recomendacións de lecturas en galego. letras galegas 2014

8
Recomendacións de lecturas en galego Letras Galegas 2014 Para nen@s e maiores http://dumbriaecultura.blogspot.com @DumbriaeCultura 1 Biblioteca e Axencias de Lectura Concello de Dumbria

Upload: ayuntamiento-de-dumbria-concello-de-dumbria

Post on 24-May-2015

174 views

Category:

Education


10 download

DESCRIPTION

Pequeno boletín de recomendacións de lecturas en galego dispoñibles nas Bibliotecas do @ConcelloDumbria

TRANSCRIPT

Page 1: Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014

Recomendacións de lecturas en

galego

Letras Galegas 2014

Para nen@s e maiores

http://dumbriaecultura.blogspot.com @DumbriaeCultura

1

Biblioteca e Axencias de Lectura Concello de Dumbria

Page 2: Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014

Nenos ata 5 anos• Serie OS BOLECHAS de Pepe Carreiro

Os Bolechas son desde fai máis de 10 anos a revelación editorial en Galicia e son, á súavez, os protagonistas da máis importante e exitosa serie da nosa literatura infantil. Con máis de 200 títulos publicados e preto de 1.000.000 de exemplares distribuídos, causan furor e contan cun verdadeira lexión de seguidores entre os máis pequenos, converténdose nun auténtico fenómeno cultural galego.

O seu éxito, en palabras do seu creador, Pepe Carreiro, débese a que os seus protagonistas, seis irmáns (Carlos, as xemelgas Loli e Pili, Braulio, Sonia, o pequeno Tatá e o seu incondicional can Chispa viven aventuras nas situaciónse realidades cotiás dos nenos: a escola, a casa, o parque, o autobús, a praia. Esta proximidade, a súa linguaxe, a súa forma de expresarse, é o que fai que os nenos síntanse cómplices e coprotagonistas da súa aventuras.

Pero ademais, Os Bolechas son cultura raíz e contribúen á divulgación e a formación, mediante o lecer e o divertimento dos escolares de Educación Infantil e de Primaria de Galicia.

• Diponibles en tódalas Bibliotecas do Concello

http://dumbriaecultura.blogspot.com @DumbriaeCultura

2

Page 3: Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014

As perxonaxes dos Bolechas

http://dumbriaecultura.blogspot.com @DumbriaeCultura

3

Carlos: é o irmán maior (uns 7 anos), é o “responsábel” e o que, por idade, ten que facerlle fronte ás situacións máis comprometidas, non senmedo; é o que máis relación ten con Chispa, o can da serie; é comellón; algo brutote; equilibrado; os seus xoguetes favoritos son os bonecos tipo “Supermúsculos”.

Loli: xunto con Pili, a súa irmá xemelga, é a segunda en idade (uns 6 anos); é bulideira, activa, positiva; un punto frívola; xoga tanto con coches teledirixidos coma con bonecas.

Braulio: é o terceiro en idade (5 anos); tímido, non quere que o vexan en coiro nin na súa intimidade; é o máis cerebral dos irmáns e, por iso mesmo, algo despistado; gústanlleos instrumentos de música e os ordenadores, ademais doutros xoguetes de tipo “científico”.

Chispa: é un can de raza husky siberiana; anda sempreentre os donos; a súa presenza, aínda que discreta, faise notar; é un can de peso, pouco dado a ladrar sen motivo

Page 4: Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014

As perxonaxes dos Bolechas

http://dumbriaecultura.blogspot.com @DumbriaeCultura

4

Pili: é semellante á súa irmá xemelga, se cadra, un punto máis seria. Gústanlle os oficios tradicionalmente de homes: mecánica de automoción, carpintaría, etc.

Sonia: é a cuarta en idade (3 anos); é caprichosa e algo contista e acusona; un pouco “maruja”; ten moitomeco; gústalle andar con cousas de mulleres adultas: bolsos, zapatos de tacón, barra de labios; os seus xoguetes favoritos son os relacionados cos salóns de peiteado e a “estética”; devece polas princesas.

