propostas de dinamización relacionadas coa economía e a empresa · 2017. 4. 30. · consumidores...

13
ISSN: 1138-9664 Madrygal, 2010, 13 133-145 Propostas de dinamización relacionadas coa economía e a empresa 1 Valentina FORMOSO GOSENDE IES Félix Muriel (Rianxo) As funcións básicas de calquera Servizo ou Equipo de normalización son traducir, formar e dinamizar. Nos Equipos de Normalización Lingüística (ENL) dos centros de ensino basica- mente dinamízase, pero ás veces faise sen marcar ben os obxectivos, sen deseñar correctamente as actividades e logo sen avalialas. Tódolos proble- mas de organización e funcionamento dos ENL, que máis ben son ONGs do galego dos centros de ensino, tema de todos sabido e do que son perfec- tamente consciente, provocan que as súas activida- des, en moitos centros, queden mesturadas e con- fundidas coas extraescolares (festa do magosto, día da paz...). Sen ter nada en contra destas actua- cións, creo que as funcións dun ENL deben ir máis alá, deseñando proxectos que inclúan outras activi- dades, loxicamente cun esforzo extra dos que face- mos de “voluntarios da lingua”. A misión que a min me encargaron é a de mos- trarvos propostas de dinamización en relación co ámbito económico e empresarial para aqueles que queren dedicar o seu “voluntarismo” a programar actividades diferentes. Polo tanto, debaixo do títu- lo deste traballo non vou presentar experiencias (pois só un número moi pequeno das actividades que mencionarei as levei a cabo no meu centro), senón máis ben ideas que desde certo coñecemen- to que poida ter do ámbito empresarial e do ensino, penso que –en maior ou menor medida– se poden poñer en práctica desde os ENL, sempre depen- dendo de como estes estean organizados e asenta- dos. Antes de comezar, quero indicar que parto da idea de que a normalización lingüística do galego tería que ser algo integral, non creo que sexa posi- ble normalizar un ámbito e cando este estea empe- zar con outro. Faría falta que se desenvolvese un Programa de galeguización –impulsado desde a administración– que atacase tódalas frontes ó mes- mo tempo, para que os avances producidos nun campo repercutisen e, á súa vez, tivesen apoio nou- tro. Sería toda unha roda que xiraría máis rápido se o conxunto da sociedade estivese preocupada pola normalización da lingua. Mentres isto non se dá, nós podemos achegar o noso gran de area: dinami- zar entre o alumnado e tentar chegar ó mundo da empresa. 1. ENSINO E MUNDO EMPRESARIAL A min encargáronme presentar propostas que liguen dous mundos: o económico e o educativo. Neste último téñense investido máis esforzos e diñeiro ca no primeiro no tocante á normalización. Ben é certo que o ámbito empresarial é un dos campos máis difíciles de atacar; pero por outra banda, debido ó peso que ten, a súa normalización arrastraría o resto da sociedade. De feito, se o noso alumnado –e os seus pais– percibisen que o galego lles podía ser útil para traballar nas empresas, o interese en aprendelo e usalo subiría considerable- mente xa que verían que “pode servir para algo”. No ámbito docente e dos equipos de normaliza- ción pénsase que o tecido empresarial está moi afastado de nós, pero quizais non o estea tanto. Podemos mesmo entender que forma parte da comunidade educativa: o alumnado dos ciclos for- mativos fai prácticas en empresas, vai acabar tra- ballando en empresas, o centro conta con empresas provedoras, está integrado nun concello con deter- minadas empresas, pais e nais do alumnado dirixen 1 Este artigo redactouse por pedimento da organización do I Seminario de dinamización lingüística no ensino celebrado nas sete cida- des galegas en novembro e decembro de 2006. Quedou inédito debido a que as actas do devandito Seminario non se chegaron a publicar.

Upload: others

Post on 17-Aug-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Propostas de dinamización relacionadas coa economía e a empresa · 2017. 4. 30. · consumidores cos que todos traballamos: A. Reflexión como consumidores da informa-ción saída

ISSN: 1138-9664Madrygal, 2010, 13 133-145

Propostas de dinamización relacionadas coa economíae a empresa1

Valentina FORMOSO GOSENDE

IES Félix Muriel (Rianxo)

As funcións básicas de calquera Servizo ouEquipo de normalización son traducir, formar edinamizar. Nos Equipos de NormalizaciónLingüística (ENL) dos centros de ensino basica-mente dinamízase, pero ás veces faise sen marcarben os obxectivos, sen deseñar correctamente asactividades e logo sen avalialas. Tódolos proble-mas de organización e funcionamento dos ENL,que máis ben son ONGs do galego dos centros deensino, tema de todos sabido e do que son perfec-tamente consciente, provocan que as súas activida-des, en moitos centros, queden mesturadas e con-fundidas coas extraescolares (festa do magosto,día da paz...). Sen ter nada en contra destas actua-cións, creo que as funcións dun ENL deben ir máisalá, deseñando proxectos que inclúan outras activi-dades, loxicamente cun esforzo extra dos que face-mos de “voluntarios da lingua”.

A misión que a min me encargaron é a de mos-trarvos propostas de dinamización en relación coámbito económico e empresarial para aqueles quequeren dedicar o seu “voluntarismo” a programaractividades diferentes. Polo tanto, debaixo do títu-lo deste traballo non vou presentar experiencias(pois só un número moi pequeno das actividadesque mencionarei as levei a cabo no meu centro),senón máis ben ideas que desde certo coñecemen-to que poida ter do ámbito empresarial e do ensino,penso que –en maior ou menor medida– se podenpoñer en práctica desde os ENL, sempre depen-dendo de como estes estean organizados e asenta-dos.

