programaciÓn de tÉcnicas de composiciÓn aplicadas Á … · programaciÓn de tÉcnicas de...

31
~ 1 ~ CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA, PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA Departamento de Fundamentos de Composición. Conservatorio Profesional de Música de Riveira. Prof. Teresa Bretal Martínez.

Upload: others

Post on 16-Aug-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 1 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

PROGRAMACIÓN DE

TÉCNICAS DE

COMPOSICIÓN

APLICADAS Á

DIDÁCTICA

Departamento de Fundamentos de Composición. Conservatorio Profesional de Música de Riveira.

Prof. Teresa Bretal Martínez.

Page 2: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 2 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

Índice:

1 INTRODUCIÓN 1.1 Fundamentación legal

2 OBXECTIVOS XERAIS

3 CONTIDOS

4 METODOLOXÍA

4.1 Modelo de aprendizaxe

4.2 Organización de tempo e espazo

4.3 O profesorado

4.4 Principios psicopedagóxicos e criterios pedagóxicos

4.5 Metodoloxía específica

4.5.1 Obras, repertorio, bibliografía

4.5.2 Actividades complementarias

4.5.3 A acción titorial

4.5.4 Atención á diversidade

5 ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

(ANEAE) 6 AVALIACIÓN

6.1 Criterios de avaliación

6.2 Procedementos de avaliación

6.2.1 Mínimos esixibles

6.3 Criterios de cualificación

Page 3: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 3 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

6.4 Perda do dereito a avaliación continua

6.5 Exame de setembro

7 RECURSOS MATERIAIS

8 BIBLIOGRAFÍA

8.1 Libros de texto

8.2 Partituras

8.2.1 Piano

8.2.2 Guitarra

8.2.3 Voz y piano

8.2.4 Violín

8.2.5 Viola

8.2.6 Violonchelo

8.2.7 Flauta

8.2.8 Clarinete

8.2.9 Trompeta

8.2.10 Saxofón

8.2.11 Percusión

8.2.12 Ópera

8.2.13 Obras sinfónicas

8.2.14 Banda de música

Page 4: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 4 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

1 INTRODUCIÓN

A presenza no grao superior da especialidade de pedagoxía da linguaxe e da educación

musical e a inclusión na proba de acceso a esta especialidade dun exercizo compositivo con

fins didácticos xustifica a idoniedade desta asignatura optativa no 6º curso de grao

profesional, resultando tamén un reforzo para o alumnado que desexa acceder a outras

especialidades que inclúan algún tipo de exercizo de composición.

Desenrolar no alumnado a capacidade de decidir que procedementos das técnicas

compositivas son os máis adecuados para cada momento da composición de exercizos ou

pequenas obras, e adecuar estes procedementos coherentemente a premisas didácticas é a

finalidade desta asignatura, que suporá aplicar os coñecementos adquiridos nos anos

anteriores, especialmente os referidos á práctica harmónica.

1.1 Fundamentación legal

As bases legais empregadas na realización desta programación parten da Lei Orgánica de

Educación (LOE) de 2/2006 de 3 de maio, desenrolada polo Real Decreto (RD)

1577/2006 de 22 de decembro, seguindo a terminoloxía do Decreto 203/2007, de 27 de

setembro e pola Orde de 23 de setembro de 2008.

Page 5: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 5 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

O R.D.1577/2006, de 22 de decembro, polo que se fixan os aspectos básicos do

currículo das ensinanzas profesionais de música reguladas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de

maio, de educación, determina no seu artigo 5.4º que as administracións educativas

fomentarán a autonomía pedagóxica e organizativa dos centros, favorecerán o traballo en

equipo do profesorado e estimularán a súa actividade investigadora a partir da práctica

docente.

En consecuencia, o D. 203/2007, de 27 de setembro, polo que se establece o currículo

das ensinanzas profesionais de réxime especial de música, dispón no seu artigo 8 cas

materias optativas terán como finalidade complementar o currículo, integrando os

itinerarios educativos que o alumnado desexe cursar; que lle corresponde á Consellería de

Educación e Ordenación Universitaria a ordenación das materias optativas que serán de

oferta obrigatoria para os centros; que os centros poderán incluír asignaturas optativas, de

acordo co que a tales efectos estableza a Consellería de Educación e Ordenación

Universitaria; e que, en todo caso, as asignaturas optativas ofrecidas polos centros estarán

vinculadas a un ou varios itinerarios determinados.

A finalidade da Orde de 23 de setembro de 2008 pola que se determinan as asignaturas

optativas das ensinanzas profesionais de música, é regular a oferta e determinar a natureza

das asignaturas optativas, que son as que permiten ó alumnado participar activamente na

configuración do seu currículo académico, así como ir acotando o seu perfil profesional

hacia o nivel de especialización definitiva que ten lugar no grao superior destas ensinanzas.