Tatá: é o mais pequeno da familia (9 meses); aínda non fala, nin anda; é un bebé “serio”, pouco dado as andrómenas propias da súa idade; curioso; a súa compañíainseparábel é o chupete; lévase ben con Chispa, se cadra, porque ningún dos dous fala.

Page 5: Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014

Nenos ata 5 anos• “O lobo sen rabo” Esta é a historia dun lobo

esfameado que andaba á procura dun pouco de comida . Polocamiño irá atopando un montón de “manxares” moiapetecibles e terá que ir sorteando toda clase de perigos…

Dipoñible en Dumbría, Berdeogas e Ézaro

• “A casa da miña avoa” O escritor catalán Pep

Bruno atrévese neste álbum a dar o salto ó misterio. Destexeito, recorre ó suspense para abordar a inquietante xornadaque vive o meniño protagonista…

Dipoñible Olveira

http://dumbriaecultura.blogspot.com @DumbriaeCultura

5

Page 6: Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014

Nenos de 6 a 12 anos• “Os ollos de Ramón” de X. Do Campo Ramón ten nos ollos

un pequeno problema que se chama estrabismo; ser vesgo consiste en que cada ollo vai para un lado, como os amigos cando rifan. A xentedeu en dicir que isto é un defecto, pero Ramón está moi contento porque ás veces os nenos da escola se meten con el e chámanlebirollo…

Dipoñible en Dumbría, Buxantes, Ézaro e Olveira

• “Pesadelo no tren chocolate” --Fina Casalderrey Lino e a súa irmá Iria van a facer a súa primeira viaxe sós en tren, e mentres están esperando a que chegue otren Chocolate co seuavó, este ten un presentimento de que algo malo vai pasar.

Dipoñible en Olveira

http://dumbriaecultura.blogspot.com @DumbriaeCultura

6

Page 7: Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014

A partir de 12 anos• “Trece Badaladas” de Suso de Toro.

Unha escritora ten dificultades para entrevistarse co director dunha productora de cine e coñecer a súa opinión sobre un guión que lle presentara. Cando finalmente o consegue, averigua que o seu texto nunca lle fora entregado ao productor, quen identificará no argumento daquela historia de sombras unha ameaza que lle resulta moi próxima a súavida. A investigación dese enigma inquedante unirá aos mozos nun abrazo dramático, nunha historia de dous amantes sen esperanza

Dipoñible en Dumbría, e Buxantes

• “Corazóns amolecidos en salitre” de Rosa Aneiros.

Corazóns amolecidos en salitre é un conxunto de relatos salferidos po escuma mariñanos que realidade e ficción se mesturan para dar lugar a unha nova dimensión máiscruel e,á vez,máis entrañable.O mar como único protagonista encárgase de arrastrar onda os pés do lector botellas de vidro transparente que conteñen papeis engoumadospor latexos de amor e odio,xenreira e devoción.Son historias enguedelladas na arañeirada paixón onde os personaxes loitan desesperadamente por dominar os sentimentosque os delatan en cada latexo,en cada pensamento.Todos ollan espectantes ó océano pero el mantense alleo ás súplicas silenciosas co seu inmenso manto de vida e morteestendido cara á eternidade. Entón fican enmudecidos, co corazón vagabundo amolecido polo salitre, ese que zarrapica feridas nunca pechadas. E sobreviven, sobrevivimos, mergullados na salmoira amarga do inexplicable.

Dipoñible en Dumbría, e Buxantes

http://dumbriaecultura.blogspot.com @DumbriaeCultura

7

Page 8: Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014

A partir de 12 anos

• “Nimbos ” de Xosé María Díaz Castro

• Libro de poesía do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2014. A obra mostra unha reflexión sobre o destino humano a través da preocupación existencial e relixiosa e da comunión coa natureza. A súa preocupación por Galicia e os problemas básicos do ser humano, a vida, a morte e o tempo conforman a temática deste poemario.

Dipoñible en Dumbría, e Buxantes

http://dumbriaecultura.blogspot.com @DumbriaeCultura

8