Antes de comezar, quero indicar que parto daidea de que a normalización lingüística do galegotería que ser algo integral, non creo que sexa posi-ble normalizar un ámbito e cando este estea empe-

zar con outro. Faría falta que se desenvolvese unPrograma de galeguización –impulsado desde aadministración– que atacase tódalas frontes ó mes-mo tempo, para que os avances producidos nuncampo repercutisen e, á súa vez, tivesen apoio nou-tro. Sería toda unha roda que xiraría máis rápido seo conxunto da sociedade estivese preocupada polanormalización da lingua. Mentres isto non se dá,nós podemos achegar o noso gran de area: dinami-zar entre o alumnado e tentar chegar ó mundo daempresa.

1. ENSINO E MUNDO EMPRESARIAL

A min encargáronme presentar propostas queliguen dous mundos: o económico e o educativo.Neste último téñense investido máis esforzos ediñeiro ca no primeiro no tocante á normalización.Ben é certo que o ámbito empresarial é un doscampos máis difíciles de atacar; pero por outrabanda, debido ó peso que ten, a súa normalizaciónarrastraría o resto da sociedade. De feito, se o nosoalumnado –e os seus pais– percibisen que o galegolles podía ser útil para traballar nas empresas, ointerese en aprendelo e usalo subiría considerable-mente xa que verían que “pode servir para algo”.

No ámbito docente e dos equipos de normaliza-ción pénsase que o tecido empresarial está moiafastado de nós, pero quizais non o estea tanto.Podemos mesmo entender que forma parte dacomunidade educativa: o alumnado dos ciclos for-mativos fai prácticas en empresas, vai acabar tra-ballando en empresas, o centro conta con empresasprovedoras, está integrado nun concello con deter-minadas empresas, pais e nais do alumnado dirixen

1 Este artigo redactouse por pedimento da organización do I Seminario de dinamización lingüística no ensino celebrado nas sete cida-des galegas en novembro e decembro de 2006. Quedou inédito debido a que as actas do devandito Seminario non se chegaron a publicar.

Page 2: Propostas de dinamización relacionadas coa economía e a empresa · 2017. 4. 30. · consumidores cos que todos traballamos: A. Reflexión como consumidores da informa-ción saída

empresas ou traballan nelas... Daquela eu –que nis-to da normalización quero ser moi optimista e secadra algo utópica– creo que podemos ter isto enconta e –segundo as características do noso cen-tro– ver as posibilidades de incidir desde o ENL,máis directa ou indirectamente, no ámbito empre-sarial.

1.1. DINAMIZACIÓN NOS IES:ELABORACIÓN DE PROXECTOSRELACIONADOS CO ÁMBITOEMPRESARIAL

Eu, como responsable dun ENL desde hai seisanos, son coñecedora dos problemas existentes namaioría dos centros para realizar proxectos multi-disciplinares, para sacar actividades fóra do insti-tuto, para conseguir colaboración de alumnado eprofesorado, etc. Daquela, son consciente de queas propostas que vou presentar non se adaptan atódolos centros en tódolos momentos: son dificil-mente realizables se non está ben consolidado oENL, é case imposible que as poida levar a cabounha persoa soa e menos se o/a coordinador/a nonten destino definitivo.

Deixando á marxe estes casos, vou presentarpropostas que, se alguén ve aproveitables e quereintroducir na súa programación, debería organiza-las tentando seguir os seguintes pasos, que segura-mente moitos xa dades:

1. Planificación e deseño de obxectivos2. Diagnóstico da situación

a. Coñecemento mínimo do contornoempresarial

b. Diagnóstico das representacións doalumnado

3. Deseño de estratexiasa. Planificación de actividadesb. Recursosc. Orzamentod. Cronograma

4. Desenvolvemento das actividades5. Avaliación do proxecto

Ademais hai que ter presente na elaboración edesenvolvemento dos proxectos de normalizaciónque pretendan dinamizar na empresa, que estesdeben:

1) Adaptarse ás características dos centros,pois cada un ten a súa idiosincrasia (non é omesmo un centro de primaria ca un desecundaria, un que estea situado no ámbitourbano ou no rural, que o ENL estea confi-gurado por profesorado definitivo ou provi-sional, que este sexa do concello ou defóra....);

2) Integrar –na medida do posible– o tecidoempresarial (previamente coñecido). Segu-ramente vai resultar máis fácil nos centrosque contan con ciclos formativos.

3) Deseñar obxectivos: alcanzables e en rela-ción ó Plan Xeral de Normalización para aLingua Galega (PXNL).

4) Programar actividades coordinadas e trans-versais: O ENL debería (na medida das súasposibilidades) tentar incluír a outros depar-tamentos: ciclos, ciencias, informática,plástica... así como procurar poñerse encontacto –para certas actividades– conalgunha asociación empresarial local, servi-zo de normalización de concellos...

2. OBXECTIVOS

Cada ENL, segundo as súas características ecircunstancias, verá as posibilidades que ten á horade elaboración dos seus proxectos de normaliza-ción, polo tanto poderá incluír máis ou menosobxectivos relacionados co ámbito económico eempresarial.

