ptpr 2 descubrindoondevivimos alum caderno
DESCRIPTION
ÂTRANSCRIPT
proxectoterraCOLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA C. O. A. G.
CONSELLERÍA DE
POLÍTICA TERRITORIAL,
OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Dirección Xeral de Urbanismo
CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO
COFINANCIADO POLA
o lugar onde vivimos
2Educación
Prim
aria
descubrindoonde
vivimos
Nós, os animais, querémosvos ensinar a sentir, ver, recender, tocar, saborear, escoitar e descubrir a paisaxe na que vivides e vos movedes, aprendendo a percibila dun xeito novo.
Nesa paisaxe hai elementos naturais como a auga das fontes, dos regatos, dos ríos, as flores, os campos, as árbores, as montañas, os vales, as chairas, as praias, a costa...
1
2
Ola!
PROXECTOTERRA
2
E tamén hai outros elementos construídos por vós: as vivendas (baixas, altas, illadas, arrimadas); as pontes, as estradas, os túneles, as murallas, os muros, os valados, os faros, as farolas...
Atrevédevos a mirar con outros ollos todo iso e é posible que descubrades un novo lugar ao voso redor.
3
4
PROXECTOTERRA
3
PROXECTOTERRA
4
SE ABRIDES BEN OS OLLOS, como fago eu, conseguiredes ver todo o que hai arredor das
vosas vivendas.
Mirade primeiro esta imaxe e comentade oralmente que zona se asemella máis ao lugar
onde vivides.
PROXECTOTERRA
5
Agora agarrade o lapis que ides escribir un anaquiño. Tendes que responder as preguntas
do cadro para comprobar que sabedes do lugar onde vivides e que tendes que
descubrir.
CONTESTADE o que saibades.
Vivides nun barrio ou nunha
parroquia?
Como se chama?
Hai leiras ou espazos sen
cultivar ao redor das vivenda
s?
As vivendas están illadas,
arrimadas, hai edificios de d
ous
a catro andares, de cinco ou
máis?
Como son os camiños ou
estradas do lugar onde vivid
es:
de terra, grava, asfalto...?
Hai beirarrúas, beiravías, pa
sos
de peóns...?
Hai espazos para camiñar,
pasear, andar en bici, patíns
...?
Que transporte público existe
:
autobús, tren, barco, tranvía
?
Existe algún espazo, no
voso barrio ou parroquia,
desagradable por estar cheo
de lixo, abandonado, que sex
a
perigoso...?
Que é o que máis vos gusta
do
lugar onde vivides?
Que cambiariades?
OLLO !
NO VOSO CADE
RNO DE
ACTIVIDADES01
Ola! Son a toupa, e non podo ver as cores. Porfa,
axudádeme e mirade por min!
4
As paisaxes teñen unha cor dominante en función dos elementos que a forman.
As cores dannos información sobre esa paisaxe e axudan a distinguila, pero unha mesma cor tamén pode dar lugar a paisaxes ben
diferentes.
1
2
PROXECTOTERRA
6
Na natureza hai unha morea de cores. Sabiades que se estima que poden existir vinte millóns de cores distintas? Aínda que o
ollo humano non é capaz de diferenciar todas as cores e as súas tonalidades.
3
PROXECTOTERRA
7
Imos facer un paseo visual por diferentes paisaxes: cidade, vila, aldea. OBSERVADE
atentamente como varía a luminosidade, ao longo de 24 horas, neses espazos.
FIXÁDEVOS tamén como cambian as cores nas distintas estacións. Eses cambios de luz e cor
provócannos emocións diferentes.
PROXECTOTERRA
8
HEI!! Aquí tendes unha pista para poder comezar, podedes usar algunha das seguintes palabras: calma, movemento, ledicia, medo, asombro, sosego, tristura…
AGORA PECHADE OS OLLOS, RELAXÁDEVOS e facede voar a imaxinación situándovos neses lugares e ESCRIBÍDEME O QUE VEDES E O QUE SENTIDES.
02 OLLO !
NO VOSO CADERNO DE
ACTIVIDADES
PROXECTOTERRA
9
PROXECTOTERRA
10
4
Observade o que ven os nenos e as nenas desta escola cando miran polas
fiestras e a porta.
