PROXECTO XORNADA ÚNICA
CEIP LABARTA POSE DE BAIO
CURSO 2014/15
PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15
1. INTRODUCIÓN
A Orde do 29 de maio de 2008 establece o procedemento para a
implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ou mixta nas
escolas de educación infantil, colexios de educación infantil e
primaria, colexios rurais agrupados, centros públicos integrados,
centros de educación especial e centros privados concertados (DOG
nº 109 do 6 de xuño de 2008).
En base a esta orde o Claustro de profesores do CEIP Labarta Pose decide
facer a solicitude de xornada continuada, sabedor de que moitas familias
manifestaron en repetidas ocasións o desexo dun cambio de horario.
Somos conscientes de que un novo horario tampouco satisfará as
necesidades de todas as familias, que sería o desexable, mais na nosa
intención está adaptarnos á maioría polo que decidimos elaborar o
presente Proxecto Didáctico-Pedagóxico coas aportacións dos distintos
sectores da comunidade educativa.
Comezaremos facendo unha breve descrición do contexto
socioeconómico no que o CEIP LABARTA POSE está inmerso, para
continuar cos datos educativos do mesmo. Unha vez oídos todos os
sectores da comunidade educativa deste centro consideramos oportunos
incluír os obxectivos que se relatan nas páxinas seguintes, e en concreto no
punto 4.2., xa que son os motivos que xustifican a toma de decisión para
solicitude da implantación da xornada continuada no noso centro.
No punto 5 describimos a organización do centro, punto que vai seguido
do plan de actividades extraescolares propostas . A continuación, referimos
unha serie de vantaxes didáctico-pedagóxicas para sentir viable e axeitada
a implantación da xornada continuada en sesión de mañá e describimos
cómo foi levado a cabo o proceso para a solicitude que estamos a tramitar.
Rematamos cunha avaliación do proxecto e unha breve conclusión,
CEIP LABARTA POSE
PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15
anexando as actas das votacións dos sectores da comunidade educativa
implicados directamente –claustro de profesores, consello escolar e
pais/nais ou titores legais do alumnado do CEIP Labarta Pose.
2. ANÁLISE DO CONTEXTO
CARACTERÍSTICAS DO CONTORNO ESCOLAR
O CEIP “Labarta Pose” está situado na localidade de Baio, do Concello de
Zas, na comarca de Soneira (A Coruña). Esta localidade ten a peculiaridade de
atoparse dividida polo Río Grande en dúas partes, unha pertencente a Zas e
outra a Vimianzo.
O concello de Zas está situado na zona central da Costa da Morte e linda
cos municipios de Cabana de Bergantiños ao norte; Coristanco e Santa Comba
ao leste; Mazaricos ao sur e Vimianzo e Laxe ao oeste. É un territorio de forma
moi alongada na dirección norte-sur. Conta cun total de 16 parroquias e con
tres núcleos urbanos destacados, que son Baio, Zas e Brandomil.
O CEIP Labarta Pose, conta maioritariamente con alumnado empadroado
no Concello de Zas aínda que, aproximadamente, un terzo do mesmo
pertence ao Concello de Vimianzo e unha minoría ao Concello de Cabana de
Bergantiños.
É un Concello eminentemente agrícola e gandeiro, aínda que tamén hai
unha poboación adicada á industria, ao comercio e á hostalaría, concentrada,
sobre todo, en Baio. A capital municipal é a vila de Zas, situada a 9 quilómetros
de Baio.
CEIP LABARTA POSE
PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15
Nas últimas décadas, Baio converteuse na localidade con maior
desenvolvemento socioeconómico do Concello. Agás neste núcleo, na zona de
influencia do colexio a poboación distribúese proporcionalmente por todo o
territorio, presentando un tipo de poboamento espallado e polinuclear agrupado
en núcleos menores de 100 habitantes na meirande parte.
Baio, é unha vila cunha situación privilexiada, xa que está preto de dous
importantes núcleos urbanos, as cidades de A Coruña e de Santiago de
Compostela, cunha distancia de 60 quilómetros aproximadamente a ambas as
dúas.
CEIP LABARTA POSE
PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15
3. DATOS XERAIS DO CENTRO
Os datos xerais do centro son os que se amosan na seguinte táboa:
DENOMINACIÓN 1. CEIP LABARTA POSE
ENDEREZO 2. Rúa Mestre Platas, s/n CP 15150
LOCALIDADE 3. Baio
CONCELLO 4. Zas
PROVINCIA 5. A Coruña
CÓDIGO DO CENTRO 6. 15019086
C.I.F 7. Q 6555020 D
TELÉFONO/FAX 8. 981.718.052
CORREO
ELECTRÓNICO
O CEIP Labarta Pose acolle as etapas educativas de Educación Infantil
e Primaria, contando con 3 unidades de Educación Infantil e 6 unidades de
Educación Primaria.