Page 6: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 6 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

A continuación seguen os obxectivos, contidos e criterios de avaliación segundo a Orde

do 23 de setembro, para a optativa “Técnicas de composición aplicadas á didáctica”.

2 OBXECTIVOS XERAIS.

a) Coñecer as técnicas compositivas e os procedementos básicos para a correcta

elaboración de exercizos e pequenas composicións de carácter didáctico.

b) Coñecer os elementos da linguaxe musical a as súas aplicacións na práctica

compositiva.

c) Analizar obras de carácter didáctico e artístico que sirvan como modelo para a

realización de composicións.

d) Utilizar en exercizos escritos os elementos e procedementos estudados.

e) Compoñer pezas breves partindo dun motivo, dunha melodía ou dun texto dado.

f) Desenrolar a creatividade na composición de pezas libres.

g) Valorar os elementos da linguaxe musical utilizados na composición, aplicándoos de

xeito lóxico e coherente.

Page 7: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 7 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

3 CONTIDOS.

Modulacións: diatónica, cromática e enharmónica.

Aplicacións dos diferentes tipos de acordes.

Elaboración de fórmulas rítmicas e cadenciais.

O ritmo harmónico.

A forma. Procedementos de imitación, elaboración e transformación temática. O canon.

As notas alleas á harmonía.

Fórmulas rítmicas na elaboración de células, motivos, semifrases e frases.

A melodía: relacións interválicas, direccionalidade, rexistro e fraseo.

Relación texto-música.

A melodía acompañada.

4 METODOLOXÍA.

4.1 Modelo de aprendizaxe.

O profesorado fará unha avaliación diagnóstica inicial para coñecer cales son as

capacidades e os coñecementos previos do alumnado, con vistas a abordar de forma

progresiva a adquisición de aprendizaxes.

O modelo a empregar baséase na aprendizaxe significativa e constructivista. Isto

tradúcese en primar os contidos procedimentais partindo do principio de que as cousas se

aprenden facéndoas.

Tratarase de fomentar a creatividade innata do alumno a través da elaboración de

composicións e exercizos e da análise de obras.

Page 8: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 8 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

En base ao principio de aprendizaxe significativa deberase:

Propiciar situacións que sexan motivadoras para o alumnado ou que favorezan a

potenciación da motivación que sinte, de forma natural, ante o fenómeno musical.

Crear contextos de aprendizaxe que lles obriguen a ter presentes os contidos xa

coñecidos.

Garantir a construción de aprendizaxes significativos e en espiral a través da

necesidade de recordar os coñecementos adquiridos previamente. Por iso faise necesario

volver sobre os contidos impartidos que se relacionen co que se está estudando no

momento, así como sobre os coñecementos aprendidos noutras materias que apoien a

adquisición de aprendizaxes en cada momento.

Promover na aula un ambiente de intercambio, colaboración e interacción como

motor de aprendizaxe.

Empregar estratexias que fagan revivir nos estudantes os coñecementos anteriores

para montar sobre eles a aprendizaxe dos novos en relación tanto á linguaxe musical como

á harmonía e o análise.

Espertar e desenrolar en todo momento a creatividade dos discentes.

É importante promover na aula un ambiente de intercambio, colaboración e interacción

como motor de aprendizaxe procurando que os alumnos acudan a concertos didácticos ou

conferencias que se poidan desenvolver no centro.

Page 9: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 9 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

4.2 Organización de tempo e espazo.

A organización das actividades farase por sesións dunha hora de clase semanal. A

secuencia de actividades previstas para cada sesión mesturan práctica e teoría.

4.3 O profesorado.

O profesorado incrementará o proceso comunicativo, dado o carácter participativo e

grupal da música: actitude positiva, contacto visual, claridade de exposición, trato adecuado,

seguridade e confianza, por ambas partes.

Xa que a optativa de técnicas de composición aplicadas á didáctica debe preparar ós

alumnos para afrontar os estudos superiores de composición ou pedagoxía, será moi

importante atender a esas dúas vertentes intentando que os alumnos se impliquen

activamente na materia e poidan levar á práctica o explicado na clase.

Tamén se potenciará a elaboración de recursos materiais e didácticos polos propios

alumnos e o desenvolvemento do seu espírito crítico, tan necesario á hora de seleccionar

materiais e escoller métodos de ensino.

