revista do craega 28

8
Nº 28 > Outono 2013 REVISTA do CRAEGA O Craega aumenta as actividades dirixidas aos consumidores > Charlas didácticas e degustacións no verán > Anuga e Natexpo, próximos destinos

Upload: transmedia-comunicacion

Post on 09-Mar-2016

230 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Revista do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega)

TRANSCRIPT

Page 1: Revista do Craega 28

Nº 28 > Outono 2013

REVISTA do

CRAEGA

O Craega aumenta as actividades dirixidas aos consumidores

> Charlas didácticas e degustacións no verán

> Anuga e Natexpo, próximos destinos

Page 2: Revista do Craega 28

CRAEGA

EDITA: CraegaSECRETARIO: Javier García LozanoDIRECCIÓN TÉCNICA: Ernesto Sánchez SalgadoDEPÓSITO LEGAL: PendenteIMPRIME: Ulzama Gráficas

▶ �Repartimos caixas de verduras ecolóxicas a domicilio en Santiago de Compostela e concellos limítrofes (Vedra, Boqueixón, Teo, Ames e Brión)

Finca de horta en Vedra inscrita no Craega [email protected]

▶ �Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro

Carnicería Carballada (Sarria, Lugo) 982 886 225 [email protected]

▶ �Venda de produtos ecolóxicos: legumes e hortalizas. Colleita propia

Agricultura Ecolóxica Cristimil Román Viz Santomé: 625 202 417

▶ �Realízanse sacrificios ecolóxicos. Matadoiro Comarcal de Sarria

San Xulián da Veiga, 27614 Luís López: 982 531 273

▶ �Descontos do 20% nas tarifas de aloxamento en Ecoagroturismo Arqueixal para inscritos no Craega

Albá (Palas de Rei, Lugo) 982 380 251 / 629 176 030 [email protected] www.arqueixal.com

▶ �Véndense fabas ecolóxicas de Lourenzá, a granel ou envasadas

Mª Josefa Leitón Ramallal: 648 705 100 / 982 146 006

▶ �Recibimos visitas guiadas de escolares e grupos na nosa explotación ecolóxica de Rubia Galega

Pazo de Sabadelle (Chantada, Lugo) 650 343 777

▶ �Repartimos cestas personalizadas de verdura e froita no concello de Lugo, que se poden complementar con produtos biodinámicos ou ecolóxicos certificados

A Panturreira, A Pontenova (Lugo) Isabel Zaera Dolz: 637 849 641 [email protected] granjashambhalla.com 650 343 777

▶  Viveiro de plantel hortícola ecolóxico. Facemos plantel por encarga

Biohorta 981 483 312 / 669 690 212 [email protected]

▶ �Patacas ecolóxicas Ribeira de Portizó Sober (Lugo) Marena: 627 214 476

sumario

3 | Nova edición de Ecolugo

4 | Degustacións, charlas e participación noutros eventos do sector

7 | A gandería ecolóxica no plan “Fórmate en verde”

Taboleiro de anuncios

Establecementoscolaboradoresminoristas

ABC de BíoAmamos Comercial S.L. Padre don Rúa, 236203 Vigo - Pontevedra986 117 303 [email protected]

A Casa da Quenlla, SCPraza de Abastos, nave 7,caseta 227-228-22915703 Santiago de CompostelaA Coruña696 506 [email protected]

A Despensa do Avó FranciscoMª Rosana López ÁlvarezRúa Mallorca 2, baixo27003 Lugo982 812 284 [email protected]

A Tropical, Finarrei SLRúa da Paz, 2032005 Ourense988 220 [email protected]

A Xoaniña, SCGRúa Venezuela, 7815404 Ferrol - A Coruña981 930 868cooperativaxoaninha@cooperativaxoaninha.orgwww.cooperativaxoaninha.org

As CabaciñasGueimonde y Liste, SCRúa Restollal, 79 baixo15702 Santiago de CompostelaA Coruña981 593 [email protected]

Cárnicas O XurésFernández Blanco, Juan CarlosR/ Celso Emilio Ferreiro, 20 baixo32004 Ourense988 245 812www.carnicasoxures.com

Consumo Consciente Árbore, SCGRúa Arquitecto Pérez Bellas, 5 baixo36203 Vigo - Pontevedra986 233 [email protected]