Aquí vou presentar algúns posibles, dentro domarco lexislativo existente e do documento poloque –neste momento– se debe rexer a políticalingüística levada adiante polo goberno autonómi-co O Plan Xeral de Normalización para a LinguaGalega2. Este, no apartado referido á economía,presenta3 obxectivos fundamentais:

Valentina Formoso Gosende Propostas de dinamización relacionadas coa economía e a empresa

134 Madrygal, 2010, 13 133-145

2 No anexo pódense ver –parafraseadas– algunhas das medidas que se recollen no Plan Xeral de Normalización para a Lingua Gale-ga destinadas a cubrir estes obxectivos.

3 Os grupos de discusión forman parte das técnicas de análise cualitativa. Consisten en reunir a unha serie de persoas descoñecidasentre si, propoñerlles un tema sobre o que teñen que iniciar unha conversa informal co obxectivo de que digan o que pensan (fronte ásenquisas, onde moitas veces se di o que se sabe que o entrevistador quere oír). Grávanse e logo transcríbense para analizar o discurso,daquela os exemplos que se presentan son transcrición de conversa oral (Pódese ver información sobre esta técnica en Ibáñez, 1986).

Page 3: Propostas de dinamización relacionadas coa economía e a empresa · 2017. 4. 30. · consumidores cos que todos traballamos: A. Reflexión como consumidores da informa-ción saída

• Crear conciencia de que o uso do galego podefavorecer as relacións laborais, comerciais ebancarias.

• Estender o uso da lingua galega nas relaciónslaborais, comerciais e empresariais.

• Fomentar nos consumidores o hábito de usarene reclamaren a atención comercial en galego

Dado que estes son os obxectivos que se consi-deraron básicos na normalización do ámbito econó-mico podemos tentar adoptalos e adaptalos para onoso traballo. Parto de que, aínda que o ideal seríaque a administración coordinase os servizos de nor-malización de concellos, centros de ensino, empre-sas.... e traballásemos dalgún xeito cara ós mesmosobxectivos (quizais a través dunha entidade do tipoConsorcio), mentres pódese tentar intervir na medi-da das nosas posibilidades, ilusión e esforzo.

1.2. OS USUARIOS COMO CONSUMIDORESLINGÜÍSTICOS

O primeiro obxectivo que vou tratar é o que apa-rece no PXNL como terceiro: Fomentar nos consu-midores o hábito de usaren e reclamaren a atencióncomercial en galego, pois creo que quizais sexa omáis fácil de asumir, xa que desde primaria todostraballamos con consumidores, que xogan un papelfundamental para o empresario: o de demandantes.Fixémonos nun par de declaracións de empresariosa respecto da cuestión da “demanda”:

1. Declaracións de Iván Barberá, responsabledo departamento de documentación de Zara-Gru-po Inditex:

Para sermos sinceros, en Galicia tivemos moipoucas chamadas de queixa por non utiliza-lo gale-go. En cambio, déboche dici-lo contrario docatalán...[...]. Non hai que enganarse, movémonospola demanda social e hai unha demanda moitomáis forte en Cataluña ca en Galicia (Ramallo eRei Doval, 1997: 276).

2. Fragmento do discurso dunha empresaria,extraído dun grupo de discusión3:

H: eu creo que o que marca sempre a pauta nasempresas é o cliente o sea se o cliente demanda as

empresas e os directivos e toda a empresa se volcará| por eso que é fundamental que a sociedá esté con-cienciada porque se non está concienzada as empre-sas {(ac) tampouco llo van impoñer ós seus clientes}se: se ves unha necesidá (GE: 751-754) (FormosoGosende, 2005)

O empresariado móvese pola lei da oferta e dademanda, pero en Galicia non existe demanda degalego nas tendas, produtos... Daquela un dosnosos obxectivos sería “formar e/ou concien-ciar” alumnado que demande o galego. Oseguinte paso é pensar en como facelo.

1.2.1. Medidas

Baixo esta epígrafe vou propoñer unha serie deactuacións destinadas a mover as consciencias dosconsumidores cos que todos traballamos:

A. Reflexión como consumidores da informa-ción saída das empresasA maioría do noso alumnado galegofalante non

é consciente do pouco respecto que se lle ten comoconsumidor. Un traballo inicial pode consistir enfacerlle ver precisamente iso, reflexionar en quevivimos na anormalidade de que tódolos produtosde consumo diario cos que se relacionan estánrotulados e publicitados en castelán.

A partir de aí, e dependendo con que idades tra-ballemos, podemos dirixir:

• Unha reflexión sobre os usos lingüísticos dosprodutos alimenticios que toman diariamente(leite, cereais, chocolate...) tanto na rotula-ción coma na publicidade.

• Unha análise de usos en artigos para o campo ourelacionados co rural fronte a aqueles de consu-mo máis moderno ou propiamente urbano.

• Organización dunha campaña de boicot deunha semana a determinados produtos gale-gos que non usan para nada a nosa lingua,con previa información á empresa.

B. A rotulación en firmas galegas con expan-sión fóra. Reflexión como consumidoresPoderíanse organizar as seguintes actuacións:

Valentina Formoso Gosende Propostas de dinamización relacionadas coa economía e a empresa

135Madrygal, 2010, 13 133-145

3 Os grupos de discusión forman parte das técnicas de análise cualitativa. Consisten en reunir a unha serie de persoas descoñecidasentre si, propoñerlles un tema sobre o que teñen que iniciar unha conversa informal co obxectivo de que digan o que pensan (fronte ásenquisas, onde moitas veces se di o que se sabe que o entrevistador quere oír). Grávanse e logo transcríbense para analizar o discurso,daquela os exemplos que se presentan son transcrición de conversa oral (Pódese ver información sobre esta técnica en Ibáñez, 1986).