1
32
PROXECTOTERRA
11
COLOREADE os cadros como se fordes un pintor ou pintora, mesturando a paleta de cores que vedes. Se o día é nubrado pintades no cadro da esquerda e teredes que esperar a un día soleado para poder pintar no da dereita. E viceversa.
FALADE das diferenzas que vistes.
03
04
DÍA NUBRADO DÍA SOLEADO
Agora mirade vós con atención dende a porta e as fiestras do voso colexio e veredes as CORES que rodean o espazo onde pasades moitas horas. Observade como cambian dun día para outro.
65
OLLO ! NO VOSO CADERNO DE
ACTIVIDADES
PROXECTOTERRA
12
OBSERVADE as sombras das fotografías e contestade as preguntas.
Son o lucecú, máis coñecido polos meus compis como vagalume. Sabiades que polas noites acendo unha bombilliña e proxecto unha pequena luz que crea sombras ao meu redor?
As árbores, as plantas, proxectan SOMBRAS que dan
refuxio aos animais, a outras especies vexetais, a vós...
◊ Para que serve a sombra que dan as árbores?
∆ Onde poñeriades a toalla, na sombra ou onde dá o sol? Explica a resposta.
OLLO ! NO VOSO CADERNO DE ACTIVIDADES
05
3
Nas paisaxes as construcións que facedes proxectan sombras
con formas diferentes: alongadas, esféricas, máxicas...
◊ Hai máis edificios
en sombra ou dándo
lles o sol?
∆ Diriades que a rú
a é sombría ou sole
ada?
1
Vistes que
as SOMBRAS po
den
quitarnos clarid
ade e
facer que as v
ivendas
e rúas poidan
ser
sombrías, frías
. Crean
lugares agradab
les para
descansar, cha
rlar ou
pasear. Pero ta
mén
sombrean os qu
e
están pensados
para
que sexan
soleados.
2
PROXECTOTERRA
13
DESPOIS DE COMER, POLA TARDE, fixádevos nas sombras que hai no lugar onde vivides e que pasa con elas. Tocade as zonas da vosa vivenda e colexio que están en sombra e as que reciben directamente a luz solar. Que diferenzas térmicas percibides? Anotade o lugar que tocades no seguinte cadro e pintade a casiña de vermello para as zonas soleadas (quentes) e de azul para zonas sombrías (frías). Tendes que observar as vosas vivendas e o que hai ao redor (outros edificios, camiños, rúas...) Continuade a lista.
OLLO ! NO VOSO CADERNO DE ACTIVIDADES
◊ Cantos cadros pintastes de vermello? E de azul?
∆ Diriades que as vosas vivendas teñen máis zonas soleadas ou sombrizas?
◊ E o voso colexio?
VIVENDAFachada principal Fachada traseira
Camiño ou rúa que hai diante
COLEXIO
Fachada principal
Corredores
Patios
SOMBRÍAS SOLEADAS06
07
Tende coidado, non o vaiades facer nun día escuro, de néboa, choiva ou anubrado, pois
non veredes as sombras.
PARÁDEVOS A ESCOITAR en diferentes momentos do día: pola mañá, tarde, noite. Que é o que máis oídes: coches, máquinas, voces, sirenas, bucinas, cantos, silencios, animais, auga en movemento, ondas do mar...?
Debuxade a bucina segundo a intensidade do son. Pintade de amarelo a casiña daqueles que vos resulten agradables.
08
As miñas orellas funcionan como un radar, escoito calquera son. Hainos agradables,
relaxantes, que che dan alegría, tranquilidade…; e outros que producen nerviosismo, irritabilidade,
dor de cabeza… Hainos incluso que impiden escoitar o silencio!
Intentade facelo vós e recoñeceredes os SONS do lugar onde vivides e estudades, do día e da
noite. Palabra de morcego!
Televisión
Voces
Coches, motos
Máquinas
Sirenas
Silencio
Chuvia
Ondas do mar
Música
Cantos de paxaros
OUTROS:Aula
Corredores
Recreo
SUAVE
INTENSO
MOI INTENSO
MAÑÁ TARDE NOITE
SONS INTENSIDADE
E NO COLEXIO, que sons oídes? Escribídeos e debuxade a bucina correspondente.