Ecocentro NaturezaÁlvarez López, Mª TeresaAvenida de Galicia, 52 baixo27400 Monforte de Lemos - Lugo982 404 797

Ecogaliza, SLUPraza de Abastos, nave 7,caseta 222-223-22415704 Santiago de CompostelaA Coruña654 609 [email protected]

Eu Consumo ResponsableNatalia Pérez SousaRúa Santo Domingo 41, local 5, Galerías Viacambre32003 Ourense988 219 [email protected]

Horno Integral Pandarán, SLAvenida de Bueu, 1936940 Cangas do [email protected]

Horta Fresca Tenda EcolóxicaMaría Carrera FernándezRúa Damas Apostólicas 13, baixo(A Ramallosa)36370 Nigrán - Pontevedra986 352 [email protected]

Horta Verde, CBRúa Irmáns Maristas, 3836700 Tui - Pontevedra986 600 [email protected]

HortasánSeoane Albela, PurificaciónPraza de Abastos, posto 3336002 Pontevedra981 512 [email protected]

Horta+Sá López Chamorro, IsabelRúa Pérez Ardá, 26 baixo esqu.15009 A Coruña981 285 [email protected]

La Aldea Biomarket, SLAvenida Finisterre, 25 baixo15004 A Coruña626 765 [email protected]

Maguz EcolóxicosRosa María Castro CondeMercado de San Agustín Posto 315001 A Coruñ[email protected]

Menta - Ortega Río, Mª SoledadCesáreo Tizón, 2532500 O Carballiño - Ourense988 274 [email protected]

Ourense Bío, SLRúa San Rosendo, 9 baixo32001 Ourense988 604 [email protected]

Tenda Ecolóxica Equilibrio, SLAvenida Mallos, 115007 A Coruña881 898 [email protected]

Todo Bío, SLRúa Doutor Fleming, 7B32003 Pontevedra986 493 [email protected]

A Nosa TerraRúa Nova, 827001 Lugo982 229 [email protected]

A Parada das Bestas Pidre, 2727207 Palas de Rei982 183 [email protected]

Canela Bakery CoffeePraza Maior, 6-827001 Lugo982 106 [email protected]

Fogar do SantisoTrasellas, 13 - Luou15883 Teo981 805 [email protected]

O Lar de AdriánCarril das Flores, 3027002 Lugo982 244 [email protected]

Picota Espazo GastronómicoRúa Bailén, 17 - Praza de Abastos27400 Monforte de Lemos982 418 408 [email protected]

Porta SantiagoRonda da Muralla, 17627002 Lugo982 252 [email protected]

Restaurante BiobaniaCordelería, 715003 A Coruña981 221 [email protected]/

Restaurante CamposRúa Nova, 427001 Lugo982 229 [email protected] www.restaurantecampos.com

Restaurante EspañaRúa do Teatro, 1027001 Lugo982 242 [email protected]

Restaurante O GreloCampo da Virxe, s/n27400 Monforte de Lemos982 404 [email protected]

Restaurante PapricaRúa das Nóreas, 1027001 Lugo982 255 [email protected]

Taberna Do LabregoCamiño Real, 32Pacios27372 Begonte982 398 [email protected]

Sección gratuíta para os inscritos. Para publicar os anuncios enviar solicitudea [email protected]

Establecementoscolaboradoreshostaleiros

Page 3: Revista do Craega 28

CRAEGA > 3

Boa acollida da nova edición de Ecolugo

A capital lucense acolleu o 7 de setembro a II Feira de Produtos Ecolóxicos organizada polo Craega.

O Consello Regulador da Agricultura Eco-lóxica de Galicia organizou un ano máis este evento, coa colaboración do Con-cello de Lugo, e escolleu para o seu

desenvolvemento a praza de Abastos da cidade amurallada, xa que se trata dun punto de venda habitual de produtos frescos e de calidade.

A feira, anunciada nas vésperas polas rúas da capital por un par de mascotas caracterizadas coma cenorias, reuniu 13 postos de operadores procedentes de toda Galicia. En horario conti-nuado de 9.30 a 20.00 horas, os expositores ofrecéronlle ao público asistente unha ampla gama de produtos ecolóxicos, dende lácteos e conservas de peixe ata carne e sobremesas.

