proxecto lector...motivación de ler, non a obriga de facelo, porque “o verbo ler non soporta o...
TRANSCRIPT
PROXECTO LECTOR
CEIP PLURILINGÜE MANUEL MURGUÍA
Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina2
ÍNDICE
1.- PRESENTACIÓN ................................................................................................... 3
2.- INTRODUCIÓN AO PROXECTO ........................................................................... 3
3.- CONTEXTUALIZACIÓN ......................................................................................... 5
4.- MARCO DE APLICACIÓN DO PLAN ..................................................................... 6
4.1.- O estímulo de hábitos lectores.................................................................. 6
4.1.1.- Definición dunha idea de fomento da lectura ................................... 6
4.1.2.- Como debe actuar o mediador ........................................................ 7
4.1.3.- Deseño de liñas xerais de actuación ............................................... 8
4.2.- Outros aspectos de relevancia................................................................ 10
4.2.1.- Os ambientes lectores .................................................................. 10
4.2.2.- Implicación das familias no proxecto ............................................ 12
5.- DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO ............................................................. 13
5.1.- Avaliación previa ..................................................................................... 13
5.1.1.- Valoración dos hábitos lectores dos alumnos/as .......................... 13
5.1.2.- Valoración dende a experiencia docente ...................................... 14
5.1.3.- Descrición dos recursos que posúe o centro ................................ 15
5.2.- Obxectivos xerais para a Educación Primaria......................................... 16
5.3.- Consecución das competencias clave dende o Proxecto Lector ............ 16
6.- PROPOSTAS DE TRABALLO ............................................................................. 18
7.- PROPOSTAS DE LECTURA ............................................................................... 20
Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina3
1.- PRESENTACIÓN
O Claustro de profesores do CEIP Plurilingüe Manuel Murguía, dando
cumprimento á Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOE), á Lei
Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (LOMCE) e
ao Decreto 105/2014, de 4 de setembro, que establece o currículo da Educación
Primaria en Galicia, comprométese a traballar todo o necesario para elevar o nivel de
comprensión lectora, así como para fomentar o hábito lector entre o alumnado.
Pretendemos que, ao remate dos seus estudos, os nenos/as teñan adquiridas as
competencias lingüísticas necesarias para o seu desenvolvemento persoal e
profesional.
2.- INTRODUCIÓN AO PROXECTO
A lectura é unha actividade fundamental, tanto nas diversas etapas educativas
coma no día a día. Adquirindo hábitos lectores os alumnos/as desenvolven as súas
capacidades cognitivas e melloran a súa vida social. Adquiren habilidades en diversos
ámbitos, que poden concretarse nos seguintes:a) Dimensión formativa: O coñecemento humano baséase nunha “intelixencia
lingüística” (José Antonio Marina). En consecuencia, o fomento da
lectoescritura transcende ao estudo da lingua e das letras para influír noutras
áreas curriculares, porque proporciona competencias instrumentais que
permiten adquirir e profundizar en todo tipo de coñecementos, transformándose
nunha vía para prever o fracaso escolar. Ler e escribir correctamente é a
condición indispensable para calquera traxectoria educativa ou académica que
aspire a uns mínimos de calidade.
b) Dimensión didáctica: O único xeito de espertar o gusto pola lectura é
achegarse aos libros dende as primeiras etapas educativas, co fin de adquirir
progresivamente as capacidades que require unha boa interpretación dos
textos, nos que os niveis de esixencia e complexidade aumentan
paulatinamente. Polo tanto, ir dos contos ás novelas ou relatos breves durante
Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina4
os cursos de Primaria contribúe a asentar aquelas habilidades cognitivas que o
alumno/a terá que dominar cando inicie a ESO, sobre todo as relacionadas coa
comprensión lectora.
c) Dimensión social: O ser humano vive nun mundo de signos, é coma un “mono
gramático” (Octavio Paz) que utiliza a linguaxe nas súas relacións interpersoais
ou laborais, cando comparte ou accede á información, para interpretar a súa
circunstancia e coñecer outras, sempre que expresa ou aclara sentimentos e
gustos, no momento de analizar problemas persoais e resolvelos, ao facer
plans a curto ou longo prazo, etc. En definitiva, a lectura e a escritura forman
parte da realidade cotiá. Por iso este proxecto non intenta só facilitar a
adquisición de coñecementos, senón que quere colaborar no óptimo
desenvolvemento do alumnado no seu contorno.
d) Dimensión cívica e ética: A lectura amplía a nosa visión do mundo e, ao
mesmo tempo, a nosa capacidade de elixir. Axúdanos a ser libres e a coñecer
valores humanos cos que agrandar o pensamento e a sensibilidade. Cremos,
como San Agustín, que “hai que temer ao home dun só libro”, e pensamos que
un bo plan de fomento da lectura debe transmitir respecto á diversidade e á
conciencia democrática.
