pronome te - che

8
Colocar te ou che (o que corresponda), no lugar conveniente 1. Lembro que ... ollou... fixamente. 2. Esa luz non é boa para ... proxectar... a imaxe. 3. Cando ías polo carreiro, a silva ... rachou... a camisa. 4. Aquel barbeiro non ... rapou... a xeito. 5. Nunca ... convencerá... de marchar. 6. Non confíes máis nese amigo, ... vendeu... na primeira ocasión. 7. E eu que ... coidaba... máis esperto! 8. Cibrán ... rexeitou... os argumentos aquel día. 9. Non sei se ... salientei... ben o que me interesaba. 10. Esa desgraza ... marcou... para o resto da vida. 11. Moito ... quere... aínda que non o recoñezas. 12. Non fagas caso cando ... sorría... así. 13. Coidado coa praia, ... pode... torrar... o sol. 14. Foi un veciño quen ... axudou... a subir á maceira. 15. Hoxe ... gañou... o Pedro, tes que xogar mellor. 16. Bateu tan forte que ... fendeu... a porta. 17. A cámara ... enfocou... perfectamente esta vez. 18. Non traio nada para ti, este ano ... esqueceu... o xefe. 19. Ese viño ... embebedou... sen ... dares... conta. 20. Onde ... colocaches... para saíres tan ben na fotografía? 21. ... repito... o que xa ... contara... na festa. 22. Tal labazada ... deu... que ... chantou... no chan.

Upload: claudiacarrero

Post on 14-Dec-2015

52 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Ejercicios sobre la colocación y el empleo de los pronombres "te" y "che" en lengua gallega.

TRANSCRIPT

Page 1: Pronome Te - Che

Colocar te ou che (o que corresponda), no lugar conveniente

1. Lembro que ... ollou... fixamente.

2. Esa luz non é boa para ... proxectar... a imaxe.

3. Cando ías polo carreiro, a silva ... rachou... a camisa.

4. Aquel barbeiro non ... rapou... a xeito.

5. Nunca ... convencerá... de marchar.

6. Non confíes máis nese amigo, ... vendeu... na primeira ocasión.

7. E eu que ... coidaba... máis esperto!

8. Cibrán ... rexeitou... os argumentos aquel día.

9. Non sei se ... salientei... ben o que me interesaba.

10. Esa desgraza ... marcou... para o resto da vida.

11. Moito ... quere... aínda que non o recoñezas.

12. Non fagas caso cando ... sorría... así.

13. Coidado coa praia, ... pode... torrar... o sol.

14. Foi un veciño quen ... axudou... a subir á maceira.

15. Hoxe ... gañou... o Pedro, tes que xogar mellor.

16. Bateu tan forte que ... fendeu... a porta.

17. A cámara ... enfocou... perfectamente esta vez.

18. Non traio nada para ti, este ano ... esqueceu... o xefe.

19. Ese viño ... embebedou... sen ... dares... conta.

20. Onde ... colocaches... para saíres tan ben na fotografía?

21. ... repito... o que xa ... contara... na festa.

22. Tal labazada ... deu... que ... chantou... no chan.

23. Estabas tan doente que ... tiñan... que ... espir... e todo.

24. Xa ao entrares, ... recoñecín... pola voz.

25. Xa estou cansa de ... dicir... que ese guindastre ... pode... esmagar... se ... pos... aí.

26. Seica ... dixo... o bispo que ... podías... retirar... cando ... parecese... mellor.

Page 2: Pronome Te - Che

27. Como ... latexa... o corazón, non ... asustes..., que non é para tanto!

28. Non ... quixen... magoar..., perdoa.

29. Non fas máis que ... illar... dos compañeiros, tes que ... sentir... cómodo e ... deixar... levar... polo bo humor.

30. ... vou... quentar... a auga para que ... poidas... bañar... axiña.

31. Canto ... amou... mentres non o consumiu a enfermidade!

32. Pensei ... arranxar... o cuarto canto antes.

33. Xa escampou, ...deixo... o paraugas onde estaba.

34. En canto ... vendeu... a dorna o señor Pedro?

35. Si, home, ... botou... fóra por ... soar... o móbil.

36. Ben me lembro de cando ... bateu... cun croio na cabeza.

37. Esas cores tan fortes ... poden... producir... molestias na vista.

38. Se non deixas de facer trasnadas, ... vou... ter... que... pexar... como a un cabalo.

39. Hai que ver o ben que ... agasallaron... hoxe.

40. Que ... receitou... dona Inmaculada, esa doutora que tan ben ... cae...?

41. Por ires ás arrasadeiras ... mallou... o pai.

42. O luns ... caían... uns lóstregos arrepiantes.

43. Que ben ... recende... a roupa!

44. A nugalla non ... deixa... erguer a tempo.

45. ... retira... de aí ou ... guindo... á auga.