Page 4: Propostas de dinamización relacionadas coa economía e a empresa · 2017. 4. 30. · consumidores cos que todos traballamos: A. Reflexión como consumidores da informa-ción saída

• Análise do comportamento de empresasgrandes galegas que teñen tenda en Galicia(onde rotulan en castelán) e en Cataluña(onde rotulan en castelán). Poden presentarsefotos (ou ben pedirlles ao alumnado que asfagan) dos rótulos dos escaparates de roupa,ou da publicidade de firmas como as do gru-po Inditex, A. Domínguez, Verino... Presen-tarlles logo imaxes das tendas en Cataluña. Oagravio comparativo normalmente fai reac-cionar mesmo o alumnado castelanófono(véxanse mostras no anexo).

• A continuación tería lugar a reflexión comoconsumidores, e como tales, poderían elabo-rar unha carta de protesta por discriminaciónpara enviar masivamente a estas firmas. Tra-taríase da organización de campañas seme-llantes ás que ten feito A Mesa, por exemplo,para pedir a galeguización dos teléfonosmóbiles.

Unha das medidas do Plan Xeral para a empresa(véxase anexo) consiste en: “Promover a incorpora-ción do uso do galego especialmente nas empresaspunteiras da economía galega”. De feito, cando seaprobou o PXNL, esta foi unha das medidas ás quese lle deu máis eco: “As empresas punteiras tiraránda lingua” (Galicia Hoxe: 31/01/05), aínda que demomento non se visen moitos resultados4.

Con todo, debemos reflexionar sobre se osnosos proxectos se deben dirixir primeiro ou enexclusiva ás empresas grandes. Son básicas?Segundo se pode apreciar nas declaraciónsdalgúns pequenos empresarios ó respecto destetema, interpretan os usos das empresas grandes enmoitos casos como un uso ritual, unha estratexiaque poden realizar porque teñen diñeiro; por isonon lles repercute5:

Hai que ter isto en conta e pensar que as nosasactuacións cara ó mundo empresarial poden irorientadas a firmas pequenas do noso contorno.

C. Actuacións en empresas galegas próximas anós. O pequeno comercio e as tendas debarrioPara algúns se cadra é máis doado actuar co

pequeno comercio do noso contorno, ó que posi-blemente sexa máis fácil chegar desde os nososequipos e onde se poden seguir máis de cerca osresultados. Ademais as tendas de barrio, tradicio-nais, co cartel feito manualmente, poden ser máisreceptivas á mensaxe do noso alumnado consumi-dor (os propietarios son de aquí, moitos galegófo-nos, coñecen o noso centro, poden ser provedoresdo noso alumnado...), e á súa vez poden ter máisinfluencia no cidadán de a pé. Así, algunhas actua-cións poderían ser:

• Elaborar unha queixa como consumidorespara enviar a empresas do concello que nonfagan uso do galego: por exemplo librarías,tendas de deportes, supermercados ou quios-cos máis visitados polo noso alumnado.

• Organizar un premio á mellor campañapublicitaria en galego dunha empresa donoso contorno (dependendo do caso poderáser concello, comarca...). Para termos candi-datos, quizais teñamos que enviarlles unhanota de que lles traducimos nós o texto doslogan, porque corremos o risco de que nonse presente ninguén por moi substanciosoque sexa o premio.

1.3. ESTENDER USOS

Atendemos agora ó desenvolvemento doutrodos obxectivos que podemos adaptar ó noso pro-xecto, tirado do PXNL: Estender o uso da linguagalega nas relacións laborais, comerciais eempresariais e que está directamente relacionadoco anterior. Con todo, antes de dinamizar seránecesario coñecer o contexto, é dicir, saber calesson os usos que hai que estender. Vou comezar pordar algúns datos sobre os usos na empresa6:

Valentina Formoso Gosende Propostas de dinamización relacionadas coa economía e a empresa

136 Madrygal, 2010, 13 133-145

4 Xa houbo unha aposta polas empresas grandes nos anos noventa cando se creou a Fundación Galicia-Empresa, configurada, entreoutras, na actualidade por: San Luis, Adegas das Eiras, Rodman-Poliships, Sargadelos, Zéneca-Farma, R... Algunhas das que comezaronseguen galeguizadas (San Luís), pero outras xa non. Por que se estancou o proceso? Por que non aumentan?

5 Vese na seguinte conversa extraída dun grupo de discusión: MOD: e que impresión teñen e: do uso do galego e en sectores prestixiados como poden ser el corte inglés ou agora mesmo en gali-cia R? que impresión cren que producen (...) cren que teñen un certo enganche para outras máis pequenas?V: eu como xa vexo tan comercial todo penso que non repercute: | o sea como ves que é unha captación así de mercado tan tan tan...Rd: eso da la sensación que en esas empresas no no hay una estrategia marcada de empresa (...) lo que se aprecia quizás solamentea nivel de: de marketing no? que el corte inglés te haga una cierta publicidad en en castellano y en en gallego e:… pero no a otro nivelno? (Formoso Gosende, 2005).6 Os datos están extraídos de Formoso Gosende, 2005. Os gráficos reflicten os datos dunha enquisa pasada mediante entrevista per-

soal a directivos/as de empresas que contestaron sobre os usos tanto dos/as directivos/as coma dos/as traballadores/as.