e) Dimensión lúdica: O bo lector/a establece unha comunicación activa, dialoga
cos textos, reflexiona sobre os mesmos. Durante a lectura interpreta, anticipa,
reformula expectativas. É un acto no que se vale da intelixencia, da capacidade
reflexiva, da emotividade e da imaxinación. Falamos de facultades que lle
servirán para enriquecer o seu tempo de lecer e non limitarse a ser un
espectador pasivo, que se entretén con programas de televisión ou videoxogos
rutinarios. É unha alternativa de lecer que pretendemos afianzar entre os
nenos/as, para que pensen na lectura como unha fiestra aberta a “mundos
posibles” (Umberto Eco) e gocen dunha das actividades humanas máis
deleitosas, pracenteiras e sutís.
f) Dimensión estética: Por medio da lectura o neno/a define os seus gustos,
desenvolve a súa sensibilidade, achégase á beleza das formas, aprende a
Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina5
estimalas. É un proceso que se vincula á adquisición de novo vocabulario e ao
coñecemento doutras vivencias e experiencias que posibilita a literatura.
Por outra banda, o noso país atópase nun momento propicio ao fomento da
lectura que debemos aproveitar:
Segundo o “Barómetro de hábitos de lectura e compra de libros” do terceiro
trimestre de 2007, un estudo realizado por Precisa Research para a Federación
de Gremios de Editores, o 57% da poboación adulta do noso país defínese
como lectora, mentres que a porcentaxe de nenos/as entre 6 e 13 anos que din
ler a miúdo sen ter en conta os libros de texto é dun 82,2%.
Ao Plan de Fomento da Lectura impulsado polo MEC sumouse o Plan
Iberoamericano de Lectura e, dende a celebración de IV Centenario de “El
Quijote”, en todos os medios de comunicación e actos públicos se manifesta a
importancia da lectura.
As Consellerías de Educación das Comunidades Autónomas, entre elas
Galicia, publicaron nos seus diarios oficiais unha serie de pautas para a
elaboración por parte dos Centros de Educación Primaria dun Plan de Fomento
da Lectura e o desenvolvemento da comprensión lectora.
O profesorado do CEIP Plurilingüe Manuel Murguía acepta a necesidade dun
Proxecto Lector e xa desde sempre, cada un ao seu xeito; traballa nesta
dirección facendo lectura en voz alta, silenciosa, comprensiva, comentada,
marcando un mínimo de libros para ler ao trimestre.
3.- CONTEXTUALIZACIÓN
O centro emprázase nunha zona que aínda que pertence ao concello de A
Coruña, ten moitas características rurais: o tipo de hábitat, a ocupación laboral
dalgúns habitantes, a paisaxe, o tipo de construción, etc.
Xeograficamente está enmarcado no extremo suroeste do concello de A
Coruña, limítrofe co concello de Arteixo.
Ata hai uns anos foi unha zona pouco poboada, e cunha densidade moi inferior
Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina6
á que presenta o resto do concello, pero a construción de máis de 3.000 vivendas en
Novo Mesoiro, fixo que esta aumentara considerablemente. Así, o número de
alumnos/as que solicitan este colexio aumenta ano tras ano.
A lingua materna entre as persoas coetáneas en moitos fogares segue a ser a
galega pero a maioría dos nenos do centro falan castelá.
O colexio dispón dunha biblioteca bastante ben dotada, dadas as súas
características. Fai préstamos para as bibliotecas de aula, organiza exposicións de
novidades ou doutro tipo, publica folletos con libros recomendados, organiza actos de
contacontos e axuda aos Proxectos que van xurdindo ao longo do curso escolar.
4.- MARCO DE APLICACIÓN DO PLAN
4.1.- O estímulo de hábitos lectoresAntes de perfilar o plan lector é recomendable sentar unhas bases que
cimenten o seu deseño e aplicación: que entendemos por fomento da lectura, que
actitudes e requisitos deben ter os mediadores, que tipo de lecturas son axeitadas
para cada nivel, que esquema xeral imos seguir para que o proxecto non se estanque
e, finalmente, que circunstancias e accións poden contrariar a motivación de ler.
4.1.1.- Definición dunha idea de fomento da lectura.O noso proxecto aposta por unha transmisión do gusto por ler que contemple
aspectos afectivos e intelectuais, e cremos que isto debe facerse pouco a pouco. Non
podemos esquecer que o descubrimento do pracer lector ten que basearse en
procedementos lúdicos e creativos, que eviten a imposición. Primeiro presentaremos a
lectura como un divertimento, e despois iremos asociándoa ás necesidades de
información e aprendizaxe dos alumnos/as.
A nosa meta é desenvolver competencias lectoras entre os nenos/as para que
as interioricen, que se afagan a ler e se convertan en lectores estables. Para acadalo
propoñemos utilizar estratexias variadas que se adapten aos distintos niveis
formativos e á diversidade do alumnado. Trátase de deseñar un itinerario que parta da
identificación dos elementos lingüísticos -sons, letras, sílabas, palabras, frases,
Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina7
parágrafos-, pase pola construción de significados -a través, por exemplo, da
selección de ideas, personaxes ou accións- e remate na interpretación e valoración
das lecturas dende criterios fundados que, sen negar a mirada propia, respecten unha
base textual.