09
OLLO ! NO VOSO CADERNO DE
ACTIVIDADES
PROXECTOTERRA
14
O meu olfacto fai que descubra comida, ósos enterrados, os OLORES corporais das persoas. Incluso son de grande axuda nas investigacións policiais. Coñecedes os olores do lugar onde
habitades? Ímolo comrpobar...!
IDES XOGAR a ser o sabuxo do voso barrio ou parroquia. Ulide durante un día todos os recendos que percibides dende a porta da vosa vivenda. Fixádevos na seguinte lista que vos damos e marcade cun círculo os que forman parte dese lugar. Poñede unha cruz dentro do círculo se vos resultan desagradables.
10
Comida
Mar
Herba acabada de cortar
Terra mollada
Xurro-Esterco
Excrementos de animais
Sumidoiros
Fábricas
Tabaco
Plantas-Flores
Augas de mananciais
Gasóleos
Cloro
Ambientadores
OUTROS:
OLORES
DEBUXASTES máis círculos ou círculos cruzados?
QUE CONCLUSIÓN sacades?
11
OLLO !
NO VOSO CA
DERNO DE
ACTIVIDADES
PROXECTOTERRA
15
PROXECTOTERRA
16
A rede que uso para cazar o meu alimento está formada por LIÑAS que vou unindo para que non se me escapen as moscas que tanto
me gustan. Ñam,ñam!
MIRADE CON ATENCIÓN estas imaxes e repasade, no voso caderno, de cor vermella as siluetas que se formaron na natureza e de verde as que construíron as persoas.
3
Comprobastes as diferenzas entre as liñas que
se forman na natureza e as que creades vós? As paisaxes naturais presentan formas irregulares e complexas e as humanizadas son máis regulares e
xeométricas.
2
OLLO ! NO VOSO CADERNO DE ACTIVIDADES
121
PROXECTOTERRA
17
ADIVIÑADE que figuras están agochadas nas seguintes fotografías. Pintade as figuras brancas que coincidan coas das imaxes.
13
As liñas, ao pecharse, forman figuras xeométricas, como a da miña rede.
Sabedes que nome ten esta figura de cinco lados?
7
6
OLLO ! NO VOSO CADERNO DE ACTIVIDADES
5
4
Os edificios onde estudades, xogades, vivides... están cheos desas figuras, nas
que seguro que non vos fixastes. As formas cóntannos a súa historia, a creatividade de
quen as deseñou...
E A VOSA PARROQUIA OU BARRIO? Seredes exploradores por un día. Tendes que anotar as figuras xeométricas que vexades nos edificios, mobiliario público, colectores de lixo... e tamén o lugar onde as vistes. Fixádevos nas que teñen formas diferentes (os que vivades preto podedes facelo en grupo).
14FIGURA LUGAR
2
1
OLLO ! NO VOSO CADERNO DE
ACTIVIDADES
PROXECTOTERRA
18
FACHADA DIANTEIRAPARTE
TRASEIRA
Esas casas, onde vivides teñen cara e costa. Parécense a nós, que somos diferentes por DIANTE
e por DETRÁS.
OBSERVADE E COMPROBARÉDELO POR VÓS MESMOS. Tendes que mirar con atención cara ás vosas vivendas e ás que están ao lado ou preto. Faredes unha lista de todo o que vedes: casas, edificios, talleres, fábricas, coches, leiras, bosque, xardín, mar, río... Para iso, colocádevos diante da fachada principal e da parte traseira.
FIXÁDEVOS AGORA NAS PERSOAS e no que están a facer. Toman o sol, miran pola fiestra, lavan ou tenden a roupa, realizan algún traballo, comen no balcón ou terraza, charlan, descansan?
15
16
ESCRIBIDE que diferenzas atopades entre as dúas fachadas e o uso que se lles dá.
17
OLLO !
NO VOSO CADE
RNO DE
ACTIVIDADES
PROXECTOTERRA
19
ESCRIBIDE dous materiais que recoñezades nestas fotografías.