Page 10: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 10 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

4.4 Principios psicopedagóxicos e criterios Pedagóxicos.

Durante o século XX desenroláronse unha serie de métodos que pretenden ofrecer

unha alternativa ao método pasivo de aprendizaxe de solfexo practicado sen variacións na

súa concepción orixinal racionalista desde finais do século XIX. Os novos sistemas foron

creados por unha serie de pedagogos importantes (Zoltan Kodaly, Carl Orff, Jacques

Dalkroze, Edgar Willens) sen esquecer outros plantexamentos quizais menos coñecidos

(Maurice Martenot, Shinichi Suzuky, Justine Ward…). Ó longo do curso iremos coñecendo

os criterios pedagóxicos dalgúns destes métodos.

4.5 METODOLOXÍA ESPECÍFICA.

4.5.1 Obras, repertorio, bibliografía…

No último punto desta programación está elaborada unha bibliografía e unha lista de

obras e repertorio das especialidades instrumentais coas que conta o centro.

Na bibliografía aparecen títulos recomendables de temática variada como pode ser de

estética, orquestración, metodoloxía, etc.

Na lista de repertorio instrumental e vocal faise alusión aos métodos de cada

instrumento, co fin de extraer deles a técnica de escritura propia para cada un e tamén se

citan algunhas das obras máis importantes na literatura de cada instrumento.

Page 11: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 11 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

Moitas das obras citadas pódense escoitar en CD ademais de podelas seguir coa

partitura.

4.5.2 Actividades complementarias.

Poderanse organizar audicións que supoñan a posta en público dos traballos elaborados

na clase.

Valorarase o interese pola participación en actividades extraescolares e a asistencia a

conferencias e concertos programados polo propio centro.

Tamén se terá en conta o interese do alumnado por realizar cursiños de composición,

análise ou de instrumento que sirvan para perfeccionar a técnica compositiva do discente.

4.5.3 A acción titorial.

A titoría e a orientación forman parte da función docente. No Grao Profesional a labor

de titoría inclúe unha orientación sobre o estudo e o rendemento, debido á complexidade

dos estudos, a compatibilidade coas ensinanzas de réxime xeral ou con outras ensinanzas, a

diversidade de materias, a optatividade e a progresiva especialización que culminará na

elección da especialidade no Grao Superior.

Page 12: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 12 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

4.5.4 Atención á diversidade.

O docente a través da posta en marcha de estratexias concretas e variadas intervén nos

procesos de ensinanza-aprendizaxe como un proceso durante o que se fai preciso ofrecer

respostas diferenciadas en función da diversidade dos receptores.

A atención á diversidade é fundamental para intervir na aptitude, no ambiente

sociocultural e familiar, na apreciación e valoración da asignatura e por conseguinte, na

motivación do alumnado.

5 ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO

EDUCATIVO (ANEAE)

As Administracións educativas disporán os medios necesarios para que todo o

alumnado alcance o máximo desenrolo persoal, intelectual, social e emocional.

Corresponde ás Administracións educativas asegurar os recursos necesarios para que os

alumnos que requiran unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentar

necesidades educativas especiais, por dificultades específicas de aprendizaxe, polas súas

altas capacidades intelectuais, por haberse incorporado tarde ao sistema educativo ou por

condicións persoais ou de historia escolar, poidan acadar o máximo desenrolo posible das

súas capacidades persoais e, en todo caso, os obxectivos establecidos con carácter xeral

para todo o alumnado.

Page 13: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 13 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

Tamén nos concirne establecer os procedementos e recursos precisos para identificar

prontamente estas necesidades e que así a atención integral ao alumnado con necesidade

específica de apoio educativo se inicie desde o mesmo momento no que dita necesidade

sexa identificada.

Corresponde ás Administracións educativas asegurar a participación dos pais ou titores

nas decisións que afecten aos seus fillos e adoptar as medidas oportunas para que os pais

reciban o adecuado asesoramento individualizado

6 AVALIACIÓN

6.1 Criterios de avaliación

1. Aplicar as técnicas compositivas e os procedementos básicos na elaboración de

exercizos e pequenas composicións. Con este criterio de avaliación preténdese que o

alumnado saiba utilizar as técnicas e procedementos estudados na creación de

composicións propias.

2. Coñecer os elementos propios da linguaxe musical, así como as sús aplicacións na

práctica compositiva. Con este criterio de avaliación comprobarase a capacidade do

alumnado para seleccionar os elementos da linguaxe musical máis adecuados para cada

momento da composición nos seus traballos.

Page 14: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 14 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

3. Analizar obras de carácter didáctico e artístico prestando especial interese aos

elementos da linguaxe musical presentes nelas. Mediante este criterio valorarase a

capacidade de investigar e relacionar aspectos artísticos e didácticos da literatura musical

analizada.

