programaciÓn didÁctica do departamento de …³n...1 programaciÓn didÁctica do departamento de...

63
1 PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA IES DE VILALONGA Durante o presente curso 2013-2014 o Departamento de filosofía do IES de Vilalonga está integrado por: Mª Begoña Fontenla Alonso, PES funcionaria con destino definitivo no centro. Fernando López Prada, PES funcionario con destino definitivo no centro. Xefe de departamento. As materias que imparte o departamento son: Historia da filosofía en tres grupos de 2º de Bacharelato. Cun total de 9 horas semanais. Filosofía e cidadanía en catro grupos de 1º de Bacharelato. Cun total de 8 horas semanais. Antropoloxía nun grupo de 1º de Bacharelato. Cun total de 4 horas semanais. Ética e filosofía do dereito nun grupo de 2º de Bacharelato. Cun total de 4 horas semanais. Educación ético-cívica en dous grupos de 4º de ESO. Cun total de 2 horas semanais. Educación para a cidadanía e os dereitos humanos en dous grupos de 2º curso de ESO. Cun total de 6 horas semanais. Atención educativa en dous grupos de 2º de Bacharelato. Cun total de 2 horas semanais.

Upload: lamdien

Post on 10-Nov-2018

225 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

1

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA

IES DE VILALONGA

Durante o presente curso 2013-2014 o Departamento de filosofía do IES de Vilalonga está integrado por:

Mª Begoña Fontenla Alonso, PES funcionaria con destino definitivo no centro. Fernando López Prada, PES funcionario con destino definitivo no centro. Xefe

de departamento.

As materias que imparte o departamento son:

Historia da filosofía en tres grupos de 2º de Bacharelato. Cun total de 9 horas semanais.

Filosofía e cidadanía en catro grupos de 1º de Bacharelato. Cun total de 8 horas semanais.

Antropoloxía nun grupo de 1º de Bacharelato. Cun total de 4 horas semanais. Ética e filosofía do dereito nun grupo de 2º de Bacharelato. Cun total de 4 horas

semanais. Educación ético-cívica en dous grupos de 4º de ESO. Cun total de 2 horas

semanais. Educación para a cidadanía e os dereitos humanos en dous grupos de 2º curso de

ESO. Cun total de 6 horas semanais. Atención educativa en dous grupos de 2º de Bacharelato. Cun total de 2 horas

semanais.

2

EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA E OS DEREITOS HUMANOS (2º ESO) 1. CONTRIBUCIÓN DA ÁREA Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS En relación coa competencia social e cidadá, a educación para a cidadanía propicia a adquisición de habilidades para vivir en sociedade e para exercer a cidadanía democrática, ao favorecer o desenvolvemento de destrezas que permiten participar, tomar decisións, elixir a forma axeitada de comportarse en determinadas situacións e responsabilizarse das consecuencias derivadas das decisións adoptadas. Contidos específicos como o coñecemento dos fundamentos e os modos de organización dos estados e das sociedades democráticos, a evolución histórica dos dereitos humanos, o achegamento á pluralidade social ou ao carácter da globalización e as implicacións que comporta para os cidadáns, proporciónanlle ao alumnado instrumentos para construír, aceptar e practicar normas de convivencia acordes cos valores democráticos, exercer os dereitos e liberdades e asumir as responsabilidades e deberes cívicos. A educación para a cidadanía, a través da educación afectivo emocional, contribúe tamén ao desenvolvemento da competencia de aprender a aprender, porque facilita o recoñecemento das propias capacidades e carencias e as habilidades para sacar proveito das primeiras e superar as segundas. Os contidos da educación para a cidadanía, potencian tamén o desenvolvemento da competencia básica autonomía e iniciativa persoal, xa que a reflexión sobre as relacións entre intelixencia, sentimentos e emocións, posibilita o coñecemento dun mesmo, o autocontrol e o equilibrio emocional, necesarios para o desenvolver un comportamento autónomo. O coñecemento da contribución de distintas teorías éticas, facilita a creación dun código moral propio. Por outra banda, os contidos procedementais do currículo atenden especialmente á argumentación, á elaboración de ideas propias, ao estudo de casos que esixan un posicionamento persoal sobre un problema e a procura de posibles solucións. O uso sistemático do diálogo e do debate contribúe á competencia en comunicación lingüística. A necesidade de buscar, obter, analizar, sintetizar e relacionar a información procedente de distintas fontes, comprendela e integrala para producir coñecemento, comunicala, facer inferencias e deducións son procedementos que contribúen tamén a desenvolver a competencia tratamento da información e competencia dixital. A educación para a cidadanía permite tamén mellorar a competencia cultural e artística, porque o desenvolvemento de habilidades sociais para a convivencia nunha sociedade plural, exixe ser quen de apreciar o feito cultural nas súas diversas manifestacións. Finalmente, ser conscientes da importancia do uso responsable dos recursos naturais, da necesidade de preservar o ambiente, potenciar o consumo responsable e unha forma de vida saudable, son contidos con que desde a educación para a cidadanía é

3

posible contribuír tamén ao desenvolvemento da competencia no coñecemento e interacción co mundo físico. 2. OBXECTIVOS A materia de Educación para a cidadanía e os dereitos humanos terá como obxectivo o desenvolvemento das seguintes capacidades:

1. Recoñecer a condición humana na súa dimensión individual e social, tomando conciencia da propia identidade, das características e experiencias persoais respectando as diferenzas cos outros e desenvolvendo a autoestima.

2. Coñecer, valorar e exercer os dereitos e asumir responsablemente os deberes e as

obrigas que se derivan das declaracións internacionais de dereitos humanos e da Constitución española e o Estatuto de autonomía de Galicia, identificando os valores que os fundamentan.

3. Defender a igualdade de dereitos e oportunidades de todas as persoas, rexeitando

as discriminacións inxustificadas por razón de sexo, etnia, crenzas, diferenzas sociais, orientación afectivo-sexual ou de calquera outro tipo.

4. Asumir os deberes cidadáns na mantenza dos bens comúns e recoñecer o papel

do Estado como garante dos servizos públicos.

5. Coñecer as diversas formas de participación política e social.

6. Coñecer as causas que provocan a violación dos dereitos humanos, a pobreza e a desigualdade, así como a relación entre os conflitos armados e o subdesenvolvemento.

7. Coñecer e analizar as principais teorías éticas.

8. Identificar as posicións morais que están na orixe dos principais problemas e

conflitos do mundo actual, valorar a importancia da análise ética na orientación da súa resolución e desenvolver unha actitude crítica ante os modelos que se transmiten a través dos medios de comunicación, mediante a adquisición de destrezas básicas na utilización das fontes de información.

9. Desenvolver un criterio propio e adquirir habilidades para comunicar as propias

ideas e defender as propias posicións en debates, a través da argumentación documentada e razoada, así como para escoitar e valorar as razóns e argumentos dos outros.

3. CONTIDOS SECUENCIADOS E TEMPORALIZADOS Unidade 1.- Persoa, liberdade e responsabilidade. Unidade 2.- A convivencia en sociedade. Unidade 3.- Dereitos e deberes.

4

Unidade 4.- O funcionamento do Estado. Unidade 5.- Problemas do mundo actual. 1º trimestre: Unidades 1, 2. 2º trimestre: Unidade 3. 3º trimestre: Unidades 4, 5. 4. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Practicar o diálogo para evitar e superar os conflitos nas relacións entre iguais.

2. Participar de modo democrático e cooperativo en todas as actividades programadas na aula.

3. Utilizar diferentes fontes de información e considerar as distintas posicións e

alternativas existentes nos debates que se formulen.

4. Identificar os principios básicos das declaracións internacionais dos dereitos humanos e a súa evolución, distinguir situacións de violación destes e recoñecer as desigualdades de feito e de dereito, en particular as que afectan ás mulleres.

5. Comprender os conceptos que definen un sistema democrático, os principios e as

institucións fundamentais, así como os dereitos e deberes que establece a Constitución española e o Estatuto de autonomía de Galicia.

6. Identificar os principais servizos públicos que deben garantir as administracións

e recoñecer a contribución dos cidadáns no seu mantemento.

7. Utilizar e contrastar con rigor información procedente de diversos medios para identificar as causas dalgúns dos problemas de convivencia nas sociedades actuais e elaborar un punto de vista propio.

8. Identificar as características da globalización e o papel que xogan nela os medios

de comunicación, recoñecer as relacións que existen entre a sociedade en que se vive e a vida das persoas doutras partes do mundo.

5. MÍNIMOS ESIXIBLES PARA UNHA AVALIACIÓN POSITIVA

Saber explicar e relacionar a liberdade e a responsabilidade. Aplicar procedementos de resolución de conflitos. As desigualdades sociais e a nosa actitude ante elas. As normas sociais e a nosa relación con elas. Os dereitos humanos e os dereitos constitucionais. Que é o Estado democrático e como funciona. Coñecer e valorar os servizos públicos. Coñecer os conflitos mundiais e vías de posible resolución.

5

6. METODOLOXÍA Seguirase o paradigma da concepción construtivista da aprendizaxe. O termo fundamental é aprendizaxe significativa, que se refire á posibilidade de establecer vínculos sustantivos e non arbitrarios entre o novo contido a aprender e o que xa se ten adquirido, presente na estrutura cognitiva do suxeito. De acordo con esto é importante que exista un equilibrio entre as estratexias expositivas e as estratexias didácticas de indagación, que permiten que o alumnado aprenda a analizar a información e a tomar decisións por si mesmo. Ademais, a aprendizaxe significativa debe cumprir os seguintes requisitos: o novo contido debe ter significatividade lóxica (coherencia interna) e psicolóxica (que permita establecer conexións con coñecementos previos), e debe ser funcional (que poida ser utilizado cando o alumno o precise). Por medio desta metoloxía o alumnado non só coñece novos problemas e conceptos, senón que practica procedementos de traballo intelectual e elabora o seu propio pensamento, que non ten por que ser orixinal e novidoso, pero si asumido comprensivamente. 7. MATERIAIS CURRICULARES Libro de texto: Non hai libro de texto obrigatorio. Empregaranse con certa frecuencia os manuais editados por Rodeira e Anaya. Outros recursos didácticos: Libros de literatura xuvenil e clásicos. Películas. Dicionarios e enciclopedias. Prensa. Xogos. Páxinas web

8. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN INICIAL E ORDINARIA Para traballar os diferentes contidos da Educación para a cidadanía en 2º curso da ESO, faranse as actividades do caderno, outras que propoña o profesor e probas formais escritas ou orais. As actividades poden ser dos seguintes tipos: Elaboración de definicións. Elaboración de clasificacións e búsqueda de exemplos. Resposta a preguntas por escrito. Resposta a preguntas orais. Resumos e mapas sinópticos. Identificación de ideas nun texto. Lectura comprensiva de textos. Búsquedas de información. Análise de documentos escritos e audiovisuais.

6

Elaboración de sínteses en grupo. Debates. Exposicións orais individuais e en grupo.

Durante a dúas primeiras semanas de clase, faranse actividades seleccionadas

para comprobar en que medida se teñen desenvolvidas as competencias básicas, e concretar así a avaliación inicial. 9. SISTEMA DE CUALIFICACIÓN ORDINARIA O docente dará ó alumnado as instruccións para realizar cada unha das actividades, pero todas elas, tanto exames como intervencións orais, tanto traballos escritos na libreta como entregados aparte, serán valoradas seguindo uns criterios de cualificación que explicitamos a continuación: Corrección: para que unha actividade sexa correcta, teñen que darse unha serie

de condicións: a) Adecuación: a actividade ocúpase do asunto que se pregunta e non outro

calquera. b) Coerencia: na argumentación non hai contradiccións. c) Claridade: as explicacións son facilmente intelixibles (non son "escuras"). d) Distinción: os conceptos empregados están definidos (non son "confusos"). Completude: significa que a actividade é desenvolvida esgotando, na medida

do posible, o asunto do que trata. A completude maniféstase no emprego de tódolos conceptos relacionados co asunto.

Boa presentación: significa que o resultado final da actividade ten calidade estilística. A boa presentación maniféstase no coidado do material impreso, da ortografía e a dicción.

Autonomía: significa que a actividade é realizada por un mesmo. A autonomía maniféstase no uso dunha linguaxe propia, na reflexión sincera e no emprego de exemplos orixinais.

Adicación: significa que o alumno tentou superar as súas dificultades sen escatimar tempo e esforzo para que o resultado sexa satisfactorio.

Pertinencia: significa que as intervencións van dirixidas a realizar as actividades e non a obstaculizalas.

Respecto: significa que a palabra dos outros compañeiros e do profesor é escoitada de forma activa, e que a súa postura é valorada.

Colaboración: significa que nas actividades de grupo o resultado colectivo prima sobre as inclinacións individuais.

Puntualidade: significa que se respectan os tempos establecidos para as actividades. A puntualidade maniféstase na asistencia ás aulas, no remate das actividades e na entrega dos traballos.

O criterio prioritario á hora de decidir a nota, sexa nunha pregunta de exame, nun comentario de texto, nunha pregunta oral, nun traballo da libreta, etc. é a corrección. A corrección é condición suficiente e necesaria para acadar o aprobado nunha actividade, é dicir, o 50% na súa cualificación. O resto de criterios están subordinados a ela: unha actividade completa, ben argumentada e presentada pero que non é correcta -

7

i.e., que non se cingue ó asunto pertinente senón a outro- non é unha actividade satisfactoria. Isto non significa que eses criterios non sexan importantes: sono para acadar unha cualificación mellor que o mero aprobado. Os cinco derradeiros criterios –adicación, pertinencia, respecto, colaboración e puntualidade- non se refiren ó contido das actividades, senón a algo previo e igual de importante: o clima e a actitude que as fan posibles. Non se pode facer unha actividade na aula con comentarios impertinentes, nin traballar en grupo sen respecto polos compañeiros, nin entregar unha actividade fóra do seu prazo. Trátase de criterios actitudinais e a súa cualificación realizarase en forma de puntos positivos ou negativos que o profesor contabilizará en función de se os alumnos cumpren ou incumpren eses criterios. A cualificación de cada avaliación realizarase coa seguinte porcentaxe: as probas formais sumarán o 60% da nota da avaliación. O 40% restante corresponderá ó traballo realizado na aula en diferentes actividades propostas polo profesor e recollidas no caderno. Dentro deste 40% inclúese a valoración da actitude mediante puntos positivos ou negativos, así como a realización de traballos voluntarios propostos polo profesor, que sumarán positivamente. 10. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN EXTRAORDINARIA Dado que a avaliación é contínua, entendemos como procedemento de avaliación extraordinario aquel que se aplique unha vez que a avaliación final ordinaria sexa negativa. Para eses casos haberá unha proba formal escrita no mes de xuño que puntuará sobre 10 puntos e onde haberá que dar conta dos contidos mínimos esixibles para unha avaliación positiva. No caso de suspender a proba extraordinaria de xuño haberá outra en setembro coas mesmas características. 11. PROGRAMA DE RECUPERACIÓN DA MATERIA PENDENTE DOUTROS CURSOS As actividades de reforzo previstas para os alumnos pendentes, consistirá en proporcionarlles materiais que desenvolven os contidos. Sobre estes materiais os alumnos poderán realizar unha serie de tarefas: Cuestionarios. Comentarios de texto. Esquemas. Recensión de lecturas. Reelaboracións ou traballos de investigación. A avaliación consistirá no control das tarefas programadas e na realización de exámenes según os criterios de avaliación e cualificación indicados nos capítulos correspondentes.

