quen foi francisco aÑÓn

2
BIBLIOTECA IES POETA AÑÓN IMAXE DE PORTADA: La Voz de Galicia (edición dixital) INFORMACIÓN EXTRAÍDA DOS LIBROS Vida e obra de Francisco Añón. F. Bel Ortega Fundación Barrié de la Maza (1991) Francisco Añón: Aproximación didáctica. Pilar Sampedro- Santiago Nieto-Ramón Blanco. Ed. Toxosoutos (2005) ALGÚNS POEMAS AMOR APRESURADO Miráchesme, mireiche, nos miramos Sorríscheste, sorrinme, os dous sorrimos; N’os nosos ollos nosa imagen vimos: Ti n’os meus, eu nos teus nos retratamos. Desde entonces d’amor nos abrasamos; Un mesmo gusto ou pena os dous sentimos, E anque á parages diferentes imos, Decote n’o camino tropezamos. Ja que d’o corazón libres dispomos, Ós pájaros d’os bosques imitemos, Que os niños fan entre ramage e gomos; Nosa doce ventura apresuremos, Que a vida é curta e responsables somos D’o tempo tan precioso que perdemos. ACRÓSTICO (en portugués) J ulgo ser algum feitiço, O u encanto,ou bruxaría, A quella doce alegría Q ue me inspira um teu sorriso. U m prazer do Paraiso Y magino estar gozando, Naquelles momentos, quando A s tuas feiçoes mimosas, R esplandecen tão formosas, O stentando imesas graças: S o esquecem minhas desgraças A nte essa cara de rosas. ¡BOÉL! Este hermoso panorama De vistosos horizontes, Que entre pintorescos montes Se extiende y se desparrama… El río que se derrama Dulce, plácido y sereno, Por medio del valle ameno, hasta perderse en el mar, Sin duda ha sido el lugar Del paraíso terreno. ¡Boél! Deliciosa aldea, De una colina en la falda De árboles verde guirnalda La circunda y la sombrea: Pero lo que le hermosea Sobre los demás lugares Son los umbrosos pinares Que hacen de él un rico Edén, Donde blanquear se ven Sus redondos palomares. San Orente, Sierra, Entines… Y, sobre todo, Boél, Son un continuo verjel Con sus frondosos confines. Por do quiera que examines Este suelo encantador Lleno de gracia y verdor, Dirá, con placer profundo: “No se encuentra en todo el mundo Un rinconcito mejor”

Upload: ies-poeta-anon

Post on 11-Mar-2016

241 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

Triptico informativo sobre a vida e traxectoria do poeta de Outes

TRANSCRIPT

Page 1: QUEN FOI FRANCISCO AÑÓN

B I B L I O T E C A

I E S P O E T A A Ñ Ó N

IMAXE DE PORTADA:

La Voz de Galicia (edición dixital)

INFORMACIÓN EXTRAÍDA DOS LIBROS

Vida e obra de Francisco Añón. F. Bel Ortega Fundación Barrié de la Maza (1991)

Francisco Añón: Aproximación didáctica. Pilar Sampedro-

Santiago Nieto-Ramón Blanco. Ed. Toxosoutos (2005)

ALGÚNS POEMAS

AMOR APRESURADO

Miráchesme, mireiche, nos miramos

Sorríscheste, sorrinme, os dous sorrimos;

N’os nosos ollos nosa imagen vimos:

Ti n’os meus, eu nos teus nos retratamos.

Desde entonces d’amor nos abrasamos; Un mesmo gusto ou pena os dous sentimos, E anque á parages diferentes imos, Decote n’o camino tropezamos. Ja que d’o corazón libres dispomos, Ós pájaros d’os bosques imitemos, Que os niños fan entre ramage e gomos; Nosa doce ventura apresuremos, Que a vida é curta e responsables somos D’o tempo tan precioso que perdemos.

ACRÓSTICO (en portugués)

J ulgo ser algum feitiço, O u encanto,ou bruxaría, A quella doce alegría Q ue me inspira um teu sorriso. U m prazer do Paraiso Y magino estar gozando, N’ aquelles momentos, quando A s tuas feiçoes mimosas, R esplandecen tão formosas, O stentando imesas graças: S o esquecem minhas desgraças A nte essa cara de rosas.

¡BOÉL!

