revista do - edu.xunta.gal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes...

28
1 revista do DA AUGA Revista do CIFP Porta da Auga / No 0 / Curso 2012-2013

Upload: others

Post on 17-Mar-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: revista do - edu.xunta.gal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes unidades didácticas nas que está dividido cada módulo. Tamén a través da mencionada

1

revi

sta

do

DA AUGA

Revista do CIFP Porta da Auga / No 0 / Curso 2012-2013

Page 2: revista do - edu.xunta.gal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes unidades didácticas nas que está dividido cada módulo. Tamén a través da mencionada

2

sumario

editorialAtópome fronte á responsabilidade e, ó tempo, enorme satisfacción, de es-cribir o editorial deste primeiro exem-plar da Revista do Porta e non podo evitar lembrar todo o acontecido nestes últimos sete anos de traballo compartido, co fin de asentar as ba-ses do que hoxe é xa unha realidade, o CIFP Porta da Auga.

Na actualidade, conta cunha máis que aceptable oferta nas familias profesionais de Administración e xestión, Edificación e obra civil, Elec-tricidade e electrónica, Transporte e mantemento de vehículos e Servizos socioculturais e á comunidade, que inclúe a formación en réxime ordina-rio, modular e a distancia, ademais da formación para o emprego; está-monos afianzando coma un dos cen-tros de referencia na formación profe-sional da Mariña.

Pero o noso traballo non se limita só a impartir a formación regulada na clase. A realidade é que neste centro

realízanse moitas máis actividades e o que pretendemos é , utilizando esta revista como plataforma, poñelas en valor e dalas a coñecer.

Desde os distintos departamentos que conforman a estrutura do CIFP Porta da Auga, amosaremos aquelas actividades que completan a forma-ción e que implican un plus ó curri-culum vitae do noso alumnado: For-mación no estranxeiro, prácticas en empresas, inserción laboral, campio-natos autonómicos e nacionais (os skills), etc.

Tamén queremos aproveitar esta pla-taforma, para facer un chisco á cultu-ra e ademais apoiar a dinamización da lingua galega coas achegas de textos ou poesías que xenerosamen-te comparten connosco os nosos compañeiros.

Aínda que esta revista nace coa idea de que o actor principal sexa o alum-nado, e que sexades vós os artífi-

ces da maioría das seccións, somos conscientes de que, neste número 0, imos contar con máis colaboración do profesorado aínda que, confiamos que pouco a pouco, esta tendencia vaia reverténdose.

Non quero alongarme máis nin destri-par neste artigo todo o que ides ato-par neste número para que así sexa unha agradable sorpresa.

Así pois, sen máis pretensións que o de ser unha revista por e para a co-munidade educativa do CIFP Porta da Auga, e coordinada dende o de-partamento de dinamización da lin-gua galega, comeza a súa andaina a Revista do Porta. Desexemos que teña un longo percorrido.

Moitísimas grazas ós colaboradores polas vosas achegas xa que fan po-sible esta iniciativa e un agarimoso saúdo para tod@s.

Beatriz DobañoDirectora do CIFP Porta da Auga

EditorialAforro e eficiencia enerxéticaPrácticas realizadas polos alumnos do C.M. Técnico de Obras de Interior, Decoración e RehabilitaciónParticipación no concurso Spainskills 2013Cursos de formación continuaA Formación Profesional semipresencialA Formación Profesional a distancia: un privilexioPrácticas no estranxeiro dos alumnos de automociónEntrevista a 2º C.S. Adminis-tración e Finanzas 2012-2013A actividade emprendedora como chave para o teu futuroUnha ribadense en LisboaO porto de RibadeoTextosCancioneiro infantilActividades do equipo de di-namización da lingua galegaPasatempos

p.2p.3

p.4

p.5

p.6

p.7

p.8

p.9

p.10

p.11p.15p.16p.22p.24

p.26p.27

Page 3: revista do - edu.xunta.gal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes unidades didácticas nas que está dividido cada módulo. Tamén a través da mencionada

3

aforro eeficiencia

“Non pretendamos que as cosas cambien se sempre fa-cemos o mesmo. A verdadeira crise é a crise da incompe-tencia”. Albert Einstein.

Cada un de nós, como individuos na sociedade que vi-vimos, somos consumidores/as de enerxía. Pero a pro-dución da enerxía ten límites e, sobre todo, un gran im-pacto na natureza. Ademais o consumo de enerxía está crecendo a un ritmo vertixinoso: aumentou un 45% dende 1980 até hoxe e para o 2030 está previsto que aumente un 70%.

Polo tanto, atopámonos ante un gran dilema enerxético que debemos solucionar: o consumo mundial crece de xeito imparable pero para deter o cambio climático debe-mos reducir a metade as emisións de CO2.Para cambiar o modelo actual pódense seguir dous ca-miños: actuar sobre a orixe da enerxía: o subministro, ou ben optimizar o consumo final da enerxía: a demanda.

A primeira alternativa sería mellorar o subministro em-pregando fontes de enerxía renovables, aquelas que proveñen de fontes inesgotables, de xeito limpo,seguro

e menos contaminante.Pero para facer isto é necesario traballar a segunda alternativa,a xestión da demanda: modificar como consumimos a enerxía nos fogares, na industria, etc.O aforro enerxético consiste en non empregar a enerxía cando non é útil: apagar as luces cando non estamos, pechar as portas cando temos a calefacción prendida,… A eficiencia enerxética consiste en empregar a mínima cantidade de enerxía para obter o mesmo resultado: ser eficientes implica “facer máis con menos” , ou sexa, em-pregar luminarias LED que consumen moita menor ener-xía que outros tipos de iluminación, utilizar electrodomés-ticos de alto rendemento, etc.Na actualidade, emprégase a eficiencia enerxética acti-va, que consiste en optimizar os procesos eléctricos, so-bre todo a iluminación, mediante sistemas de control e supervisión (domóticos).Un exemplo sería aproveitar as condicións externas de iluminación ( a luz que entra polas xanelas) para iluminar un aula.

Poderiamos empregar o aforro enerxético mediante un temporizador que desconecte as luces a partires da hora de peche da escola e empregar a eficiencia enerxética pasiva mediante o emprego de lámpadas LED que con-sumen un 80% menos de enerxía que unha lámpada fluo-rescente e por último, empregando un sistema domótico con sensores de iluminación (que detectan a cantidade de luz en cada zona) regular a enerxía que se envía a cada punto de luz da aula.Se ademais disto, empregaramos unha fonte de enerxía renovable ( por exemplo, a fotovoltaica ou a eólica) obte-riamos un aforro considerable e fariamos sostible no tem-po os nosos modos de vida.

enerxética Antonio AncaProfesor de Instalacións Eléctricas CIFP “Porta da Auga” de Ribadeo

Page 4: revista do - edu.xunta.gal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes unidades didácticas nas que está dividido cada módulo. Tamén a través da mencionada

4

Prácticas realizadas polos alumnos do C.M. Técnico de Obras de Interior, Decoración e Rehabilitación.

A primeira práctica realizouna David Rodríguez Reigo-sa. Este alumno, natural de Ribadeo, representou a Ga-licia nos Campionatos Nacionais de FP na especialida-de de Xeso Laminado. Por razóns de saúde non puido

acabar a competición en Madrid, pero como se pode ver nesta práctica realizada no Centro, idéntica a que tiña que facer en Madrid, encontrábase formado para poder acadar una medalla como o seu compañeiro Daniel.

Esta segunda práctica realizada por Oscar Tulio Cha-morro. Este alumno, natural de Colombia, mostra sempre moito interese nas clases e como se pode comprobar dá-

selle moi ben. Dende un principio adaptouse completa-mente a formación e tamén aos compañeiros.

Departamento de Edificación e Obra Civil

Page 5: revista do - edu.xunta.gal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes unidades didácticas nas que está dividido cada módulo. Tamén a través da mencionada

5

Participación no concurso

Daniel Nogueira Méndez, natural de Puerto de Vega, Navia, de 20 anos, ganou a medalla de ouro nos Cam-pionatos de Galicia de FP, na especialidade de So-lados e Alicatados; á su vez foi o representante de Galicia nas Olimpiadas Nacionais de FP que se cele-braron en Madrid en febreiro. E alumno do ciclo medio de Técnico de Obras de Interior, Decoración e Reha-bilitación do CIFP Porta da Auga, e no mes de febrei-ro superou en Madrid distintas probas que lle valeron para acadar a medalla de prata en Solados e Alica-tados no concurso nacional de FP: Spainskills 2013. Asiste a clase de 17.00 a 23.00 horas, e comparte a diario aula cos profesionais dispostos a mellorar a súa formación.