Page 5: Propostas de dinamización relacionadas coa economía e a empresa · 2017. 4. 30. · consumidores cos que todos traballamos: A. Reflexión como consumidores da informa-ción saída

O máis rechamante adoita ser que o interlocu-tor parece que impón a lingua á hora de falar coaclientela, pero é de todos sabido que iso ocorre

cando aquel é castelanfalante. O resultado é seme-llante para os traballadores, como se ve no seguin-te gráfico:

Hai que destacar que moitos enquisados fixerona diferenza dentro da mesma empresa entre os tra-balladores de taller ou almacén (máis galegófonos)

e os das oficinas (máis castelanófonos), o que con-firma a marca social que supón a lingua. A conti-nuación preséntanse os datos sobre a lingua escrita:

Valentina Formoso Gosende Propostas de dinamización relacionadas coa economía e a empresa

137Madrygal, 2010, 13 133-145

Gráfico 1. Lingua dos/as directivos/as para falar con traballadores/as, outros/as directivos/as e clientela.

Gráfico 2. Lingua dos/as traballadores/as para falar con outros/as traballadores/as, directivos/as e clientela

Page 6: Propostas de dinamización relacionadas coa economía e a empresa · 2017. 4. 30. · consumidores cos que todos traballamos: A. Reflexión como consumidores da informa-ción saída

Valentina Formoso Gosende Propostas de dinamización relacionadas coa economía e a empresa

138 Madrygal, 2010, 13 133-145

7 Núm. Traballadores Empresas en Galizasen asalariados 100.640de 1 a 5 asalariados 55.034de 6 a 9 asalariados 6.639de 10 a 19 asalariados 4.856de 20 a 49 asalariados 2.759de 50 a 99 asalariados 629de 100 a 249 asalariados 265de 250 a 499 asalariados 62500 ou máis asalariados 30Total 170.914

Gráfico 3. Lingua empregada para a escrita

Gráfico 4. Lingua dos escritos para a administración autonómica ou para empresas que usan o galego

Vese nesta última gráfica que os usos do galegoescrito aumentan na relación coa administraciónautonómica, con todo a suma de “galego” e “máis gale-go” son semellantes ós de “castelán” e “máis castelán”.

Destaca que un número importante declare que“non sabe” en que lingua se fan os seus escritos,

isto é debido a que a maioría do noso tecido empre-sarial está formado por empresas moi pequenas.Teñamos en conta que das case 171 mil empresasrexistradas en Galicia, só 8.600 contan con 10 oumáis asalariados7.

Page 7: Propostas de dinamización relacionadas coa economía e a empresa · 2017. 4. 30. · consumidores cos que todos traballamos: A. Reflexión como consumidores da informa-ción saída

Por outra banda, quero destacar que as carac-terísticas que teñen estas empresas leva a que amaioría xestionen a súa contabilidade, nóminas edemais papelorio fóra da propia sede. É un dato rele-vante porque numerosas entidades estarían galegui-zadas no seu aspecto interno desde o momento enque o fixesen xestorías e asesorías que, á súa vez,actuarían como motor impulsor dos seus clientes.

1.3.1. Medidas

A seguir presento algunhas posibles medidaspara cumprir o obxectivo anterior:

D. Empresas visitadas. Análise sociolingüísti-ca, reflexión e actuacións

Moitas veces desde os centros de ensinoorganízanse visitas a empresas, normalmente porparte dos departamentos de ciclos, economía, cien-cias... En colaboración con estes, pódese realizarunha pequena análise lingüística para logo traba-llar desde o ENL. É unha forma tamén de obterdatos e de facer que o alumnado reflexione ó res-pecto. Desde o centro no que eu traballo téñensedeseñado unhas fichas de observación para que oalumnado anote os usos orais e escritos que se dandentro da firma que está a visitar. Partindo dosdatos extraídos poderíanse enviar cartas á empresavisitada, comentándolles a preocupación que acomunidade educativa ten pola lingua e solicitán-dolles amablemente o cambio ó galego, indicándo-lles que na próxima visita lles gustaría ver algoescrito na nosa lingua e/ou que a atención fose engalego. Se xa foi así, tamén se poden realizar car-tas de agradecemento. O ideal sería que nosadiantásemos e demandásemos o noso idiomaantes da realización da viaxe (previo acordo coapersoa que organice a excursión).

E. Convite ó uso do galego a empresas do nosocontorno

En relación coas actuacións anteriores pódeselevar a cabo a elaboración dunha carta convidandoó uso do galego a algunha empresa do noso contor-no. O alumnado daríalle dúas ou tres razóns polasque deberían empregar a lingua vernácula. Isto,aínda que non derive en ningún cambio de usos,polo menos leva a que os mozos e mozas do Equi-po de normalización reflexionen sobre o tema eque os propios empresarios o fagan tamén.

F. Campaña de cara ás empresas do noso con-cello: Lema, cartel e adhesivos

Pódese organizar unha campaña simple paraanimar ó uso do galego entre as empresas do nosoconcello. Esta foi unha actividade que estamos arealizar no noso centro cos seguintes pasos:

– Organízase entre o alumnado ben do equipo,ben dos cursos superiores, un concurso paraelixir un lema que anime ás empresas ó usodo galego.

– Pénsase nun esbozo de deseño e déixase enmans do departamento de plástica para queelaboren con determinados grupos diferen-tes propostas de deseño de cartel que sirvapara o póster e o adhesivo.

– Preséntaselle un primeiro deseño á asocia-ción de comerciantes da vila, por se participana súa edición e distribución.

– Distribúese nas empresas do concello coaidea de que coloquen o póster no seu local eque sexan eles os que repartan adhesivosentre a clientela.

