que é arte

19
QUE É ARTE PARA TI?

Upload: bibliocastelo-a-pedra

Post on 28-Jun-2015

283 views

Category:

Education


1 download

DESCRIPTION

Significado da arte

TRANSCRIPT

Page 1: Que é arte

QUE É ARTE PARA TI?

Page 2: Que é arte

Unha

pintura?Unha escultura?

Unha

catedral?

Un debux

o?

Un libro ilustrado?

Unha forma

de

expresarse?Unha

cadeira?Un andel?

Un prato de

mexillóns?

Un caramelo?

Unha cafeteira

?

Unha mesa?

Unha camisa

?

Page 3: Que é arte

ARTE OU MOBLES???

Como cres ti que podemos

diferenciar unha obra de

arte dun moble?

Page 4: Que é arte

Os mobles deben ser funcionais. Isto quere dicir que

se é unha cadeira, temos que poder sentar nela e se

é unha mesa, teremos que poder usala como tal.

Pola contra, A ARTE non ten ningún

uso práctico. A finalidade dunha obra

de arte non é o seu uso, senón a

contemplación e a reflexión.

Page 5: Que é arte

Agora imos observar a imaxe da

dereita.

De que material cres que está feita?

Onde están apoiadas as caixas?

Teñen diferentes tamaños?

Cal é a distancia entre elas?

Que nome lle porías?

Cres que é ARTE?

Page 6: Que é arte

E AGORA COMPROBA E APRENDE:

o Esta é unha escultura do artista estadounidense

Donald Judd.

o É una pila de caixas de metal moi orixinal porque están

fixadas na parede e mesmo parece que están flotando.

o A Judd gustáballe que as súas esculturas parecesen

feitas por unha máquina; por iso, todas as caixas son

idénticas.

o Os espazos que hai entre cada peza son exactamente

iguais ao grosor das mesmas.

o Trátase, polo tanto e sen ningunha dúbida, dunha obra

de arte.

Page 7: Que é arte

1. Gústanche os

mexillóns?

2. Cres que se poden comer estes mexillóns? Por que?

3. Fixate ben na imaxe e explica o que ves.

4. Consideras que podería ser

unha obra de arte?

5. Que título lle porías ti?

Page 8: Que é arte

Estes mexillóns non se poden comer por dúas razóns:

1) Están pechados e poderían estar en mal estado, por iso só se comen

os que están abertos.

2) Non están moi saborosos porque levan bastante tempo nunha galería

de arte, estarán fríos e cheos de po.

Aínda que hai demasiados mexillóns, non caen sobre a cacerola, senón

que forman unha columna moi alta. É coma se medrasen ou se

multiplicasen e empurrasen a tapadeira cara arriba.

A arte non ten que ser, necesariamente, bonita ou especial. O autor desta

obra, Marcel Broodthaers, anímanos a mirar as cousas cotiás e a

preguntarnos por que no poden ser tamén arte. Marcel é belga e en

Bélxica os mexillóns son un prato moi típico.

Page 9: Que é arte

Pódese tocar A ARTE?

Nas galerías de arte e museos hai que ter coidado e non tocar as obras de arte expostas.

Pero Félix González-Torres, autor desta obra, non só quere que toquemos o montón de caramelos, tamén quere que collamos un.

Que cres que pode representar este montón de caramelos?

Page 10: Que é arte

Os caramelos multicores representan a unha persoa: un amigo do autor chamado Ross que morreu moi xoven.

O montón de caramelos pesa 79,4 kilos, o mesmo que pesaba Ross antes de morrer. Este retrato non nos di moito sobre a personalidade ou aspecto físico de Ross, pero fainos pensar nel.

A medida que a xente vai levando os caramelos, Ross vai desaparecendo, como lle ocorreu na vida real. Coller un caramelo é como levar un anaquiño de Ross, é un recordo que fai que nos lembremos del.

O máis insólito deste retrato é que segundo a xente vai levando os caramelos, vanse engadindo máis e o montón volve medrar. É como se González-Torres quixese compartir ao seu amigo con outras persoas.

Da mesma maneira que podemos sentirnos tristes cando morre unha persoa que coñecemos, tamén podemos volver ter sentimentos felices cando nos lembramos desta persoa.

Page 11: Que é arte

COLECCIONAS COUSAS?

Chapas? Cómics?

Chaveiros?

Cunchas?Adhesivos?...

Page 12: Que é arte

A arte de Arman non é o debuxo, nin a pintura,

nin sequera é a escultura.

Chámase “ACUMULACIÓN” e consiste

precisamente en acumular obxectos.

Arman recollía moitos

exemplares da mesma cousa

e amontoábaos: cafeteiras,

camisas, coches de xoguete,

reloxos…

Ás veces recollíaos dos contedores do lixo.

Cando tiña bastantes obxectos da mesma clase,

xuntábaos todos.

Page 13: Que é arte

QUE É A ARTE?

E agora, volvamos pensar na pregunta do principio…

Podemos chamar ARTE a todas as actividades ou producións do ser humano con fins estéticas ou comunicativas que representan, a través de medios como a pintura, a escultura, a literatura ou a música, diferentes realidades, esceas, ideas, emocións e sentimentos.

Page 14: Que é arte

ONDE SE PODEN GARDAR?

QUE OCORRE

COAS OBRAS DE

ARTE?

Museo Metropolitano de Arte, Nova York

Page 15: Que é arte

VISITACHES ALGÚN DELES?

SABERÍAS DICIR O NOME DALGÚN MUSEO OU GALERÍA DE ARTE?

Museo Británico, Londres

Page 16: Que é arte

MUSEO DO PRADO (MADRID)

No so é unha das pinacotecas máis famosas do mundo e a máis importante de España. O Museo do Prado conta cunha das maiores coleccións de pintura de todo o planeta e ademais, expón un nutrido grupo de esculturas de gran valor.

Page 17: Que é arte

Pero a obra máis famosa deste museo é “A Gioconda” de Leonardo Da Vinci. Inclúe, ademais, unha colección de obras que proveñen do antigo Exipto, por non falar da pirámide de cristal que se atopa na entrada.

O Museo do Louvre en París é unha das galerías de arte máis importante de Europa e do mundo, que tamén conta cun grupo de esculturas, entre as que se atopa a “Venus de Milo” .

Page 18: Que é arte

O museo Guggenheim, en Bilbao, resulta dobremente impresionante. Por un lado, pola súa colección de obras de arte contemporáneo, e por outro, polo inusual e extravagante do seu deseño, que correu a cargo do famoso arquitecto Frank Gehry. 

Page 19: Que é arte

Bibliografía:

EL ABC DEL ARTE PARA NIÑOS. LIBRO 1, Amanda Renshaw.

EL ABC DEL ARTE PARA NIÑOS. LIBRO 2, Amanda Renshaw.

CEIP PLURILINGÜE A PEDRABUEU