-¿Quén te animou a presentarte ao concurso na-cional? -Os profesores animáronme e formáronme nesta es-pecialidade, ademais neste Centro contamos como profesor con José Méndez de Andés que e experto nacional nesta especialidade

-¿Qué probas tiveches que superar? -Realicei probas do martes ao venres, e o sábado pola maña. Tivemos que facer un alicatado, un de-buxo bastante complicado. Había moito nivel. Éramos catro participantes por España.

-¿Por qué decidiches matricularte neste ciclo? -Porque meu pai ten unha empresa de construción e traballo con el.

-¿Qué che aportou o premio? -E unha experiencia nova e incrible, non é só o pre-mio da medalla, e tamén a cantidade de experiencias novas e de amigos que coñecín, e algo que será moi difícil de volver a repetir.

Spainskills 2013

Departamento de Edificación e Obra Civil

Page 6: revista do - edu.xunta.gal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes unidades didácticas nas que está dividido cada módulo. Tamén a través da mencionada

6

Cursos deFormación continua

No Departamento de Edificación e Obra Civil durante todo o curso escolar realizamos formación continua para aque-las persoas que necesiten unha formación a maiores para poder seguir desenvolvendo a súa actividade. Nós cremos que esta formación e indispensable para poder acercar a o noso Centro Educativo a estes profesionais e que veñan

a recoñecer o valor que ten a Formación Profesional e que saiban que poden contar cos nosos alumnos o dia de maña.E imposible separar a formación nos Centros do mundo laboral; se non traballamos en conxunto non poderemos dar ese punto de calidade que como docentes queremos acadar.

Todos os cursos son necesarios segundo a normativa para poder realizar estes traballos.Desde o Departamento de Edificación e Obra Civil buscamos dar formación de acordo coa normativa vixente.

Este ano realizamos os seguintes cursos:

PRL PARA OPERARIOS CON EXPOSICIÓN AO AMIANTO. (20 horas)Neste curso deuse a formación necesaria para poder realizar os traballos de retirada de mate-riais que estean compostos por amianto.

MONTAXE E DESMONTAXE DE ANDAMIOS APOIADOS. (35 horas)Este curso homologa aos alumnos para reali-zar montaxe e desmontaxe con este andamio.

PRL MEDIDAS PREVENTIVAS PARA TRA-BALLOS EN ALTURA. (20 horas)Os alumnos recibiron a formación para realizar traballos en altura.

OPERADOR DE GUINDASTRE AUTOCAR-GANTE. (30 horas)Formación para o manexo de guindastre auto-cargante.

Departamento de Edificación e Obra Civil

Page 7: revista do - edu.xunta.gal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes unidades didácticas nas que está dividido cada módulo. Tamén a través da mencionada

7

a Formación

semipresencial

Por primeira vez, no presente curso académico 2.012-13, impártese no C.I.F.P. “PORTA DA AUGA” de Ribadeo unha modalidade de ensino de Formación Profesional que é a modalidade semipresencial. O ciclo que se oferta é o Ciclo Medio de Xestión Administrativa, na Familia Profesional de Administración e Xestión.Esta modalidade consiste basicamente no uso por parte do alumnado dunha plataforma de autoaprendizaxe col-gada na páxina web da Xunta de Galicia, a través da cal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes unidades didácticas nas que está dividido cada módulo. Tamén a través da mencionada plataforma o alumno consulta dúbidas ó profesor ou ós restantes alumnos a través de diferentes foros que tamén hai aber-tos a tal efecto na citada plataforma. Hai un foro por cada unha das unidades didácticas nas que se divida o módulo.Tamén se participa en chats didácticos (consultas ó pro-fesor ou debates sobre un determinado tema). Ademais, un día á semana, en horario a partires das 18 horas, para que sexa compatible coa maioría das xornadas laborais, hai clases presenciais para tratar temas que sexan difí-ciles de explicar “on line”, como por exemplo cuestións prácticas ou manexo de aplicacións informáticas. A asis-tencia a estas clases é voluntaria por parte do alumnado, e supón o 25 % do total de horas de clase de cada módu-lo. O desenrolo destas actividades presenciais dinamízase a través dun foro que para tal efecto hai na plataforma, onde o profesor e os alumnos fan as intervencións que estiman oportunas; o profesor, por exemplo, anuncia coa antelación suficiente, o que se vai tratar na próxima se-sión presencial, e os alumnos fan suxestións en relación a aquelas cuestións que lles resultan máis difíciles para que se traten na xornada presencial. O sistema de avaliación en parte é “on line”, pois a tra-vés da plataforma o alumno ten que resolver e enviar ó profesor tarefas e exames; as tarefas corríxeas o profesor e os exames corríxeos a propia plataforma e adoitan ser tipo test. Estes exames “on line” compleméntanse con exames presenciais e adoitan ser unha vez por trimestre. Ó igual que nos outros tipos de ensino tamén aquí hai exa-

mes de recuperación, que son presenciais. A ponderación na nota das tarefas, exames “on line”, e exames presen-ciais, dependerá dos criterios de cualificación estableci-dos polo profesor á hora de elabora-la programación do correspondente módulo.O papel do profesor consiste en dinamiza-los diferentes foros existentes na plataforma, solucionar a través de-les aquelas dúbidas que entre os alumnos fosen incapa-ces de resolver, activar na plataforma as tarefas, exames “on line” e unidades didácticas conforme sexa a tempo-ralización recollida na súa programación, e, en definitiva realizar todas aquelas tarefas que faciliten o proceso de aprendizaxe dos alumnos. Corrixe as tarefas e os exames presenciais e colga na plataforma os recursos didácticos que considere oportunos (arquivos con teoría ou exerci-cios prácticos complementarios) para completar o material que a plataforma ten inicialmente, co obxectivo de facilita-la aprendizaxe dos alumnos.Para facilita-las comunicacións entre profesor e alumnos, ademais dos medios descritos nos apartados anteriores, hai tamén un foro de novas que funciona a modo de ta-boleiro de anuncios, onde o profesor colga todas aquelas novas que considera que son de interese para os alumnos, como datas dos exames, criterios de cualificación, etc. Ademais do anterior, hai tamén un sistema de mensaxes, para que os alumnos se comuniquen entre si, e co profe-sor.Este sistema de ensino require un gran esforzo por parte do alumno para suplir a falta das clases presenciais, e está pensado para aquelas persoas que por razóns laborais ou de índole familiar ou persoal non teñen dispoñibilidade ho-raria que lles permita cursar os estudios na modalidade de ensino presencial. É unha boa alternativa formativa para aquelas persoas que estando a traballar queren mellora-la súa formación co obxectivo de avanzar pro-fesionalmente, ou para aquelas outras que actualmente non están a traballar, e que a través da formación queren incrementa-las súas posibilidades de acceso ó merca-do de traballo.