G. Campaña para a galeguización das asesorías

Xa dixen que considero este sector fundamen-tal na galeguización das PEME, e aínda que sonconsciente de que esta actividade é moi complexa,en cada centro pódese adaptar ás súas posibilida-des. O ideal sería que calquera campaña destaíndole se coordinase desde a administración e quenos centros de ensino puxésemos o noso gran dearea. Mentres tanto propoño algunhas actividadesdirixidas a estas empresas (que nalgúns concellosse cadra nin hai e teriamos que ir ás de concelloslimítrofes):

• Propoñerlles a tradución dos programasinformáticos que utilizan (por exemplo o denóminas, o de contabilidade...). Recordemosque elaboran as nóminas e levan a contabili-dade de infinidade de firmas pequenas.Nalgúns casos, se se conta coa colaboracióndo departamento de informática, quizais sepuidese realizar a tradución destes progra-mas nos nosos centros.

• Cursos de formación en galego comercialpara o persoal que alí traballa, pero taménpara o noso alumnado de ciclos formativos

Valentina Formoso Gosende Propostas de dinamización relacionadas coa economía e a empresa

139Madrygal, 2010, 13 133-145

Page 8: Propostas de dinamización relacionadas coa economía e a empresa · 2017. 4. 30. · consumidores cos que todos traballamos: A. Reflexión como consumidores da informa-ción saída

que teñan que ver coa administración, moitosdeles futuros traballadores destas asesorías exestorías. Deámonos conta que a maioríaaprende a realizar os documentos en casteláne así vai ser como os fagan na empresa. Oideal sería que estes cursos estivesen patroci-nados polas Asociacións e Confederaciónsde Empresarios. Nós podiamos organizalosno centro se eles achegaban os medios e oprofesorado (No ano 1998 desde a Confede-ración de Empresarios de Galicia desen-volvérase un programa formativo en galegocomercial que se impartiu en diferentes cen-tros de ensino secundario de toda Galicia).

• Edición de trípticos con terminoloxía básicadeste ámbito de traballo. Pediríaselles a estasempresas que nos pasasen listados de termosque non saben usar en galego e desde o ENLtentariamos traducirllos, pedindo a colabora-ción de Termigal para a súa revisión.

Para calquera destas actividades sería taménideal colaborar co SNL do noso concello, sempreque exista.

1.4. CREAR CONCIENCIA

O primeiro obxectivo que marcaba o PXNLpara o ámbito económico era: “Crear concienciade que o uso do galego pode favorecer as rela-cións laborais, comerciais e bancarias”. Deixei-no conscientemente para o final porque pertence ócampo das ideoloxías e representacións lingüísti-cas, é dicir, trátase de mover actitudes e concien-cias. Daquela creo que habería que esmiuzar esteobxectivo tan amplo en outros máis pequenos emáis doados de conseguir ó noso nivel, por exem-plo:

• Mellorar as representacións sobre o galegocomo lingua culta.

• Cambiar a imaxe do castelán como linguapara as relacións económicas por excelencia.

• Promover o galego desde a necesidade domultilingüismo na economía europea actual:

“Vender a necesidade do galego nunha eco-nomía europea cada vez máis multilingüe”8.

Debemos partir de que a realidade que se llemostra ó noso alumnado non é a de que o galegopoida favorecer as relacións laborais, comerciais ebancarias.

O primeiro atranco que se debe superar antes denada é, desde o meu punto de vista, vencer moitasdas representacións negativas cara ó galego queaínda existen:

a) Lingua do rural: sobre todo aquelas varian-tes cun acento marcadamente galego e tra-zos dialectais destacados.

b) Marca social de clases baixas fronte ás cla-ses altas que falan máis castelán ou ben“outro galego”.

c) Lingua con funcións limitadas, polo que senecesita o castelán (que ten maior horizonteterritorial).

Con todo, a sociedade en xeral e os adolescen-tes en particular amosan representacións contradi-torias, aprecian o cambio na situación diglósica:por un lado asimilan que o galego mellorou o seustatus e ampliou usos, pero consideran que non éunha lingua que estea ó mesmo nivel có castelán.Ademais hipervaloran e rexeitan ó mesmo tempo ogalego estándar.

Ese cambio de status apréciase por exemplonas modificacións que sufriu a paisaxe lingüísticadas nosas empresas, podendo xa lerse –aínda queestean raros– rótulos en galego. Vemos, antes decontinuar, algúns datos:

A paisaxe lingüística mudou a favor do galegodesde as subvencións que deu a administración.Destaca que a maioría dos rótulos sexan “indife-rentes” en canto á lingua que usan, é dicir, que otexto do rótulo se escribiría igual en galego e encastelán.

Diminúen os usos na rotulación interna, e sobretodo os “indiferentes”, en primeiro lugar porquehai máis texto e resulta moito máis difícil non dis-tinguir a lingua.

Valentina Formoso Gosende Propostas de dinamización relacionadas coa economía e a empresa

140 Madrygal, 2010, 13 133-145

8 Pode verse o documento “Un novo marco estratéxico para o multilingüismo” que se presentou en novembro de 2005 no Parlamen-to Europeo en Figel, 2005.

Page 9: Propostas de dinamización relacionadas coa economía e a empresa · 2017. 4. 30. · consumidores cos que todos traballamos: A. Reflexión como consumidores da informa-ción saída

Hai que ter en conta que se se pregunta polosusos directamente os resultados son diferentes ósque se obteñen da observación da rotulación ou dapapelería. Por exemplo, podemos atopar empresasque están rotuladas en galego pero escriben oenderezo en castelán (do tipo Madeiras Pepiño,sita en “Calle Nueva ”, Noya ou Puentecesures).Esta circunstancia é bastante habitual e moitasveces pásalle desapercibida ó empresario, ben porfalta de formación (o castelanismo “calle” está

completamente estendido), ben porque lle é indife-rente a lingua na que estea escrito, e aínda así nonse lle ocorre solicitar especificamente nas impren-tas (ou empresas de rotulación) a escrita en galego,feito que hai que recalcar, aínda cando se lle dea ainformación oral nesta lingua.