18
Son o peto verdeal e fago a miña casa no tronco das árbores. Aproveito o material que teño preto.Todas as figuras que observastes nas vivendas
están feitas de MATERIAIS moi diversos.
Ímolos descubrir!
21
34
As persoas comezaron a construír as súas vivendas empregando os materiais que collían do seu entorno: pallabarro, madeira, pedra, lousa, tella feita de barro cocido… Nas construcións tradicionais
aínda podedes ver restos destes materiais.
OLLO ! NO VOSO CADERNO DE
ACTIVIDADES
Nas cidades galegas, os edificios do barrio histórico, chamado tamén “cidade vella”, están feitos, fundamentalmente, de
granito, unha das pedras que están no noso solo e que forma parte da paisaxe galega como vistes nas formas da natureza.
PROXECTOTERRA
20
Agora, e dende hai uns anos, estanse a empregar materiais que chegan de fóra: ladrillo, cemento, formigón, pinturas nas
fachadas, uralita, aluminio…
COMPLETADE A TÁBOA. Pensade onde comedes, durmides, xogades, estudades..., é dicir, nas vosas vivendas. Ides investigar con que materiais foron construídas. Procurade tocar todo o que poidades para sentir a súa textura e poder dicir as calidades que posúe : frío, cálido, suave, rugoso, poroso, mol, duro, esvaradizo...19
OLLO !
NO VOSO CA
DERNO DE
ACTIVIDADE
SParedes exteriores
FiestrasPorta da entrada
CubertaParedes interioresChan da cociña e bañosChan dos dormitorios e salón
Valados ou peches
MATERIAIS CALIDADES
FACEDE UNHA POSTA EN COMÚN falando dos materiais das vosas vivendas. Toda a información que vos comentaron na casa podédela achegar para aprender uns dos outros.
20
PROXECTOTERRA
21
PROXECTOTERRA
22
Eu constrúo a miña casa con cera e nela fago o meu traballo, fabrico o mel. Que doce
son!! Esta é a miña vivenda:
Ensinádeme como son as vosas vivendas!
AS NOSAS VIVENDAS ESTÁN FEITAS CON MATERIAIS DIFERENTES
ESCRIBIDE onde vos parece que se atopan estas vivendas: aldea, vila ou cidade. Poñede tamén se son tradicionais ou actuais. Así ensinarédeslle máis a esta abella curiosa!
21
1
2
3
4
OLLO !
NO VOSO CADE
RNO DE
ACTIVIDADES
PROXECTOTERRA
23
BEEEN!!!
TRABALLAMOS O PLANO. Para que non nos pregunte máis, ímoslle amosar a esta abelliña o plano dunha vivenda, que podería ser de calquera das nosas. Ides pórlle nomes e colorear para que o poida entender mellor.
22
1. Sinalade cunha frecha vermella a entrada.2. Perfilade de azul o contorno da vivenda.3. Pintade de amarelo as paredes que separan os cuartos.4. Descubride como están representadas as portas e repasádeas de marrón.5. Poñédelle nome a cada unha das estancias. O seu mobiliario pódevos dar pistas. OLLO
! NO VOSO CADERNO DE ACTIVIDADES
PROXECTOTERRA
24
OBSERVADE O DETERIORO E ABANDONO nestas imaxes e dicide que opinades. Buscade en cada fotografía onde se acochan as cascudas.
23
A min gústame ter a cara sempre moi limpa para estar fachendoso.
Dise que a cara é o espello da alma. As facianas das persoas transmiten como nos sentimos: tristeiros, ledos, enfermos, vitais,
acovardados…
Tamén as fachadas das vivendas e edificios poden achegarmos datos sobre elas: poden estar doentes
ou vigorosas.
OLLO !
NO VOSO CADE
RNO DE
ACTIVIDADES
Tampouco é para tanto,
BAGH!
2
3
54
POR QUE PINTARÍAN ese insecto e con esa cor? 24
1
PROXECTOTERRA
25
NAS SEGUINTES FOTOGRAFÍAS, RODEADE de vermello a cascuda para o que consideredes que está doente: sen rematar, descoidado... E de verde o gato fachendoso para o que vos parece vigoroso: coidado, limpo... Pensade no que sentides ante cada fotografía e saberedes cal rodear.