En canto ao catálogo de postos de traballo, Orde do 07/07/2014 que
completa a Orde do 20/07/12, son os que se amosan na seguinte táboa:
PERSOAL DOCENTEEducación Infantil 4Educación Primaria 5Filoloxía Inglesa 1Filoloxía Francesa 1Educación Física 1Educación Musical 1
CEIP LABARTA POSE
PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15
EducaciónRelixiosa
1
PedagoxíaTerapéutica
1
Audición eLinguaxe
(compartida)
1
Departamento deOrientación(compartido)
1
TOTAL: 17
En canto ao persoal non docente, está formado por:
PERSOAL NON DOCENTE
Cociñeira 1
Axudante decociña
1
Persoal delimpeza
1
Coidador 1
CEIP LABARTA POSE
PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15
4. OBXECTIVOS
4.1.- OBXECTIVOS XERAIS
Ofertar aos alumnos e ás alumnas unha xornada escolar que favoreza a
mellora na calidade do ensino e a súa formación integral, optimizando os
períodos de maior nivel de atención, motivación e por tanto rendemento
para a formación escolar e persoal, e permitíndolles dispor de tempo
para outras actividades extraescolares igualmente importantes e
necesarias, favorecendo a conciliación da vida familiar, escolar e laboral.
Mellorar a calidade de vida dos distintos sectores da comunidade
educativa.
Favorecer a estabilidade do profesorado no centro asegurando a
continuidade de proxectos como o Plan Abalar, o Plan de Bibliotecas, o
Proxecto plurilingüe,... e calquera outro proxecto que requira
continuidade para o seu desenvolvemento.
Garantir unha xestión estable, a longo prazo, do centro educativo.
Potenciar ao máximo as aprendizaxes e a adquisición das
competencias básicas dos nosos alumnos e alumnas, así como a
formación permanente de todo o equipo docente.
4.2.- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
Ademais dos obxectivos fundamentais referidos no apartado anterior,
fixamos os seguintes obxectivos específicos, que dividimos en cinco grandes
bloques de obxectivos:
4.2.1.- REFERIDOS AO ALUMNADO
CEIP LABARTA POSE
PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15
- Mellorar o rendemento e os niveis atencionais que actualmente decaen
nas horas lectivas da tarde, posibilitando a posesión de tempo libre para
dedicar ao estudo individual e a realización de traballos de investigación que
completen a
formación adquirida nas aulas, tanto para o alumnado que utiliza o servizo de
transporte escolar coma para o que non o utiliza.
- Flexibilizar o horario na aula ao telo nun só bloque e non nos dous
actuais, coa problemática que presenta o horario de tarde despois das
comidas, debido ao cansazo dos nenos e nenas.
- Posibilitar o estudo persoal do alumnado, segundo os criterios da
psicoloxía evolutiva, facilitándolles o tempo necesario para a asimilación e
interiorización do seu traballo.
- Facilitar o desenvolvemento de actividades extraescolares a todo o
alumnado proporcionando espazos, horarios,… mellorando as posibilidades de
integración social ao dispor de máis tempo libre que lles permita participar en
actividades deportivas, artístico-musicais, sociais,... educando para un tempo
de lecer creativo e enriquecedor.
- Posibilitar o descanso do alumnado máis pequeno despois de xantar.
- Facilitar o paso ao instituto habituando aos alumnos e alumnas á
xornada única.
4.2.2.- REFERIDOS ÁS FAMILIAS
- Adecuar o horario de permanencia no Centro en función das
necesidades académicas, sociais, psicolóxicas, afectivas e de relación familiar
de cada grupo de alumnos e alumnas.
- Compatibilizar e unificar horarios entre os distintos membros da
unidade familiar.
- Facilitar a organización do tempo por parte das familias das alumnas e
alumnos, e do profesorado, evitando as perdas deste derivadas dos CEIP LABARTA POSE
PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15
desprazamentos sistemáticos ao centro pola mañá e pola tarde, favorecendo
así o incremento da convivencia familiar.
- Posibilitar o aumento do tempo de estancia no entorno familiar durante
as tardes.
- Facilitar a posibilidade de elixir o horario de incorporación dos nenos e
das nenas ás actividades extraescolares, de ser o caso.
4.2.3.- REFERIDOS AO PERSOAL DOCENTE
- Facilitar ao profesorado a asistencia a actividades de formación e a
preparación das sesións docentes, repercutindo favorablemente na práctica
docente e na elaboración de materiais.
- Optimizar o traballo de coordinación do profesorado na realización de
reunións e actividades de programación.
- O profesorado terá a posibilidade de coordinarse cos monitores de
algunhas actividades extraescolares para seguir unha liña común de traballo
que sirva de complemento de reforzo, afianzamento e ampliación na formación
do noso alumnado.