Queremos que os alumnos/as se acheguen aos libros deixándolles “falar”,
aprendendo a “escoitar” o que din, que dialoguen con eles, xa que toda lectura é un
acto interactivo, no que intervén a sensibilidade, a imaxinación e a apertura de miras.
Para iso contamos coa intención comunicativa do neno/a, coa necesidade de
compartir experiencias, coa súa curiosidade... En resume, desexamos transmitir a
motivación de ler, non a obriga de facelo, porque “o verbo ler non soporta o
imperativo” (Daniel Pennac).
4.1.2.- Como debe actuar o mediador.Nun bo plan de invitación á lectura todo o equipo docente debe asumir, en
maior ou menor grao, un papel de mediador, e reunir os seguintes atributos:
- Entender a psicoloxía infantil e a súa diversidade.
- Ler habitualmente e ter coñecementos de literatura infantil e xuvenil, e dispoñer
de información sobre novidades editoriais de interese.
- Querer transmitir o pracer pola lectura, así coma o valor persoal e social de ser
un lector/a autónomo.
- Ser sensible aos valores que irradian os textos para fomentar a reflexión e o
espírito crítico entre os alumnos/as.
- Entender a lectura coma un estímulo que axuda a formar a propia personalidade
e a superar conflitos e problemas.
- Saber promover a participación mediante estratexias lúdicas que activen a
imaxinación, e xerar ambientes que faciliten esa tarefa.
- Estar aberto ás recreacións individuais, sen impoñer lecturas concluíntes que
inhiban a creatividade dos nenos/as.
- Sentir curiosidade polos gustos e intereses dos seus alumnos/as.
- Ter aptitudes para converterse nun modelo de lectura silenciosa e colectiva.
Ademais, é probable que o mestre/a atope atrancos no seu papel de mediador.
Os máis correntes adoitan ser:
Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina8
o Os contextos familiares e sociais, que viven alleos á lectura.
o A composición heteroxénea dos grupos, tanto nas competencias lingüísticas
coma na súa relación cos libros.
o A consideración da lectura como unha alternativa de lecer excesivamente seria,
aburrida, que obriga a pensar e non distrae.
o A propensión, común entre os alumnos/as de Primaria, de asociar “libros” con
“deberes” ou “estudo”.
o A tendencia a automatizar as habilidades de lectoescritura e desatender a
comprensión.
O coordinador/a facilitará o labor mediador asumindo, entre outras, estasfuncións:
Efectuar a análise das necesidades de formación do profesorado, dos materiais
didácticos para o fomento da lectura e do estado das bibliotecas de aula e
centro.
Impulsar o plan anual para alumnos/as e mestres/as, en colaboración co
profesorado, e seleccionar textos para cada idade que permitan avaliar as
habilidades de comprensión lectora.
Promover no centro todas as iniciativas e proxectos que o profesorado ou o
alumnado propoña en relación co fomento da lectura.
Informar ao profesorado de cantas convocatorias xurdan relativas á formación
en técnicas e estratexias de fomento da lectura, especialmente de aquelas
dirixidas ás comunidades educativas (pais/nais, profesores/as e alumnos/as).
4.1.3.- Deseño das liñas fundamentais de actuación.Nas primeiras reunións sobre o proxecto, o coordinador/a e os mestres/as dos
distintos cursos poden trazar un plan estruturado en tres momentos, para que
progrese en función das competencias lectoras que vai adquirindo o alumno/a. Os
posibles resultados son:
O código oral, case exclusivo en Educación Infantil, vaise perdendo en favor do
escrito. Por iso empezaremos dando prioridade á lectura mecánica, a
decodificación das letras e das palabras, á súa correcta expresión oral e ao trazo.
Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina9
Durante o 1º e 2º niveis de Primaria é moi importante o achegamento visual.
As lecturas serán sinxelas, con letras grandes e frases curtas, que repitan
palabras ou rimas lixeiras que axuden a comprender o lido, e se baseen sempre
en ilustracións atractivas pola variedade de cores, incluso en soportes musicais.
Por medio destes textos, empezaremos a traballar, insistindo na correcta
pronunciación e entoación, tratando de que capten o sentido global, compartindo
opinións sobre as lecturas, enriquecendo o vocabulario e escribindo oracións
sinxelas.
Cando os nenos/as se manexen ben coa lectura mecánica, comezaremos coalectura comprensiva. Este é un paso que podemos situar no 3º e 4º niveis, sen
descoidar aos alumnos/as que aínda amosen dificultades coas competencias
clave. Para que isto non suceda, estableceranse varios niveis de lectura que
permitan a todos progresar.
É o momento no que a curiosidade do neno/a lle fai interesarse por moitas
cousas que o rodean, pero tamén polos contos marabillosos. Por iso
seleccionaremos tanto lecturas apegadas á realidade como lendas e narracións
fantásticas, onde as ilustracións, sen deixar de ser fundamentais, perden
importancia en favor do texto. A acción ten que ser dinámica, áxil, e debe
combinar partes narrativas con descricións e diálogos breves, que serán os
primeiros modelos de produción escrita. Igual de sinxelos serán as panxoliñas,
trabalinguas, adiviñas, encrucillados... que servirán para propoñer xogos
lingüísticos que estimulen a imaxinación e a creatividade.