José María Martínez FernándezProfesor de Administración

Profesional

Page 8: revista do - edu.xunta.gal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes unidades didácticas nas que está dividido cada módulo. Tamén a través da mencionada

8

Estar a cursar un ciclo de formación profesional a distancia na actualidade que nos está tocando vivir, é un privilexio. Somos tantos os que estamos na mesma situación (sen tra-ballo), e tan poucas as oportunidades que se nos presen-tan, que ó final, todos acabamos tocando na mesma porta: seguir formándonos, mentres pasa a treboada.Para a xente que ten cargas familiares, que está a traba-llar ou que ten a posibilidade de empezar a traballar en calquera momento, a opción da formación profesional a distancia é unha das poucas solucións para seguir estu-dando e manterse formado obtendo un título oficial.No meu caso persoal, intentei acceder dous anos consecu-tivos a varios ciclos cerca da miña localidade, pero neste momento, debido ás circunstancias excepcionais do noso país, foime imposible pola alta demanda que teñen. Final-mente, atopei prazas libres en Ribadeo, algo que conside-rei toda unha lotería.Por agora, a experiencia realizando o ciclo de Xestión Ad-ministrativa está sendo moi satisfactoria. É un tipo de for-mación moi autodidacta e que require unha constancia diaria para non quedarse atrás. Hai que dedicarlle practi-camente as mesmas horas que se fora un ciclo presencial, pero coa facilidade de poder distribuír ti esas horas á túa conveniencia dentro do día ou incluso da semana. Sem-pre hai que ter moi claro as horas de dedicación das que vas dispoñer, para optar por un número óptimo de

módulos nos que matricularte (outra facilidade que ofrece este tipo de formación, na que ti decides cantos módulos queres realizar cada ano) en función da dispoñibilidade ho-raria que teñas para estudar.Loxicamente tamén hai cousas que botas en falta neste for-mato online, cómo o roce diario cos compañeiros e profeso-res, que de tantos apuros te sacan nas clases presenciais. O foro de cada módulo, que está pensado para plantexar dúbidas e axudar a resolvelas tanto no formato profesor-alumno como alumno-alumno, funciona con bastante flui-dez, aínda que a veces falte esa rapidez de resposta que hai nas aulas, e que en algún momento se necesita para cumprir un prazo de entrega.Ó non existir unha convivencia diaria con profesores (agás para quen pode asistir ás titorías presenciais existentes), os primeiros exames son todo nervios, por non ter moi claro cómo será o profesor co que ata ese momento só tiveches contacto “online”. Pero tamén é un momento de “reencon-tro”, xa que por fin se lle pode poñer cara ós compañeiros cos que tiveches trato só a través dos foros.Espero que no futuro se poidan realizar moitos máis ciclos a través desta modalidade a distancia en Galicia, xa que en comunidades como Andalucía xa fai anos que teñen un listado moi extenso con moi boa acollida e resul-tados.

a Formación Profesional a distancia:

un privilexioVanesa Costa Souto

Alumna do Ciclo de Xestión Administrativa Semipresencial no C.I.F.P. de Ribadeo

Page 9: revista do - edu.xunta.gal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes unidades didácticas nas que está dividido cada módulo. Tamén a través da mencionada

9

O CIFP Porta da Auga ten concedida unha Carta Erasmus Estendida dende o ano 2011 e ademais participa como socio no proxecto Leonardo Next Station coordinado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Son esta carta e este proxecto os que facilitan e financian as estadías no estranxeiro do noso alumnado.O pais europeo co que temos relación é Alemaña. A nosa colaboración con eles comezou cun primeiro ache-gamento na cidade de Warendorf no 2008, e con poste-rioridade comezamos a colaborar cos talleres da cidade de Lüdinghausen resultando sempre produtiva e moi sa-tisfactoria para ambas partes. Un exemplo desta frutífera relación é o feito de que no curso pasado un dos alumnos quedou traballando nunha destas empresas.Desta relación valoramos a seriedade dos contactos, a tecnoloxía de vangarda que ofrecen e as magníficas relacións persoais que tivemos cos responsables dos talleres de acollida.No presente curso, e continuando a liña marcada en anos anteriores, cinco alumnos; catro de grao superior de auto-moción e un de grao medio de electromecánica de vehí-culos, realizaron parte das súas prácticas en empresa no estranxeiro.As empresas coas que tivemos relación foron a Volkswa-gen Akademie en Hannover (Bundesland), Autohaus Kai-ser, Mercedes Benz Schopp, Autohaus Tenberge BMW e a OPEL Rüschkamp; estes últimos en Lüdinghausen en North Rhine-Westphalia.

Para darvos unha visión en primeira persoa do que estas prácticas supoñen, fixemos unha pequena entrevista ó alumno de grao medio, Xenxo Alonso Incera. Aquí tedes as súas respostas:

1.-Que destacarías da túa experiencia realizando as prácticas no estranxeiro ? (Positivo e negativo, a nivel profesional e persoal)O máis destacado é que se ven outras maneiras de tra-ballar con outros horarios e, por suposto, que estás noutro país cunha cultura e unha arquitectura bastante diferente. Tamén me chamou a atención a educación da xente, sem-pre están dispostos a axudar no que sexa. E respecto ó clima non é tan diferente ó da zona de montaña, moito frío de inverno e bastante calor no verán, pero é máis seco que aquí e nótase menos.

2.-Se che ofreceran traballo en Alemaña, animaríaste a aceptalo?Si, sen pensalo dúas veces.

3.-Foi o idioma unha grande traba para ti?Se te manexas en inglés non soe haber ningún problema, pero saber alemán non está de máis si tes pensado que-darte alí.

4.-Recomendaríaslles ós teus compañeiros que tive-sen unha experiencia parecida?Si, se teñen a oportunidade que a aproveiten que é unha experiencia boísima.

Jesús Menéndez MenéndezCoordinador de Proxectos Internacionais

Prácticas no estranxeiro dosXenxo Alonso Incera e o equipo de Volkswagen Akademie (Hannover).

alumnos de automoción

Page 10: revista do - edu.xunta.gal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes unidades didácticas nas que está dividido cada módulo. Tamén a través da mencionada

10

Con este curso de 2º C.S. de Administración e Finanzas da familia de administración e xestión que se imparte no noso CIFP Porta da Auga de Ribadeo despídese a LOXSE con “un bo sabor de boca”. Son os rapaces/zas que aparecen nesta fotografía e que xentilmente responden a unhas pre-guntas feitas pola sua titora Marga Vilaseca. Como valorades o voso paso polo CIFP?Como unha experiencia positiva enfocada ó mundo laboral

En xeral que opinades da FCT?É importante porque permite ver o funcionamento real dun-ha empresa e enfrentarse a problemas reais que non su-ceden dentro das clases convencionais. A formación en centros de traballo é un “escaparate” para logo acceder ó mundo do traballo.

Qué módulos pensades son máis útiles para logo acce-der o mundo laboral?

Unha gran maioria opina que a contabilidade e fiscalidade, o proxecto integrado, a xestión de aprovisionamento e apli-cacións informáticas .

Plantexádesvos unha incorporación inmediata ó mun-do do traballo, se houbese a posibilidade? Ou pensa-des continuar formándovos?.Se houbese traballo todos sen dubida incorporaríanse a el; pola contra se isto non fose posible continuarán formando-se, uns optan pola universidade e outros por cursos on-line.

Como titora da FCT e Xefa do dpto. da familia de adminis-tración e xestión dar as grazas a empresas colaboradoras que son moitas as que ano a ano permiten aos nosos alum-nos/as entrar nas súas oficinas e despachos e aprender con eles a realidade do traballo; un ano máis graciñas, sen vos non poderíamos facélo.

entrevista a 2º C.S. Administración e Finanzas 2012-2013 Margarita Vilaseca Sánchez

Profesora de Administración

Page 11: revista do - edu.xunta.gal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes unidades didácticas nas que está dividido cada módulo. Tamén a través da mencionada

11

Baixo este título desenvolveuse o 11 de marzo no CIFP PORTA DA AUGA esta interesante actividade para o alum-nado de ciclos formativos que buscan integrarse no mun-do laboral creando o seu propio posto de traballo.Dita actividade constou de dúas partes: na primeira, En-rique Gómez, técnico de Bic Galicia, falou sobre o espí-rito emprendedor, e, na segunda, varios emprendedores da zona contáronnos as súas experiencias. Estas persoas foron David Fernández (taller náutica), Mónica Cancio (ludoteca), Manuel Yañez (taller bicicletas) e Paula Fer-nández (tenda roupa), que amablemente responderon ás preguntas da seguinte entrevista:

Cando fixeches o ciclo formativo, xa tiñas claro que querías montar a túa empresa?David: NonPaula: No meu caso non fixen un ciclo formativo. Estudei Publicidade e Relacións Públicas e logo fixen un máster en Dirección de empresas de organización de eventos e protocolo.Manuel: Non, nese momento o que quería era traballar por conta allea e gañar diñeiro rápido.Mónica: Non, de aquela so esperaba atopar e traballo en algo relacionado cos meus estudios.