4.2.4.- REFERIDOS Á ORGANIZACIÓN DO CENTRO
- Impulsar a intervención e participación no conxunto da comunidade
educativa na marcha do Centro.
- Aproveitar mellor todos os recursos e infraestruturas dos que dispón o centro.
- Dinamizar o uso da Biblioteca Escolar, ao permanecer aberta fóra do
horario lectivo, facilitando a lectura, estudo,... estando supervisados por
profesorado do centro.
CEIP LABARTA POSE
PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15
- Facilitar a organización familiar mantendo o centro aberto de 9:30 horas
da mañá ata as 17:30 horas da tarde.
4.2.5.- REFERIDOS ÁS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E
TEMPOS DE LECER
- Favorecer a programación e desenvolvemento de actividades
extraescolares nun horario de tarde axeitado ás necesidades dos alumnos e
das alumnas.
- Facilitar no centro a realización de actividades programadas pola
ANPA, o Concello de Zas e o propio colexio, optimizando así o uso das
instalacións.
- Colaborar con calquera entidade que promova iniciativas culturais que
poidan ter proxección educativa e repercutan de xeito favorable na mellor
formación do alumnado do centro, de maneira especial co Concello, coa ANPA
e coas entidades culturais de ámbito local.
5. ORGANIZACIÓN DO CENTRO
5.1.- AGRUPAMENTO DO ALUMNADO
ETAPA CURSO Nº ALUMNOS/AS TOTAL
ED. INFANTIL
3 ANOS 15
444 ANOS 13
5 ANOS 16
ED. PRIMARIA
1º 14
93
2º 14
3º 24
4º 16
5º 11
6º 14
CEIP LABARTA POSE
PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15
5.2.- ORGANIZACIÓN DO PROFESORADO
Consideramos que a organización do profesorado é fundamental no
funcionamento do centro para a consecución duns obxectivos comúns; por iso
é necesario unha coordinación pedagóxica en materia de programación,
avaliación e recuperación de alumnos.
As diferentes reunións do profesorado (claustros, reunións de ciclos,
equipos...) así como as titorías para atender ás familias levaranse a cabo
durante unha tarde semanal (martes) en horario de 15:30 a 18:30.
Os equipos de ciclo, de acordo co Plan Xeral Anual e co Claustro de
mestres, elaborarán a programación vertical para cada área e para os distintos
cursos; avaliarán periodicamente os resultados da súa aplicación, establecendo
as medidas correctoras que procedan; deseñarán, elaborarán e proporán a
adquisición de material didáctico que precise o centro; proporán a adquisición
de libros de texto axeitados para a aplicación da programación elaborada e
proporán á Administración educativa a organización de actividades de
actualización didáctica do profesorado.
Serán competencias de cada un dos órganos de coordinación docente
aquelas que establece o Decreto 374/1996, de 17 de outubro, polo que se
establece o regulamento das escolas de educación infantil, e dos colexios de
educación primaria.
Por outra banda, faranse quendas de profesorado que supervisará todos os
días o desenvolvemento das actividades extraescolares que se realizarán nas
instalacións do centro.
Por último, o profesorado asumirá tamén as gardas de transporte tal como
recolle a orde do 23 de xuño de 2011 pola que se regula a xornada de traballo
do persoal funcionario e laboral docentes.
CEIP LABARTA POSE
PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15
5.3.- ÓRGANOS DE GOBERNO
5.3.1.- ÓRGANOS DE GOBERNO UNIPERSONAIS
DIRECTORA
MARÍA JESUS LÓPEZ AÑÓN
XEFA DE ESTUDOS
BEATRIZ ROMERO GÓMEZ
SECRETARIA
MARTA CANTO SOUTO
5.3.2.- ÓRGANOS DE GOBERNO COLEXIADOS
O Claustro de profesores está composto polos mestres e mestras que
desenvolven o seu labor docente no CEIP Labarta Pose, e que se enumeran
no seguinte cadro:
CLAUSTRO DE PROFESORES
PATRICIA OANES MATO PAULA BARTOLOMÉ FERNÁNDEZ
MONICA LÓPEZ JUL ALBERTO PERNAS PÉREZ
JOSE MANUEL SANTOS MIÑONES ISABEL DE LA CRUZ CENAMOR
BEATRIZ ROMERO GÓMEZ SINDA CUNDÍNS CAAMAÑO
CRISTINA GARCÍA SEOANE VERÓNICA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ
MARGARITA CAMPOS ESPIÑO MARTA CANTO SOUTO
CEIP LABARTA POSE
PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15
JOSÉ MANUEL MADERA GARCÍA SANDRA LEMA OZÓN
XAQUÍN RAMA MATO MARÍA JESÚS LÓPEZ AÑÓN
O Consello Escolar é o órgano de xestión a través do cal participan os distintos
sectores da comunidade educativa:
CONSELLO ESCOLAR
DIRECTORA MARÍA JESÚS LÓPEZ AÑÓN
XEFA DE ESTUDOSBEATRIZ ROMERO GÓMEZ
SECRETARIAMARTA CANTO SOUTO
REPRESENTANTES
PROFESORADO
PATRICIA OANES MATO
XAQUÍN RAMA MATO
ISABEL DE LA CRUZ CENAMOR
VERÓNICA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ
SINDA CUNDÍNS CAAMAÑO
REPRESENTANTES PAIS/NAIS
Mª TERESA LEMA RAMA
BELINDA COSTA NÚÑEZ
Mª JOSÉ MARTÍNEZ AMEIJEIRAS
ARACELI MÉNDEZ PEREIRA(ANPA)
MARTINA RODRÍGUEZ CANAY
REPRESENTANTE CONCELLO ÓSCAR LEMA ROMERO
REPRESENTANTE PERSOAL NON
DOCENTESILVIA Mª MIRA DEVESA
CEIP LABARTA POSE
PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15
5.4.- HORARIO
O horario lectivo do CEIP Labarta Pose vense desenvolvendo de 10:00 a 13:00
horas na sesión de mañá, e de 15:00 a 17:00 horas na sesión da tarde.