46. Case ... oín... todo.

47. ... pon... a comer e que ... aproveite...!

48. Que ... augurou... a túa fada madriña?

49. Mañá ... recollerei... os libros.

50. ... darei... un aprobado para que ... alegres...

51. Entón ... puxarei... e ti farás como que caes.

52. Senta aí e non ... movas..., que ... vou... procurar... un calmante.

53. Demasiado ... sorriu... a fortuna este Nadal, non ... fagas... o parvo.

Page 3: Pronome Te - Che

54. Talvez ... xurdan... novas posibilidades, ... vai... preparando...

55. Quen ... pariu..., que ... lamba...!

56. O que ... afundiu... foi unha vaga.

57. A crise ... afundiu... a empresa.

58. ... atopei... a rillares no chocolate.

59. ... andaba... un rato comendo... no queixo.

60. Sempre ... lembrarei..., pase o que ... pase...!

61. Ese médico ... sandou... e nada ... pediu... a cambio.

62. Os reféns ... saíron... ilesos do banco.

63. Xamais ... tratarei... como un escravo, non ... queixes...

64. Por ... cantarmos... esa cantiga, puxéronnos unha multa.

65. Se cadra, foron os toxos os que ... espiñaron...

66. ...meteu... nun portal e ... tirou... a carteira.

67. De seguiren así, pouco ... van... regalar...

68. O vento ... rachou... a saia e ... deixou... toda esfarrapada.

69. Como ... distribuíron... na aula? Que lugar ... correspondeu?

70. ... saudei... cando ... dispuñas... a cantar.

71. Algúns ... procuraban... para ... entregar... un presente.

72. Se ... proe..., ... raña...

73. Non ... deixou... falar.

74. Ese resolio ... mellorará... a voz.

75. Por que ... chaman... maragato?

76. ... dixen..., ... digo... e ... direi... que ... quixen..., ... quero... e ... quererei... como nunca ninguén ... quixo... a ti.

77. Que pasou nesa viaxe na que ... doron... por morto?

78. Se ... saíron... ben todas as frases, ... contenta..., que xa sabes diferenciar te de che.

Page 4: Pronome Te - Che

1. Lembro que te ollou fixamente.2. Esa luz non é boa para che proxectar/proxectarche a imaxe.3. Cando ías polo carreiro, a silva rachouche a camisa.4. Aquel barbeiro non te rapou a xeito.5. Nunca te convencerá de marchar.6. Non confíes máis nese amigo, vendeute na primeira ocasión.7. E eu que te coidaba máis esperto!8. Cibrán rexeitouche os argumentos aquel día.9. Non sei se che salientei ben o que me interesaba.10. Esa desgraza marcoute para o resto da vida.11. Moito che/te quere aínda que non o recoñezas.12. Non fagas caso cando che sorría así.13. Coidado coa praia, pódete torrar/torrarte o sol.14. Foi un veciño quen te/che axudou a subir á maceira.15. Hoxe gañouche o Pedro, tes que xogar mellor.16. Bateu tan forte que che fendeu a porta.17. A cámara enfocoute perfectamente esta vez.18. Non traio nada para ti, este ano esqueceute o xefe.19. Ese viño embebedoute sen te dares/dáreste conta.20. Onde te colocaches para saíres tan ben na fotografía?21. Repítoche o que xa che contara na festa.22. Tal labazada che deu que te chantou no chan.23. Estabas tan doente que te tiñan que espir/tiñan que te espir/ tiñan que espirte e todo.24. Xa ao entrares, recoñecinte pola voz.25. Xa estou cansa de che dicir/dicirche que ese guindastre te pode esmagar/esmagarte

se te pos aí.26. Seica che dixo o bispo que te podías retirar/retirarte cando che parecese mellor.27. Como che latexa o corazón, non te asustes, que non é para tanto!28. Non te quixen magoar/magoarte, perdoa.29. Non fas máis que te illar/illarte dos compañeiros, teste que sentir/tes que te sentir/tes