Tes un website, blog, ou perfil social onde poidamos ver algo sobre ti ou o teu proxecto?David: FACEBOOK Nordes nautica e www.nordesnautica.comPaula: Pois teño de todo!! A páxina web para venda onli-ne é www.darlintonia.es. Teño perfil en tres redes sociais, Facebook, Twitter (@Darlintonia) e Instagram (@darlintonia)-www.facebook.com/Darlintonia-www.twitter.com/Darlintonia

-www.instagram.com/darlintoniaE fai 15 días puxen en marcha o blog, http://www.darlinto-nia-ropaycomplementos.com/Manuel: En facebook hai un perfil de BURELABIKESMónica: Non, estou pensando en facer una páxina web pero aínda non a teño.

Cal foi a túa traxectoria profesional ata agora? Que es-tabas a facer antes?David:Traballos diversos en hostalería e montaxes, traba-llos en varios talleres e obras con gran maquinaria.Paula: Pois eu tiven a “sorte” de empezar a traballar nada máis acabar a carreira no departamento de comunicación da Institución Educativa Sek. Despois por decisión propia, por volver a Galicia, empecei a traballar no departamento de Marketing de Ingapan en Lugo. Logo pasei a traballar nunha axencia de publicidade, na asociación de comer-ciantes de Foz, nunha inmobiliaria … un pouco de todo!Xusto antes de montar a tenda, estaba no paro, levaba xa case dous anos e posiblemente ese foi o arranque para poñer en marcha o meu propio proxectoManuel: Despois de facer Mestría Industrial na rama me-cánica empecei a traballar en talleres e así botei 32 anos.Mónica: O meu primeiro traballo relacionado coa miña profesión foi nunha aula de 0-3 anos en Taramundi, des-pois estiven traballando nunha ludoteca que ao pouco tempo cerrou e por último estiven nun centro de negocios onde tiñan cafetería, despachos e unha sala para nenos.

Como naceu o espírito emprendedor en ti? Había algo diso na túa familia ou no ambiente social no que creciches?David: Inquietude por desenvolver todo o meu potencial.Paula: A verdade é que nin na miña familia nin no am-biente social no que crecín hai ese espírito emprendedor.

a actividade

comopara o teu

emprendedorachave

futuroMarisol Folgueira Chao

Coordinadora de Emprendemento

Ivan Seijas LópezProfesor de Formación e Orientación Laboral

Page 12: revista do - edu.xunta.gal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes unidades didácticas nas que está dividido cada módulo. Tamén a través da mencionada

12

Quizás, como xa dixen, foi o tempo sen traballo e as ganas de facer algo o que espertou en min ese espírito.Manuel: De moi xoven tiña a ilusión de montar una libre-ría que tivera un local no que os clientes puideran follear os libros ou mesmo lelos pero pensaba que tanto Viveiro, Vilalba, onde vivín antes, e Burela, onde vivo agora, non tiñan unha potencial poboación como para montar ese tipo de librería polo que non o fixen; nin na miña familia nin no entorno social non teño antecedentes de emprendedores.Mónica: O meu espírito emprendedor naceu despois de traballar en varios sitios e darme conta de que a mellor ma-neira de levar a cabo miña idea de cómo se debían facer as cousas era abrindo o meu propio centro. Veño dunha familia de autónomos. Meus pais teñen unha empresa cun tío meu, e nela traballan os meus irmáns. Toda unha em-presa familiar que xa ven do meu abo.

Que lograches ata agora, e que falta por lograr?David: Arrancar e superar os dous primeiros anos que se supón que son os máis difíciles para calquera empresa. Faltan moitas cousas por lograr porque a previsión é non parar de crecer nunca.Paula: O logro máis importante sen dúbida é estar aquí, co meu proxecto andando, pero claramente queda moito por andar, e falta lograr manter este proxecto no tempo. E tamén teño en mente sacar unha liña propia de comple-mentos.Manuel: Despois de ano e medio o que me propoñía está a conseguirse: darme a coñecer, que a xente soubese que BURELABIKES é una tenda de bicis e que se pode confiar en min. Falta por conseguir moito ou case todo, conseguir ir tendo stock supón un gran esforzo económico, e que os clientes veñan reparar as bicis supón ter que facer repa-racións con moita humildade e cariño; todo o que fago é pensando como me gustaría que me tratasen a min.Mónica: Non, persoalmente creo que para compartir un negocio con outra persoa ten que ser alguén a quen co-ñezas moi ben e cunhas ideas de traballo moi similares, e cando decidín abrir meu negocio non tiña a ninguén con quen compartira esas ideas.

Buscas investidores? Que lles ofreces a cambio de que?David: Si. Grandes proxectos de exportación a nivel mundial.Paula: Non, para o proxecto actual non busquei nin busco investidores.Manuel: Non busco investidores, quero ter un negocio moi familiar, pequeno e acolledor.Mónica: O meu é un centro de Ocio Infantil no cal polas mañas ofrecemos servizos de gardería para nenos de 2-3 años, e despois polas tardes veñen nenos de 2-12 años xogar, merendar, facer os deberes, celebrar cumpreanos, … a idea basicamente é intentar conciliar as necesidades familiares coas de xogo e a actividade dos nenos.

Os emprendedores teñen fama de ser controladores compulsivos. Como evitas iso?David: Faite autónomo e xa me contarás.Paula: Non sei de onde ven esa fama pero no meu caso a verdade é que non é certa!Manuel: Ao ser eu só non teño que controlar a ninguén.Mónica: A verdade é que é moi difícil, sempre queremos que se fagan as cousas como as faríamos nós mesmos. Para min o fundamental é a comunicación e dicir coma esperas que se fagan as cousas, e sobre todo encontrar unha persoa coa que esteas a gusto á hora de traballar.Como logras o equilibrio entre traballo e relax?David: Non o logroPaula: Iso xa é máis difícil xa que son moitas as horas de traballo e aínda cando pechas a porta da tenda segues co traballo na cabezaManuel: Teño un horario e procuro cumprilo seguindo os

costumes que tiña antes, para andar en bici que era o meu “loquero” aproveito as fins de semana e tamén saio pola semana despois de pechar, pola noite.Mónica: Sendo autónomo o tempo que che queda de relax é más ben pouco, xa que ademais das horas que traballas de cara ao público sempre tes cosas que facer despois. O máis importante é estar o máis a gusto posible no traballo e disfrutar do pouco tempo libre que che queda.

Cal é a túa motivación principal, ser o teu propio xefe ou xefa, o espírito de aventura, facerte rico, o ben so-cial... ou hai algo máis?David: Desenvolvemento do potencial.Paula: A miña principal motivación é non estar parada, non estar na casa sen facer nada. Tal e como están as cousas hai que buscar que facer e está claro que agora que me lancei, ser a miña propia xefa tamén motiva, ver que o teu proxecto crece e toma forma motiva por si só.Manuel: Ser o meu xefe acércase máis a miña motivación.Mónica: A miña principal motivación era e é primeiro po-der traballar no que me gusta e sempre quixen facer, e, segundo, poder facelo de acordo coa miña propia meto-doloxía e desenvolver o meu traballo de acordo aos meus propios principios.

Que pensas sobre as grandes corporacións? Traballa-rías para unha delas?David: Si, dependendo das condicións..Paula: Evidentemente agora mesmo non xa que quero se-guir coa miña tenda, aínda que noutro momento se non tivese emprego si o faría, aínda que non é o modelo em-presarial que máis me gustaManuel: A miña idea de negocio non encaixa coas gran-des corporacións, eu quero que o cliente se encontre co-migo na tenda que se sinta como na súa casa, que poida pasar ao taller ver como se repara a súa bici, poder ofrecer

Page 13: revista do - edu.xunta.gal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes unidades didácticas nas que está dividido cada módulo. Tamén a través da mencionada

13

distintas posibilidades de compra e non unha concreta.Mónica: No meu traballo a verdade é que non soe haber mega empresas. Si pode haber franquías de centros que se basean en enormes locais e xogo libre dos nenos. No meu centro, coma é máis pequeno, intento dar un trato máis personalizado. En canto a si traballaría nun deles, pois estando como está o emprego neste país non se pode dicir “desta auga non beberei” pero realmente non é o que desexo facer

Dous momentos de máximo medo e máxima satisfac-ción que viviches na túa aventura empresarial.David: Medo, cando se firma o préstamo ante notario. Satisfacción, cando rematei de restaurar o meu barquiño de vela do ano 1975: a xente alucina co que somos ca-paces de facer.