4. Utilizar correctamente, en exercizos escritos, os elementos e procedementos

estudados. Este criterio pretende avaliar o grao de asimilación e posta en práctica das

técnicas estudadas.

5. Saber compoñer pezas breves partindo dun motivo, dunha melodía ou dun texto.

Preténdese que o alumnado aborde a composición de pezas breves con destreza e

coherencia a partir dos elementos dados.

6. Mostrar creatividade na creación de pezas libres.

Valorarase a iniciativa do alumnado á hora de afrontar o proceso creativo e o interese das

súas propostas.

7. Emitir xuízos críticos en canto á utilización dos elementos da linguaxe musical das

composicións realizadas. Con este criterio de avaliación comprobarase a capacidade para

valorar e poñer en común de xeito crítico e construtivo o emprego de elementos da

linguaxe musical nas pezas compostas e analizadas.

Page 15: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 15 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

6.2 Procedementos de avaliación.

As probas trimestrais consistirán en exames teóricos e traballos prácticos. Os exames

teóricos constarán en saber realizar unha análise crítica dunha peza musical desde o punto

de vista pedagóxico relacionándoo con outros parámetros como a interpretación, o estilo, a

forma e a técnica compositiva.

Pódense substituír o exame teórico por exposicións orais nas que o alumno, puidéndose

axudar dun guión, resuma en clase para os compañeiros un libro dos que aparecen na

bibliografía.

Os traballos prácticos serán os seguintes:

-Presentación dunha carpeta de traballos ou portafolios que inclúa unha elaboración de

materiais didácticos feito ó longo do curso. Esta carpeta debe conter obras analizadas para

tomar como modelo no momento de compoñer e métodos para instrumentos tamén

analizados, así como esquemas ben estruturados da materia dada.

-Unha composición didáctica para voz e piano sobre un texto e a súa defensa oral e

escrita que analice a obra.

-Unha pequena composición empregando o método Orff e a súa defensa oral e escrita

que analice a obra.

-Unha composición libre de entre tres e cinco minutos de duración e a súa defensa oral

e escrita que analice a obra.

-Exercizo de autovaliación completo.

Page 16: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 16 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

6.2.1 Mínimos esixibles

Asistencia a clase con regularidade e participación activa en cada unha das sesións.

Carpeta de traballos.

Unha exposición oral que resuma unha das seguintes lecturas que aparecen na

bibliografía: “Fundamentos da composición musical” de Schöenberg; “A Melodía” de

Toch ou “What to Listen for in Music” de Copland, a elixir unha das tres.

Participación nunha posta en público dunha das obras compostas ó longo do curso

cunha duración entre tres e cinco minutos. Dita composición será para unha formación de

dous instrumentos diferentes e terá carácter didáctico.

Presentación dunha defensa por escrito da obra estreada.

Exercizo de autoavaliación completo.

6.3 Criterios de cualificación.

A nota final será unha cualificación numérica do 1 ao 10, sen decimais, e calcularase a

partir da nota media dos distintos traballos e exames realizados ao longo do curso. Para

aqueles alumnos que acudan regularmente a clase e teñan dereito a avaliación continua, a

nota media obtida nos exames suporá o 50% da nota final. A nota media dos traballos

entregados suporá o outro 50%.

Para superar a materia os alumnos terán que obter unha nota final igual ou superior a 5.

Os alumnos que non superaran a materia na convocatoria de xuño poderán presentarse

ao exame de setembro.

Page 17: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 17 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

Os alumnos que ó terminar 6º curso de Ensinanzas Profesionais tiveran pendentes de

avaliación positiva tres asignaturas ou máis deberán repetir curso na súa totalidade. Cando a

calificación negativa se produza nunha ou dúas asignaturas, so será necesario que realicen

as asignaturas pendentes.

6.4 Perda do dereito a avaliación continua.

Tal como se contempla no Regulamento de Réxime Interno, os alumnos que superen

tres faltas por trimestre nas materias cun tempo lectivo dunha hora semanal, poderán verse

privados da avaliación continua, sendo o procedemento substitutorio de avaliación a

realización dunha proba específica.

A proba consistirá nun exame teórico e na entrega (o mesmo día do exame teórico) de

tres composicións elaboradas polo alumno coa súa correspondente defensa por escrito.

O exame terá unha parte teórica consistente na análise dunha obra musical elixida polo

profesor con preguntas relacionadas que abranguerán tódolos contidos abordados durante

o curso.

Page 18: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 18 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

Os tres traballos a entregar serán os seguintes:

-Unha composición didáctica para voz e piano sobre un texto e a súa defensa oral e

escrita que analice a obra.

-Unha pequena composición empregando o método Orff e a súa defensa oral e escrita

que analice a obra.