Moitos dos asistentes quedaron sorprendidos da cantidade de produtos ecolóxicos certifica-dos que hai na nosa comunidade, así como polo seu prezo, nalgún caso moi pouco superior aos seus homólogos en convencional.

Paralelamente, sete restauradores lucenses, que teñen asinado un convenio como hosta-leiros recomendados polo Consello, serviron durante toda a semana produtos ecolóxicos no seu menú.

O balance dos produtores participantes foi bo, con vendas por riba dos 1.000 euros en moitos estands, e igualmente o dos consumidores, que valoraron positivamente a mercadoría adquirida.

Participantes e oferta> Casa Grande de Xanceda, con iogures e queixos.> Artesanos Gallegos de la Carne S.L., con carne de vacún.> Caurelor, con marmelos e castañas, e mel rural de Manuel Macía.> La Huerta Sana, de María del Carmen Lado, horticultora.> Conservas Antonio Pérez Lafuente, con conservas de peixe e

mexillón ecolóxico.> Diego de Lemos, con viños da D.O. Ribeira Sacra.> A Cernada, con iogures e queixos.> Ecofunghi, con elaborados a partir de cogomelos.> Galletas Daveiga, con galletas mariñeiras.> Casa Ánxel, con leite, con queixos e derivados.> Arqueixal, con leite, queixo e derivados, e Granxa Maruxa, con

galletas de nata.> Labregos Daiquí, con produtos ecolóxicos hortícolas e froiteiros.> Posto mixto, con mel, queixo, pan, vinagre, aceite e outros

produtos achegados por produtores que non puideron acudir.

Page 4: Revista do Craega 28

4 < CRAEGA

sucédense as degustacións e as charlas do Craega para os consumidores

O Craega continuou estes meses co seu labor de presentación da agricultura ecolóxica entre os consumidores a tra-vés da organización de degustacións

comentadas, unha maneira eficaz de achegarlle o produto á xente, permitir que o probe, infor-mala do modo de cultivo e estimular a compra.

Unha boa mostra desta actividade foi a I Fei-ra de Produtos Ecolóxicos Ecological Galicia, celebrada no concello pontevedrés de Cam-bados entre o 15 e o 18 de agosto cuns 40 postos. Houbo unha carpa de degustacións e, dentro das xornadas técnicas sobre produción e comercialización para profesionais e afeccio-nados, unha charla sobre as garantías da ob-tención do selo ecolóxico, a cargo de persoal do Consello, e un relatorio da Casa Grande de Xanceda como proxecto ecolóxico, operador inscrito no Craega.

Outro dos eventos sectoriais nos que se parti-cipou foi a XI Feira dos Produtos Artesanais e Ecolóxicos Produart, que impulsa a Fundación Expomar en Burela. Tivo lugar a principios de agosto e xuntou máis de 60 expositores. Ade-mais, o director técnico do Craega, Ernesto Sán-

chez, e o operador do Valadouro Edmundo Ma-seda ofreceron unha charla sobre a certificación en produción ecolóxica.

No mes de xullo desenvolvéronse ademais o Mercado Agroecolóxico de Monforte e a Cata de Viños Ecolóxicos de Ourense, onde se mostrou unha parte da produción ecolóxica das empresas asociadas ao Consello.

Por outra banda, con motivo do festexo do Día de Galicia en Santurce, no País Vasco, man-douse capón ecolóxico para unha degustación organizada no posto da Consellería do Medio Rural e do Mar; nesta ocasión, o persoal do Craega tamén impartiu unha conferencia sobre este animal, a súa historia e a súa produción. Igualmente, para a 22ª Festa do Pan de Cea, que acolleu San Cristovo de Cea o 7 de xullo, enviouse sidra que se serviu como bebida na degustación gastronómica preparada con pro-dutos de calidade, con denominacións de orixe e indicación xeográfica protexida. E, así mesmo, enviouse outra remesa de produtos certificados para o acto de entrega dos premios da Catas de Viños, Licores e Augardentes de Galicia, ao que asistiu o secretario do Consello o 2 de xullo.