Nesta etapa, a consulta do dicionario e a práctica de técnicas elementais que
faciliten a comprensión (reler, avanzar, deducir o significado de fragmentos
difíciles pola relación con outros....) son recursos imprescindibles. Tamén o son as
lecturas dramatizadas e as representacións teatrais coas que exercitar a dicción, o
ritmo e a pronunciación claras.
No 5º e 6º niveis afondaremos nas habilidades de lectoescritura para que o
neno/a inicie a ESO en condicións e reforce a súa afección polos libros. Entre os
que elixamos, (de 100 ou 150 páxinas) incluiremos as fábulas, os relatos de
aventuras ou viaxes, as intrigas detectivescas e de terror, as lendas, algúns
clásicos adaptados que poidan resultar atractivos polo perfil dos protagonistas e a
Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina10
súa trama, así como antoloxías líricas e de prosas poéticas que traten sobre
temas que interesen aos pequenos, coma o amor, a liberdade, a solidariedade, a
amizade, a natureza, o misterio... Así descubrirán novos estilos e xéneros que lles
axuden a definir os seus gustos e preferencias. Daquela compre observar se
visitan a biblioteca a miúdo, e se utilizan o servizo de préstamo de forma
autónoma e voluntaria. É un modo directo de valorar se o plan lector tivo os froitos
esperados.Asemade, reforzaremos técnicas coma o resumo, esquema ou escritura de
textos propios, baseados en modelos máis complexos, e asegurarémonos de que
a eficacia, a velocidade e a comprensión lectoras son as axeitadas.
4.2.- Outros aspectos de relevancia4.2.1.- Os ambientes lectores.
A creación de ambientes propicios para a lectura entre os alumnos/as é
esencial. A verba “ambiente” engloba espazos, tempos, accións e vivencias dos
participantes nos procesos educativos. Teranse en conta varias cuestións:
a) Queremos que as actividades de fomento da lectura realizadas na aula faganposible a participación de todos, o achegamento e o diálogo entre uns e
outros para formar grupos que compartan metas e ilusións e, ao mesmo tempo,
permitan a autonomía persoal. Deste xeito, e sempre que sexa posible,
prescindiremos da tradicional disposición espacial unidireccional, e optaremos
por unha organización máis activa, xuntando as mesas en grupos para que
cada neno/a sexa ao mesmo tempo receptor e emisor, potenciando o traballo
en grupo, o diálogo, e a realización de actividades complementarias ou distintas
en función das necesidades. Así crearemos ambientes dinámicos, que se
poidan transformar segundo sexa a natureza do traballo realizado.
b) Desexamos que os contornos de lectura reflictan as peculiaridades, os
intereses e a personalidade dos nenos/as. Para iso hai que facelos partícipes
da configuración dos espazos por medio de carteis con mensaxes sobre a
lectura en xeral ou sobre libros en particular, e elaboración de slogans
publicitarios.
Podemos impulsar as bibliotecas de aula que faciliten o acceso dos
Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina11
alumnos/as aos libros e lles permitan compartir e intercambiar lecturas. Deben
situarse en lugares accesibles e compoñerse de libros de atractivo deseño.
No terreo das estratexias e vivencias, debemos elixir un achegamento
lúdico á lectura. O obxectivo é activar a relación entre xogo, pensamento e
linguaxe, superando así a “obriga de ler” ao convertela no “xogo de ler”. Crear
historias a partir dun binomio fantástico, inventar finais, transformando as
funcións dos personaxes noutras antagónicas, técnicas que expón Gianni
Rodari na súa “Gramática da Fantasía”, serven perfectamente para chegar ao
fin desexado.
c) Por último, os espazos lectores teñen que estenderse fóra da aula, ata o
patio, a biblioteca, a aula de informática... Estes dous últimos estarán ben
sinalizados, e o seu acondicionamento debe ser agradable, para invitar aos
rapaces/zas a entrar.
Para logralo, débense realizar visitas periódicas, para que os alumnos/as,
sobre todo os máis pequenos, se familiaricen co seu contido e practiquen as
normas de uso.Con respecto á aula de informática, o uso dos recursos que nela se sitúan
é un elemento clave, pois os nenos/as senten especial curiosidade por todo o
que se asocie ás TIC. Para potenciar esta tendencia, os mediadores/as
considerarán tres vertentes:
A aprendizaxe de recursos cos que dominar as funcións básicas do
ordenador: escribir, buscar información, almacenala...
A utilización da informática coma unha ferramenta: para deseñar portadas,
realizar debuxos e carteis, pasar a limpo contos de produción propia, utilizar
o corrector, visitar páxinas de literatura infantil, intercambiar correos e textos
con alumnos/as doutros colexios, etc.
O ordenador como recurso pedagóxico para matizar ou ampliar
coñecementos de lectoescritura, aproveitando webs especializadas que
conteñan exercicios interactivos, ou amenas prácticas de escritura e
comprensión lectora.
Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina12
4.2.2.- Implicación das familias no proxecto.É indispensable buscar a colaboración das familias para que o plan lector non
se limite ao ámbito escolar. A forma máis directa de implicalas é darlles a coñecer o
noso proxecto e organizar reunións informativas. Nelas convén establecer unhaspautas de actuación. Estas son algunhas ideas para comentar e debater entre todos:
Pais e nais deben ter presente que son uns modelos de conduta para os seus
fillos/as. Se os nenos/as os ven ler, valorarán a lectura, e verana como unha
actividade cotiá.
É bo favorecer calquera tipo de lecturas adecuadas á súa idade e capacidade, e
non transmitir nunca a impresión de que ler é unha perda de tempo ou unha
actividade aburrida.
A motivación lectora reforzarase se na casa hai libros e comprometemos ao
neno/a na ampliación da biblioteca, e na formación dunha propia. De feito, un
dos obxectivos centrais das sesións informativas será orientar na elección das
lecturas infantís, tendo en conta as características de cada alumno/a, o seu nivel
formativo e as súas inclinacións. Os titores/as e o coordinador/a deben estar
dispostos a aconsellar aos pais/nais.
De igual xeito, nas sesións informativas podemos trazar outras estratexias queaxuden na motivación lectora, suxerindo ás familias varias actividades; por exemplo:
Acompañar ao neno/a á biblioteca pública máis próxima, tramitar o carné de
socio e tomar un libro en préstamo, para finalmente devolvelo na data indicada.
Visitar unha librería cunha boa oferta de literatura infantil e xuvenil, marcarlle un
presuposto e deixar que elixa o libro que máis lle guste. Despois comentar as
razóns da súa elección, resaltando aspectos positivos.
Visitar feiras de libros que se organizan en moitas localidades en determinadas
datas, coma o Día do Libro, Día das Letras Galegas.....
Aconsellar aos pais/nais dos nenos/as máis pequenos que lean un conto aos
seus fillos/as antes de durmir.
Asociar o feito de ler a moitas tarefas cotiás, coma consultar a programación
televisiva ou a carteleira dos cines, ler en alto e comentar noticias curiosas ou ler
as instrucións dun xoguete ou electrodoméstico antes de poñelos en marcha.
TTrrááttaassee ddee ccoooorrddiinnaarrssee ee ssuummaarr eessffoorrzzooss ppaarraa qquuee ooss nneennooss//aass aassoocciieenn aa
lleeccttuurraa aa ddiivveerrssaass aaccttiivviiddaaddeess qquuee rreeaalliizzaann xxuunnttoo aa ssúúaa ffaammiilliiaa..
Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina13
5.- DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO
Tendo en conta todo o exposto ata aquí, no CEIP Plurilingüe Manuel Murguía
parécenos axeitado realizar ou ter en conta unhas mínimas avaliacións do alumnado
en canto á relación que teñen coa lectura e aos hábitos relacionados coa mesma.
5.1.- Avaliación5.1.1.- Valoración dos hábitos lectores dos alumnos/as.
A tarefa coa que debemos iniciar o Proxecto Lector consiste en coñecer a
relación que manteñen os alumnos/as de Educación Primaria coa lectura.
Podemos utilizar diversas maneiras de recompilar información ao respecto.
Unha opción é organizar debates sobre o tema. Así, o titor/a ou mestre/a pode
formular preguntas do tipo: Que pasaría se non existisen os libros? E se ninguén
escribise historias para os demais? Que sucedería se, de súpeto, todo o mundo se
esquecese de ler? Que pasaría se só tivesen ou mercasen libros unhas poucas
persoas?
Outra maneira de coñecer os hábitos lectores é redactar un cuestionario, unha
batería de preguntas que revele conclusións xerais sobre condutas lectoras. A
continuación proponse unha enquisa que pode servir de modelo:
AVALIACIÓN INICIAL Si / MoitosAlgo /
AlgúnsNon / Nada /Case nunca
1. Gústache ler?
2. Hai na túa casa libros que che gusten?
3. Tés un libro na túa mesa de noite?
4. Estiveches algunha vez na biblioteca pública?
5. Vas á biblioteca do colexio?
6. Gústache visitar librerías?
7. Agasállanche libros a miúdo?
8. Pides que che agasallen libros?
9. Os teus pais/nais len na casa?
10. Len libros, ademais do periódico?
11. A túa familia anímate a ler?
Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina14
AVALIACIÓN INICIAL Si / MoitosAlgo /
AlgúnsNon / Nada /Case nunca
12. Síntaste na obriga de ler?
13. Les a miúdo cos teus pais/nais ou irmáns?
14. Gozas comentando as túas lecturas?
15. Gústanche máis os cómics que os contos?
16. Onde che gusta ler?
17. Ler paréceme... (aburrido, divertido, etc)
18. Encantaríame ler historias sobre...
19. Cantas horas les á semana?
Cómpre dicir que a aplicación da enquisa non debe ser un trámite; adecuarase
a un protocolo que asegure a súa eficacia. Por iso teremos en conta as seguintes
notas:
a) Consensuar entre todos un formulario definitivo a partir do que se inclúe arriba,
cambiando a súa redacción para adaptalo ás características dun grupo
determinado.
b) Pasar o cuestionario polos cursos, baixo a supervisión do titor/a de cada un.
c) Sistematizar os datos a través de porcentaxes, gráficas, etc.
d) Traballar máis ou menos nas diferentes propostas do plan de lectura, por parte
dos mediadores, segundo as carencias que detecte a enquisa.
e) Avaliar os froitos de proxecto coa mesma enquisa, xa que se ideou como
ferramenta para describir hábitos lectores, e podemos comprobar a evolución
comparando os resultados iniciais e finais.