8

Se houbese deixadez por parte dos alumnos no seguimento da asignatura, terían unha proba formal extraordinaria en maio e, no caso de non superala, en setembro. 12. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE En todos o grupos hai sempre diferentes motivacións e capacidades que precisan dun tratamento específico, determinado en dous tipos de medidas: Actividades de reforzo para o alumnado que presente dificultades á hora de

adquirir os contidos mínimos, que poden consistir na simplificación das actividades realizadas ao logo do curso, deixando máis tempo para a súa realización, así como axudar individualmente na busca de exemplos que faciliten a comprensión de situacións e a aclaración de conceptos.

Actividades de ampliación para o alumnado con capacidades máis

desenvolvidas: novas lecturas que afonden aspectos do temario e actividades relacionadas coas mesmas, pescudas de información e redacción de composicións explicativas sobre diferentes temas.

13. TRATAMENTO DO FOMENTO DA LECTURA E DAS TIC O alumnado da área de Educación para a cidadanía tanto na materia de 2º como na de 4º ESO manexarán certos materias impresos e audiovisuais de forma regular, á parte dos materiais curriculares. Así mesmo con carácter puntual realizarán consultas e buscas de modo máis libre. Para o fomento da lectura, o alumnado manexará dicionarios e enciclopedias, prensa e fragmentos escollidos das fontes sinaladas nos recursos. Algúns libros de interés para o alumnado e dos que poden dispoñer na biblioteca do centro son os seguintes: Orwell, G: A revolta dos animais. Ed Xerais. Golding,W.:O señor das moscas. Ed sotelo Blanco Savater, F.: Ética para Amador. Vara, M.: Los derechos torcidos. Ed Edelvives. Martin,G.:Caperucita en Manhattan. Ed Siruela Boyne J.: El niño con el pijama de rayas. Ed Salamandra Diario de Ana Frank. Ed de bolsillo Twain, M.: Retallos do diario de Adán. Ed Positivas. Twain,M.: Retallos do diario de Eva. Ed. Positivas. Santos, C.: A lua.com. Ed. Rodeira. Alonso, B.: Tonecho de Rebordechao. Ed. Rodeira Varios autores: Piruletas de filosofía. Fernández Paz, A. : Lua do Senegal. Ed. Xerais

Para o fomento das TIC, o alumnado visitará páxinas web de enciclopedias virtuais, blogs, páxinas de institutos e traballos escolares colgados na rede. Empregarase

9

tamén o canón videoproxector para o visionado de películas e posterior análise das mesmas. 14. CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA Os contidos e actividades da área inclúen a coeducación así como a solución dialogada dos conflictos. No caso de rexistrarse conflictos que non se poidan solucionar na aula, recurrirase aos mecanismos de mediación ou sanción recollidos no programa de convivencia. 15. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES O departamento plantexará coa suficiente antelación á Vicedirección a realización de actividades complementarias e extraescolares. 16. TEMAS TRANSVERSAIS / EDUCACIÓN EN VALORES A Lei Orgánica de Educación non explicita ningún listado de temas transversais ou valores a traballar desde as distintas áreas curriculares. Os temas transversais e contidos actitudinais explicitados na obsoleta LOGSE están en gran medida recollidos nos contidos das distintas áreas do departamento. Por esa razón non consideramos necesario explicitar ditos temas na programación. 17. PUBLICIDADE DA PROGRAMACIÓN. A presente programación estará dispoñible para calquera consulta na páxina web do centro así como no departamento de filosofía. Así mesmo cada docente do departamento entregará ó inicio do curso información ós alumnos como mínimo sobre os obxectivos, contidos, metodoloxía, criterios e instrumentos de avaliación. 18. AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN. Os membros do departamento revisarán mensualmente a temporalización dos contidos de cada materia, así como os aspectos didácticos necesarios para o seu mellor aproveitamento por parte dos alumnos. Na derradeira reunión os membros do departamento farán unha revisión xeral do curso e da programación para decidir que cousas modificar de cara ó curso vindeiro. Tal revisión e modificación ficará explícita na memoria de fin de curso.

10

EDUCACIÓN ÉTICO-CÍVICA (4º ESO)

1. CONTRIBUCIÓN DA ÁREA Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Contribúese á dimensión ética da competencia social e cidadá ao favorecer a identificación e reflexión crítica sobre os valores do contorno. Prestarase especial atención ós valores que sustentan a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a Constitución española e o Estatuto de autonomía de Galicia. A educación ético-cívica, a través da educación afectivo emocional, contribúe tamén ao desenvolvemento da competencia de aprender a aprender, porque facilita o recoñecemento das propias capacidades e carencias e as habilidades para sacar proveito das primeiras e superar as segundas. Os contidos da educación ético-cívica potencian tamén o desenvolvemento da competencia básica autonomía e iniciativa persoal, xa que a reflexión sobre as relacións entre intelixencia, sentimentos e emocións, posibilita o coñecemento dun mesmo, o autocontrol e o equilibrio emocional, necesarios para o desenvolver un comportamento autónomo. O coñecemento da contribución de distintas teorías éticas, facilita a creación dun código moral propio. Por outra banda, os contidos procedementais do currículo atenden especialmente á argumentación, á elaboración de ideas propias, ao estudo de casos que esixan un posicionamento persoal sobre un problema e a procura de posibles solucións. Prevé así mesmo a necesidade de planificar, tomar decisións con criterio propio e asumir a responsabilidade da elección. O uso sistemático do diálogo e do debate contribúe á competencia en comunicación lingüística. A necesidade de buscar, obter, analizar, sintetizar e relacionar a información procedente de distintas fontes, comprendela e integrala para producir coñecemento, comunicala, facer inferencias e deducións son procedementos que contribúen tamén a desenvolver a competencia tratamento da información e competencia dixital. A educación ético-cívica permite tamén mellorar a competencia cultural e artística, porque o desenvolvemento de habilidades sociais para a convivencia nunha sociedade plural, esixe ser quen de apreciar o feito cultural nas súas diversas manifestacións. Finalmente, ser conscientes da importancia do uso responsable dos recursos naturais, da necesidade de preservar o ambiente, potenciar o consumo responsable e unha forma de vida saudable, son contidos con que desde a educación ético-cívica é posible contribuír tamén ao desenvolvemento da competencia no coñecemento e interacción co mundo físico. 2. OBXECTIVOS

11

A materia de Educación ético-cívica terá como obxectivo o desenvolvemento das seguintes capacidades:

1. Recoñecer a condición humana na súa dimensión individual e social, tomando conciencia da propia identidade, das características e experiencias persoais respectando as diferenzas cos outros e desenvolvendo a autoestima.

2. Coñecer, valorar e exercer os dereitos e asumir criticamente os deberes e as

obrigas que se derivan das declaracións internacionais de dereitos humanos e da Constitución española e o Estatuto de autonomía de Galicia, identificando os valores que os fundamentan.

3. Defender a igualdade de dereitos e oportunidades de todas as persoas, rexeitando

as discriminacións inxustificadas por razón de sexo, etnia, crenzas, diferenzas sociais, orientación afectivo-sexual ou de calquera outro tipo.

4. Coñecer as diversas formas de participación política e social.

5. Coñecer e analizar as principais teorías éticas.

6. Desenvolver un criterio propio e adquirir habilidades para comunicar as propias

ideas e defender as propias posicións en debates, a través da argumentación documentada e razoada, así como para escoitar e valorar as razóns e argumentos dos outros.

3. CONTIDOS SECUENCIADOS E TEMPORALIZADOS Unidade 1.- A dimensión ética da persoa. Unidade 2.- A sociedade. Unidade 3.- As teorías éticas. Unidade 4.- O funcionamento do Estado. Unidade 5.- Problemas do mundo actual. 1º trimestre: Unidade 1, 2. 2º trimestre: Unidade 3. 3º trimestre: Unidade 4, 5. 4. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Recoñecer os sentimentos nas relacións interpersoais e practicar o diálogo nas situacións de conflito. Razoar sobre as motivacións das condutas e eleccións, asumindo as responsabilidades que delas se derivan.

2. Diferenciar os trazos básicos que caracterizan a dimensión moral das persoas,

recoñecer distintos sistemas de valores e identificar dilemas morais que teñen a súa orixe na aplicación de diferentes paradigmas de valoración.

12

3. Mediante a formulación de dilemas morais sobre cuestións de actualidade, identificar os problemas éticos xerados desde diversas posicións morais e propoñer estratexias para a súa resolución.

4. Identificar e explicar axeitadamente as principias teorías éticas.

5. Comprender os conceptos que definen un sistema democrático, os principios e

as institucións fundamentais, así como os dereitos e deberes que establece a Constitución española e o Estatuto de autonomía de Galicia.

6. Utilizar e contrastar con rigor información procedente de diversos medios para identificar as causas dalgúns dos problemas de convivencia nas sociedades actuais e elaborar un punto de vista propio.

5. MÍNIMOS ESIXIBLES PARA UNHA AVALIACIÓN POSITIVA Identificar os aspectos éticos e morais da persoa humana. Identificar e relacionar valores e normas. As teorías éticas desde a perspectiva da felicidade. As teorías éticas desde a perspectiva do deber. Que é o Estado democrático e como funciona. Análise crítica de formas de discriminación social.

6. METODOLOXÍA Seguirase o paradigma da concepción construtivista da aprendizaxe. O termo fundamental é aprendizaxe significativa, que se refire á posibilidade de establecer vínculos sustantivos e non arbitrarios entre o novo contido a aprender e o que xa se ten adquirido, presente na estrutura cognitiva do suxeito. De acordo con esto é importante que exista un equilibrio entre as estratexias expositivas e as estratexias didácticas de indagación, que permiten que o alumnado aprenda a analizar a información e a tomar decisións por si mesmo. Ademais, a aprendizaxe significativa debe cumprir os seguintes requisitos: o novo contido debe ter significatividade lóxica (coherencia interna) e psicolóxica (que permita establecer conexións con coñecementos previos), e debe ser funcional (que poida ser utilizado cando o alumno o precise). Por medio desta metoloxía o alumnado non só coñece novos problemas e conceptos, senón que practica procedementos de traballo intelectual e elabora o seu propio pensamento, que non ten por que ser orixinal e novidoso, pero si asumido comprensivamente. 7. MATERIAIS CURRICULARES Libro de texto: Non hai libro de texto obrigatorio. Empregaranse con certa frecuencia os manuais editados por Rodeira e Anaya.

13

Outros recursos didácticos: Libros de literatura xuvenil e clásicos. Películas. Dicionarios e enciclopedias. Prensa. Xogos. Páxinas web

8. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN INICIAL E ORDINARIA Para traballar os diferentes contidos da Educación para a cidadanía en 4º curso da ESO, faranse as actividades do caderno, outras que propoña o profesor e probas formais escritas ou orais. As actividades poden ser dos seguintes tipos: Elaboración de definicións. Elaboración de clasificacións e búsqueda de exemplos. Resposta a preguntas por escrito. Resposta a preguntas orais. Resumos e mapas sinópticos. Identificación de ideas nun texto. Lectura comprensiva de textos. Búsquedas de información. Análise de documentos escritos e audiovisuais. Elaboración de sínteses en grupo. Debates. Exposicións orais individuais e en grupo.

Durante a dúas primeiras semanas de clase, faranse actividades seleccionadas

para comprobar en que medida se teñen desenvolvidas as competencias básicas, e concretar así a avaliación inicial. 9. SISTEMA DE CUALIFICACIÓN ORDINARIA O docente dará ó alumnado as instruccións para realizar cada unha das actividades, pero todas elas, tanto exames como intervencións orais, tanto traballos escritos na libreta como entregados aparte, serán valoradas seguindo uns criterios de cualificación que explicitamos a continuación: Corrección: para que unha actividade sexa correcta, teñen que darse unha serie

de condicións: a) Adecuación: a actividade ocúpase do asunto que se pregunta e non outro

calquera. b) Coerencia: na argumentación non hai contradiccións. c) Claridade: as explicacións son facilmente intelixibles (non son "escuras"). d) Distinción: os conceptos empregados están definidos (non son "confusos").

14

Completude: significa que a actividade é desenvolvida esgotando, na medida do posible, o asunto do que trata. A completude maniféstase no emprego de tódolos conceptos relacionados co asunto.

Boa presentación: significa que o resultado final da actividade ten calidade estilística. A boa presentación maniféstase no coidado do material impreso, da ortografía e a dicción.

Autonomía: significa que a actividade é realizada por un mesmo. A autonomía maniféstase no uso dunha linguaxe propia, na reflexión sincera e no emprego de exemplos orixinais.

Adicación: significa que o alumno tentou superar as súas dificultades sen escatimar tempo e esforzo para que o resultado sexa satisfactorio.

Pertinencia: significa que as intervencións van dirixidas a realizar as actividades e non a obstaculizalas.

Respecto: significa que a palabra dos outros compañeiros e do profesor é escoitada de forma activa, e que a súa postura é valorada.

Colaboración: significa que nas actividades de grupo o resultado colectivo prima sobre as inclinacións individuais.

Puntualidade: significa que se respectan os tempos establecidaos para as actividades. A puntualidade maniféstase na asistencia ás aulas, no remate das actividades e na entrega dos traballos.

O criterio prioritario á hora de decidir a nota, sexa nunha pregunta de exame, nun comentario de texto, nunha pregunta oral, nun traballo da libreta, etc. é a corrección. A corrección é condición suficiente e necesaria para acadar o aprobado nunha actividade, é dicir, o 50% na súa cualificación. O resto de criterios están subordinados a ela: unha actividade completa, ben argumentada e presentada pero que non é correcta -i.e., que non se cingue ó asunto pertinente senón a outro- non é unha actividade satisfactoria. Isto non significa que eses criterios non sexan importantes: sono para acadar unha cualificación mellor que o mero aprobado. Os cinco derradeiros criterios –adicación, pertinencia, respecto, colaboración e puntualidade- non se refiren ó contido das actividades, senón a algo previo e igual de importante: o clima e a actitude que as fan posibles. Non se pode facer unha actividade na aula con comentarios impertinentes, nin traballar en grupo sen respecto polos compañeiros, nin entregar unha actividade fóra do seu prazo. Trátase de criterios actitudinais e a súa cualificación realizarase en forma de puntos positivos ou negativos que o profesor contabilizará en función de se os alumnos cumpren ou incumpren eses criterios. A cualificación de cada avaliación realizarase coa seguinte porcentaxe: as probas formais sumarán o 60% da nota da avaliación. O 40% restante corresponderá ó traballo realizado na aula en diferentes actividades propostas polo profesor e recollidas no caderno. Dentro deste 40% inclúese a valoración da actitude mediante puntos positivos ou negativos, así como a realización de traballos voluntarios propostos polo profesor, que sumarán positivamente. 10. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN EXTRAORDINARIA

15

Dado que a avaliación é contínua, entendemos como procedemento de avaliación extraordinario aquel que se aplique unha vez que a avaliación final ordinaria sexa negativa. Para eses casos haberá unha proba formal escrita no mes de xuño que puntuará sobre 10 puntos e onde haberá que dar conta dos contidos mínimos esixibles para unha avaliación positiva. No caso de suspender a proba extraordinaria de xuño haberá outra en setembro coas mesmas características. 11. PROGRAMA DE RECUPERACIÓN DA MATERIA PENDENTE DOUTROS CURSOS As actividades de reforzo previstas para os alumnos pendentes, consistirá en proporcionarlles materiais que desenvolven os contidos. Sobre estes materiais os alumnos poderán realizar unha serie de tarefas: Cuestionarios. Comentarios de texto. Esquemas. Recensión de lecturas. Reelaboracións ou traballos de investigación.