A estrutura e concreción do horario actual reflíctese no seguinte cadro:
09:50-10:00 Entrada ó centro de todo o
alumnado
Tranporte (só usuarios)
10:00-10:50 Primeria sesión
Horario lectivo
10:50-11:40 Segunda sesión
11:40-12:10 Recreo
12:10-13:00 Terceira sesión
13:00-14:00 Comedor
14:00-15:00 Tempo de lecer
15:00-15:20 Hora de ler
Horario lectivo15:20-16:10 Cuarta sesión
16:10-17:00 Quinta sesión
17:00-17:10 Saída do centro de todo o
alumnado
Transporte (só usuarios)
Neste horario o profesorado fai as reunións e a atención ás familias de 13:00
a 14:00. Así mesmo as gardas de transporte fanse desde a incorporación do
alumnado ao centro ata a entrada nas aulas e desde a saída das mesmas ata
que arrancan os autobuses.
CEIP LABARTA POSE
PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15
O horario que se propón para a xornada continuada en sesión única de mañá
sería o seguinte:
09:20-9:30 Entrada ó centro de todo o
alumnado
Tranporte (só usuarios)
9:30-10:20 Primeria sesión
Horario lectivo
10:20-11:10 Segunda sesión
11:10-12:00 Terceira sesión
12:00-12:30 Recreo
12:30-12:50 Hora de ler
12:50-13:40 Cuarta sesión
13:40-14:30 Quinta sesión
14:30-15:30 Comerdor Comedor (só usuarios)
15:30-15-40 Saída do centro do alumnado
que non asista a actividades
Transporte (só usuarios)
15:30-16:30 Primeira quenda de
actividades(centro, concello,
ANPA)Actividades voluntarias
ofertadas ás que pode acceder
todo o alumnado usen ou non o
comedor.
16:30-17:30 Segunda quenda de
actividades(centro, concello,
ANPA
Neste horario o profesorado faría as reunións e a atención ás familias na
tarde dos martes, con permanencia de todo o profesorado no centro.
CEIP LABARTA POSE
PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15
Por outra banda, as gardas de transporte faríanse antes do comezo do das
actividades lectivas e unha vez rematado o servizo de comedor.
Todos os días habería algúns profesores no centro que supervisarían o
desenvolvemento das actividades extraescolares, comprobando que o
alumnado asista ás mesmas.
5.5.- ACCIÓN TITORIAL
Esta función, esencial no proceso educativo, desenvolverase en varias
vertentes diferenciadas segundo os destinatarios:
a) Acción titorial referida ao alumnado
No seo dos Equipos de Ciclo tomaranse as medidas oportunas para a
toma de decisións encamiñadas á mellora do proceso de ensinanza e
aprendizaxe.
b) Acción titorial referida ás familias
Tentarase afondar nunha máis estreita colaboración entre a escola e as
familias, único xeito eficaz para acadar plenamente os principais obxectivos
educativos.
O horario de visitas, para informalos do proceso de aprendizaxe dos
seus fillos e da súa asistencia ás actividades escolares, concretarase a
comezos do curso. Deberá coincidir co día fixado como de permanencia de
todo o profesorado no centro(martes), en horario de 15:30 a 18:30 horas e a
razón de unha hora semanal. Se por algunha circunstancia extraordinaria,
algún pai/nai non puidera vir nese horario, o respectivo titor/a trataría de
establecer outro horario alternativo dentro das horas dispoñibles.
