recimil.es

42
Recimil.es º 1 Agora que me tes nas túas mans, comprenderás que non somos uns estraños. Xa hai tempo que somos fieis a esta cita anual. Hoxe acudo a ti con anovada ilusión. Convídoche, pois, a que debulles o cariño e o esforzo colectivo que agochan cada unha das miñas páxinas. Verás que, sen deixar de ser o que sempre fun, hoxe quixeron que renacese para ti. Se moitas cousas vanche semellar novas, o que nunca mudará será a miña arela da túa mirada agarimosa acariñando o meu corazonciño de papel que neste mesmo intre só para ti latexa. Entra e verás! INDICE Limiar…….…....……pax 2 Ed. Infantil……….. pax 3-8 1º ciclo……………pax 9-16 2º ciclo ………….pax 17-18 Departamentos..…pax 19-27 2º ciclo…………..pax 28-33 3º ciclo…………..pax 34-43 2 CEIP RECIMIL - 2009

Upload: zongalo-quirico

Post on 21-Mar-2016

233 views

Category:

Documents


8 download

DESCRIPTION

Este é o primeiro número da nova revista do CEIP Recimil.

TRANSCRIPT

Page 1: Recimil.es

Recimil.es º 1

Agora que me tes nas túas

mans, comprenderás que

non somos uns estraños. Xa

hai tempo que somos fieis a

esta cita anual. Hoxe acudo

a ti con anovada ilusión.

Convídoche, pois, a que

debulles o cariño e o esforzo

colectivo que agochan cada

unha das miñas páxinas.

Verás que, sen deixar de ser

o que sempre fun, hoxe

quixeron que renacese para

ti. Se moitas cousas vanche

semellar novas, o que nunca

mudará será a miña arela da

túa mirada agarimosa

acariñando o meu

corazonciño de papel que

neste mesmo intre só para ti

latexa.

Entra e verás!

INDICE

Limiar…….…....……pax 2

Ed. Infantil……….. pax 3-8

1º ciclo……………pax 9-16

2º ciclo ………….pax 17-18

Departamentos..…pax 19-27

2º ciclo…………..pax 28-33

3º ciclo…………..pax 34-43

2 CEIP RECIMIL - 2009

Page 2: Recimil.es

º1 Recimil.es

CEIP RECIMIL 2009 3

Page 3: Recimil.es

Recimil.es º 1

4 CEIP RECIMIL - 2009

Page 4: Recimil.es

º1 Recimil.es

CEIP RECIMIL – 2009 5

Page 5: Recimil.es

Recimil.es º 1

6 CEIP RECIMIL - 2009

Page 6: Recimil.es

º1 Recimil.es

CEIP RECIMIL – 2009 7

Page 7: Recimil.es

Recimil.es º 1

8 CEIP RECIMIL - 2009

Page 8: Recimil.es

º1 Recimil.es

CEIP RECIMIL – 2009 9

Page 9: Recimil.es

Recimil.es º 1

10 CEIP RECIMIL - 2009

Page 10: Recimil.es

º1 Recimil.es

CEIP RECIMIL – 2009 11

Page 11: Recimil.es

Recimil.es º 1

12 CEIP RECIMIL - 2009

Page 12: Recimil.es

º1 Recimil.es EN SEGUNDO COIDAMOS VERMES DE SEDA…

CEIP RECIMIL – 2009 13

Page 13: Recimil.es

Recimil.es º 1

14 CEIP RECIMIL - 2009

Page 14: Recimil.es

º1 Recimil.es

CEIP RECIMIL – 2009 15

Page 15: Recimil.es

Recimil.es º 1

Dende principio de curso estamos realizando un intercambio cos alumnos e alumnas de 2º do CEIP de Ventín, no concello de Ames. Aínda que xa os coñeciamos por fotos e sabiamos moitas cousas deles, o martes 19 fixemos unha excursión a Santiago e aproveitamos para coñecelos.

Primeiro paramos en Santiago. Alí vimos a Nerea, unha profesora en prácticas, que estivo con nós no primeiro trimestre do curso.

Pasámolo estupendamente en Galicia Dixital. Miúda competición de carrilanas!

Ata nos marcamos uns pasos de baile ( a danza noruega) na praza da Quintana.