A avaliación consistirá no control das tarefas programadas e na realización de exámenes según os criterios de avaliación e cualificación indicados nos capítulos correspondentes. Se houbese deixadez por parte dos alumnos no seguimento da asignatura, terían unha proba formal extraordinaria en maio e, no caso de non superala, en setembro. 12. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE En todos o grupos hai sempre diferentes motivacións e capacidades que precisan dun tratamento específico, determinado en dous tipos de medidas: Actividades de reforzo para o alumnado que presente dificultades á hora de

adquirir os contidos mínimos, que poden consistir na simplificación das actividades realizadas ao logo do curso, deixando máis tempo para a súa realización, así como axudar a busca de exemplos que faciliten a comprensión de situacións e a aclaración de conceptos.

Actividades de ampliación para o alumnado con capacidades máis

desenvolvidas: novas lecturas que afonden aspectos do temario e actividades relacionadas coas mesmas, pescudas de información e redacción de composicións explicativas sobre diferentes temas.

13. TRATAMENTO DO FOMENTO DA LECTURA E DAS TIC

16

O alumnado da área de Educación para a cidadanía tanto na materia de 2º como na de 4º ESO manexarán certos materias impresos e audiovisuais de forma regular, á parte dos materiais curriculares. Así mesmo con carácter puntual realizarán consultas e buscas de modo máis libre. Para o fomento da lectura, o alumnado manexará dicionarios e enciclopedias, prensa e fragmentos escollidos das fontes sinaladas nos recursos. Algúns libros de interés para o alumnado e dos que poden dispoñer na biblioteca do centro son os seguintes:

Orwell, G: A revolta dos animais. Ed Xerais. Golding,W.:O señor das moscas. Ed sotelo Blanco Savater, F.: Ética para Amador. Vara, M.: Los derechos torcidos. Ed Edelvives. Martin,G.:Caperucita en Manhattan. Ed Siruela Boyne J.: El niño con el pijama de rayas. Ed Salamandra Diario de Ana Frank. Ed de bolsillo Twain, M.: Retallos do diario de Adán. Ed Positivas. Twain,M.: Retallos do diario de Eva. Ed. Positivas. Santos, C.: A lua.com. Ed. Rodeira. Alonso, B.: Tonecho de Rebordechao. Ed. Rodeira Varios autores: Piruletas de filosofía. Fernández Paz, A. : Lua do Senegal. Ed. Xerais

Para o fomento das TIC, o alumnado visitará as páxinas web sinaladas nos recursos didácticos de 2º e 4º curso, e ademais emprego de enciclopedias virtuais, blogs, páxinas de institutos e traballos escolares colgados na rede. Empregarase tamén o canón videoproxector para o visionado de películas e posterior análise das mesmas. 14. CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA Os contidos e actividades da área inclúen a coeducación así como a solución dialogada dos conflictos. No caso de rexistrarse conflictos que non se poidan solucionar na aula, recurrirase aos mecanismos de mediación ou sanción recollidos no programa de convivencia. 15. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES O departamento plantexará coa suficiente antelación á Vicedirección a realización de actividades complementarias e extraescolares. 16. TEMAS TRANSVERSAIS / EDUCACIÓN EN VALORES A Lei Orgánica de Educación non explicita ningún listado de temas transversais ou valores a traballar desde as distintas áreas curriculares. Os temas transversais e contidos actitudinais explicitados na obsoleta LOGSE están en gran medida recollidos nos contidos das distintas áreas do departamento. Por esa razón non consideramos necesario explicitar ditos temas na programación.

17

17. PUBLICIDADE DA PROGRAMACIÓN. A presente programación estará dispoñible para calquera consulta na páxina web do centro así como no departamento de filosofía. Así mesmo cada docente do departamento entregará ó inicio do curso información ós alumnos como mínimo sobre os obxectivos, contidos, metodoloxía, criterios e instrumentos de avaliación. 18. AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN. Os membros do departamento revisarán mensualmente a temporalización dos contidos de cada materia, así como os aspectos didácticos necesarios para o seu mellor aproveitamento por parte dos alumnos. Na derradeira reunión os membros do departamento farán unha revisión xeral do curso e da programación para decidir que cousas modificar de cara ó curso vindeiro. Tal revisión e modificación ficará explícita na memoria de fin de curso.

18

FILOSOFÍA E CIDADANÍA (1º Bac) 1. OBXECTIVOS

1. Comprender os problemas filosóficos fundamentais.

2. Empregar con propiedade os principais termos e conceptos filosóficos.

3. Obter información por diversos medios sobre os problemas filosóficos, para analizala e sintetizala.

4. Analizar textos referidos ás temáticas desenvolvidas, así como realizar

actividades escritas sobre as mesmas.

5. Argumentar, tanto oralmente como por escrito, con claridade, corrección, completude, coherencia e autonomía.

6. Manter unha actitude crítica e aberta, fundamentando con rigor a propia postura,

e recoñecendo o valor das aportacións doutras persoas.

7. Valorar a filosofía como forma de saber reflexivo e transversal a outros saberes, que ten como obxecto amosar a articulación das ideas.

8. Manter un diálogo continuo coa vida real, mediante a aplicación das nocións e

conceptos que se van adquirindo ao entorno circundante.

9. Desenvolver competencia lectora, oral e hábitos de traballo intelectual. 2. CONTIDOS SECUENCIADOS E TEMPORALIZADOS Bloque I. Contidos comúns. O primeiro bloque contén procedementos de traballo que serán empregados durante todo o curso. Por tanto trátase de contidos comúns a tódolos bloques restantes. O tratamento destes procedementos está intimamente relacionado coa Unidade 5. Teoría da argumentación. Lóxica formal e material. Por tanto dita unidade poderá ser empregada de modo transversal. Búsqueda, análise e crítica da información. Identificación e formulación de problemas filosóficos. Análise e comentario de textos filosóficos, así como outros de tipo científico,

literario, xurídico, político, sociolóxico, artístico, etc. Práctica da reflexión, debate e argumentación rigorosa e coherente, empregando

os esquemas e procedementos aportados pola lóxica e a teoría da argumentación. Exercicios de transferencia das nocións adquiridas a situacións do entorno

presente. Uso dun vocabulario técnico filosófico de carácter básico.

19

Bloque II. O saber filosófico. O segundo bloque será desenvolvido no primeiro trimestre do curso. Unidade 1. Natureza da filosofía. Diferenzas entre a filosofía, a ciencia, a arte e a relixión. Partes da filosofía: ontoloxía, epistemoloxía, lóxica, antropoloxía filosófica,

filosofía moral e política. A filosofía como definición e articulación de ideas. Conceptos ontolóxicos básicos: permanencia e cambio, substancia e accidente,

necesidade e continxencia, esencia e existencia. Bloque III. O coñecemento. O terceiro bloque será desenvolvido durante o primeiro e segundo trimestres do curso. Unidade 2. Teoría do coñecemento. Facultades cognitivas: percepción, imaxinación, memoria, elaboración de

conceptos. O problema do coñecemento: idealismos e realismos. Graos de coñecemento: dúbida e certeza, opinión e saber, etc. Criterios de verdade. Teorías acerca da verdade.

Unidade 3. Teoría da argumentación. Lóxica formal e material. Concepto e tipos de argumentos: deductivos, inductivos, analóxicos. A

contraargumentación. Diferenza entre verdade dos xuizos e validez dos argumentos. Conectivas da lóxica de enunciados e regras do cálculo de deducción natural. Falacias formais e materiais.

Bloque IV. O ser humano e a sociedade O cuarto bloque será desenvolvido durante o segundo trimestre do curso. Unidade 4. O ser humano. Antropoloxía física e cultural A especie humana. O proceso de hominización. Diferenzas entre os humanos e os outros animais. As ideas de natureza e cultura. A diversidade cultural. A cuestión do relativismo.

Unidade 5. A socialización. Tipos e axentes de socialización. Nocións de grupo, norma, estructura e institución. Aprendizaxe. Comunicación verbal e non verbal. A diferenza de xénero.

Bloque V. Ética e política.

20

O quinto bloque será desenvolvido durante o terceiro trimestre do curso. Unidade 6. A ética. A idea de liberdade. O problema da autonomía moral: a relación entre as emocións e o entendemento. Principais teorías éticas.

Unidade 7. O Estado e a política. Teorías sobre a orixe do Estado. A lexitimidade do poder do Estado. O dereito positivo a cuestión dos dereitos

humanos. Ideoloxías políticas contemporáneas. A idea de democracia. O Estado democrático de dereito.

3. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Recoller e integrar información a través dos diversos medios acerca dos problemas, conceptos e teorías específicos propostos para cada bloque temático. Con este criterio preténdese comprobar a capacidade para incorporar, procesar e integrar a información, así como avaliar o grao de autonomía que se vai adquirindo ao longo do proceso de aprendizaxe.

2. Caracterizar, identificar e expoñer, tanto de forma oral como escrita, os problemas, conceptos e teorías propostos e desenvoltos en cada un dos bloques temáticos específicos. Con este criterio trátase de comprobar o nivel de comprensión dos problemas e teorías analizadas e o grao de coñecemento, asimilación e dominio das nocións e conceptos adquiridos en torno aos mesmos.

3. Ler, analizar e comentar, tanto oralmente como por escrito, textos referidos ás noción e problemas abordados. Trátase de verificar con este criterio a capacidade para identificar nas fontes e formulacións orixinais os problemas e nocións adquiridos en diferentes momentos do proceso de aprendizaxe, así como avaliar o grao de competencia lectora e doutras destrezas intelectuais básicas como a capacidade de análise (ideas principais/secundarias, supostos/conclusións...), síntese (esquemas, mapas conceptuais...), estruturación e distribución do discurso, etc.

4. Debater e argumentar acerca das cuestións máis problemáticas e controvertidas suscitadas por certos temas, fundamentalmente os éticos e políticos. Con este criterio poderase avaliar a capacidade para facer avances nos procesos de axuste, precisión e flexibilización dos conceptos ao longo do proceso discursivo, así como avaliar o grao de destreza e coherencia argumentativa mantendo o respecto aos opoñentes.

5. Utilizar un vocabulario técnico específico tanto nas argumentacións como nas exposicións orais e escritas. Este criterio permite avaliar o grao de incorporación significativa do vocabulario técnico introducido e comprobar o nivel de precisión, exactitude e rigor no seu uso tanto oral como escrito.

6. Transferir e aplicar as nocións, conceptos e teorías incorporadas á análise da realidade presente e pasada. Poderase comprobar con este criterio o grao de

21

funcionalidade e significatividade dos conceptos e teorías adquiridos así como o nivel de conciencia asumido acerca da utilidade dos saberes académicos.

4. MÍNIMOS ESIXIBLES PARA UNHA AVALIACIÓN POSITIVA Bloque I. Contidos comúns. Análise e comentario de textos filosóficos, así como outros de tipo científico,

literario, xurídico, político, sociolóxico, artístico, etc. Práctica da reflexión, debate e argumentación rigorosa e coherente, empregando

os esquemas e procedementos aportados pola lóxica e a teoría da argumentación. Uso dun vocabulario técnico filosófico de carácter básico.

Bloque II. O saber filosófico. Unidade 1. Natureza da filosofía. Diferenzas entre a filosofía, a ciencia, a arte e a relixión. Conceptos ontolóxicos básicos: permanencia e cambio, sustancia e accidente,

necesidade e continxencia, esencia e existencia. Bloque III. O coñecemento. Unidade 2. Teoría do coñecemento. Facultades cognitivas: percepción, imaxinación, memoria, elaboración de

conceptos. O problema do coñecemento: idealismos e realismos.

Unidade 3. Teoría da argumentación. Lóxica formal e material. Concepto e tipos de argumentos: deductivos, inductivos, analóxicos. A

contraargumentación. Diferenza entre verdade dos xuizos e validez dos argumentos. Falacias formais e materiais.

Bloque IV. O ser humano e a sociedade Unidade 4. O ser humano. Antropoloxía física e cultural A especie humana. O proceso de hominización. As ideas de natureza e cultura.

Unidade 5. A socialización. Tipos e axentes de socialización. Nocións de grupo, norma, estructura e institución.

Bloque V. Ética e política. Unidade 6. O problema da liberdade. Teorías éticas O problema da autonomía moral: a relación entre as emocións e o entendemento.

Unidade 7. O Estado e a política. Teorías sobre a orixe do Estado. A lexitimidade do poder do Estado. O dereito positivo e a cuestión dos dereitos

humanos. 5. METODOLOXÍA ESPECÍFICA DA ÁREA

22

O paradigma pedagóxico que subxace a esta programación é a concepción

constructivista da aprendizaxe. O constructivismo é un paradigma que agrupa distintas teorías que comparten uns postulados sobre o proceso de aprendizaxe.

O termo fundamental é "aprendizaxe significativa", que se refire á posibilidade de establecer vínculos substantivos e non arbitrarios entre o novo contido a aprender e o que xa se sabe, presente na estructura cognitiva do suxeito. Para conseguir isto é preciso un desequilibrio dos esquemas de coñecemento previos do alumno e posterior reequilibrio con nova información e coa axuda do profesor. Para acadar esta aprendizaxe significativa deben seguirse dous principios básicos:

1. Partir dos coñecementos previos do alumno e do seu nivel de desenvolvemento real.

2. Establecer o nivel de dificultade das actividades dentro do que Vigotsky

denomina "zona de desenvolvemento próximo". Ademais destes principios básicos a aprendizaxe significativa debe cumprir uns requisitos:

a) O novo contido debe ter significatividade lóxica (coherencia interna) e psicolóxica (que permita establecer conexións cos coñecementos previos).

b) O novo contido debe ser funcional (que poida ser utilizado cando o alumno o precise).

c) O profesor motivará ó alumno para que teña unha actitude favorable ante o novo contido.

d) O alumno realizará unha actividade mental para restructurar un novo esquema de coñecementos superando o desequilibrio.

e) O alumno utilizará unha memorización comprensiva para a posterior recuperación de contidos en situacións diferentes.

6. MATERIAIS CURRICULARES Libros: ARISTÓTELES, Ética nicomáquea, Gredos, Madrid, 2000. ARISTÓTELES, Metafísica, Gredos, Madrid, 2002. BOCHENSKI, J.M., Introducción al pensamiento filosófico, Herder, Barcelona,

2006. BUNGE, M., El problema mente-cerebro. Un enfoque psicobiológico, Técnos,

Madrid, 1988. DAMASIO, A., El error de Descartes. La emoción, la razón y el cerebro

humano, Drakontos, Barcelona, 2007. GAARDER, J., El mundo de Sofía, Siruela, Madrid, 2001. GARCÍA DAMBORENEA, R., Uso de razón. Diccionario de falacias,

Biblioteca nueva, Madrid, 2000. GARCÍA SIERRA, P., Diccionario filosófico, Pentalfa, Oviedo, 2000. HOBBES, Th., Leviatán, Alianza Universidad, Madrid, 1995.

23

LAKOFF, G. & JOHNSON, M., Metáforas de la vida cotidiana, Cátedra, Madird, 2001.