Os mestres titores celebrarán unha reunión, cos pais/nais do seu
alumnado, a principios de curso, que servirá para presentarse e informarlles
CEIP LABARTA POSE
PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15
sobre todas aquelas cuestións que se consideren de especial interese para
contribuír a mellorar a calidade do proceso educativo e afondar na colaboración
entre a escola e as familias. Recibirán información sobre horarios, plan de
traballo do curso, tempo de estudo, vías de comunicación familia-escola,
actividades extraescolares, criterios de avaliación...
c) Acción titorial referida aos mestres e mestras
- Preparar e consensuar unha Acción Titorial para todo o curso,
precisando os aspectos que implican ao titor.
- Coñecer o Proxecto Educativo de Centro, para adquirir unha visión de
cara onde camiñamos.
- Transmitir ao resto de mestres e mestras informacións sobre os
alumnos e as alumnas que podan ser útiles no desenvolvemento das súas
tarefas docentes.
- Establecer canles de actuación e de colaboración cos demais titores,
sobre todo cos do mesmo ciclo e nivel.
d) Acción titorial referida ao Departamento de Orientación
- Establecer pautas para a realización dos apoios educativos e das
adaptacións curriculares.
- Coordinar actividades conxuntas co alumnado con necesidades
específicas de apoio educativo.
- Axudar no desenvolvemento de habilidades sociais.
5.6.- TRANSPORTE
Coa implantación da xornada continuada non se verán modificadas as
rutas do transporte escolar, según o horario proposto no punto 5.4.
O Servizo Técnico de Transportes da Delegación Provincial da
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de A Coruña, tras un
CEIP LABARTA POSE
PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15
estudio das rutas do transporte do CEIP Labarta Pose, emitiu un informe
favorable, considerando viable a posibilidade de desenvolver este servizo no
novo horario proposto.
5.7.- SERVIZO DE COMEDOR
Dado que o servizo de comedor é de xestión directa da Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria, este servizo vaise seguir mantendo nas
mesmas condicións que ata agora, e en todo caso dacordo coas instrucións
recibidas cada curso desde a Consellería.
Tan só se modificará a hora da comida para adaptarse ao novo horario
exposto no punto 5.4.
6. PLAN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
As actividades que se propoñen pretenden un mellor aproveitamento do
tempo libre para contribuír a mellorar a formación integral dos alumnos e
alumnas, abarcando aqueles aspectos que os programas escolares non
contemplan suficientemente. Respectarán as necesidades de xogo, descanso e
convivencia familiar, e na súa programación teranse en conta as características
dos alumnos e das alumnas aos que se dirixe.
Posuirán, ademais, as seguintes características:
Carácter voluntario.
Abertas a tódolos alumnos e alumnas do Centro.
Non terán carácter discriminatorio.
Acordes co Proxecto Educativo.
Estarán recollidas no Programación Xeral Anual do Centro.
CEIP LABARTA POSE
MODELO DE OFERTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
15:30 - 16:30
Todos Biblioteca Todos Bailes de
salón A Todos Biblioteca Todos Biblioteca Todos Biblioteca
EI Psicomotricidade EI Informática EI Psicomotricidade EI Informática EI Deporte 1
1º
ciclo Informática
1º
ciclo Zumba
1º
ciclo Informática 1º ciclo Deporte 1
1º
ciclo Zumba
2º
ciclo Inglés
2º
ciclo Xadrez
2º
ciclo Deporte 1 2º ciclo Inglés
2º
ciclo Xadrez
3º
ciclo Xadrez
3º
ciclo Deporte 1
3º
ciclo Inglés 3º ciclo Xadrez
3º
ciclo Inglés
16:30 - 17:30
Todos Biblioteca Todos Bailes de
salón B Todos Biblioteca Todos Biblioteca Todos Biblioteca
EI Xadrez EI Deporte 2 EI Inglés EI Xadrez EI Inglés
1º
ciclo Inglés
1º
ciclo Xadrez
1º
ciclo Deporte 2 1º ciclo Inglés
1º
ciclo Xadrez
2º
ciclo Zumba
2º
ciclo Informática
2º
ciclo Zumba 2º ciclo Informática
2º
ciclo Deporte 2
3º
ciclo Informática
3º
ciclo Zumba
3º
ciclo Informática 3º ciclo Deporte 2
3º
ciclo Zumba
OBSERVACIÓNS VARIAS
Estas actividades son un exemplo orientativo. As actividades definitivas serán organizadas
segundo as preferencias da maioría das familias, de acordo cos resultados das enquisas que
se levarían a cabo antes de que finalizase o presente curso escolar.
En todo caso, calquera proposta de actividade deberá contar cun número mínimo de
participantes para poder realizarse.
O custo das actividades dependerá do número de asistentes e os socios da ANPA
beneficiaranse de descontos.