5.1.2.- Valoración dende a experiencia docente.Ao mesmo tempo que se sondan hábitos de lectura por medio de preguntas
directas, non estaría de máis que os mediadores precisaran que carencias observan
entre os nenos/as, nunha serie de reunións convocadas ao efecto polo coordinador/a.
Así non confiarán unicamente o seu diagnóstico inicial ás respostas dadas polos
destinatarios do plan. É dicir, dende a práctica e a experiencia educativa concretarán
as dificultades que advirten nestas etapas para poder sopesalas e idear con certas
Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina15
garantías propostas de intervención.
Os mediadores docentes valorarán se hai desinterese, lagoas na comprensión
lectora, erros de pronunciación, fallos na interpretación dos signos de puntuación...
5.1.3.- Descrición dos recursos que posúe o centro.Tendo en conta que contamos cunha biblioteca que está perfectamente
informatizada e inventariada, poderemos avaliar se estamos a quitarlle partido aos
recursos dos que dispoñemos. Se os resultados son negativos, modificaremos o
sistema empregado, sempre co consenso dos sectores implicados.A continuación enuméranse aspectos a avaliar na biblioteca e na aula de
informática, a fin de orientar a descrición dispoñible e axilizar a súa mellora:
** SSOOBBRREE OO EESSPPAAZZOO::
o Mobiliario adecuado: número e tipo de mesas, cadeiras, expositores, etc.
o Iluminación, ambiente, decoración.
** SSOOBBRREE AA XXEESSTTIIÓÓNN DDAA BBIIBBLLIIOOTTEECCAA::
o Horarios de consulta e préstamo.
o Difusión de actividades e horarios.
o Vínculos coas bibliotecas de aula.
o Relación con bibliotecas públicas de preto.
o Participación de alumnos/as, pais/nais e docentes.
** SSOOBBRREE AA XXEESSTTIIÓÓNN DDOOSS FFOONNDDOOSS BBIIBBLLIIOOGGRRÁÁFFIICCOOSS::
o Fondos bibliográficos actualizados para diferentes niveis.
o Material audiovisual, CD-ROM.
o Revistas e publicacións periódicas.
o Folletos de solicitude de libros.
o Catálogos informatizados.
o Guías de lectura (por eixes transversais, por temática, por xénero, etc.)
** SSOOBBRREE AA AAVVAALLIIAACCIIÓÓNN DDAA BBIIBBLLIIOOTTEECCAA::
o Elaboración da memoria anual, onde se incluiría: un informe sobre o uso da
biblioteca, as actividades realizadas e propostas de mellora.
** SSOOBBRREE OOSS EEQQUUIIPPOOSS::
o Número de ordenadores, características, prestacións, accesorios.
Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina16
4.2.- Obxectivos xerais para a Educación PrimariaAo longo da Educación Primaria os alumnos/as deben consolidar os seguintes
obxectivos:
Desenvolver competencias para ler con fluidez, velocidade e entoación
axeitadas, comprender textos adaptados para a súa idade, usar a lectura
para ampliar vocabulario e coñecer as regras básicas da ortografía.
Dominar estratexias elementais de comprensión lectora.
Estimar o valor dos textos literarios e servirse da lectura coma fonte de
pracer, información e enriquecemento persoal.
Usar a biblioteca para a busca de información, e ver nela un recurso
privilexiado de goce.
Ler e resumir (de xeito oral ou por escrito), ao rematar cada curso, dez obras
aproximadamente, ademais de gozar de tipos de textos de extensión
variable, tanto por suxestión do mestre/a coma por iniciativa propia.
4.3.- Consecución das competencias clave dende o Proxecto LectorO Proxecto Lector do centro garantirá a paulatina capacitación dos nenos/as
nas competencias clave que se pretenden, de cara á súa formación como cidadáns
activos e solidarios.
As actuacións desenvolvidas por cada curso dentro do Plan Anual de Lectura e
o Proxecto Lector incidirán de xeito global na adquisición de todas as competencias
clave, posto que a formación de lectores competentes e a creación e consolidación do
hábito lector é un obxectivo básico para esta finalidade dende todas as áreas.
De xeito xeral, sinalamos a súa incidencia directa nos seguintes aspectos de
cada competencia clave:1. Competencia en comunicación lingüística (CCL):
Progresivo desenvolvemento do proceso lector.
Mellora da comprensión lectora.
Fomento da escritura.
Adquisición do vocabulario.
Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina17
2. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía(CMCT):
Comprensión da linguaxe matemática.