MARTÍNEZ MARZOA, F., Iniciación a la filosofía, Itsmo, Madrid, 1974. MORENO, M., Cómo se enseña a ser niña. El sexismo en la escuela, Icaria,

Barcelona, 1986. NEVES VICENTE, J., Didáctica da filosofía. Apontamentos e textos de apoio

ás aulas, Faculdade de Letras, Universidade de Coimbra, 2006 (inédito). PIZARRO, F, Aprender a razonar, Alhambra, Barcelona, 1985. PLATÓN, Gorgias, Gredos, Madrid, 2000. PLATÓN, Teeteto, Gredos, Madrid, 2000. SACKS, O. Un antropóilogo en Marte, Anagrama, Barcelona, 2001. SAGÜILLO, J.M., El arte de persuadir. Algunos elementos de argumentación y

retórica, Ludus, A Coruña, 2000. SPINOZA, B., Ética, Alianza, Madrid, 2007. SPITZER, M. Aprendizaje. Neurociencia y la escuela de la vida, Omega,

Barcelona, 2005. TOZZI, M., Pensar por sí mismo. Iniciación a la pedagogía de la filosofía,

Popular, Madrid, 2008. VEGA REÑÓN, L., Si de argumentar se trata, Montesinos, Barcelona, 2007. VELARDE, J., Conocimiento y verdad, Universidad de Oviedo, 1993. VV.AA., Atlas universal de filosofía. Manual didáctico de autores, textos,

escuelas y conceptos filosóficos, Oceano, Barcelona. VV.AA., Filosofía, Eikasía, Oviedo, 2005. VV.AA., Filosofía, Rodeira, Madrid, 2005. VV.AA., Filosofía e cidadanía, Ediciones del Serbal, Barcelona, 2008. VV.AA., La historia más bella del mundo. Los secretos de nuestros orígenes,

Anagrama, Barcelona, 2003. 7. OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS Páxinas web:

Directorio de revistas, diccionarios e asociacións de filosofía en España http://www.filosofia.net/

Páxina de recursos elaborada por docentes de filosofía http://www.filopolis.net/ Páxina de recursos elaborada por docentes de filosofía http://www.webdianoia.com/index.html

Páxina de recursos elaborada por docentes de filosofía http://www.lacavernadeplaton.com/

Páxina de recursos elaborada por docentes de filosofía http://www.asociaciondoutorcastro.org/

Páxina de recursos elaborada por docentes de filosofía http://www.rafaelrobles.com/wiki/index.php?title=Portada

24

Aplicación didáctica da película Matrix á filosofía http://www.telecable.es/personales/filomatrix/

Páxina de filosofía con videos e enlaces interesantes http://dolphin.blogia.com/

Películas: CHAPLIN, Ch., Tiempos modernos. FORD, J., Las uvas de la ira. KUBRIK, S., 2001, una odisea del espacio. PENN, A., El milagro de Anna Sullivan. WACHOWSKI BROTHERS, Matrix.

8. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN INICIAL E ORDINARIA Tódalas actividades realizadas na aula para traballar os diferentes contidos poden ser utilizadas como instrumentos de avaliación. Entendemos por actividades todas aquelas que serven para que os alumnos desenvolvan as capacidades expresadas nos obxectivos da materia: Elaboración de definicións. Elaboración de clasificacións e búsqueda de exemplos. Resposta a preguntas por escrito. Resposta a preguntas orais. Resumos e mapas sinópticos. Mapas conceptuais. Identificación de ideas nun texto. Comentarios de texto Lectura comprensiva de textos. Redacción de recensións sobre lecturas de extensión media. Redacción de composicións explicativas sobre temas. Búsquedas de información. Análise de documentos escritos e audiovisuais. Elaboración de sínteses en grupo. Debates. Exposicións orais individuais e en grupo.

Todas esas actividades, que o docente da materia especificará na súa programación de aula, poden ser realizadas en forma de probas formais na aula (exames), ou en forma de traballo diario recollido na libreta da materia e en documentos separados.

Durante a dúas primeiras semanas de clase, faranse actividades seleccionadas para comprobar en que medida se posúen os coñecementos previos necesarios para o seguimento da programación.

25

9. SISTEMA DE CUALIFICACIÓN ORDINARIA O docente dará ó alumnado as instruccións para realizar cada unha das actividades, pero todas elas, tanto exames como intervencións orais, tanto traballos escritos na libreta como entregados aparte, serán valoradas seguindo uns criterios de cualificación que explicitamos a continuación: Corrección: para que unha actividade sexa correcta, teñen que darse unha serie

de condicións: a) Adecuación: a actividade ocúpase do asunto que se pregunta e non outro

calquera. b) Coerencia: na argumentación non hai contradiccións. c) Claridade: as explicacións son facilmente intelixibles (non son "escuras"). d) Distinción: os conceptos empregados están definidos (non son "confusos").

Completude: significa que a actividade é desenvolvida esgotando, na medida do posible, o asunto do que trata. A completude maniféstase no emprego de tódolos conceptos relacionados co asunto.

Boa presentación: significa que o resultado final da actividade ten calidade estilística. A boa presentación maniféstase no coidado do material impreso, da ortografía e a dicción.

Autonomía: significa que a actividade é realizada por un mesmo. A autonomía maniféstase no uso dunha linguaxe propia, na reflexión sincera e no emprego de exemplos orixinais.

Adicación: significa que o alumno tentou superar as súas dificultades sen escatimar tempo e esforzo para que o resultado sexa satisfactorio.

Pertinencia: significa que as intervencións van dirixidas a realizar as actividades e non a obstaculizalas.

Respecto: significa que a palabra dos outros compañeiros e do profesor é escoitada de forma activa, e que a súa postura é valorada.

Colaboración: significa que nas actividades de grupo o resultado colectivo prima sobre as inclinacións individuais.

Puntualidade: significa que se respectan os tempos establecidaos para as actividades. A puntualidade maniféstase na asistencia ás aulas, no remate das actividades e na entrega dos traballos.

O criterio prioritario á hora de decidir a nota, sexa nunha pregunta de exame, nun comentario de texto, nunha pregunta oral, nun traballo da libreta, etc. é a corrección. A corrección é condición suficiente e necesaria para acadar o aprobado nunha actividade, é dicir, o 50% na súa cualificación. O resto de criterios están subordinados a ela: unha actividade completa, ben argumentada e presentada pero que non é correcta -i.e., que non se cingue ó asunto pertinente senón a outro- non é unha actividade satisfactoria. Isto non significa que eses criterios non sexan importantes: sono para acadar unha cualificación mellor que o mero aprobado. Os cinco derradeiros criterios –adicación, pertinencia, respecto, colaboración e puntualidade- non se refiren ó contido das actividades, senón a algo previo e igual de importante: o clima e a actitude que as fan posibles. Non se pode facer unha actividade

26

na aula con comentarios impertinentes, nin traballar en grupo sen respecto polos compañeiros, nin entregar unha actividade fóra do seu prazo. Trátase de criterios actitudinais e a súa cualificación realizarase en forma de puntos positivos ou negativos que o profesor contabilizará en función de se os alumnos cumpren ou incumpren eses criterios. A cualificación de cada avaliación e da avaliación final será a suma da cualificación das probas formais (ata 6 puntos) e da cualificación das actividades diarias recollidas na libreta e en documentos separados (ata 4 puntos). Por tanto a avaliación sumativa final consistirá nun 60% en probas formais e nun 40% en traballo diario. Dentro deste 40% contémplase a avaliación da actitude con puntos positivos ou negativos así como a avaliación de posibles traballos voluntarios que sumarán positivamente. 10. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN EXTRAORDINARIA Dado que a avaliación é contínua, entendemos como procedemento de avaliación extraordinario aquel que se aplique unha vez que a avaliación final ordinaria sexa negativa. Para eses casos haberá unha proba formal escrita no mes de xuño que puntuará sobre 10 puntos e onde haberá que dar conta dos contidos mínimos esixibles para unha avaliación positiva. No caso de suspender a proba extraordinaria de xuño haberá outra en setembro coas mesmas características. 11. PROGRAMA DE RECUPERACIÓN DA MATERIA PENDENTE DOUTROS CURSOS As actividades de reforzo previstas para os alumnos pendentes, consistirá en proporcionarlles materiais que desenvolven os contidos. Sobre estes materiais os alumnos poderán realizar unha serie de tarefas: Cuestionarios. Comentarios de texto. Esquemas. Recensión de lecturas. Reelaboracións ou traballos de investigación.

A avaliación consistirá no control das tarefas programadas e na realización de exámenes según os criterios de avaliación e cualificación indicados nos capítulos correspondentes. Se houbese deixadez por parte dos alumnos no seguimento da asignatura, terían unha proba formal extraordinaria en maio e, no caso de non superala, en setembro. 12. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

27

Para atender as diferenzas entre o alumnado desta área contémplanse dous tipos

de medidas:

1. Actividades de reforzo para os alumnos que teñan dificultades para acadar os contidos mínimos: novas lecturas con explicacións máis sinxelas e/ou actividades de carácter máis básico para a asimilación de contidos:

Elaboración de clasificacións e búsqueda de exemplos. Identificación de ideas nun texto. Resumos e mapas sinópticos. Redacción de composicións explicativas sobre temas. Búsquedas de información.

2. Actividades de ampliación para os alumnos con capacidades máis

desenvolvidas: novas lecturas que afonden e problematicen aspectos do temario e actividades relacionadas con estas:

Mapas conceptuais. Comentarios de texto. Redacción de recensións sobre lecturas de extensión media. Redacción de composicións explicativas sobre temas. Búsquedas de información.

13. TRATAMENTO DO FOMENTO DA LECTURA As accións de fomento da lectura a realizar na área de Filosofía e cidadanía son as seguintes: Tódalas actividades realizadas na aula implican a lectura dalgún texto. A lectura

pode ser en silencio, en pequeno grupo ou en gran grupo. Logo dunha primeira lectura o profesor facilita instruccións de traballo, fai preguntas guiadas ou aporta información extra para convertila nunha lectura comprensiva.

A lectura de textos e o traballo sobre os mesmos realízase tamén nas actividades

para casa, que son facilitadas polo profesor ou distribuidas na fotocopiadora. O profesor presentará e recomendará certas obras filosóficas ou literarias de

interés para o alumnado. A escasa carga horaria da área (2 horas semanais) así como o número de alumnos por aula dificultan gravemente realizar calquera outra actividade sistemática de fomento da lectura. 14. TRATAMENTO DO FOMENTO DAS TIC Contemplamos como medidas de fomento das TIC

28

A proxección de documentais e películas sobre as cales os alumnos realizarán actividades.

A proxección de presentacións explicativas que servirán como fonte de información ós alumnos.

O Profesor presentará e recomendará certas páxinas web de filosofía de interés para o alumnado.

A escasa carga horaria da área (2 horas semanais) así como o número de alumnos por aula dificultan gravemente realizar calquera outra actividade sistemática de fomento das TIC. 15. CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA Os contidos e actividades da área inclúen a coeducación así como a solución dialogada dos conflictos. No caso de rexistrarse conflictos que non se poidan solucionar na aula, recurrirase aos mecanismos de mediación ou sanción recollidos no programa de convivencia. 16. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. O departamento plantexará coa suficiente antelación á Vicedirección a realización de actividades complementarias e extraescolares. 17. TEMAS TRANSVERSAIS / EDUCACIÓN EN VALORES A Lei Orgánica de Educación non explicita ningún listado de temas transversais ou valores a traballar desde as distintas áreas curriculares. Os temas transversais e contidos actitudinais explicitados na obsoleta LOGSE están en gran medida recollidos nos contidos das distintas áreas do departamento. Por esa razón non consideramos necesario explicitar ditos temas na programación. 18. PUBLICIDADE DA PROGRAMACIÓN. A presente programación estará dispoñible para calquera consulta na páxina web do centro así como no departamento de filosofía. Asimesmo cada docente do departamento entregará ó inicio do curso información ós alumnos como mínimo sobre os obxectivos, contidos, metodoloxía, criterios e instrumentos de avaliación. 19. AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN. Os membros do departamento revisarán mensualmente a temporalización dos contidos de cada materia, así como os aspectos didácticos necesarios para o seu mellor aproveitamento por parte dos alumnos.

29

Na derradeira reunión os membros do departamento farán unha revisión xeral do curso e da programación para decidir que cousas modificar de cara ó curso vindeiro. Tal revisión e modificación ficará explícita na memoria de fin de curso.

30

ANTROPOLOXÍA (1º Bac) 1. OBXECTIVOS.

1. Adquirir unha visión científica do ser humano, atendendo á súa dimensión física e cultural.

2. Coñecer, analizar e comprender os procesos que conforman a natureza e as

sociedades humanas.

3. Adoptar, ante o feito da diversidade humana, unha perspectiva crítica que supere o etnocentrismo e o relativismo cultural.

4. Adquirir unha comprensión global do humano, a partir das achegas dos distintos

campos da antropoloxía, das ciencias humanas, sociais e naturais, e da filosofía.

5. Formular problemas e articular conceptos filosóficos sobre o ser humano.

6. Coñecer a especificidade dos estudos antropolóxicos, familiarizarse cos seus métodos de traballo e aplicalos ao estudo do contorno próximo.

7. Transferir os coñecementos adquiridos á análise de problemas relevantes da

sociedade presente.

8. Argumentar, tanto oralmente como por escrito, con claridade, corrección, completude, coherencia e autonomía.

9. Desenvolver competencia lectora, dixital e hábitos de traballo intelectual.

2. CONTIDOS SECUENCIADOS E TEMPORALIZADOS Bloque I. Contidos comúns Búsqueda, análise e crítica da información co emprego tas TIC e o traballo de

campo. Análise e comentario de textos relativos ás ciencias humanas, así como outros de

tipo filosófico, literario, xornalístico e artístico. Práctica da reflexión, debate e argumentación rigorosa e coherente. Exercicios de transferencia das nocións adquiridas a situacións do mundo

presente. Uso dun vocabulario técnico antropolóxico de carácter básico.

Bloque II. A Antropoloxía como campo de estudo. Antropoloxía física, antropoloxía socio-cultural e antropoloxía filosófica. Relación da antropoloxía con outras ciencias humanas. Principais escolas, correntes e representantes da antropoloxía socio-cultural. Principais ramas da antropoloxía socio-cultural.

31

Métodos da investigación antropolóxica. O traballo de campo. Bloque III. A persoa humana, un animal con cultura. Fundamento biolóxico da cultura. O proceso de hominización. As ideas de natureza e cultura. Os comportamentos animais. Herdanza, medio e aprendizaxe. O concepto de raza. Elementos e niveis das culturas. Os enfoques emic e etic no estudio das culturas. A diversidade cultural. A cuestión do relativismo.

Bloque IV. Relacións interpersoais e organización social. Recursos, producción e alimentación nas sociedades pre-estatais. A revolución neolítica e a aparición dos Estados. Economía e intercambio. Parentesco, residencia e filiación. Familias, clans e tribus. Conflito e orde. A guerra e a lei. Estratificación social. Xerarquías de idade, casta, etnia, clase, xénero. Modos de relación entre grupos sociais diferentes.

Bloque V. Palabras e símbolos.

Comunicación animal e humana. A comunicación non verbal. Linguaxe e organización do mundo. Mito, ceremonia, relixión, ideoloxía. A arte e as súas implicacións socioculturais. O saber e a educación.

Bloque VI. Reflexión filosófica sobre a natureza humana. Cultura e personalidade. Teorías sobre a natureza humana. Mente e cerebro. Entendemento e emocións. O problema da liberdade. Temporalidade e conciencia da morte.

O primeiro bloque contén procedementos de traballo que serán empregados durante todo o curso. Por tanto trátase de contidos comúns a tódolos bloques restantes. Os bloques III e IV serán desenvolvidos no primeiro trimestre. Os bloques V e II serán desenvovidos no segundo trimestre. O bloque VI será desenvolvido no terceiro trimestre xunto coa realización dun traballo de campo.

32

3. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

1. Relacionar a información procedente de diversas áreas do saber para comprender as características universais que definen a especie humana e as variantes das distintas poboacións. Preténdese así comprobar a capacidade do alumnado para identificar os diferentes factores que confluíron no proceso de hominización e os factores que explican as variacións e diferenzas das distintas poboacións.

2. Identificar e explicar os distintos elementos e niveis que conforman unha cultura. Con este criterio preténdese comprobar se as alumnas e os alumnos son quen de identificar os compoñentes máis relevantes dunha cultura e de integralos nunha concepción global, e se comprenden os mecanismos de transmisión entre distintas xeracións e os factores explicativos do cambio social e cultural.

3. Describir, analizar e explicar, usando conceptos adecuados, textos teóricos e

manifestacións culturais diversas. Preténdese comprobar con este criterio a capacidade do alumnado para articular conceptos técnicos e aplicalos á realidade.