Todas as actividades estarán impartidas por monitores ou profesores coa titulación esixida e
terán contratos en regra.
As actividades "deporte 1" e "deporte 2" están pensadas para ser actividades das que na
actualidade oferta o Concello (patinaxe, escolas deportivas...). Se non fose posible o cambio
de horario, esas horas serían asumidas pola ANPA, que ofertaría máis actividades.
ACTIVIDADE GRUPO E HORARIO ORGANIZACIÓN CUSTO
Informática
EI Martes e xoves 15:30 -
16:30
ANPA Importe variable según o
número de asistentes
1º ciclo Luns e mércores 15:30
- 16:30
2º ciclo Martes e xoves 16:30 -
17:30
3º ciclo Luns e mércores 16:30
- 17:30
Xadrez
EI Martes e venres 16:30 -
17:30
ANPA Importe variable según o
número de asistentes
1º ciclo Luns e xoves 16:30 -
17:30
2º ciclo Martes e venres 15:30 -
16:30
3º ciclo Luns e xoves 15:30 -
16:30
Psicomotricidade (infantil)
Zumba (primaria)
EI Luns e mércores 15:30
- 16:30
ANPA Importe variable según o
número de asistentes
1º ciclo Martes e venres 15:30 -
16:30
2º ciclo Luns e mércores 16:30
- 17:30
3º ciclo Martes e venres 16:30 -
17:30
Inglés
EI Mércores e venres
16:30 - 17:30
ANPA Importe variable según o
número de asistentes
1º ciclo Luns e xoves 16:30 -
17:30
2º ciclo Mércores e venres
15:30 - 16:30
3º ciclo Luns e xoves 15:30 -
16:30
Deporte 1
EI Venres 15:30 - 16:30
Concello Gratuita 1º ciclo Xoves 15:30 - 16:30
2º ciclo Mércores 15:30 - 16:30
3º ciclo Martes 15:30 - 16:30
Deporte 2
EI Martes 16:30 - 17:30
Concello Gratuita 1º ciclo Mércores 16:30 - 17:30
2º ciclo Venres 16:30 - 17:30
3º ciclo Xoves 16:30 - 17:30
Bailes de salón Grupo A Martes 15:30 - 16:30
ANPA Importe variable según o
número de asistentes Grupo B Martes 16:30 - 17:30
ACTIVIDADES OFERTADAS A CADA CICLO (EXEMPLO)
INFANTIL LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
15:30 -
16:30
Biblioteca Bailes de salón A Biblioteca Biblioteca Biblioteca
Psicomotric
idade Informática Psicomotricidade Informática Deporte 1
16:30 -
17:30
Biblioteca Bailes de salón B Biblioteca Biblioteca Biblioteca
Xadrez Deporte 2 Inglés Xadrez Inglés
1º
CICLO LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
15:30 -
16:30
Biblioteca Bailes de salón A Biblioteca Biblioteca Biblioteca
Informática Zumba Informática Deporte 1 Zumba
16:30 -
17:30
Biblioteca Bailes de salón B Biblioteca Biblioteca Biblioteca
Inglés Xadrez Deporte 2 Inglés Xadrez
2º
CICLO LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
15:30 -
16:30
Biblioteca Bailes de salón A Biblioteca Biblioteca Biblioteca
Inglés Xadrez Deporte 1 Inglés Xadrez
16:30 -
17:30
Biblioteca Bailes de salón B Biblioteca Biblioteca Biblioteca
Zumba Informática Zumba Informática Deporte 2
3º
CICLO LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
15:30 -
16:30
Biblioteca Bailes de salón A Biblioteca Biblioteca Biblioteca
Xadrez Deporte 1 Inglés Xadrez Inglés
16:30 -
17:30
Biblioteca Bailes de salón B Biblioteca Biblioteca Biblioteca
Informática Zumba Informática Deporte 2 Zumba
PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15
6.1.- OBSERVACIÓNS
As actividades anteriores amósanse como modelo pero sen carácter
definitivo. Poderanse ofertar outras distintas (francés, coro, patinaxe, etc), en
función das enquisas que se farán as familias, pero sempre que conten con un
número mínimo de nenos/as.
Todas as persoas que impartan algunha actividade serán legalmente
contratadas, con seguro e titulación precisa.
As actividades xestionadas pola ANPA terán un custe mesual que
dependerá do número de asistentes e da condición de socio ou non socio da
ANPA.
Todas as actividades realizaranse nas instalación do colexio ou no pavillón
municipal e serán supervisadas polo profesorado que por quendas
permanecerá no centro todas as tardes.
A biblioteca será atendida polo profesorado de garda, con presenza na
mesma pero non con función docente.
As actividades gratuitas ofertadas actualmente polo Concello, intentarán
adiantarse para adaptarse ao novo horario.