Podemos propornos que o noso alumnadoreflexione sobre estas cuestións e vexa a importan-cia de presentar a empresa galeguizada, así comoque se faga consciente das dificultades existentes

Valentina Formoso Gosende Propostas de dinamización relacionadas coa economía e a empresa

141Madrygal, 2010, 13 133-145

Gráfico 5. Lingua do rótulo principal9

Gráfico 6. Lingua da rotulación interna

Page 10: Propostas de dinamización relacionadas coa economía e a empresa · 2017. 4. 30. · consumidores cos que todos traballamos: A. Reflexión como consumidores da informa-ción saída

cos provedores de rótulos. En teoría os nosos dis-centes xa non terán os problemas de falta de for-mación que teñen (ou din ter) a maioría dos seuspais e tódolos seus avós, en moitos casos donos outraballadores de empresas. Vese nestes exemplosde declaracións recollidas en grupos de discusión(Formoso Gosende, 2005):

F: (...) a min pásame coma a aquela señora eupenso en galego eu conto en gallego sin embargonon o escribo (GE10)

R: (...) eu non escribo un escrito en gallegoporque sei que vou a ter mogollón de faltas (GE:)

Sk: (…) non leo en gallego non escribo en galle-go tampouco nunca fixen o: o esforzo / (GT)

So:= falalo non porque o falei sempre=> na casai tal pero o que é escribilo me resulta dificilísimoteño: / dudo moiTÍsimo: entre: nos acentos poñeruve <=ou be= (GT)

1.4.1. Medidas

Aínda que, como dixen desde o principio osnosos proxectos non deberían ser algo illado, áhora de cubrir estes obxectivos moito menos. Qui-zais poderiamos ter máis forza con medidas enparalelo a outros centros do noso contorno, para irmovendo conciencias ó mesmo tempo e ir creandooutro tipo de discurso e outra disposición de caraós usos nas relacións laborais. Algunhas das activi-dades poderían ser:

H. Obradoiros para a mellora de actitudes en-tre o alumnado

Esta é unha experiencia levada a cabo no nosocentro que deu moi bo resultado. Aorganización deobradoiros para mellorar actitudes, impartidos porempresas externas ó centro (Reverso - ServizosLingüísticos, Tagen-Ata...) resultou moi exitosapois conseguiron transmitirlle a mensaxe ó alum-nado moito máis rapidamente e de forma máislúdica có profesorado do IES, que lles dicimos omesmo pero de forma máis teórica, no marco dun-ha aula e tendo como obxectivo final un exame.Destoutra maneira o alumnado reflexiona e adoitaresponder moi positivamente.

I. Campaña de cara ás empresas con denomi-nación de orixeEsta campaña sería idónea naqueles concellos

que conten con empresas destas características,aínda que non ten porque facerse exclusivamentedesde alí.

Nun primeiro momento poderíanse analizar osusos lingüísticos destas empresas (etiquetaxe,rotulación, publicidade...) para detectar abondososcasos existente (coma o que se pode ver no anexo)de nomes en galego e todo o texto da etiqueta ou dapublicidade en castelán. A partir de aí, poderíase:

• Editar un folleto convencendo da boa oportu-nidade que supón unirlle ó produto galego aetiquetaxe en lingua galega

• Programar unha campaña que ligue as ideasde Galiza, calidade e lingua. As actuaciónsdentro desta poden ser variadas: elaboraciónde lemas, cartas...

J. Observatorio do uso da publicidade e rotula-ción nas empresas

Poderíase crear dentro do ENL un observatoriodeste tipo que se encargaría de:

• Recoller materiais publicitarios: folletos,bolsas...

• Facer fotos dos rótulos das empresas do con-torno (grandes e pequenas)

• Realizar con estes materiais unha exposiciónque estaría guiada e destinada a:

• Crear conciencia da importancia do galegona rotulación.

• Facerlles ver que non se necesita demasiadoesforzo para a galeguización destes docu-mentos

Unha forma de pechar o traballo do obradoiropodería ser mediante unha charla que insistise nes-ta importancia do uso escrito do galego na empre-sa.

K. Observatorio sobre os usos na etiquetaxe

Consistiría basicamente na análise das etique-tas dos produtos para facer reflexionar o alumnadosobre o tema. Desde o equipo poderíase:

Valentina Formoso Gosende Propostas de dinamización relacionadas coa economía e a empresa

142 Madrygal, 2010, 13 133-145

10 G.E. fai referencia a Grupo de empresrios e G.T. ó Grupo de traballadores.

Page 11: Propostas de dinamización relacionadas coa economía e a empresa · 2017. 4. 30. · consumidores cos que todos traballamos: A. Reflexión como consumidores da informa-ción saída

• Dirixir a recollida da etiquetaxe. Quizais foseboa idea escoller un par de ámbitos concretose próximos a todos para comezar (produtosde alimentación e de hixiene, por exemplo)

• Organizar unha exposición no centro queinvitase á reflexión sobre a etiquetaxe multi-lingüe de empresas coñecidas por eles comoDía ou Eroski. Tamén sobre os usos enempresas e produtos galegos fronte a algúnsdoutras comunidades (cataláns, andaluces...)e estranxeiros ou mesmo en artigos tradicio-nais ou ligados ó rural fronte ós modernos.

