respostas xoves

3

Click here to load reader

Upload: ies-curtis

Post on 19-Jun-2015

222 views

Category:

Travel


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Respostas xoves

LEONOR DE AQUITANIA

(1122-1204)

Leonor foi descendente dos nobres gobernantes do gran territorio de Aquitania, situado ó sur de Francia. Creceu baixo o amparo de titores que a dotaron do amor polas belas artes e de inmediato mostrou dotes para a música e as linguas.Á morte do seu pai, Guillerme X de Poitiers, herdou o ducado de Aquitania. Casou co que en pouco tempo foi o rei Luís VII de Francia, co que participou na Segunda Cruzada (1147-1149); un cronista da época conta que Leonor participou activamente na contenda e que mesmo poderíase situala entre as lanzas e os escudos, montando no seu cabalo como calquera varón. Antes da partida promoveu torneos para recadar recursos, recolleu doazóns e foi a todas as abadías a pedir a bendición. Acompañou o seu marido na expedición, así como outras damas da nobreza, mais ela, contaba co título de líder feudal do exército de Aquitania en pé de igualdade con outros dirixentes. No 1152 o matrimonio é anulado; pouco despois casou co que sería o rei Henrique II de Inglaterra, unindo os seus dominios en Francia cos que xa posuía o seu novo marido. Deste matrinonio naceron oito fillos, cinco varóns e tres mulleres. Na súa corte, en Poitiers, tivo un grande auxe a literatura cabaleiresca, sendo mecenas de moitos trobadores. Todos recibían a protección da raíña o que influíu tamén na súa filla María de Francia, escritora de poesía amorosa e protectora de Chrètien de Troyes, o primeiro escritor de relatos artúricos tal como hoxe os coñecemos. Morreu na abadía de Fuentevraud onde está soterrada xunto co seu home Enrique II Plantagenet e o seu fillo Ricardo. 

Page 2: Respostas xoves

ANA Mª MATUTE

(1926) 

Naceu en Barcelona no seo dunha familia pertencente á pequena burguesía catalana, conservadora e relixiosa. Durante a súa nenez viviu en Madrid e en Mansilla de la Sierra, un pobo pequeno nas montañas rioxanas. Tiña dez anos de idade cando comezou a Guerra Civil Española. A violencia, o odio, a morte, a miseria, a angustia e a extrema pobreza que seguiron á guerra marcaron fondamente a súa persoa e a súa narrativa.

Novelista española, membro da Real Academia, onde ocupa o asento K, é a terceira muller que recibe o Premio Cervantes (2010). É tamén profesora invitada en moitas universidades norteamericanas. Matute é considerada por moitos como a mellor novelista da posguerra española. Cultiva a novela, o relato curto e os contos para nenos. Existe un premio literario que leva o seu nome e os seus libros foron traducidos a 23 idiomas.

Su obra é unha combinación de denuncia social e de mensaxe poética, ambientada con frecuencia no universo da infancia e da adolescencia da España da posguerra. Moitos críticos consideran que a súa mellor obra é a triloxía Los Mercaderes. Escribe a súa primeira novela Pequeño Teatro aos 17 anos de idade. En 1949, escribe Luciérnagas e queda semifinalista do Premio Nadal, non obstante, a censura impide a súa publicación. En 1984 obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil coa obra Sólo un pie descalzo. En 1996 publica Olvidado Rey Gudú e é elixida académica da RAE. En 2007 recibiu o Premio Nacional das Letras Españolas ao conxunto do seu labor literario.

 

Page 3: Respostas xoves

CLARA CORRAL ALLER 

(1847-1908)

Clara Corral Aller naceu en Ourense o 8 de xuño 1847 no seo dunha familia acomodada. Trasládase a vivir a Santiago de Compostela en 1868 e comeza a dedicarse ao seu labor literario.

Dela conservamos hoxe, basicamente, poemas aparecidos na prensa da súa época. O primeiro poema leva por título «A una flor», é a típica composición costumista que publicou cando tiña só 19 anos. Durante a década de 1870 son variadas as revistas en que publica Clara Corral os seus poemas. Neles revélasenos como unha excelente versificadora que fai, incluso, ensaios con novos metros. Cabe mencionar como especialmente salientables as tres composicións que escribiu en galego e que publicou en 1879 en La Ilustración Gallega y Asturiana, revista que dirixía, na súa parte literaria, Manuel Murguía. Trátase de «O ben na terra», «Lonxe vai miña alegría» e «O día de San Antón». Son, como ben se deixa adiviñar polos seus títulos, poemas de temática amorosa e elexíaca, moi na liña da literatura romántica tardía da segunda metade do s. XIX. Estes poemas foron reproducidos noutras publicacións como O Tío Marcos da Portela. Convértese así Clara Corral na segunda muller, da que temos hoxe noticias, que publicou algún texto en galego na historia da nosa literatura. En 1891 dará ao prelo A Herminia, dedicado á morte da súa sobriña. Hoxe temos tamén outro libro que recolle moita da súa poesía e que foi publicado en 1980 por un descendente seu, Dimas Romero Vázquez Poesías en gallego y castellano.

Aparece na listaxe de correspondentes da primeira nómina da Real Academia Galega en 1906. Falece o 9 de febreiro de 1908.