proxecto ríos valiñadares grupo 1

27
Proxecto ríos

Upload: adan-goncalves-conselleria-de-educacion-xunta-de-galicia

Post on 02-Jul-2015

99 views

Category:

Education


5 download

DESCRIPTION

Traballo proxecto ríos alumnos grupo 1

TRANSCRIPT

Page 1: Proxecto ríos valiñadares grupo 1

Proxecto ríos

Page 2: Proxecto ríos valiñadares grupo 1

Importancia ecolóxicaOs ríos constitúen un sistema de circulación lineal,

vectorial, xerarquizado e estructurado para trasladar sedimentos e fluídos vitais a través das Concas Hidrográficas e as suas desembocaduras, dando así sustento a toda as formas de vida que o constitúen.

O río é un vector enerxético parte integrante do Ciclo Hidrolóxico da Auga e recorre tan so a superficie terrestre, conectando o colector sólido superior (Glaciares) co inferior (Océanos).

A interrupción e a contaminación destes pode modificar e alterar o fluxo normal do Ciclo Hidrolóxico da Auga provocando serios transtornos no clima da terra, os procesos isostáticos e a conservación de diversos ecosistemas.

Page 3: Proxecto ríos valiñadares grupo 1

Importancia ecolóxica do bosque de Ribeira

Ten elevada relevancia ecolóxica posto que cumpre funcións de gran importancia:

Estabiliza marxes, mitiga os efectos das enchentes e actúa á vez como refuxio e corredoiros naturais para a fauna.

Page 4: Proxecto ríos valiñadares grupo 1

Relación dos ríos coa actividade humana

Actualmente o río utilízase para mover os muíños, lavar roupa a man, regar as plantacións cercanas, etc.

Page 5: Proxecto ríos valiñadares grupo 1

Coordenadas xeográficas

A localización:X (inicio): 29T 632 960 Y (inicio): 29T 480 9305X (final): 29T 632 942Y (final): 29T 480 9491

Page 6: Proxecto ríos valiñadares grupo 1

Datos climáticos da zonaMondoñedo ten un clima oceánico no que

aparecen as seguintes variantes:

O clima máis seco é xuño, con 30mm, mentres que novémbro é o mes con máisprecipitacións do año (118mm).

O mes máis caluroso do ano cun promedio de

19.8ºC de agosto. O mes máis frío do ano é de 8.5ºC en xaneiro.

En canto ás precipitacións a diferencia entre o mes máis seco e o máis chuvioso é de 88mm. As temperaturas varían durante o ano nun 11.3ºC.

Page 7: Proxecto ríos valiñadares grupo 1

Valores do Valiñadares para Mondoñedo

A lenda máis tradicional aséntase na Ponte do Pasatempo que debe o seu nome á lenda na que se entretiña á muller do mariscal Pardo de Cela (que ía ser executado ) que traía consigo un indulto para salvalo.

Page 8: Proxecto ríos valiñadares grupo 1

Barrio dos muíños: debe o seu nome a bifurcación do río Valiñadares en varios regatos que alimentan os muíños de Mondoñedo. Actualmente consérvanse a maioría pero case ningún funciona.

O Camiño Norte (Camiño de Santiago) pasa por esta vila na que se atopa a Catedral, un dos grandes símbolos de Mondoñedo.

Page 9: Proxecto ríos valiñadares grupo 1

Análise

Fixemos dúas saídas: unha en inverno e outra en primavera, nas cales observamos os seguintes datos:

Page 10: Proxecto ríos valiñadares grupo 1

PONTE DO PASATEMPO

Page 11: Proxecto ríos valiñadares grupo 1

Calidade hidromorfolóxica

-Hábitat:En Xaneiro o valor final que obtivemos do hábitat foi de 40 puntos. En Maio foi de 62 polo que se pode observar que en primavera mellorou a calidade do hábitat.

Page 12: Proxecto ríos valiñadares grupo 1

-O caudal, alteracións e usos do soloO caudal do río en Xaneiro foi de 2,96 m³/s mentres en Maio foi de 1,6 m³/s.En canto ás alteracións en Xaneiro os impactos paisaxísticos foi un saco no río e en Maio foron bordes rozados, recheo de cascallos e canais de irrigación.No uso do solo non se observan alteracións importantes.

Page 13: Proxecto ríos valiñadares grupo 1

-Residuos:En Xaneiro había plásticos e en Maio, a maiores, papel. Nos dous meses atopouse ruído puntual e baixa contaminación lumínica.