O alumnado pode asistir a unha ou dúas actividades diarias, en función dos
seus intereses e previa inscripción nas mesmas. En función disto, o alumnado
pode sair do centro nos seguintes horarios:
_ 14:30 : se non é usuario do comedor e non asiste a ningunha actividade.
_ 15:30: se é usuario de comedor e non asiste a ningunha actividade. A esta
hora o autobús fará o percorrido habitual.
_ 16:30: Se asiste a primeira actividade sexa ou non usuario de comedor.
_ 17:30: se asistiu a dúas actividades ou a última delas.
CEIP LABARTA POSE
PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15
Está previsto a realización dunha enquisa, a finais deste curso, que recolla
os intereses das famiias en canto as actividades a realizar, de cara a organizar
as actividades do vindeiro curso.
7. VANTAXES DO NOVO HORARIO
Ademais dos puntos expostos na introdución e na concreción dos obxectivos
as razóns e as vantaxes polas que se propón o cambio de horario son as
seguintes:
Aumentar o rendemento académico do alumnado entendendo que as
horas da mañá aseguran un mellor rendemento académico, cun maior
nivel de atención e motivación, con máis capacidade de concentración e
rendemento intelectual.
Posibilitar o estudo persoal do alumnado, segundo os criterios da
psicoloxía evolutiva, facilitándolles o tempo necesario para a asimilación
e interiorización do seu propio traballo.
Aproveitar o tempo real de traballo dentro da aula, xa que se eliminan
moitos tempos ou momentos repetitivos de entradas e saídas. Ademais,
está comprobado pedagoxicamente que este horario continuado
optimiza os resultados académicos.
Posibilitar o descanso do alumnado máis pequeno despois de xantar.
Facilitar a organización do tempo por parte das familias das alumnas e
alumnos, e do profesorado, evitando as perdas deste derivadas dos
desprazamentos sistemáticos ao centro pola mañá e pola tarde,
favorecendo o incremento da convivencia familiar.
Aumentar o tempo dispoñible do alumnado para acadar unha formación
integral que inclúa diversos ámbitos: académico, formativo, social,
psicolóxico, afectivo e de relación familiar do alumno e da familia.
CEIP LABARTA POSE
PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15
Participar nas actividades de educación non formal ofertadas no
Concello e bisbarra (conservatorios, escolas de música, escolas
deportivas, actividades extraescolares...), permitindo adiantar o inicio
destas e facilitando que o alumnado dispoña de tempo suficiente para
realizar a súas tarefas escolares e tempo libre para o ocio.
Aproveitar mellor todos os recursos e infraestruturas dos que dispón o
centro.
Dinamizar o uso da Biblioteca Escolar ao permanecer aberta fóra do
horario lectivo, facilitando a lectura, consulta de información, o estudo,
xogos educativos... e estando vixiadas por profesorado do centro.
Aumentar o tempo disponible do alumnado para xogar ao ter a
posibilidade de chegar sempre de día á casa e poder permanecer nela
as tardes que a familia estime conveniente. O xogo tamén é un factor
educativo fundamental dentro do desenvolvemento do neno/a.
Favorecer a estabilidade do profesorado no centro asegurando a
continuidade de proxectos como o Plan Abalar, o Plan de Bibliotecas, o
Proxecto Sección bilingüe,...e calquera outro proxecto que requira
continuidade para o seu desenvolvemento.
Optimizar as tarefas do profesorado nos períodos non lectivos, ao dispor
dun tempo máis axeitado para planificar o seu traballo, elaborar
materiais, asistir a reunións, actividades de formación, cursos de
perfeccionamento, atender aos pais e nais,...; repercutindo todo elo
favorablemente na práctica docente.
Todas as razóns expostas pretenden mellorar o rendemento académico.
Os alumnos e as alumnas terán a posibilidade, en función da idade e das súas
características, de programar o tempo que necesiten para realizar traballos de
estudio e investigación, utilizando tardes completas se o precisan.
Entendemos que este modelo responde ás expectativas que poden ter
os alumnos e as alumnas deste centro e que da súa aplicación se derivará
CEIP LABARTA POSE
PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15
unha importante mellora na súa formación integral que é o obxectivo que
perseguimos.
8. PROCEDEMENTO SEGUIDO PARA A SOLICITUDE
Segundo a Orde do 29 de maio de 2008, os pasos a seguir son os
seguintes:
Elaboración dun proxecto de xornada continuada, no que se inclúa un
plan específico de actividades extraescolares.
Aprobación por parte do Claustro de Profesores, por maioría de tres
quintos dos seus membros.
Aprobación por parte do Consello Escolar, por maioría dos tres quintos
dos seus membros.
Contar co informe favorable do servizo de transportes da Xefatura
Territorial.
Fase de información ás familias, un mes antes de realizar as
votacións.
Exposición do Censo de pais/nais ou titores legais.