4. Participar en debates sobre cuestións de actualidade, relativas ás relacións

entre distintos modos de vida, usando un vocabulario apropiado e argumentos pertinentes. Preténdese verificar a capacidade do alumnado para interesarse polos problemas suscitados pola convivencia entre persoas de distintos grupos sociais, así como para adoptar posturas de respecto e tolerancia. Búscase, así mesmo, comprobar a súa capacidade de elaborar e refutar argumentos.

5. Realizar sínteses integradoras a partir de información adquirida en distintas

fontes. Trátase de comprobar se o alumnado é quen de contrastar e relacionar información variada sobre os temas obxecto de traballo. Maniféstase así a súa capacidade para reflexionar, desde unha perspectiva filosófica, sobre cuestións relativas á natureza humana.

6. Elaborar un traballo de investigación sobre algún aspecto cultural do

contorno. Con este criterio comprobarase a capacidade de buscar información, obrservar e escoitar, contrastar opinións, sacar conclusións e resumir os coñecementos adquiridos a través de métodos e técnicas de traballo específicos da investigación antropolóxica.

4. MÍNIMOS ESIXIBLES PARA UNHA AVALIACIÓN POSITIVA Bloque I. Contidos comúns Búsqueda, análise e crítica da información co emprego tas TIC e o traballo de

campo. Análise e comentario de textos relativos ás ciencias sociais, así como outros de

tipo filosófico, literario, xornalístico e artístico. Uso dun vocabulario técnico antropolóxico de carácter básico.

33

Bloque II. A Antropoloxía como campo de estudo. Antropoloxía física, antropoloxía socio-cultural e antropoloxía filosófica. Métodos da investigación antropolóxica. O traballo de campo.

Bloque III. A persoa humana, un animal con cultura. Herdanza, medio e aprendizaxe. Elementos e niveis das culturas. A diversidade cultural. A cuestión do relativismo.

Bloque IV. Relacións interpersoais e organización social. A revolución neolítica e a aparición dos Estados. Parentesco, residencia e filiación. Familias, clans e tribus. Conflito e orde. A guerra e a lei.

Bloque V. Palabras e símbolos. Comunicación animal e humana. A comunicación non verbal. Mito, ceremonia, relixión, ideoloxía.

Bloque VI. Reflexión filosófica sobre a natureza humana. Teorías sobre a natureza humana. Mente e cerebro. Entendemento e emocións. O problema da liberdade.

5. METODOLOXÍA ESPECÍFICA DA ÁREA

O paradigma pedagóxico que subxace a esta programación é a concepción constructivista da aprendizaxe. O constructivismo é un paradigma que agrupa distintas teorías que comparten uns postulados sobre o proceso de aprendizaxe.

O termo fundamental é "aprendizaxe significativa", que se refire á posibilidade de establecer vínculos substantivos e non arbitrarios entre o novo contido a aprender e o que xa se sabe, presente na estructura cognitiva do suxeito. Para conseguir isto é preciso un desequilibrio dos esquemas de coñecemento previos do alumno e posterior reequilibrio con nova información e coa axuda do profesor. Para acadar esta aprendizaxe significativa deben seguirse dous principios básicos:

1. Partir dos coñecementos previos do alumno e do seu nivel de desenvolvemento

real.

2. Establecer o nivel de dificultade das actividades dentro do que Vigotsky denomina "zona de desenvolvemento próximo".

En consonancia con eses principios, o profesor guiará aulas estructuradas nos seguintes pasos para unificar a realización das actividades:

34

a) Os alumnos fan a representación espontánea dun fenómeno, concepto ou problema antropolóxico. O punto de partida pode ser un texto escrito, unha imaxe, unha proxección audiovisual ou unha opinión libre.

b) O profesor dá as instruccións para buscar determinada información ou

introdúcea el mesmo, información que crea un conflicto cognitivo pois non é compatible coa opinión espontánea.

c) Os alumnos contrastan esa información coa representación espontánea, e inician

unha búsqueda de nova información fiable para resolver o conflicto.

d) Os alumnos sintetizan a nova información elaborando un documento onde explican o fenómeno, concepto ou problema de que se trate.

e) Eventualmente, os alumnos tiran do seu documento novos problemas e liñas de

traballo que o profesor empregará en aulas posteriores. Durante todo o proceso, o profesor actúa como informante que aporta conceptos teóricos e documentos e guía para a búsqueda de información fiable. Con esta metodoloxía os alumnos non só coñecen fenómenos, conceptos e problemas antropolóxicos, senón que practican procedementos de traballo intelectual e elaboran o seu propio pensamento, que non ten que ser orixinal ou novidoso, pero sí asumido comprensivamente. 6. MATERIAIS CURRICULARES Os contidos da materia están tirados de múltiples fontes. Destacamos aquí aquelas obras impresas das cales hai capítulos utilizables para fomentar a comprensión lectora do alumnado: ASIMOV, I., Yo, robot, Edhasa, Barcelona, 2003. BARLEY, N., El antropólogo inocente, Anagrama, Barcelona. BENEDICT, R., El crisantemo y la espada. Patrones de la cultura japonesa,

Alianza, Madrid, 2003. BEAUVOIR, S., El segundo sexo, Siglo Veinte, Buenos Aires, 1975. BERGER, P. & LUCKMANN, T., La construcción social de la realidad,

Amorrortu, Buenos Aires, 1994. BUENO, G., El animal divino, Pentalfa, Oviedo, 1996. BUENO, G., Nosotros y ellos, Pentalfa, Oviedo, 1990. CARO BAROJA, J., Las brujas y su mundo, Alianza, Madrid, 1968. DAVIS, F., La comunicación no verbal, Alianza, Madrid, 1992. DURANDIN, G., La mentira en la propaganda política y en la publicidad,

Paidós, Barcelona, 1983. FESSER. G., A cien millas de Manhattan, Aguilar, Madrid, 2008. FRANKL, V.E., El hombre en busca de sentido, Herder, Barcelona, 2003. FREUD, S., La interpretación de los sueños, Alianza, Madrid, 1983. GONDAR, M., Romeiros do alén. Antropoloxía da morte en Galicia, Xerais,

Vigo, 1989.

35

HARRIS, M., Caníbales y reyes. Los orígenes de las culturas, Alianza, Madrid, 1992.

HARRIS, M., Introducción a la antropología general, Alianza, Madrid, 2007. HARRIS, M., La cultura norteamericana contemporánea. Una visión

antropológica, Alianza, Madrid, 1992. KRISTEVA, J., El lenguaje, ese desconocido, Fundamentos, Madrid, 1988. LEVI-STRAUSS, C., Tristes trópicos, Paidós, Barcelona, 1997. LISÓN TOLOSANA, C., Perfiles simbólico-morales de la cultura gallega,

Akal, Madrid, 1974. MARINA, J.A. & LÓPEZ PENAS, M., Diccionario de los sentimientos,

Anagrama, Barcelona, 1999. MORRIS, D., El mono desnudo, Plaza y Janés, Barcelona, 1993. PEASE, A., El lenguaje del cuerpo, Paidós, Barcelona, 1993. PUNSET, E., Por qué somos como somos, Santillana, Madrid, 2008. SACKS, O., Un antropólogo en Marte, Anagrama, Barcelona, 2001. SHELLEY, M., Frankenstein, Unidad Editorial, Madrid, 1999. STEVENSON, L. & HABERMAN, D.L., Diez teorías sobre la naturaleza

humana, Cátedra, Madrid, 2001. TABOADA CHIVITE, J., Ritos y creencias gallegas, Sálvora, A Coruña, 1982. VV.AA., Introducción a los métodos de la sociología empírica, Alianza,

Madrid, 1988. VV.AA., La familia, Península, Barcelona, 1970.

7. OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS Buscadores: Os alumnos buscarán información na rede a través destes dous buscadores, que o profesor lles ensinará a manexar para sacar o máximo partido. http://www.google.es/ http://www.metacrawler.com/ Páxinas web: Como a búsqueda de información será constante, carece de sentido poñer un listado limitado de páxinas nas que buscar. A modo de exemplo pódense indicar algunhas de especial interés para a materia de antropoloxía: Páxina de recursos da USC http://busc.usc.es/Recursos_en_Internet/Recursos_por_materias/rec_antropologia.asp Enciclopedia virtual http://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada Portal de videos en internet

36

http://es.youtube.com/ Películas e documentais: CHAPLIN, Ch. Tiempos modernos. HOOK, H., El señor de las moscas. IMAMURA, S., La balada de Nara-Yama. JOFFÉ, R., La misión. KAZAN, E., América, América. KUROSAWA, A. Dersu Uzala. LYNCH, D., El hombre elefante. NIGHT SHYAMALAN, M., El bosque. SCOTT, R. Blade runner. TRUFFAUT, F., El pequeño salvaje.

8. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN ORDINARIA Tódalas actividades realizadas na aula para traballar os diferentes contidos poden ser utilizadas como instrumentos de avaliación. Entendemos por actividades todas aquelas que serven para que os alumnos desenvolvan as capacidades expresadas nos obxectivos da materia: Elaboración de definicións. Elaboración de clasificacións e búsqueda de exemplos. Resposta a preguntas por escrito. Resposta a preguntas orais. Resumos e mapas sinópticos. Mapas conceptuais. Identificación de ideas nun texto. Comentarios de texto Lectura comprensiva de textos. Redacción de recensións sobre lecturas de extensión media. Redacción de composicións explicativas sobre temas. Búsquedas de información. Análise de documentos escritos e audiovisuais. Elaboración de sínteses en grupo. Debates. Exposicións orais individuais e en grupo.

Todas esas actividades, que o docente da materia especificará na súa programación de aula, poden ser realizadas en forma de probas formais na aula (exames), ou en forma de traballo diario recollido na libreta da materia e en documentos separados. 9. SISTEMA DE CUALIFICACIÓN ORDINARIA O docente dará ó alumnado as instruccións para realizar cada unha das actividades, pero todas elas, tanto exames como intervencións orais, tanto traballos

37

escritos na libreta como entregados aparte, serán valoradas seguindo uns criterios de cualificación que explicitamos a continuación: Corrección: para que unha actividade sexa correcta, teñen que darse unha serie

de condicións: a) Adecuación: a actividade ocúpase do asunto que se pregunta e non outro

calquera. b) Coerencia: na argumentación non hai contradiccións. c) Claridade: as explicacións son facilmente intelixibles (non son "escuras"). d) Distinción: os conceptos empregados están definidos (non son "confusos").

Completude: significa que a actividade é desenvolvida esgotando, na medida do posible, o asunto do que trata. A completude maniféstase no emprego de tódolos conceptos relacionados co asunto.

Boa presentación: significa que o resultado final da actividade ten calidade estilística. A boa presentación maniféstase no coidado do material impreso, da ortografía e a dicción.

Autonomía: significa que a actividade é realizada por un mesmo. A autonomía maniféstase no uso dunha linguaxe propia, na reflexión sincera e no emprego de exemplos orixinais.

Adicación: significa que o alumno tentou superar as súas dificultades sen escatimar tempo e esforzo para que o resultado sexa satisfactorio.

Pertinencia: significa que as intervencións van dirixidas a realizar as actividades e non a obstaculizalas.

Respecto: significa que a palabra dos outros compañeiros e do profesor é escoitada de forma activa, e que a súa postura é valorada.

Colaboración: significa que nas actividades de grupo o resultado colectivo prima sobre as inclinacións individuais.

Puntualidade: significa que se respectan os tempos establecidaos para as actividades. A puntualidade maniféstase na asistencia ás aulas, no remate das actividades e na entrega dos traballos.

O criterio prioritario á hora de decidir a nota, sexa nunha pregunta de exame, nun comentario de texto, nunha pregunta oral, nun traballo da libreta, etc. é a corrección. A corrección é condición suficiente e necesaria para acadar o aprobado nunha actividade, é dicir, o 50% na súa cualificación. O resto de criterios están subordinados a ela: unha actividade completa, ben argumentada e presentada pero que non é correcta -i.e., que non se cingue ó asunto pertinente senón a outro- non é unha actividade satisfactoria. Isto non significa que eses criterios non sexan importantes: sono para acadar unha cualificación mellor que o mero aprobado. Os cinco derradeiros criterios –adicación, pertinencia, respecto, colaboración e puntualidade- non se refiren ó contido das actividades, senón a algo previo e igual de importante: o clima e a actitude que as fan posibles. Non se pode facer unha actividade na aula con comentarios impertinentes, nin traballar en grupo sen respecto polos compañeiros, nin entregar unha actividade fóra do seu prazo. Trátase de criterios actitudinais e a súa cualificación realizarase en forma de puntos positivos ou negativos que o profesor contabilizará en función de se os alumnos cumpren ou incumpren eses criterios.

38

A cualificación de cada avaliación e da avaliación final será a suma da cualificación das probas formais (ata 5 puntos) e da cualificación das actividades diarias recollidas na libreta e en documentos separados (ata 5 puntos). Por tanto a avaliación sumativa final consistirá nun 50% en probas formais e nun 50% en traballo diario. 10. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN EXTRAORDINARIA Dado que a avaliación é contínua, entendemos como procedemento de avaliación extraordinario aquel que se aplique unha vez que a avaliación final ordinaria sexa negativa. Para eses casos haberá no mes de xuño unha proba formal escrita ou a entrega dun traballo que puntuará sobre 10 puntos e onde haberá que dar conta dos contidos mínimos esixibles para unha avaliación positiva. No caso de suspender a proba extraordinaria de xuño haberá outra en setembro coas mesmas características. 11. PROGRAMA DE RECUPERACIÓN DA MATERIA PENDENTE DOUTROS CURSOS As actividades de reforzo previstas para os alumnos pendentes, consistirá en proporcionarlles materiais que desenvolven os contidos. Sobre estes materiais os alumnos realizarán unha serie de tarefas: Cuestionarios. Comentarios de texto. Esquemas. Recensión de lecturas. Reelaboracións ou traballos de investigación.

Todas esas tarefas permitirán ó profesor ter coñecemento do grao de seguimento da asignatura para dese modo poder incidir naqueles aspectos máis necesarios. O docente habilitará un tempo semanal para consultas aos alumnos e axuda naqueles traballos de carácter máis práctico. A avaliación consistirá no control das tarefas programadas e na realización de exámenes según os criterios de avaliación e cualificación indicados nos capítulos correspondentes. No caso de que non poidan asistir ós exames ordinarios do grupo, realizarán unha proba formal escrita por trimestre. Se houbese deixadez por parte dos alumnos no seguimento da asignatura, terían unha proba formal extraordinaria en xuño e, no caso de non superala, en setembro. 12. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Para atender as diferenzas entre o alumnado desta área contémplanse dous tipos

de medidas:

39

1. Actividades de reforzo para os alumnos que teñan dificultades para acadar os contidos mínimos: novas lecturas con explicacións máis sinxelas e/ou actividades de carácter máis básico para a asimilación de contidos:

Elaboración de clasificacións e búsqueda de exemplos. Identificación de ideas nun texto. Resumos e mapas sinópticos. Redacción de composicións explicativas sobre temas. Búsquedas de información.

2. Actividades de ampliación para os alumnos con capacidades máis desenvolvidas: novas lecturas que afonden e problematicen aspectos do temario e actividades relacionadas con estas:

Mapas conceptuais. Comentarios de texto. Redacción de recensións sobre lecturas de extensión media. Redacción de composicións explicativas sobre temas. Búsquedas de información.

13. TRATAMENTO DO FOMENTO DA LECTURA As accións de fomento da lectura a realizar na área de Antropoloxía son as seguintes: Tódalas actividades realizadas na aula implican a lectura dalgún texto. A lectura

pode ser en silencio, en pequeno grupo ou en gran grupo. Logo dunha primeira lectura o profesor facilita instruccións de traballo, fai preguntas guiadas ou aporta información extra para convertila nunha lectura comprensiva.

