo que viñéramos parar á Mariña. E A Mariña —e ser de clase obreira— fixo que aprendese palabras no galego de aquí.

    Penurias eu non pasei ningunha. Tampouco miñas cur-má(n)s. A emigración tróuxome banquetes gorentosos, agasallos frecuentes, artefactos Made in Switzerland nun-ca antes vistos na Mariña dos que presumía, viaxes en co-ches moi grandes durante días para ir descubrir cachi-ños do país das vacas lilas, quedar abraiada co racismo do pobo galego contra o turco na Suíza, e acabar enfeiti-zada por unha cultura tan distinta. E aínda así, malia to-das estas farturas, para min a emigración estaba sempre vinculada á penuria.

    A cultura do esforzo ben aprendida da familia, xunto

    á crenza cega no mantra aquel de que estudar moito era a fórmula para un bo traballo, conducíronme a un título de doutoramento na universidade pública galega, hai xa unha década, co apoio estratéxico á investigación dun fu-gaz goberno galego. E logo, nada. Unha estafa para a filla de obreiro e ama de casa, cando as cousas volveron ao re-go e os de sempre volveron mandar e desgobernar. Un ca-lote para a filla daquelxs emigrantes retornadxs que vol-veran a Galiza para darlle un futuro mellor aquí, e a quen agora só lle quedaba reinventarse profesionalmente ou emigrar. Un shock para quen nunca pasara fame e aínda así tiña que marchar.

    Os dez anos na Little England están cheos de grandes satisfaccións profesionais e crecementos persoais, só es-mendrellados pola xenofobia institucionalizada do último lustro. Aínda que non sen desgaste, vivir entre dous mun-dos e moitas culturas amplía a perspectiva e enriquece a vida. Exercer o traballo que sempre se ansiou é outro pri-vilexio. Mais emigrar non foi, en realidade, unha elección; algo hai que non encaixa para que o agrado sexa pleno.

    Será que, no fondo, non emigrei para escapar das mi-ñas penurias. Pero si das penurias coas que os de sempre asoballan o meu país.

    OLGA CASTROTradutora e intérprete xurada galego-inglés e

    doutora pola Universidade de Vigo. No 2010

    incorporouse como docente á Universidade de

    Warwick, no Reino Unido, onde reside. Dende hai tres

    anos é correspondente da Real Academia Galega en

    Birmingham.

    CRISTINA PATOGaiteira, pianista clásica,

    escritora e educadora. A súa vida profesional está dedicada á interpretación musical e á docencia, nas

    que explora o rol das artes e das ciencias na sociedade. Reside en Nova York, onde

    ocupou no curso 2019-2020 a Cátedra de Cultura e Civilización Española no

    King Juan Carlos Center da Universidade de Nova York.

    ESPECIAL CENTENARIODA REVISTA NÓS

    Venres, 30 de outubro do 2020LA VOZ DE GALICIA

    10

    POSTAIS MIGRATORIAS

    PERSPECTIVAS DE IDENTIDADEO reloxo de Roberto dá sempre a hora de Celanova. Tanto ten que leve máis de cincuenta anos vivindo e traballan-do en Nova York, ou que os seus netos xa naceran aquí, ou que xa non volva con tanta frecuencia coa que ía no pasado. Cando veu a Nova York, non veu para quedarse, e probablemente o seu reloxo sexa o único xeito que ten de seguir imaxinando a utópica volta a esoutra vida ne-soutra terra que deixou.

    Ás veces teño a sensación de que os emigrantes vivimos nunha paréntese continua. Unha paréntese que fai que o que tes aquí, no presente, sexa temporal «pois cando afo-rre un pouco máis volvo para Galicia»; e o que tes alí, no futuro, sexa tamén temporal «cando deixe Nova York fa-rei unha casa na aldea».

    O caso é que Roberto é un dos camareiros do Sevilla Restaurant & Bar, un local rexentado por Lloves e Bien-venido (tamén de Celanova) que se atopa no corazón do West Village. Un negocio no que, nun pasado non moi afastado, a meirande parte dos camareiros viñan direc-tos de Celanova a Manhattan. E para min, escoitalos falar entre eles é coma unha viaxe no tempo. É fascinante ver como o Sr. Bienvenido conserva a nosa fala sen decatar-se de que a súa é unha parte fundamental da historia da Galicia que nunca se escribiu. El, coma tantos outros nos países nos que a lingua é radicalmente diferente á nosa (EUA, Suíza, Alemaña...) conservan un xeito de estar e fa-lar que transportan a unha ao momento histórico no que emigraron: o galego dos anos cincuenta, o galego dos se-senta, o dos setenta...