-Unha composición libre de entre tres e cinco minutos de duración e a súa defensa oral

e escrita que analice a obra.

A entrega destes traballos será obrigatoria para calcular a nota media dos

traballos e do exame para superar a materia. No caso de perda da avaliación

continua, o exame suporá un 70% da nota final e os traballos un 30%.

6.5 Exame de setembro.

O exame de setembro terá as mesma características que o exame de perda da avaliación

continua. Igualmente nesta proba o exame suporá un 70% da nota final e os traballos un

30%. A diferenza das porcentaxes con respecto aos alumnos avaliados de forma continua,

explícase polo menor número de traballos a entregar en setembro e pola imposibilidade de

expoñelos.

Page 19: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 19 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

Os alumnos suspensos en xuño que aprobasen os traballos prácticos de composición, e

que así o teñan reflectido no informe de avaliación negativa do mes de xuño (indicando a

cualificación numérica destes traballos), quedarán exentos de entregar estes traballos en

setembro. Non é posible quedar exento de realizar a parte do exame teórico-práctico, aínda

que se tivesen aprobados os exames trimestrais.

7 RECURSOS MATERIAIS.

Un equipo de música.

Un proxector de diapositivas ou transparencias.

Un piano.

Un encerado.

Un ordenador con conexión a internet.

Televisor con vídeo para DVD.

Unha biblioteca.

Page 20: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 20 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

8 BIBLIOGRAFÍA.

8.1 Libros de texto.

Richard Wagner, “La obra de arte del futuro”. Collecció estètica & crítica. Publicacions

de la Universitat de València.

Aaron Copland, “What to Listen for in Music”, Ed. Signet Classics.

Ernst Toch, “La melodía”, Ed. Idea Música.

Ernst, Toch, “Elementos constitutivos de la música. Armonía, melodía, contrapunto y

forma”, Ed. Idea Música.

Igor Stravinsky, “Poética Musical”. Ed. El Acantilado.

O. Messiaen, “Técnica de mi lenguaje musical”.

Vasili Kandinsky, “De lo espiritual en el arte”. Ed. Paidos Estética.

Vasili Kandinsky, “Punto y línea sobre el plano”. Ed. Paidos Estética

Vasili Kandinsky, Franz Marc “El jinete azul”. Ed. Paidos Estética

Arnold Schönberg, Vasili Kandinsky, “Cartas, cuadros y documentos de un encuentro

extraordinario”. Ed. Alianza Música.

Arnold Schönberg, “Fundamentos de la composición musical”. Ed. Real Musical.

Anton Webern, “El camino hacia la nueva música”. Ed. Nortesur Musikeon.

Christipher Small, “Música, sociedad, educación”. Ed. Alianza Música.

García Márquez, “Me alquilo para soñar”. Colección de bolsillo de Mondadori, número

62.

García Márquez, “Cómo se cuenta un cuento”. Colección de bolsillo de Mondadori,

número 29.

Page 21: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 21 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

Gianni Rodari, “Gramática de la fantasía”. Ediciones del bronce.

Silvia Adela Kohan, “Loa secretos de la creatividad”. Ed. Alba Editorial.

John Howard, “Aprendiendo a componer”. Ed. Akal, Entorno Musical, nº6.

Pedro Casariego Córdoba, “Cuadernos Amarillo, rojo, verde y azul”. Ed. Árdora

Express.

Eduardo Chirinos, “Breve historia de la música”. Colección Visor de Poesía nº466.

Salvador Dalí, “Los cornudos del viejo arte moderno”. Tusquets editores (1990).

Pierre Restany, “El poder del arte. El pintor-rey con sus cinco pieles”. Ed. Taschen

(2003).

Harry Rand, “Hundertwasser”. Ed. Taschen.

Amadeo Poggi y Edgar Vallora, “Beethoven repertorio completo”. Ed. Cátedra/Clásica.

Ottó Károlyi, “Introducción a la música del siglo XX”. Ed. Alianza Editorial.

Clive Brown, “Classical & Romantic Performing Practice 1750-1900”. Ed. Oxford

University Press.

Willian E. Caplin, “Classical Form: A Theory of Formal Functions for the Instrumental

Musico f Haydn, Mozart and Beethoven”. Ed. OxfordUniversity Press.

Barry Cooper, “Beethoven and the Creative Process”. Ed. Clarendon Paperbacks.

Miguel Ángel Marín, “Joseph Haydn y el cuarteto de cuerda”. Ed. Alianza Música.

Hermann Erpf, “Tratado de instrumentación y del arte de la instrumentación”. Ed. Dos

acordes.

Casella-Mortari, “La técnica de la orquesta contemporánea”. Ed. Melos.