Este hermoso panorama De vistosos horizontes, Que entre pintorescos montes Se extiende y se desparrama… El río que se derrama Dulce, plácido y sereno, Por medio del valle ameno, hasta perderse en el mar, Sin duda ha sido el lugar Del paraíso terreno. ¡Boél! Deliciosa aldea, De una colina en la falda De árboles verde guirnalda La circunda y la sombrea: Pero lo que le hermosea Sobre los demás lugares Son los umbrosos pinares Que hacen de él un rico Edén, Donde blanquear se ven Sus redondos palomares. San Orente, Sierra, Entines… Y, sobre todo, Boél, Son un continuo verjel Con sus frondosos confines. Por do quiera que examines Este suelo encantador Lleno de gracia y verdor, Dirá, con placer profundo: “No se encuentra en todo el mundo Un rinconcito mejor”

Page 2: QUEN FOI FRANCISCO AÑÓN

1812: Francisco Añón Paz naceu o 9 de outubro na aldea de Boel en Outes (A Coruña) . Os seus pais eran labregos acomo-

dados.

1829. Con 17 anos comeza a estudar no Seminario de Santiago.

1837. Tras facer 5 anos de Teoloxía, inicia os estudos de Xurisprudencia.

1843. Obtén a Licenciatura en Xurispru-dencia.

1845. Escribe unha das primeiras poesías escritas en galego no Rexurdimento: “Recordos de infancia. Égloga”.

1846. Marcha a Portugal por primeira vez

1850. Viaxa por Francia e Italia como secretario dun inglés cha-mado Lord Shawford.

1853. Regresa a España establecéndose en Sevilla onde se dedica ó ensino de idiomas e fai colaboracións na prensa da época

1857. Añón atópase en Madrid onde escribe os poemas “A Lis-boa” e “El borracho y el eco” . Combina a escritura de poemas co ensino do francés.

1861. Recibe un accésit nos Primeiros Xogos Florais de Galicia polo seu poema escrito en galego “A Galicia”.

1862.Tras este certame publícase o “Álbum de la caridad”, no que se recollen algúns dos seus poemas

1866. Regresa a Portugal e continúa a escribir algúns poemas en castelán (“Mi querido Eduardo” e “En la inauguración de la esta-tua a Camoens”)

1868. De novo en España, volta a Madrid e logo a Galicia, onde permanecera algún tempo. Desta época son os seus poemas “A Mariña Barros a la edad de 8 anos” e “Boel”, inicio dun poema que envía ó seu sobriño-primo Diego Campos.

1869. Regresa definitivamente a Madrid, onde se constitúe a sociedade “La Fraternidad Galaico-Asturiana”, na que é nomeado vocal. Consegue un traballo no “Ministerio de Gracia y Justicia”.

ALGÚNS DATOS BIOGRÁFICOS

1872. Añón é nomeado “Auxiliar de Archivo”.

1873. Ascende ó cargo de Oficial 3ª do Archivo pero é cesado pouco despois.

1875. Fúndase a sociedade “La Galicia Literaria” da que é presidente.

1877. Francisco Añón apacece como autor da tradución incompleta da novela rusa “Los dos amigos” de Tourguenef. Neste mesmo ano escribe “Al Papa” e “A Galicia”.

1878. Escribe “A miña enfermedá”, posiblemente a súa última com-posición. Morre o 20 de abril en Madrid.

SABÍ AS QUE…?

AS VIAXES DE AÑÓN

SANTIAGO

FRANCIA

ITALIA

PORTUGAL SEVILLA

MADRID

Añón non publicou

ningún libro en vida.

Na poesía de

Añón atópase a

primeira referencia

literaria á

“homeopatía” e fixo uso

de vocabulario non em-

pregado ata entón na

poesía galega.

A pesares da súa orixe humilde,

foi un home moi culto, coñece-

dor das linguas clásicas, do

francés, italiano e portugués o

que o converte nun dos nosos

escritores mellor formados lin-

güísticamente.

Unha das singularidades

de Añón é que escribeu

poesía en 3 linguas: cas-

telán, galego e portugués.

Foi un dos primeiros cultivadores do

galego escrito despois dos Séculos

Escuros, e polo tanto un dos pre-

cursores do Rexurdimento

O primeiro contacto que

tivo coa poesía foi proba-

blemente da man da súa irmá maior Nico-

lasa, unha labrega case analfabeta pero

moi creativa, verdadeira representante

da poesía popular galega.

O día das Letras Gale-

gas de 1966 estivo dedi-

cado a este escritor .

Francisco Añón, non foi só un personaxe real

senón tamén literario: aparece no “Divino

Sainete” de Curros Enríquez e tamén nunha

peciña teatral de Antón Avilés de Taraman-

cos titulada “Tres capitáns de tempos idos”.

OUTES