que sentirte cómodo e deixarte levar polo bo humor.30. Vouche quentar/quentarche a auga para que te poidas bañar/bañarte axiña.31. Canto te amou mentres non o consumiu a enfermidade!32. Penseiche arranxar/pensei arranxarche o cuarto canto antes.33. Xa escampou, déixoche o paraugas onde estaba.34. En canto che vendeu a dorna o señor Pedro?35. Si, home, botoute fóra por che soar/soarche o móbil.36. Ben me lembro de cando che bateu cun croio na cabeza.37. Esas cores tan fortes pódenche producir/producirche molestias na vista.38. Se non deixas de facer trasnadas, voute ter que pexar/vou terte que pexar /vou ter

que te pexar/vou ter que pexarte como a un cabalo.39. Hai que ver o ben que te agasallaron hoxe.40. Que che receitou dona Inmaculada, esa doutora que tan ben che cae?41. Por ires ás arrasadeiras malloute o pai.42. O luns caíanche uns lóstregos arrepiantes.43. Que ben che recende a roupa!44. A nugalla non te deixa erguer a tempo.45. Retírate de aí ou guíndote á auga.46. Case che oín todo.47. Ponte a comer e que che aproveite!48. Que che augurou a túa fada madriña?49. Mañá recollereiche os libros.

Page 5: Pronome Te - Che

50. Dareiche un aprobado para que te alegres.51. Entón puxareite e ti farás como que caes.52. Senta aí e non te movas, que che vou procurar/procurarche un calmante.53. Demasiado che sorriu a fortuna este Nadal, non te fagas o parvo.54. Tal vez che xurdan novas posibilidades, vaite preparando/preparándote.55. Quen te pariu, que te lamba!56. O que te afundiu foi unha vaga.57. A crise afundiuche a empresa.58. Atopeite a rillares no chocolate.59. Andábache un rato comendo/coméndoche no queixo.60. Sempre te lembrarei, pase o que che pase/páseche o que che pase!61. Ese médico sandoute e nada che pediu a cambio.62. Os reféns saíronche ilesos do banco.63. Xamais te tratarei como un escravo, non te queixes.64. Por che cantarmos/cantármosche esa cantiga, puxéronnos unha multa.65. Se cadra, foron os toxos os que te espiñaron.66. Meteute nun portal e tirouche a carteira.67. De seguiren así, pouco che van regalar/regalarche.68. O vento rachouche a saia e deixoute toda esfarrapada.69. Como te distribuíron na aula? Que lugar che correspondeu?70. Saudeite cando te dispuñas a cantar.71. Algúns procurábante para che entregar/entregarche un presente.72. Se che proe, ráñate.73. Non te deixou falar.74. Ese resolio mellorarache a voz.75. Por que che/te chaman maragato?76. Díxenche, dígoche e direiche que te/che quixen, quérote/che e querereite/che como

nunca ninguén te/che quixo a ti.77. Que pasou nesa viaxe na que te deron por morto?78. Se che saíron ben todas as frases, conténtate, que xa sabes diferenciar te de che.

Page 6: Pronome Te - Che

Emprego dos Pronomes Persoais Átonos de 2ª persoa Te e Che en galego.

Hai un pequeno truco para saber cando debemos empregar os pronomes persoais átonos de 2ª persoa Te e Che.

O truco é o seguinte:

Pasamos a oración a 3ª persoa do singular feminino. Se na 3ª persoa empregamos as formas "a, la, na, se", na 2ª persoa empregaremos "te"; se na 3ª persoa empregamos "lle", na 2ª teremos que empregar "che". Vexamos un exemplo:

Chamei_____ onte ( non sabemos se debemos usar "te" ou "che")

Pasamos a oración a 3ª persoa do sing.femin.:

Chameina onte

Na 3ª p.s.f. empregamos "na", polo tanto na 2ª pers. teremos que empregar "te":

Chameite onte.

Vexamos outro exemplo:

Non _____ dixen nada ( non sabemos se debemos usar "te" ou "che")

Pasamos a oración a 3ª persoa do sing.femin.:

Non lle dixen nada

Na 3ª p.s.f. empregamos "lle", polo tanto na 2ª pers. teremos que empregar "che":

Non che dixen nada