Paula: O momento sen dúbida de máximo medo e ao mesmo tempo, segundos despois, converteuse no da máxima satisfacción, foi o primeiro día de abrir a porta aos clientes. Esperar a ese primeiro cliente...Outro momento de medo foi cando dis o si definitivo, porque a idea róldache durante un tempo pola cabeza... pero hai un momento no que dis si, vouno facer... e xusto despois entra un medo polo corpo...E a outra gran satisfacción, no meu caso particular foi a primeira venta por internet, xa que a páxina web fíxena eu, tendo que aprender desde 0... polo que ver que todo o que vas facendo ten os seus resultados, dá moita sa-tisfacción...Aínda que creo que hai que destacar que cando o proxec-to é teu e nace do teu traballo e esforzo, todos os días hai algunha satisfacción... pequenas cousas que calquera verá como tonterías ou como cousas do día a día... a min

sábenme a satisfacción. Iso é o mellor de votar a andar o teu propio proxecto. Manuel: O momento de máis medo foi o día da apertura, o medo a non saber facer o que tiña tan claro uns días antes e o de máxima satisfacción foi o mesmo día cando fixen a primeira venta e o cliente me deu as grazas polo trato recibido.Mónica: Traballando con nenos os momentos de sa-tisfacción son moitos, un abrazo, un sorriso, unha nova aprendizaxe, montón de monerías que non faltan nunca, etc…

Cando necesitas guía ou consello, onde o encontras?David: Amigos empresarios e libros.Paula: Intento apoiarme moito na miña familia e na xente que me rodea, aínda que moitas veces encontro apoio

pero non axuda xa que ningún se dedica ao sector nin é emprendedor... Nos casos de precisar axuda “técnica” busco moita infor-mación pola rede, en foros, blogs e páxinas de empren-dedores e, en casos extremos, busco axuda profesional.Manuel: Na familia e nun amigo que me axuda sempre.Mónica: Novas ideas necesítanse sempre e hai que bus-car información en tódolos medios que se poida. Sen embargo os consellos sempre os pido á familia e a ache-gados.

Ata que punto a sorte é importante? Cal é a túa forma de atraela?David: A xente confunde sorte con azar, o azar pode facer que che toque a lotería e a sorte hai que buscala co traba-llo constante e a perseveranza.Paula: Está claro que sen traballo non hai sorte que valla,

Page 14: revista do - edu.xunta.gal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes unidades didácticas nas que está dividido cada módulo. Tamén a través da mencionada

14

no pequeno comercio cada día hai que traballar máis duro e reinventarse. De todas formas si creo que o factor sorte si inflúe en algunha medida, e a forma de atraela sen dúbida e o traballo e o positivismoManuel: Eu creo en min e trato de que os clientes vexan en min unha persoa que nunca os enganará e na que poden confiar, penso que si o consigo e esa é a miña sorte.Mónica: A sorte non sirve de nada se non se traballa. A mellor maneira de atraer a sorte e dar todo o que un ten para facer ben as cousas.

Que fas para manter a moral e seguir perseverando nos momentos baixos?David: Exercicio e comer sanPaula: Hai días malos, moi malos... tal e como están as cousas hai moitos momentos de dificultade... pero como dicía antes, todos os días hai algo, aínda que sexa unha pequena cousa, que me produce satisfacción, polo que hai que intentar pensar nesas cousas e esperar que veña un momento mellor.Manuel: Como dixen antes, a bici é o meu “loquero” e axu-da moito neses momentos, a familia é o outro piar onde me arrimo cando ven algún momento baixo.Mónica: Hai momentos baixos nos que o apoio dos teus seres queridos é fundamental pero sobre todo non perder a ilusión polo que se fai.

Cita outros tipos de negocios polos que sentes tenta-ción con frecuencia.David: Restauración de vehículos antigos e unha tenda ecolóxica .Paula: Como xa dixen en algunha pregunta... téntame, e moito (espero que ata o punto de conseguilo..), lanzar unha liña propia de bixutería.Por outro lado... sempre terei a espiña de montar algo rela-cionado coa publicidade, os eventos ou o desexo gráfico...Manuel: Estou moi centrado no meu negocio e non penso noutras alternativas.Mónica: Traballar nun colexio cun soldo fixo non estaría mal, jejeje…, pero a verdade é que non me vexo nun tra-ballo que non sexa con nenos.

Estes tempos de crise son bos para empezar negocios? David: Non hai unha tendencia a fomentar o emprende-mento e nin é boa idea. Hai moita xente que se vai a ende-bedar máis do que está porque queres emprender.Paula: Estes tempos son difíciles, en algún aspecto poden ser bos xa que dan o impulso a algunha xente desempre-gada, pero claramente son difíciles para arrancar xa que a situación económica é complicada.Manuel: Eu montei o meu negocio en tempos moi malos economicamente, e algunhas veces penso “si o fixera fai 10 anos gañaría cartos e agora custa moito chegar a fin de mes”, pero fai 10 anos eu estaba feliz no meu traballo e agora estou feliz no meu negocio, e iso é o que conta.Mónica: Persoalmente creo que en tempos de crise se crean máis autónomos, xa que ao non encontrar traballo a xente ten que buscarse a vida pola súa propia conta, e a verdade é que ás veces a necesidade fai que xurdan moi boas ideas.

Que importancia teñen no teu negocio as relacións pú-blicas e as redes sociais?David: Moita, tanto para promoción como para o servizo postventaPaula: Na miña opinión, tanto no meu negocio como en calquera outro, as redes sociais hoxe en día xogan un pa-pel primordial tanto para dar a coñecer o teu proxecto e o seu produto, como para manter unha relación máis próxi-ma cos clientes, reais e potenciaisManuel: Teñen moita importancia, é unha ferramenta que permite dar a coñecer o negocio en todo o mundo.Mónica: Nun negocio de cara ao público sempre tes que mostrar unha boa imaxe e sobre todo un bo trato, en canto ás redes sociais cuantos máis medios para darte a coñe-cer mellor.

Que calidades lle recomendas a alguén que adquira an-tes de emprender un negocio?David: Que se rodee de autónomos e se autopregunte de si el mesmo é capaz de resistir ese ritmo de vidaPaula: Eu sempre digo o mesmo... pero alguén que quei-ra emprender o seu negocio ten que ter moitas ganas de traballar.Capacidade de esforzo e sacrificio é algo impres-cindible. Pero a satisfacción recompensa todo... Creo que outra cousa que ten que ter claro calquera que queira em-prender é ata onde pode chegar co investimento.Pero sen dúbida, eu animo a todo o mundo que teña unha idea de negocio a loitar por levala a cabo.Manuel: Por suposto que coñecemento do que vai montar e sobre todo crer nun mesmo.Mónica: Primeiro de todo ten que ter moi claro o que que-re facer é ter confianza no seu proxecto e en si mesmo para levalo a cabo. Despois moita ilusión e moitas gañas de traballar.

Page 15: revista do - edu.xunta.gal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes unidades didácticas nas que está dividido cada módulo. Tamén a través da mencionada

Antonia Gamallo López é unha moza ribadense para quen, segundo ela recoñece, a súa vida laboral comezou dun xeito un pouco inesperado. Aproveitamos que estaba por aquí unindo algúns días feriados para entrevistala.

Onde traballas?-En PHC Software en Lisboa, unha empresa que elabora programas informáticos de xestión de empresas (contabi-lidade, facturación, nóminas, TPV… cun amplo abano de utilidades).

Cal é a túa titulación académica?-Posúo a licenciatura de Tradución e Interpretación en In-glés e Francés.

Non parece, en principio, que esta garde moita relación co teu traballo.-Ben, é que tamén estiven algo máis dun semestre estudan-do o Ciclo Superior de Administración e Finanzas no Porta da Auga.