Nocolas Rimsky-Korsakov, “Principios de orquestación”. Ed. Ricordi.

Walter Piston, “Orquestación”. Ed. Real Musical.

Juan Vte. Mas Quiles, “Apuntes de instrumentación para banda de música”. Ed. Piles.

Page 22: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 22 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

Agustín Charles Soler, “Tratado de Orquestación”.

Samuel Adler, “Orquestación”.

Heinz-Klaus Metzger y Rainer Rienh, “Johann Sebastian Bach, Las variaciones

Goldberg”. Ed. Idea Música.

P. Hindemith, “Adiestramiento Elemental para Músicos”. Ed. Melos.

Ana María Locatelli de Pérgamo, “La notación de la música contemporánea”. Ed.

Ricordi.

José Luis Temes, “Solfeo contemporáneo”. Ed. Lineas. Madrid, 1984.

Lola de Cea, “Guía didáctico-musical enseñanza secundaria”. Ediciones Musicales

Garijo Mundimúsica.

Teresa Catalán, “Sistemas compositivos temperados del siglo XX”. Ed. Alfons El

Magnanin. Diputación de Valencia.

Manuel Ramada, “Atlas de Percusión”.

Madeleine Mansion, “El estudio del canto”. Ed. Ricordi.

Yehudi Menuhin, “6 Lecciones de violín”. Ed. Real Musical.

Marianne Murray, “Estudios comparados de técnicas violinísticas: Kato Havas, Paul

Rolland y Shiniki Suzuki”.

Dandrieu, “Principios del acompañamiento para clavecín”.

Marcel Dupré, “Curso completo de fuga”. Ed. Leduc.

Page 23: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 23 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

8.2 PARTITURAS.

8.2.1 Piano.

J.S. Bach, “Clave bien temperado”.

J.S. Bach, “Álbum de Ana Magdalena”.

J.S. Bach, “Invenciones y sinfonías.

J. S. Bach, “Pequeños preludios y fugas”.

J.S. Bach, “Variaciones Golgberg”.

L. V. Beethoven, “32 Sonatas para piano”. Ed. Henle.

C. Czerny. “160 ejercicios breves para piano op.821” Ed. Boileau-Barcelona.

R. Schumann, “ Álbum para la juventud op.68”.

F. Chopin, “24 Estudios”.

C. Debussy, “El rincón de los niños”.

C. Debussy. “12 Estudios”.

E. Granados, “Cuentos de la Juventud”.

Tchaikovsky, “Álbum de la juventud”.

D. Kabalewski, “Piezas Infantiles para piano op. 39”

D. Kabalewski, “Variaciones fáciles op.51 nº 1 y nº3”.

D. Shostakovich, “Seis piezas infantiles”. Ed. Real Musical.

Kodály, “Nueve piezas para piano op.3”.

Béla Bartók, “Mikrokosmos”(vol.I-VI). Ed. Boosey & Hawkes.

B. Bartók, “For children”. Ed. Boosey & Hawkes.

Kachaturian, “Piezas para niños”. Ed. Real Musical.

F. Mompou, “Música Callada”(cuatro cuadernos). Ed. Salabert.

Page 24: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 24 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

P. Hindemith, “Ludus Tonalis”.

Manuel Carra, “Nuevo Método de piano”(Curso I, primer y segundo volúmen. Curso

II). Ed. Sociedad Didáctico Musical.

Ernest Van de Velde, “Método Rosa”. Ed. Van de Velde.

Carlos Cruz de Castro, “Imágenes de infancia”.

“Maestros del s. XX. 20 piezas para jóvenes pianistas”. Ed. Real Musical.

Manuel Castillo, “Introducción al piano contemporáneo”. Ed. Real Musical.

Snorri Sigfús Birgisson, “Piano pieces for beginners” (vol.I). Ed. Steinabaer.

Antón García Abril, “Cuadernos de Adriana”(Cuadernos 1º, 2º y 3º). Ed. Bolamar.

Antón García Abril, “Cinco piezas breves”. Ed. Bolamar.

Antón García Abril, “Variaciones líricas”.

Juan Durán, “Juguetes, piezas fáciles para piano”. Ed. Dos Acordes.

8.2.2 Guitarra.

Antón García Abril, “Vademecum. De la iniciación al virtuosismo. 24 piezas para

guitarra”. Ed. Bolamar.

Antón García Abril, “Sonata del Pórtico”. Ed. Bolamar.

E. Villalobos, “20 Estudios”.

E. Villalobos, “6 Preludios”.

L. Brouwer, “20 Estudios”.

Fernando Sor, “Estudios”.

“El libro de los acordes para guitarra”. Ed. Music Distribución.