Prazo de reclamacións ao censo.
Sorteo público dos membros da mesa electoral (2 pais/nais/titores
legais).
Votación por parte dos pais/nais ou titores legais, onde o proxecto terá
que ser aprobado polo 58% do censo, emitíndose un voto por unidade
familiar. Periodo de votación de mínimo 8 horas. Reconto público dos
votos rematadas as mesmas.
Entrega na Xefatura Territorial do proxecto, actas das votacións e o
informe favorable do servizo de transportes.
O procedemento levado a cabo durante o curso escolar 2014/15 para a
CEIP LABARTA POSE
PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15
solicitude da implantación da xornada única en sesión continuada de mañá
para o vindeiro curso 2015/16, seguindo as directrices da Orde do 29 de maio
de 2008 foi o seguinte:
Novembro, 2014 O Claustro de profesores aproba a iniciativa de modificación dexornada.
Novembro, 2014 Consulta de lexislación e bibliografíaDecembro, 2014 Elaboración do Proxecto Pedagóxico-Didáctico16 de xaneiro, 2015 Votación Claustro de profesores16 de xaneiro, 2015 Votación Consello Escolar
16 de xaneiro, 2015Entrega no rexistro da Delegación Provincial de A Coruña dasolicitude para a tramitación do informe e viabilidade do ServizoTécnico de Transportes
11 de marzo, 2015Recepción do informe de viabilidade do Servizo Técnico deTransportes da Xefatura Territorial l de A Coruña
23 de marzo 2015O Proxecto Pedagóxico-Didáctico difúndese e dáse a coñecer atoda a comunidade educativa.
Do 23 de marzo ao 13 deabril de 2015
Exposición das listas do censo do CEIP LABARTA POSE.
Do 14 de abril ao 20 de
abril de 2015Reclamacións ao censo.
20 de abril de 2015 Aprobación do censo e publicación do censo definitivo20 de abril de 2015 Sorteo público dos membros da mesa electoral.Do 23 de marzo ao 23de abril de 2015
Fase de información ás familias.
28 de abril de 2015 Votacións dos pais/nais ou titores legais.
30 de abril de 2015Remitir a documentación solicitada á Xefatura Territorial de ACoruña.
9. AVALIACIÓN E SEGUEMENTO DO PROXECTO
Dacordo coa lexislación vixente, de efectuarse un cambio de horario no noso
centro, este non podería volver a modificarse durante 3 cursos consecutivos.
Durante este tempo sería necesario levar a cabo un seguimento do proxecto
a través de distintos instrumentos e procedementos de avaliación que ao
CEIP LABARTA POSE
PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15
mesmo tempo se converteran en mecanismos de control da súa eficacia e
elementos necesarios para formular as propostas de mellora cara aos
seguintes cursos escolares.
O equipo directivo fará un seguimento deste proxecto, facendo as
modificacións e melloras precisas para o seu correcto desenvolvemento. Para
iso trimestralmente, a través do Consello Escolar, nas súas reunións
ordinarias, recollerá as suxerencias e aportacións de todos os sectores da
Comunicade Educativa xa que neste órgano colexiado atópanse
representados todos estes sectores. Ademais, se fose preciso, e ante calquer
problema que poida xurdir faranse as reunións extraordinarias necesarias do
Consello Escolar.
Anualmente, na Memoria Anual, recollaranse as valoracións do proxecto, feitas
polo Consello Escolar trimestralmente así como as propostas de mellora que,
de habelas, deberán levarse a cabo no curso seguinte.
10. CONCLUSIÓN
A xornada continua ofrece aos alumnos/as e ás familias os mesmos ser-
vizos que a xornada partida e incluso máis, xa que a oferta de actividades nes-
te tipo de xornada é maior e máis variada, o que complementa a formación do
noso alumnado.
A escola ofrece deste xeito unha formación integral, que non remata no
horario académico, senón que continúa en horario extraescolar con actividades
que contribuen a completar dita formación.
Co modelo do noso proxecto educativo de xornada continuada podemos
afirmar que este horario non supón unha fatiga escolar nin unha baixada no
rendemento dos alumnos/as, xa que a distribución das áreas é axeitada e os
CEIP LABARTA POSE
PROXECTO XORNADA ÚNICA CURSO 2014/15
descansos tanto en Educación Infantil como en Educación Primaria están ben
distribuidos. Impártense as clases no horario de máximo rendemento do
alumno/a, cando a súa capacidade de aprendizaxe é maior.
Contamos coas experiencias en outros centros educativos, que neste
curso escolar e en anos anteriores, tiveron este tipo de xornada, e foron positi -
vas.Somos conscientes de que modificar o horario non vai ser a panacea
para poder resolver todos os problemas educativos existentes, pero no noso
ánimo está mellorar a situación do noso centro.
CEIP LABARTA POSE