A verdade é cremos que quen nos estea a ler seguirá sen entender moito …-Si, é certo, explicareime. Unha vez rematada a carreira se-guín en contacto cun grupo de compañeir@s da facultade a través dun foro creado para axudarnos entre nós a atopar traballo. Así foi como, estando estudando no Porta, apa-receu a posibilidade de ir a Lisboa traballar por un tempo como tradutora da Unión Europea. Iso durou seis meses nos que ademais aprendín portugués …

Continua “se fas favor…”-Entón souben que unha empresa fabricante de software estaba buscando persoas que, ademais de reunir a cuali-ficación para traducir entre portugués e español -dado que a empresa vende os seus programas nos dous estados pe-ninsulares-, dispuxesen de coñecementos de xestión em-presarial.

Entón, pode dicirse que o teu breve paso polo Porta da Auga …- … me proporcionou ese plus que representaban eses co-ñecementos de xestión empresarial (contabilidade, factura-ción, recursos humanos, …) que esa empresa buscaba no perfil da persoa a contratar.

Seguimos falando con Antonia do futuro inmediato: seguir traballando e formándose (neste mes de maio ten pensado ir a un curso en Budapest sobre un programa informático de tradución). Opinamos sobre as dificultades da xuventude para encontrar traballo, coincidindo en que hai que formar-se e tratar de atopar a saída, pero tamén en que non hai saí-da individual para tod@s sen que novas políticas permitan unha saída social.

Tamén sobre o traballo na nosa Terra e das posibilidades que se abren para os galegos dada a nosa facilidade para co portugués, non só pensando no país veciño senón nos emerxentes Angola ou Mozambique, ou na potencia do Brasil, a letra inicial de BRICS (grupo formado por Brasil, Rusia, India, China e Sudáfrica, países considerados como os máis adiantados entre os Estados con economías emer-xentes). Segundo ela, entre un galego e un non galego que vai a un país de fala portuguesa “a diferenza é chegar e entender ou chegar e non entender nada”.

Buscando un cerre de entrevista, un non sabe se quedarse con aquilo de “os camiños do Señor son inescrutábeis” ou coa máxima que figura na páxina de PHC Portugal: “é nos momentos mais dificeis que poden surgir as melhores oportunidades”. Se cadra hai algo de certo en ambas.

unha

enribadense

LisboaAnxo Martínez Pérez

Profesor de Administración

15

Page 16: revista do - edu.xunta.gal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes unidades didácticas nas que está dividido cada módulo. Tamén a través da mencionada

16

De sempre a auga tivo un papel destacado nas comunicacións do home; por isto tan-to os portos marítimos como fluviais teñen unha especial importancia e ás súas beiras xurdiron as cidades.

Para un galego que habitase na costa entre o medievo e ben entrado o século deza-nove, era máis fácil chegar en barco ao lito-ral francés ou británico que chegar a pé ou a cabalo á Meseta.

Ata o século XIX non existen documentos fiables sobre a historia do porto ribadense.

Quizá o peirao de Ribadeo é tan antigo como a propia poboación por ter a ría boas con-dicións para a navegación, e de seguridade para as primitivas embarcacións.

Suponse que a ría era abrigo seguro para a navegación comercial de cabotaxe (navegar a carón da costa de porto en porto) que se facía na idade antiga. Existen poucas teste-muñas arqueolóxicas nas que basearse. A finais do século vinte atopouse unha ánfora romana na boca da ría, o que demostra que xa nesa época Ribadeo formaba parte das rutas comerciais do Cantábrico.

odeportoRibadeo

Margarita Vilaseca Sánchez

introdución

Page 17: revista do - edu.xunta.gal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes unidades didácticas nas que está dividido cada módulo. Tamén a través da mencionada

17

Sábese que nos séculos XVI e XVII Ribadeo exportaba madeira cara Lisboa, Sevilla e Cádiz. Gran parte desta madeira era para a construción de barcos para ir ás “In-dias”.Parece ser que ademais de madeira saían cal e ferro, ambos procedentes de Asturias.Na primeira metade do oitocentos continuábase a tra-ficar coas mesmas mercancías. Despois, na segunda metade do século a madeira deixa de ter a importancia de antes e os negocios baseáronse na importación de sal, de ferro e de liño procedente de Europa do Nor-te. É, neste momento, cando na zona se establecen co-merciantes, en particular da limítrofe comarca asturiana, como: Ibáñez, Villamil, Lanza, etc. Aos seus almacéns íase buscar liño para elaborar os tecidos que despois se exportaban a Castela, xunto co sal e o peixe.As naves de carga achegábanse, o máximo posible, a través da canle principal, onde barcas, máis pequenas, esperaban para acercar a mercancía ás praias de Caba-nela, Porcillán e Figueirúa, onde un montón de mulleres e rapaces agardaban para subir a mercancía, sen parar, ata a vila.

Figurádevos!! Come era esta “ría” antes de terse feito tantas obras que fixeron desaparecer estas praias.

O máis importante embarcadoiro era Porcillán, unha praia de area que con posterioridade se recheou, e que terminaba na rúa Ares-Ares (na actualidade ten dous no-mes: Antonio Otero, o primeiro tramo, e, Viejo Pancho, o segundo).

A praia de Cabanela tiña as mesmas escaleiras e calellas que existen actualmente.

Aquí, debo nomear tamén a Vilavella, onde houbo esta-leiros desde o medievo, e que tiña tamén o seu camiño para acceder ao centro do burgo.

Como dixen antes, Porcillán era o máis importante porque tiña os almacéns onde se gardaba a mercancía, pero no XVIII o sal gardábase, en parte, na “casa fábrica” que ía desde o inicio da rúa de San Roque ata a praza do mes-mo nome.

o porto, século XVIII

Page 18: revista do - edu.xunta.gal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes unidades didácticas nas que está dividido cada módulo. Tamén a través da mencionada

18

A carga e descarga era, como dixen antes: as naves chegaban á canle onde esperaban as barcas e des-pois estas achegábanse ás praias, aí filas de mulleres dentro da auga ata a cintura levaban caixas, cestas, sacos a terra e viceversa.

Comentar que isto non sucedía só aquí, era o normal en case todos os portos ata a segunda metade do século XIX cando se inician as obras de mellora artificial dos peiraos.Neste século viñan de Riga liño e kummel (licor de co-miño). En Madrid, coñecíase como “licor de Ribadeo”, e tamén o sal de Torrevieja e Cádiz e ferro do País Vasco. Saían sal, peixe, tecidos e cal.Cara o 1.810 iniciáronse as relacións con América: o trigo, o millo, a madeira, as patacas e o coiro eran os produtos máis usuais.

Aquí outro comentario, nada que ver con este porto pero por veciñanza, dicirvos que o primeiro millo introducido en Europa foi polo porto de Tapia de Casariego, despois pasou a Mondoñedo e dende alí chegou a Castela.

Destacar que dúas familias, principalmente, xestiona-ban o porto e as súas mercancías. Eran comerciantes, armadores e facían tamén funcións de Banco:Por unha parte a familia de Antonio Casas, chamada “a casa de Casas” e tamén “a casa de arriba” porque vi-vían no pazo onde hoxe è a casa do Concello (antes foi o pazo do marqués de Ibañez, un importante comerciante do XVIII como dixen antes).

Un pequeno comentario: no 1980, cando se abre a rúa Rosalía de Castro, derrubouse o que restaba deste al-macén. Hoxe só se conserva un pequeno resto na parte oeste do Teatro, onde están os camerinos.

No curso do século o embarque e desembarque da mer-cancía e dos pasaxeiros permanece invariable.

No 1.800 os barcos de vapor ancorábanse máis ou me-nos onde sería, máis tarde, o inicio da Ponte dos Santos e tamén diante da Cova da Vella, a carón da Aduana Vella.

o porto no século XIX

Page 19: revista do - edu.xunta.gal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes unidades didácticas nas que está dividido cada módulo. Tamén a través da mencionada

19

No ano 1.903 inaugúrase o tren Vilaodriz-Ribadeo.

Por outra parte, a familia de Francisco A. Bengoechea, que residía na coñecida como “a casa de abaixo” hoxe è a vella casa do avó de Calvo Sotelo, a entrada atópase na rúa Amando Pérez pero como é moi grande ocupa unha mazá.

