residuos · 1400 m do colexio de calo. • a menos de 800 m dos núcleos de casalonga, cornide,...
TRANSCRIPT
Datos e distancias
• A 400 m das casas e a 500 m doCamiño de Santiago
• A 900 m do colexio de Casalonga e doComplexo Xerontolóxico O Castro
• A 1300 m da gardería de Calo e a1400 m do Colexio de Calo.
• A menos de 800 m dos núcleos deCasalonga, Cornide, Francos, Vilar,Texexe, Osebe, Ameneiro eMouromorto.
• A menos de 1000 m de CastroLupario, Pazo do Faramello,Carballeira e ponte romana deFrancos, petróglifos de Outeiro doCorno e Río Angueira. Variosaloxamentos de turismo rural amenos de 1 km.
• Máis de 5.000 veciños a menos de 2km
• Máis de 40.000 veciños nun radio de6 km.
• A 7 km de Santiago.• Ata 120 camións con lodos diarios
polas nosas estradas.• Atracción de animais coma gaivotas e
ratas, así coma insectos. • Contaminación de mananciais, pozos
e ríos.• Morte de cultivos, flora e fauna.• Contaminación atmosférica• Perda de valor das casas e fincas.• Aumento de enfermidades.• Cheiros insoportables na contorna.• A Localización é boa só para a
empresa.
Quen somos
A plataforma está promovida por un grupo de veciños do Concello de Teo que loitamos polo noso futuro e o das nosas familias. Se entendes que isto che afecta, podes unirte a nós, contactando no enderezo de correo que podes ver embaixo.
Contacto/máis info
WEB: http://www.casalongalimpa.gal
plataforma casalonga limpa de residuos
Casalongalimpaderesiduos
Plataforma Casalonga limpa de residuos
Calo: zona residencial, non residual.
CASALONGA LIMPA DE RESIDUOS
Email: [email protected]
Calo: zona residencial, non residual.
Unha empresa de Vigo pretende solicitar licenza para procesar na canteira de Casalonga (estrada Santiago-Padrón) 90.000 toneladas anuais de lodos de depuradoras, restos de conserveiras e da industria agroalimentaria (xurros ou “puríns” e estercos), e descartes de matadoiros (carcasas e desfeitos animais). Supón unha montaña de residuos de 3 metros de altura que cubriría unha superficie equivalente, cada ano, ao casco vello de Santiago de Compostela.
Se a petición supera os trámites nas administracións podería comezar a actividade no 2018 ou 2019.
A canteira está a uns 200 m de altura mirando ao val da Maía. A vertedura das lixiviacións (altos contidos en mercurio, cadmio e outros tóxicos) será cara ao Sar e á Ría de Arousa a través dos regos de Texexe e Cornide e do noso río Tinto. Poderán liberar á atmosfera cantidades significativas de gases tóxicos e acumularán cantidades de biogás devastadoras en caso de accidente.
Os ventos predominantes son ou Nordés (o cheiro e os gases contaminantes iráncara a Francos, Padrón, Rois,Vilagarcía...), ou Suroeste (o cheiro irácara todo Calo, Milladoiro e Santiago).
Camións de gran tonelaxe cargados cos residuos entrarán e sairán diariamente (un cada 5-10 minutos) pola estrada de Santiago a Padrón ou a de Ramallosa-Casalonga.
Existen varios núcleos de poboación a menos de 500 m debaixo dunha balsa que se construirá sobre a escollera (terreo de dubidosa estabilidade) tan só cunha lámina de plástico.
A empresa é de Vigo e xa foi sancionada por contaminación pola Xunta de Galicia.
Ten ata unha denuncia por parte dunha asociación de empresas de reciclaxe.
Colabora connosco!
A planta de residuos compromete a sustentación ecolóxica e residencial de toda a zona sur de Santiago. A actividade non deixa riqueza na terra, senón que a empobrece e a degrada. Porque, como adoita ocorrer nestes casos, o seu beneficio é a nosa desfeita.
Non estaremos quedos ante a degradación da terra onde vivimos e onde viviron os nosos pais e nais.
A nosa fonte de riqueza e de vida, o futuro das nosas familias, depende da nosa mobilización.
Por respecto a eses valores, por respecto á nosa forma de vida, queremos unha Casalonga limpa e libre de residuos.