L. Brouwer, “Cuban Landscape with rain” (4 guitarras).

J.W.Duarte, “English suite nº3” (4 guitarras).

Page 25: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 25 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

8.2.3 Voz e piano.

F. Schubert, “Viaxe de inverno”.

Antón García Abril, “Canciones del recuerdo”. Ed. Bolamar.

Antón García Abril, “Canciones de Valldemosa”. Ed. Bolamar.

Antón García Abril, “Cancións Xacobeas”.

Joám Trillo, “Canto Asteca”. Ed. Dos Acordes.

Emilio Lede, “W.A.Mozart. Lieder”. Semíramis Ediciones.

L. Nono, “Como una ola de fuerza y luz”.

John Brimhall, “Gershwin arranged by John Brimhall”. Ed. Warner Bross Publications.

X. Montsalvatge, “Cinco canciones negras” (también para voz y orquesta).

8.2.4 Violín

C. Franck, “Sonata en la maior”. Ed. International Music Company.

J. S. Bach, “Seis sonatas”.

E. Grieg, “Sonata en fa maior op. 8”. Ed. Peters.

C. Debussy, “Sonata para violín e piano”. Ed. Peters.

Antón García Abril, “Música de cámara para niños. Doce piezas para violín y piano”.

Ed. Bolamar. (También existe en CD).

B. Bartok, “Danzas rumanas”.(vln.-pno.).

M. Falla, “Suite popular española”. (Vln.-pno.).

B. Bartok, “44 Dúos”.

Christiane Bornemann, “El Pequeño Paganini”.

Machay, “Cambios de posición”.

Page 26: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 26 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

Hrimaly, “Escalas”.

B. Papazzian, “Escalas y arpegios”.

B. Papazzian, “Estudios en dobles cuerdas”.

Doflein, “Posiciones altas”.

Dancla, “Escuela de la velocidad”.

Martinu, “Estudios rítmicos”.

H. E. Kayser, “Kayser, estudios op.20”.

C. Flesch, “El sistema de la escala”.

O. Seucik, “40 Variaciones op.3”.

8.2.5 Viola

R. Hoffmann, “Estudios op.86”. Ed. Peters.

N. Machay, “Position Changing for the viola”. Ed. OUP

S. Suzuki, “Suzuki viola school”.

Marie Thérèse Chailey, “Técnica de la viola”. Ed. Leduc.

Marie Thérèse Chailey, “40 Ejercicios para viola”. Ed. Leduc.

Maire Thérèse Chailey, “Exercizos e pezas breves, con piano”. Ed. Leduc.

Berta Volmer, “Viola Studies”. Ed. Schott.

G. P. Telemann, “Concerto en Sol”. Ed. Schott.

G. P. Telemann, “12 Fantasías para viola sola”. Ed. Schott.

L. V. Beethoven, “Rondó para viola e piano”. Ed. Peters.

P. Hindemith, “Sonata op.25 nº4”. Ed. Schott.

Page 27: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 27 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

8.2.6 Violonchelo

J. Dotzawer, “Estudios”.

Sebastian Lee, “ 40 Estudios”.

Volkov, “Tema con variaciones”.

Arnold Trowell, “Doce Morceaux Faciles”.

S.L.M. Nelson, “String´s songs”.

J. S. Bach, “Seis suites para violonchelo solo BWV 1007-1012”. Ed. Bärenreiter.

Jean Baptiste Bréval, “Sonata en Do mayor op.40 nº1”.

D. Shostakovich, “Sonata op.40”. Ed. Peters.

S. Rachmaninov, “Sonata para cello e piano en sol menor”. Ed. Boosey&Hawkes.

8.2.7 Flauta

Método Althes.

Método Trevor Wye.

Boehm, “Estudios”.

J. Berdullas del Río, “Ideograma 25 E”.

O, Messiaen, “Le merle noir” (fl.-pno.).

Antón García Abril, “Cantos de plenilunio”.(fl.-pno.).

8.2.8 Clarinete

A. Romero, “Método completo para clarinete”.

R. Stark, “24 Estudios en todas las tonalidades”.

V. Gambaro, “21 Caprichos”.

E. Bozza, “12 Estudios”.

Page 28: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 28 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

H. Baermann, “12 Ejercicios”.

A. Uhl, “48 Estudios para clarinete”.

J. Coker, “Patrones de jazz”.

F. Poulenc, “Sonata”. (Cl.-pno.).

C. Debussy, “Première rapsodie” (Cl.-pno.).

I. Stravinsky, “Tres piezas para clarinete solo”.

B. Martinu, “Sonatina para clarinete e piano”.

A. Berg, “Vier Srücke op.5”.

F. Mendelssohn, “Sonata en mi bemol maior para clarinete e piano”.

R. Schumann, “Fantasiestücke op. 73 para clarinete e piano”.

8.2.9 Trompeta

J. B. Arban, “ Método completo para trompeta”. Ed. Música Moderna.

P. M. Dubois, “12 Estudos variados para trompeta”. Ed. Leduc.

M. Bordogny, “24 Vocalizaciones”. Ed. Leduc.

James Stamp, “Warm-ups studies”. Ed. Bim.