Despois comemos no cole de Ventín. Fíxemos xogos populares con todos os amigos de 2º. Tamén nos visitou o alcalde e regalounos unhas camisetas de gran colorido co lema “Falamos”

16 CEIP RECIMIL - 2009

Page 16: Recimil.es

º1 Recimil.es

CEIP RECIMIL – 2009 17

Page 17: Recimil.es

Recimil.es º 1

18 CEIP RECIMIL - 2009

Page 18: Recimil.es

º1 Recimil.es AUCIOS POR PALABRAS

BÚSCANSE …. -Xente emprendedora. -Vitalista que conecte con todo tipo de idades. -Que ligue as tradicións ao noso tempo. E así xurde un equipo de traballo de danzas multiculturais que amenizou o

Entroido do colexio. A alegría dos nenos, as súas gañas de participar, a ilusión para ser os

protagonistas nun día no que o cole está coas portas abertas aos pais e, que se o tempo o permite, e permitiuno a volta tradicional polo barrio. Tivémolo xenial. Puidemos engalanar o barrio con vistosos traxes e

bandeiras, feitos con plásticos e outros materiais funxibles, pero dando imaxe ás danzas que íamos representar. Era a modesta homenaxe a eses nenos e nenas ¡¡Dezanove Nacionalidades!!, presentes no noso colexio. Montamos o “chiringuito” da música, fixemos o desfile polo barrio e a

bailar!!

Os neno de tres anos fixeron unha representación india.

Os de catro un

Carnavalito da zona do Altiplano.

CEIP RECIMIL – 2009 19

ESTÁ PARA COMELOS!!

Page 19: Recimil.es

Recimil.es º 1

Os de cinco anos A unha danza serbia e cinco anos B unha danza representativa de Francia.

Os nenos e nenas de 1º bailaron o Zapateiro Danés e 2º representou a Noruega coa danza “Sete pasos”

3º animouse coa danza alemana “Clap Dance” e os nenos e nenas de 4º bailaron un Break Mixer de Estados Unidos.

20 CEIP RECIMIL - 2009

Page 20: Recimil.es

º1 Recimil.es 5º representou ao noso país veciño, Portuga, con “O Malhâo” e 6º fixo unha

danza israelí “Ma Navu”

Estos profes tan marchosos animáronse cunha danza de EEUU estilo anos

vinte (Hiffi Mixer).

Pasámolo moi ben bailando e acercándonos as diferentes cultural do noso mundo mundial. Despídese o grupo de traballo con…

CEIP RECIMIL – 2009 21

LORENNNNNNNNNNA

VAIA SORPRESA!

Page 21: Recimil.es

Recimil.es º 1

Polo Entroido o equipo de normalización e dinamización lingüística tamén nos preparou unha sorpresa: un BOTEIRO. Os boteiros son propios de Vilariño de Conso e de Viana, vilas da provincia de Ourense A súa carauta está feita de madeira de bidueiro, pintada de negro, con beizos vermellos e un amplo sorriso. Remata cunha figura xeométrica a modo de pantalla frontal por riba da cabeza. Pesa varios quilos. Os boteiros levan unha camisa bordada con anacos de fitas de colores formando figuras xeométricas.O pantalón, é do cor encarnada, con flocos de cores. Leva unha faixa con borlas e unhas polainas negras. Na man suxeitan un báculo con debuxos

en espiral que ten no seu remate o rabo dunha raposa. E no cinto levan campaíñas do gando que van metendo ruído cando bailan ou botan.

Tamén tivemos unha LARDEIRA, bonecos tradicionais do Entroido da zona da Pobra de Trives e Manzaneda (Ourense).

Antigamente, a semana antes do día das

comadres, as mulleres roubábanlle aos homes do pobo algunhas das súas prendas de roupa preferidas e o xoves de compadres facían un boneco (o Lardeiro) con toda esa roupa para colgalo do pindirico da árbore máis alta do lugar. Cando o atopaban, os homes tiñan que argallar a mellor maneira de baixalo para recuperar as súas prendas.

Pero non queda aí a cousa... Á semana seguinte

eran eles os que lle roubaban a roupa ás mulleres e lles devolvían a broma. O xoves de comadres era o

día que aparecía a Lardeira nalgunha póla inaccesible.

22 CEIP RECIMIL - 2009

Page 22: Recimil.es

º1 Recimil.es

CEIP RECIMIL – 2009 23

Page 23: Recimil.es

Recimil.es º 1

Benqueridos e benqueridas:

O voso galo, Zongalo Quirico, quere facer a súa presenza neste xornal dunha maneira especial. O día, 23 de Abril, celebramos todo o colexio o Día do Libro. Fixemos unha marabillosa alfombra que poderiamos chamar “Alfombra máxica”. esta alfombra, cada curso, foi pegando unha cartolina onde aparecía o título dun libro, o seu autor e un fragmento que foi lido ou cantado por algúns alumnos e alumnas representantes de cada curso. Pero isto......... non remata así! Que se fixo con esa alfombra? Pois aquí tedes o resultado final do voso traballo.