Traíase o mineral de ferro dende a mina da Pontenova ata o Cargadeiro e, desde aquí, en barco, chegaba a Im-mighan, na foz do río Humber, no Leste da Gran Bretaña. No 1.905 este tren podía xa levar tamén persoas. Pero isto è outra historia.

No século XX continuábase a comerciar con cal, teci-dos, viño, fariña, sal, etc. pero o tráfico vese interrom-pido durante a guerra civil e tamén durante a segunda guerra mundial ata a década dos anos 50, nos cales volve o comercio do ferro; naquel momento viaxaba a Rotterdam, ata o ano 1.964 no que se pecha a mina de Vilaodriz.

O porto ribadense ata 1.983 subsistía soamente de transportar madeira.

Para terminar esta pequena historia do porto dicirvos que hoxe move arredor de 300.000 toneladas, princi-palmente, no embarco da pasta de papel, de táboas de aglomerado e de magnesita, procedente de Rubián (lo-calidade veciña a Sarria-Lugo), e no desembarco da sal, do millo e da remolacha.

século XX

Page 20: revista do - edu.xunta.gal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes unidades didácticas nas que está dividido cada módulo. Tamén a través da mencionada

20

Con referencia ás obras, a primeira faise en Figueirúa, hoxe Mirasol. Había un camiño en zig-zag que levaba a vila. Agora resta un pedaciño que se pode ver pegado ao muro do paseo marítimo

No Novecentos fíxose o peirao de Porcillán deseñado polo enxeñeiro Alvarez-Cascos (creo que era o avó dun político contemporáneo). Proxecta unha dársena que iria dende a praia de Guimarán, onde agora è o Centro de Cultivos Mariños. Rechéase e faise a rúa de Calvo Sotelo.

Por certo, se me permitides un chisme, contarvos que Al-varez Cascos herdou parte da fortuna dun Bengoechea, creo que era o seu testaferro. De novo, retornamos o noso tema. O pazo da vella aduana faise no l.800.No século XX construíuse O Cargadeiro, pero isto é outra historia.

Entre o 1.926 e o 1.928 faise Mirasol e ábrese a rúa Bue-nos Aires. Despois no transcurso do tempo sufre refor-mas e máis reformas.

Debido a tantas obras, peiraos, da unha parte e da outra da ría, e os sucesivos recheos a profundidade è cada vez diferente e aparecen máis bancos de area.

Soamente no 1.992 recheáronse 22.000 metros cadra-dos entre Porcillán e Mirasol. Na actualidade Mirasol è o porto comercial e Porcillán è o deportivo.

pequenísimo resumo das obras feitas no porto no trascurso do tempo

Page 21: revista do - edu.xunta.gal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes unidades didácticas nas que está dividido cada módulo. Tamén a través da mencionada

Os ribadenses non me perdoarían se non fago unha men-ción á escola de Náutica, situada no Patín, no pazo que despois foi o Colexio S. Luís, máis tarde un Instituto e que hoxe está ocupado pola Biblioteca. Nesta escola de náu-tica formáronse os grandes mariños que deu esta vila.

21

Page 22: revista do - edu.xunta.gal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes unidades didácticas nas que está dividido cada módulo. Tamén a través da mencionada

textos

Verónica Martínez DelgadoProfesora de Servizos Socioculturais

e á comunidade

Afondocoas mansna terrarecoñecéndomeda estirpedas mulleresque pariron

en silencio,

de pé,na corte,sobre a herba seca. 

Nados á voltade cada marea.  Agora,-tan só muller-topocomo único xeito de comunicaciónco outro o silencio que o poboa todo. Mais erguereimemañáorgullosa e satisfeitadeste corpo de mullerque me cingue.

22

Page 23: revista do - edu.xunta.gal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes unidades didácticas nas que está dividido cada módulo. Tamén a través da mencionada

Marina RosasAlumna estremeña de 1º de Educación Infantil

Un sono que se desbordou. Parecían as feridas as que berraban. Algo me trouxo aquí, a buscar o meu Norte, o que encontrara e non me decatara. So-ñei en alto, e o orgullo protagonizou o resto. Durmín ata chegar a un Ribadeo, sen medo e sen ganas. Era bonito, novo, atractivo. Foi inestable, inútil e gris. Voei durmida e chorei esperta. O reloxo sempre inimigo do tempo. Foi lento, preguiceiro, mortífero. Os sonos, sonos son, pero e se os sonos cambian? Un día, nun segundo dunha mirada nova, porque nunca son os ollos. Nunca o son.A valentía rompeu todos os cristais das ventás, todas as pezas de liberda-de se esfumaron, perdéronse, esquecéronse. E alí perdida entre “bágoas” e “cóxegas” esgotáronse os meses, rota por distancia e teimosía e feliz polos recordos que fabricara. Moitos recordos, moitos sentimentos, moitas expe-riencias. E entón foi absurda por non aproveitar cada momento como real-mente se merecía. Que o seu sono de gaitas e de montes verdes a trouxo aquí, e unha vez asumido iso, nunca hai que arrepentirse do que xa se fixo. Porque todo o que che regala a posibilidade de vivir o momento non se expli-ca con palabras nin con feitos, só séntese, saboréase, e contáxiase.

Sempre, pode ser moito tempo, un estado demasiado longo, perpetuo, infi-nito. Ás veces cando me pairo a pensar decátome de que case todo o que dicimos acompañado desa palabra adoita ser mentira. Só hai que observar todas esas persoas que prometen, xuran ou desexan querer por sempre, para toda a vida. Pero son esas as mesmas que cando algún contratempo se lles cruza no camiño prefiren ir cara a atrás e esquecer esa longa viaxe camiñado xunto a outra persoa. Non se deteñen a rememorar todas esas Lúas, esas Estrelas, e eses Sorrisos que adornaron “por sempre” o camiño da felicidade. Non comprenden que esa outra persoa ía camiñando polo mesmo sendeiro, só por collelo da man, para guialo nas Noites nas que algún trasni-ño verde roubase a vara de luz que conseguimos cando cremos cegamente nesa maxia oculta detrás do peito. Esa que sabes que non se ve,ou poucos ven.Son esas persoas que fan “borrón e conta nova”, e aos que eu defino como verdadeiros egoístas. As mesmas que non aprecian cada gota de suor cando fan o amor, ou as que non saben descifrar a luz que cambia de cor segundo os sentimentos, ou os sentidos. Esa luz pequena que habita nos ollos naque-las persoas que determino humanas, esas que respiran de verdade.Francamente renego de persoas así, as que non saben vivir e prefiren comer algodón doce en vez de saborear as nubes, as que están alí no alto, no ceo. Porque se poden comer a distancia sobre todo nas noites que che regalan un amencer como fin de conto de fadas. Ese é o mellor momento,saborear o final xustamente antes de durmir.E desas persoas que non diferencian o olor do aire cando se está tirado no céspede contemplando o infinito pano de lunares.Porque sei que hai luz, e somos luz.

23

Page 24: revista do - edu.xunta.gal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes unidades didácticas nas que está dividido cada módulo. Tamén a través da mencionada

cancioneiroinfantil

Como contribución do alumnado da familia de Servizos socioculturais e á comunidade para este numero inicial da Revista do Porta, recollemos unha selección dun can-cioneiro infantil elaborado polo alumnado de 1º curso do

CS de Educación Infantil. Trátase de tres arrolos e unha canción para nenos da máis curta idade.Agardamos que vos guste, xa que a sensibilidade é algo propio da boa xente, e que debe acompañarnos sempre.

Duermete fiu del alma que vela tos sueños palomina de blancu que nun tien aleru

Si viera to padre que yera tan buinu collarinos de plata punxerante al cuellu

AGORA NON

AGORA NON MIO NEÑU AGORA NON

Y el que llama a la puerta que venga mañana porque el padre del neñu morrio en la montaña pensamientos tan tristes marchaivos agora que

nun puede dormise del neñu que llora

AGORA NON

AGORA NON MIO NEÑU AGORA NON

Durme meu neno, durme,sen máis pranto,

que o tempo de chorare, vai pasando.

Que a terra na que vives,non quer bágoas,

percisa homes enteiros,pra libertala.