A lectura de textos e o traballo sobre os mesmos realízase tamén nas actividades

para casa, que son facilitadas polo profesor ou distribuidas na fotocopiadora. De ser posible realizaránse aulas nunha sá con ordenadores, onde os alumnos

poidan acceder á web, consultar información pertinente para o tema que se trate, e procesar os seus propios textos empregando preferentemente os programas Word, Power Point e Windows Media Maker.

Unha vez ó trimestre faise unha pescuda bibliográfica de obras de antropoloxía

asequibles ós alumnos. Os exemplares de interés son aportados pola biblioteca, prestados polo profesor ou adquiridos polo centro. Cada alumno selecciona unha obra e realiza acerca da mesma unha lectura total ou parcial, unha recensión e unha exposición oral ós compañeiros. O listado de libros recomendados polo departamento aparece no capítulo sobre materiais curriculares.

Antes de realizar calquera traballo de consulta, ós alumnos explícaselles a

diferenza entre as distintas fontes e a utilidade relativa das mesmas: obras

40

orixinais de autor; monografías sobre autor/tema; diccionarios; enciclopedias; libros de texto/actividades; ensaios; revistas e prensa diaria.

14. TRATAMENTO DO FOMENTO DAS TIC Os alumnos da área de Antropoloxía manexarán certos materiais dixitais e audiovisuais de forma regular. Distinguimos tres tipos de materiais:

1. Materiais facilitados polo profesor: Proxección de documentais e películas sobre as cales os alumnos realizarán

actividades. Proxección de presentacións explicativas que servirán como fonte de

información ós alumnos.

2. Materiais buscados e procesados polos alumnos, en buscadores e páxinas web como os indicados no capítulo de outros recursos didácticos. Facemos especial fincapé na búsqueda rigorosa e con criterio cando se trata de internet, para evitar que os alumnos se limiten a copiar e pegar a información da primeira páxina que abran acriticamente. Para isto esixímolles os seguintes requerimentos:

Realizar un mínimo de dúas consultas para tirar calquera información relevante. Indicar a pé de páxina o enderezo web de onde tiraron a información. Realizar a consulta según esta ordenación de maior a menor credibilidade:

a) Páxina oficial (sobre o tema de consulta) ou a dunha institución acreditada.

b) Wikipedia (e outras enciclopedias virtuais). c) Blogs persoais e traballos escolares. d) Referencias noutras páxinas non especializadas no tema. e) Foros.

3. Materiais elaborados polos alumnos: Textos en formato .doc ou .pdf. Presentacións de imaxes e textos con Power Point. Videos realizados con Windows Media Maker. Actividades construidas cos programas WebQuest e Hot Potatoes.

Os documentos xenerados serán eventualmente colgados na páxina web do centro e expostos na entrada do centro. 15. CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA Os contidos e actividades da área inclúen a coeducación así como a solución dialogada dos conflictos. No caso de rexistrarse conflictos que non se poidan solucionar na aula, recurrirase aos mecanismos de mediación ou sanción recollidos no programa de convivencia. 16. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.

41

O departamento plantexará coa suficiente antelación á Vicedirección a realización de actividades complementarias e extraescolares. 17. TEMAS TRANSVERSAIS / EDUCACIÓN EN VALORES A Lei Orgánica de Educación non explicita ningún listado de temas transversais ou valores a traballar desde as distintas áreas curriculares. Os temas transversais e contidos actitudinais explicitados na obsoleta LOGSE están en gran medida recollidos nos contidos das distintas áreas do departamento. Por esa razón non consideramos necesario explicitar ditos temas na programación. 18. PUBLICIDADE DA PROGRAMACIÓN. A presente programación estará dispoñible para calquera consulta na páxina web do centro así como no departamento de filosofía. Asimesmo cada docente do departamento entregará ó inicio do curso información ós alumnos como mínimo sobre os obxectivos, contidos, metodoloxía, criterios e instrumentos de avaliación. 19. AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN. Os membros do departamento revisarán mensualmente a temporalización dos contidos de cada materia, así como os aspectos didácticos necesarios para o seu mellor aproveitamento por parte dos alumnos. Na derradeira reunión os membros do departamento farán unha revisión xeral do curso e da programación para decidir que cousas modificar de cara ó curso vindeiro. Tal revisión e modificación ficará explícita na memoria de fin de curso.

42

HISTORIA DA FILOSOFÍA (2º Bac)

1. OBXECTIVOS 1. Coñecer os problemas filosóficos fundamentais no seu contexto histórico. Constatar

a relación entre as manifestacións socio-económicas, político-ideolóxicas, científicas e artísticas.

2. Relacionar os problemas filosóficos ubicados historicamente cos problemas

filosóficos fundamentais traballados en Filosofía de 1º Bac. Recuperar e adaptar os conceptos empregados no curso anterior.

3. Comentar textos de autores do programa considerándoos en diálogo co seu contexto

histórico, con outros autores que abordaron a mesma temática e cos lectores do presente como destinatarios interesados.

4. Elaborar composicións escritas acerca dos tópicos do temario con claridade,

corrección, completude, coherencia e autonomía. 5. Acadar bos resultados nas Probas de Aptitude e Acceso á Universidade. 6. Manter unha actitude crítica e aberta, fundamentando con rigor a propia postura,

recoñecendo o valor das aportacións doutras persoas, e aillando todo o posible os prexuízos infundados.

7. Valorar a historia da filosofía como exemplo e núcleo do desenvolvemento do

pensamento occidental. 8. Apreciar a lectura como medio de enriquecimento persoal. 9. Desenvolver hábitos de estudio. 2. CONTIDOS SECUENCIADOS E TEMPORALIZADOS

Bloque I. Contidos comúns. O primeiro bloque contén procedementos de traballo que serán empregados durante todo o curso. Por tanto trátase de contidos comúns a tódolos bloques restantes. Búsqueda de información a partir de fontes diversas, e integración da mesma

seguindo criterios temáticos ou metodolóxicos. Análise e comentario de textos filosóficos, identificando as súas ideas e

relacionándoas coa teoría do autor. Exposicións orais e composicións escritas acerca do contexto histórico e do

pensamento dos distintos autores, utilizando con propiedade o vocabulario técnico adquirido e incorporando as propias reflexións de xeito fundamentado.

Participación en debates, expoñendo razoadamente o pensamento propio.

43

Bloque II. Filosofía antiga. O Bloque II impartirase nos dous primeiros meses do primeiro trimestre. Unidade 1. A orixe da filosofía. Platón. A formación da polis grega. Antecedentes presocráticos: Heráclito, Parménides e Anaxágoras. A teoría platónica das ideas:

o Mundo sensible e mundo intelixible. o Graos de coñecemento.

A concepción política de Platón: o Antropoloxía platónica o Vinculación da alma á cidade.

Unidade 2. Aristóteles. Crítica da doutrina platónica. O proceso de abstracción fronte ao acceso dialéctico ás ideas de corte platónico. O tránsito cara o mundo helenístico. A teoría hylemórfica no seo da physis:

o A kínesis ou cambio.Os principios do cambio. o A teoría causal. o Xerarquía de seres e modos de ser. o O motor inmóbil.

A idea de cidadán en Aristóteles: o A ética aristotélica: ethos e praxe, o concepto de areté. o A idea de polis e a condición de cidadán.

Bloque III. Filosofía medieval. O Bloque III impartirase durante o último mes do primeiro trimestre. Unidade 3. Santo Agostín e San Tomé. O helenismo: Filosofía e cristianismo. As novas ideas fronte ao mundo grego. A noción de Escolástica e o nacemento da Universidade. A recepción de Aristóteles. Averroes e o averroísmo latino. O problema entre razón e fe en Santo Agostiño e en San Tomé. Lei divina, lei natural e lei positiva en San Tomé.

Bloque IV. Filosofía moderna. O Bloque IV impartirase durante o segundo trimestre. Unidade 4. Descartes, Locke e Hume. Renacemento e Reforma. A vinculación do empirismo e o racionalismo ca revolución científica. O problema do método: a idea de substancia en Descartes e o problema da

veracidade divina. Fenomenismo e causalidade en Hume.

44

A idea de “estado de natureza” como fundamento ideolóxico do novo estado burgués: a teoría do contrato social en Locke.

Unidade 5. Kant. Factores políticos, sociais e culturais que no século XVIII conducen á

Ilustración. As novas ideas: progreso, educación ou iluminación, humanidade, civilización,

natureza. Características da razón ilustrada. A idea kantiana de Ilustración. A síntese entre racionalismo e empirismo en Kant. O formalismo moral.

Bloque V. Filosofía contemporánea. O Bloque V impartirase durante o terceiro trimestre. Unidade 6. Marx. As influencias do socialismo utópico, da esquerda hegeliana e da Economía

política. Revolución industrial e movemento obreiro. O nacemento das ciencias sociais. O concepto de alienación. A análise da mercancía e o concepto de plusvalía. O materialismo histórico.

Unidade 7. Nietzsche. Un novo marco científico: evolucionismo e positivismo. A herdanza da Ilustración. O método xenealóxico. Crítica da cultura occidental: o nihilismo. A vontade de poder e o Superhome.

Unidade 8. A filosofia na actualidade. Correntes filosóficas do século XX. A filosofía en España.

3. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Ordenar e situar cronoloxicamente os periodos, problemas e autores estudiados, identificando as súas características distintivas e relacionándoos entre si.

2. Relacionar os problemas filosóficos estudiados coas principais condicións socioculturais nas que aparecen e ás que pretenderon dar resposta.

3. Expoñer por escrito os aspectos da teoría filosófica dun autor ou periodo de forma completa, clara e coherente.

4. Analizar textos filosóficos identificando a súa estructura, teses e argumentos, explicando os seus conceptos no marco do pensamento do autor.

45

5. Comentar críticamente textos filosóficos, identificando os seus supostos implícitos, a consistencia dos seus argumentos e a vixencia das súas aportacións na actualidade.

6. Elaborar pequenos traballos (búsquedas de información, recensións de lecturas, exposicións orais ou composicións escritas) sobre algún autor ou aspecto transversal a varios autores con pautas metodolóxicas establecidas.

7. Participar en debates sobre algún tema filosófico do actualidade relacionado con contidos da materia, realizando escoita activa e exposición razoada e respectuosa.

8. Utilizar comprensivamente un vocabulario técnico especifico en tódalas actividades realizadas.

4. MÍNIMOS ESIXIBLES PARA UNHA AVALIACIÓN POSITIVA Bloque I. Contidos comúns. Análise e comentario de textos filosóficos, identificando as súas ideas e

relacionándoas coa teoría do autor. Exposicións orais e composicións escritas acerca do contexto histórico e do

pensamento dos distintos autores, utilizando con propiedade o vocabulario técnico adquirido e incorporando as propias reflexións de xeito fundamentado.

Bloque II. Filosofía antiga. Unidade 1. A orixe da filosofía. Platón. A teoría platónica das ideas:

o Mundo sensible e mundo intelixible. o Graos de coñecemento.

A concepción política de Platón: o Antropoloxía platónica o Vinculación da alma á cidade.

Unidade 2. Aristóteles. A teoría hylemórfica no seo da physis:

o A kínesis ou cambio.Os principios do cambio. o A teoría causal. o Xerarquía de seres e modos de ser. o O motor inmóbil.

A idea de cidadán en Aristóteles: o A ética aristotélica: ethos e praxe, o concepto de areté. o A idea de polis e a condición de cidadán.

Bloque III. Filosofía medieval. Unidade 3. Santo Agostín e San Tomé. O problema entre razón e fe en Santo Agostiño e en San Tomé. Lei divina, lei natural e lei positiva en San Tomé.

Bloque IV. Filosofía moderna. Unidade 4. Descartes, Locke e Hume. O problema do método: a idea de substancia en Descartes e o problema da

46

veracidade divina. Fenomenismo e causalidade en Hume. A idea de “estado de natureza” como fundamento ideolóxico do novo estado

burgués: a teoría do contrato social en Locke. Unidade 5. Kant. A idea kantiana de Ilustración. A síntese entre racionalismo e empirismo en Kant. O formalismo moral.

Bloque V. Filosofía contemporánea. Unidade 6. Marx. O concepto de alienación. A análise da mercancía e o concepto de plusvalía. O materialismo histórico.

Unidade 7. Nietzsche. O método xenealóxico. Crítica da cultura occidental: o nihilismo. A vontade de poder e o Superhome.

5. METODOLOXIA ESPECÍFICA DA ÁREA A metodoloxía da historia da filosofía consiste na realización dos seguintes puntos: Espertar a curiosidade e interese do alumnado polos problemas suscitados

noutras etapas históricas mediante a planificación de contextos e estratexias de aprendizaje que o acheguen ao seu contexto vivencial, establecendo similitudes con problemas actuais.

Promover a lectura e análise de textos filosóficos e a elaboración de comentarios sobre eles que inclúan reflexións críticas argumentadas.

Propoñer a planificación e elaboración de composicións escritas e de exposicións orais en relación cos temas tratados onde integren información procedente de distintas fontes.

Formular as diversas actividades con diferente grao de complexidade en función dos recursos cognitivos necesarios para realizalas, coa dobre finalidade de atender á diversidade dentro da aula e permitir unha autoavaliación axeitada e unha motivación progresiva cara a niveis de maior complexidade.

O comentario de texto, cos seus múltiples enfoques posibles, convértese así non só nun exercicio privilexiado para esta materia, senón nun contido procedemental básico. O profesorado do Departamento impartirá as clases suxeitándose aos contidos, que acabamos de sinalar nos apartados anteriores. Cada unidade constará dos seguintes elementos:

47

Unha selección de textos filosóficos Unha explicación teórica por parte do profesor Un listado de actividades onde se relacionen os contidos teóricos cos textos.

6. MATERIAIS CURRICULARES Manual: Non hai manual obligatorio. O docente entregará materiais para fotocopiar. Para alumnos interesados en ter un manual recoméndase: VALLMAJÓ RIERA, L., Historia da Filosofía. Bacharelato, Rodeira-Grupo

Edebé, A Coruña, 2009 Libros:

Libros de consulta cuxa lectura é asequible para os alumnos son:

DE BOTTON, A., Las consolaciones de la filosofía, Taurus, Madrid. FEARN, N, Zenón y la tortuga, Mondadori, Barcelona. GAARDER, J., El mundo de Sofía, Siruela, Madrid. OSBORNE, R., Filosofía para principiantes, Presença, Lisboa. RIVERA, J.A., Lo que Sócrates diría a Woody Allen.

9A PASOCANGREJOEco, U Diccionarios de filosofía: FERRATER MORA, J., Ariel. QUINTANILLA, M. A., Sígueme. RIVAS GARCÍA, M., TresCtres. THIEBAUT, C., Alianza.

7. OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS Películas e documentais: ANNAUD, J-J. El nombre de la rosa. CAVANI, L., Más allá del bien y del mal. FORD, J., Las uvas de la ira. HERNÁNDEZ, A., Los Borgia. GUSTAVSON, E., El mundo de Sofía. ROSSELLINI, R., Socrate. VV.AA., Grecia. Crisol de la Civilización, Vol. 1. La Revolución, Atlantic

Productions

Páxinas web: http://ciug.cesga.es/grupostraballo/08/textos_08.html http://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada http://es.youtube.com/

48

http://www.filosofia.net/ http:// recursos.cnice.mec.es/filosofia/ http://www.filosofia.org/ http://www.webdianoia.com/pages/filosofos.htm http://www.isladeladeva.es/filosofia/materialesII.htm http://www.gobiernodecanarias.org/educacion/9/Usr/ibjoa/filos/menu.html http://iessalvadorespriu-salt.xtec.es/~lsobrino/index http://www.filosofia.net/materiales/index.html http://www.lacavernadeplaton.com/ http://centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/departamentos/filo/2bach/historia/filosofia3.htm http://www.xtec.cat/~jgonza51/principal/enlaces.htm http://www.xtec.net/~lvallmaj/index.htm

8. PROCEDEMENTOS E INTRUMENTOS DE AVALIACIÓN INICIAL E ORDINARIA Tódalas actividades realizadas na aula para traballar os diferentes contidos poden ser utilizadas como instrumentos de avaliación. Entendemos por actividades todas aquelas que serven para que os alumnos desenvolvan as capacidades expresadas nos obxectivos da materia: Elaboración de definicións. Elaboración de clasificacións e búsqueda de exemplos. Resposta a preguntas por escrito. Resposta a preguntas orais. Resumos e mapas sinópticos. Mapas conceptuais. Identificación de ideas nun texto. Comentarios de texto Lectura comprensiva de textos. Redacción de recensións sobre lecturas de extensión media. Redacción de composicións explicativas sobre temas. Búsquedas de información. Análise de documentos escritos e audiovisuais. Elaboración de sínteses en grupo. Debates.

49

Exposicións orais individuais e en grupo. Todas esas actividades, que o docente da materia especificará na súa programación de aula, poden ser realizadas en forma de probas formais na aula (exames), ou en forma de traballo diario recollido na libreta da materia e en documentos separados.

Durante a dúas primeiras semanas de clase, faranse actividades seleccionadas para comprobar en que medida se posúen os coñecementos previos necesarios para o seguimento da programación.

9. SISTEMA DE CUALIFICACIÓN ORDINARIA

O docente dará ó alumnado as instruccións para realizar cada unha das actividades, pero todas elas, tanto exames como intervencións orais, tanto traballos escritos na libreta como entregados aparte, serán valoradas seguindo uns criterios de cualificación que explicitamos a continuación: Corrección: para que unha actividade sexa correcta, teñen que darse unha serie

de condicións: a) Adecuación: a actividade ocúpase do asunto que se pregunta e non outro

calquera. b) Coerencia: na argumentación non hai contradiccións. c) Claridade: as explicacións son facilmente intelixibles (non son "escuras"). d) Distinción: os conceptos empregados están definidos (non son "confusos"). Completude: significa que a actividade é desenvolvida esgotando, na medida do

posible, o asunto do que trata. A completude maniféstase no emprego de tódolos conceptos relacionados co asunto.

Boa presentación: significa que o resultado final da actividade ten calidade estilística. A boa presentación maniféstase no coidado do material impreso, da ortografía e a dicción.

Autonomía: significa que a actividade é realizada por un mesmo. A autonomía maniféstase no uso dunha linguaxe propia, na reflexión sincera e no emprego de exemplos orixinais.

Adicación: significa que o alumno tentou superar as súas dificultades sen escatimar tempo e esforzo para que o resultado sexa satisfactorio.

Pertinencia: significa que as intervencións van dirixidas a realizar as actividades e non a obstaculizalas.

Respecto: significa que a palabra dos outros compañeiros e do profesor é escoitada de forma activa, e que a súa postura é valorada.

Colaboración: significa que nas actividades de grupo o resultado colectivo prima sobre as inclinacións individuais.

Puntualidade: significa que se respectan os tempos establecidaos para as actividades. A puntualidade maniféstase na asistencia ás aulas, no remate das actividades e na entrega dos traballos.

O criterio prioritario á hora de decidir a nota, sexa nunha pregunta de exame, nun comentario de texto, nunha pregunta oral, nun traballo da libreta, etc. é a corrección.

50

A corrección é condición suficiente e necesaria para acadar o aprobado nunha actividade, é dicir, o 50% na súa cualificación. O resto de criterios están subordinados a ela: unha actividade completa, ben argumentada e presentada pero que non é correcta -i.e., que non se cingue ó asunto pertinente senón a outro- non é unha actividade satisfactoria. Isto non significa que eses criterios non sexan importantes: sono para acadar unha cualificación mellor que o mero aprobado. Os cinco derradeiros criterios –adicación, pertinencia, respecto, colaboración e puntualidade- non se refiren ó contido das actividades, senón a algo previo e igual de importante: o clima e a actitude que as fan posibles. Non se pode facer unha actividade na aula con comentarios impertinentes, nin traballar en grupo sen respecto polos compañeiros, nin entregar unha actividade fóra do seu prazo. Trátase de criterios actitudinais e a súa cualificación realizarase en forma de puntos positivos ou negativos que o profesor contabilizará en función de se os alumnos cumpren ou incumpren eses criterios. A cualificación de cada avaliación e da avaliación final será a media das probas formais realizadas. Contémplase a avaliación da actitude con puntos positivos ou negativos.

Ao se tratar dunha materia opcional das PAAU, aplicaremos o tipo de proba establecido polo Grupo de traballo de Filosofía da CIUG: Composición de texto sobre tema de tipo filosófico.

O alumnado deberá realizar unha composición de tipo filosófico, en base ao texto proposto, sobre o tema enunciado. A composición filosófica deberá abordar tres partes non necesariamente diferenciadas: Interpretación do marco histórico-conceptual. (2.5 puntos) Comprensión: explicación do texto e desenvolvemento da temática do autor do

texto.(6 puntos). Coñecemento específico: Trátase de que a alumna/o mostre a súa capacidade de

relacionalo con outros autores estudados ó longo do curso así como a súa madurez persoal ao expoñer o seu propio comentario crítico.(1.5 puntos).

O alumnado, mediante a composición, mostrará a comprensión do texto e explicará este; desenvolverá a temática do autor ao que pertence o texto e mostrará, a través da súa orixinalidade, capacidade crítica, rigor conceptual, coherencia expositiva, a súa madurez persoal. 10. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN EXTRAORDINARIA Dado que a avaliación é contínua, entendemos como procedemento de avaliación extraordinario aquel que se aplique unha vez que a avaliación final ordinaria sexa negativa. Para eses casos haberá unha proba formal escrita no mes de maio que

51

puntuará sobre 10 puntos e onde haberá que dar conta dos contidos mínimos esixibles para unha avaliación positiva. No caso de suspender a proba extraordinaria de maio haberá outra en setembro coas mesmas características. 11. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Para atender as diferenzas entre o alumnado desta área contémplanse dous tipos de medidas:

1. Actividades de reforzo para os alumnos que teñan dificultades para acadar os

contidos mínimos: novas lecturas con explicacións máis sinxelas e/ou actividades de carácter máis básico para a asimilación de contidos:

Elaboración de clasificacións e búsqueda de exemplos. Identificación de ideas nun texto. Resumos e mapas sinópticos. Redacción de composicións explicativas sobre temas. Búsquedas de información.

2. Actividades de ampliación para os alumnos con capacidades máis desenvolvidas:

novas lecturas que afonden e problematicen aspectos do temario e actividades relacionadas con estas:

Mapas conceptuais. Comentarios de texto. Redacción de recensións sobre lecturas de extensión media. Redacción de composicións explicativas sobre temas. Búsquedas de información.

12. TRATAMENTO DO FOMENTO Á LECTURA

Dentro da colaboración co proxecto lector do centro e tendo como obxectivos a formación de lectores e de lectoras competentes e a creación e consolidación do hábito de lectura, este departamento decidiu integrar como fontes informativas para desenvolver os contidos da área as indicadas nos apartados de materiais curriculares e outros recursos didácticos. Trátase de materiais seleccionados por consideralos adecuados para alumnado de 2º Bac.

Ademais o traballo con textos orixinais de autores do temario será constante ó

longo do curso. O docente preparará guias de traballo para estes textos de modo que se acade unha lectura comprensiva dos mesmos.

Asimesmo o manexo de obras de consulta na biblioteca será frecuente por parte

dos alumnos. Antes de realizar calquera tarefa consulta, ós alumnos explícaselles a diferenza entre as distintas fontes e a utilidade relativa das mesmas: obras orixinais de autor; monografías sobre autor/tema; diccionarios; libros de historia; libros de

52

texto/actividades; ensaios; revistas; enciclopedias. As fontes máis empregadas serán os diccionarios e os libros de texto.

13. TRATAMENTO DO FOMENTO DAS TIC No departamento facemos especial fincapé na búsqueda rigorosa e con criterio cando se trata de internet, para evitar que os alumnos se limiten a copiar e pegar a información da primeira páxina que abran. Esiximos un mínimo de tres consultas para tirar calquera información relevante, e disponemos a seguinte ordenación de maior a menor credibilidade:

a. Páxina oficial (sobre o tema de consulta) ou a dunha institución acreditada.

b. Wikipedia (e outras enciclopedias virtuais). c. Blogs persoais e traballos escolares. d. Referencias noutras páxinas non especializadas no tema. e. Foros.

No capítulo sobre outros recursos didácticos aparecen enderezos electrónicos de páxinas web de grupos de profesores e de institutos de ensino secundario onde hai actividades de reforzo e ampliación relativas ós contidos e autores do temario. 14. CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA Os contidos e actividades da área inclúen a coeducación así como a solución dialogada dos conflictos. No caso de rexistrarse conflictos que non se poidan solucionar na aula, recurrirase aos mecanismos de mediación ou sanción recollidos no programa de convivencia. 15. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. O departamento non ten previsto realizar actividades complementarias nin extraescolares nesta área. 16. TEMAS TRANSVERSAIS / EDUCACIÓN EN VALORES A Lei Orgánica de Educación non explicita ningún listado de temas transversais ou valores a traballar desde as distintas áreas curriculares. Os temas transversais e contidos actitudinais explicitados na obsoleta LOGSE están en gran medida recollidos nos contidos das distintas áreas do departamento. Por esa razón non consideramos necesario explicitar ditos temas na programación. 17. PUBLICIDADE DA PROGRAMACIÓN. A presente programación estará dispoñible para calquera consulta na páxina web do centro así como no departamento de filosofía. Asimesmo cada docente do

53

departamento entregará ó inicio do curso información ós alumnos como mínimo sobre os obxectivos, contidos, metodoloxía, criterios e instrumentos de avaliación. 18. AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN. Os membros do departamento revisarán mensualmente a temporalización dos contidos de cada materia, así como os aspectos didácticos necesarios para o seu mellor aproveitamento por parte dos alumnos. Na derradeira reunión os membros do departamento farán unha revisión xeral do curso e da programación para decidir que cousas modificar de cara ó curso vindeiro. Tal revisión e modificación ficará explícita na memoria de fin de curso.

54

ÉTICA E FILOSOFÍA DO DEREITO (2º Bac) 1. OBXECTIVOS.

1. Comprender os problemas éticos e xurídicos fundamentais.

2. Aplicar os conceptos éticos e xurídicos ós dilemas e conflictos presentes nas relacións entre individuos e colectividades observables.

3. Identificar as relacións entre normas morais, principios éticos e leis positivas. 4. Asumir unha posicion autónoma e razoada na formulación ou crítica de xuizos

de valor e normas éticas de validez universal.

5. Coñecer as principais teorías éticas da historia da filosofía.

6. Coñecer as fontes do dereito e valoralas á luz da idea de xustiza e distintas formulacións da mesma, especialmente en relación co Estado democrático de dereito.

7. Afacerse ó emprego de procedementos básicos de traballo intelectual,

especialmente do comentario de textos e da elaboración de traballos monográficos.

8. Argumentar, tanto oralmente como por escrito, con claridade, corrección,

completude, coherencia e autonomía.

9. Desenvolver competencia lectora, dixital e hábitos de traballo intelectual. 2. CONTIDOS SECUENCIADOS E TEMPORALIZADOS Bloque I. Contidos comúns Búsqueda, análise e crítica da información co emprego tas TIC. Análise e comentario de textos relativos á filosofía moral, filosofía política e

ciencia xurídica, así como outros de tipo literario, xornalístico e artístico. Práctica da reflexión, debate e argumentación rigorosa e coherente. Exercicios de transferencia das nocións adquiridas a situacións do entorno e á

vida real. Uso dun vocabulario técnico ético e xurídico de carácter básico.

Bloque II. Xénese da moralidade. A cuestión da liberdade. Relación entre liberdade e responsabilidade. A diferencia entre éthos (costume) e êthos (carácter). A diferenza entre ética e moral. A socialización humana. Teorías científicas acerca da orixe da moralidade: Piaget, Freud, Skinner,

Wilson, Kohlberg.

55

Bloque III.Historicidade dos códigos morais. Bloque V. Autonomía e moralidade. Relatividade histórico-cultural dos valores e normas morais. O problema do relativismo. O exemplo dos sofistas e Sócrates. As relacións entre a razón e os afectos.

Bloque IV.O ben moral. Criterios de clasificación das teorías éticas: éticas da felicidade e do deber, éticas

teleolóxicas e deontolóxicas, éticas materiais e formais. Principais teorías éticas: intelectualismo moral, eudemonismo, hedonismo,

estoicismo, iusnaturalismo, emotivismo, formalismo, utilitarismo, ética material dos valores, vitalismo, existencialismo, ética discursiva, neoaristotelismo.

Exemplos de problemas de ética aplicada: aborto, eutanasia, pena de morte, guerra, pobreza, racismo, trato ós animais.

Bloque VI. Moral e contrato social. Significados de “dereito”. Os problemas da validez, eficacia e xustiza do dereito. Regras, normas, leis e principios. Do Estado absoluto ó réxime constitucional. O Estado democrático de dereito. Teorías sobre a orixe do Estado. A acción xurídica e a aplicación do dereito. Os tribunais de xustiza. O conflicto entre dereito natural e dereito positivo. A cuestión dos dereitos

humanos.

O primeiro bloque contén procedementos de traballo que serán empregados durante todo o curso. Por tanto trátase de contidos comúns a tódolos bloques restantes. Os bloques II, III e V serán desenvolvidos no primeiro trimestre. O bloque IV será desenvovido no segundo trimestre. O bloque VI será desenvolvido no terceiro trimestre. 3. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

1. Analizar textos teóricos -filosóficos, científicos, xurídicos- identificando a súa estructura, teses e argumentos, e explicando os seus conceptos no marco da teoría correspondente.Trátase, mediante este criterio, de comprobar a capacidade do alumnado para comprender textos, expresarse con precisión, constatar as circunstancias históricas das distintas teorías éticas ou científicas e avaliar criticamente as teses e argumentos defendidos.

2. Analizar casos reais e hipotéticos de dilemas morais e conflitos entre ética,

moral e legalidade subliñando e caracterizando os supostos teóricos a que remiten as diversas argumentacións. Este criterio trata de avaliar a capacidade do alumnado para comprender e caracterizar con precisión as nocións de ética, moral e dereito, así como postular vías de solución argumentada de ditos dilemas e conflictos.

56

3. Elaborar un traballo que implique búsqueda de información, contraste entre

distintas fontes, e exposición oral ou escrita.Este criterio avalía a capacidade do alumno para integrar información obtida por distintas fontes, así como a capacidade para expresarse con corrección ante un público de lectores ou ointes.

4. Participar en debates sobre algún problema relacionado cos contidos da materia,

realizando escoita activa e exposición razoada.Con este criterio avalíase tanto o o procedemento da participación oral no tratamento de contidos da materia como a actitude respectuosa ante outras posicións razoadas, actitude intrínsecamente relacionada cos contidos conceptuais da propia materia.

5. Utilizar comprensivamente o vocabulario técnico adquirido en tódalas

actividades realizadas.Con este criterio preténdese avaliar que a adquisición por parte do alumno dun vocabulario ético, político e xurídico non se produce por mera repetición acrítica senón por significatividade no seu emprego práctico.