Zongalo Quirico ZQ

24 CEIP RECIMIL - 2009

Page 24: Recimil.es

º1 Recimil.es

PROXECTO “BIBLIOTECA MÁXICA” No entorno onde proximamente se trasladará a Biblioteca a pintora Carmen

Martín está a elaborar un mural onde quedará ilustrada a experiencia lectora dos

alumnos deste Centro. Zongalo Quirico entrevistouna e velaí o que lle contou.

Zongalo Q: ¿Que fai unha pintora profesional coma ti pintando de balde no noso cole? Carmen M: Ademais de pintora profesional son nai de dous nenos matriculados neste cole. E como nai, quería aportar o meu “graíño de area”. Pensei que podía axudar a embelecer o cole xa que pintar é o que mellor sei facer. ZQ: ¿Como naceu en ti a idea dun mural para a Biblioteca do cole? CM:De súpeto veume á cabeza a imaxe de modificar o espazo dedicado á lectura. ZQ: ¿Que che gustaría que o mural nos aportase? CM:Este mural é unha invitación ao mundo sutil da arte e da lectura. Ou se se quere, a facer calquera traballo con paixón. ZQ: Na túa opinión, ¿que destacarías como mais interesante do proceso de creación deste mural? CM:Pois facer copartícipes tanto aos nenos como aos pais e profes, xa que quitando as incomodidades do andamio, ver como se vai desenvolvendo é o máis interesante da pintura mural. ZQ: Calificas á biblioteca no teu blogue como máxica. ¿Onde coidas que se atopa esa maxia? CM:A maxia está na pintura, no poder que ten de facermos ver libros onde non os hai... ZQ: Logo dun proceso tan laborioso onde se procurou dar oportunidades de participación a toda a comunidade escolar, ¿como valoras esa participación? CM:Zongalo, ti que coñeces tanto aos nenos, sabes que son eles os que máis participan. Pero eu quixera telo feito mellor para que todos comprenderan desde o principio que raios fago pintando no cole. ZQ: Para rematar, sabemos que es unha excelente pintora e gustaríanos saber se es tan boa lectora. CM:A min encántame ler, pero son da mesma opinión desta cita que trouxo un día Ana, a profe de Ximnasia: “Se ha de leer mucho, pero no muchos libros; esta es una regla excelente. La lectura es como el alimento: el provecho no está en proporción de lo que se come, sino de lo que se digiere.” (Balmes)

CEIP RECIMIL – 2009 25

Page 25: Recimil.es

Recimil.es º 1

A ponte pantasmólica Era unha muller que ía por unha ponte que non tiña nome. A muller ía coser á casa dunha amiga. Á muller, que se chamaba Catarina, non lle gustaba nada ir de noite pola ponte porque tiña medo a que o lobishome a comera. Ela non tiña caveiras, pero tiña un horto con cabazas. Un día se lle ocorreu unha idea. Despois de coser na casa da amiga foi para a casa, pechou todo moi ben e botouse a durmir. Pola mañá foi por unha cabaza e colleu unha culler e un garfo e baleirou a cabaza. Fíxolle ollos e boca para que parecera unha caveira. Ao día seguinte ocorréuselle levar a cabaza acesa e deixala na ponte. Así as noites estarían iluminadas e xa non tería medo. Desde entón o aspecto pantasmólico dos lobishomes xa non a asustaría, nunca máis. Nunca soubo se existían ou se o seu medo lle fixera imaxinalos.

Carlota 4ºA

26 CEIP RECIMIL - 2009

Vaia, exposición!

Page 26: Recimil.es

º1 Recimil.es

A viaxe do padriño a San Andrés de Teixido.

Ocorreu no monte de Ancos. A miña bisavoa Aurora tiña un padriño chamado Luís. Luís nunca fora a San Andrés de Teixido. Cando morreu Luís, outro dos seus afillados, chamado Antón, decidiu levar a súa alma ao santuario e dixo: -Vou levar a Luís a San Andrés de Teixido. -Pero que dis?-dixo Aurora -Estás tolo? - Pois si –dixo el – Como di o refrán “A San Andrés de Teixido vai de morto o que non vai de vivo”. Antón chegou ao cemiterio e buscou a tumba de Luís. -Veña, Luís- díxolle Antón- Levántate, ímonos a San Andrés de Teixido. Antón semellou coller o espírito de Luís e foron a San Andrés de Teixido, os dous da man. -Salta o charco!-indicaba Antón, dando instrucións precisas para percorrer o camiño. - Para! Que hai un cabalo… Coidado!, que vén un tractor…Ollo con ese toxo!.. Así foron os dous a San Andrés de Teixido, un de morto e outro de vivo. Sabela 5ºB

Mariamanta Nunha casa había unha nena que sempre se portaba mal. Nun colgadoiro había unha manta que nunca se usaba. Pero un día a nena quixo collela e de súpeto apareceu... Mariamanta! A nena tivo medo e berrou: - Aaaaaaaa! Pero Mariamanta colleuna e ninguén a volveu ver. Adriana 2ºA

CEIP RECIMIL – 2009 27

Page 27: Recimil.es

Recimil.es º 1

28 CEIP RECIMIL - 2009

Page 28: Recimil.es

º1 Recimil.es

Había unha vez un loro que non paraba de falar. O seu dono, canso de escoitalo, díxolle:

-Sen non calas métote no microondas !