25
6
8
10 11
9
7
OLLO ! NO VOSO CADERNO DE
ACTIVIDADES
OBSERVADE AS FOTOGRAFÍAS E COMENTADE entre todos e todas para que lle serve á nena o mobiliario que se ve en cada unha delas (bancos, mesas, luces, papeleiras ...) Fai un uso correcto?
26
Igual que coidades as fachadas das casas tamén tendes que facelo co mobiliario que hai no interior das vivendas e nas rúas por onde vos movedes. O MOBILIARIO é o conxunto de
elementos que fan máis cómodos e agradables os lugares onde habitades. Nas vosas casas tendes mobiliario, pero nas rúas tamén. Observade con
atención e comprobarédelo.
CASA
RÚA
1
7
10
3
4
5
6
2
8
9
PROXECTOTERRA
26
Eu sempre levo a miña cuncha brillante e ben coidada, pois para min é moi importante. E vós, como tratades o
mobiliario que vos rodea?
RESPONDEDE con sinceridade.
27
Escribide que facedes para coidar os mobles da vosa habitación.
Agora pensade na rúa, como é a saúde do mobiliario? Está roto, queimado, abandonado… Se non o sabedes, observádeo e contestade outro día.Que mobiliario botáchedes de menos nesa observación?
Sinalade tres accións que deterioran os bancos, farolas, papeleiras…
Agora tres accións que demostren que sabedes como coidar ese mobiliario.Que terían que facer os rapaces ou os adultos para reparar o que estragan?
Na rúa coma na casa!
OLLO !
NO VOSO CADE
RNO DE
ACTIVIDADES
PROXECTOTERRA
27
PROXECTOTERRA
28
Como levo a casa ao lombo imos ir paseniño, de vagar. Gústanme as vivendas diferentes coma a miña. Vós tamén tendes
algunhas ben divertidas!
CAL ESCOLLERIADES VÓS para pasar uns días de vacacións cos vosos pais?
PARÉCENVOS orixinais, diferentes ou védelas con frecuencia? Que as fai especiais?
28
29
OLLO ! NO VOSO CADERNO DE
ACTIVIDADES
43
1
2
PROXECTOTERRA
29
CREA UNHA CASA CHEA DE FANTASÍA!
30
6
Agora poñédevos mans á obra. Aproveitade recortes de vivendas que aparecen nas revistas, ou o que se vos ocorra, e construíde a vosa vivenda imaxinada.
(Pode ser de chocolate como a de Hansel e Gretel, he!,he!)
5
7
OLLO ! NO VOSO CADERNO DE
ACTIVIDADES
As vivendas onde habitades agrúpanse de forma moi diferente: arrímanse, póñense unhas por riba doutras, espállanse...
ocupando espazos na paisaxe de forma moi diferente. Mirade o que vexo cando viaxo
buscando lugares quentiños. Vaia vistas teño!
AXUDADE á andoriña a entender o que ve. Escribe segundo o número de cada fotografía se as vivendas están: arrimadas, separadas, dispersas, agrupadas. En cal hai edificación en altura?
31
1
32
OLLO ! NO VOSO CADERNO DE
ACTIVIDADES
PROXECTOTERRA
30
5
8
7
6
4
Cantas vivendas! Case non sei onde vou
pór o meu niño.
PROXECTOTERRA
31
A ver se prestastes atención. Como se chega a todas esas vivendas, edificios, leiras…?
Por onde se moven os coches, camións…? Contestade en voz alta!
A que semellan serpes coma min?
Se atopo ríos e teño medo de caer constrúo moitos pés e fago pontes para
cruzalos.
Se atopo un precipicio fago un
viaduto.
Atraveso as paisaxes naturais e humanizadas
para ir dun lugar a outro.Ás veces arrímome moito ás
vosas vivendas.
Ás veces, non busco ben o camiño e tallo moitas árbores, desfago casas de animais e arrímome ás vosas
vivendas.
1 2
3
5 6
Se chego fronte a unha montaña furo na terra para pasar a través dela e fago un túnel.
