revista 2011

27
Un chisco de ilusión O ser humano preséntase no escenario que habita como un ser social, membro dunha comunidade que aglutina a unha serie de individuos. Á súa vez, estes individuos agrúpanse por intereses e/ou vocacións comúns que dan lugar ás distintas profesións, e o conxunto dos distintos intereses comúns é o que move a maquinaria que permite facerlle fronte ás distintas situacións de desafío que xurden a cotío na sociedade que nos toca vivir. Non é doado combinar eses intereses pero paga a pena facer o esforzo e intentalo porque o resultado é a harmonía coa que se poden levar a cabo as tarefas. Unha escola é un deses “centros de interese” onde se combinan factores variados e complexos como en case todos os “centros de interese”. A habilidade para conseguir atar todos estes factores marca, sen dúbida, o éxito ou o fracaso dos proxectos (educativo no noso caso) en torno ao que se articulan as actuacións que teñen lugar no “noso centro de interese”. Un deses factores que hai que combinar no noso colexio, o máis importante, é o alumnado; outro son as familias; outro son os servizos complementarios –limpeza e mantemento–; outro son todos os elementos que rodean ao colexio – concello, biblioteca e outras institucións que veñen colaborando con nós ao longo do tempo–; e outro é o profesorado. Todos estes factores teñen un denominador común: un chisco de ilusión. ¿De onde nace esta ilusión? Tal vez se xenere nas discusións que o profesorado ten, xa sexa en reunións informais ou en reunións formais de claustro a donde se trasladan todas aquelas ideas que chegan de todos os sectores que fan que a escola funcione. O que sí está claro é que se a algún destes sectores lles falta algo dese combustible máxico da ilusión, o funcionamento do centro resíntese. Polo que a min atingue, teño que agradecer que ese combustible estivese dispoñible dende todos os sectores durante os últimos catro anos nos que tiven a honra de dirixilo. Agardo que ese chisco de ilusión siga a darlle o

Upload: isabel-de-la-santisima-trinidad

Post on 15-Mar-2016

222 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Revista letrsa galkegas

TRANSCRIPT

Page 1: REVISTA 2011

Un chisco de ilusión

O ser humano preséntase no escenario que habita como un ser social, membro dunha comunidade que aglutina a unha serie de individuos. Á súa vez, estes individuos agrúpanse por intereses e/ou vocacións comúns que dan lugar ás distintas profesións, e o conxunto dos distintos intereses comúns é o que move a maquinaria que permite facerlle fronte ás distintas situacións de desafío que xurden a cotío na sociedade que nos toca vivir.

Non é doado combinar eses intereses pero paga a pena facer o esforzo e intentalo porque o resultado é a harmonía coa que se poden levar a cabo as tarefas. Unha escola é un deses “centros de interese” onde se combinan factores variados e complexos como en case todos os “centros de interese”. A habilidade para conseguir atar todos estes factores marca, sen dúbida, o éxito ou o fracaso dos proxectos (educativo no noso caso) en torno ao que se articulan as actuacións que teñen lugar no “noso centro de interese”.

Un deses factores que hai que combinar no noso colexio, o máis importante, é o alumnado; outro son as familias; outro son os servizos complementarios –limpeza e mantemento–; outro son todos os elementos que rodean ao colexio –concello, biblioteca e outras institucións que veñen colaborando con nós ao longo do tempo–; e outro é o profesorado.

Todos estes factores teñen un denominador común: un chisco de ilusión. ¿De onde nace esta ilusión? Tal vez se xenere nas discusións que o profesorado ten, xa sexa en reunións informais ou en reunións formais de claustro a donde se trasladan todas aquelas ideas que chegan de todos os sectores que fan que a escola funcione. O que sí está claro é que se a algún destes sectores lles falta algo dese combustible máxico da ilusión, o funcionamento do centro resíntese. Polo que a min atingue, teño que agradecer que ese combustible estivese dispoñible dende todos os sectores durante os últimos catro anos nos que tiven a honra de dirixilo. Agardo que ese chisco de ilusión siga a darlle o pulo que este centro e todas as persoas implicadas no seu funcionamento necesitan durante moitos anos máis. Estou seguro de que así será porque o ten ben merecido.

A disfrutar do verán e moitas grazas.

Javier Carballo Vales

Page 2: REVISTA 2011
Page 3: REVISTA 2011
Page 4: REVISTA 2011
Page 5: REVISTA 2011
Page 6: REVISTA 2011
Page 7: REVISTA 2011
Page 8: REVISTA 2011
Page 9: REVISTA 2011
Page 10: REVISTA 2011
Page 11: REVISTA 2011
Page 12: REVISTA 2011
Page 13: REVISTA 2011
Page 14: REVISTA 2011
Page 15: REVISTA 2011
Page 16: REVISTA 2011
Page 17: REVISTA 2011
Page 18: REVISTA 2011
Page 19: REVISTA 2011
Page 20: REVISTA 2011
Page 21: REVISTA 2011
Page 22: REVISTA 2011
Page 23: REVISTA 2011
Page 24: REVISTA 2011
Page 25: REVISTA 2011
Page 26: REVISTA 2011