H.L. Clarke, “Tecnical Studies for the cornet”. Ed. Carl Fischer.

E. Bozza, “Rustiques”. Ed. Leduc.

A. Jachaturian, “Concerto”. Ed. Real Musical.

J. B. Arban, “Variacións sobre O Carnaval de Venecia”.

G. Enesco, “Legende”. Ed. I. M. Company.

Hindemith, “Sonata”. Ed. Schott.

T. Hoch, “Der Liebestraum”.

Page 29: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 29 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

8.2.10 Saxofón

Christhophe Delage, “Saxofon vol.I-II”

Jean Marie Lon Deix, “Novos estudos variados”.

K.H.Stockhausen, “In Freundschaft”.

Var der Verhuis, “Graf it!”

Andrés Alén, “Tema con variaciones” (sax.- pno.)

8.2.11 Percusión

Nick Woud, “Symphonic Studies for timpani”. Ed. De haske.

B. Bartok, “Sonata for two pianos and percusion”. Ed. Boosey&Hawkes.

D. Milhlaud, “Concerto pour batterie et petit orchestre”. Ed. Universal Edition.

Steve Reich, “Clapping music”. (Para palmas).

Andrés Valero-Castells, “Cardiofonía”.

Andrés Valero-Castells, “Cuarteto de cajas”.

Stockhausen , “Ciclus”.

L. Berber, “Concierto para campanas”.

Minoru Miki, “Marimba espiritual”. Ed. Ongaku No Tomo Edition.

Luis Diego Herra, “Concierto para marimba y orquesta”. Ediciones CEDIM.

Juan Eiras, “Suite para trío de percusión nº1”. Ed. Dos Acordes.

Juan Eiras, “Minimal ravings, op.7”. Ed. Dos Acordes.

Page 30: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 30 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

8.2.12 Ópera

W.A.Mozart, “Cossi fan tutte”.

R. Wagner, “El anillo del Nibelungo”. (con introducción de Deryck Cooke en Decca).

Antón García Abril, “Divinas Palabras”.

G. Gershwin, “Porgy & Bess”.

8.2.13 Obras sinfónicas.

J. S. Bach, “Pasión según San Mateo”.

L.V.Beethoven, “Las nueve sinfonías”.

Berlioz, “Sinfonía fantástica”.

Mussorgsky- Ravel, “Cuadros de una exposición”.

O.Respighi, “Los pinos de Roma”.

G. Mahler, “Las diez Sinfonías”.

G. Holst, “Sinfonía Júpiter”.

M. Falla, “Noches en los jardines de España”.

M. Falla, “El amor brujo”.

M. Ravel, “Mi madre la oca” (también a piano a cuatro manos).

Stravinsky, “La Consagración de la Primavera”.

C. Debussy, “La mer”.

O. Messiaen, “Sinfonía Turangalila”.

Antón García Abril, “El mar de las calmas”.

Cristóbal Halffter, “Tiento del primer tono y batalla imperial” (1986).

Andrés Valero-Castells, “GP F1”.

Andrés Valero-Castells, “Sinfonía de plata” (2007).

Michael Dauguerty, “Metrópolis simphony”.

Page 31: PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á … · PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014 O R.D.1577/2006, de 22 de decembro,

~ 31 ~

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,

PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014

8.2.14 Banda de música.

R. Soutullo, “Hermance” (serenata romántica). Ed. Dos Acordes.

Xoán Carlos Rilo/ Joan B. Bernal, “Para os da nosa terra” (suite).

Xoán Carlos Rilo/ Joan B.Bernal, “Á nosa señora Virxe do Carme” (marcha

procesional).

E. Campos/X.L.Represas “Cacarexa”(muiñeira).

Ricardo Dorado Xaneiro, “Danza galega nº1” (Alalá)

C. Martínez Rückner, “Capricho Andaluz”.

C. Martínez Rückner, “Cantos de mi tierra” (I.-Canción. II.- Bolero. III.-Zapateado).

C. Martínez Rückner, “Serenata española”.

Ferrer Ferran, “La Passió de Crist”.(Sinfonía nº2). Ed. Iber Música.

Juan Eiras, “Auga Levada”.