Este tipo de actividades podíase enlazar conoutras destinadas a aumentar os usos que xa des-cribín arriba. Por exemplo podíase rematar esta acti-vidade desenvolvendo unha campaña, mediante oenvío de cartas a empresas do contorno, solicitándo-lles, como consumidores, un cambio lingüístico.

COLABORACIÓNS

Ademais da axuda económica que supón reali-zar unha actividade a medias con outro organismo,tamén é importante, para presentarnos ante asempresas, levar algún apoio institucional: do con-cello e/ou dalgunha asociación de empresarios.Daquela quizais deberiamos facer algún esforzo nabusca destas colaboracións. Poderiamos desenvol-ver en conxunto moitas das actuacións citadasdurante esta exposición, como por exemplo a pro-posta de tradución da rotulación nos comercios doconcello. Pero tamén se podería organizar unha

campaña de cara ás empresas relacionadas coturismo (unha das pexas que sempre citan osempresarios para non usar o galego). As actuaciónspoderían ser:

• Realizar folletos explicando que a exclusivi-dade de Galicia non só está na paisaxe, senóntamén na lingua.

• Proposta de tradución das cartas na hosta-lería. Se o vemos viable mesmo podemosofrecernos a facer as traducións (salvámoslleo problema de falta de formación e de custoengadido que acusan moitos).

• Elaboración de folletos con rudimentos bási-cos da lingua destinados á distribución enhostais, hoteis...

O traballo e o desembolso económico repar-tiríase e a acollida nas empresas das nosas propos-tas podería mellorar sensiblemente.

Xa para rematar só quero insistir en que enten-do que moitas destas actividades poidan parecerdificilmente realizables nos centros de ensino. Contodo, ás veces é máis porque non temos unha diná-mica de traballo que as inclúa ca por unha verda-deira imposibilidade de as realizar. Só temos quevalorar se nos interesa comezar a integrar algunhadestas pequenas actuacións comentadas, sobretodo aquelas que inflúan directamente no nosoalumnado (consumidores e futuros empresarios etraballadores). Ó mesmo tempo se chegamos conalgunha actividade ó mundo da empresa do nosocontorno, creo que xa sería un éxito.

Valentina Formoso Gosende Propostas de dinamización relacionadas coa economía e a empresa

143Madrygal, 2010, 13 133-145

2. BIBLIOGRAFÍA

FIGEL, J. (2005) “Communication de la Comissionau Conseil, au Parlement Européen, au Comité Écono-mique et Social Européen et au Comité des Régions: Un nouveau cadre stratégique pour le multilin-guisme”.. (Comissió Europea, 22/11/2005)

FORMOSO GOSENDE, V. (2005): A lingua galega na empresa. Usos e representacións sociolingüísticas.Tese de doutoramento (Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela)

IBÁÑEZ, J. (1986): Más allá de la. El grupo de discusión: Técnica y crítica (Madrid: Siglo XXI) RAMALLO, F. e REI DOVAL, G. (1997): Vender en galego. Comunicación, empresa e lingua en Galicia (San-

tiago de Compostela: Consello da Cultura Galega)

Page 12: Propostas de dinamización relacionadas coa economía e a empresa · 2017. 4. 30. · consumidores cos que todos traballamos: A. Reflexión como consumidores da informa-ción saída

ANEXOS

3.1. ANEXO 1: MOSTRAS DE ROTULACIÓN EN TENDAS DE SANTIAGO E BARCELONA

Valentina Formoso Gosende Propostas de dinamización relacionadas coa economía e a empresa

144 Madrygal, 2010, 13 133-145

Page 13: Propostas de dinamización relacionadas coa economía e a empresa · 2017. 4. 30. · consumidores cos que todos traballamos: A. Reflexión como consumidores da informa-ción saída

3.2. ANEXO: USOS EN EMPRESAS CON DENOMINACIÓN DE ORIXE

3.3. ANEXO 3: PLAN XERAL DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA -SECTOR 4: ECONOMÍA

Medidas parafraseadas e resumidas• Incremento de axudas económicas e bonificación fiscal por usar o galego• Programar actividades formativas (lingüísticas, sociolingüísticas e psicolingüísticas) que lles permitan

aos cadros técnicos desenvolver en galego a súa actividade• Realizar en galego os cursos de formación en TIC• Elaborar e facilitar documentación e asesoramento lingüístico• Premios e xornadas para estimular o uso do galego• Convocar os representantes para acordar medidas• Elaborar estudo para medir comportamentos lingüísticos reais• Invitar a 10 empresas estratéxicas cada ano a que incorporen o galego á súa actividade.• Promoción da facturación por defecto en galego• Facilitar o material técnico preciso para que non renuncien ó uso do galego• Promover multilingüismo na etiquetaxe (nos produtos de fóra promover que entre o galego e nos pro-

dutos galegos promover a etiqueta tripla: galego, castelán, inglés)• Campañas para difundir porcentaxe de clientes que din preferir un produto etiquetado en galego• Promocionar libre circulación das linguas galega e portuguesa nas relacións comerciais Galicia-Norte

de Portugal (Eixo Atlántico)• Campañas difundindo imaxe do galego como lingua maioritaria• Comunicación oficial da Xunta recomendando actitude favorable

Valentina Formoso Gosende Propostas de dinamización relacionadas coa economía e a empresa

145Madrygal, 2010, 13 133-145