recomendacións e táboa de avaliación para a exposición oral
DESCRIPTION
Breve explicación de claves para a exposición oral e táboa de avaliación.TRANSCRIPT
Román Cerqueiro Landín (Dpto. de Lingua Galega-IES de Porto do Son) Curso 2010-2011. 4º da ESO
Material empregado anteriormente na elaboración do Caderno de Actividades do libro de texto Lingua galega e literatura 4º ESO (Editorial Teide, 2009).
Recomendacións para afrontar unha exposición oral
Antes de facer a exposición Durante a exposición - Elabora o guión e repásao un par de veces para ver se garda unha estrutura correcta. - Se o precisas, axúdate de imaxes, gráficas, mapas, etc. que che sirvan de apoio. - Non se trata de “chapar” o tema senón de ter claras as partes da túa exposición. - Proba a ensaiar antes de facelo ante o grupo. Podes facelo ante o espello, gravarte ou coa xuda de alguén. Controla o tempo de exposición.
- Demostra seguridade e non te escuses por anticipado. - Diríxite ao auditorio mirando para as súas caras - Non leas o guión e non manteñas un ton monótono de voz. Xoga coa entoación e as pausas para guiar o público. - Acompaña as palabras con acenos e movementos de mans. - Exprésate con claridade e de forma pausada, vocaliza ben. - Elabora frases curtas e ordenadas e emprega un léxico coidado e adecuado ao tema, explica algún termo de difícil comprensión. - Estuda as reaccións do público para saber como vai a túa exposición, lánzalle preguntas, introduce exemplos, - Remata con aseveracións rotundas sobre o tema, retoma as ideas do inicio ou abre interrogacións sobre o que vés de expoñer.
Avalia a túa propia exposición ou a dos teus compañ eiros empregando a seguinte táboa.
Táboa para a avaliación dunha exposición oral Participante 1 Participante 2 Participante 3 Participante 4 Criterios de avaliación
Si Non Si Non Si Non Si Non Enuncia o tema para comezar Diríxese e observa os interlocutores
Xestualiza convenientemente e con naturalidade
Emprega algún recurso para apoiar as súas palabras
Fala cun ritmo adecuado e fai as pausas oportunas
Entoa ben, modula a voz Pronuncia correctamente e vocaliza ben
Emprega un léxico conciso e adecuado
Pon énfase nas ideas principais Exemplifica os conceptos para facilitar a comprensión do público
Transmite as ideas de forma estruturada
A exposición tivo unha duración apropiada
Conclúe correctamente