Como non calaba o dono meteuno no microondas e o loro púxose a cantar:

-Un raio de sol…..

Como non calaba o dono meteuno na neveira e o loro púxose a cantar:

-“Navidad, Navidad, dulce Navidad…”

Como non calaba o dono cortoulle a cabeza, mais a cabeza púxose a cantar:

-“Devuélveme la vida que me has robado…”

Sergio e Andrés

Este é un español, un cigano e un xaponés. O español empurra ao cigano, o cigano ao xaponés e este berra: “Help”. Entón o español di: “Non teño “gel”, se queres déixoche xampú.

Miriam

Están dous rapaces dentro dun coche. O dono non sabía se funcionaban ou non os intermitentes e dille ao compañeiro:

-Mira se funcionan os intermitentes.

O compañeiro sae, mira e contesta:

-Agora si, agora non, agora si, agora non…

Paloma

CEIP RECIMIL – 2009 29

Page 29: Recimil.es

Recimil.es º 1

30 CEIP RECIMIL - 2009

Page 30: Recimil.es

º1 Recimil.es

CEIP RECIMIL – 2009 31

Page 31: Recimil.es

Recimil.es º 1

32 CEIP RECIMIL - 2009

Page 32: Recimil.es

º1 Recimil.es

CEIP RECIMIL – 2009 33

Page 33: Recimil.es

Recimil.es º 1

34 CEIP RECIMIL - 2009

Page 34: Recimil.es

º1 Recimil.es

CEIP RECIMIL – 2009 35

Page 35: Recimil.es

Recimil.es º 1

36 CEIP RECIMIL - 2009

Page 36: Recimil.es

º1 Recimil.es

CEIP RECIMIL – 2009 37

Page 37: Recimil.es

Recimil.es º 1

UHA DESPEDIDA

A maioría de nós empezamos neste cole ( antes Ibáñez Martín e agora Recimil) no ano 2000, con so tres anos.

A nosa vida escolar comezou con Olga, que foi a nosa profe durante os tres cursos de Educación Infantil e á que lle tiñamos moito cariño. Por iso cando pasamos a 1º de Primaria, no tempo do noso recreo, iamos visitala na súa aula. Despois tivemos outras titoras: Paula, Ana Belén, Rosa, María e Constanza, ademais doutros profes.

Nestes anos que pasamos no cole fixemos moitas cousas, unhas máis divertidas cas outras.Entre as divertidas lembramos:

As festas dos nosos aniversarios que celebrábamos en párvulos.

As excursións que fixemos a Marcelle, ó Acuario da Coruña, Lugo, Santiago…

Os partidos de fútbol que gañábamos aos maiores.

Os vídeos que nos poñían os venres…

Tamén esperamos con moita ilusión a excursión de fin de etapa que imos facer a Cabárceno (Santander) no mes de xuño.

Pero o mellor destes anos foi poder coñecer aos nenos e nenas da nosa clase que agora ademais de compañeir@s son amig@s. A maioría seguiremos xuntos pois o próximo curso iremos ao Marqués.

Un saúdo para todos de 6º A

Emilio, Julián, Inés, Carlos, Elina, Nerea, Alicia, Pablo, Gabriel, Kevin, Bruno, Francisco, Sergio, Samuel, Cristina, Miguel, José Manuel, Simón, Carla, Alejandro, Arantxa, Sergi, Santiago, Melodi eYan Jing.

38 CEIP RECIMIL - 2009

Page 38: Recimil.es

º1 Recimil.es

CEIP RECIMIL – 2009 39

Page 39: Recimil.es

Recimil.es º 1

40 CEIP RECIMIL - 2009

Page 40: Recimil.es

º1 Recimil.es

CEIP RECIMIL - 2009 41

Page 41: Recimil.es

Recimil.es º 1

42 CEIP RECIMIL - 2009

Page 42: Recimil.es

º1 Recimil.es

Javier:

Esperamos que sigas cos triunfos nos tríatlons de todo o mundo.

Moita sorte!!

Querémoste ver no primeiro posto do podio das olimpíadas de 2012.

Merécelo!

Moitos bicos de:

ALUMNOS E ALUMNAS DO CEIP RECIMIL

CEIP RECIMIL – 2009 43