4
PROXECTOTERRA
32
OBSERVADE as fotografías e escribide, en cada cadriño do voso caderno, con que número ou números das informacións que dá a serpe se corresponden.
32
6
1
2
3
5
4
OLLO ! NO VOSO CADERNO DE
ACTIVIDADES
PROXECTOTERRA
33
PROXECTOTERRA
34
Como son as vosas vías de comunicación? Están ben
conservadas ou hai que sanealas?
CONTESTADE neste cadro e comprobade o que non saibades.33
Que materia
l empregaron
para facer
os
camiños e rú
as por onde
vos movedes
: terra,
grava, asfal
to…?
Están en boa
s condicións
ou teñen
fochancas...?
Hai pasos de
peóns, semá
foros ou pas
os
elevados que
fagan segur
o cruzar a e
strada
ou a rúa?
Hai beirarrú
as que vos p
rotexan, de
que
material est
án feitas?
Están ben co
idadas ou de
terioradas?
Na aldea ou
lugar onde v
ivides os cam
iños
teñen beirav
ías para que
as persoas
anden por
elas? Están
limpas de m
aleza?
Esas beirarrú
as ou beirav
ías permiten
transitar
os carriños
dos bebés ou
as cadeiras
de rodas
dos minusvá
lidos?
Dispoñedes d
e carrís-bici
, beiravías a
mplas
para movervo
s coa bicicle
ta, monopatí
n?
Se non exist
en, decide c
al é o motiv
o ou
intentade inv
estigalo.
Existe algún
camiño, estra
da, ponte...
antiga
ou actual, q
ue sexa dife
rente. Escrib
ide o seu
nome e o po
rqué.
OLLO ! NO VOSO CADERNO DE
ACTIVIDADES
PROXECTOTERRA
35
Cales son as cores predominantes
do lugar onde habitades?
As vosas vivendas están nunha
zona sombriza ou soleada?
Os sons do lugar onde vivides son: agradables,
relaxantes, producen tranquilidade, irritabilidade...?
Como é olfactivamente o lugar onde vivides:
agradable ou desagradable?
O voso barrio/parroquia é un espazo onde hai máis
formas humanizadas ou naturais?
Con que materiais están construídas as vosas vivendas?
Hai algunha vivenda ou edificio doente
preto de onde vivides?
Que sensación vos produce cando pasades ao seu lado?
E os que están ben coidados por que credes que será?
Que sensación vos producen cando pasades ao seu carón
?
Sabedes máis do lugar onde vivides? Ímolo comprobar!
RESPONDEDE neste cadro.34
OLLO !
NO VOSO CADERN
O DE
ACTIVIDADES
PROXECTOTERRA
36
ESTAMOS CHEGANDO AO REMATE. Anotade o que vos resulte máis agradable e o que non o é tanto, do lugar onde vivides. Podedes pensar e suxerir
melloras para o voso entorno.
Mans á obra!!!
OLLO !
NO VOSO CADERN
O DE
ACTIVIDADES
ESCRIBIDE NO CADRO do gato o que vos gusta, na cascuda o que é desagradable e no lapis as suxestións dos cambios ou melloras que fariades.
35
XUNTANDO TODAS AS VOSAS OPINIÓNS PODEDES FACER UN MURAL PARA
TER NA CLASE E IR POÑENDO NOVAS PROPOSTAS. PODEDES INCLUÍR
DEBUXOS OU FOTOS FEITAS POR VÓS E QUEDARÁ MÁIS COMPLETO.
PROXECTOTERRA
37
CONCELLO
ÁNIMO! IDES FACER UN ÚLTIMO ESFORZO:
PÓRLLE NOTA AO LUGAR ONDE VIVIDES.
Debedes colocar un gato fachendoso ou unha cascuda sobre cada un dos edificios ou lugares que tendes a continuación, indicando o motivo da vosa escolla. Coloreade previamente a figura que vaiades pór, recortádea e pegádea no cadro correspondente.
Se non coñecedes algún dos edificios ou lugares, tendes que pedirlle aos vosos pais que volos mostren un día que saiades de paseo con eles.
36
BIBLIOTECA
CENTRO
MÉDICO
PARQUES E XARDÍNS
ESCOLA
O BARRIO OU PARROQUIA
ONDE VIVIDESCENTRO
DEPORTIVO
OLLO ! NO VOSO CADERNO DE
ACTIVIDADES
PROXECTOTERRA
38
EDITA
COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA“PROXECTOTERRA”
QUINTANA 3 “CASA DA CONGA”15704 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (GALICIA - ESPAÑA)TEL. +34 981 55 24 00 FAX. +34 981 56 16 58
http://www.coag.es/proxectoterrae-mail: [email protected]
DEPÓSITO LEGAL: C 516-2009 ISBN: 978-84-96712-20-1
EQUIPO DO PROXECTOTERRA
XOSÉ MANUEL ROSALES NOVES - COORDINADORANTONIO DÍAZ OTEROPEDRO DE LLANO CABADO
COORDINACIÓN E SUPERVISIÓN DOS MATERIAIS
ANTONIO DÍAZ OTEROJOSÉ LUIS GONZÁLEZ FERNÁNDEZXOSÉ MANUEL ROSALES NOVES
EQUIPO REDACTOR DA UNIDADE
CARME RODRÍGUEZ VENTOSOMATILDE CAREAGA MARTÍNEZ
PROFESORADO COLABORADOR
CARME RODRÍGUEZ VENTOSOJESÚS RODRÍGUEZ RODRÍGUEZMª BEGOÑA CODESAL PATIÑOMª DOLORES CANDEDO GUNTURIZMª HELENA ZAPICO BARBEITOMª JOSÉ PIÑEIRA MANTIÑÁNMª MONTSERRAT CASTRO RODRÍGUEZMATILDE CAREAGA MARTÍNEZNIEVES ALONSO CAMPOPATRICIA GALÁN GÓMEZROCÍO ROMAR ROELROSA Mª VICENTE ÁLVAREZSEVERINA REBOREDO PENAXESÚS PACORET BALSAXOÁN XOSÉ LORENZO LOURIDOXOSÉ MANUEL MALHEIRO GUTIÉRREZ
PROCEDENCIA DAS IMAXES
CARME RODRÍGUEZ VENTOSOC.N.I.G.COPASAFOTOPANORAMAJUAN RODRÍGUEZ LOISMATILDE CAREAGA MARTÍNEZPEDRO DE LLANOROCÍO ROMAR ROELXOSÉ M. ROSALES NOVES
ILUSTRACIÓNS
MIGUELANXO PRADO
TRATAMENTO DIXITAL DAS IMAXES
JUAN RODRÍGUEZ LOISXOSÉ MANUEL ROSALES NOVES
DESEÑO GRÁFICO E MAQUETACIÓN
AXENCIA GRÁFICA XANIÑO, A CORUÑA
REVISIÓN LINGÜÍSTICA DOS TEXTOS
HENRIQUE RABUÑAL CORGO
© AUTORES/AS DOS TEXTOS
© AUTORAS/ES DAS IMAXES
COORDINACIÓN E XESTIÓN DA EDICIÓN
AXENCIA GRÁFICA XANIÑO, A CORUÑA DECEMBRO 2008 O P
APE
L EC
OLÖ
XIC
O u
tili
zad
O n
a i
mpr
esió
n d
este
s m
ate
ria
is c
um
pre
cOa n
Orm
a d
e ca
lid
ad
e IS
O 9
001,
de
xes
tió
n a
mbi
enta
l IS
O 1
4001
, n
Orm
ati
va a
mbi
enta
l EM
AS,
cer
tifi
caci
ón
s PE
FC e
FSC
qu
e ga
ran
ten a
Ori
xe
sOst
ible
da m
ad
eira
uti
liza
da n
O s
eu p
rOce
sO d
e fa
bric
aci
ón,
sen
dO a
cel
ulO
sa u
tili
zad
a E
CF.
PROXECTOTERRA
39
ENTIDADES COLABORADORASCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
ASOCIACIÓN
SOCIO-PEDAGÓXICA
GALEGA
NOVAESCOLAGALEGA
Caderno
para
compartir
Cóidao