4. MÍNIMOS ESIXIBLES PARA UNHA AVALIACIÓN POSITIVA Bloque I. Contidos comúns Análise e comentario de textos relativos á filosofía moral, filosofía política e

ciencia xurídica, así como outros de tipo literario, xornalístico e artístico. Práctica da reflexión, debate e argumentación rigorosa e coherente. Exercicios de transferencia das nocións adquiridas a situacións do entorno e á

vida real. Uso dun vocabulario técnico ético e xurídico de carácter básico.

Bloque II. Xénese da moralidade. A diferenza entre ética e moral. Teorías científicas acerca da orixe da moralidade: Piaget, Freud, Skinner,

Wilson, Kohlberg. Bloque III.Historicidade dos códigos morais. Bloque V. Autonomía e moralidade. O problema do relativismo. O exemplo dos sofistas e Sócrates.

Bloque IV.O ben moral. Principais teorías éticas: intelectualismo moral, eudemonismo, hedonismo,

estoicismo, iusnaturalismo, emotivismo, formalismo, utilitarismo, ética material dos valores, vitalismo, existencialismo, ética discursiva, neoaristotelismo.

Exemplos de problemas de ética aplicada: aborto, eutanasia, guerra, pobreza, racismo, trato ós animais.

Bloque VI. Moral e contrato social. Os problemas da validez, eficacia e xustiza do dereito. Teorías sobre a orixe do Estado. A acción xurídica e a aplicación do dereito. Os tribunais de xustiza.

5. METODOLOXÍA ESPECÍFICA DA ÁREA

57

O paradigma pedagóxico que subxace a esta programación é a concepción

constructivista da aprendizaxe. O constructivismo é un paradigma que agrupa distintas teorías que comparten uns postulados sobre o proceso de aprendizaxe.

O termo fundamental é "aprendizaxe significativa", que se refire á posibilidade de establecer vínculos substantivos e non arbitrarios entre o novo contido a aprender e o que xa se sabe, presente na estructura cognitiva do suxeito. Para conseguir isto é preciso un desequilibrio dos esquemas de coñecemento previos do alumno e posterior reequilibrio con nova información e coa axuda do profesor. Para acadar esta aprendizaxe significativa deben seguirse dous principios básicos:

1. Partir dos coñecementos previos do alumno e do seu nivel de desenvolvemento real.

2. Establecer o nivel de dificultade das actividades dentro do que Vigotsky

denomina "zona de desenvolvemento próximo". En consonancia con eses principios, o profesor guiará aulas estructuradas nos seguintes pasos para unificar a realización das actividades:

a) Os alumnos fan a representación espontánea dun fenómeno, concepto ou problema ético ou xurídico. O punto de partida pode ser un texto escrito, unha imaxe, unha proxección audiovisual ou unha opinión libre.

b) O profesor dá as instruccións para buscar determinada información en internet

ou introdúcea el mesmo, información que crea un conflicto cognitivo pois non é compatible coa opinión espontánea.

c) Os alumnos contrastan esa información coa representación espontánea, e inician

unha búsqueda de nova información fiable para resolver o conflicto.

d) Os alumnos sintetizan a nova información elaborando un documento onde explican o fenómeno, concepto ou problema de que se trate.

e) Eventualmente, os alumnos tiran do seu documento novos problemas e liñas de

traballo que o profesor empregará en aulas posteriores. Durante todo o proceso, o profesor actúa como informante que aporta conceptos teóricos e documentos e guía para a búsqueda de información fiable. Con esta metodoloxía os alumnos non só coñecen fenómenos, conceptos e problemas antropolóxicos, senón que practican procedementos de traballo intelectual e elaboran o seu propio pensamento, que non ten que ser orixinal ou novidoso, pero sí asumido comprensivamente. 6. MATERIAIS CURRICULARES Libros:

58

ARISTÓTELES, Ética Nicomáquea, Gredos, Madrid, 2000. BARRIO, J., Protágoras y Gorgias. Fragmentos y testimonios, Orbis,

Barcelona, 1984. BELTRÁN, J., & POIG, A., Guía de los derechos humanos, Alhambra, Madrid,

1987. BUENO, G., Panfleto contra la democracia realmente existente, La esfera de

los libros, Madrid, 2004. CORTINA, A., & MARTÍNEZ, E., Ética, Akal, Madrid, 1998. GARCÍA SIERRA, P. Diccionario filosófico, Pentalfa, Oviedo, 2000. HIDALGO, A., ¿Qué es esa cosa llamada ética? Principales teorías, Liga

española de la educación y la cultura popular, Madrid, 1994. KELSEN, H., ¿Qué es justicia?, Ariel, Barcelona, 1992. LAPUERTA, F., Diario de un joven aristotélico, Cims, Barcelona, 1997. MARCUSE, H., El marxismo soviético, Alianza, Madrid, 1969. MARINA, J.A. & LÓPEZ PENAS, M., Diccionario de los sentimientos,

Anagrama, Barcelona, 1999. McINTYRE, A., Tras la virtud, Crítica, Barcelona, 2004. PLATÓN, Gorgias, Gredos, Madrid, 2000. SATUÉ, M. & BRIA, Ll., ¿Qué sabes de ética?, Alhambra, Madrid, 1989. SINGER, P., Ética práctica, Cambridge University Press, Madrid, 2003. SÓFOCLES, Antígona. SPINOZA, B., Ética, Alianza, Madrid, 2004. VV.AA., Atlas universal de filosofía, Oceano, Barcelona. VV.AA. Teoría del Derecho, UNED, Madrid, 2007.

7. OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS Películas e documentais: BENTON, R., Kramer contra Kramer. HOOK, H., El señor de las moscas. KUROSAWA, A., Rashomon. LUMET, S., Doce hombres sin piedad. LYNCH, D., El hombre elefante. ROSSELLINI, R., Socrate. SPURLOK, P., Supersize Me. ZINNEMAN, F., Un hombre para la eternidad.

8. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN INICIAL E ORDINARIA Tódalas actividades realizadas na aula para traballar os diferentes contidos poden ser utilizadas como instrumentos de avaliación. Entendemos por actividades todas aquelas que serven para que os alumnos desenvolvan as capacidades expresadas nos obxectivos da materia: Elaboración de definicións.

59

Elaboración de clasificacións e búsqueda de exemplos. Resposta a preguntas por escrito. Resposta a preguntas orais. Resumos e mapas sinópticos. Mapas conceptuais. Identificación de ideas nun texto. Comentarios de texto Lectura comprensiva de textos. Redacción de recensións sobre lecturas de extensión media. Redacción de composicións explicativas sobre temas. Búsquedas de información. Análise de documentos escritos e audiovisuais. Elaboración de sínteses en grupo. Debates. Exposicións orais individuais e en grupo.

Todas esas actividades, que o docente da materia especificará na súa programación de aula, poden ser realizadas en forma de probas formais na aula (exames), ou en forma de traballo diario recollido na libreta da materia e en documentos separados.

Durante a dúas primeiras semanas de clase, faranse actividades seleccionadas para comprobar en que medida se posúen os coñecementos previos necesarios para o seguimento da programación. 9. SISTEMA DE CUALIFICACIÓN ORDINARIA O docente dará ó alumnado as instruccións para realizar cada unha das actividades, pero todas elas, tanto exames como intervencións orais, tanto traballos escritos na libreta como entregados aparte, serán valoradas seguindo uns criterios de cualificación que explicitamos a continuación: Corrección: para que unha actividade sexa correcta, teñen que darse unha serie

de condicións: a) Adecuación: a actividade ocúpase do asunto que se pregunta e non outro

calquera. b) Coerencia: na argumentación non hai contradiccións. c) Claridade: as explicacións son facilmente intelixibles (non son "escuras"). d) Distinción: os conceptos empregados están definidos (non son "confusos"). Completude: significa que a actividade é desenvolvida esgotando, na medida do

posible, o asunto do que trata. A completude maniféstase no emprego de tódolos conceptos relacionados co asunto.

Boa presentación: significa que o resultado final da actividade ten calidade estilística. A boa presentación maniféstase no coidado do material impreso, da ortografía e a dicción.

Autonomía: significa que a actividade é realizada por un mesmo. A autonomía maniféstase no uso dunha linguaxe propia, na reflexión sincera e no emprego de exemplos orixinais.

60

Adicación: significa que o alumno tentou superar as súas dificultades sen escatimar tempo e esforzo para que o resultado sexa satisfactorio.

Pertinencia: significa que as intervencións van dirixidas a realizar as actividades e non a obstaculizalas.

Respecto: significa que a palabra dos outros compañeiros e do profesor é escoitada de forma activa, e que a súa postura é valorada.

Colaboración: significa que nas actividades de grupo o resultado colectivo prima sobre as inclinacións individuais.

Puntualidade: significa que se respectan os tempos establecidaos para as actividades. A puntualidade maniféstase na asistencia ás aulas, no remate das actividades e na entrega dos traballos.

O criterio prioritario á hora de decidir a nota, sexa nunha pregunta de exame, nun comentario de texto, nunha pregunta oral, nun traballo da libreta, etc. é a corrección. A corrección é condición suficiente e necesaria para acadar o aprobado nunha actividade, é dicir, o 50% na súa cualificación. O resto de criterios están subordinados a ela: unha actividade completa, ben argumentada e presentada pero que non é correcta -i.e., que non se cingue ó asunto pertinente senón a outro- non é unha actividade satisfactoria. Isto non significa que eses criterios non sexan importantes: sono para acadar unha cualificación mellor que o mero aprobado. Os cinco derradeiros criterios –adicación, pertinencia, respecto, colaboración e puntualidade- non se refiren ó contido das actividades, senón a algo previo e igual de importante: o clima e a actitude que as fan posibles. Non se pode facer unha actividade na aula con comentarios impertinentes, nin traballar en grupo sen respecto polos compañeiros, nin entregar unha actividade fóra do seu prazo. Trátase de criterios actitudinais e a súa cualificación realizarase en forma de puntos positivos ou negativos que o profesor contabilizará en función de se os alumnos cumpren ou incumpren eses criterios. A cualificación de cada avaliación e da avaliación final será a suma da cualificación das probas formais (ata 5 puntos) e da cualificación das actividades diarias recollidas na libreta e en documentos separados (ata 5 puntos). Por tanto a avaliación sumativa final consistirá nun 50% en probas formais e nun 50% en traballo diario. 10. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN EXTRAORDINARIA Dado que a avaliación é contínua, entendemos como procedemento de avaliación extraordinario aquel que se aplique unha vez que a avaliación final ordinaria sexa negativa. Para eses casos haberá no mes de xuño unha proba formal escrita ou a entrega dun traballo que puntuará sobre 10 puntos e onde haberá que dar conta dos contidos mínimos esixibles para unha avaliación positiva. No caso de suspender a proba extraordinaria de maio haberá outra en setembro coas mesmas características.

61

11. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Para atender as diferenzas entre o alumnado desta área contémplanse dous tipos

de medidas: 1. Actividades de reforzo para os alumnos que teñan dificultades para acadar os contidos mínimos: novas lecturas con explicacións máis sinxelas e/ou actividades de carácter máis básico para a asimilación de contidos:

Elaboración de clasificacións e búsqueda de exemplos. Identificación de ideas nun texto. Resumos e mapas sinópticos. Redacción de composicións explicativas sobre temas. Búsquedas de información.

2. Actividades de ampliación para os alumnos con capacidades máis desenvolvidas: novas lecturas que afonden e problematicen aspectos do temario e actividades relacionadas con estas:

Mapas conceptuais. Comentarios de texto. Redacción de recensións sobre lecturas de extensión media. Redacción de composicións explicativas sobre temas. Búsquedas de información.

12. TRATAMENTO DO FOMENTO DA LECTURA As accións de fomento da lectura a realizar na área de Ética e filosofía do dereito son as seguintes: Tódalas actividades realizadas na aula implican a lectura dalgún texto. A lectura

pode ser en silencio, en pequeno grupo ou en gran grupo. Logo dunha primeira lectura o profesor facilita instruccións de traballo, fai preguntas guiadas ou aporta información extra para convertila nunha lectura comprensiva.

A lectura de textos e o traballo sobre os mesmos realízase tamén nas actividades

para casa, que son facilitadas polo profesor ou distribuidas na fotocopiadora. Unha vez ó trimestre faise unha pescuda bibliográfica de obras de ética ou

filosofía do dereito asequibles ós alumnos. Os exemplares de interés son aportados pola biblioteca, prestados polo profesor ou adquiridos polo centro. Cada alumno selecciona unha obra e realiza acerca da mesma unha lectura total ou parcial, unha recensión e unha exposición oral ós compañeiros. O listado de libros recomendados polo departamento aparece no capítulo sobre materiais curriculares.

Antes de realizar calquera traballo de consulta, ós alumnos explícaselles a

diferenza entre as distintas fontes e a utilidade relativa das mesmas: obras

62

orixinais de autor; monografías sobre autor/tema; diccionarios; enciclopedias; libros de texto/actividades; ensaios; revistas e prensa diaria.

13. TRATAMENTO DO FOMENTO DAS TIC Os alumnos da área de Ética e filosofía do dereito manexarán certos materiais dixitais e audiovisuais de forma regular. Distinguimos tres tipos de materiais:

4. Materiais facilitados polo profesor: Proxección de documentais e películas sobre as cales os alumnos realizarán

actividades. Proxección de presentacións explicativas que servirán como fonte de

información ós alumnos.

5. Materiais buscados e procesados polos alumnos, en buscadores e páxinas web. Facemos especial fincapé na búsqueda rigorosa e con criterio cando se trata de internet, para evitar que os alumnos se limiten a copiar e pegar a información da primeira páxina que abran acriticamente. Para isto esixímolles os seguintes requerimentos:

Realizar un mínimo de dúas consultas para tirar calquera información relevante. Indicar a pé de páxina o enderezo web de onde tiraron a información. Realizar a consulta según esta ordenación de maior a menor credibilidade:

a) Páxina oficial (sobre o tema de consulta) ou a dunha institución acreditada.

b) Wikipedia (e outras enciclopedias virtuais). c) Blogs persoais e traballos escolares. d) Referencias noutras páxinas non especializadas no tema. e) Foros.

6. Materiais elaborados polos alumnos: Textos en formato .doc ou .pdf. Presentacións de imaxes e textos con Power Point. Videos realizados con Windows Media Maker. Actividades construidas cos programas WebQuest e Hot Potatoes.

14. CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA Os contidos e actividades da área inclúen a coeducación así como a solución dialogada dos conflictos. No caso de rexistrarse conflictos que non se poidan solucionar na aula, recurrirase aos mecanismos de mediación ou sanción recollidos no programa de convivencia. 15. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. Asistencia a un xuizo na Audiencia de Pontevedra.

63

16. TEMAS TRANSVERSAIS / EDUCACIÓN EN VALORES A Lei Orgánica de Educación non explicita ningún listado de temas transversais ou valores a traballar desde as distintas áreas curriculares. Os temas transversais e contidos actitudinais explicitados na obsoleta LOGSE están en gran medida recollidos nos contidos das distintas áreas do departamento. Por esa razón non consideramos necesario explicitar ditos temas na programación. 17. PUBLICIDADE DA PROGRAMACIÓN. A presente programación estará dispoñible para calquera consulta na páxina web do centro así como no departamento de filosofía. Asimesmo cada docente do departamento entregará ó inicio do curso información ós alumnos como mínimo sobre os obxectivos, contidos, metodoloxía, criterios e instrumentos de avaliación. 18. AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN. Os membros do departamento revisarán mensualmente a temporalización dos contidos de cada materia, así como os aspectos didácticos necesarios para o seu mellor aproveitamento por parte dos alumnos. Na derradeira reunión os membros do departamento farán unha revisión xeral do curso e da programación para decidir que cousas modificar de cara ó curso vindeiro. Tal revisión e modificación ficará explícita na memoria de fin de curso.