Durme meu neno, durme,colle forzas,

que a vida que che agarda,pide loita.

Recollera-lo froitosementado,

no inverno escuro e frío,no que estamos.

Semente feita en sangue por un poboque xurde dende a historia, dende o sono,

un sono cheo de aldraxe e miserento,un sono de inxusticias e silencio.

Mira a língoa que falo, despreciada,por ser língoa de probes, língoa escrava,son o orgullo que temos, lingoa e probes.

Só neles hai verdade e máis honores.Durme meu neno, durme, niste colo,

que esta terra de escravos non ten odio.Ten séculos de espranza, agardada,

que pon hoxe nos fillos que amamanta

Marta Elena Elola

Fuxan os Ventos

agora non

cantiga de berce

24

Page 25: revista do - edu.xunta.gal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes unidades didácticas nas que está dividido cada módulo. Tamén a través da mencionada

O papá arrolaba á nena, cantáballe este cantar, cala miña nena cala, cala se te ves calar.

Durme miña neniña,que o teu pai vai no mercado,

hache de traer as roscas sen tiro nin o furado.

Arrorró meu amor, arrorró,Arrorró meu amor, arrorró.

A miña nena pequenaheina de levar á feira

por un pano de rosquillas.

A miña nena pequena,nena do meu corazón,heina de levar á feira

e vendela nun patacón.

Arrorró meu amor, arrorró,Arrorró meu amor, arrorró.

Meu pitinho amarelinho cabe aquína minha mao

quando quer comer bichinhocom seus pezinhos ele cisca o chao.

(bis)Ele bate as asasEle faz piu piu

Mas tem muito medo é do gaviaoEle bate as asasEle faz piu piu

Mas tem muito medo é do gaviao.(bis)

tiro liro

pitinhoamarelinho

25

Page 26: revista do - edu.xunta.gal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes unidades didácticas nas que está dividido cada módulo. Tamén a través da mencionada

26

actividades dode dinamización da

equipolingua galega

Ao longo do curso intentamos realizar actividades de todo tipo, unhas circunscritas ás familias profesionais ou ao noso centro, outras nas que nos sumamos a iniciativas so-ciais máis amplas, pero sempre con un único obxectivo común: valorizar a nosa lingua, o galego, como medio nor-mal de expresión nos diferentes ámbitos.

Adherímonos á conmemoración do 50 aniversario da pu-blicación de Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferrei-ro, promovida pola Coordinadora de Equipos de Norma-lización Lingüística para o 12/12/12 ás 12. A bon seguro que a alguén aínda lle resoa a lectura colectiva das estro-fas de Deitado frente ao mar:

Lingua proletaria do meu pobo,eu fáloa porque si, porque me gostaporque me sai de dentro, alá do fondo …

Eu fáloa porque si, porque me gostae quero estar cos meus, coa xente miña,…

Editamos un calendario de peto, invitando ás persoas que buscan prepararse para a vida laboral a facelo con nós: Fórmate con nós para traballar era o lema.

O 8 de marzo colaboramos coa na celebración do Día da Muller Traballadora. Sumámonos tamén a ampla iniciativa social arredor do Día de Rosalía de Castro, contribuíndo a situar á nosa gran poetisa universal como o que real-mente foi: unha muller avanzada no seu tempo, actual en moitos aspectos, que tomou partido polos humildes dun país negado, lonxe da tola ou da chorimiqueira como foi alcumada.

Daqueles que cantan as pombas i as florestodos din que teñen alma de muller,pois eu que n’as canto, Virxe da Paloma,¡ai!, ¿de que a terei?

Levamos adiante modestamente a 1ª Xornada de Cine Galego, proxectando o venres 22 de marzo a curtame-traxe “Os Crebinski” e a longametraxe “O lapis do car-pinteiro”.

Arredor do Día das Letras Galegas difundimos a figura do dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, colaborando, entre outras cousas, coa representación de dous sketchs tea-trais a cargo do alumnado de 1º de Educación Infantil.

Con relación ás actividades específicas dos distintos de-partamentos, entre outras, colaboramos na elaboración de posters co vocabulario en galego das familias profesio-nais, comezando este curso coa familia de Electricidade. Do mesmo xeito fixemos co dicionario electrónico gale-go de conceptos referentes á familia de Administración, con tradución dos vocábulos a español e inglés.

Tamén podemos sinalar a colaboración no labor inconclu-so de dotar os equipos informáticos con versións de programas en galego.Pero sen dúbida a actividade que precisou de maior esfor-zo colectivo é a referente ao que agora tés nas túas mans: o número 0 da Revista do Porta da Auga. Como Equipo de Dinamización da Lingua Galega participamos na xesta-ción da idea e coordinamos a súa materialización. Non nos toca a nós dicir nada máis. Somos conscientes de que hai eivas e aspectos a mellorar en próximas edicións, polas que solicitamos un chisco de indulxencia pola túa parte.

Non queremos deixar de agradecer o seu apoio a todas as persoas que colaboraron con nós en algunha destas iniciativas, ou que simplemente que nos achegaron a súa suxestión ou nos deron o seu ánimo.

Anxo Martínez PérezCoordinador do EDLG

Page 27: revista do - edu.xunta.gal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes unidades didácticas nas que está dividido cada módulo. Tamén a través da mencionada

27

pasatemposACROSSZapatos fresquiñosCando aquí é verán, en Australia é...Onde o mar bica a areaHainos de moitos saboresEses ollos fermosos necesítanas para protexerse do solO contrario de fríoCantas hai voando sobre as praias da Mariña!A miña actividade favorita, volta e volta como o filete na tixolaQue difícil é predecilo!Se non vas a unha praia nudista, nece-sitas un

HORIZONTAISYou can find them in the sand, but they are not diamondsYou put your towel on itI like these birds, but they are very noisyI love them! My favourite flavour is strawberryThe opposite of dry

ACROSS: 4. Sandals; 6. Winter; 7. Beach; 8. Icecream; 10. Sunglasses; 14. Hot; 15. Seagull; 18. Sunbathing; 19. Wea-ther; 20 Swimsuit. DOWN: 1. July; 2. Watermelon; 3. Barbecue; 5. Sandcastles; 9. Month; 11. Surfing; 12. Shells; 13. Summer; 16. Suncream; 17. Wet

HORIZONTAIS: 5. Cunchas; 6. Area; 7. Gaivotas; 9. Xelados; 12. Mollado. VERTICAIS: 1. Vacacións; 2. Praia; 3. Tempo; 4. Verán; 8. Auga; 9. Xullo; 10. Ondas; 11. Ceo

SOLUCIÓNS

SOLUTIONS

VERTICAISThe time when you don’t go to schoolOne of the most beautiful ones is “As Catedrais”It’s not always as predictedThe hottest seasonThere are lots of......sports to do in summer, like swimming or surfing.The sevnth month of the yearMicrowaves have themOh no! Look at the....! It’s going to rain.

DOWNO séptimo mes do anoGrande e verde por fóra, vermella por dentro. Que rica!Necesitamos carne para facer unha boa...........cerca da praiaConstrúenos os nenos e as nenas para convertirse en reis e raiñasAgosto é o oitavoNeste deporte cabalgamos sobre as on-dasBúscaas na area e fai un colar con elasComeza o 21 de xuño no hemisferio norteTes que botala se non queres queimarteO contrario de seco

4.

5.

1.

1.

6.

6.

2.

2.

7.

7.

3.4.

3.

8.

9.

8.

5.

10.

12.

9.10.11.

9.

14.

11.

15.

12.

18.

13.

19.

16.

20.

17.

20

6

7 8

9

11

12

10

4

3

5

1 2

19

16

18

14

7

5 6

9

2 3

4

8

1

10 11 12

13

15

17

verán, verán, here comes the sun!

aquí ven o verán, sun, sun!

Ana Bande VilelaProfesora de Inglés

Page 28: revista do - edu.xunta.gal o alumno consulta o material didáctico correspondente ás diferentes unidades didácticas nas que está dividido cada módulo. Tamén a través da mencionada

28

CIFP PORTA DA AUGAAv. de Luarca s/n. 27700 RIBADEOTlf. 982 128 894. Fax 982 130 [email protected]

centros.edu.xunta.es/cifpportadaauga/