    A memoria cultural da emigración é un mundo de seu. Son coma pequenas grandes cápsulas de tempo e de iden-tidade que fan a unha reflexionar sobre a perda da memo-ria colectiva e sobre o inxente patrimonio exterior e inter-cultural que non sempre vemos ou entendemos. Traballos de investigación coma os de James D. Fernández e Luis Argeo («Invisible Immigrants: Spaniards in the US, 1868-1945») aportan unha fiestra pola que podemos reimaxinar algunhas desas historias de vida, e de paso ser testemuña de como se construía e reconstruía a nosa identidade na diáspora en cada momento.

    Pero aínda queda moito para entender e aceptar o papel da emigración nas nosas vidas. Nós, os que emigramos, somos tamén eles, os que inmigran. E todas esas historias da emigración, historias sobre o complexo que é que acep-ten a unha nunha nova comunidade, repítense tamén en Galicia, pero do revés. Ás veces esquecemos que nós so-mos eles, e se cadra é así, con esa visión minguada cara a inmigración, como comezan os -ismos que enferman á sociedade, en especial o clasismo e o racismo.

    O papel da nosa emigración na reconstrución cultural de Galicia foi importante a tódolos niveis: o noso himno, as pu-blicacións literarias, as escolas indianas... Pero o papel da in-migración á Galicia actual non é menos importante: tóda-las culturas que chegan a nós fannos crecer e aprender tan-to coma as que nos acolleron. Fannos apreciar o mundo con outros ollos, e lémbrannos que os ciclos migratorios forman parte da historia de tódalas civilizacións, por moito que nos empeñemos en esquecelo.

  • ANDREA ÁLVAREZ,UXÍA CARRERA E SARA PÉREZ

    Redactoras

    ESPECIAL CENTENARIODA REVISTA NÓS

    Venres, 30 de outubro do 2020LA VOZ DE GALICIA

    11

    PROGRAMACIÓN 31 DE OUTUBRO17.00h - Presentación literaria: "Ricardo Carvalho

    Calero. A pegada do compromiso"de Héctor Cajaraville

    17.45h - Presentación literaria: "Foula e Ronsel. Os anos que marcaron a biografía de Carvalho Calero" de Aurora Marco

    18.30h - Descanso

    19.00h - Actuación infantil: Os Monifates19.45h - Actuación: Xilbarbeira

    INSCRICIÓ[email protected] (presentacións)[email protected] (actuacións)

    CONCELLO DE

    BOIRO

    COLABORAN

    A GALICIA DE FÓRAAdrián Solovio é un rapaz de Trasalba, unha peque-na aldea de Ourense. As súas obrigas e os seus inte-reses lévano a mudarse a Madrid. Lonxe da súa nai e da súa avoa. Alí profunda na súa admiración polos in-telectuais europeos e viaxa ata París. Durante a súa estancia, afastado da súa terra, Adrián carteouse coa súa nai. Foi neses papeis onde se decatou de que to-do o que ansiaba coñecer fóra, xa o tiña en Galicia. A súa vida dende ese momento estará dedicada e iden-tificada coa de Galicia. Adrián Solovio é o personaxe creado por Otero Pedrayo en Arredor de si. A súa ex-periencia é a de todos os membros da Xeración Nós. As viaxes foron unha parte esencial para descubrir a súa identidade, nun momento —en 1920— no que viaxar era impensable para a maioría dos galegos, sal-vo para emigrar. Motivados polas inquedanzas carac-terísticas da Xeración Nós, tiveron que saír do terri-torio español ao non encontraren nada similar á cul-tura galega pola súa especificidade rural. Castelao e

    Risco emprenderon largas viaxes por Europa que fo-ron retransmitindo en diarios na revista Nós e que lo-go protagonizaron as publicacións Mittleuropa e Do meu Diario. Foi no París e no Berlín rural onde atopa-ron as raíces da identidade galega. Pero tamén quixeron achegarse ao seu territorio máis próximo. Por Galicia, viaxaron Otero Pedrayo, Vi-cente Risco e Ben Cho Sey nunha ruta dende Ouren-se ata San Andrés de Teixido que plasmaron en Pele-rinaxes, obra de Otero. Coñeceron unha terra que lo-go quixeron mostrar á comunidade galega.

    Non se entende Galicia sen todos os galegos que se atopan fóra das súas fronteiras. A emigración ocu-pa unha parte maiúscula da nosa cultura. Por nece-sidade ou por inquedanza, como a que mostraron os pensadores de Nós, milleiros de galegos camiñaron, camiñan e camiñarán por territorios estranxeiros e descoñecidos. Quizais o sentir galego non se poida comprender se non se pasa un tempo lonxe da terra.

    A POSTAL DE ADRIÁN