Interpretación e estrutura de problemas matemáticos.
Análise de gráficos.
Obtención e interpretación da información sobre o medio físico e social
que nos rodea.
Emprego da linguaxe para manter actitudes de respecto cara ao medio
social, os demais e un mesmo.
3. Competencia dixital (CD): Emprego eficaz e comprensivo das tecnoloxías da información e da
comunicación (TIC).
Utilización do ordenador para o tratamento e busca da información.
Identificación da estrutura e dos elementos comunicativos dun texto ou
gráfico.4. Competencias sociais e cívicas (CSC):
Utilización da lingua para coñecer sentimentos, valores e emocións en
relación coas demais persoas.
Uso do diálogo e a comunicación para resolver conflitos.
Fomento do traballo en equipo, aceptando outros puntos de vista.5. Conciencia e expresións culturais (CCEC):
Valoración das diversas manifestación culturais a través da lingua.
Elaboración de textos breves, usando a imaxinación e a creatividade.6. Aprender a aprender (CAA):
Utilización da linguaxe como base do pensamento e coñecemento.
Relación de novas aprendizaxes coas que xa temos.
Emprego da linguaxe para o análise de problemas da vida cotiá e
comprensión de diferentes contidos.7. Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE):
Comunicación de afecto, gustos, sentimentos e de emocións.
Reflexión sobre as normas de convivencia e a responsabilidade.
Planificación de respostas propias e toma de decisións ante problemas
cotiás.
Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina18
6.- PROPOSTAS DE TRABALLO
Para a consecución dos obxectivos propostos neste plan poden realizarse
actividades de moitos tipos. Entre todas as posibles convén que, dun ou doutro xeito,
en todas as aulas se leven a cabo as seguintes:
o Lectura diaria na aula: Esta é unha actividade que se vén realizando dende
hai xa moito tempo. Utilízanse libros de texto (que normalmente xa traen
actividades para favorecer a comprensión lectora), así coma libros da biblioteca
de aula ou da do centro.
A lectura en voz alta axuda a recoñecer as ideas principais do texto e a
saber relacionar a distinta información que conteñen.
Atendendo ao Decreto 105/2014, así como á LOE, modificada
parcialmente polo artigo único da LOMCE, dedicarase un tempo mínimo diario
de media hora á lectura. Ao principio de curso, todos os titores/as determinan
este tempo nunha franxa horaria, o cal pode estar repartido entre as áreas de
Lingua Galega e de Lingua Castelá.
o Lectura na biblioteca do centro: Semanalmente os grupos acoden á
biblioteca, na que se fan préstamos de libros e se dedica tempo á lectura. O
titor/a centrará moito a atención no coidado que se debe ter cos libros,
potenciando así o gusto por conservar os libros como algo valioso e como parte
da cultura propia.
o Fichas resumo: Unha boa actividade que se pode realizar despois da lectura
dun libro é a realización de fichas resumo. Cada curso adapta estas fichas ao
nivel dos seus alumnos/as, así como os titores/as ao seu grupo propio.
Dependendo dos niveis as fichas poderán conter o título, o autor, o número de
páxinas que ten o libro, o idioma no que está escrito e incluso un pequeno
resumo. Estas fichas poden realizarse dende os niveis máis baixos. En
Educación Infantil utilizarase o debuxo máis ca o texto, para reflectir os datos
que se queren facer constar. Incluso pódese converter en xogo e intentar
adiviñar o nome dun conto vendo os debuxos que se fixeran anteriormente, ou
Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina19
traballar a narración de contos por parte dos alumnos/as utilizando unicamente
imaxes das escenas máis importantes.
o Mochila viaxeira: O centro dispón de 10 mochilas. Cada unha delas ten varios
libros de diferentes niveis de lectura. Estas mochilas, xestionadas polo equipo
de biblioteca, repártense en función dos diferentes grupos, e o profesorado titor
é o encargado de repartilas. Cada alumno/a leva a mochila unha semana,
comprometéndose á lectura de diversos exemplares contidos na mesma.
o Proxecto común: Dende o departamento de biblioteca sairá ao inicio do curso
un tema que se desenvolverá todo ano, relacionándoo coas diferentes áreas
curriculares.
Tamén se poderán establecer talleres relacionados co tema do ano, da
seguinte maneira:
- Primeiro trimestre: Obradoiro de narrativa.
- Segundo trimestre: Traballo con poesías.
- Terceiro trimestre: Traballo con contos traídos de casa.
- Todo o curso: Elaboración de fichas de valoración sobre contos collidos
da biblioteca do colexio.
o Actividades complementarias: Adaptando sempre cada unha destas
actividades ás características dos diferentes niveis, levaranse a cabo visitas a
algunha editorial ou ao xornal para ver en directo o proceso de elaboración de
libros ou xornais.
Ademais, como xa se vén facendo dende hai anos no centro, seguiremos
asistindo a algunhas actividades de contacontos, teatro ou visitas a bibliotecas,
que organiza o Concello.
Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina20
7.- PROPOSTAS DE LECTURA
A modo de orientación, o equipo encargado da elaboración deste Proxecto
Lector propón algunhas lecturas que poden ser de interese:
11ºº CCUURRSSOO ddee EEdduuccaacciióónn PPrriimmaarriiaa::
o La despensa mágica. Begoña oro.
o Hay mañanas. Daniel Nesquens.
o El monstruo malacresta. David Peña.
o Nadie quiere jugar conmigo. Gabriela Keselman.
o Tú eres mi héroe. Juan Carlos Chandro.
o Un extraño en el tejado. Andrés Guerrero.
o Pupi e o club dos dinosaurios. Maria Menéndez-Ponte.
o Pupi e a aventura dos vaqueiros. Maria Menéndez-Ponte.
o Coellos de etiqueta. Gabriela Deselman.
o A máxica historia do ratiño pérez. Fina Casalderrey.
o Dóeme a lingua. Margarita Mainé.
22ºº CCUURRSSOO ddee EEdduuccaacciióónn PPrriimmaarriiaa::
o La lista de cumpleaños. Anna Manso.
o Morris, regálame un amigo. Gabriela Keselman.
o Cómo consolar a una ardilla. Begoña Oro.
o Ojos negros. Lluis Farré.
o Simón miedoso. Paloma Sánchez.
o ¿Por qué no habla mi gata? Miguel Piquemal.
o Pupi e a cabeza chea de fume. María Menéndez-Ponte.
o Pupi e as pantasmas. María Menéndez-Ponte.
o A casa de vidro do señor clin. Gloria Sánchez.
o A vaca maruja esquía en valbabuxa. Xavier Frías.
o A miña veciña éche unha bruxa. Paloma Bordóns.
.33ºº CCUURRSSOO ddee EEdduuccaacciióónn PPrriimmaarriiaa::
o Medianoche en la luna. Mary Pope.
o Susana ojos negros. Marjaleena Lembcke.
Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina21
o Papel en blanco. Josu Díaz.
o Amistad entre dinosaurios. Dick-King-Smith.
o Se vende garbanzo. Care Santos.
o El secreto del huevo azul. Catalina González.
o Cando a terra esqueceu xirar. Fina Casalderrey.
o O misterio da casa do pombal. Fina Casalderrey.
o Pegasiño. Ramón Blanco.
o A máquina contacontos. Xelís de Toro.
o Ra por un día. Mª Teresa Arretzaga.
44ºº CCUURRSSOO ddee EEdduuccaacciióónn PPrriimmaarriiaa::
o Caperucita roja. Alain Serres.
o El señor del mal. Josu Díaz.
o Retahílas del cielo y tierra. Gianni Rodari.
o Querida Azubá. Mónica Rodríguez.
o El tesoro de barracuda. Llanos Campos.
o Un lobo en la leonera. Paul Van Loon.
o As fadas verdes. Agustín Fernández.
o Pedro e as nubes. Xosé Mª Álvarez.
o Os corvos do xardín. Aldous Huxley.
o A escola dos piratas. Agustín Fernández.
o Correo urxente. Paula Carballeira.
55ºº CCUURRSSOO ddee EEdduuccaacciióónn PPrriimmaarriiaa::
o Mi vecino de abajo. Daniel Nesquens.
o Querido max. D.J.Lucas.
o El planeta de los árboles de navidad. Gianni Rodari.
o Luces en el canal. David Fernández.
o Como escribir realmente mal. Anne Fine.
o El amigo que surgió de un viejo ordenador. Belén Gopegui.
o A sopeira e o cazo. Michael Ende.
o O meu nome é Skywalker. Agustín Fernández Paz.
o Gordiño recheo. Fina Casalderrey.
o Unha inmensa vaca marela. J.F.Renau.
Proxectolector-CEIPPlurilingüeManuelMurguía Páxina22
66ºº CCUURRSSOO ddee EEdduuccaacciióónn PPrriimmaarriiaa::
o Hay un chico en el baño de las chicas. Louis Sachar.
o La gran masacre de los hámsters. Katie Davies.
o Futbolísimos. Roberto Santiago.
o Lila sacher y la expedición al norte. Catalina González.
o Mateo y el saco sin fondo. Alfredo Gómez.
o Kulanjango. El viaje del águila. Gill Lewis.
o Todo marcha sobre rodas. Graham Greene.
o Unha bruxa na casa. Fernando Cabezas.
o O día despois do día. Manuel Lourenzo.
o Trece anos de branca. Agustín Fernández Paz.
o Ideas de bombeiro. Andreu Martín.
E, válidos para todos os niveis educativos, adaptando o seu uso ás
capacidades dos alumnos/as, para o traballo de valores, recoméndanse:
“Beeelinda, la oveja sabia” e “Zeta y Silvia”. Begoña Ibarrola.
“El héroe de goma” e “Aquella última ola”. Begoña Ibarrola.
“Llámame capitán” e “La voz del corazón”. Begoña Ibarrola.
“La abuela extraterrestre” e “El pequeño unicornio”. Begoña Ibarrola.
“Negros e brancos”. David Mckee.
“Gato negro, gato branco”. Andrés Guerrero.
“Cal é a miña cor?”. Antoine Guilloppé.