recomendacións astronómicas na biblioteca do fórum metropolitano

17

Upload: agrupacion-astronomica-corunesa-io

Post on 21-Jan-2017

43 views

Category:

Presentations & Public Speaking


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano
Page 2: Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano

Revista ASTRONOMÍA

A publicación de referencia para os afeccionados en España fai en decembro 31 anos de presenza continuada nos quioscos. Vén de recibir un moi merecido Premio Especial do Xurado nos Premios Prismas que outorgan os Museos Científicos Coruñeses. Dende novembro está á túa disposición cada mes na biblioteca do Fórum Metropolitano.

Page 3: Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano

EL UNIVERSO PARA ULISESJuan Carlos Ortega

Máis coñecido como humorista, Juan Carlos Ortega é tamén unha persoa apaixonada polo coñecemento e un gran divulgador. Este libro é un acto de amor: de amor ao fillo, Ulises, e de amor á astronomía. O que fomos aprendendo co paso dos séculos sobre o universo exposto diante nosa cunha linguaxe clara e con prosa emocionante.

Page 4: Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano

E FIXEMOS A LUZ!Salvador Bará

Un libro para ler e reler durante anos, tan conciso coma ambicioso. Fala da historia do estudo da luz, un fenómeno que estimulou dende sempre a creatividade humana, e das súas múltiples aplicacións, por exemplo na medicina actual. Por suposto, a astronomía ocupa un lugar preferente: case todo o que sabemos do universo coñecémolo analizando as súas pegadas en forma de radiación. Tamén hai espazo para falar da luz que mancha o ceo, a contaminación luminosa que nos borra a necesaria escuridade da noite.

Page 5: Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano

ASTRONOMÍA PRÁCTICA E OUTRAS COUSASRamón Vilalta

Un clásico na nosa lingua, naceu duns cursos de astronomía para o alumnado de instituto. É un manual de aprendizaxe e consulta indispensábel, en certo sentido un libro de texto, ou máis ben o modelo do que deberían ser os libros de texto nun mundo ideal: obras precisas e fascinantes que evocan a cada páxina que a ciencia en xeral e a astronomía en particular forman parte esencial da nosa cultura.

Page 6: Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano

NOSTALGIA DE LA LUZPatricio Guzmán

Un filme fermoso e estremecedor que parte da astronomía que se fai nun lugar privilexiado, o deserto de Atacama, para acabar falando da gran ferida de Chile: o golpe de estado de Pinochet e a cruel represión do seu réxime ditatorial. Mirar o ceo é sempre mirar ao pasado. Reflexionar sobre o pasado e a memoria é sempre necesario.

Page 7: Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano

MI PRIMERA GUÍA SOBRE ASTRONOMÍAJordi Lopesino

Dirixida aos máis pequenos da casa, é unha ferramenta utilísima para empezar a familiarizarse co ceo sen axuda dos maiores. Que podemos ver cada noite? Que necesitamos para gozar do ceo? Esta é unha guía para aprender a resposta ás primeiras preguntas sobre astronomía.

Page 8: Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano

DESDE EL JARDÍN, LAS ESTRELLASAna Ulla

Se tes máis de 10 anos, este é o teu libro. Unha novela protagonizada por un neno e un lagarto que comparten a paixón de mirar as estrelas. Da man desta parella singular iremos sabendo máis, páxina a páxina, sobre as constelacións, as mulleres astrónomas, os tipos de telescopios… Unha delicia escrita pola astrofísica galega Ana Ulla.

Page 9: Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano

LA PIEL DEL CIELOElena Poniatowska

O astrónomo e investigador mexicano Guillermo Haro foi en vida un referente para a ciencia do seu país. A escritora e xornalista Elena Poniatowska, Premio Cervantes en 2013, inspírase en Guillermo (con quen casou en 1968) para construír o memorábel protagonista desta novela e trazar a través del un ambicioso relato sobre a vocación polo coñecemento, o sacrificio do traballo científico e as dificultades para as relacións persoais, co pano de fondo das profundas transformacións do século XX.

Page 10: Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano

EL UNIVERSO EN TU MANOChristophe Galfard

Físico teórico formado en Cambridge, onde traballou con Stephen Hawking, o francés Christophe Galfard promove unha maneira diferente de divulgar conceptos moi complexos. O seu libro é puro texto, non precisa de fórmulas nin expresións matemáticas, tampouco de esquemas e gráficos, para falarnos do universo nunha viaxe fascinante polo espazo e o tempo. Ás veces, si, unha palabra vale máis ca mil imaxes.

Page 11: Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano

LOS PLANETASDava Sobel

A neoiorquina Dava Sobel fixo das historias da ciencia a base para varios best-sellers e hoxe até pode presumir de que un asteroide leva o seu nome (o 30935 Davasobel). O sistema solar é o obxecto central deste libro, xa un clásico, que por suposto explora a presenza dos planetas na cultura e a mitoloxía ao longo dos séculos.

Page 12: Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano

UNA PEQUEÑA HISTORIAPARA CONOCER EL UNIVERSO

Hubert Reeves

O astrofísico canadense Hubert Reeves enfróntase a un gran desafío: explicarlle cosmoloxía á súa neta de catorce anos. Algunhas das preguntas que todos nos fixemos algunha vez atopan aquí resposta sinxela en forma de conversa á luz das estrelas.

Page 13: Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano

LAS VIDAS DE GALILEOFiami

O autor de banda deseñada Fiami leva anos dedicando moito esforzo á divulgación da ciencia e así xurdiron libros dedicados ás vidas de Einstein, Marie Curie e Galileo. O de Galileo acadou unha gran difusión no marco do Ano Internacional da Astronomía 2009 e en España foi publicado pola Universidade de Santiago de Compostela.

Page 14: Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano

LAS MUJERES DE LA LUNADaniel Roberto Altschuler &

Fernando J. Ballesteros

1586 cráteres da Lúa, entre os millóns que hai na súa superficie, recibiron nomes que honran a personalidades de todos os tempos. Deses 1586, só 28 corresponden a mulleres, e son as súas biografías as que ocupan as páxinas deste libro. Entre estas 28 (ou quizais 27) mulleres hai científicas -a maioría astrónomas-, divulgadoras e astronautas, e a inmensa maioría delas aínda agarda por un xusto recoñecemento dos seus méritos.

Page 15: Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano

ONDE ESTÁS, ANDRÓMEDA?Anna Almécija &

María José Sancho

“Aquela noite, Alba quería observar as estrelas, pero só puido ver unha nube brillante que cubría o ceo da súa cidade”. Un conto ilustrado que fala de contaminación luminosa, ideal para lérllelo aos máis pequenos da casa e sementar neles a curiosidade polo firmamento.

Page 16: Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano

24/7. EL CAPITALISMO AL ASALTO DEL SUEÑOJonathan Crary

Un ensaio tan polémico coma inspirador que reflexiona sobre a sociedade na que vivimos, operativa as 24 horas do días, os sete días da semana, e o que iso supón para a ruptura total do ciclo natural do día e a noite, a vixilia e o descanso. Un libro que non deixa indiferente.

Page 17: Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano