proxecto xornada Única - consellería de educación ......proxecto xornada Única curso 2014/15 1....

28
PROXECTO XORNADA ÚNICA CEIP LABARTA POSE DE BAIO CURSO 2014/15

Upload: others

Post on 26-Feb-2021

7 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PROXECTO XORNADA ÚNICA - Consellería de Educación ......PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15 1. INTRODUCIÓN A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para aimplantación

PROXECTO XORNADA ÚNICA

CEIP LABARTA POSE DE BAIO

CURSO 2014/15

Page 2: PROXECTO XORNADA ÚNICA - Consellería de Educación ......PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15 1. INTRODUCIÓN A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para aimplantación

PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15

1. INTRODUCIÓN

A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para a

implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ou mixta nas

escolas de educación infantil, colexios de educación infantil e

primaria, colexios rurais agrupados, centros públicos integrados,

centros de educación especial e centros privados concertados (DOG

nº 109 do 6 de xuño de 2008).

En base a esta orde o Claustro de profesores do CEIP Labarta Pose decide

facer a solicitude de xornada continuada, sabedor de que moitas familias

manifestaron en repetidas ocasións o desexo dun cambio de horario.

Somos conscientes de que un novo horario tampouco satisfará as

necesidades de todas as familias, que sería o desexable, mais na nosa

intención está adaptarnos á maioría polo que decidimos elaborar o

presente Proxecto Didáctico-Pedagóxico coas aportacións dos distintos

sectores da comunidade educativa.

Comezaremos facendo unha breve descrición do contexto

socioeconómico no que o CEIP LABARTA POSE está inmerso, para

continuar cos datos educativos do mesmo. Unha vez oídos todos os

sectores da comunidade educativa deste centro consideramos oportunos

incluír os obxectivos que se relatan nas páxinas seguintes, e en concreto no

punto 4.2., xa que son os motivos que xustifican a toma de decisión para

solicitude da implantación da xornada continuada no noso centro.

No punto 5 describimos a organización do centro, punto que vai seguido

do plan de actividades extraescolares propostas . A continuación, referimos

unha serie de vantaxes didáctico-pedagóxicas para sentir viable e axeitada

a implantación da xornada continuada en sesión de mañá e describimos

cómo foi levado a cabo o proceso para a solicitude que estamos a tramitar.

Rematamos cunha avaliación do proxecto e unha breve conclusión,

CEIP LABARTA POSE

Page 3: PROXECTO XORNADA ÚNICA - Consellería de Educación ......PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15 1. INTRODUCIÓN A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para aimplantación

PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15

anexando as actas das votacións dos sectores da comunidade educativa

implicados directamente –claustro de profesores, consello escolar e

pais/nais ou titores legais do alumnado do CEIP Labarta Pose.

2. ANÁLISE DO CONTEXTO

CARACTERÍSTICAS DO CONTORNO ESCOLAR

O CEIP “Labarta Pose” está situado na localidade de Baio, do Concello de

Zas, na comarca de Soneira (A Coruña). Esta localidade ten a peculiaridade de

atoparse dividida polo Río Grande en dúas partes, unha pertencente a Zas e

outra a Vimianzo.

O concello de Zas está situado na zona central da Costa da Morte e linda

cos municipios de Cabana de Bergantiños ao norte; Coristanco e Santa Comba

ao leste; Mazaricos ao sur e Vimianzo e Laxe ao oeste. É un territorio de forma

moi alongada na dirección norte-sur. Conta cun total de 16 parroquias e con

tres núcleos urbanos destacados, que son Baio, Zas e Brandomil.

O CEIP Labarta Pose, conta maioritariamente con alumnado empadroado

no Concello de Zas aínda que, aproximadamente, un terzo do mesmo

pertence ao Concello de Vimianzo e unha minoría ao Concello de Cabana de

Bergantiños.

É un Concello eminentemente agrícola e gandeiro, aínda que tamén hai

unha poboación adicada á industria, ao comercio e á hostalaría, concentrada,

sobre todo, en Baio. A capital municipal é a vila de Zas, situada a 9 quilómetros

de Baio.

CEIP LABARTA POSE

Page 4: PROXECTO XORNADA ÚNICA - Consellería de Educación ......PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15 1. INTRODUCIÓN A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para aimplantación

PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15

Nas últimas décadas, Baio converteuse na localidade con maior

desenvolvemento socioeconómico do Concello. Agás neste núcleo, na zona de

influencia do colexio a poboación distribúese proporcionalmente por todo o

territorio, presentando un tipo de poboamento espallado e polinuclear agrupado

en núcleos menores de 100 habitantes na meirande parte.

Baio, é unha vila cunha situación privilexiada, xa que está preto de dous

importantes núcleos urbanos, as cidades de A Coruña e de Santiago de

Compostela, cunha distancia de 60 quilómetros aproximadamente a ambas as

dúas.

CEIP LABARTA POSE

Page 5: PROXECTO XORNADA ÚNICA - Consellería de Educación ......PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15 1. INTRODUCIÓN A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para aimplantación

PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15

3. DATOS XERAIS DO CENTRO

Os datos xerais do centro son os que se amosan na seguinte táboa:

DENOMINACIÓN 1. CEIP LABARTA POSE

ENDEREZO 2. Rúa Mestre Platas, s/n CP 15150

LOCALIDADE 3. Baio

CONCELLO 4. Zas

PROVINCIA 5. A Coruña

CÓDIGO DO CENTRO 6. 15019086

C.I.F 7. Q 6555020 D

TELÉFONO/FAX 8. 981.718.052

CORREO

ELECTRÓNICO

9. [email protected]

O CEIP Labarta Pose acolle as etapas educativas de Educación Infantil

e Primaria, contando con 3 unidades de Educación Infantil e 6 unidades de

Educación Primaria.

En canto ao catálogo de postos de traballo, Orde do 07/07/2014 que

completa a Orde do 20/07/12, son os que se amosan na seguinte táboa:

PERSOAL DOCENTEEducación Infantil 4Educación Primaria 5Filoloxía Inglesa 1Filoloxía Francesa 1Educación Física 1Educación Musical 1

CEIP LABARTA POSE

Page 6: PROXECTO XORNADA ÚNICA - Consellería de Educación ......PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15 1. INTRODUCIÓN A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para aimplantación

PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15

EducaciónRelixiosa

1

PedagoxíaTerapéutica

1

Audición eLinguaxe

(compartida)

1

Departamento deOrientación(compartido)

1

TOTAL: 17

En canto ao persoal non docente, está formado por:

PERSOAL NON DOCENTE

Cociñeira 1

Axudante decociña

1

Persoal delimpeza

1

Coidador 1

CEIP LABARTA POSE

Page 7: PROXECTO XORNADA ÚNICA - Consellería de Educación ......PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15 1. INTRODUCIÓN A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para aimplantación

PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15

4. OBXECTIVOS

4.1.- OBXECTIVOS XERAIS

Ofertar aos alumnos e ás alumnas unha xornada escolar que favoreza a

mellora na calidade do ensino e a súa formación integral, optimizando os

períodos de maior nivel de atención, motivación e por tanto rendemento

para a formación escolar e persoal, e permitíndolles dispor de tempo

para outras actividades extraescolares igualmente importantes e

necesarias, favorecendo a conciliación da vida familiar, escolar e laboral.

Mellorar a calidade de vida dos distintos sectores da comunidade

educativa.

Favorecer a estabilidade do profesorado no centro asegurando a

continuidade de proxectos como o Plan Abalar, o Plan de Bibliotecas, o

Proxecto plurilingüe,... e calquera outro proxecto que requira

continuidade para o seu desenvolvemento.

Garantir unha xestión estable, a longo prazo, do centro educativo.

Potenciar ao máximo as aprendizaxes e a adquisición das

competencias básicas dos nosos alumnos e alumnas, así como a

formación permanente de todo o equipo docente.

4.2.- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

Ademais dos obxectivos fundamentais referidos no apartado anterior,

fixamos os seguintes obxectivos específicos, que dividimos en cinco grandes

bloques de obxectivos:

4.2.1.- REFERIDOS AO ALUMNADO

CEIP LABARTA POSE

Page 8: PROXECTO XORNADA ÚNICA - Consellería de Educación ......PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15 1. INTRODUCIÓN A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para aimplantación

PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15

- Mellorar o rendemento e os niveis atencionais que actualmente decaen

nas horas lectivas da tarde, posibilitando a posesión de tempo libre para

dedicar ao estudo individual e a realización de traballos de investigación que

completen a

formación adquirida nas aulas, tanto para o alumnado que utiliza o servizo de

transporte escolar coma para o que non o utiliza.

- Flexibilizar o horario na aula ao telo nun só bloque e non nos dous

actuais, coa problemática que presenta o horario de tarde despois das

comidas, debido ao cansazo dos nenos e nenas.

- Posibilitar o estudo persoal do alumnado, segundo os criterios da

psicoloxía evolutiva, facilitándolles o tempo necesario para a asimilación e

interiorización do seu traballo.

- Facilitar o desenvolvemento de actividades extraescolares a todo o

alumnado proporcionando espazos, horarios,… mellorando as posibilidades de

integración social ao dispor de máis tempo libre que lles permita participar en

actividades deportivas, artístico-musicais, sociais,... educando para un tempo

de lecer creativo e enriquecedor.

- Posibilitar o descanso do alumnado máis pequeno despois de xantar.

- Facilitar o paso ao instituto habituando aos alumnos e alumnas á

xornada única.

4.2.2.- REFERIDOS ÁS FAMILIAS

- Adecuar o horario de permanencia no Centro en función das

necesidades académicas, sociais, psicolóxicas, afectivas e de relación familiar

de cada grupo de alumnos e alumnas.

- Compatibilizar e unificar horarios entre os distintos membros da

unidade familiar.

- Facilitar a organización do tempo por parte das familias das alumnas e

alumnos, e do profesorado, evitando as perdas deste derivadas dos CEIP LABARTA POSE

Page 9: PROXECTO XORNADA ÚNICA - Consellería de Educación ......PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15 1. INTRODUCIÓN A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para aimplantación

PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15

desprazamentos sistemáticos ao centro pola mañá e pola tarde, favorecendo

así o incremento da convivencia familiar.

- Posibilitar o aumento do tempo de estancia no entorno familiar durante

as tardes.

- Facilitar a posibilidade de elixir o horario de incorporación dos nenos e

das nenas ás actividades extraescolares, de ser o caso.

4.2.3.- REFERIDOS AO PERSOAL DOCENTE

- Facilitar ao profesorado a asistencia a actividades de formación e a

preparación das sesións docentes, repercutindo favorablemente na práctica

docente e na elaboración de materiais.

- Optimizar o traballo de coordinación do profesorado na realización de

reunións e actividades de programación.

- O profesorado terá a posibilidade de coordinarse cos monitores de

algunhas actividades extraescolares para seguir unha liña común de traballo

que sirva de complemento de reforzo, afianzamento e ampliación na formación

do noso alumnado.

4.2.4.- REFERIDOS Á ORGANIZACIÓN DO CENTRO

- Impulsar a intervención e participación no conxunto da comunidade

educativa na marcha do Centro.

- Aproveitar mellor todos os recursos e infraestruturas dos que dispón o centro.

- Dinamizar o uso da Biblioteca Escolar, ao permanecer aberta fóra do

horario lectivo, facilitando a lectura, estudo,... estando supervisados por

profesorado do centro.

CEIP LABARTA POSE

Page 10: PROXECTO XORNADA ÚNICA - Consellería de Educación ......PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15 1. INTRODUCIÓN A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para aimplantación

PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15

- Facilitar a organización familiar mantendo o centro aberto de 9:30 horas

da mañá ata as 17:30 horas da tarde.

4.2.5.- REFERIDOS ÁS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E

TEMPOS DE LECER

- Favorecer a programación e desenvolvemento de actividades

extraescolares nun horario de tarde axeitado ás necesidades dos alumnos e

das alumnas.

- Facilitar no centro a realización de actividades programadas pola

ANPA, o Concello de Zas e o propio colexio, optimizando así o uso das

instalacións.

- Colaborar con calquera entidade que promova iniciativas culturais que

poidan ter proxección educativa e repercutan de xeito favorable na mellor

formación do alumnado do centro, de maneira especial co Concello, coa ANPA

e coas entidades culturais de ámbito local.

5. ORGANIZACIÓN DO CENTRO

5.1.- AGRUPAMENTO DO ALUMNADO

ETAPA CURSO Nº ALUMNOS/AS TOTAL

ED. INFANTIL

3 ANOS 15

444 ANOS 13

5 ANOS 16

ED. PRIMARIA

1º 14

93

2º 14

3º 24

4º 16

5º 11

6º 14

CEIP LABARTA POSE

Page 11: PROXECTO XORNADA ÚNICA - Consellería de Educación ......PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15 1. INTRODUCIÓN A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para aimplantación

PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15

5.2.- ORGANIZACIÓN DO PROFESORADO

Consideramos que a organización do profesorado é fundamental no

funcionamento do centro para a consecución duns obxectivos comúns; por iso

é necesario unha coordinación pedagóxica en materia de programación,

avaliación e recuperación de alumnos.

As diferentes reunións do profesorado (claustros, reunións de ciclos,

equipos...) así como as titorías para atender ás familias levaranse a cabo

durante unha tarde semanal (martes) en horario de 15:30 a 18:30.

Os equipos de ciclo, de acordo co Plan Xeral Anual e co Claustro de

mestres, elaborarán a programación vertical para cada área e para os distintos

cursos; avaliarán periodicamente os resultados da súa aplicación, establecendo

as medidas correctoras que procedan; deseñarán, elaborarán e proporán a

adquisición de material didáctico que precise o centro; proporán a adquisición

de libros de texto axeitados para a aplicación da programación elaborada e

proporán á Administración educativa a organización de actividades de

actualización didáctica do profesorado.

Serán competencias de cada un dos órganos de coordinación docente

aquelas que establece o Decreto 374/1996, de 17 de outubro, polo que se

establece o regulamento das escolas de educación infantil, e dos colexios de

educación primaria.

Por outra banda, faranse quendas de profesorado que supervisará todos os

días o desenvolvemento das actividades extraescolares que se realizarán nas

instalacións do centro.

Por último, o profesorado asumirá tamén as gardas de transporte tal como

recolle a orde do 23 de xuño de 2011 pola que se regula a xornada de traballo

do persoal funcionario e laboral docentes.

CEIP LABARTA POSE

Page 12: PROXECTO XORNADA ÚNICA - Consellería de Educación ......PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15 1. INTRODUCIÓN A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para aimplantación

PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15

5.3.- ÓRGANOS DE GOBERNO

5.3.1.- ÓRGANOS DE GOBERNO UNIPERSONAIS

DIRECTORA

MARÍA JESUS LÓPEZ AÑÓN

XEFA DE ESTUDOS

BEATRIZ ROMERO GÓMEZ

SECRETARIA

MARTA CANTO SOUTO

5.3.2.- ÓRGANOS DE GOBERNO COLEXIADOS

O Claustro de profesores está composto polos mestres e mestras que

desenvolven o seu labor docente no CEIP Labarta Pose, e que se enumeran

no seguinte cadro:

CLAUSTRO DE PROFESORES

PATRICIA OANES MATO PAULA BARTOLOMÉ FERNÁNDEZ

MONICA LÓPEZ JUL ALBERTO PERNAS PÉREZ

JOSE MANUEL SANTOS MIÑONES ISABEL DE LA CRUZ CENAMOR

BEATRIZ ROMERO GÓMEZ SINDA CUNDÍNS CAAMAÑO

CRISTINA GARCÍA SEOANE VERÓNICA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

MARGARITA CAMPOS ESPIÑO MARTA CANTO SOUTO

CEIP LABARTA POSE

Page 13: PROXECTO XORNADA ÚNICA - Consellería de Educación ......PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15 1. INTRODUCIÓN A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para aimplantación

PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15

JOSÉ MANUEL MADERA GARCÍA SANDRA LEMA OZÓN

XAQUÍN RAMA MATO MARÍA JESÚS LÓPEZ AÑÓN

O Consello Escolar é o órgano de xestión a través do cal participan os distintos

sectores da comunidade educativa:

CONSELLO ESCOLAR

DIRECTORA MARÍA JESÚS LÓPEZ AÑÓN

XEFA DE ESTUDOSBEATRIZ ROMERO GÓMEZ

SECRETARIAMARTA CANTO SOUTO

REPRESENTANTES

PROFESORADO

PATRICIA OANES MATO

XAQUÍN RAMA MATO

ISABEL DE LA CRUZ CENAMOR

VERÓNICA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

SINDA CUNDÍNS CAAMAÑO

REPRESENTANTES PAIS/NAIS

Mª TERESA LEMA RAMA

BELINDA COSTA NÚÑEZ

Mª JOSÉ MARTÍNEZ AMEIJEIRAS

ARACELI MÉNDEZ PEREIRA(ANPA)

MARTINA RODRÍGUEZ CANAY

REPRESENTANTE CONCELLO ÓSCAR LEMA ROMERO

REPRESENTANTE PERSOAL NON

DOCENTESILVIA Mª MIRA DEVESA

CEIP LABARTA POSE

Page 14: PROXECTO XORNADA ÚNICA - Consellería de Educación ......PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15 1. INTRODUCIÓN A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para aimplantación

PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15

5.4.- HORARIO

O horario lectivo do CEIP Labarta Pose vense desenvolvendo de 10:00 a 13:00

horas na sesión de mañá, e de 15:00 a 17:00 horas na sesión da tarde.

A estrutura e concreción do horario actual reflíctese no seguinte cadro:

09:50-10:00 Entrada ó centro de todo o

alumnado

Tranporte (só usuarios)

10:00-10:50 Primeria sesión

Horario lectivo

10:50-11:40 Segunda sesión

11:40-12:10 Recreo

12:10-13:00 Terceira sesión

13:00-14:00 Comedor

14:00-15:00 Tempo de lecer

15:00-15:20 Hora de ler

Horario lectivo15:20-16:10 Cuarta sesión

16:10-17:00 Quinta sesión

17:00-17:10 Saída do centro de todo o

alumnado

Transporte (só usuarios)

Neste horario o profesorado fai as reunións e a atención ás familias de 13:00

a 14:00. Así mesmo as gardas de transporte fanse desde a incorporación do

alumnado ao centro ata a entrada nas aulas e desde a saída das mesmas ata

que arrancan os autobuses.

CEIP LABARTA POSE

Page 15: PROXECTO XORNADA ÚNICA - Consellería de Educación ......PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15 1. INTRODUCIÓN A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para aimplantación

PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15

O horario que se propón para a xornada continuada en sesión única de mañá

sería o seguinte:

09:20-9:30 Entrada ó centro de todo o

alumnado

Tranporte (só usuarios)

9:30-10:20 Primeria sesión

Horario lectivo

10:20-11:10 Segunda sesión

11:10-12:00 Terceira sesión

12:00-12:30 Recreo

12:30-12:50 Hora de ler

12:50-13:40 Cuarta sesión

13:40-14:30 Quinta sesión

14:30-15:30 Comerdor Comedor (só usuarios)

15:30-15-40 Saída do centro do alumnado

que non asista a actividades

Transporte (só usuarios)

15:30-16:30 Primeira quenda de

actividades(centro, concello,

ANPA)Actividades voluntarias

ofertadas ás que pode acceder

todo o alumnado usen ou non o

comedor.

16:30-17:30 Segunda quenda de

actividades(centro, concello,

ANPA

Neste horario o profesorado faría as reunións e a atención ás familias na

tarde dos martes, con permanencia de todo o profesorado no centro.

CEIP LABARTA POSE

Page 16: PROXECTO XORNADA ÚNICA - Consellería de Educación ......PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15 1. INTRODUCIÓN A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para aimplantación

PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15

Por outra banda, as gardas de transporte faríanse antes do comezo do das

actividades lectivas e unha vez rematado o servizo de comedor.

Todos os días habería algúns profesores no centro que supervisarían o

desenvolvemento das actividades extraescolares, comprobando que o

alumnado asista ás mesmas.

5.5.- ACCIÓN TITORIAL

Esta función, esencial no proceso educativo, desenvolverase en varias

vertentes diferenciadas segundo os destinatarios:

a) Acción titorial referida ao alumnado

No seo dos Equipos de Ciclo tomaranse as medidas oportunas para a

toma de decisións encamiñadas á mellora do proceso de ensinanza e

aprendizaxe.

b) Acción titorial referida ás familias

Tentarase afondar nunha máis estreita colaboración entre a escola e as

familias, único xeito eficaz para acadar plenamente os principais obxectivos

educativos.

O horario de visitas, para informalos do proceso de aprendizaxe dos

seus fillos e da súa asistencia ás actividades escolares, concretarase a

comezos do curso. Deberá coincidir co día fixado como de permanencia de

todo o profesorado no centro(martes), en horario de 15:30 a 18:30 horas e a

razón de unha hora semanal. Se por algunha circunstancia extraordinaria,

algún pai/nai non puidera vir nese horario, o respectivo titor/a trataría de

establecer outro horario alternativo dentro das horas dispoñibles.

Os mestres titores celebrarán unha reunión, cos pais/nais do seu

alumnado, a principios de curso, que servirá para presentarse e informarlles

CEIP LABARTA POSE

Page 17: PROXECTO XORNADA ÚNICA - Consellería de Educación ......PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15 1. INTRODUCIÓN A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para aimplantación

PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15

sobre todas aquelas cuestións que se consideren de especial interese para

contribuír a mellorar a calidade do proceso educativo e afondar na colaboración

entre a escola e as familias. Recibirán información sobre horarios, plan de

traballo do curso, tempo de estudo, vías de comunicación familia-escola,

actividades extraescolares, criterios de avaliación...

c) Acción titorial referida aos mestres e mestras

- Preparar e consensuar unha Acción Titorial para todo o curso,

precisando os aspectos que implican ao titor.

- Coñecer o Proxecto Educativo de Centro, para adquirir unha visión de

cara onde camiñamos.

- Transmitir ao resto de mestres e mestras informacións sobre os

alumnos e as alumnas que podan ser útiles no desenvolvemento das súas

tarefas docentes.

- Establecer canles de actuación e de colaboración cos demais titores,

sobre todo cos do mesmo ciclo e nivel.

d) Acción titorial referida ao Departamento de Orientación

- Establecer pautas para a realización dos apoios educativos e das

adaptacións curriculares.

- Coordinar actividades conxuntas co alumnado con necesidades

específicas de apoio educativo.

- Axudar no desenvolvemento de habilidades sociais.

5.6.- TRANSPORTE

Coa implantación da xornada continuada non se verán modificadas as

rutas do transporte escolar, según o horario proposto no punto 5.4.

O Servizo Técnico de Transportes da Delegación Provincial da

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de A Coruña, tras un

CEIP LABARTA POSE

Page 18: PROXECTO XORNADA ÚNICA - Consellería de Educación ......PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15 1. INTRODUCIÓN A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para aimplantación

PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15

estudio das rutas do transporte do CEIP Labarta Pose, emitiu un informe

favorable, considerando viable a posibilidade de desenvolver este servizo no

novo horario proposto.

5.7.- SERVIZO DE COMEDOR

Dado que o servizo de comedor é de xestión directa da Consellería de

Educación e Ordenación Universitaria, este servizo vaise seguir mantendo nas

mesmas condicións que ata agora, e en todo caso dacordo coas instrucións

recibidas cada curso desde a Consellería.

Tan só se modificará a hora da comida para adaptarse ao novo horario

exposto no punto 5.4.

6. PLAN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

As actividades que se propoñen pretenden un mellor aproveitamento do

tempo libre para contribuír a mellorar a formación integral dos alumnos e

alumnas, abarcando aqueles aspectos que os programas escolares non

contemplan suficientemente. Respectarán as necesidades de xogo, descanso e

convivencia familiar, e na súa programación teranse en conta as características

dos alumnos e das alumnas aos que se dirixe.

Posuirán, ademais, as seguintes características:

Carácter voluntario.

Abertas a tódolos alumnos e alumnas do Centro.

Non terán carácter discriminatorio.

Acordes co Proxecto Educativo.

Estarán recollidas no Programación Xeral Anual do Centro.

CEIP LABARTA POSE

Page 19: PROXECTO XORNADA ÚNICA - Consellería de Educación ......PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15 1. INTRODUCIÓN A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para aimplantación

MODELO DE OFERTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

15:30 - 16:30

Todos Biblioteca Todos Bailes de

salón A Todos Biblioteca Todos Biblioteca Todos Biblioteca

EI Psicomotricidade EI Informática EI Psicomotricidade EI Informática EI Deporte 1

ciclo Informática

ciclo Zumba

ciclo Informática 1º ciclo Deporte 1

ciclo Zumba

ciclo Inglés

ciclo Xadrez

ciclo Deporte 1 2º ciclo Inglés

ciclo Xadrez

ciclo Xadrez

ciclo Deporte 1

ciclo Inglés 3º ciclo Xadrez

ciclo Inglés

16:30 - 17:30

Todos Biblioteca Todos Bailes de

salón B Todos Biblioteca Todos Biblioteca Todos Biblioteca

EI Xadrez EI Deporte 2 EI Inglés EI Xadrez EI Inglés

ciclo Inglés

ciclo Xadrez

ciclo Deporte 2 1º ciclo Inglés

ciclo Xadrez

ciclo Zumba

ciclo Informática

ciclo Zumba 2º ciclo Informática

ciclo Deporte 2

ciclo Informática

ciclo Zumba

ciclo Informática 3º ciclo Deporte 2

ciclo Zumba

OBSERVACIÓNS VARIAS

Estas actividades son un exemplo orientativo. As actividades definitivas serán organizadas

segundo as preferencias da maioría das familias, de acordo cos resultados das enquisas que

se levarían a cabo antes de que finalizase o presente curso escolar.

En todo caso, calquera proposta de actividade deberá contar cun número mínimo de

participantes para poder realizarse.

O custo das actividades dependerá do número de asistentes e os socios da ANPA

beneficiaranse de descontos.

Todas as actividades estarán impartidas por monitores ou profesores coa titulación esixida e

terán contratos en regra.

As actividades "deporte 1" e "deporte 2" están pensadas para ser actividades das que na

actualidade oferta o Concello (patinaxe, escolas deportivas...). Se non fose posible o cambio

de horario, esas horas serían asumidas pola ANPA, que ofertaría máis actividades.

Page 20: PROXECTO XORNADA ÚNICA - Consellería de Educación ......PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15 1. INTRODUCIÓN A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para aimplantación

ACTIVIDADE GRUPO E HORARIO ORGANIZACIÓN CUSTO

Informática

EI Martes e xoves 15:30 -

16:30

ANPA Importe variable según o

número de asistentes

1º ciclo Luns e mércores 15:30

- 16:30

2º ciclo Martes e xoves 16:30 -

17:30

3º ciclo Luns e mércores 16:30

- 17:30

Xadrez

EI Martes e venres 16:30 -

17:30

ANPA Importe variable según o

número de asistentes

1º ciclo Luns e xoves 16:30 -

17:30

2º ciclo Martes e venres 15:30 -

16:30

3º ciclo Luns e xoves 15:30 -

16:30

Psicomotricidade (infantil)

Zumba (primaria)

EI Luns e mércores 15:30

- 16:30

ANPA Importe variable según o

número de asistentes

1º ciclo Martes e venres 15:30 -

16:30

2º ciclo Luns e mércores 16:30

- 17:30

3º ciclo Martes e venres 16:30 -

17:30

Inglés

EI Mércores e venres

16:30 - 17:30

ANPA Importe variable según o

número de asistentes

1º ciclo Luns e xoves 16:30 -

17:30

2º ciclo Mércores e venres

15:30 - 16:30

3º ciclo Luns e xoves 15:30 -

16:30

Deporte 1

EI Venres 15:30 - 16:30

Concello Gratuita 1º ciclo Xoves 15:30 - 16:30

2º ciclo Mércores 15:30 - 16:30

3º ciclo Martes 15:30 - 16:30

Deporte 2

EI Martes 16:30 - 17:30

Concello Gratuita 1º ciclo Mércores 16:30 - 17:30

2º ciclo Venres 16:30 - 17:30

3º ciclo Xoves 16:30 - 17:30

Bailes de salón Grupo A Martes 15:30 - 16:30

ANPA Importe variable según o

número de asistentes Grupo B Martes 16:30 - 17:30

Page 21: PROXECTO XORNADA ÚNICA - Consellería de Educación ......PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15 1. INTRODUCIÓN A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para aimplantación

ACTIVIDADES OFERTADAS A CADA CICLO (EXEMPLO)

INFANTIL LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

15:30 -

16:30

Biblioteca Bailes de salón A Biblioteca Biblioteca Biblioteca

Psicomotric

idade Informática Psicomotricidade Informática Deporte 1

16:30 -

17:30

Biblioteca Bailes de salón B Biblioteca Biblioteca Biblioteca

Xadrez Deporte 2 Inglés Xadrez Inglés

CICLO LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

15:30 -

16:30

Biblioteca Bailes de salón A Biblioteca Biblioteca Biblioteca

Informática Zumba Informática Deporte 1 Zumba

16:30 -

17:30

Biblioteca Bailes de salón B Biblioteca Biblioteca Biblioteca

Inglés Xadrez Deporte 2 Inglés Xadrez

CICLO LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

15:30 -

16:30

Biblioteca Bailes de salón A Biblioteca Biblioteca Biblioteca

Inglés Xadrez Deporte 1 Inglés Xadrez

16:30 -

17:30

Biblioteca Bailes de salón B Biblioteca Biblioteca Biblioteca

Zumba Informática Zumba Informática Deporte 2

CICLO LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

15:30 -

16:30

Biblioteca Bailes de salón A Biblioteca Biblioteca Biblioteca

Xadrez Deporte 1 Inglés Xadrez Inglés

16:30 -

17:30

Biblioteca Bailes de salón B Biblioteca Biblioteca Biblioteca

Informática Zumba Informática Deporte 2 Zumba

Page 22: PROXECTO XORNADA ÚNICA - Consellería de Educación ......PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15 1. INTRODUCIÓN A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para aimplantación

PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15

6.1.- OBSERVACIÓNS

As actividades anteriores amósanse como modelo pero sen carácter

definitivo. Poderanse ofertar outras distintas (francés, coro, patinaxe, etc), en

función das enquisas que se farán as familias, pero sempre que conten con un

número mínimo de nenos/as.

Todas as persoas que impartan algunha actividade serán legalmente

contratadas, con seguro e titulación precisa.

As actividades xestionadas pola ANPA terán un custe mesual que

dependerá do número de asistentes e da condición de socio ou non socio da

ANPA.

Todas as actividades realizaranse nas instalación do colexio ou no pavillón

municipal e serán supervisadas polo profesorado que por quendas

permanecerá no centro todas as tardes.

A biblioteca será atendida polo profesorado de garda, con presenza na

mesma pero non con función docente.

As actividades gratuitas ofertadas actualmente polo Concello, intentarán

adiantarse para adaptarse ao novo horario.

O alumnado pode asistir a unha ou dúas actividades diarias, en función dos

seus intereses e previa inscripción nas mesmas. En función disto, o alumnado

pode sair do centro nos seguintes horarios:

_ 14:30 : se non é usuario do comedor e non asiste a ningunha actividade.

_ 15:30: se é usuario de comedor e non asiste a ningunha actividade. A esta

hora o autobús fará o percorrido habitual.

_ 16:30: Se asiste a primeira actividade sexa ou non usuario de comedor.

_ 17:30: se asistiu a dúas actividades ou a última delas.

CEIP LABARTA POSE

Page 23: PROXECTO XORNADA ÚNICA - Consellería de Educación ......PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15 1. INTRODUCIÓN A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para aimplantación

PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15

Está previsto a realización dunha enquisa, a finais deste curso, que recolla

os intereses das famiias en canto as actividades a realizar, de cara a organizar

as actividades do vindeiro curso.

7. VANTAXES DO NOVO HORARIO

Ademais dos puntos expostos na introdución e na concreción dos obxectivos

as razóns e as vantaxes polas que se propón o cambio de horario son as

seguintes:

Aumentar o rendemento académico do alumnado entendendo que as

horas da mañá aseguran un mellor rendemento académico, cun maior

nivel de atención e motivación, con máis capacidade de concentración e

rendemento intelectual.

Posibilitar o estudo persoal do alumnado, segundo os criterios da

psicoloxía evolutiva, facilitándolles o tempo necesario para a asimilación

e interiorización do seu propio traballo.

Aproveitar o tempo real de traballo dentro da aula, xa que se eliminan

moitos tempos ou momentos repetitivos de entradas e saídas. Ademais,

está comprobado pedagoxicamente que este horario continuado

optimiza os resultados académicos.

Posibilitar o descanso do alumnado máis pequeno despois de xantar.

Facilitar a organización do tempo por parte das familias das alumnas e

alumnos, e do profesorado, evitando as perdas deste derivadas dos

desprazamentos sistemáticos ao centro pola mañá e pola tarde,

favorecendo o incremento da convivencia familiar.

Aumentar o tempo dispoñible do alumnado para acadar unha formación

integral que inclúa diversos ámbitos: académico, formativo, social,

psicolóxico, afectivo e de relación familiar do alumno e da familia.

CEIP LABARTA POSE

Page 24: PROXECTO XORNADA ÚNICA - Consellería de Educación ......PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15 1. INTRODUCIÓN A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para aimplantación

PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15

Participar nas actividades de educación non formal ofertadas no

Concello e bisbarra (conservatorios, escolas de música, escolas

deportivas, actividades extraescolares...), permitindo adiantar o inicio

destas e facilitando que o alumnado dispoña de tempo suficiente para

realizar a súas tarefas escolares e tempo libre para o ocio.

Aproveitar mellor todos os recursos e infraestruturas dos que dispón o

centro.

Dinamizar o uso da Biblioteca Escolar ao permanecer aberta fóra do

horario lectivo, facilitando a lectura, consulta de información, o estudo,

xogos educativos... e estando vixiadas por profesorado do centro.

Aumentar o tempo disponible do alumnado para xogar ao ter a

posibilidade de chegar sempre de día á casa e poder permanecer nela

as tardes que a familia estime conveniente. O xogo tamén é un factor

educativo fundamental dentro do desenvolvemento do neno/a.

Favorecer a estabilidade do profesorado no centro asegurando a

continuidade de proxectos como o Plan Abalar, o Plan de Bibliotecas, o

Proxecto Sección bilingüe,...e calquera outro proxecto que requira

continuidade para o seu desenvolvemento.

Optimizar as tarefas do profesorado nos períodos non lectivos, ao dispor

dun tempo máis axeitado para planificar o seu traballo, elaborar

materiais, asistir a reunións, actividades de formación, cursos de

perfeccionamento, atender aos pais e nais,...; repercutindo todo elo

favorablemente na práctica docente.

Todas as razóns expostas pretenden mellorar o rendemento académico.

Os alumnos e as alumnas terán a posibilidade, en función da idade e das súas

características, de programar o tempo que necesiten para realizar traballos de

estudio e investigación, utilizando tardes completas se o precisan.

Entendemos que este modelo responde ás expectativas que poden ter

os alumnos e as alumnas deste centro e que da súa aplicación se derivará

CEIP LABARTA POSE

Page 25: PROXECTO XORNADA ÚNICA - Consellería de Educación ......PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15 1. INTRODUCIÓN A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para aimplantación

PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15

unha importante mellora na súa formación integral que é o obxectivo que

perseguimos.

8. PROCEDEMENTO SEGUIDO PARA A SOLICITUDE

Segundo a Orde do 29 de maio de 2008, os pasos a seguir son os

seguintes:

Elaboración dun proxecto de xornada continuada, no que se inclúa un

plan específico de actividades extraescolares.

Aprobación por parte do Claustro de Profesores, por maioría de tres

quintos dos seus membros.

Aprobación por parte do Consello Escolar, por maioría dos tres quintos

dos seus membros.

Contar co informe favorable do servizo de transportes da Xefatura

Territorial.

Fase de información ás familias, un mes antes de realizar as

votacións.

Exposición do Censo de pais/nais ou titores legais.

Prazo de reclamacións ao censo.

Sorteo público dos membros da mesa electoral (2 pais/nais/titores

legais).

Votación por parte dos pais/nais ou titores legais, onde o proxecto terá

que ser aprobado polo 58% do censo, emitíndose un voto por unidade

familiar. Periodo de votación de mínimo 8 horas. Reconto público dos

votos rematadas as mesmas.

Entrega na Xefatura Territorial do proxecto, actas das votacións e o

informe favorable do servizo de transportes.

O procedemento levado a cabo durante o curso escolar 2014/15 para a

CEIP LABARTA POSE

Page 26: PROXECTO XORNADA ÚNICA - Consellería de Educación ......PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15 1. INTRODUCIÓN A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para aimplantación

PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15

solicitude da implantación da xornada única en sesión continuada de mañá

para o vindeiro curso 2015/16, seguindo as directrices da Orde do 29 de maio

de 2008 foi o seguinte:

Novembro, 2014 O Claustro de profesores aproba a iniciativa de modificación dexornada.

Novembro, 2014 Consulta de lexislación e bibliografíaDecembro, 2014 Elaboración do Proxecto Pedagóxico-Didáctico16 de xaneiro, 2015 Votación Claustro de profesores16 de xaneiro, 2015 Votación Consello Escolar

16 de xaneiro, 2015Entrega no rexistro da Delegación Provincial de A Coruña dasolicitude para a tramitación do informe e viabilidade do ServizoTécnico de Transportes

11 de marzo, 2015Recepción do informe de viabilidade do Servizo Técnico deTransportes da Xefatura Territorial l de A Coruña

23 de marzo 2015O Proxecto Pedagóxico-Didáctico difúndese e dáse a coñecer atoda a comunidade educativa.

Do 23 de marzo ao 13 deabril de 2015

Exposición das listas do censo do CEIP LABARTA POSE.

Do 14 de abril ao 20 de

abril de 2015Reclamacións ao censo.

20 de abril de 2015 Aprobación do censo e publicación do censo definitivo20 de abril de 2015 Sorteo público dos membros da mesa electoral.Do 23 de marzo ao 23de abril de 2015

Fase de información ás familias.

28 de abril de 2015 Votacións dos pais/nais ou titores legais.

30 de abril de 2015Remitir a documentación solicitada á Xefatura Territorial de ACoruña.

9. AVALIACIÓN E SEGUEMENTO DO PROXECTO

Dacordo coa lexislación vixente, de efectuarse un cambio de horario no noso

centro, este non podería volver a modificarse durante 3 cursos consecutivos.

Durante este tempo sería necesario levar a cabo un seguimento do proxecto

a través de distintos instrumentos e procedementos de avaliación que ao

CEIP LABARTA POSE

Page 27: PROXECTO XORNADA ÚNICA - Consellería de Educación ......PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15 1. INTRODUCIÓN A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para aimplantación

PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15

mesmo tempo se converteran en mecanismos de control da súa eficacia e

elementos necesarios para formular as propostas de mellora cara aos

seguintes cursos escolares.

O equipo directivo fará un seguimento deste proxecto, facendo as

modificacións e melloras precisas para o seu correcto desenvolvemento. Para

iso trimestralmente, a través do Consello Escolar, nas súas reunións

ordinarias, recollerá as suxerencias e aportacións de todos os sectores da

Comunicade Educativa xa que neste órgano colexiado atópanse

representados todos estes sectores. Ademais, se fose preciso, e ante calquer

problema que poida xurdir faranse as reunións extraordinarias necesarias do

Consello Escolar.

Anualmente, na Memoria Anual, recollaranse as valoracións do proxecto, feitas

polo Consello Escolar trimestralmente así como as propostas de mellora que,

de habelas, deberán levarse a cabo no curso seguinte.

10. CONCLUSIÓN

A xornada continua ofrece aos alumnos/as e ás familias os mesmos ser-

vizos que a xornada partida e incluso máis, xa que a oferta de actividades nes-

te tipo de xornada é maior e máis variada, o que complementa a formación do

noso alumnado.

A escola ofrece deste xeito unha formación integral, que non remata no

horario académico, senón que continúa en horario extraescolar con actividades

que contribuen a completar dita formación.

Co modelo do noso proxecto educativo de xornada continuada podemos

afirmar que este horario non supón unha fatiga escolar nin unha baixada no

rendemento dos alumnos/as, xa que a distribución das áreas é axeitada e os

CEIP LABARTA POSE

Page 28: PROXECTO XORNADA ÚNICA - Consellería de Educación ......PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15 1. INTRODUCIÓN A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para aimplantación

PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15

descansos tanto en Educación Infantil como en Educación Primaria están ben

distribuidos. Impártense as clases no horario de máximo rendemento do

alumno/a, cando a súa capacidade de aprendizaxe é maior.

Contamos coas experiencias en outros centros educativos, que neste

curso escolar e en anos anteriores, tiveron este tipo de xornada, e foron positi -

vas.Somos conscientes de que modificar o horario non vai ser a panacea

para poder resolver todos os problemas educativos existentes, pero no noso

ánimo está mellorar a situación do noso centro.

CEIP LABARTA POSE