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, percorreu a feira acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Manuel Cores Tourís, e polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo

Paté de algas e mexillóns en escabeche ecolóxicos servidos na entrega dos premios das Catas de Galicia

Page 5: Revista do Craega 28

CRAEGA > 5

O Consello Regulador revalida a acreditación da ENAC

Empresas ecolóxicas galegas exporán nas feiras de Colonia e París

O 9 de setembro, o Craega recibiu o acordo da comisión da Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) que confirma que un ano máis mantén o alcance de certificación de produción agroalimentaria ecolóxica, tras pasar a correspondente audi-

toría no mes de xullo.

Como novidade, cómpre apuntar que o Consello Regulador foi auditado conforme á ISO/IEC 17065:2012, a nova norma europea sobre a ava-liación da conformidade e os requisitos para organismos que certifican produtos. Esta ISO difire respecto de UNE-EN 45011 na importancia so-bre a imparcialidade, a confidencialidade e a transparencia e, sobre todo, insiste na importancia de que o Craega demostre a súa transparencia.

Neste sentido, o Consello vén traballando desde comezos de ano na implantación desta norma, o que implicará cambios na xestión do or-ganismo e na relación cos inscritos que se verán reflectidos ao longo de 2014 e dos que se informará progresivamente.

Do 5 ao 9 de outubro, a cidade alemá de Colonia acollerá a 32ª edición de Anuga, a gran feira da alimentación na que a Xunta de Galicia manterá un estand con

representación da agricultura ecolóxica. Asistirán os operadores do Craega Casa Grande de Xan-ceda, Conservas Antonio Pérez Lafuente, Mieles Anta e Alibos Galicia. Haberá produto exposto e tamén se servirá en degustacións gastronómicas. O posto, situado no pavillón 11.1, permanecerá aberto ao público das 10.00 ás 19.00 horas.

Un pouco máis adiante no mes, do 20 ao 22, celebrarase na capital parisina a feira profesio-nal de Natexpo, unha cita bienal para as empre-sas agroalimentarias ecolóxicas. Dende Galicia acudirán Lugar da Veiga, Bioalacena (Mule Sys-tem), Portomuíños e Mieles Anta, tamén asocia-das ao Craega, que amosarán a súa produción no pavillón 7, posto K89.

I Concurso de Eco-Receitas en Facebook

O Craega convocou a través da súa páxi-na de Facebook un concurso de eco-receitas, gratuíto e dirixido a maiores de 18 anos. As receitas teñen que ser

saudables, feitas unicamente con produtos eco-lóxicos certificados polo Consello Regulador. Os concursantes presentarán unha descrición do prato e unha foto, pero ademais valorarase po-sitivamente que envíen un pequeno vídeo sobre a súa elaboración. O certame conta con dúas categorías, Doce e Salgado. O prazo para con-correr manterase aberto ata o 10 de outubro e o premio para o gañador é un lote de produtos ecolóxicos avalados polo Craega.

Page 6: Revista do Craega 28

6 < CRAEGA ¡Infórmate! www.revista-ae.es • tel: 961 26 71 22

dey

Propostas ecolóxicas no 9º Concurso de Tapas de Lugo

Na nova edición do Concurso de Tapas de Lugo, que organizou do 13 ao 30 de setembro a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo

(Apehl), co patrocinio do Concello, incluiuse unha modalidade de Tapa Ecolóxica. Conco-rreron á mesma A Nosa Terra, Canela Bakery Coffee, O Lar de Adrián e Paprica. Estes catro establecementos hostaleiros competirán ao re-mate do certame polo premio correspondente a esta categoría, que concederá o público.

A tapa de A Nosa Terra consistiu en bacallau en base de puré de patacas e gornición de pe-mento de piquillo confeitado; a do Canela foi unha ensalada rusa feita con pataca confeita-da, caviar de cenoria, salteado de chícharos, tar-tar de bonito e ovo relado, aliñado cunha escuma de maionesa; O Lar de Adrián presen-tou un biscoito líquido de grelos con lagostinos acompañado de xeado de queixo San Simón; e Paprica optou por un xeado San Simón con tomate mariñado, consomé de tomate, alfábe-ga e pan de San Simón. Todas estas propostas gastronómicas elaboráronse con produtos que están certificados en agricultura ecolóxica.