Page 14: Proxecto ríos valiñadares grupo 1

Calidades físico-químicas

-Temperatura:En Xaneiro rexistráronse 10ºC e en Maio, 12ºC.-Nitratos:En Xaneiro 0mg/l e en Maio, 5mg/l -OsíxenoEn Xaneiro 0mg/l disoltos e en Maio, 8mg/l-pHEn ambos os meses foi de 6.

Page 15: Proxecto ríos valiñadares grupo 1

-Calidade biolóxicaA calidade biolóxica era moderada en ambas saídas.-BiodiversidadeEn Xaneiro atopáronse árbores como abeleiras, ameneiros e salgueiros común e de especies animais rexistrouse un corvo mariño. En Maio había berros, abeleiras, ameneiros, eucaliptos e salgueiros comúns.

Page 16: Proxecto ríos valiñadares grupo 1

PONTE DA AV. DE BUENOS AIRES

Page 17: Proxecto ríos valiñadares grupo 1

Calidade hidromorfolóxica

-HábitatEn Xaneiro tivo unha puntuación de 41 e en Maio de 53 puntos.

Page 18: Proxecto ríos valiñadares grupo 1

-Caudal, alteracións e usos do soloEn Xaneiro era de 2,1 m³/s e en Maio, 1,586m³/s.As alteracións variaron pero non inflúen no hábitat.Rexistrouse ruído puntual e contaminación media, en Xaneiro non se rexistran residuos pero en Maio atopáronse papeis.

Page 19: Proxecto ríos valiñadares grupo 1

-NitratosNON HAI RESULTADOS-OsíxenoNON HAI RESULTADOS-pHEn Xaneiro foi de 6 e en Maio non hai datos.-BiodiversidadeEn Xaneiro atopáronse árbores como ameneiros, salgueiros comúns, un kiwi e un limoeiro e en Maio atopáronse sabugueiros e animais como galiñas.

Page 20: Proxecto ríos valiñadares grupo 1

PONTE DA POUSADA

Page 21: Proxecto ríos valiñadares grupo 1

Calidade hidromorfolóxica

-HábitatEn Xaneiro a puntuación foi de 45 e en Maio de 67.

Page 22: Proxecto ríos valiñadares grupo 1

-Caudal, usos do solo e alteraciónO caudal foi de 5,5 m³/s en Xaneiro e en Maio foi de 1’96 m³/s.Atopáronse alteracións tales como canalizacións con vertidos legais, explotacións hidráulicas e colectores.Os usos do solo non mostraron cambios.

Page 23: Proxecto ríos valiñadares grupo 1

-ResiduosEn canto ós residuos había plásticos en ambos os meses e a contaminación acústica e lumínica non variou.

Page 24: Proxecto ríos valiñadares grupo 1

-TemperaturaEn Xaneiro rexistráronse 11ºC e en Maio, 13ºC.-NitratosEn Xaneiro 0mg/l e en Maio 5mg/l-OsíxenoEn Xaneiro 0mg/l e en Maio 8mg/l-pHEn ambos os meses foi 6.

Page 25: Proxecto ríos valiñadares grupo 1

-Calidade biolóxica Moderada en ambos períodos de tempo.-Biodiversidade En Xaneiro rexistráronse plantas acuáticas como lentellas de auga, árbores como abeleiras, ameneiros, freixos, salgueiros comúns e bimbieiras e animais como un corvo mariño.En Maio rexistráronse plantas como berros, árbores como abelerias e ameneiros, freixos, sabugueiros, salgueiros comúns e bimbieiras e animais un corvo mariño.

Page 26: Proxecto ríos valiñadares grupo 1

CONCLUSIÓN

En xeral nas tres zonas, as variacións foron pouco significativas excepto no caudal do río. Na Ponte da Pousada desapareceu un dos ladrillos que se colocaron para a mostraxe.Nas saídas de Xaneiro nin as pílulas dos nitratos nin as de osíxeno funcionaron polo que é probable que estiveran en mal estado.

Page 27: Proxecto ríos valiñadares grupo 1

Feito por:

• Alba Rivas Cabanas• Cristina Ledo Freire • Lucía Pacio Iglesias• María Patricia López Cabanas• María Taboada Pena• Marta Reigosa Fernández• Virginia Docampo Iglesia 1º BAC