Agradecemento ao traballode Manuel Ferreiro en prol da agricultura ecolóxica

Manuel Ferreiro Redondo, o vogal representante da Con-sellería do Medio Rural e do Mar, xubílase despois de

prestar servizo durante máis de vinte anos no Servizo de Industrias Agrarias de Lugo. Dende o Consello queremos agradecerlle a súa dedicación tanto no pleno do Craega, como titular dende o ano 2012 e como suplente en anteriores lexislaturas, coma en calidade de mem-bro integrante do comité de certificación dende o ano 2009.

1. A Nosa Terra2. Canela Bakery Coffee3. O Lar de Adrián4. Paprica

1 2

3

4

Page 7: Revista do Craega 28

CRAEGA > 7

Este programa formativo inclúese dentro do proxecto Lugo

2 da Deputación de

Lugo. Cofinanciado nun 80% polos fon-dos FEDER, ten como obxectivo principal

o desenvolvemento da provincia a través da pos-ta en valor dos recursos naturais dispoñibles, a sensibilización ambiental de habitantes e visitan-tes, a mellora da eficiencia enerxética e a busca dun modelo económico sostible. Este proxecto dividiuse en tres vertentes: agricultura ecolóxica, gandería ecolóxica e agroforestal sostible.

Agronovo Ecoloxía, cunha dilatada traxectoria no eido da produción ecolóxica, levou a cabo a for-mación referente á gandería ecolóxica. Tratouse dunha serie de cursos completamente gratuítos e dirixidos a calquera persoa interesada en apren-der e aproveitar esta oportunidade de futuro.

Curso de gandería de vacún ecolóxica. For-mouse aos alumnos en todos aqueles conceptos teóricos e prácticos para realizar as operacións de manexo dos animais e a produción e a co-mercialización da produción nunha explotación gandeira ecolóxica, aplicando criterios de sus-tentabilidade e rendibilidade, de acordo co Re-gulamento da Unión Europea 834/2007 sobre produción e etiquetado dos produtos ecolóxi-cos, a prevención de riscos laborais vixentes e o benestar animal.

Curso de porcino en ecolóxico. Para dar res-posta ás necesidades dun sector que conta cun amplo nivel de consumo e que só conta cunha explotación na provincia e con dúas no resto de Galicia.

Curso de ovino-cabrún en ecolóxico. Tendo en conta que pode ser unha produción comple-mentaria para lugares cunhas condicións agra-rias menos adecuadas para outro tipo de produ-cións como podería ser a de vacún. Tamén pode ser unha actividade interesante para aquelas persoas que van comezar unha actividade gan-deira cun investimento medio-baixo.

Curso de avicultura de carne en ecolóxico. A avicultura de carne é unha actividade gandei-ra interesante pola pouca produción existente e fácil de diferenciar para entrar nun mercado que en convencional non tería estas oportunidades.

Curso de avicultura de posta en ecolóxico. Pretende atender as necesidades dun sector que conta cun amplo nivel de consumo e do que só hai unha explotación na provincia, e tres no resto de Galicia. O curso estaba destinado a to-dos aqueles que quixesen iniciarse na produción de avicultura de posta en ecolóxico ou pensasen na reconversión dunha explotación convencio-nal, para aproveitar as infraestruturas existentes e ter un maior valor engadido.

No mes de agosto comezáronse os últimos cur-sos do proxecto, ambos de avicultura, un de posta e outro de carne, que se darán por finali-zados a mediados do mes de outubro.

Cabe destacar que en tódalas edicións dos cursos se fixeron xornadas presenciais nas que se incluían visitas a diferentes explotacións, moitas delas inscritas no Craega, polo que o alumnado tivo a oportunidade de coñecer de primeira man o sector.

Visita dos alumnos á gandería ecolóxica Casa Ánxel

Coñecendo a experiencia da Casa Grande de Xanceda

A gandería ecolóxica, materia do plan “Fórmate en verde”

A asesoría agrícola Agronovo Ecoloxía SL vén de participar en Lugo no programa “Fórmate en verde”, impartindo de agosto a outubro diversos cursos gratuítos de gandería ecolóxica.

Máis informacióne inscricións:

982 405 [email protected]

Page 8: Revista do Craega 28

8 < CRAEGA

Logotipo europeo para os alimentos ecolóxicos

FEADEREuropa inviste no Rural

ministeriode agricultura, alimentacióny medio ambiente

gobiernode españa